Download - Coñecer a Costa. Rota _1
COÑECER A COSTA DE
RIBADEO
DESDE VILAVELLA ATA O
FARO DA ILLA PANCHA
Plan Proxecta - Axenda 21
Coñece a Costa de Ribadeo
Vilavella-Illa Pancha
Rota-1
Comenzamos aquí
Casa dás Algas. Lugar onde descargaban os barcos que recollían algas para o seu
procesamento e incorporación á industria alimentaria.
Comezamos a nosa rota observando as aves e a continuación atopamos un vello
estaleiro.
Punto de observación das aves
O vello estaleiro de A Vilavella
Uns carros de varada serán a única proba da existencia dos vellos estaleiros en Ribadeo. Unha
vez que Gondán trasladou toda a súa actividade á franxa asturiana, os de A Vilavella xa son
tamén historia, tras unha última axitada actividade empresarial.
Despois de permanecer moito tempo pechado, estes estaleiros foron recuperados na década
dos noventa, chegando a alcanzar unha importe actividade. A crise fixo que o seu último
propietario, Gestinava, pechara a principios da década pasada.
Continuamos nosa rota pola Praia dos Bloques. Contribuímos a súa limpeza.
Praia dos Bloques
Observación do panel das aves no peirao de Ribadeo.
Un dos 7 portos deportivos con bandeira azul de Galicia e o único da provincia
de Lugo presente neste peirao.
Visita ao Centro de Cultivos Mariños
O centro está orientado á investigación da acuicultura e a produción de semellas de interese
marisqueiro . O seus proxectos son financiados por organizacións de moi diverso tipo, desde
rexionais a nacionais e internacionais. As especies coas que traballan son, fundamentalmente,
os tres de moluscos que se cultivan con fines comerciais en Galicia.
As principais especies coas que traballa son a ameixa e o ourizo. Fundamentalmente, as tres
de moluscos que se cultivan con fines comerciais en Galicia son; as ameixas xapónica, babosa
e fina .
As áreas temáticas de traballo: reprodución e nutrición
Fíxate nos valores históricos do Porto de Ribadeo.
Nos Barrios de Cabanela e Porcillán naceu a vila de Ribadeo. O lugar onde se sitúa o Auditorio
ao aire libre de Cabanela, sobre o Paseo Marítimo, foi, antes de construírse esta vía, unha
praia.
O Auditorio respecta o ambiente da zona e incorpora o que a tradición sinala como restos do
pazo do bispo Paio de Cebeira, cando Ribadeo acolleu a sede Dumiense, no século XIII.
Auditorio de Cabanela
O ascensor panorámico é unha estrutura de recente creación. A súa función é un servizo para
conectar o paseo marítimo coa zona vella, concretamente coa capela máis antiga de Ribadeo,
a Capela da Atalaia ou Trinidade.
Ascesor panorámico
Aduana Vella construída no século XVIII, debido as importantes transaccións do porto
comercial.
Aduana Vella
Segundo conta a tradición a Virxe apareceu nunhas rochas deste lugar ,e foi por iso que se
levantou esta capela. Desde ela vese o Porto de Pescadores.
Capela de San Miguel
O Cargadoiro formaba parte na súa época dun complexo mineiro industrial baseado na
extracción de mineral de ferro.
Funcionou dende 1904 ata o peche da liña en 1964. Actualmente recuperado e reconvertido
nun miradoiro.
O Cargadoiro
O Castelo o Forte de San Damián, tamén coñecido como Forte de San Damián, é unha
fortaleza, a carón da ría. Máis tarde, ante o temor dun ataque dos franceses, fóronlle
retirados os canóns o forte quedou abandonado, sendo reducido a ruínas no 1719 polos
ingleses.
A súa función foi sempre a defensa da entrada da ría de Ribadeo ante posibles ataques de
inimigos por mar.
Forte de San Damian
Parada importante para observar as aves.
Pena Furada
Visita ao Faro da illa Pancha , que esta unida a terra firme por unha ponte, a pesar do
pequena que é, hai dous faros.
Faros
Illa Pancha- Faro de Ribadeo
Vista desde O Faro da Illa Pancha
Limpeza da Praia, se a marea o permite.
Praia de Rochas Blancas
Fin de nosa rota
Enquisa con noso concelleiro de Medio Ambiente.
Actividades para investigar:
Que significado ten a bandeira azul no porto de Ribadeo e nosas praias?
Que pasaría para o Porto de Ribadeo a perda da bandeira azul?
Só nos preocupa a Ría de Ribadeo en época de turismo
Quen é o responsable de manter a ría limpa?
Que significado teñen estes vertidos á ría?
Actividades a realizar durante a rota:
Ir anotando no mapa o percorrido durante a rota, así vaste situando onde
estamos en cada momento
Anotar nas táboas os materiais atopados nas praias.
Anotar na táboas das aves aquelas que nos atopemos no percorrido.
Actividades para preguntar:
Que beneficios aporta á nosa economía os cultivos mariños e porque está en
Ribadeo?
Por que as áreas temáticas de traballo son a reprodución e a nutrición de ameixas e
ourizo?
O Cargadeiro, que importancia tivo para os habitantes de Ribadeo. Cal era a súa
utilidade e a repercusión na economía da vila?
Que importancia tivo o Forte de San Damián para os habitante de Ribadeo. Porque se
construíu e quén?
“A lenda da barca do Fonte de San Damian”
Que actividade ten o Faro da Illa Pancha?
Que importancia tivo O Faro nos anos anteriores?
Podes engadir todas as preguntas que amoses interese ou curiosidade.