Download - Crónica saída pico sacro
![Page 1: Crónica saída pico sacro](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022051300/587732f11a28ab2b2c8b79d5/html5/thumbnails/1.jpg)
SAÍDA PICO SACRO
Alumnado do CPI Virxe da Cela no Pico Sacro, Boqueixón. 16 outubro 2015
O Pico Sacro, en Boqueixón, é un lugar máxico cargado de mitoloxía. Din as lendas
xacobeas que o corpo do Apóstolo Santiago, antes de chegar a Compostela, tivo que sortear os
enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro. Por iso se elixiu este
espazo para celebrar a xuntanza final do Proxecto Dragl (venres 16 de outubro de 2015), no
que participou o noso centro escolar o pasado curso académico 2015-2016.
Así que, uniformados e totalmente equipados con escudos e espadas, os rapaces de 2º
e 3º da ESO acudiron á cita marcada o 16 de outubro de 2015, dispostos a loitar pola
Fraternidade do Dragón. Neste caso a forza non era o importante, senón máis ben a estratexia,
a lóxica, o traballo en equipo, a orientación e outras capacidades que ben tiveron a
oportunidade de amosar o alumnado do noso centro…
Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas do Pico Sacro, atopándonos
por momentos con outros centros educativos e combatendo con ansia ate ir acadando as
pedras preciosas que unha vez sumadas leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol. Non
conseguimos máis premio que a satisfacción de facer as cousas o mellor posible e sentirnos
vencedores da xornada, e ben contentos marchamos cos nosos diplomas debaixo do brazo.
Realmente foi unha xornada moi divertida que deixará por moitos anos a lembranza nas nosas
memorias!
![Page 2: Crónica saída pico sacro](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022051300/587732f11a28ab2b2c8b79d5/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: Crónica saída pico sacro](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022051300/587732f11a28ab2b2c8b79d5/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Crónica saída pico sacro](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022051300/587732f11a28ab2b2c8b79d5/html5/thumbnails/4.jpg)
![Page 5: Crónica saída pico sacro](https://reader034.vdocuments.pub/reader034/viewer/2022051300/587732f11a28ab2b2c8b79d5/html5/thumbnails/5.jpg)