Cultura escrita e oralidade: investigacio n, recuperacio n, xestio n
Fernando Suárez Golán
Ana Cabana Iglesia
GUIA DOCENTE
2016/2017
2
Índice 1. DATOS DESCRIPTIVOS DA MATERIA ................................................................................... 3
1.1. Información xeral ...................................................................................................... 3
1.2. Outros datos .............................................................................................................. 3
1.3. Profesores que imparten a materia ............................................................................ 3
1.4. Horario e lugar de titorías .......................................................................................... 3
2. REQUISITOS PREVIOS ........................................................................................................ 4
3. OBXECTIVOS ...................................................................................................................... 4
4. COMPETENCIAS................................................................................................................. 4
5. CONTIDOS ......................................................................................................................... 5
6. BIBLIOGRAFÍA.................................................................................................................... 5
7. METODOLOXÍA DOCENTE E DISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS .............................................. 6
7.1. Indicacións metodolóxicas ......................................................................................... 6
7.2. Metodoloxía do ensino .............................................................................................. 7
7.3. Tempo de estudo e traballo persoal ........................................................................... 7
8. SISTEMA DE AVALIACIÓN .................................................................................................. 7
Recoñecemento – NonComercial – SinObraDerivada (by-nc-
nd): Non se permite un uso comercial da obra orixinal nin a xeración de obras derivadas.
3
1. DATOS DESCRIPTIVOS DA MATERIA
1.1. Información xeral Código: P5023203
Especialidade: Xestión dos bens culturais
Créditos ECTS: 6.00
Horas ECTS Criterios/Memorias
Clase Expositiva: 28.00
Clase Interactiva Seminario: 14.00
Horas de Titorías: 6.00
Traballo do Alumno ECTS: 102.00
Total: 150.0
Carácter: Optativo
Localización: Facultade de Humanidades, Campus de Lugo
1.2. Outros datos Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 (Optativa)
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Moderna, Historia Contemporánea
Centro: Facultade de Humanidades
Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
1.3. Profesores que imparten a materia ANA CABANA IGLESIA
Departamento: Historia, Área de Historia Contemporánea
Despacho: 118, Facultade de Humanidades, Campus de Lugo
Correo electrónico: [email protected]
Tlfno.: 9828 24728
Páxina web: http://histagra.usc.es/gl/persoa/ana-cabana/
FERNANDO SUÁREZ GOLÁN
Departamento: Historia, Área de Historia Moderna
Despacho: 122, Facultade de Humanidades, Campus de Lugo
Correo electrónico: [email protected]
Tlfno.: 9828 24732
Páxina web:
http://www.usc.es/hmoderna/persoa/fernando_suarez_golan/?lang=gl
1.4. Horario e lugar de titorías As titorías presenciais ordinarias, de carácter individual, recibiranse nos despachos 118
e 122 da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo nos días e horas que se
indicarán aos alumnos ao comezo do curso. En canto á resolución de dúbidas xerais de
interese común e para efectuar o seguimento das actividades non presenciais indicadas
nesta guía, abrirase un foro no Campus Virtual (cv.usc.es). Fóra do horario semanal
prefixado, os alumnos tamén poderán comunicarse cos profesores a través das
4
ferramentas correspondentes do campus virtual (foros e mensaxes), preferentemente,
ou ben a través do correo electrónico.
2. REQUISITOS PREVIOS
Non existen requisitos previos, no entanto, será necesario posuír as competencias de
comprensión, reflexión e redacción correspondentes exixible no nivel de posgrao.
3. OBXECTIVOS
1. Comprender e tratar as múltiples manifestacións socio-culturais do mundo actual e a súa
relación cos procesos do pasado.
2. Coñecer os diferentes ámbitos profesionais e de investigación vinculados aos servizos
culturais, tomando en consideración a especificidade das entidades públicas, semipúblicas
e privadas.
3. Aplicar as destrezas propias da recompilación e análise crítica de información
bibliográfica e documental e a aplicación de métodos e técnicas propios das ciencias
humanas no ámbito da historia da cultura e das institucións culturais.
4. Deseñar estratexias de intervención e actuación para cada un dos ámbitos e institucións
culturais.
5. Dar respostas adecuadas aos problemas expostos e fomentar o gusto pola innovación a
partir do fomento da análise crítica dos datos e teorías presentadas.
4. COMPETENCIAS
XENERAIS E BÁSICAS:
CB1 - Capacidade de manexar eficientemente a información proveniente de distintas canles
para a produción de coñecementos relacionados co ámbito da cultura
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser
orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de
investigación
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á
complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou
limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación
dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns
últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e
sen ambigüidades
TRANSVERSAIS:
CT1 - Aplicación do pensamento analítico, crítico, lóxico e creativo, demostrando dotes de
innovación
CT2 - Capacidade de autonomía no traballo con responsabilidade e iniciativa
5
CT8 - Capacidade de análise e síntese (saber analizar, sintetizar e resumir a información
recibida)
CT11 - Capacidade crítica e autocrítica (ter capacidade para valorar e discutir o propio
traballo)
ESPECÍFICAS:
CE9 - Adquisición dun coñecemento axustado dos principios e a metodoloxía da
recuperación da memoria histórica e cultural
CE13 - Adquisición dunha comprensión adecuada das correntes de influencia mutua entre
a cultura global e a cultura local
CE14 - Habilidade para traballar nunha contorna multicultural, coñecendo os movementos
sociais, as manifestacións artísticas e as crenzas máis significativas das sociedades
CE15 - Adquisición dunha adecuada comprensión das políticas de protección e das
dinámicas de recuperación do patrimonio histórico-cultural.
5. CONTIDOS
1. Cultura oral, escrita, visual… e historia.
2. Medios de transmisión cultural en sociedades e territorios bilingües e/ou rurais.
3. Institucións culturais formais e cultura informal.
4. Cultura letrada e cultura dirixida vs. Cultura popular e manifestacións comunitarias.
5. Tradición oral e patrimonio inmaterial.
6. Memoria escrita e memoria lembrada.
7. Fontes e metodoloxías específicas para a investigación da cultura escrita e a oralidade.
8. Estratexias de intervención, recuperación e xestión de institucións histórico-culturais, do
patrimonio inmaterial e a memoria histórica.
6. BIBLIOGRAFÍA
AGUILAR FERNÁNDEZ, P., Memoria y olvido de la guerra civil, Madrid, Alianza, 1996.
ARÓSTEGUI, J., La historia vivida: sobre la historia del presente, Madrid, Alianza, 2004.
BANDERA, J.; MARINAS, J.M., Palabra de pastor: historia oral de la trashumancia, León,
Universidad de León, 1996.
BENIGNO, F., Las palabras del tiempo: un ideario para pensar históricamente, Madrid, 2013.
BULLÓN DE MENDOZA, A.; DIEGO, A. de, Historias orales de la guerra civil, Barcelona, Ariel,
2000.
BURKE, P., ¿Qué es la historia cultural?, Barcelona, 2005.
BURKE, P., Hablar y callar: funciones sociales del lenguaje a través de la historia, Barcelona,
1996.
BURKE, P., Lenguas y comunidades en la Europa moderna, Barcelona, 2006.
BURKE, P., Visto y no visto: el uso de la imagen como documento histórico, Barcelona, 2001.
BURKE, P., Formas de historia cultural, Madrid, 2006.
BURKE, P., La cultura popular en la Europa Moderna, Madrid, 1991.
BURKE, P., Historia social del conocimiento: de Gutenberg a Diderot, Barcelona, 2002.
6
CAPITAN DIAZ, A., Historia de la educación en España. Madrid, 1991.
CASTELLANO, J.L. et al., La Pluma, la mitra y la espada: estudios de historia institucional en
la Edad Moderna, Madrid, 2000.
CASTILLO, A.; MONTERO, F. (coords.), Franquismo y memoria popular: escrituras, voces y
representaciones, Madrid, Siete Mares, 2003.
CHARTIER, R. y MARTÍN, H-J. (edt.), Histoire de l'edition française. París, 1989.
CHARTIER, R., Entre poder y placer: cultura escrita y literatura en la Edad Moderna, Madrid,
2000.
CHARTIER, R., Libros, lecturas y lectores en la Edad Moderna. Madrid, 1993.
CUESTA, J., (ed.), Memoria e Historia, Ayer, 32, 1998.
DUEÑAS CEPEDA, M.J. et al. (coord.), La voz del olvido: mujeres en la historia, Valladolid,
Universidad de Valladolid, 2003.
EISENSTEIN, E., La revolución de la imprenta en la Edad Moderna, Madrid, 1994.
FOLGUERA, P. et al., El mundo del trabajo en RENFE: historia oral de la infraestructura,
Madrid, Fundación de los Ferrocarriles Españoles, 2003.
FRASIER, R., Recuérdalo tú y recuérdalo a otros: historia oral de la Guerra Civil española,
Barcelona, Mondadori, 1997.
GIL FERNANDEZ, L., Panorama social del Humanismo español (1500-1800). Madrid, 1981.
GORDON, B. y MARSAHLL, P. (eds.), The place of the dead. Dead and remembrance in late
Medieval and early Modern Europe. Cambrigde, 2000.
GRAFF, H.J., Storia dell'alfabetizzazione occidentale. L'etá moderne. Bolonia, 1989.
HALBWACHS, M., Los marcos sociales de la memoria, Barcelona, Anthropos, 2004.
HISPANIA NOVA. REVISTA DE HISTORIA CONTEMPORÁNEA, nº 7, Dossier “Los discursos de
la memoria histórica en España”.
HOWARTH, K., Oral history: a handbook, Gloucestershire, Sutton, 1998.
JOUTARD, P. (1999), “Algunos retos que se le plantean a la Historia Oral del siglo XXI”,
Historia, Antropología y Fuente Oral, 21, pp. 149-162.
JULIA, D. y otros (eds.), Les Universités européennes du XVI au XVIII siècle : histoire sociale
des populations étudiants. París, 1986.
MATEOS LÓPEZ, A., Historia y memoria democrática, Madrid, Eneida, 2007.
PO-CHIA HSIA, R., El mundo de la renovación católica, 1540-1770, Madrid, 2010.
RIOUX, J.P., “Historia del Tiempo presente y demanda social”, Cuadernos de Historia
Contemporánea, 20, 1998.
TRUJILLANO SÁNCHEZ, J.M., (ed.), Jornadas “Historia y fuentes orales”. Memoria y sociedad
en la España Contemporánea, Ávila, UNED, 1992.
VALLS MONTÉS, R., Historia y memoria escolar, Valencia, PUV, 2009.
VANSINA, J. (2007), “Tradición oral, historia oral: Logros y perspectivas”, Historia,
Antropología y Fuente oral, 37, pp. 151-163.
7. METODOLOXÍA DOCENTE E DISTRIBUCIÓN DA CARGA ECTS
7.1. Indicacións metodolóxicas A materia impártese en modalidade semipresencial polo que a asistencia dos alumnos
ás sesións expositivas presenciais non é obrigatoria. A información e materiais utilizados
7
en devanditas sesións quedará dispoñible no campus virtual. No entanto, recoméndase
prestar atención ás indicacións e orientacións dos profesores na aula virtual, facer un
uso habitual da mesma, resolver as probas e actividades propostas nos tempos
establecidos e expor as dúbidas que poidan xurdir a través da ferramenta foro, para a
discusión por parte de alumnos e profesores, ou por mensaxe privada.
7.2. Metodoloxía do ensino — Actividade presencial: exposición polo profesor dos contidos teóricos e
metodolóxicos.
— Actividade presencial e a distancia: lecturas polos alumnos dos textos indicados polo
profesor.
— Actividade presencial e a distancia: realización de exercicios e traballos.
— Actividade presencial: debate en grupos reducidos.
— Actividade presencial: exposición oral.
— Actividade a distancia: foros e debate online.
— Actividade a distancia: exposición online.
7.3. Tempo de estudo e traballo persoal — Actividade presencial: clases teóricas para a presentación de contidos e a súa
discusión (sesións expositivas de asistencia voluntaria), 12 horas.
— Actividade presencial: clases prácticas (seminario, actividade práctica de asistencia
voluntaria), 6 horas.
— Actividade a distancia: aprendizaxe individual do alumno, 120 horas.
— Actividade presencial ou a distancia: titorías para orientar en temas teórico-
metodolóxicos, 4 horas.
— Actividade presencial: actividades de avaliación, 8 horas.
8. SISTEMA DE AVALIACIÓN
A avaliación da materia realizarase conforme aos criterios e ponderacións seguintes:
1) Traballo escrito (40%)
2) Exame (30%)
3) Actividades prácticas (20%)
4) Probas a través da plataforma virtual (10%)
A correcta realización e presentación de todas as probas e actividades anteriores é
obrigatoria e sen elas non será posible a superación da materia.
Os criterios de avaliación e o seu correspondente ponderación serán iguais tanto para a
primeira e segunda oportunidade da convocatoria como para os alumnos repetidores.
A avaliación positiva dunha ou máis actividades poderá ser conservada para a segunda
oportunidade na mesma convocatoria e/ou en convocatorias sucesivas, sempre que exista
acordo entre os profesores que impartan a materia.