e intervención s
ocioeducativa
curso online
(Tran)Sexualidade
s,
Infancia,
30 horas
+ sesión de traba
llo presencial
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
introdución Como profesionais da Educación Social, coñecer a realidade sexuada é unha
oportunidade para entender e atender mellor as situacións que ocorren nas
nosas intervención cotiás. E tamén, para saber que e como facer naquelas
situacións máis peculiares dos sexos, que polo seu contido, poden xerar
certos niveis de dificultades e malestar nos suxeitos que as protagonizan.
Unha destas situacións é a transexualidade. Unha expresión máis da
diversidade dos sexos, que por razóns alleas a estes, xera complicacións nas
biografías de quen a vive.
As educadoras e os educadores sociais atopámonos nunha posición
privilexiada para reducir estas situacións. A nosa capacitación para traballar
no acompañamento individual desde o contexto grupal, supón unha
extraordinaria posibilidade de socialización para os nenos e nenas, as e os
adolescentes en situación de transexualidade.
Para iso, entendemos que é básico que as e os profesionais da educación
social teñamos unha formación que nos permita entender a transexualidade
como unha expresión máis da realidade sexuada dos suxeitos. Unha
expresión que é mostra da diversidade de formas de ser homes e mulleres e
non un problema ou unha patoloxía. E desde esta idea, adquirir as pautas
básicas de acompañamento ás mozas e mozos en situación de
transexualidade e ás súas familias, nos diferentes contextos profesionais nos
que as e os educadores sociais desempeñamos a nosa labor.
obxectivos Adquirir as nocións conceptuais do marco sexolóxico que axuden a
unha mellor comprensión dos suxeitos en situación de
transexualidade.
Analizar as diferentes actitudes posibles fronte ao fenómeno da
transexualidade e as consecuencias que teñen sobre os suxeitos.
Desenvolver estratexias para realizar acompañamentos individuais en
contexto grupal e comunitario.
Incorporar ás prácticas profesionais habituais a promoción da
diversidade sexual como un valor e as diferenzas entre as/os
sexuadas/os como unha riqueza.
Coñecer materiais de apoio, recursos de derivación e profesionais
cas/os que coordinarse.
persoas destinatarias Profesionais, estudantes do ámbito social ou educativo e, en xeral, persoas
interesadas na temática, dándolle prioridade a profesionais e estudantes do
Grado de Educación Social.
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
contidos 1. A realidade sexuada dos suxeitos: o mapa do feito sexual humano.
2. O proceso de ir facéndose sexuado: o proceso de sexuación.
3. A transexualidade como feito de diversidade sexual.
4. Infancia e transexualidade: algunhas particularidades.
5. Marco lexislativo e sanitario da atención ás/aos menores en situación
de transexualidade.
6. A educación sexual como marco de atención individual e de
intervención grupal nos casos de menores en situación de
transexualidade.
7. As actitudes como ferramenta fundamental do equipo profesional.
8. Funcións e tarefas dos e as profesionais da educación social.
9. Claves para o acompañamento das/os menores e as familias.
10. Recursos materiais, profesionais e comunitarios.
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
metodoloxía Os contidos do curso distribúense en 10 temas. Cada un dos temas
desenvólvese nun dossier que se remitirá por mail a cada participante. Nel
inclúense tres tipo de documentos:textos básicos, textos de apoio e lecturas
complementarias.
Os primeiros son os textos de imprescindible lectura para realizar os
exercicios de reflexión que debes enviar para acceder ao seguinte bloque de
materiais. Os segundos son textos breves, que ilustran algúns puntos
concretos dos textos básicos. Igualmente, a súa lectura é moi recomendable
para realizar os exercicios, aínda que non resulta imprescindible. E por
último, as lecturas complementarias propóñense para quen estea interesada
en profundar un pouco máis. Neste apartado vas atopar artigos de
diferentes autoras/es e orixes.
Cada participante no curso, debe enviar unha reflexión crítica sobre as
lecturas realizadas en cada tema. Unha vez enviado este traballo ó/á titor/a
do curso, recibirá por mail o novo dossier correspondente ao tema
seguinte.
O peche do curso realizarase nunha sesión presencial na que se retomarán
todas as dúbidas e debates xurdidos nas reflexións. Na última parte deste
encontro, exporanse as conclusións e as instrucións necesarias para realizar
o traballo final.
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
duración Un total de 30 horas, distribuídas en:
10 temas traballados de maneira individual (20 horas) a través da
atención on line da titora/titor, do 14 de marzo ao 22 de abril.
1 encontro presencial, de traballo grupal (6 horas), na sede do Ceesg
en Santiago de Compostela. Terá lugar o día 30 de abril de 9:30 a
14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
1 traballo final individual (ao que se se lle asigna unha carga lectiva de
4 h.)
equipo docente Almudena Herranz, sexóloga e educadora social e Samuel Díez, sexólogo.
Compoñentes do Centro sexolóxico Sexorum. www.sexorum.org
Docentes do Máster en Sexología da Universidade de Alcalá de
Henares e do Programa de Sexología Avanzada do Instituto de
Sexología In.Ci.Sex.
Asesora e asesor técnico da Asociación de Familias de Menores
Transexuais CHRYSALLIS.
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
idioma O idioma do curso será o castelán ao tratarse dun equipo profesional
docente de fora de Galicia, sen coñecementos do idioma galego.
prezos
1 A situación de desemprego debe acreditarse enviando tarxeta de desemprego.
Educadoras/es sociais colexiadas/os: 160 €
Estudantes Amigas/os do Ceesg: 160 €
Educadoras/es sociais en desemprego1 : 160 €
Outras situacións: 190 €
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
Procedemento
1. Cubrir o formulario que se atopa na web www.ceesg.org.
2. Enviar o xustificante de pago, e no seu caso, copia da tarxeta de
desemprego, a [email protected] ou ó fax 981938274.
Nº de conta ES41-0081-0499-61-0001046708 (Banco Sabadell)
A inscrición non se considerará completada ata que non se realicen os dous
pasos. Unha vez recibida a inscrición completa, enviarase un email de confir-
mación.
Adxudicación de prazas (20 prazas)
Terán prioridade para a inscrición os seguintes supostos, por esta orde:
1. Educadoras/es sociais colexiadas/os ou estudantes amigas/os do
Ceesg.
2. Educadoras/es sociais non colexiadas/os ou estudantes de Educación
Social 1.
3. Outras/os profesionais que traballen con menores.
4. Outras persoas interesadas.
Despois destas prioridades, terase en conta a orde de inscrición.
De non cubrir un mínimo de prazas, o Ceesg resérvase o dereito de cance-
lar a acción formativa.
inscricións
1 Debe acreditarse enviando copia do título ou da matrícula do curso actual.
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
Prazo de inscrición
Ata o 9 de marzo de 2016. O día 11 de marzo notificarase vía email ás
solicitantes se foron ou non admitidas. Se se cubren as prazas antes desa
data, notificarase o antes posible. Ás persoas que non resulten admitidas,
devolveráselles a cota de inscrición.
Normativa Podes consultar as normas da formación organizada polo Ceesg na web
http://www.ceesg.org/formacion/formacion-ceesg/normativa
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa
entidades colaboradoras
(Trans)Sexualidades, Infancia e Intervención Socioeducativa