Download - é Verán
puede ser unha oportunidade para que se evaporen do noso interior as toxinas da insolidaridade e da fachenda. É máis esencial aos ollos da fe o “bronceado” da alma que o simple culto ao corpo.
“A beleza encanta a vista, pero o mérito gaña a alma” (A. Pope)
Expoñerse ao SOL e broncearse…
é buscar un momento para a lectura da Palabra de Deus e para a reflexión serena de como vai a nosa vida. “Non saben o que perden aqueles que non saben escoitar o que lles di o silencio sobre a súa existencia” (M. Zundo)
Gardarse na SOMBRA…
implica limpar a conciencia e o corazón de todo pouso de corrupción e envexa, de apuros e tensións. “Moitas persoas toman baños de sol. Por que hai tan poucas que teñan a idea de tomar baños de silencio?” (Paul Claudel)
Darse un bo BAÑO…
é facer un alto no camiño para participar na Eucaristía, erguerse e deitarse cada día dando grazas a Deus. “A oración é a chave da mañá e o peche da noite” (O. Feltham)
Tomarse un REFRIXERIO…
é decatarse de que somos peregrinos na terra. Nada é definitivo; por iso, é bo mirar atrás para ver se na gran praia da nosa vida cristiá estamos deixando pegadas que merezan a pena.
Levantarse e PASEAR…
fainos caer na conta de que o ser humano é un ser social e que, para enriquecerse, necesita dos que o rodean. “Facer as cousas como todos é unha máxima sospeitosa, que case sempre significa facer as cousas mal” (J. de la Bruyère)
Aproveitar este tempo para o DIÁLOGO…
esixe deter un pouco o ritmo da existencia. Non sempre o que facemos é o máis importante nin aquilo que aparcamos é o máis innecesario. “Abonda un minuto para facer un heroe; pero necesítase toda unha vida para facer un home de ben” (P. Brulat)
Retirarse e DESCANSAR…
“Se te vas ao fin do mundo, encontrarás a pegada de Deus. Se te vas ao fin de ti mesmo, é Deus mesmo a quen encontrarás” (D. Copperfield)
Cada mañá de verán é unha lupa para BUSCAR a Deus
Convivir é saír dun/nha mesmo/a e facer partícipes dos meus éxitos e fracasos aos que me rodean. “A xente fáiseche pesada? Non a cargues ás túas costas, lévaa no teu corazón” (Hélder Cámara)
O tempo estival é un momento providencial para a CONVIVENCIA
A realidade dura que nos toca vivir bota en falta homes e mulleres harmónicos e felices consigo mesmos/as. “A alegría é unha rede de amor coa que se poden captar moitas almas” (Tareixa de Calcuta)
En todo lugar expresa a túa LEDICIA por vivir e creer
VERÁN
FELIZ