Download - Encontro Galicia-Norte de Portugal
Ata ás 12:00 horas do 28 de marzo.
Mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos Gratuíto. Aforo limitado
Apoiar a internacionalización e a cooperación entre mozos emprendedores e empresarios do Norte de Portugal e de Galicia
na Eurociudade de Chaves-Verín
Hotel Casino Chaves
Lugar do Extremo – Valdanta. Chaves, 5400 – 581Hotel Casino Chaves
Lugar do Extremo – Valdanta. Chaves, 5400 – 581
Encontro Galicia- Norte de Portugal: “Liderado e Estratexia: as
chaves para o cambio na internacionalización da empresa”
AJE Galicia en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de
Traballo e Benestar da Xunta de Galicia organiza o Encontro “Liderado e estratexia: as chaves
para o cambio na internacionalización da empresa”, de carácter gratuito que terá lugar en Chaves
(Norte de Portugal) o 30 e 31 de marzo de 2012.
Este encontro, conta co apoio dos socios do proxecto Emprende: IPJ, CEG, FGE, FNAJ, ao abeiro
do Programa de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).
Obxectivo:
Apoiar a internacionalización e a cooperación entre mozos emprendedores e empresarios do Norte de Portugal
e de Galicia na Eurociudade de Chaves-Verín.
Dirixido a:
Mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos.
Data:
Venres 30, e sábado 31 de marzo de 2012. Para asistir ao encontro sairán o venres 30 de marzo autobuses
das capitais de provincias galegas que farán o percorrido de volta o domingo 1 de abril en horario de mañán. A
organización comunicará aos admitidos os horarios e percorrido do servizo de autobuses.
Lugar:
Hotel Casino Chaves (Lugar do Extremo – Valdanta. Chaves, 5400 – 581).
Formulario de Inscrición . Prazo de inscrición aberto ata ás 12:00 horas do 28 de marzo.
Máis información: [email protected]
Programa Encontro Galicia- Norte de Portugal: “Liderado e Estratexia: as chaves para o cambio na
internacionalización da empresa”
Venres, 30 de marzo
18.00 h: Inauguración.
D. Ovidio Rodeiro Tato. Director Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de
Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
D. Daniel Ramos Lobón, Presidente da Federación Galega de Xoves Empresarios- AJE
Galicia.
18.30 h: Eurocidade Chaves-Verín. Relator: Gabinete Eurocidade.
19.15 h: Proxectos Emprende, Eurocidade e Imagina Atlántica, a cargo de Dna. Pilar del
Oro Sáez, Coordinadora Oficina Europa para a Mocidade. Fundación Galicia Europa.
Sábado, 31 de marzo
10.00 h: A mentalidade do “Océano Azul” para un liderado auténtico. Relatora: Dna.
Alexandra Dias Lemos, ICC Internacional Coach, Partner da Mindcoach.
11.45 h: A arte da guerra: a arte da boa estratexia. Relator: D. Sergio Ríos
Huércano, B-ABLE Consultoría de Estratexia e Operacións.
13.15 h: Comida.
15.30 h: Visita empresarial á cidade de Chaves.
19.00 h: Finalización da xornada.
Relatores
ALEXANDRA DIAS LEMOS
Licenciada en inxenería química, con postgrado en Administración de Empresas con especialización en
Marketing da Facultade de Economía de Oporto.
Coach certificada pola International Coaching Community (ICC), e asociada con Mindcoach, empresa de
coaching líder en Portugal, con experiencia en Programación Neuro Lingüística e unha larga traxectoria en
formación empresarial na área de desenvolvemento persoal, liderado, negociación, traballo en equipo e
marketing.
É vicepresidenta de educación de Oporto Club Toastmasters. Trainer acreditado polo Instituto de Emprego e
Formación Profesional de Portugal.
Ponent, entre outros, na Xornada Internacional de Coaching 2009(Santiago), Congreso Nacional de
Xóvenes Empresarios 2008 e Congreso Internacional de Coaching de ICC 2009 (Lisboa).
SERGIO RÍOS HUÉRCANO
Consultor de Dirección Estratégica, especializado en mellora competitiva, baseando o seu traballo na
capacitación, a excelencia (EFQM) e a toma de decisións. Avaliador Acreditado EFQM (Excelencia).
Consultor de mellora competitiva para Pemes, é decir, traballar para que as Peme poidan ser competitivas,
utilizando as ferramentas e modelos de traballo que necesiten, buscando un ROI elevado e optimizando ao
máximo os seus beneficios. A base de traballo é EFQM (Excelencia); innovación, e ámbito tecnolóxico
(Community Management por exemplo). Especialidades EFQM (excelencia), mellora competitiva,
capacitación e formación e innovación.