Download - Espazo natural Costa de Oia
Costa de Oia
Inclúe a liña costeira entre Cabo Silleiro e A Guarda (concellos de Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda) e unha ampla faixa marítima paralela á mesma.
CONCELLOS: Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda
SUPERFICIE: 2.056,6 ha (475,4 terrestres e 1.581,2 acuáticas)
TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).(pendente de aprobación)
Paralela á liña da costa e moi próxima a ela hai unha serie de montañas e serras: o monte de Santa Tegra (343 m), o monte de Torroso (368 m), a serra da Valga e a serra da Groba (654 m). Desde estes montes baixan cara ao mar, salvando grandes desniveis, pequenos ríos.
A costa, moi exposta, é rochosa practicamente en toda a súa extensión con algunhas pequenas praias e coídos. É unha costa rectilínea na que se aprecia unha ampla rasa de abrasión antigamente mergullada no mar e que emerxeu en épocas xeolóxicas recentes.
Nun percorrido entre Baiona e A Guarda o que máis chama a atención é a costa rochosa na que o mar bate sen descanso.
Vista das Illas Cíes e Estelas, desde o Cabo Silleiro
Cabo Silleiro e illas Carral e Polbeiras (Baiona)
Cabo Silleiro, co faro actual e os restos do antigo faro.
Cabo Silleiro.
Cabo Silleiro.
Cabo Silleiro.
Cabo Silleiro.
Rochas con fracturas e filóns
Cabo Silleiro.
Illas Polbeiras.
Cabo Silleiro. Coído.
Cabo Silleiro. Praia dos vidros, vestixios dun antigo vertedeiro de lixo.
Pena Rubia
Pena Rubia
Pena Rubia
Pena Rubia
Pena Rubia
Pena Rubia
Pena Rubia
Desembocadura do rego de Mougás.
Porto de Mougás (Oia).
Porto de Sanín
Viladesuso (Oia)
Punta Orelluda
Punta Orelluda coas illas Orelludas
Punta Orelluda
Punta Orelluda
Praia e porto de Oia
Praia e porto de Oia
Costa de Oia e montes da Valga
Rasa costeira na costa de Oia
Fonte das Mañas
Portocelo (O Rosal)
Portocelo
Portocelo
Costa da Guarda
FLORANo espazo mariño viven seres que desenvolven mecanismos para resistir os movementos do mar e o constante choque das ondas. As algas suxeitanse fortemente as pedras e déixanse mover ondeando os seus talos e frondes flexibles, ou desenvólvense apegadas ás pedras e nas pozas.
Golfos (Laminaria ochroleuca)
As algas medran ben ao abrigo das rochas na tranquilidade das pozas.
Algas calcárias
En terra desenvólvense especies resistentes á salinidade e á influencia dos ventos mariños como os liques ou tonas da pedra, o pirixel do mar ou a herba de namorar.
Herba de namorar e pirixel do mar
Na costa fórmanse matogueiras onde abondan toxos, breixos e outras especies resistentes ao sal e o vento. E tamén aparece algunha especie invasora como a unlla de león.
FAUNAOs animais agóchanse nas fendas e pozas das rochas (polbo, cangrexos, cóngaro, ourizo), entre as algas (maragotas, sargos, badexos) ou fíxanse ás rochas con dististos mecanismos (lapas, chuponas, caracolas, percebes, arneiróns...). En terra ocupan espazos abrigados entre as rochas, viven enterrados nos escasos lugares areosos ou son visitantes ocasionais, como as aves mariñas que as usan de pousadeiro
As pozas de marea son nichos de biodiversidade. Nelas podemos atopar ourizos, caracolas, peixes, lapas...
Percebes, mexillóns, arneiróns...
Chuponas (Anemonia sulcata)
Chupona (Actinia equina)
Grupo de gradicelas ou estrelas de mar nunha poza
Queimacasas, esponxas, mexillóns...
Gaivotas patiamarelas
Toda a zona é unha importante área de pesca e marisqueo (percebes, langosta, nécora, polbo...).
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (maio 2012)