Download - Galiza e rosalía
Transcript
![Page 1: Galiza e rosalía](https://reader038.vdocuments.pub/reader038/viewer/2022110218/58ecc8d31a28abef658b4777/html5/thumbnails/1.jpg)
Galiza e RosalíaGaliza era unha brétema mollada,escuridade pecha, sen estrela:a lingua estaba murcha, asoballada, e semellaba morta Compostela!
Galiza era monte e mais terrón,era un ermo lonxincuo e esquecido:faltáballe a palabra canción, faltáballe atopar o seu sentido!
Galiza era fantasma entre silveiras,era un misterio apenas revelado:faltábanlle as palabras verdadeiraspara se poder decatar do seu estado!
Galiza era sardiña, o pan centeio,a pobreza cuberta polo orballo:faltáballe unha areia e un anceio,a canción do arado e do trasmallo.
Manuel María (A Rosalía, 1971)