Download - Lois Pereiro Interactivo
LOIS PEREIROBiografía
a través da
súa obra, das
súas imaxes
e dos seus
sons, en
especial da
súa voz
Escoitar.com ofrece a construción dun interface multimedia para coñecer a obra do escritor galego Lois Pereiro. O interface está
composto por 2 elementos:
*Unha pantalla multitácti l de gran tamaño flotando horizontalmente sobre unha peana
*Un muro vertical de 2x3.5 metros en formato caseta portátil
sobre o que se desprega unha liña de tempo da súa vida e obra incluíndo pequenas pantallas incrustadas (marcos dixitais).
Ofrécese a programación dende cero do interactivo sobre pantalla multitáctil xigante (42”), engadindo o deseño do stand sobre o que flotarán pequenas pantallas multimedia sobre unha liña de tempo da vida do escritor (o concepto que guiará este traballo).
Cronoloxía en formato
multimedia dunha vida a
contracorrente
INSTALACIÓN MULTIMEDIAPOR ESCOITAR.COM
Pantalla MultiTáctilSobre unha pantalla multitáctil de 42” (107 cm en diagonal), programarase un interactivo dinámico e sensible ó tacto e á manipulación con dedos e xestos. Basado no concepto de liña de tempo, será posible dar vida ó gran muro que acompaña á peana coa pantalla.
A liña de tempo poderá ser desprazada coas mans, sensible a varios
usuarios ao mesmo tempo. Cada espazo de tempo nesta liña (intervalo de
anos, por exemplo), ou hitos na vida do escritor terá contido especial e
poderase despregar en novos contidos da pantalla como si se tratase de
abrir unha nova páxina web. Haberá xogos relacionados coa súa obra
escrita, álbums de fotos interactivos coa posibilidade de estirar as
fotografías, construir puzzles con algunha delas, libros electrónicos nos que
se poderán pasar páxinas, xogos para completar algúns dos seus poemas,
reproductores de son para escoitar a súa voz e a voz dos seus amigos e
unha serie de accións interactivas que axuden ó visitante a instroducirse na
súa vida e obra.
Para o deseño deste sistema empregaranse tecnoloxías como Openframeworks (librería c++), HTML5, CSS3, jQuery Touch e outras para todo o relacionado coa imaxe, e Supercollider e Javascript para todo o relacionado co son. Todo elo sobre unha pantalla multitáctil Philips de 42 pulgadas alimentada cun pequeno ordenador embebido e silencioso (sin ventiladores).
OpenframeworksjQuery
Computer Vision, physical
mapping, HTML5, CSS3
e outras tecnoloxías
darán vida a esta
instalación
Muro dinámico/StandCon 3,5 ou 4 metros, e respaldando á pantalla interactiva, haberá un muro plano e portátil con retro-iluminación (como unha lámpada) no que aparecerá impresa a liña de tempo da súa vida e con 4 marcos dixitais incrustados nos que as fotografías do autor moveranse continuamente (ver diagrama máis abaixo)
Impresa sobre unha lona semitransparente colocarase a liña de tempo co mesmo deseño do interactivo da pantalla táctil.. Esta lona retro-iluminada terá un aspecto de pantalla xigante na que se poderá coñecer a vida do escritor dunha ollada, estructurada por anos ou hitos na vida do artista e na que se podrán colocar logos de colaboradores, patrocinios e calquera elemento gráfico necesario. O deseño do muro faise no noso estudio e entrégase en tamaño para impresión.
No muro van tamén incrustadas catro minipantallas (marcos dixitais) nos que as fotografías cobran vida nun slide-show en loop contínuo e de moi fácil montaxe (sin ningunha complicación). As imaxes en movemento xunto coa retro-alimentación de todo o muro axudarán a crear unha imaxe dixital e contemporánea da vida do autor.
Lona semi-transparente
montada sobre un stand portátil de
estructura de alumiño
(encartable nunha maleta de
transporte con rodas)
Tech Riders
Sistema MultitáctilO sistema multitáctil está composto por 4 elementos:
1.- PANTALLA MULTITÁCTILPHILIPS MONITOR MULTITÀCTIL 42" HIGH BRIGHTNESS | Brillo: 700 Cd/m2 | Conexións: VGA, DVI-D, HDMI, RS-232C, S-Vídeo, V.Componentes
Contraste: 1000:1 | Peso: 45 kg. | Pulgadas: 42
2.- ORDENADOR CON SISTEMA OPERATIVO WINDOWS 7Industrial e encapsulado, de tamaño pequeno, sin ventiladores (silencioso)
3.- PEANA PARA MONTAR A PANTALLA Parecida á da foto que se pode ver abaixo, anque pódese facer con calquera estructura sinxela envolta coa mesma lona da
impresión do muro.
4.- AURICULARES PARA O PÚBLICO
*Pantalla Philips Multitáctil 42”
*Peana para posicionala horizontalmente
*Ordenador encapsulado e silencioso dentro da peana
*Cascos para o público
Tech Riders
Muro/Stand
O muro pode estar construído cun stand portátil estándard:
*Estructura de alumiño anodizado.*Soleras de alumiño con velcro.*Forro total co arte, impreso en lona comercial ou tela.*Estuche cilíndrico de transporte.*Bolsas de tela para empaque interno.
4 marcos dixitais de diferentes tamaños con ranura SD para tarxetas de memoria.
Necesidade de troquelar a lona en catro lugares para a incrustación das 4 mini-pantallas
Alzado da instalación
Acerca de Escoitar.comEscoitar.com é unha nova empresa de servizos audiovisuais herdeira da longa experiencia de proxectos e iniciativas vivas como a produtora de eventos SINSALaudio de Vigo ou os colectivos de creadores como Alg-a.org (Galicia), Artesonoro.org (global) ou Mediateletipos.net (global).
Escoitando, o outro nome da empresa, é xerundio de Escoitar, é dicir, é a acción empresarial da Asociación Cultural Escoitar.org, un proxecto cunha traxectoria importante en relación ao traballo co patrimonio inmaterial (a paisaxe sonora de Galicia) e cuxas propostas foron reclamadas en todo o mundo.
Escoitando reúne, entón, a experiencia acumulada de todos estas frontes ofrecendo ao mercado algúns proxectos innovadores como as Audioguías noTours (que interaccionan co visitante en relación á súa posición e actitude), os Mapas Sonoros interactivos (capaces de ofrecer unha postal sonora dun lugar) e unha serie de módulos para a industria cultural que complementan a estes produtos pero ao mesmo tempo ofrecen novas perspectivas sobre a produción cultural contemporánea (desenvolvemento Web avanzado, sistemas interactivos, produción de interfaces, video HD, etc.).
Escoitando é tamén un laboratorio de desenvolvemento web, especialista en aplicacións multiplataforma como jQuery Mobile -Android, IOS- e HTML5+CSS3.
Entre os clientes actuais da empresa destacar o Museo Nacional Reina Sofía (implementación de nova web e creación da radio e a televisión do museo), o Festival ZEMOS98 de Sevilla (Web e TV), a Casa Encendida de Madrid (Audioguías), a LABoral Centro de Arte Industrial de Xixón (Audioguías do barrio de Cimadevilla), etc.
Son responsables do portal de Arte Sonora Artesonoro.org e da publicación Mediateletipos.net
Forman parte de Centro de Creación Experimental de Cuenca e do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo
noTours.org
é un dos seus proxectos con maior
proxección internacional (México,
Alemaña, Rumanía, Estonia)