Download - O LIBRO DE 5º B
“CINCENTA” Cincenta era unha fermosa rapaza pero ruín e lista.
Ademáis vivía na mansión da súa nai .
Un día chegoulle unha carta para unha festa fora da
cidade. Ela toda contenta foi preparando o seu vestido, por
certo fermosísimo.
Ao acabar o vestido o seu pai que era moi malo, e non
quería que a súa filla saira ; rompeullo.
O día da festa íase vestir e non había nada, ela pensaba
que foran os seus irmáns pero nese mesmo momento
apareceu alí unha bruxa.
Fíxolle un vestido horroroso pero ela foi igual.
Cincenta marchou sen deixar falar a bruxa .
Ao chegar ó baile o príncipe estaba obcecadoen que
Cincenta era o seu amor.Entón pediulle
matrimonio.Cincenta dixo:
-Ti tontorrón, cara de parvarolo, inútil porque te vise
unha duas veces xa me teño que casar contigo, pois non!! Xa
era a unha da mañá.
Cincenta decatarase de que a súa cara estaba chea de
verrugas, manchas, varola, vermes...
Ao final Cincenta quedou soa e coa cara noxenta.
Patricia Varela Añón
“OS TRES PORQUIÑOS” Había unha vez tres porquiños moi falcatrueiros, xa que sempre estaban
amolando no seu veciño o lobo.
Os porquiños ían todas as mañás a chamalo, e cando abría a porta
sempre lle facían unha das súas: tirábanlle un caldeiro de auga, unha tarta...
O lobo xa non sabía que facer para que o deixasen en paz .
Un día ocorréuselle unha idea, facerlle unha trasnada aos tres irmáns,
entrou pola noite na súa casa e rachoulles os pantalóns pola parte de atrás.
A mañá seguinte os porquiños vestíronse, e non se deron de conta de
que estaban rotos. Saíron a rúa, a xente non paraba de rirse deles, pero
aínda así, non se deron de conta, ata que un amigo llo dixo. Eles miraron o
lobo e souberon que fora el porque fora o que mais se rira. Os porquiños
decatáronse por que o lobo fixera aquelo, pedíronlle perdón e prometéronlle
que nunca máis o volverían a facer. E por fin o lobo quedou en paz.
Lidia Ramos Rojo
“HANSEL E GRETEL”
Érase unha vez unha familia moi rica que vivía no monte. Nesa familia
hai dous irmáns, un chámase Hansel e o outro Gretel. Levábanse fatal, e os
pais pola contra moi ben.
Un día foron a por leña e os pais perdéronse. Os fillos buscaron e
buscaron ata que atoparon unha casa moi vella na que vivía unha muller nova
e moi amable.
Hansel e Gretel, que eran moi maleducados, comezaron a facer
falcatruadas ata que a muller fartouse e díxolles:
-Vós rapaces, vouvos encarcelar! E así foi , os rapaces foron encarcelados. Un día mentres a muller foi a por leña Hansel e Gretel escaparon e
roubaron un baúl que pesaba moito
Cando chegaron á casa estaban os pais e decidiron abrir o cofre. E… Ala! Eran trapos vellos! E así Hansel e Gretel aprenderon a lección e nunca xamais volveron a
ser maleducados.
Jorge Blanco Porteiro
“CARAPUCHIÑA VERMELLA”
Unha tarde, Carapuchiña ía polo bosque coa súa cestiña na
que levaba: unha xerra con mel, pan tenro, queixo fresco e
moitas comidas apetitosas para a súa avoiña, cando de súpeto
apareceu o lobo.
- Vesme amolar como sempre? - preguntou Carapuchiña.
- Hoxe descanso que é sábado e vou de marcha á cidade -
respondeu o lobo.
- De marcha, que é iso?
-Mira que és tontiña! Ven conmigo e ensinareiche o que é
divertirse.
Carapuchiña e o lobo foron á cidade.
Chegaron de noite e as rúas estaban cheas de rapazas moi
arregladas. A todas lles gústaba a capa de Carapuchiña, e
preguntabanlle:
- Onde compraches ese conxunto!? Ven connosco a
discoteca, ímolo pasar xenial!
Saíron a bailar e Carapuchiña pasouno tan ben , que
decidiu quedar na cidade.
Empezou a fabricar capas vermellas como a súa, e
converteuse nunha famosa diseñadora.Agora o lobo e o seu
chófer, e encárgase de levarlle a avoiña cestas con mel, leite e
queixo porque Carapuchiña está moi ocupada, preparando
novos modelos.
Noa Rodríguez M oscoso
“OS TRES PORQUIÑOS”
Había unha vez tres porquiños que querían comer ao lobo.
O lobo tíñalle tanto medo aos porquiños que se cagaba pola pata
abaixo. Por iso cando saía á rúa vixiaba ao seu redor para non
atoparse cos porquiños polo camiño.
Os tres porquiños vivían nunha enorme mansión, mentres
que o lobo vivía nunha pequena casucha de madeira.
Nunca molestaban ao lobo ata que un día lle gastaron unha
broma.Puxéranlle dinamita enriba da casa do lobo e destruíranlla
por completo.
O lobo que era moi bo volveuse terriblemente malvado.
Construíu un látigo de madeira e obrigou aos porquiños a
construírlle unha mansión de ladrillo con catro andares.
Os porquiños acabaron esgotados e deitáronse a descansar
no sofá.
Marcelo Recarey Bello
“CARAPUCHIÑA VERMELLA”
No medio do monte vivía Carapuchiña Vermella. Todas as noites saía a levarlle uns saborosísimos doces de améndoas,
guindilla, nata... á súa avoa. Ao mesmo tempo o lobo tamén ía todas as noites a cazar algún coello
ou algunha cabra . Cando vía a Carapuchiña sempre saía co rabo entre as pernas .
Tíñalle un medo horrible! E ela cando vía ao lobo dáballe unha patada no rabo, mordíalle as patas ...
O lobo era un chorimicas , e Carapuchiña unha matona . Carapuchiña era das peores , pegáballe á nai , maltrataba aos paxaros,
pintaba as paredes ... O lobo nada máis ver a Carapuchiña púñase nervioso: esvaraba na
lama, caíalle a presa , mexábase ... Un día ían os dou preto, Carapuchiña levaba os doces , e o lobo a súa
presa . Non se viran , e cando se cruzaron no camiño chocaron , e os doces caeron enriba da cara do lobo , e a presa no río . Ao lobo gustáronlle moito os doces e Caperu enfadouse . O lobo quería máis doces pero Carapuchiña non lle quería dar máis , así que lle refregou unha ortiga no fociño .
O lobo escapou e marchou correndo e ouveando . Caperu quedou estomballándose da risa ao ver “como cambiou o
conto”.
Alba Mª Campos Andrade
“CARAPUCHIÑA
VERMELLA”
Nunha casiña moi luxosa e grande, vivía un lobo moi bo.
Mentres que no bosque vivía Carapuchiña e a súa avoa; unha vella
moi mala e malhumorada.
Un día, o lobo ía paseando polo bosque e ao lonxe viu unha
casa moi grande feita de madeira. Foi camiñando ata ela. Petou á
porta e... ¡Abriulle a avoa! Entón a avoa díxolle:
-Ola lobiño, que che trae por aquí?
-Nada, paseaba por aquí e vin unha casa que me chamou
moito a atención e achegueime.
-Pois... Marcha de aquí, se non queres que che bailen os
dentes a lambada!
Daquela Carapuchiña cando oíu o que falou a avoa, díxolle:
-Veña avoa, non sexas tan inxusta co lobo, cala a boca un
pouco e déixalle entrar para que saboree un té con galletas que lle
imos dar, verdade...?
O lobo entrou e déronlle un té con galletas envelenado e
cando chegou a noite, o lobo estoupou.
Asier Amarelle Pallas 5ºB
“ OS TRES PORQUIÑOS”
Nunha fantástica cabana na beira dun río vivían tres porquiños .Eles eran moi
felices e disfrutaban bañándose no río.
Preto de alí tamén vivía un lobo.
Vivía nunha choza feita de táboas de madeira. Era un pouco parviño e non lle
poñía medo a ninguén .
Os porquiños ríanse del e facíanlle burla.
- Lobo, lobiño non che temos mediño.
Os porquiños eran un pouco malvados e un día fixeron unha larada diante da
casa do lobo e queimáronlla.
O lobo púxose moi triste e non tiña donde durmir, entón foi petar á porta do can
de palleiro que vivía por alí preto .O can foi con el ata a casa dos porquiños.
- Pum,pum.
- Quen anda aí?
- Son o can de palleiro
- Que queres?
- Quero facer xustiza, destrozastes a casiña do lobo.
- Ha, ha, ha- riron os porquiños.
- Seguro que non lle tendes medo ó lobo, pero a min sí. Xa que lle queimastes a
casa do lobo agora tendes que compartir a vosa.
E así foi como agora , viven xuntos tres porquiños e un lobo nunha casiña preto
dun río.
Cristina Rivera Grobas 5ºB
“CINCENTA”
Érase unha vez, nun país moi cercano, un home chamado
Carlos que traballaba a terra, mal vestido e ulía coma os cochos.
Unha vez viu a princesa Cincenta pola televisión que dixo:
- Quen atope o meu zapatiño de cristal, cásome con el .
Carlos foi correndo pola casa adiante para buscar a sua nai,
que estaba no baño e díxolle:
- Sabes onde esta o castelo da princesa Cincenta?.
A súa nai díxolle que si , pero tamén lle dixo por que quería
sabelo. Carlos só lle dixo unha cousa, que quería casarse con ela.
A nai empezoulle a facer un xesto negativo, xa sabes como
cando lle pides cartos. A súa nai empezoulle a berrar coma unha
tola e díxolle:
-Ti só sabes meter o dedo no naris, ules peor que todos os
cuchos que temos e desde hai dez meses que non cambiaches os
calzóns
Carlos fuxiu pola noite a buscar o zapatiño de cristal. Foi ata o
castelo buscando o zapatiño ao redor da muralla. E aí estaba , o
zapatiño de cristal. Pola mañan Carlos foi ata o castelo , díxolles
aos gardas que o deixara pasar , entón entrou e deulle o zapatiño a
Cincenta . E casaron felices.
MARCOS SOUTO VEIGA
“Os patiños feos”
Había unha vez unha pata que estaba incubando os seus
ovos.
Os patiños tardaron varios días en saír do cascarón. Todos os
patiños naceron horrorosos menos un, que por casualidade naceu
moi fermoso.
Cando os seus irmáns o viron por primeira vez puxéronse
celosos.
O patiño guapo burlábase deles e dicíalles:
-Vós non sodes máis guapos e nunca o seredes.
Ó cabo duns anos os patiños medraron e o patiño guapo
púxose máis feo e os seus irmáns máis guapos do que era el.
O patiño feo enfadouse moitísimo cos seus irmáns e pola
noite cando todos durmían no estanque, o patiño feo marchou
porque a súa familia xa non o querían por burlarse dos seus irmáns.
ELOY VILLAR TAIBO
“Carapuchiña amarela” Carapuchiña Amarela ía cara a casa da súa irmá, polo camiño
recollía cogomelos e un ramo de flores vermellas.
Cando Carapuchiña Amarela viu ao lobo, levaba posto un
casco, un chaleco salvavidas inflado de todo, os zapatos tiñan
pinchos arredor,tamen levaba espinilleiras,rodilleiras e ata
codeiras,e tamén un pao na man deraita. Carapuchiña Amarela
correu a darlle un forte abrazo ao lobo,pero como o lobo lle tiña
medo doulle co pau na cabeza e...
Cando Carapuchiña espertou, tiña os pelos coma unha
bailarina dos 80, o vestido todo roto e a súa capa amarela xa non
tiña carapucha .En vez de ser Carapuchiña Amarela parecía
¡CARAPUCHONA AMARELONA SEN CARAPUCHA!
Non puido ir a casa da súa irmá con esas pintas e ese dor de
cabeza que o lobo lle puxera cando lle dou co pau na cabeza,e dou
a volta,cara a casa.
Pero agora era ela quen levaba o pau na man,e máis lle vale ao
lobo non encontrarse con ela.
Lucia Viaño Silveira
“Os tres lobiños e o porquiño”
Hai moito tempo había tres lobiños que querían facer unha casa para
cada un.
Apuntáronse a unha competición para saber quen facìa a mellor casa e
máis forte.
Había moita xente no concurso pero de alì a uns días a meirande parte
da xente xa estaba fòra da competiciòn.
Sò quedaban os tres lobiños e un porquiño, que quería gañar como
fose.
Como viu que os lobiños lle ìan gañando, roubàballe os materiais, pero
eles seguìan gañando.
Chegou o último día e os lobiños acabaran a casa e o porquiño
deixouna sen acabar.
O lobiño máis novo fíxoa de palla e o porquiño soprou e soprou e xa
lla tirou.
O mediano fíxoa de madeira e o porquiño
colleu unha escavadora e tiroulla.
Pero a do maior, como era de formigón
non lla tirou.
E gañou o lobiño maior.
Martín Villar Rodríguez
“CINCENTA” Érase unha vez unha nena moi mimada que vivía nun castelo.
Un día moi soleado apareceu un vagabundo e dicíalle á
princesa que si lle daba auga, pero ela era moi mala, aínda que ao
final doulla.
Outro día foi outra vez e pedíulle se lle daba de comer e
díxolle que si.
Volveu e díxolle: -Dasme roupa?
E a princesa dixo:-Isto non é un supermercado,vale!
E nunca volveu o vagabundo.
Noemi López Rodríguez
“Os tres porquiños”
Había unha vez tres porquiños que eran moi
rebeldes.
Sempre lle estaban gastando bromas á súa nai.
Un día aos tres porquiños ocorréuselles unha idea:
gastarlle unha broma ao lobo, porque era un lobo bo.
Cando os tres porquiños chegaron á casa do lobo
rompéronlle as tuberías facendo que se inundase a casa.
O lobo quedou sen casa. Enfadouse moito e
mandoulle que lle construísen unha, se non querían que
os comese.
Construíronlle a casa e agora eran os servintes del.
RAMIRO CEBRAL AÑÓN
O LOBO AZULÓN
Érase unha vez un lobo azul chamado Azulón, era un dos
lobos máis bos do mundo enteiro. Azulón vivía na cidade coa súa nai, pero coma a súa avoa estaba tan ben de saúde quixo ir visitala ao campo.
A nai de Azulón díxolle que como a avoa estaba tan ben de saúde non lle levara nada, para que non enfermase.
O lobo emprendeu o camiño e na metade deste parou a coller unhas rosas azuis, pero cando se dou a volta viu unha nena… era Carapuchiña Rosiña!
O seu carácter era feroz ademais de mentireira, así que Azulón non lle fixo caso do que lle dixo, aínda así ela moi astuta foi capaz de chegar á casa da avoa.
Pero cando Carapuchiña Rosiña entrou na casa, a avoa púxose dos nervios e saíu correndo cara ao bosque.
Dun momento a outro a avoa xa non tiña forzas para correr e tivo que parar a descansar onde quedou durmida.
Ao espertar encontrouse cun gato que tiña botas! A avoa relatoulle ao misterioso gato o que pasara. Este asustou a Carapuchiña, foi á casa onde se atopaba Azulón engaiolado e moi triste, e salvou a avoa e máis a Azulón dela. Estes agradecéronllo e despedíronse do gato cun gran festón.
Desde aquela Azulón non volveu ver a Carapuchiña Rosiña nin se volveu meter en problemas.
IRIA GARCIA GARCIA 5º B
“CARAPUCHIÑA
AZUL”
Carapuchiña Azul tiña dúas irmás: Carapuchiña Verde e Carapuchiña
Amarela.
Vivían nunha gran cidade e eran as máis populares da escola.
Un día, de volta á casa atopáronse con Lobo, o rapaz máis antipático da
escola.
Lobo era feísimo: era peludo, as súas unllas eran moi longas , os seus
dentes eran tan afiados coma os coitelos e os seus ollos eran coma pratos.
Lobo marchou correndo xa que as tres Carapuchiñas soamente querían
fastidiar a Lobo.
Un día Lobo ía levarlle á súa avoa unhas chuletas , cando de súpeto
apareceron as tres Carapuchiñas e dixéronlle que polo camiño das curvas
chegábase primeiro que polo recto.
As tres Carapuchiñas foron polo recto e Lobo polo camiño das curvas.
Cando Lobo chegou, a súa avoa non estaba, as tres carapuchñas
secuestrárona.
PABLO NEGREIRA CAAMAÑO PABLO NEGREIRA CAAMAÑO PABLO NEGREIRA CAAMAÑO PABLO NEGREIRA CAAMAÑO