PELÍCULAS AMBIENTADAS NA
SEGUNDA REPÚBLICA E NA GUERRA CIVIL
¡A mí la Legión! (1942). Película española de exaltación militar
centrada no compañeirismo que debe reinar no corpo da Lexión.
Agente confidencial (1945). Durante a Guerra Civil, un axente
republicano trata de mercar carbón e impedir que este chegue ao
bando fascista.
Arise, mi amor [Adelante, mi amor] (1940). Unha periodista
norteamericana que cubre a Guerra Civil namórase dun aviador que apoia á república; condenado a morte, axúdao a escapar mentres en Europa comeza
a Segunda Guerra Mundial. Estivo prohibida en España e Alemaña.
¡Ay, Carmela! (1990). Un grupo de cómicos que ameniza aos
republicanos cae, por error, na zona nacional. Obrigados a ridiculizar
á República, provocarán a súa desgraza.
Biba la banda (1987). Tocando á súa fin a Guerra Civil, nun cuartel
franquista ensaian sen descanso para ofrecer un concerto a mandos
militares de España e Alemaña.
Bloqueo (1938). Durante un bombardeo, un soldado republicano
coñece a unha muller que resulta ser espía dos fascistas. Baixo os
escombros, tratará de convencer á muller do equivocadas que están
as súas ideas.
Casas Viejas (1983). Relato dos sucesos que tiveron lugar nese pobo
gaditano en 1933 que provocaron unha fonda crise de goberno que
obrigou a convocar eleccións xerais.
Dragón rapide (1986). En xullo de 1936, un avión británico, o
Dragon rapide, debe trasladar en secreto a Franco desde Canarias a
Marrocos para iniciar o golpe militar contra a República.
El ángel vestía de rojo (1960. Na Guerra Civil coñécense un
sacerdote, en crise de fe que debe escapar das tropas republicanas, e
unha prostituta e a súa relación provoca en ambos o rexurdimento de
pantasmas do pasado.
El espinazo del diablo (2001). Un grupo de nenos e adultos viven
nun orfanato durante a Guerra Civil agachados para non ser
descubertos polos fascistas nun mundo no que tamén aparecen seres
sobrenaturais.
El frente infinito (1956). Un capelán castrense que acaba de chegar
de Roma debe poñerse ao servizo do exército nacional, pero os
horrores da guerra provocan nel tal pánico que non é capaz de
superalo, debaténdose entre o medo e o deber.
El lápiz del carpintero (2003). Galicia en 1936. Os presos
republicanos tratan de facer máis soportable a súa condena. Entre
eles está un médico ao que trata de salvar a súa noiva, filla dun
destacado fascista. En medio, un garda civil, verdugo e salvador do
médico.
El largo invierno (1991). En Barcelona, case ao final da Guerra
Civil, unha familia consolida a división ideolóxica dos seus
membros, e mentres un dos irmáns abandona o fogar, outro farase
cargo del co apoio do mordomo.
El pianista (1998). Dous pianistas barceloneses están en París cando
se inicia a Guerra Civil e un deles regresa a España para loitar pola
República, volvéndose a encontrar 40 anos despois.
El último tren de Madrid (1937). Drama humano sobre persoas que
escapan dos bombardeos de Madrid durante a Guerra Civil.
El otro árbol de Guernica (1968). O drama dun grupo de nenos
vascos que foron evacuados a países estranxeiros fuxindo da guerra e
que non perderon a esperanza de regresar.
El viaje de Carol (2002). Experiencias do espertar á vida dunha nena
de 12 anos filla dun brigadista nun pobo de Cantabria tomado polos
nacionais durante a Guerra Civil.
En brazos de la mujer madura (1996). Durante a Guerra Civil, o
protagonista busca á súa nai e ten as primeiras experiencias sexuais cunha condesa prisioneira dos anarquistas, namorándose máis tarde dunha
violinista.
Escuadrilla (1940). No inicios da Guerra Civil, un grupo de oficiais
que non quere apoiar á República trata de incorporarse ao exército
dos sublevados.
Fiesta (1995).Un xoven aristócrata quere combater en apoio da
república, pero para endurecelo seu pai enviarao a formar parte dun
pelotón de fusilamento.
Frente de Madrid (1940). Un falanxista debe vestirse de miliciano para
entregar unha mensaxe á resistencia de Madrid. Ferido tras cumprir a
misión, morrerá xunto a un miliciano republicano reflexionando sobre a
inutilidade dunha guerra fratricida.
Huidos (1992). Ante o avance do exércitos dos sublevados, varios
habitantes dun pobo de Galicia refúxianse no monte e aínda que
enfrontados nas súas ideas, coinciden na loita guerrilleira.
¡Jo, papá! (1975). Un combatente da Guerra no bando nacional
quere lembrar aquela aventura cosa súa familia percorrendo os
lugares nos que actuou.
Juegos de mujer (2004). Un irlandés e unha española deciden deixar
a súa cómoda vida en París para vir a España a loitar pola República.
El participará na batalla de Teruel e ela perderá a vida.
La buena nueva (2008). Drama dun xoven sacerdote nun pobo socialista
en 1936. Tras a ocupación polos nacionais, o crego tratará de defender aos represaliados poñendo en xogo a súa vida, encontrando apoio e consolo na
mestra que deixaron viúva no inicio da guerra.
La casa de las chivas (1972). Durante a Guerra Civil, un
destacamento republicano ocupa un caserón próximo á fronte e unha
das fillas da casa namórase dun soldado que oculta a súa condición
de sacerdote.
La fiel infantería (1957). Narrada desde a óptica dun batallón franquista,
relata a historia dos soldados que deben tomar un obxectivo moi difícil, Cerro Quemado, case sen poder descansar coas familias desde a anterior
operación.
La guerra de los locos (1986). Nos inicios da Guerra Civil, un grupo de
internos dun hospital psiquiátrico aproveita a confusión da chegada das
tropas de Franco para fugarse e nesta fuga compartirán experiencias cun
grupo de anarquistas.
La hora de los valientes (1998). Un dos celadores do Museo do
Prado consegue localizar un cadro de Goya que se perdera durante o
traslado das obras de arte a lugares máis seguros para que non as
destrúan os bombardeos.
La lengua de las mariposas (1999). Escola e mestre republicano nun
pobo de Galicia aplicando a filosofía da educación que preconizaba a
república. Pero en xullo de 1936 todo cambiará e estes valores serán
ilegalizados.
La luz prodigiosa (2003). Nos inicios da Guerra Civil, un pastor
recolle a un home que os seus verdugos creron fusilar e lévao a un
asilo totalmente amnésico. Ao cabo duns anos, o pastor recoñéceo na
figura dun mendigo e este encontro reavívalle a memoria. Tratando
de saber quen é, pode que se trate do poeta García Lorca.
La montaña rebelde (1971). Drama pasional de personaxes aos que a
Guerra Civil modificou a súa vida de forma traumática, dando lugar a
situacións de tensión que acaban de forma tráxica.
La mujer del anarquista (2008). Historia baseada nun feito real, o
dun avogado que no inverno de 1937 loita contra Franco nas
trincheiras da zona de Madrid e tamén a través da radio, mentres a
súa muller percorre as rúas da cidade sitiada coa súa filla.
La mula (2013). Un cabo do bando nacional encontra unha mula no
medio do campo de batalla e está decidido a levala á súa casa, aínda
correndo serios perigos.
La patrulla (1954).Un grupo de soldados fanse unha foto para lembrar a
patrulla que formaron durante a Guerra Civil e prometen volverse a encontrar nese lugar ao cabo de dez anos, pero son moitas as dificultades
para cumprir a promesa.
La paz empieza nunca (1960). Desde 1936 o protagonista loita cos
falanxistas e, unha vez rematada a Guerra Civil, participará nunha
misión secreta destinada a acabar cos maquis da zona de Asturias.
La plaza del diamante (1982). Colometa vive feliz coa súa familia
ata que a guerra trastorna todo e a miseria e as represalias obrigarán
aos superviventes do bando vencido a loitar coa esperanza de que os
seus fillos teñan unha vida mellor.
La silla vacía (1984). Por cada cadeira baleira nos cafés de
Barcelona había un loitador máis no bando republicano. Esta era a
mensaxe deste filme propagandístico que presenta a un mozo que
decide alistarse ao contemplar a uns mutilados pola guerra.
La vaquilla (1985). Na fronte de trincheiras da Guerra Civil, os do bando
nacional anuncian as festas de agosto; un grupo de soldados republicanos
deciden roubarlles a vaquilla dos festexos, de modo que terán comida,
arruinarán a festa ao inimigo e levantarán a moral dos seus compañeiros.
La venganza (1957). Historia dun campesiño durante a Segunda
República que pasa dez anos no cárcere acusado inxustamente de cometer
un asasinato e planifica a vinganza. Pero o amor interponse neste odio e
prevalecerá a reconciliación á vinganza.
Las largas vacaciones del 36 (1976). Nun pobo próximo a Barcelona
veranean familias burguesas ás que o inicio da Guerra Civil sorprendeu estando de vacacións e deciden prolongalas ata que a guerra remate. Entre
os adultos, uns continuarán cos seus traballos e outros agacharanse por
medo ás represalias.
Las bicicletas son para el verano (1984). A historia comeza no verán
do 1936, co inicio da Guerra Civil en Madrid, a cidade que terá que
adaptarse ás duras condicións da súa prolongada resistencia.
Libertarias (1996). Historia dun grupo de milicianas anarquistas durante
a Guerra Civil na que se destaca o papel xogado polas mulleres
republicanas loitando na fronte e tamén contra o machismo dos seus
compañeiros.
Los días del pasado (1977). Una mestra pide destino nun pobo de
Santander coa esperanza de poderse encontrar co seu mozo, un
maquis que loita na zona, pero a Garda Civil intrepóñese nos seus
desexos.
Los niños de Rusia (2001). Tratando de salvalos da guerra, moitos nenos
da zona republicana foron enviados a outros países e recuperalos tras a esperada vitoria republicana, pero a historia escribiuse doutro modo e
moitos deles nunca regresaron.
Los ojos perdidos (1966). Historia de amor imposible por causa da
guerra, que impide que un alférez provisional e a súa noiva poidan
cumprir os plans de futuro trazados.
Nosotros somos así (1936). Filme musical de propaganda anarquista,
de entretemento e escapismo en medio da dureza da guerra para ter
un rato de asueto.
Por quién doblan las campanas (1943). O mando republicano
encarga a un experto brigadista norteamericano en accións especiais
a destrución dunha ponte. Pero tamén hai tempo para o amor a as
fonda amizades.
Porque te vi llorar (1940). Inicio da Guerra Civil en Asturias, onde dos mozos non poden casar: el asasinado e ela violada por un miliciano, do que
terá un fillo ao que a familia despreza.
Posición avanzada (1965). Durante unha tregua na guerra, soldados
dos dous bandos pescan troitas nun río e intercambian conservas e
cigarros. Pero as forzas estranxeiras relevan aos sitiadores na noite e
matan a un confiado soldado que fai sinais para volver a pescar.
Réquiem por un campesino español (1985). Mentres agarda polos
fregueses dun funeral, o crego lembra acontecementos da vida do
defunto e os sentimentos que lle invaden pola responsabilidade na
morte do seu veciño.
Retrato de familia (1976). Conflitos sociais, políticos e militares
nunha cidade que na Guerra Civil quedou no bando dos sublevados
centrados na conduta dos membros dunha familia.
Rojo y negro (1942). Dous mozos coñécense desde nenos, pero ao
estoupar a Guerra Civil, ela faise falanxista e el comunista, situación
que imposibilita as súas relacións.
Sin novedad en el Alcázar (1940). Describe, desde un punto de vista
épico e heroico e con evidente finalidade propagandística, a resistencia dos
militares cercados ata a súa liberación polas tropas de Franco.
Soldados (1978). Situacións que viven personaxes anónimos ante o
drama de que están perdendo a guerra.
Soldados de Salamina (2002). Reconstrución da historia do
falanxista Sánchez Mazas, fusilado con outros compañeiros pero que
conseguiu fuxir e ocultarse nun bosque, unha historia chea de
contradicións e misterios.
Tierra de todos (1961). Drama convencional sobre a Guerra Civil
pero que trata de presentar o conflito con vontade obxectiva e
reconciliadora, un valor na época na que se rodou.
Tierra y libertad (1995). Baseada nas memorias de G´Orwell, narra a
experiencia dun brigadista inglés e as divisións e loita polo poder no
bando republicano que culminaron na crise de 1937.
Un dios prohibido (2013). Narración da morte de 51 membros da
cominidade relixiosa dos claretianos de Barbastro nos inicios da
Guerra Civil
Vida en sombras (1948). No inicio da Guerra Civil, un operador de
cine perde a súa esposa nun tiroteo nun momento que se separa dela
para filmar uns planos do seu interese. Atormentado polos
remordementos convértese en reporteiro de guerra e ao finalizar a
contenda cae nunha fonda depresión.
Viva la muerte (1970).Na Guerra Civil, un neno descubre que a súa
nai delatou a seu pai para que o detivesen os fascistas por colaborar
cos republicanos, unha obsesión que na súa mente non para de crear
imaxes relacionadas coa morte.