Download - Proxecto mínimo viable
PROYECTO MÍNIMO VIABLE: "A NOSA BRETOÑA"
¿QUE É A "MATERIA DE BRETAÑA"?
MODALIDADE E ETAPA EDUCATIVA
Está pensado para alumnos do primeiro ciclo diso en réxime diurno nas
materias de Educación para a cidadanía, Educación Plástica, Música e
Lingua galega.
PERFIL DOS ALUMNOS
Estudantes ( 140 alumnos de 1º e 2º de ESO - tres primeiros e catro
segundos- pertencentes ao Proxecto Abalar con ordenadores para cada
un e EDI na aula. Motivados e cunha pequeñísima experiencia de
traballo por proxectos.
DESCRICIÓN DO PROXECTO
Este é un proxecto suscitado na materia de Lingua galega e xorde no
contexto da celebración da Semana dás Letras Galegas. Os alumnos de
1º de ESO teñen que traballar no currículo, durante a 3ª avaliación o
texto poético e o texto narrativo. A idea é que o traballen en grupos e en
torno a un tema unificador: a "Materia de Bretaña", o que lles permitirá
traballalo tamén na materia de Educación Plástica. Buscando socios
propóñollo ao profesor de Lingua galega de 2º . Os alumnos de 2º teñen
que traballar no seu currículo "Como se fai unha presentación de
traballos" e o "texto de tipo académico". A profesora que imparte
Educación para a cidadanía e Música en 2º quere aportar o seu traballo
para a celebración das Letras Galegas. Esta parte é a que vexo de máis
difícil integración. Son catro cursos de 2º nos que a mesma profesora
imparte dúas materias diferentes. A súa proposta é traballar o mito
artúrico desde o campo dos valores (autonomía, fidelidade,
solidariedade); creo que é un bo símbolo para axudar a configurar unha
identidade social nos alumnos que están buscando o seu Graal. E con
isto intento crear o meu proxecto.
A cuestión suscitada é: Que é a Materia de Bretaña? Como se
manifesta? A primeira parte do traballo no aula dedicareilla á poesía e a
segunda á narrativa.
PRODUTO FINAL
O produto final sería unha antoloxía comentada de textos poéticos.
No comentario incluímos:
- Argumento
- Idea principal
- Tema
- Figuras literarias
Os textos seleccionaranse de dúas bibliotecas virtuais:
http://bvg.udc.es/
http://sondepoetas.blogspot.com.es/
En 2º da ESO, a tarefa final será un traballo de investigación sobre os
autores e o contexto histórico-xeográfico dos mesmos autores que
traballan os alumnos de 1º. Expoñerán os traballos en formato de
cartolina no hall do centro, xunto co debuxo, pintura,...alusivo ao mito
artúrico; o profesor de Plástica suscitarao como unha recreación dun
cadro/imaxe/cartel... que aporto nun taboleiro de Pinterest.
http://www.pinterest.com/isabelmbs/a-materia-de-bretaña/
E finalmente, para esta exposición, xunto coas pinturas, un poema-
pedra cos textos que comentaron. Neste último traballo colaboran
tamén os alumnos de Cidadanía.
Os alumnos poden enviar os seus traballos a un DOCUMENTO
compartido en Google Drive:
https://docs.google.com/document/d/1uA7ZbNoSzOZRVjCRfRnKbnet0
EV8YMZw9pk9mvO5W4/edit
RELACIÓN CO CURRÍCULO
Traballarán practicamente todas as competencias, salvo a matemática.