Download - Revista 2007 Nº 7
1
CARTAFOL IES DE COTOBADE Nº 7
CURSO 2006 - 07
Plantación Coirego
Corr
elin
gu
a
O noso primeiro voo
Museo etnográfico O Castro VIGO
Eq
uip
o d
e B
ád
min
ton
Charla de Federico de la Peña Samaín
Erica Fontán Lozano
2
O LUME
Titu
lares alum
nos
Volcán de lume en Parada
(
María del M
ar).
O verán negro de Cotobade
(Tatia
na).
Unha manta negra
cobre Borela (Tatiana)
A xente foxe da Carballeira (Óscar)
O lume na
estrada de
Vilanova
(Andrea)
Organizámonos contra
o lume, S
anta María de
Sacos
(Daniel)
Cotobade negro
(Tania)
O lume queima dous quads dos voluntarios (Tania)
Soáron as campás ao lume
en Corredoira (Jonathan)
Focos d
e lume en Tenorio
(Érica)
Animais abrasados en Vilanova
(Fátima)
Cotobade en lapas (Adrián)
Os veciños axudan aos
soldados apagando coa
máquina de sulfatar (Adrián)
Xente de Fentáns foxe do lume
e dorme no velatorio de Cam-
polameiro (Sebastián)
O lume rodea a xente
que vai apagalo (Aida)
Na Atal
aia a
parece
un x
abarí
n e
varios c
oellos q
ueimad
o.
(Dan
iel)
A gran nube de fume non deixaba respirar (Paula)
O lume entre as c
asas.
(Miria
m)
Os bombeiros non podían
entrar c
o camión polos ca-
miños
(Miria
m)
Non quedou ningunha esquiniña
sen arder
Veu unha bóla de aire e
plantou outra vez (Saúl)
3
Editorial
Estimados lectores o verán pasado o lume
arrasou o noso concello, e logo viñeron as inun-
dacións. Adicamos este número á Natureza para
desagraviar o dano que lle provocamos os huma-
nos. Debemos concienciarnos e traballar para
evitar futuros desastres.
Queremos felicitar á profesora Dña. Maru-
ja que este ano xubilase despois de anos adican-
dose ao ensino. Foi mestra de moita xente en
Cotobade e actualmente é profesora no IES. Pa-
ra ela un garimoso saúdo.
Este ano desde o centro, programáronse
diversas actividades e viaxes: Os de 1º ciclo a
Madrid, os de 3º e 4º no programa descubre Ga-
licia, visitáronse centros, teatro e participamos
en campionatos.
Viaxade connosco pola revista e veredes
que ben o pasamos!!
I N D I C E
4
Nélida e o lume
5
Os poetas galegos e as árbores
6
Prevención de incendios forestais
7
Plantación monte Coirego
8
Auga e lume
9
Comic
11
Samaín. Les fêtes
12
Colaboracións
15
Hora de ler
17
Letras Galegas
20
Entrevista
22
Cotobade
26
Portugal música e literatura
27
Viaxes
32
Deportes
33
Quebracabezas
4
NÉLIDA E O LUME
Neste documento estremecedor
lamenta a destrucción do pobo
dos seus ancestros
Cotobade eterno
5
H E B I D U E I R O
K U Ñ F S X Z O U C
A C X E S T A P P A
E A C Ñ O I V I U S
O L B A B T C Ñ E T
T I A S R H Ñ E C I
A P D P E T M I R Ñ
Z T A S I D T R R E
X O C E R V B O T I
C A R B A L L O X R
F A C I V R O T I O
No seguinte caldo de letras podes localizar o
nome de dez especies vexetais, cales serían as máis
adecuadas para os nosos montes.
AS ÁRBORES ESTÁN NA PAISAXE E NA LITE-
RATURA
ESTAS FORON AS LECTU-
RAS QUE OFRECEMOS Á NA-
TUREZA O DÍA DO MEDIO
AMBIENTE
Lucía Garcia e Noelia Vilariño 3º
6
Formación dos escolares na prevención dos incendios forestais.
En Galicia dous tercios do territorio son terreo forestal. É preciso concienciar ás novas
xeracións do valor patrimonial do monte, todos debemos contribuír a preservar o medio natu-
ral.
Cada ano os montes galegos sofren unha media de dez mil incendios e a loita contra o
lume costa máis de sesenta millóns de euros.
O monte é o desenvolvemento sostible é un programa que pretende sensibilizar aos
escolares galegos sobre a lacra dos incendios forestais. Realizaranse xornadas informativas,
unha semana forestal nos montes, e unha semana informativa de prevención.
Polo monte é un proxecto de innovación educativa, no que os alumnos farán traballos
de investigación sobre distintas temáticas, relacionadas co monte galego:
O pasado do monte, utilizando os métodos históricos a toponimia, a paisaxe cultural
como unidade de territorio e traballos de bioloxía e xeoloxía.
PLANTACIÓN NO MONTE COIREGO
Fomos ao monte Coirego, en Carballedo o CEIP de Tenorio, CEIP de Carballedo e o
IES de Cotobade. Todos levabamos castañas, landras, noces, etc…Os maiores facíanlle os bu-
ratos aos pequenos que plantaban as sementes. As plantacións realizáronse arredor dunha la-
goa que está ao pé do Coirego. Esperemos que nazan as árbores fortes e vigorosas.
Ao rematar algúns fomos ao cumio do monte, onde hai unha caseta de vixiancia contra
incendios, subimos ao alto do mirador da caseta e dende alí vense ata as rías.
Plantamos unha chea de sementes para botar nos buracos. Logo pasamos un bo tempo
no cumio do monte Coirego admirando a paisaxe e vendo como quedara.
Reunámonos todos para recuperar os montes pola vaga de lume que asolou Cotobade.
Manuel Magdaleno Madroño
Diego Gómez Sarrapio
Pablo Bugallo Quinteiro 3º ESO
7
8
Entrevista a unha veciña de Cotobade
Entrevistadora: Como afectou o temporal aquí en Cotobade?
Veciña: Moito, fixo moita desfeita.
E: Fixéronse arranxos para solucionar os problemas?
V: Si, retiráronse pedras, lama, paos, limpáronse os leitos dos ríos e regueiros.
E: En que zonas tiveron que actuar?
V: En San Xurxo de Sacos, Dorna, Viascón, no Lombo do Muíño, e principalmente no río
Cabanelas.
E: Tirou algunha ponte?
V: Non, desapareceron algúns pasares.
E: Din que caeu algún muíño?
V: Si, as pedras duns muíños perdéronse ao virse abaixo a madeira.
E: Afectoulle os camiños?
V: Bastante, a ruta dos muíños de Santa María de Sacos, que aínda hai pouco que se recupe-
rou sufriu desperfectos.
E: E as estradas?
V: A N-541 estivo cortada varios días por mor do afundimento a altura do quilómetro 82.
Tiveron que desviar o trafico ata que se volveu permitir a circulación.
Miriam Barros e Blanca Alfonso 4º
9
Jordi 2º
10
11
Ten a súa orixe na cultura celta
que hai 3000 anos se estendeu por todo o
Noroeste de Europa. A finais do outono
os celtas celebran un festival, o SAMO-
NIS, en honor a SAMHAIN, deus da
morte, que marca o último día da colleita
e o comezo do inverno, durante o que se
facían fogueiras e ofrendas para espantar
os malos espíritos.
Os celtas crían que esa noite, o 31
de outubro, os espíritos dos mortos regre-
saban aos antigos fogares para visitar aos
vivos e se estes non lles poñían comida,
poderían ocorrerlles toda caste de cousas
terribles.
S A M A Í N
12
Terror de libro
O Salón do Libro Infantil de Pontevedra, cele-
brouse entre o 4 e o 10 de febreiro. Nesta oitava edición
estivo adicado ao terror, bruxas, lobos, arañas e outras
personaxes terroríficas dos contos infantís invadiron o
Pazo de Cultura que estivo decorado con montaxes crea-
das por escolares e artistas. O Coco refuxiouse na Bi-
blioteca para amosar alí tódalas súas falcatruadas. Houbo
teatro, música, conferencias, talleres, presentacións de
libros.
Bernardino Graña foi o escritor homenaxeado e
Brasil o pais invitado.
O CEIP de Tenorio participou no certame con
traballos realizados polo alumnado de tódolos cursos. A
súa aportación tivo moi boa acollida pola súa calidade e
orixinalidade. Desde aquí enviémoslle a nosa felicita-
ción.
Mostra sobre Cela
O día 18 de Xaneiro conmemorouse o quinto
aniversario da desaparición de Camilo Xosé Cela
(Premio Nobel de Literatura en 1989) A fundación que
leva o seu nome mostrou ao público unha selección de
epistolario sobre Galicia composto por un milleiro de
cartas cruzadas entre Cela con galegos ilustres como
Otero Pedrayo, Celso Emilio e outros.
Tamén se podían ver os manuscritos orixinais das
tres novelas galegas do autor, libro de memorias e unha
selección de artigos e discursos. Así como a edición en
galego da novela “A familia de Pascual Duarte” Traduci-
da por Risco e prologada por Otero Pedrayo.
A mostra coincide coa publicación do libro Re-
torno a Iria Flavia que recolle unha selección de textos
de temática galega escritos por Cela ao longo de 60
anos. Este libro presenta a curiosidade de amosar a unión
entre Camilo Xosé Cela e Galicia.
A Fundación Cela quere reivindicar a galeguida-
de do autor de Iria Flavia.
Aida Rodríguez Torres 4º ESO
Andrea Búa Fontán 4º ESO
13
O paíño europeo, elixida a ave do ano pola Sociedade Española de Ornitoloxía.
Os socios da Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/Bird Life) elixiron no seu últi-
mo congreso ao paíño como ave do ano 2007, en representación das aves mariñas que son as
que sofriron o maior declive das súas poboacións en todo o mundo nos últimos anos.
O paíño europeo é unha pequena ave mariña peláxica duns 25 gramos de peso e que
pasa ato o 90% do seu tempo no mar e só chega as costas para reproducirse e pon un único
ovo. O paíño atopase en situación vulnerable, e cunha poboación mundial estimada en medio
millón de parellas, no noso país habitan e voan unhas cinco mil parellas reproductoras, prin-
cipalmente en Baleares, Canarias, costa Mediterránea, Galicia e a costa Cantábrica. Para
conservar esta especie e outras mariñas, os ornitólogos propoñen evitar a presenza de depre-
dadores terrestres nas colonias.
*** Entre o polgar e o índice da man de Castro, no triángulo da membrana carnosa, hai
tatuados en tinta negra tres pequenos paxariños. Minúsculos e de trazos sinxelo, como ideo-
gramas chineses. Voan nas pregaduras da pel. Cando a man se pecha, ocúltanse nunha furna.
¿Andoriñas?
Non, non son andoriñas. Son paíños. A derradeira compaña do mariñeiro…
Esto escribe Manuel Rivas en “A man dos paíños”
paíño patiamarelo paíño calcamar
paíño europeo
paíño gallado
paíño chuchagraxas paíño tropical
14
“A M O R E S Q U E M A T A N”
O día 22 de Xaneiro, os alumnos de 3º e 4º da ESO fomos a Vigo a ver unha obra de
teatro, proposta polo Departamento de Orientación.
A obra titulábase “Amores que matan” aprendemos que para que unha persoa sexa
maltratada non fai falla que sexa mancada fisicamente.
Por mor dos ciúmes o mozo da protagonista agredíaa psicoloximente e se ela non lle
plantara cara e o deixara seguro que el chegaría a maltratala fisicamente ata matala. Tivo un
final mellor có do inferno de Marta.
Esta obra é moi parecida a un libro chamado “O Inferno de Marta” no que o argu-
mento é igual a obra “Amores que matan” o que cambia é que no libro, Marta é maltratada
tamén fisicamente e estivo a piques de morrer e o noivo de Marta xa matara a súa antiga
moza, el acabou no cárcere.
Despois de asistir á representación fixemos un debate na clase de Lingua Galega.
Os espectadores consideran que a obra foi curta, algo aburrida pero interesante, e que
o final non quedou claro.
No libro “O Inferno de Marta” tamén traía a actividade “Máscara de Amor” na que
había preguntas e respostas sobre o maltrato.
Na obra de teatro, cando remataron, os personaxes fixeron un coloquio con pregun-
tas sobre a obra de teatro e algunhas das que plantexaron foron por exemplo: se a protago-
nista era maltratada, e algúns dixeron que non! Pero si, a protagonista era maltratada psico-
loxicamente.
“O I N f E R N O d E M A R T A” Marcelo: Exnoivo de Marta, estudiante de Belas Artes.
Braulio: Amigo de Marta, encántalle ler xornais.
Héctor: Mozo de Marta, que a maltrata, o único que quere é vivir dela.
Argumento
Marta é unha rapaza que vivía cós seus pais nun pequeno pobo pero como estudiou
Dereito alugou un piso na capital que compartía con Carme e Xulia. Estas mozas son ami-
gas de Braulio, que foi quen lle presentou a Héctor, un suposto amigo seu. Desde aquel día
Marta veuse perseguida por Héctor que non parou ata saír con ela.
Héctor era moi ciumento e posesivo e por calquera cousa berráballe e insultábaa, des-
pois pedíalle perdón e púñalle calquera escusa para que o perdoara. Héctor vixiaba e ía a
todas partes con ela, Marta caeu nas súas redes e namorouse del. Carme e Xulia intentaron
abrirlle os ollos pero ela non as escoitaba. Marta descubriu que Héctor tiña distintas nacio-
nalidades e atopou unhas fotos del con Isabel unha rapaza que fora asasinada polo seu mozo
Héctor, cando ela lle pediu explicacións el decatouse que o sabía todo e deulle unha malleira
intentando matala, por sorte oírona as veciñas e os seus amigos chamaron a policía que
pronto foi o piso salvarona e a Héctor metérono no cárcere, Agora Marta voltou a súa vida
normal.
Autor
“O Inferno de Marta” foi escrito por Pascual Alapont e “A Mascara do Amor” foi escrita por Vicente Garrido,
a traducción destes traballos fíxoa Ignacio Chao Castro.
Pascual Alapont Ramón (Catarrosa, 1963) é licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia.
Escritor, editor, guionista, actor e director de escena, ten publicado numerosos libros en catalán.
Opinión persoal
O libro gustoume moito, é moi interesante, é un libro moi actual, cunha historia moi real. Tamén é moi intere-
sante “A Máscara do Amor”, gracias a este libro aprendín moitas cousas e axúdame a comprender a historia
desta rapaza que é o que lle pasa a moitas rapazas e rapaces tódolos días. Creo que é un libro moi fácil de ler,
eu lino en dous días e creo que o poderían ler persoas dende os 12 anos ata calquera idade. Creo que os profe-
sores terían que comentar a estructura, intención, finalidade… deste libro nas súas clases para que os mozos se
conciencien pois a min serviume de moito. De verdade é un libro precioso.
Tatiana Rey Pazos
15
L e c t u r a de v e r á n No mes de xuño apareceron uns carteis polo
instituto convidandonos a ler no verán.
O cartel foi deseñado por Iván de 4º, nel aparec-
ía un rapaz na praia lendo, mentres se protexía do sol
baixo unha sombrilla en forma de libro. O sol vixian-
do sorrindo e curioseaba por debaixo das gafas para
enterarse do que o rapaz estaba a ler.
As profesoras explicaronnos que sería bo que
leramos algo no verán. Chegou o día e a xente non
quería saber nada de lecturas veraniegas. Despois de
moito insistir e case a forza todos levaron o libro pa-
ra a casa. Ese foi o único compromiso.
A volta das vacacións xuntámonos na biblioteca
e cada un contou o que pasara co libro. Algúns non se
lebraban de que o levaran, outros sabian o titulo, o
autor e o resumo que trae na tapa. Pero un 20% do
alumnado si que lera o libro, no verán o 10% leuno os
primeiros días de curso, e os demais dixeron que no
proximo verán procurarían facerlle un oco a lectura.
Para empezar non estivo mal.
Aquí temos o comentario dalgunha lectura.
Leonel, é a primeira novela xuvenil de Corti-
zas, narra a historia de Miguel, un xoven estudante
que se despraza á aldea dos avós que apenas coñecía
para pasar o verán estudando o que suspendera. Mi-
guel non imaxinaba que este verán sería o máis
apaixoante da súa vida, E non só porque se ía atopar
un mundo fascinante, aínda que alleo á súa vida da
cidade; nin porque se vería mergullado na solución
dun apaixoante misterio; nin porque había de coñecer
a Leonel e a Metralla; nin porque se namoraría de
Ana...
Kika está namorada de Andrés; pero a el encan-
talle o fútbol e Kika diso non ten idea. A súa mellor
amiga Mónica deulle moitos consellos, por ese moti-
vo Kika le tódolos días os xornais onde falan dese
tema, ve todos os partidos que saen na televisión e ata
compra un libro para aprender os sistemas de fútbol.
Con isto sorprende a Andrés.
Andrés lévase moi ben con Kika ata a anotou no
equipo da escola. Acabou o partido e perdeu o equipo
de Kika pero Kika deuse conta que fixeran trampa e
díxollo ao adestrador, así que gañaron e foron o cam-
peonato final. Maria José Rodríguez 3º
Romina Rodríguez 3º
Andrea Pintos 3º
16
Hora de ler Este é o lema da campaña de lectura deste ano nos
centros de ensino. Cada cousa necesita un tempo e un
espazo, hora de comer, hora de xogar, hora de durmir,
hora de bañarse… hora de ler.
A lectura é unha necesidade básica do ser humano,
axiliza a linguaxe e o pensamento, aumenta a curiosida-
de, acaba co aburrimento acheganos á información etc.
A campaña deste ano presentase como unha de
viaxe que nos acompaña durante a vida, desde os contos
de berce, os primeiros contos, libros de aventuras…
Ler o mundo é o lema específico para 1º ciclo de
ensino secundario.
Entregamos aos alumnos de 1º e 2º unha mochila e
un Caderno de viaxes, no que se propoñen títulos que
poderian atopar na biblioteca. No interior do caderno de
viaxe aparecen uns textos aos que cómpre buscarlles o
autor e o título da obra da que foron extraídos.
No noso centro fomos colocando os carteis segun-
do ían chegando.
CALENDARIO DO LIBRO DE LECTURA
24 febreiro: Día de Rosalia.
21 marzo: Día Mundial da Poesía.
27 marzo: Día Mundial do Teatro.
2 abril: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Mes de abril : Mes dos libros.
23 abril: Día Internacional do Libro.
17 maio: Letras Galegas.
26 setembro: Día da Traducción.
24 novembro: Día das Bibliotecas.
2º Semana de
novembro: Semana da Literatura da Tradición Oral.
17 decembro: Día da Edición.
17
LETRAS GALEGAS 2007
María Mariño Carou é a figura homenaxeada neste ano no día das Letras Galegas.
Naceu o 8 de xuño de 1907 en Noia. Estudiou algo pero pronto se puxo a traballar
de costureira.
No pazo de Goiáns, tivo acceso a algúns libros da biblioteca, e foi nacendo nela a
súa afección pola poesía. Pasou algún tempo no País Vasco e en Arzúa, logo foi para Fol-
goso do Caurel onde estivo ata o 1967, ano do seu falecemento.
En 1963 publicou “Palabra no tempo”.
No 1990 o Concello de Noia editou “Verba que comeza”.
No 1994 publicase unha recompilación dos seus poemas “Obra completa”.
Estivo máis vencellada á Xeneración dos 50 cá do 36. A frecuencia da anáfora e o
tratamento dos elementos da paisaxe galega recordan moito a poesía oral popular. A súa
poesía coincide coa de Novoneyra nos temas relacionados co Caurel e na ansia de ver o
seu ser trascendido no ámbito da Natureza. A súa lírica está atravesada por desexos exis-
tenciais e a morte é o resultado final e ineludible. Nos seus versos hai unha anguria íntima
e latente que recorda a Rosalia.
En “Verba que comeza” a autora fala do seu mar nativo, da serra, e das cousas con-
cretas que a rodean. Utiliza o verso narrativos e longo, rico en disonancias rítmicas.
En “Palabra no tempo gustou do verso popular e foron continuos os seus achega-
mentos ao romance.
“Noia” de Palabra no tempo:
Campanas que tocades
todas no mesmo xeito,
unhas chegádesme a alma
e outras o pensamento.
Pobos donde eu vivín!
Algúns eran máis feitos
e queríanme engañas,
mais eu nunca sentín
neles o meu fogar.
O meu fogar téñoo en ti:
no teu vivir e nas tres pontes
e das campanas os toques,
toques que eran para min.
Fora de ti cando as oio,
e sendo o mismo tocar,
recólloasa no pensamento,
xa non pasan mais alá.
2
Ribeiras de mar enxoito!
Ribeiras de pleamar!
Quedas, vellas ribeiras,
agardan un mar i outro mar.
3
Os serans nas Rías Baixas
ollan con luz de aurora,
ca sua mirada queda,
silencio da sua hora.
18
De Rosalia a María Mariño No ano 1963 cúmprese o primeiro centenario da publicación de Cantares
Galegos de Rosalía de Castro. Libro que inicia o rexurdimento da cultura e lite-
ratura galega. Con este motivo foi instituído por iniciativa da Real Academia
Galega coa aprobación do Ministerio de Información e Turismo “O Día das
Letras Galegas”. A data escollida para a conmemoración foi o 17 de maio.
Cada ano dende entón adícaselle a un autor, aproveitando para reeditar a
1963 Rosalia
1964 Castelao
1965 Pondal
1966 F. Añón
1967 Curros
1968 L. Cuevillas
1969 A.Noriega
1970 M. Valladares
1971 L. Abrente
1972 Lamas Carvajal
1973 Lago González
1974 X. V. Viqueira
1975 X. M. Pintos Villar
1976 R. Cabanillas
1977 Antón Vilar Ponte
1978 A. López Ferreiro
1979 Manoel Antonio
1980 Alfonso X
1981 Viecente M. Risco
1982 Amado Carballo
19
1983 Leiras Pulpeiro
1984 Cotarelo Valledor
1985 Losada Diéguez
1986 Iglesia Alvariño
1987 F. Herrera G.
1988 Otero Pedrayo
1989 Celso Emilio Ferreiro
1990 Luis V. F. Pimentel
1991 Alvaro Cunqueiro
1992 F. Bouza Brey
1993 E. Blanco Amor
1994 Luís Seoane
1995 Rafael Dieste
1996 Xesús Ferro Couselo
1997 Ánxel Fole
1998 Xograres galegos
1999 Roberto Blanco Torres
2000 Manuel Murguía
2001 Eladio Rodríguez G.
2002 Frei Martín Sarmiento
2003 Antón Aviles de
Taramancos
2004 Xoaquóin Lorenzo
2005 Lorenzo Varela
2006 Manuel Lugríds F.
2007 María Mariño Carou
20
MARCOS PÉREZ UN GAITEIRO ENTRE NÓS Como comezas a túa andaina na música?
Eu empecei a tocar a gaita ós oito anos e foi unha experiencia
moi bonita. Logo ós once fun ao Luar e toquei “A muiñeira de
Chantada” co grupo “Escola tradicional de Música Galega de
Poio”, e actualmente estou no grupo “Os Trazantes de Teno-
rio”.
Gústache tocar a gaita?
Si, gústame moito.
Que te motivou a formar parte dun grupo folclórico?
Pois que o meu mellor amigo tocaba a gaita e a min parecíame
moi interesante aprender e seguir coa música galega.
Por que elixiches a gaita e non outro instrumento?
Porque a gaita é un instrumento cunha melodía distinta e máis
bonita cá doutros instrumentos.
Que grupo che parece mellor o de Poio ou o de Tenorio?
Eu creo que o de Tenorio, pero non hai porque comparalos son
moi distintos.
Estiveches en outros grupos aparte destes dous?
Si, estiven tamén en “Os Águilas de Borela” e no de Marcón.
Tés o traxe tradicional galego?
Si que o teño, o traxe non é barato pero paga a pena telo pois é
moi bonito, aínda que é máis bonito o das rapazas, pero tamén
leva máis roupa: pololos, enaguas, falda, camisa, chaleco, som-
breiro…
Que tal a experiencia de ir o Luar?
Moi ben , e Galloso é moi divertido, caínlle moi ben.
Aprendices rápido a tocar a gaita?
Si, parece moi difícil pero eu aprendín bastante rápido.
Que opinas de Cristina Pato? E de Susana Seivane? Gustaríache no
futuro ser coma elas?
Susana toca a gaita porque lle gusta e por tradición familiar e
Cristina so ten como obxectivo gañar cartos.
Nas festas familiares tocas a gaita?
Non, nin tampouco se me pasa pola cabeza. Na casa só toca
meu irmán a guitarra.
Atreveraste a tocar unha canción para os teus compañeiros de Insti-
tuto? Traerás a gaita algún día?
Si, gustaríame moito. Pois claro que traerei a gaita.
No grupo tocas a gaita e bailas?
So toco a gaita, a verdade é que non me gusta moito bailar esa
música, prefiro tocala ou oíla.
De maior gustaríache ensinar a xente a tocar a gaita?
Non sei eu agora penso no presente, despois xa se verá.
Cal é a razón pola que estiveches en tantos grupos?
Eso non o respondo, so podo dicir que me encanta tocar a gaita
aparte en pouco tempo supero ós profesores, ja, ja, ja… é bro-
ma.
Para ti tocar a gaita é unha afección ou un posible oficio?
É unha afección, gústame moito pero para o meu tempo libre.
A partir de que idade se pode aprender a tocar a gaita?
21
Nomes que recibe a gaita noutros lugares, en:
Roma: Tibia Utriculares
Macedonia: Naxos
Francia: Cornemuse
Inglaterra: Bagpipe
Irlanda: Piopa
Alemania: Dudelsack
Bulgaria: Gaia, Gajda
Yugoslavia: Gaida, Gaidunitda
Eslovenia: Gajda
Croacia: Gaida
Servia: Gajde
Hungria: Gaide
Moravia: Gajda, Gajdy
Polonia: Gajdy
Turquia: Ghaida
Paises Arabes: Gaita, Gaitetum
India: Moshuk
Israel: Ougab, Ougab
Rusia: Volinka
Iso depende de cada persoa, nunca é tarde para aprender,
pero eu creo que con ter oito anos e suficiente.
Cres que os mozos da túa idade aprecian a música tradicional?
Eu penso que non, é triste constatar iso pero é verdade.
Como é a experiencia de tocar a gaita? Ligas máis?
É moi bonita a experiencia e creo que non ten que ver con
ligar.
Canto tempo lle dedicas a tocar a gaita?
Con cinco minutos ao día é suficiente.
Canto vale unha gaita?
Depende da gaita pero por 1000 euros tés unha boa.
Saídes a tocar moi a miúdo? Páganvos ben?
Si, saímos bastante e eu non vou polo diñeiro pero sempre
pagan ben.
En cal dos grupos aprendiches máis pezas? Cantas sabes?
Aprendín máis no de Tenorio, agora sei unhas corenta ou
así.
Cres que debería haber unha asignatura dedicada a música gale-
ga?
Si, sería moi interesante.
Cal é a túa peza favorita?
O “Son do Ar” de Milladoiro
Tatiana Rey Pazos 3º
22
Cinema galego de animación
O cine de animación galego está acadando gran repercusión no mundo do Cartoon
movie. Difúndese a 30 países en 30 idiomas e levan conseguidos 4 premios Goya.
No 2006 acadouno “A noite dun soño de verán”. Este ano no capitulo de animación a
cinta gañadora foi “Pérez, el ratoncito de tus sueños” de Juan Pablo Buscarini que se impuxo
ante outra película tamén galega “De profundis”, que está producida por Filmax, e dirixida
por Miguelanxo Prado.”
O DÉCIMO DE LOTERÍA
A comenzos do século XX, dous canteiros da zona de Cotobade estaban a traballar en
Madrid.
Voulle dar dous nomes ficticios, xa que descoñezo os seus nomes reais, vounos chamar
Xurxo e Bieito.
Ámbolos dous compraron un décimo de lotaría en Madrid, cada un coñecía o número do
outro.
Xurxo soubo que o número de Bieito saíra premiado. Cando chegou a obra onde estaban
a traballar, con moito cuidado e disimulo para que ninguen se decatara, trocoulle o seu déci-
mo polo premiado.
Bieito, sabedor disto, foille pedir explicacións a Xurxo, este negoulle os feitos e díxolle:
-Non fun eu pero se en verdade fora, así quede eu cego e ti acabes tolo berrando polos
montes.
Mal sabía Xurxo que a maldición se cumpliría xa que el cegou e Bieito acabou tolo.
Saínza e Andrea
Andrea Búa Fontán 4º
23
FEIRA DE CUSPEDRIÑOS
Os día 19 e 20 de maio de 2007 vaise celebrar a primeira feira do século XXI en Cus-
pedriños.
Durante a primeira metade do século XX, Cuspedriños gozaba dunha grande e mereci-
da fama como centro económico da comarca debido a súa importante feira.
Para poder vender os seus productos a cuberto constrúese en ese tempo un edificio.
Aquí vendíanse todo tipo de productos da zona (gando, millo, centeo, carne curada,
chourizos, ovos, etc) esto servía como intercambio de mercadorías.
A feira estaba dividida en dúas partes: na parte de arriba da capela
vendíase o gando e na parte de abaixo hai unha praza onde se vandía o
peixe, tamén se vendía tela, roupa etc. E despois máis abaixo vendíanse:
ovellas, porcos, cabras e incluso había unha báscula para pesar os ani-
mais que se vendían. Vendíanse galiñas, ovos e moitas máis cousas que
levaba a xente da casa. Había unhas casetas onde se vendía a roupa cando
chovía para que non se mollara.
Había tres tabernas onde se comía a medio día, que eran: a de Mal-
var, a de Concha e a do Tartarujo e tamén viña a pulpeira. Viña xente de
todos os arredores, incluso de outros concellos, por exemplo: de Cerde-
do, de Campolameiro, Moraña etc.
O que se comía nesas tebernas era o cocido e os callos.
Pola tarde a xuventude paseaba pola estrada adiante.
Agora xa fai algo máis de corenta anos que non se fai a Feira de
Cuspedriños, pero este ano volverase a facer e seguro que irá moita
xente a ela.
Peto de animas
Cuspedriños
Rita García Fuentes 2º
24
Rapa das bestas en Cuspedriños
O día 6 de agosto de 2006 houbo un acontecemento moi
importante importante na carballeira de Cuspedriños, como cada
primeiro de agosto. Era a rapa das bestas en Cuspedriños, organi-
zada polos veciños de Viascón. O sábado día 5 dende as sete da
mañá ata as once da noite Tódolos organizadores xuntaron as
diferentes greas de bestas. Ao día seguinte as once e media da
mañá subíronse as bestas dende o cerre ata o curro pola estrada.
Unha vez dentro do curro procedeuse a separar os potros para un
cercado e poñelos a venda. Os cabalos de distintas greas pelexa-
ron fortemente ata o momento da solta. Ao medio día parouse
para comer e retomar forzas. O voltar recibimos aviso da Xunta
de Galicia de que o lume nos rodeaba e tiñamos que evacuar.
(despois de longas discusións e pelexas porque os organizadores
querían deixalas no curro para salvalas e a Xunta soltalas. O final
tivemos que fuxir do lume e soltar as bestas. Hoxe arrepentímo-
nos, porque a maior parte das bestas confusas polo fume perdé-
ronse e morreron queimadas.
A xente nese momento polos nervios de ver o lume enri-
ba e decatarse de que as bestas ían morrer fuxiron de alí uns en
coche e outros a cabalo.
Vocabulario
Grea: Manada de bestas.
Besta: Egua salvaxe.
Solta : É no momento en que se soltan ao monte as bestas.
Curro: É o cercado onde se rapan as bastas.
Cerre: Lugar onde se xuntan as bestas.
Pablo Bugallo
Manuel Magdalena
3º ESO
25
As chaves de San Pedro de Tenorio
A rotonda de Tenorio, ten no
medio unhas grandes chaves en pe-
dra e os que non son de aquí non
saben cal é o motivo. Estivemos in-
vestigando e este foi o resultado das
nosas pescudas. En 1328 naceu en
Cotobade D. Pedro Tenorio que foi
bispo de Coimbra, Arcebispo Prima-
do de Toledo, e desempeñou outros
cargos elevados. Mirou moito pola
súa terra, e cando morreu no 1399 a
xente sentiuno moito. Como agrade-
cemento o mosteiro de Tenorio
adoptou desde aquela por patrón a
San Pedro. Dise que San Pedro é
quen ten as chaves do Ceo, e soe
aparecer representado con elas.
O 29 de xuño celebrase a súa
festividade en moitas localidades e
tamén aquí en Tenorio, sendo esta,
unha das festas máis importantes da
parroquia.
Persoeiros de Cotobade
O abade do Mosteiro dos Benedictinos de
Tenorio exercía o cargo de padroado nas parro-
quias da comarca e tiña un carácter xurisdiccional
en todo o territorio. Esta zona deu en chamarse
Coto do Abade, de onde lle viría o nome de Coto-
bade. (A orixe deste topónimo e na actualidade
moi discutido, barallándose outras posibilidades)
Seguindo coa serie de persoeiros de Cotoba-
de, escribimos hoxe sobre algúns deles.
Mens Rodríguez de Tenorio, foi Adiantado de
Fernando IV, era un cargo de xustiza e tamén de
guerra, residindo os que a exercían en prazas fron-
teirizas, para que en casos de invasión inimiga os
adiantados fosen os primeiros en repelela. Por
algún tempo foi cargo hereditario en familias dis-
tinguidas.
Alonso Jofre de Tenorio, adiantado de Al-
fonso X, quen o nomeou rico home en premio do
seu valor, fidelidade e servicios.
De Cotobade foron tamén:
Gregorio Tenorio de Godoy, Antonio Pa-
zos , Gomes Pazos de Probén, Jácome García,
García de Pazos e outros que defenderon con tan-
to coraxe as Torres e o castelo de Tenorio contra
as brutais acometidas do conde de Camiña, alcu-
mado Pedro Madruga, que ao voltar este a Portu-
gal, dise que repetía con frecuencia, “non hai no
mundo guerreiros tan valentes como os de Cotoba-
de”.
Invistigación hemeroteca 3º
26
Grândola
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.
Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.
Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.
Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.
O día 25 de abril coincidindo co Aniversario da Revolución dos Craveis, celebrouse en Ponte-
vedra unha homenaxe a José Afonso, onde participaron importantes representantes da lusofonía no
eido cultural e músical .
Unha vez máis púxose de relevo a conexión emocional entre Galicia e Portugal.
A canción Grándola foi cantada por tódolos asistentes para rematar a homenaxe.
A canción Grándola entoada polo pobo mentres repartía craveis aos soldados é un símbolo da
liberdade e a fraternidade.
Moita xente galega canta esta canción.
Podedes escoitar outras cancións portuguesas no programa Ponte nas Ondas feito por escolares
de Galicia e Portugal.
Xa no Cancioneiro de Cotobade, Antonio Fraguas recollía algunhas cantigas portuguesas que
aquí xa cantamos como nosas.
De Lisboa me mandaron
tres peras e unha mazá,
quen che me dera saber
se mas mandou meu irmán
De Lisboa me mandaron
tres peras nun ramalliño,
¿quen será ese bo mozo
quen me ten tanto cariño
A inaudita guerra da avenida Gago Coutinho de Mârio de Carvalho
Nesta historia amalgamaran-se entâo as datas de 4 de Junho de 1148 e 29 de
setembro de 1984. Trata da entrada das tropas almoades co propósito de por cerco as
murallas de Lixbuna. Curiosamente esto foi o que viron os automovilistas que nunha
mañá de setembro de 1984 entraban en Lisboa pola Avenida Gago Coutinho.
Este libro estaba en portugués, entendín case todo o vocabulario e divertinme
moito.
Pregunteille a Profe e díxome que na biblioteca tamén tiñamos estes outros
libros en portugués:
“Amor de perdiçâo” de Camilo Castelo Branco
“Bichos” de Miguel Torga
“Quen me dera ser onda” Diego Gómez Sarrapio 3º ESO
27
O NOSO PRIMEIRO VOO
O pasado día 27 de Marzo, os alumnos de 1º e 2º da E.S.O desprazamonos a Madrid en avión. Saímos
do instituto as 05:15 da maña e chegamos ao aeroporto de Vigo (Peinador) as 06:00 para coller o avión destino
Madrid. A viaxe no avión foi moi emocionante, posto que para algúns era o seu primeiro voo. Chegamos ao
aeroporto de Barajas e o tempo era algo chuvioso. Subimos no autobús e desprazámonos polo centro de Ma-
drid. Connosco ía unha guía que nos explicaba as caracteristicas máis destacadas de cada un dos lugares da
cidade. Despois disto dirixímonos cara o zoo. Cando chegamos alí, o mal tempo ía mellorando. Miramos ani-
mais de distintas especies como o tapir, os golfiños...
Tamén miramos reptís de moitas especies, onde os profesores Don Mario e Don Antonio colleron unha
serpe nas súas mans, para facerse os valentes. No zoo déronnos a comida. Pola tarde visitamos o acuario que
tamén se atopa no zoolóxico.
Máis tarde collemos outro autobús que nos levou cara o Museo Nacional do Prado, alí vimos cadros moi
importantes e de moito prestixio.
O saír do Museo fomos merendar o Mcdonals, despois da merenda, dirixímonos ao Parque do Bo Retiro.
Alí paseamos ata que chegou a hora de dirixírmonos ao aeroporto, onde tivemos que esperar un longo tempo
para embarcar no avión. Chegamos ao aeroporto de Peinador para regresar de novo as nosas casas.
¡ P a s á m o l o m o i b e n! Alba Acuña Graña
Paula Villaverde Casal
Mireya Gómez García
28
DESCUBRE GALICIA 2007
O día 26 de marzo de 2007, os alumnos de 4º e algúns de 3º, fomos de albergue a
Gandarío A Coruña.
Luns: Presentación. Chegamos sobre as 12, estivemos alí, coñecendo aos compañei-
ros doutros centros e os monitores que eran do mellorciño. Despois da presentación pasamos
a facer algúns xogos.
Martes: Xogamos ao paintball e máis tirando con arco. Logo fomos ao balneario e a
Santiago onde fixemos unha ruta pola cidade.
Mércores: Fomos aos Ancares, pero non puidemos facer a ruta que tiñan programada
porque estaba nevando e non se podía pasar. Entón estivemos toda a mañá nun pavillón fa-
cendo actividades. A tarde subimos para os Ancares, aló durmimos nunhas cabanas. Á noite,
despois de cear, os monitores representaron unha obra de teatro e logo de acabar contáronnos
lendas dese lugar.
Xoves: Fomos ao Cebreiro a facer unha ruta de sendeirismo. Polo monte atópamos
con montóns de neve e nós colliámola e tirabámola uns aos outros. As oito volvemos para o
albergue de Gandarío.
Venres: Á mañá fomos visitar a casa de Rosalía. Á tarde estivemos no barco Hidria
II. O barco estábanos esperando no medio do mar e ata alí leváronnos nun catamarán. Cando
íamos no barco chovía moito e puxémonos coma pitos. Regresamos ao albergue das Sinas, a
noitiña, alí fixemos unha festa.
A festa era de cantar mozos contra mozas, inda que foi inxusto, gañaron eles. Esa
noite houbo moitas bágoas xa quedaba pouco tempo para marchar e ademais tivémonos que
despedir de algúns monitores que o sábado non podían estar.
Sábado: Pasámolo na a praia e alí estivemos facendo xogos, comemos e despois re-
collemos todo para marchar.
Opinión persoal: A excursión estivo moi ben, as actividades unhas mellor que outras.
As noites foron un pouco aburridas xa que a xente non quería máis ca durmir.
4ºESO
29
DESCUBR I N DO GALICIA
30
Cidade da luz
Cidade das canles
A tixola de Andalucía
O berce de Mozart Capital
Va
ls
do A taciña de prata
Capital da salchicha Capital da cervexa
Cap
ital d
a hamburguesa
Cidade do tango
Pan d
e azucre
Cidade dos rañaceos
De que cidades se trata?
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
_ _ _ _ _ _ _ _ _¨_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _
31
IGREXA DE SANTA MARÍA DE SACOS, MUSEO DE SOUTELO E MOSTEIRO DE ACIBEIRO
O departamento de Normalización organizounos unha visita á igrexa de Santa María,
o Museo de Terra de Montes e Mosteiro de Acibeiro.
A primeira visita foi á igrexa románica de Santa María onde nos recibiu o encargado
e explicounos as súas características, onde encontramos os elementos románicos que xa vira-
mos na aula. Foi como unha clase vendo na realidade cada un dos elementos que caraterizan
esta maneira de facer obras.
A segunda visita foi ao museo etnográfico de Soutelo.
Ó chegar, un señor e unha señora atendéronnos e deixáronnos ver o que había.
Na planta baixa vimos varias: un aparello que servía para facer cera, as tarteiras (que
daquela eran de barro, non de aceiro), os pratos (tamén de barro) e outros útiles.
Logo, subimos á planta de arriba. Alí vimos as ferramentas que se utilizaban nos tra-
ballos, aínda que algunhas se seguen empregando como, o martelo e a lixa.
Despois, pasamos a outro cuarto onde vimos os diferentes aparellos que se utilizaban
para facer tea.
Alí vimos tamén os cuartos dos nenos de antes, que so tiñan unha cama, un escritorio,
e mostras dalgúns xogos como o agora chamado tirachinas e unha boneta.
Naquela época os baños comunicaban coas cortes.
Ó marchar os encargados do museo pareceulles que non atenderamos, pero en reali-
dade sí o fixemos.
Para rematar visitamos o mosteiro de Acibeiro. O chegar unha guía do lugar ensinou-
nos todo o que se pode mostrar.
Primeiro as cabalerizas, que teñen un cristal para poder ver como era o chan, onde
había un rego para auga porque alí tamén se podían limpar e lavar os animais. Hoxe esta adi-
cado a dependencia da pousada.
Logo pasamos ao interior e ó claustro. Atopas alí os distintos salóns do restaurante.
Nunha parte do claustro teñen como un pequeño museo de roupa relixiosa, que cedeu o Sr
Cura, esta é a parte que esta restaurada.
Por último visitamos a igrexa do mosteiro, onde nos explicaron as cousa que alí hai.,
A min pareceume moi interesante a pía da auga para bautizar que non é como as demais que
teño visto, esta é unha piscina situada na cabeceira da nave lateral esquerda na que bautiza-
ban por inmersión (isto é metendo de corpo enteiro o que se ía bautizar)
Achegamonos ao río Lérez que pasa por detrás do mosteiro e dende alí observámo-lo
o ábside.
Logo voltamos o Instituto, mentres comtemplámo-la paisaxe da serra do Candán.
Diego 1º ESO
32
O bádminton en Cotobade
O bádminton é un deporte que se caracteriza pola velocidade (tanto de desprazamento como de reacción)
cada vez ten máis adeptos no noso Instituto.
Digamos que no campeonato que se fai no Instituto no primeiro trimestre participaron 32 alumnos e os cam-
pións absolutos foron:
*En categoría masculina: Adrián Fontenla.
*En categoría feminina: Noelia Blanco.
Deste 32 alumnos 25 participaron no campionato provincial, destacando a súa actuación que quedaron sub-
campións provinciais en categoría cadete masculino, gañando a todo un clube como é As Neves, con grandes
trofeos nas súas vitrinas.
Despois levamos a 12 xogadores ao campionato galego, onde os resultados axustáronse mái ao noso nivel e
verdadeiramente os clubes mostraronse no seu poderío.
Cabe destacar a loita de todos os nosos xogadores: Andrea Búa, Enrique Tomé, Ángel Calvo, Pablo Buga-
llo, Daniel López, Noelia Blanco, María José Rodríguez, Rosa Prado, Luís Varela, Ángel Gómez, Eloy García
e Andrea García.
Non vos desilusionedes, sempre vos quedará ese bo resultado no provincial, sen entrenos, sen boas raque-
tas... Habedes chegar moi lonxe. ¡¡ Noraboa !!
Serviredes de exemplo para que o ano que ven sexamos maís no noso campionato, e poidamos arranxar no-
vos xogadores e alcanzar mellores resultados.
DEPORTE ESCOLAR
Neste ano fíxose realidade a modificación prevista pola Consellería de Cultura y Deportes en nen@s en ida-
de escolar.
Así incorporáronse novos deportes nas competición como o bádminton, o voleibol e o balonmán, mantivé-
ronse o fútbol, xadrez e baloncesto; desapareceu o tenis de mesa.
Os nosos rivais víronse perxudicados ao iniciarse este ano en deportes como bádminton e o voleibol, que no
noso Instituto teñen máis arraigo.
É así como quedamos campión en categoría infantil, tanto masculino como feminina. Xa que agora non se
queda campión por modalidade, se non que en global.
Tamén foi unha novidade a proba cultural, na que quedamos mal parados ao dar un nivel máis baixo que o
I.E.S. de Forcarei.
CAMPIONATO DE BÁDMINTON
O motivo desta entrevista é porque María Xosé Rodíguez paréceme unha boa xogadora e
tamén para que nos explicase como vivíu esa competición.
Entrevistadora:¿Levas moito tempo xogando o badmintón?
Deportista: Empecei a xogar en 6º de primaria, pero pódese dicir que comecei cando entrei neste cen-
tro.
Entrevistadora:¿Xa participaras no campionato, ou era esta a primeira vez?
Deportista: Esta foi a primeira vez pois solo xoga nas clases de educación física.
Entrevistadora:¿Qué experiencia viviches?
Deportista: Tiven unha experiencia bonita, pois tiña que facelo polos meus compañeiros e para poder
deixar ben o centro e sobre todo o profesor.
Fixen moitos amigos, fixen máis no campionato galego ca no provincial.
Entrevistadora:¿Tes pensado seguir xogando o badmintón?
Deportista: Espero que poida seguir xogando pois é un deporte que me gusta moito.
Entrevistadora:¿Vas a clases de deporte ou xogas na escola?
Deportista:Sí, para ser exactos vou dous días a semana, e logo práctico algo na escola.
Entrevistadora:¿Paréceche interesante participar na competición ?¿por qué?
Deportista: Sí, pois aprender a perder os nervios, a vergoña e o que é máis importante facer amigos.
Entrevistadora:¿Había moitos equipos cos que tiveras que xogar?
Deportista: Xogamos con catro equipos, dous no provincial e outros dous no galego.
Entrevistadora:¿Resultouche difícil xogar contra os teus contrincantes?
Deportista: Houbo un pouco de todo para min o mellor equipo foi o do colexo dos Sauces e o peor o
de Portomarín.
Entrevistadora:¿Cres que volverás ir aos campionatos para o ano que ven?
Deportista: Eu penso que sí, agora todo depende do profesor se nos deixa ir.
Entrevistadora:¿Quedaredes mellor ou peor ca este ano nas clasificacións do ano que ven?
Deportista: Supoño que mellor xa que temos un ano por diante para entrenar.
33
Descubre na sopa de letras 5 nomes de
mulleres galegas presentes na nosa histo-
ria.
Resolve o seguinte encrucillado e saberás a procedencia e o sig-
nificado de dez nomes de persoa; se o fas ben, nunha das liñas
verticais aparecerá tamén un nome.
A parede é de
cor (branca);
o papel do
libro é de cor
(branca); o
folio é de cor
(branca)
Que beben as
vacas?
Empregando os números do 1 ao 9 e sen repetir ningún completa
os cadriños en branco para que se cumpran as catro operacións
fundamentais
QUEBRA CABEZAS
34
1º
2º
35
4º
3º
36
LETRAS
GALEGAS
2007
M
A
R
Í
A
M
A
R
I
Ñ
O