Tema 13.- A poboación mundial.
A poboación mundial
Áreas de maior concentración (millóns) Baleiros demográficos Zonas pouco poboadas
Sur de Asia: 1.621 Son as rexións menos poboadas da
Terra: teñen <1 hab./km2
Causas: as súas extremas
condicións ambientais, que
dificultan moito ou impiden o
hábitat permanente.
Son:
ás áreas polares
os desertos
as cordilleiras máis altas
as zonas de selva ecuatorial
Son zonas que teñen entre 1 e 10
hab./km2.
Adoitan ser terras de clima
extremo e seco, situadas lonxe do
mar, no interior dos continentes,
ou separadas do mar por altas
montañas.
Exemplos:
zonas do centro de Asia
terras interiores de América
interior de África
Asia Oriental: 1.581
Europa: 740
Sudeste de Asia: 602
Golfo de Guinea: 279
Oriente Próximo: 200
América Central: 158
Grandes Lagos e costa L de EUA: 140
SE de Brasil: 120
Mapa das páxinas 210-211
Tipo Cartograma
Trata de... Poboación total da Terra, por países
Como se representa
a información
Os países están debuxados segundo o tamaño da súa
poboación, procurando conservar o perfil.
Organízanse en catro categorías, pintadas cunha cor
diferente segundo o número de habitantes
Mapa das páxinas 212-213
Tipo Mapa temático
Trata de... Distribución da poboación mundial
Como se representa
a información
Mediante puntos de cor vermella, que representan os
grandes núcleos de poboación, e círculos ou óvalos de
cor verde, que agrupan as principais áreas de poboación.
1.- A poboación mundial e a súa distribución.
Factores que explican a distribución da poboación
Areas de concentración de poboación Areas pouco poboadas ou baleiros demográf.
Factores
físicos
Climas temperados
Relevos de pouca altitude
Existencia de solos fértiles
Temperaturas extremas
Relevos elevados ou con fortes pendentes ou
costas
Solos áridos
Excesiva humidade
Factores
económicos
Lugares onde abundan os recursos: terras
produtivas, auga, minerais
Lugares onde se establecesen actividades
industriais e terciarias, como nas grandes
cidades
Escaso desenvolvemento económico
Tecnoloxía limitada
Emigración
Factores
históricos
O pasado histórico: concentración da
poboación nas terras fértiles dos vales
dalgúns grandes ríos (Nilo...)
O pasado histórico: trata de escravos en
África, expulsión de pobos, grandes
migracións intercontinentais...
Factores
políticos
Decisións tomadas polos gobernos ou por organismos internacionais que implican a chegada ou
a expulsión de moita poboación: modificacións de fronteiras, refuxiados de guerra...
A densidade de poboación no mundo
Censo de poboación Padrón municipal
É unha estatística (un reconto da poboación), cuxo
obxectivo é proporcionar información sobre o
número e distribución das principais características
demográficas e sociais, respectando sempre o
secreto estatístico.
É un rexistro administrativo, cuxa finalidade é
acreditar a residencia nun domicilio, e os seus datos
son, polo tanto, de carácter nominal e públicos.
Recolle datos de todo tipo (demográficos,
económicos, sociais, culturais...)
Recolle datos máis limitados (identificación,
residencia, nivel de estudos, nacionalidade...)
A información só pode ser publicada e facilitada de
forma numérica, sen referencias individuais
É un documento público cuxa información pode
coñecerse individualmente, redúcese a datos
indispensables e non confidenciais
É un documento estático, realizado con fins
estatísticos, que presenta unha visión da poboación
nun momento determinado
É dinámico e actualízase permanentemente coas
altas e baixas residenciais e cos nacementos e
defuncións dos veciños do municipio
Elabórase en España cada dez anos (desde 1981 os
acabados en 1). O organismo encargado é o Instituto
Nacional de Estatística (INE)
Os padróns, desde 1996, actualízanse o 1 de xaneiro
de cada ano
A poboación por continentes da Terra en 2011 A evolución da poboación mundial
A poboación por continentes da Terra en 2011
Gráfico da páxina 214
Tipo gráfico de barras
Describe
este
gráfico
Consiste nun eixe de coordenadas sobre o que se representan
diversos datos mediante barras; estas están separadas pola mesma
distancia e teñen a mesma anchura, pero a súa altura/lonxitude é
proporcional á cantidade que representan.
Utilízase para comparar un mesmo fenómeno entre países ou
categorías diferentes.
Neste caso, no eixe horizontal represéntase a porcentaxe (%), de 10
en 10; no eixe vertical os continentes, sobre os que aportan dous
datos: poboación (representado con siluetas de home vermellas ) e
superficie (representada cun rectángulo verde).
Trata de Distribución da poboación por continentes no ano 2011
Idea principal
que se
representa
Os habitantes do planeta están distribuídos de forma desigual sobre
o territorio; por exemplo, Asia, que representa menos dun terzo da
superficie da Terra, ten preto de dous terzos da poboación
A evolución da poboación mundial
Gráfico da páxina 218
Tipo gráfico lineal
Describe
este
gráfico
Consiste nun eixe de coordenadas no que se representa a evolución
dun aspecto da realidade ao longo do tempo
No eixe vertical (ordenadas) temos a poboación do mundo en miles
de millóns (de 0 a 10); no eixe horizontal (abscisas) colócanse os
anos, desde o 1 ata o 2050. A distribución dos datos segue unha
proporción determinada.
Trata de Evolución da poboación mundial
Idea principal
que se
representa
A poboación mundial creceu de forma moi lenta ata mediados do
século XVIII; desde entón o crecemento acelerouse moito, sobre todo
desde o século XX
2.- A dinámica da poboación.
Poboación Nacidos Falecidos Falecidos <1 Mulleres 15-49 Emigrantes Inmigrantes
A 240.000 hab. 1.680 2.160 6 48.000 1.500 5.000
B 39.000 hab. 1.560 819 117 10.400 1.100 200
Taxa A B
TN 1.680 x 1.000 / 240.000 = 7 ‰ 1.560 x 1.000 / 39.000 = 40 ‰
TF 1.680 x 1.000 / 48.000 = 35 ‰ 1.560 x 1.000 / 10.400 = 150 ‰
TM 2.160 x 1.000 / 240.000 = 9 ‰ 819 x 1.000 / 39.000 = 21 ‰
TMI 6 x 1.000 / 1.680 = 3,5 ‰ 117 x 1.000 / 1.560 = 75 ‰
TCN 7 ‰ - 9 ‰ = -2 ‰ = -0,2% 40 ‰ - 21 ‰ = 19 ‰ = 1,9%
CR (1.680 - 2.160) + (5.000 - 1.500) = 3.020 h. (1.560 -819) + (200 - 1.100) = -159 hab.
A natalidade no mundo en 2010
A mortalidade no mundo en 2010
3.- O modelo demográfico dos países desenvolvidos
O modelo demográfico dos países desenvolvidos
Caracteres FASE I
[Réxime demográfico antigo]
FASE II
[Transición demográfica]
FASE III
[Réxime demográfico moderno]
Datas
desde a Antigüidade ata mediados
do século XVIII ou principios do XIX
(ata 1800 na gráfica)
desde mediados do século XVIII (ou
1800) ata principios do século XX
(1900 na gráfica)
século XX
Natalidade
Taxas
moi elevadas, en torno ao 40‰ mantivéronse elevadas, en torno ao
40‰, ata mediados do XIX; despois
comezaron a descender (ata 20‰)
descenso progresivo ata taxas en
torno ao 10‰
Causas
as familias tiñan moitos fillos,
porque eran unha axuda familiar no
traballo
non había control dos nacementos
pouco a pouco comeza o control
dos nacementos
atraso na idade do matrimonio e da
maternidade
peso económico dos fillos
(educación, coidados...)
incorporación da muller ao
mercado laboral remunerado
Mortalidade
Taxas
tamén moi elevadas, ao redor do
40‰
descenso pronunciado ata un 13‰ descenderon lentamente ata un 10‰
Causas
elevada mortalidade infantil
colleitas inseguras
grandes fames
epidemias, guerras
catástrofes naturais...
falta de hixiene, medicina ineficaz
mellora da alimentación, grazas ás
novas técnicas agrícolas
progresos na hixiene (uso do
xabón, recollida de lixo...)
avances sanitarios (antisepsia,
vacinas...)
avances da medicina
uso de vacinas
loita contra a mortalidade infantil
Poboación
crecemento lento, con avances e
retrocesos, en forma de dentes de
serra
crecemento acelerado denominado
boom ou explosión demográfica
desaceleración demográfica: como
a TN e a TM están case igualadas,
a poboación crece moi pouco. En
casos extremos, regresión
3.- O modelo demográfico dos países pobres
O modelo demográfico dos países pobres
Caracteres FASE I
[Réxime demográfico antigo]
FASE II
[Transición demográfica]
FASE III
[Réxime demográfico moderno]
Datas ata mediados do século XX segunda metade do século XX século XXI
Natalidade
Taxas igual que nos países desenvolvidos mantivéronse moi altas (en torno ao
40‰)
hoxe está descendendo en moitos
países, pero son superiores ás dos
países desenvolvidos
Causas ídem non hai control dos nacementos
pobreza control dos nacementos
Mortalidade
Taxas igual que nos países desenvolvidos descenderon de forma moi rápida ata
un 15‰
segue a descender, pero sofren
períodos de mortalidade catastrófica
Causas ídem axuda dos países ricos ⇒ mellora
da medicina e a hixiene
axuda dos países desenvolvidos,
progreso económico
fames, catástrofes naturais,
guerras, SIDA...
Poboación ídem aumento espectacular da
poboación
a poboación crece de forma máis
lenta
4.- Os desequilibrios demográficos
Países desenvolvidos Países pobres
Trazo básico avellentamento da poboación elevada TN
Causas
diminución das TN por:
dificultade de atopar un emprego estable e ben
remunerado
desexo de manter un elevado nivel de benestar
estilo de vida: pisos pequenos, horarios de traballo...
aumento da esperanza de vida por:
avances en medicina + mellor alimentación e vida
máis sa
hai moita poboación nova, en idade de procrear
os fillos representan unha axuda para a familia:
traballan no campo
traballan noutros empregos e aportan ingresos
Consecuen-
-cias
diminúe a poboación en idade de traballar
necesidade de prever fondos para pensións e servizos
para a poboación anciá
aumento da poboación ⇒ desequilibrio respecto
aos recursos ⇒ falta de traballo e coidados
sanitarios, fame, analfabetismo...
necesitan alimentos, hospitais, escolas, emprego,
vivendas...
Política de
poboación
políticas natalistas para contrarrestar o avellentamento
e o escaso crecemento da poboación:
ampliación dos permisos de maternidade e
paternidade
redución da xornada laboral dos pais e nais
creación de gardarías + axudas ás familias
numerosas...
políticas antinatalistas para limitar o crecemento
acelerado da poboación e evitar así a
superpoboación:
anticonceptivos, planificación familiar
obrigatoria...
desenvolvemento de programas para: a saúde, a
situación da muller, a educación...
5.- Os movementos migratorios
Criterio Tipos Consiste en Exemplos
Duración
temporais o emigrante volve ao lugar de orixe migracións estacionais
definitivas o emigrante establécese de xeito permanente
no lugar de destino
emigración de españois aos países máis
desenvolvidos de Europa na década de 1960
destino
interiores realízanse dentro do mesmo país éxodo rural
exteriores realízanse entre diferentes Estados migracións transoceánicas do século XIX
carácter
forzadas realízanse pola forza, contra a vontade dos
emigrantes trata de escravos, refuxiados...
voluntarias realízanse por decisión persoal dos emigrantes xubilados europeos, por motivos laborais...
Consecuencias para os países emisores para os países receptores
demográficas
perda de poboación adulta en idade de traballar
diminución da natalidade
avellentamento da poboación
aumenta a poboación adulta en idade de traballar
aumenta a taxa de fecundidade
rexuvenecemento da poboación
económicas
baixa o número de persoas que buscan emprego
entrada de divisas (os emigrantes envían cartos
ás súas familias) ⇒ axudan ao desenvolvemento
económico do país de orixe
dispoñibilidade de man de obra para realizar os
traballos menos cualificados
sociais
diminúe o descontento social a inmigración achega diversidade cultural
pode xerar conflitos de convivencia: rexeitamento
ao emigrante, porque é estranxeiro (xenofobia) /
polos seus trazos (racismo)
Contin. rexións emisoras de emig. destino áreas receptoras de inmig. tipo de emig.
América
México América do Norte
América do N (Canadá e
EUA)
Venezuela
Arxentina
pouco
cualificados
América Central e Caribe América do Norte
Colombia, Ecuador e Perú América do N/ Venezuela / Asia / Europa Occid.
Bolivia e Paraguai / Chile Arxentina
Europa
Países do Leste
(Romanía, Bulgaria) Países da UE máis desenvolvidos (O e S)
Países do O e S de Europa
pouco
cualificados
Rusia Países máis desenvolvidos da UE cualificados
África
África do Norte e Exipto Unión Europea / Estados do Golfo
Costa de Marfil e Ghana
Gabón
África do Sur
pouco
cualificados
países do NE
(Somalia, Sudán, Etiopía) UE / Estados do Golfo
África Occidental UE / Costa de Marfil e Ghana / Gabón / Sudáfrica
África Central e Austral Sudáfrica / Gabón / Australia e Nova Zelandia ambos
Asia
Turquía e países do Cáucaso UE / Estados do Golfo / Rusia
Estados do Golfo Pérsico
Xapón
ambos
Asia Central Rusia / UE / América do Norte / China
Península Índica UE / Estados do Golfo / América do Norte
China / Corea do Sur Hong Kong / UE / Extremo Oriente Ruso / Xapón /
EUA / Australia e Nova Zelandia
Sueste asiático Estados do Golfo / Hong Kong / Australia e Nova
Zelandia / EUA
Oceanía Nova Zelandia Australia Australia e Nova Zelandia cualificados
6.- A estrutura demográfica da poboación.
Predominio de Trazos demográficos Consecuencias
Poboación
nova taxa de natalidade elevada
a poboación adulta debe atender, manter e educar a
moita poboación infantil, e crear postos de traballo
Poboación
adulta
baixa natalidade
fluxo de inmigrantes haberá moitas persoas en idade de traballar
Poboación
vella
redución da natalidade e da
mortalidade
aumento da esperanza de vida
diminución de número de persoas en idade de traballar
necesidade de pensións de xubilacións
necesidade de servizos sanitarios e sociais axeitados
Comparar gráficos
O avellentamento da poboación mundial
Gráfico 1 da páxina 224
Tipo gráfico de barras
Descrición
eixe horizontal: anos de 1950 a 2050, de 10 en 10
eixe vertical: número de persoas, de 0 a 2500 millóns, de 500 en 500
as barras están divididas en dous tramos, con cores diferentes: verde
para a poboación de 60 a 69 anos; morado para a poboación de 70 e
máis anos
Trata de o avellentamento da poboación mundial
Explicación
o gráfico reflicte o progresivo aumento da esperanza de vida desde
mediados do século XX, o cal implica un aumento do número de
persoas anciáns, sobre todo a de 70 anos e máis
A poboación mundial, segundo idade e sexo, en 2010
Gráfico 2 da páxina 224
Tipo gráfico lineal
Descrición
eixe horizontal: grupos de idade, de cinco en cinco, de 0-4 a 85 e
máis
eixe vertical: porcentaxe, de 0 a 10, de 2 en 2
o gráfico está dividido por cores, nos tres grupos de idade (mozos,
adultos e anciáns)
a liña das mulleres aparece con cor vermella; a dos homes en verde
Trata de a poboación mundial segundo idade e sexo en 2010
Explicación
o gráfico reflicte a porcentaxe de homes e mulleres que hai no
mundo, e como varía a relación segundo os grupos de idade:
no grupo de mozos os homes superan as mulleres
no grupo de adultos homes e mulleres tenden a equilibrarse
no grupo de anciáns as mulleres superan os homes
A pirámide de poboación de Europa en 2010
O triángulo ideal dunha pirámide de poboación
A pirámide de poboación nova
Perfil triangular ou de parasol
A pirámide de poboación adulta
Perfil de oxiva ou de campá
A pirámide de poboación avellentada
Perfil de urna ou bulbo
Tipos de pirámides de poboación
tipo triangular ou de parasol de oxiva ou de campá de urna ou bulbo
poboación nova / expansiva adulta / estable avellentada / regresiva
base ancha ou moi ancha máis estreita moi estreita
tronco estreitamento progresivo ancho ensanchado
cima estreita máis ancha moito máis ancha
caracteres
demográficos
(TN, TM,
TMI)
TN elevada
TM e TMI altas
baixa esperanza de vida
TN descenden polo control
da natalidade
diminución das TM e TMI
aumenta a esperanza de vida
TN baixa por control da nat.+
planificación familiar
TM e TMI moi baixas
esperanza de vida alta
propia de...
países menos desenvolvidos
de África e Asia
países en vías de
desenvolvemento, en Asia,
América Central e Sur
países desenvolvidos de
América do Norte, Europa,
Asia e Oceanía
7.- A estrutura económica da poboación.
poboación
activa
aquela que ten un emprego remunerado ou anda a procuralo
ocupados
traballadores por conta propia
traballadores por
conta allea
con contrato indefinido
con contrato temporal
desempregados
sen experiencia (buscan o seu primeiro emprego)
parados de longa duración
poboación
inactiva
aquela que non realiza un traballo remunerado
menores de 16 anos
estudantes (maiores de 16 anos)
persoas que se ocupan do fogar
xubilados ou prexubilados
incapacitados para traballar
persoas que non queren traballar ou viven das súas rendas
persoas que realizan traballos sociais ou benéficos non remunerados
Taxa de actividade: porcentaxe de poboación activa dunha poboación.
Taxa de paro: porcentaxe de persoas que buscan emprego respecto de
toda a poboación activa
Países desenvolvidos Países subdesenvolvidos
taxa
de
actividade
alta: máis do 50%. Causas:
hai moita poboación adulta e un
importante nº de mulleres que
realizan traballos remunerados
baixa: menos do 30%. Causas:
hai moita poboación nova e a muller
realiza maioritariamente traballos
non remunerados
causas
do
paro
mecanización e informatización
de moitas tarefas
traslado de empresas a países
con man de obra máis barata
(deslocalización)
hai moita poboación, porque crece
moi rápido
a principal actividade é a agricultura,
non hai terras para todos, ou non
están dispoñibles para o cultivo
Os sectores de actividade económica
consiste en / actividades países desenvolvidos países pobres
Prim
ario
produce alimentos e materias
primas, da natureza:
agricultura
gandaría
pesca
explotación forestal
a porcentaxe de poboación
activa no sector é moi baixa
[menos do 10%]
os traballos están moi
mecanizados e prodúcese
moito con pouca man de obra
máis da metade da poboación
traballa no sector primario
é necesario producir alimentos
para a poboación
Secundario
transforma as materias primas
en produtos elaborados ou
semielaborados:
industria
construción
minaría
produción de enerxía
diminúe a poboación activa que
traballa no sector secundario
[entre 25-35%]
progresiva tecnificación e
automatización dos procesos
industriais
sector pouco importante, que
crece segundo mellora o
desenvolvemento económico dun
país
porcentaxe entre o 5 e o 20%
Tercia
rio
distribúe os produtos dos outros
sectores + proporciona servizos
ás persoas:
comercio
transporte
educación
sanidade...
a porcentaxe que traballa no
sector é superior ao 50%
o sector terciario medra e
faise cada vez máis
diversificado
importancia menor e servizos
pouco especializados
porcentaxe inferior ao 25%
Tarefa 17
países desenvolvidos países pobres
pirámide de poboación avellentada
esperanza de vida maior de 80 anos
diminución da taxa de natalidade
redución da natalidade
taxa de natalidade elevada
migracións por motivos económicos
maior número de fillos por muller
pirámide de poboación nova
País TN TM TCN
Alemaña 8,3 ‰ 10,9 ‰ -0,3 %
Angola 42,9 ‰ 23,4 ‰ 1,95 %
Chile 14,3 ‰ 6,0 ‰ 0,83 %
Kuwait 21,3 ‰ 2,1 ‰ 1,92 %
Portugal 9,9 ‰ 10,8 ‰ -0,09 %
país habitantes superficie (km2
) densidade
Australia 21.766.711 7.659.861 2,84 hab/ km2
Bangladesh 158.570.535 147.570 1074,54 hab/ km2
Canadá 34.030.589 9.984.670 3,41 hab/ km2
China 1.336.718.015 9.572.900 139,63hab/ km2
Exipto 82.079.636 1.002.000 81,91hab/ km2
Estados Unidos 313.232.044 9.372.614 33,41hab/ km2
Finlandia 5.259.250 339.000 15,51 hab/ km2
Italia 61.016.804 301.338 202,48hab/ km2
Mauritania 3.281.634 1.030.000 3,18hab/ km2
Mongolia 3.133.318 1.564.160 2,00 hab/ km2