Download - Viaxe a Euroeume
![Page 1: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/1.jpg)
EXCURSIÓN A
EUROEUMEME
![Page 2: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/2.jpg)
Os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria fixemos esta saída a´s terras do Eume.No camiño cara esas terras tivemos a oportunidade de pasar ao lado da central térmica das Pontes de García Rodríguez e do lago artificial feito no que fora a antiga mina de carbón.Despois dirixímonos a Moeche para visitar o castelo. Este castelo está situado nunha cota moi baixa e para defendelo dos posibles ataques tiveron que facer uns muros de case 3 m de ancho e un foxo exterior.
![Page 3: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/3.jpg)
Nos muros observamos varios escudos de armas: o dos Osorios, o dos Enríquez e os dos Castro de Lemos.
![Page 4: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/4.jpg)
Sábese da súa destrución na segunda revolta Irmandiña, a mediados do século XV,cando pertencía á Casa de Lemos máis poderosas de Galicia.As sentenzas obrigaron aos derrotados a reconstruír o mesmo.Hoxe é propiedade da Duquesa de Alba.Estivemos nas distintas dependencias da fortaleza e subimos ao adarve,situado a uns 18 metros de altura.Desde alí divísase unha bonita panorámica do val de Moeche.
![Page 5: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/5.jpg)
Máis tarde visitamos a Casa do Mel,en Goente.Alí vimos moi ben un enxame encerrado nunha vitrina; tamén nos explicaron todo o proceso de elaboración e envasado do mel, clases de abellas, distinto tipos de colmeas, vimos o traxe do apicultor,distintas figuras feitas de cera...
![Page 6: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/6.jpg)
A saída rematou coa visita ao Museo Etnográfico do pazo,situado na antiga Casa Rectoral,que foi rehabilitada. A maior parte das ferramentas e mobles alí expostos foron aportados polas familias dos alumnos do colexio da localidade.
![Page 7: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/7.jpg)
Neste lugar tivemos a oportunidade de contemplar as distintas dependencias e mobiliario da tradicional casa rural galega;tamén observamos detidamente ferramentas utilizadas polos zoqueiros, xastres, tecelás, paragüeiros, carpinteiros...
![Page 8: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/8.jpg)
![Page 9: Viaxe a Euroeume](https://reader030.vdocuments.pub/reader030/viewer/2022020714/568c52901a28ab4916b72686/html5/thumbnails/9.jpg)
Logo nun alpendre anexo á casa puidemos ver unha máquina de mallar e outra de limpar de fai case un século. Que ben o pasamos e canto aprendemos!
(3º Ciclo de Primaria)