Download - xolda xaneiro 2013
Proxecto RíosRois, Sara Iglesias/Alba Sorribas
Todos os alumnos e alumnas de 3º de ESO, realizamos está actividade, xa tradicional no centro, a cargo dos profesores Javier Santiago e Xurxo Pombo.
Comezamos ás 9:45 da mañá, cunhas botas de goma para evitar molladuras (que de pouco serviron) e cargados de instrumentos como cintas métricas coadores e medidores de osíxeno.
Dirixímonos ao río Baleirón, situado xusto detrás do colexio. Comezamos atendendo con curiosidade as explicacións e indicacións, que os profesores nos daban para realizar todas as actividades que iamos acometer nas próximas horas. Logo, esta, dividímonos en grupos, de xeito que, algunhas persoas dedicaríanse a investigar sobre a fauna, outras sobre a flora, algúns analizarían a auga do río e tomarian mostras e un cuarto grupo, dedicariase a observar o caudal e o curso do río, e realizar a memoria fotográfica.
Continúa en página 2
Coma cada ano, o festival de Nadal foi o remate festivo ao p r i m e i r o t r i m e s t r e . L o g o destes meses de traballo o f e s t i v a l , c o o r d i n a d o p o r Mercedes Buján en Primaria e Loly Santos en Secundaria -e c o a c o l a b o r a c i ó n d o profesorado- foi o lugar de encontro da nosa comunidade
educativa. As horas de ensaio víronse recompensadas polos aplausos e os gritos de ánimo de compañeiros, pais, nais, avós e visitantes que quixeron c o m p a r t i r a x o r n a d a connosco. Os lectores de Xolda poden ver tamén un resumo deste festival na nosa canle de youtube e no blog da biblioteca
O festival de inverno puxo fin ao ano
PREMIO E-TWINNING Ao peche desta edición chegános a noticia da concesión do premio e-twinning ao proxecto da profesora de francés Céline Benmessaoud. Parabéns!
O SAMAÍN é xa unha garantía de éxito no noso centro. Aínda que pareza imposible, cada ano a exposición supera a anterior edición. Xosé Citoula coordinou esta actividade. Páxina 3
KIKO DA SILVA é o creador do Garaxe Hermético. Con motivo da inauguración desta escola de cómic e i lustración concedeunos esta entrevista. Páxina 4
XOLDACPI DOS DICES XANEIRO DE 2013
Continúa na páxina 2
Os alumnos de 3º da ESO realizaron un proxecto a cargo de Javier Santiago, para coñeceren as condicións da auga, a fauna e a flora do río Baleirón. Tiveron ocasión de observar que a especie máis abundante de árbores eran os carballos e as faias; tamén atoparon gran cantidade de pequenos liques no interior do río, así como
pequenos arbustos, silvas e xestas pola beira.
Con respecto a fauna, atopamos unha gran variedade de animais, tanto nas terras dos arredores como no propio río. Foi moi entretido andar detrás de ras, puidemos observar unha gran diversidade de especies destes animais, incluso unha que tiña unhas s a m b e s u ga s p e ga d a s – s e g u n d o
a s e g u r a b a u n h a d a s a l u m n a s participantes na actividade. Tamén se viu algún que outro grilo e paxaros coma o paporrubio. No interior do río, puidemos ver como os zapateiros se movían a gran velocidade, e tamén sacamos diminutos animais de debaixo das pedras, xa que fomos levantando os segmentos do río, e coa axuda dun coador e dunha pinza, recollemos varios “bichos”.
Xa no colexio, observamos no l a b o r a t o r i o c o a a x u d a d u n microscopio, todas as mostras collidas, analizámolas e clasificámolas, dando por finalizada, unha maña moi dinámica, na cal aprendemos moitas cousas e nos achegamos á natureza dun xeito interesante e divertido.
Os alumnos do CPPI dos Dices de Rois, achéganse á natureza para analizar os ríos do Concello.
Novo éxito da exposición de cabazas do Samaín
Dende a década de 1990 comezou a recuperarse en Galicia esta conmemoración, que fora esmorecendo ata converterse unicamente nunha celebración do día de defuntos pola proximidade nas datas. No noso colexio tamén se celebra o Samaín dende hai varios anos pero cun fin diferente ao tradicional, con concursos de cabazas, Santa Compaña, contos de medo para os máis pequenos e tamén decorando as clases con todo tipo de personaxes. A meirande parte do nenos e nenas par t i c ipamos facendo divertidos e orixinais deseños con cabazas que se expoñen durante tres días e que optan aos premios ás dez mellores. Hai espantallos, neveiras, bruxas, aulas de cabaciñas, indios, barcos piratas, caracois, moscas… de todo.
Eses días, no colexio hai risas, sustos, xogos, contos entres os rapaces e rapazas e moitas cousas máis. A imaxinación non ten límites!
Iker, Carlos, Adela, María T., María B., Clara,
An4a, Sabela, Laura, Ángela – 5º
A chegada das ánimas nesa noite representaba un potencial perigo do q u e s e d e f e n d í a n colocando sobre os muros ou vaos das paredes as caveiras dos seus inimigos para que as ánimas que puidesen vir non se achegasen aos castros nin ás casas. Dentro desas caveiras colocaban unha candea de sebo acesa.Foi unha celebración pracMcada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron Europa. Na actualidade é un día de lembranzas para uns e de festa para outros.
O Samaín celébrase en
Galicia na noite do 31 de
o u t u b r o a o 1 d e
novembro. Esta anMga
fesMvidade célMca, que
simboliza a entrada do
ano novo ce l ta e a
chegada da “estación
escura” e que, segundo
conta a lenda, é unha
noite na que as almas dos
mortos se achegaban ao
mundo real, vén a ser
u n h a c omu ñ ó n c o s
espíritos dos defuntos que
n e s a n o i t e t e r í a n
autorización para camiñar
entre os vivos.
Rois, RedacciónArtefacto producións é unha empresa santiaguesa que se dedica dende o ano 2007 á animación stop motion, na que o movemento dos personaxes se consegue cunha sucesión de fotografías. Fernando Cortizo, fundador de Artefacto, asegura que é unha técnica tradicional que ofrece un realismo nas sombras, nas texturas e no resultado final dunha película
que non consegue a a n i m a c i ó n d i x i t a l . Artefacto acometeu un p r o x e c t o d u n h a dimensión continental, porque O apóstolo é a p r i m e i r a p e l í c u l a europea de animación s t o p m o t i o n estereoscópica. Como é posible que dun garaxe da rúa Fernando III de Santiago saíse adiante un proxecto equiparable a outros hollywoodienses coma A noiva cadáver ou Os mundos de Coraline? Fernando Cortizo, e x p l í c a n o s o p r o c e s o . “ C o ñ e c i a m o s a x e n t e
e x p e r i m e n t a d a e n traballos deste tipo, técnicos de producións como A noiva cadáver ou Mátrix. Dixémoslles que queriamos levar a c a b o e s t e t r a b a l l o pioneiro en Europa. V i ñ a s e n d o u n h a película “indie” porque non contabamos con moitos cartos pero cremos valía a pena. Toda esa xente se a n i m o u p o r e s t e m o t i v o , a s í q u e formamos un equipo de americanos, autralianos e
galegos, claro. A xente de fóra adaptouse moi ben, estaba contenta, g o z a b a d u n h a liberdade e vida nocturna que non tiñan nos Estados U n i d o s e traballaron máis e mellor”. E tamén cobraron menos, p o r q u e t o d o s
reduciron os salarios que a d o i t a n c o b r a r p o l o s e u traballo. “Unha película deste tipo custa en Hollywood como mínimo uns 65 millóns e poden chegar ata os 105; nós fixemos O apóstolo con cinco. Para iso traballabamos entre dez e doce horas diarias de luns a sábado e o equipo nunca pasou das cen persoas, cando nun filme así adoitan ser uns trescentos. Aquí todo o mundo facía de todo, se non, nunca poderiamos manter doce meses de rodaxe. A estrea e u r o p e a , l o g o d e m o i t a s dificultades tivo lugar o pasado 31 de outubro e Cortizo augura unha excelente acollida entre o público. O filme -que c o n t a c o a s v o c e s d e recoñecidos actores como Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira ou Luís Tosar- pode ter unha secuela. Mercé ao recoñecemento internacional C o r t i z o x a p e n s a n a continuación do filme que vai ter escenarios maiores e l o c a l i z a c i ó n s e n P a r í s e Venecia.
É a primeira película europea de stop motion estereoscópica
3º e 4º de ESO fomos ver O Apóstolo
O apóstolo, stop motion do paísDespois de ser premiada en divesos festivais internacionais, por fin puidemos ver O apóstolo nas nosas salas de cine. Por iso recuperamos a entrevista en exclusiva para Xolda co seu director, Fernándo Cortizo, que nos fala do proceso de produción deste filme.
Fernando Cortizo entre Luís Tosar e Carlos Blanco
A c o m i s i ó n d o magosto organizou o u t r o d í a d e castañas e xogos
Rois, redacción• • •
Un ano máis -e cando a chuvia nos deixou- gozamos dunha nova xornada de magosto. A mestura de castañas, xogos e chocolate animou un día no que, por fin, acompañou o tempo.
MAGOSTO 2012
As carreiras de sacos son un xogo clásico que non pode faltar no noso magosto
Os alumnos e alumnas de 4º de ESO colaboraron na organización para que todo saíse ben.
C a s e t o d o s q u i x e r o n p r o b a r a c o m b a . A q u í v e m o s u n m o m e n t o d e m á x i m a p a r t i c i p a c i ó n .
A pelota de tenis deu lugar a situacións curiosas. Neste i n t r e J u l i a e Á n x e l a estaban moi coordinadas.
O pano deu moito xogo durante a tarde
Os fogoneiros habituais cumpriron. As castañas estaban no seu punto.
Despois de comer había ganas de medir forzas
Rois, Redacción
Que é o garaxe hermético?É p r i m e i r a e s c o l a p r o f e s i o n a l d e b a n d a deseñada e ilustración en Galicia que vén cubrir un oco a nivel de formación, xa non só en Galicia senón no norte de España, porque só hai dúas escolas destas características: unha en Barcelona e outra en M a d r i d . S o n e s c o l a s privadas porque a nivel oficial este traballo non está recoñecido coma unha profesión artística que se p o i d a i mp a r t i r n u n h a universidade. Isto é algo que só sucede en España, porque en Francia, Italia, Alemaña ou os Estados U n i d o s x a s e e s t á impartindo como estudos universitarios. Aquí, como imos atrasados neste tipo de cousas, para estudar banda deseñada e ilustración ou o ías ao estudo dun debuxante que coñeceses ou de xeito autodidacta, que foi como aprendemos a maioría dos que nos dedicamos a isto.
Ter unha escola destas características de que xeito vai axudar os futuros autores e autoras?
Vai supoñer que aforren uns dez anos de perda de tempo, de probas-erros que se cometen cando un ten que a u t o f o r m a r s e . T e n d o profesionais en activo que os poden or ientar na súa
carreira afórranse moitos desánimos que xorden cando un non sabe cara a onde vai
a súa formación, onde hai que pedir traballo e como c ó m p r e f a c e l o . É a l g o necesario na evolución da BD galega: levamos moito tempo demostrando que temos moi bos profesionais, moitas pequenas editoriais que empezan a editar BD en galego, xa temos un mercado d o l i b r o i l u s t r a d o consolidado -non só a nivel galego, senón estatal e
internacional- e era lóxico que se puidese aprender esta profesión dunha forma seria.
E logo cal é o obxectivo principal?O fin da nosa escola é que o
alumnado saia de aquí cun t r a b a l l o q u e s e x a presentable e editable nunha empresa editora, que rematen sendo autores e a c a b e n p u b l i c a n d o . Sabemos que non todos
seguirán por este camiño, porque isto é unha carreira de fondo na que hai que
traballar moito para ter un nome e un prestixio, pero si é posible que a xente publique unha primeira obra. Despois está nas súas mans, na creatividade no xenio e na pericia de cadaquén.
Con que profesorado conta a escola?H a i u n g r u p o fi x o d e profesores que imos impartir o plan de estudos: Fernando Iglesias, de Vilagarcía, o máis veterán -de feito eu aprendín moito del cando e mp e z a b a ; F r a n B u e n o Capeáns, que traballa para E s t a d o s Un i d o s e e s t á especializado en cómic de superheroes; Miguel Porto, m o i m e t i d o e n n o v a s
É a primeira escola ga l e ga d e b a n d a deseñada e ilustración
Entrevista con Kiko da Silva, director do Garaxe Hermético
“Queremos que o alumnado saia da escola cun primeiro traballo publicable”
Kiko da Silva é un autor de banda deseñada, ilustrador e debuxante que, ante a ausencia de estudos públicos e regrados neste campo e a desidia oficial por crealos, decidiu poñer en marcha unha escola profesional de carácter privado. Así xorde O garaxe hermético, unha escola profesional de cómic e ilustración que abre as súas portas en Pontevedra para encher un baleiro na formación de novos artistas. O nome da escola é unha homenaxe a Moebius, o artista francés precursor -con ese traballo de autor- das actuais novelas gráficas. Dos obxectivos deste proxecto fálanos Kiko nesta entrevista.
Kiko da Silva no Garaxe Hermético
técnicas de narración e a t e n t o á s n o v i d a d e s internacionais e eu mesmo.
Que son as clases maxistrais?Están impartidas por autores de renome que virán falar da súa c a r r e i r a e d a s ú a forma de traballo. Xa tivemos a Miguelanxo Prado que vai volver para dar un curso máis especializado e queremos convidar a cantos máis autores mellor. Xa pasaron por aquí David Rubín, José Domingo, e dende xaneiro de 2013 teremos visitas dos autores que saquen novidades para que expliquen ao alumando da escola como traballan eles, como se enfrontan ao mercado e ao día a día, p o r q u e e s t a é u n h a profesión moi idealizada, e a xente só ve a parte bonita de crear un cómic na casa. Isto é certo, pero logo está a parte dura: estamos falando de dedicarlle moito tempo, un mínimo de ano ou ano e medio para un álbum de 48 ou 64 páxinas, que son os habituais. Temos que quitar da cabeza á xente que isto
sexa un pasatempo: isto é unha profesión e os que v i v i m o s d e l a t e m o s o s mesmos problemas có resto: o IVE, o IRPF, clientes que non pagan, etc.
O futuro do cómic está na edición dixital?Na banda deseñada, as probas de edición dixital
foron estrañas. Fixéronse animacións con BD, música e efectos especiais pero iso xa non é BD, xa é outra cousa. O
cómic ten que seguir sendo algo con dúas páxinas e que narre correlativamente. N e s t e m o m e n t o s o n conversións moi similares a u n P D F o u s o n proanimacións que nada teñen que ver coa linguaxe do cómic, na que non existe o son, na que o ritmo de lectura o ten que poñer o lector e nunca a persoa que o fai. Malia que o cómic e o cine aparecen a o m e s m o t e m p o , separáronse axiña porque aínda tendo p u n t o s e n común, son linguaxes distintas. A BD non é cinema en papel. O cine ten outros mecanismos e o u t r a s fi n a l i d a d e s comunicativas.
De onde sae o nome da escola?
É u n h a h o m e n a x e a Moebius. Intentei que fose en vida, pero cheguei tarde. O n o m e x o r d e d u n h a lembranza persoal, pero compar tida con moitos
o u t r o s a u t o r e s d o qu e supuxo O garaxe hermético na formación de moitos d e b u x a n t e s d e b a n d a
deseñada e, sobre t o d o , p o r q u e r e v o l u c i o n o u o mundo do cómic. O garaxe hermético demostrou que se podía facer cómic fóra de xénero, sen guión previo, facer experimentación, u n c ó m i c n o n comercial e que foi
un dos xermolos do que agora se chama novela gráfica; un cómic de autor no que o creador decide o que quere contar. Escribinlle a Moebius no mes de outubro do ano pasado convidándoo a vir a Pontevedra para coñecer a escola e facerlle unha homenaxe, pero xa estaba ingresado e non
contestou nunca a ese correo. Así que cando inauguramos o noso Garaxe H e r m é t i c o f o i u n h a h o m e n a xe p ó s t u m a a o mestre. Quero pensar que alguén da súa familia ou do seu equipo lle ensinara o correo electrónico e que, polo menos, se fose de aquí a algunha constelación de O r i ó n s a b e n d o q u e l l e q u e r i a m o s f a c e r e s t a homenaxe e que O Garaxe Hermético existe en Galicia.
O nome é unha homenaxe a Moebius
QUERES SER XORNALISTA DE
XOLDA?
Se tes unha idea para publicar e queres colaborar no próximo número de Xolda pregunta pola comisión da revista e anímate a participar.
OS NOSOS BLOGSSe queres ver máis do que facemos no noso centro visita os nosos blogs. Na páxina do centro edu.xunta.es/cpidos dices clica na sección de blogoteca
BIBLIOTECA DO PORVISONo blog da biblioteca tes vídeos de moitas das nosas actividades. E s t a m o s e n h t t p : / /bibliorois.wordpress.com/
XOLDAxaneiro 2013
Colaboraron neste número: Iker, Carlos, Adela, María T., María B., Clara, Antía, Sabela, Laura, Ángela (5º EP) , Sara Iglesias, Alba Sorribas. Fotos: Javier Santiago, Xurxo Pombo, X. Citoula, L. Aldegunde, Susana.Edición: L. Aldegunde
Día pola Ciencia en galego• • •
O 5 de novembro celebramoso o Día pola ciencia e a tecnoloxía en galego. Nesta ocasión asistimos a unha videoconferencia que tiña por título “Facendo física de partículas polo mundo”. A través desta actividade puidemos coñecer en directo algúns dos proxectos nos que traballan investigadores e investigadoras galegas dende Suíza, Londres, Santiago e Lisboa.
XOLDA