![Page 1: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/1.jpg)
XOSÉ MIÑONES BERNÁRDEZ
Cando camiñamospolas rúas da nosacidade ou do noso barrio non observamos o nome das rúas.
Seguro que istonos ten pasadoco nome destarúa que se atopano polígono de Elviña
![Page 2: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/2.jpg)
Algún de vósterá pasado algunha vez por esta rúa
![Page 3: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/3.jpg)
Recordas...?
![Page 4: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/4.jpg)
Esta rúa está dedicadaao personaxe da fotografía:
Xosé Miñones Bernárdez
Imos comentar algo sobre el
![Page 5: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/5.jpg)
XOSÉ MIÑONES BERNÁRDEZ(1900-1936)
•Xosé Miñones Bernárdez naceu en Corcubión o 1 de maio de 1900, no seo dunha familia liberal-burguesa, a pesar do cal xermolou nel unha incrible preocupación por tódolos temas relacionados coa pobreza, co atraso, coa inxustiza social.
•Principalmente no seu entorno, na súa comarca que era Fisterra a “A Fin do Mundo”.
![Page 6: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/6.jpg)
Vista da ría de Corcubióndende o monte Pindo. Aofondo pode verse a vila e o cabo de Fisterra.
![Page 7: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/7.jpg)
Vista nocturna de Corcubión.O pobo onde naceu en 1900Xosé Miñones.
![Page 8: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/8.jpg)
Corcubión é unha pequenavila de pouca extensión e poboación.Tiña no ano 2010 pouco máis de 1800habitantes. Está pegada á vila de Ceeque é máis grande en poboación na actualidade.
![Page 9: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/9.jpg)
Vista de Corcubión.Arco da vella ao fondo
![Page 10: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/10.jpg)
Corcubión dista da Coruña 94 km
e está moi próximaa Fisterra e o seu cabo
![Page 11: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/11.jpg)
Vista de Corcubión eda súa ría
![Page 12: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/12.jpg)
Praia de Quenxe aolado de Corcubión
![Page 13: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/13.jpg)
Fervenzas do Xallas.As augas deste río desembocanna ría de Corcubión aos pés do
monte Pindo
![Page 14: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/14.jpg)
O marco xeográfico e históricoonde naceu e viviu Pepe Miñones
Cando falamos da “Fin do Mundo” non pretendemos facer unha tradución nin unha metáfora. Falamos da comarca de Fisterra. Unha parte da Galiza profunda, esquecida e atrasada. Unha Galiza labrega e mariñeira ancorada na miseria, con enormes carencias sociais, de falta de educación. Ás que o poder político estatal era incapaz de atender nas súas necesidades básicas.
Nas seguintes fotografías queda reflectida esta contextualización.
![Page 15: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/15.jpg)
Mulleres de O Pindo camiño da feira de Cee.
Fotografía de Ruth M. Anderson.1924
![Page 16: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/16.jpg)
Camiño de CeeFotografía de Ruth M. Anderson.
1924
![Page 17: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/17.jpg)
Mulleres arrastrando barcas no areal do PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 18: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/18.jpg)
Mulleres arrastrando barcas no areal do PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 19: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/19.jpg)
Vista de Fisterra.Principios do século XX
![Page 20: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/20.jpg)
Recollendo a faena.Fotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 21: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/21.jpg)
Vista do pobo do Pindo.Situado a 7 km de Corcubión.
Estaba aillado posto que non tiña ponte para atravesar a desembocadura do río Xallas
![Page 22: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/22.jpg)
Habitación mariñeira. Fisterra.Fotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 23: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/23.jpg)
Vivendas mariñeiras. O PindoFotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 24: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/24.jpg)
Taberna en CarnotaFotografía de Ruth M. Anderson. 1924
![Page 25: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/25.jpg)
Aínda así, na vila de Corcubión, existía xente: comerciantes, avogados, financeiros... cunha profunda formación. No seo dunha destas familias naceu Pepe Miñones.
Dende moi xove, ao rematar a súa carreira como avogado, inicia unha importante actividade empresarial.
As actividades estarán relacionadas coa industria (na localidade de Brens no concello de Cee principalmente), a minería (extracción de sílice para a transformación en carburos metálicos) e a produción de enerxía hidroeléctrica (era un dos principais propietarios de Eléctrica Popular Coruñesa, empresa á que pertencía o Salto do Eume e que, a súa morte foi absorbida por General Gallega de Electricidad antecedente de FENOSA).
Todas elas ubicadas na provincia coruñesa e principalmente na comarca fisterrá.
![Page 26: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/26.jpg)
Desenvolveu un importante papel reivindicativo para Galiza centrado en varios aspectos:
Demandas do movemento agrario (supresión dos foros), é dicir, que os labregos fosen os verdadeiros propietarios da terra que traballaban.
Loita pola implantación do ferrocarril en Galiza. Miñones foi un dos que reivindicaron a construción do ferrocarril que unise A Coruña coa Costa da Morte (o tren dos tres “C” que unise A Coruña, Carballo e Corcubión).
Acceso á educación de tódolos fillos de labregos e mariñeiros. Creación de escolas e institutos no rural.
Melloras das infraestruturas na comarca fisterrá: construción do peirao industrial de Brens en Cee para que poidan acceder os barcos mercantes á ría de Corcubión ou construción da ponte sobre o río Xallas para unir as aldeas de O Pindo e Ézaro. Unha vía de comunicación moi importante para a comarca.
![Page 27: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/27.jpg)
Estas demandas ou reivindicacións quedaron reflectidas en medios escritos fundados polo propio Miñones: Nerio (1920), Región gallega (1924) ou La Provincia (1928).
Participará na vida política activa militando inicialmente no Partido Radical.
Coa chegada da II República (1931-1936) será elixido deputado en 1933 e 1936.
En 1933 polo Partido Radical, partido que deixará ao permitir o seu líder, Alejandro Lerroux, a entrada no goberno da república a membros da CEDA. Incorporarase ao partido fundado por Martínez Barrio, Partido Radical Demócrata que, posteriormente transformarase en Unión Republicana.
En 1936 volverá a ser elixido deputado por Unión Republicana dentro da Fronte Popular. Que levaba dentro do seu programa electoral o estatuto de autonomía para Galiza.
![Page 28: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/28.jpg)
Ferrocarril nas Xubias (A Coruña). 1930.O ferrocaril chegou tardiamente a Galiza.Miñones reivindicou a construción destepara a comarca da Costa da Morte: o ferrocarril dos tres “C” Coruña-Carballo-Corcubión
![Page 29: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/29.jpg)
Imaxe actual do porto e fábricade carburos metálicos de Brens (Cee).Miñones foi un dos seus promotores
![Page 30: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/30.jpg)
Central hidroeléctrica do Tambreunha das primeiras que comezoua funcionar a principios do século XX.Miñones foi un dos propietarios de Electrica Popular Coruñesa empresa que controlaba o salto do Eume
![Page 31: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/31.jpg)
Detalle da Rúa Xosé Miñonesno polígono de Elviña. A Fonte das Paxariñas
forma parte desta
![Page 32: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/32.jpg)
Detalle da Rúa Xosé Miñones
![Page 33: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/33.jpg)
A Rúa Xosé Miñonesserve de enlace entre a
primeira e segunda fase do polígono de Elviña
![Page 34: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/34.jpg)
• Xosé Miñones atópase na Coruña o 18 de xullo de 1936 (día en que os militares golpístas levántanse contra a República).
• Por orde do goberno, entrevístase co xeral Salcedo, xefe da VIII División (con sede na Coruña) para que non se sume ao golpe militar, o que acaba conseguindo. Aínda así os militares golpistas tomarán o mando e farán que triunfe o golpe de Estado na Coruña.
• Xosé Miñones será arrestado, procesado e condenado a morte.
• Será fusilado o 2 de decembro de 1936 no campo da Rata (perto da Torre de Hércules) sen ter cometido ningún delito de sangue. A sentencia sancionalle, ademais, co pago dunha multa dun 1.000.000 de pesetas (aproximadamente 6.000 €).
Guerra Civilproceso e morte de Xosé Miñones
![Page 35: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/35.jpg)
• A represión non rematou con Miñones, sinon afectou a súa familia. Os seus irmáns tiveron que exiliarse e supuxo ruína económica da banca do seu pai.
• Miñones foi unha das vítimas do franquismo na que máis despropósitos e calumnias se fixeron.
• A memoria histórica é necesaria para saber a verdade nunca deberíamos borrar da nosa mente e situar a cada quen no lugar que debería ocupar pola súa honestidade, traballo, coherencia e solidariedade.
Monumento conmemorativoA Xosé Miñones en Corcubión
![Page 36: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/36.jpg)
Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil
![Page 37: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/37.jpg)
Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil
![Page 38: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/38.jpg)
Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil
![Page 39: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/39.jpg)
Atila en Galiza. Álbum de Castelao. 1937.onde critica a represión do franquismo durante a Guerra Civil
![Page 40: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/40.jpg)
Nenos xogando aos fusilamentos en plena Guerra Civil
![Page 41: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/41.jpg)
Fusilados na matanza de BadajozAgosto de 1936
Onde foron fusilados máis de 5.000 persoaspolas tropas franquistas
![Page 42: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/42.jpg)
Monumento ás vítimas do franquismo.Nel aparecen a relación dos represaliados
coa vida na provincia da Coruña. Entre eles Xosé Miñones
![Page 43: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/43.jpg)
Pelotón de fusilamentono Campo da Rata. 1936
![Page 44: Xosé Miñones Bernárdez. Unha rúa no polígono de Elviña](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022081520/58f9ac3e1a28ab945b8b4635/html5/thumbnails/44.jpg)
Monumento no Campo da Rataonde foron fusilados as vítimas
Da represión franquista na Guerra Civil. Entre eles Xosé Miñones o 2 de decembro de 1936.
O deseño do monumento foi obra de Isaac Díaz Pardo