e ti, sabes ler... publicidade? (curto)
TRANSCRIPT
OBRADOIRO
DE PUBLICIDADEEquipo de Biblioteca
IES de Curtis
E TI, SABES LER … PUBLICIDADE?
QUE É A PUBLICIDADE?
●A PUBLICIDADE é unha técnica de promoción de produtos.●QUE OBXECTIVO TEN? Informar ó público, a través dos medios de comunicación, sobre as vantaxes de bens e servizos, para vendelos e obter beneficios económicos.●CAL É A SÚA FERRAMENTA FUNDAMENTAL? Os anuncios publicitarios, difundidos a través dos medios de comunicación.
QUEN FAI OS ANUNCIOS PUBLICITARIOS ?
Fanos os "creativos publicitarios“, que traballan en Axencias de Publicidade.
Cómpre ter en conta que no deseño e elaboración dun anuncio intervén moita xente: sociólogos, psicólogos, xente que fai enquisas, músicos, especialistas en imaxe e deseño… Todo está perfectamente estudado para que o anuncio capte a atención dun determinado grupo de xente.
ALGÚNS COÑECEMENTOS NECESARIOS PARA LER PUBLICIDADE
QUE INFORMACIÓN PODEN TRANSMITIR AS CORES?
●Cores cálidas: : dan sensación de actividade, de alegría, de dinamismo, de confianza , forza, poder, vitalidade. Os publicistas úsanos como reclamo da atención do consumidor.●Cores frías: : dan sensación de tranquilidade, descanso, seriedade, profundidade e reflexión. Fila 1 Fila 2 Fila 3 Fila 4
0
2
4
6
8
10
12
Columna 1
Columna 2
Columna 3
Cores cálidas Cores frías
CADA COR TEN UN SIGNIFICADO
VERMELLA: úsase para captar a atención. Pode ter valor connotativo de paixón, forza, potencia…
AMARELA: úsase tamén para captar a atención. Asóciase á luz e á calor.
O BRANCO E O NEGRO
BRANCO: cor atraente pola súa limpeza. Asóciase á limpeza, á perfección e ao bo gusto. Úsase tamén para destacar sobre un fondo.
NEGRO: úsase como fondo para buscar o contraste. Pode asociarse ao exótico, pero tamén ao misterio, elegancia e distinción.
O VERDE E O AZUL
VERDE: VERDE: transmite sensación de relaxación e calma. Asóciase, con frecuencia, á natureza, a todo o puro e san.
AZUL: AZUL: suxire calma, tranquilidade, serenidade. Asóciase á inmensidade do mar e do ceo.
OS TIPOS DE PLANOS
Nun anuncio publicitario é moi importante analizar os tipos de planos (espazo visual onde están obxectos, personaxes…) que predominan, xa que axudan a entender que se quere suliñar, na mensaxe publicitaria: se interesan paisaxes, aparecerán planos panorámicos, se o interese se centra nalgunha parte do corpo ou dun obxecto , manexaranse os primeiros planos ou de detalle…
TIPOS DE PLANOS
A ANGULACIÓN
Consiste en colocar a cámara nunha posición para crear un efecto determinado no lector ou espectador. Observade a seguinte diapositiva.
TEMÁTICA
Os publicistas deseñan as súas mensaxes publicitarias en torno a temas que resultan moi atraentes para o receptor e que despertan nel sensacións positivas:
A ORIXINALIDADE, A LIBERDADE, O BO GUSTO-REFINAMENTO, A VIDA SAUDABLE, A ECOLOXÍA E A NATUREZA, O SEXO, O FACTOR ECONÓMICO, A FAMILIA, A XUVENTUDE , A AMIZADE, A DIVERSIÓN…
Observade as seguintes diapositivas:
ESTEREOTIPOS
Son ideas acerca de tipos sociais firmemente aceptadas por unha comunidade. A xeneralización inherente ó estereotipo faino erróneo, falso.
Velaquí algún dos estereotipos máis comúns no mundo publicitario, cos que debemos ser moi críticos, pola falsedade que actualmente conlevan:
OS ESTEREOTIPOS DE SEXO
●HOME: ESTABLE, VALOROSO, AMANTE DO RISCO, CONQUISTADOR, EXECUTIVO…
●MULLER: AMA DE CASA, NAI , INFERIOR INTELECTUALMENTE, FERMOSA, COQUETA…
●TAMÉN OS NENOS SON REPRESENTADOS COMO DISTINTOS DAS NENAS...
MATERIAIS
Modelo ficha de análise
Vídeos en Pinterest
Curtisbiblio – I.E.S. de Curtis