el correo gallego. miÉrcoles 29 de mayo de 2019 arrinca a ... · el correo gallego. miÉrcoles 29...

12
El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 1 c ompostela vive desde hoxe a Ascen- sión, que este ano se celebran até o próximo domingo 2 de xuño. Du- rante estes próximos cinco días haberá un total de oito grandes concertos, propostas diversas para público familiar e as citas xa tradicionais destas datas. Nas seguintes páxinas do Especial ato- parán toda a información relacionada coas diferentes actividades que se desenvolve- rán na capital galega nas vindeiras xor- nadas, con motivo da organización desta festividade con tanto arraigo na urbe pi- cheleira. Artistas, horarios ou o plan segu- ridade detallaranse a continuación dunha forma minuciosa co obxectivo de que os interesados e interesadas non se perdan ningún dos eventos organizados e para que poidan gozar deles, acompañados dos seus seres queridos ou en solitario, pero por todo o alto. A cidade xa está preparada para vivir un dos momentos máis emotivos do seu ano. Os distintos barrios xa locen coas decora- cións e luces que indican que se atopan de festas, a noria xa preside a vista de San- tiago desde calquera lugar, o son dos ca- rruseis contaxia o ensanche e os veciños e veciñas teñen preparados as súas vesti- mentas coa intención de desfrutar coa pro- gramación prevista nesta ocasión. Sen dúbida, serán datas especiais, instan- tes de xuntanza das familias, de recordos de tempos pasados nos que a Carballeda da Santa Susana era o epicentro, pero ta- mén de aproveitar o festivo de mañá para realizar plans novedosos ou para perderse polo casco vello entre os actos e os visitan- tes que o invaden nas próximas horas. Os organizadores, unha vez máis, ti- veron en conta que todos os tipos de es- pectadores, e todas as idades, contasen cunha certa dose de protagonismo den- Arrinca a festa co concerto de ‘Los 40 Pop’ tro deste espazo de celebración, polo que cada unha das funcións contará cunha gran afluencia de xente. De momento, este programa agardado arrincará esta mesma mañá co anuncio clásico mediante o disparo das bombas, que atronarán no ceo ás 12.00 do medio- día e que dará paso ao tradicional desfile de cabezudos polo casco histórico. O per- corrido das comparsas comezará na Rúa Nova, Praterías, Fonseca, Franco, Toural, Caldeirería, Abastos, Cervantes, San Agus- tín, Casas Reais, Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e remate no mesmo punto de partida. Xa pola noite, ás 21.30, terá lugar na pra- za da Quintana o primeiro dos principais recitais, o evento Los40 Pop, no que par- ticiparán o santiagués Roi Méndez, Ana Guerra, Nill Moliner, Ana Mena, Carlos Right e Dani Fernández. O espectáculo, con entrada de balde ata completar aforo, estará conducido polo coñecido presenta- dor radiofónico Tony Aguilar. O calendario musical desta cita inau- gural inclúe do mesmo xeito a actuación no Toural no marco de Artellando. Deste modo, ás 23.00, Davide Salvado presenta- rá o seu novo espectáculo, Amarelo. Nel, o artista reinterpreta, dende a óptica con- temporánea, cancións galegas e doutras partes do mundo, acompañadas dos tex- tos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. No concerto, acompañarano Pedro e Pablo Pascual. A xornada complétase cos ritmos de ver- bena da orquestra Claxxon, a partir das 23.00 no paseo central da Alameda, e coa representación de danza contemporánea de Lali Ayguadé, na praza de San Martiño Pinario ás 20.30. BRAIS FDEZ./SANTIAGO Imaxe da Quintana ateigada no espectáculo da emisora musical na edición pasada (arriba) e vista da Noria desde a praza da Quintana, típica destas días (abaixo). Fotos: Fernando Blanco 29 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

Upload: others

Post on 11-Feb-2020

10 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 1

compostela vive desde hoxe a Ascen-sión, que este ano se celebran até o próximo domingo 2 de xuño. Du-

rante estes próximos cinco días haberá un total de oito grandes concertos, propostas diversas para público familiar e as citas xa tradicionais destas datas.

Nas seguintes páxinas do Especial ato-parán toda a información relacionada coas diferentes actividades que se desenvolve-rán na capital galega nas vindeiras xor-nadas, con motivo da organización desta festividade con tanto arraigo na urbe pi-cheleira. Artistas, horarios ou o plan segu-ridade detallaranse a continuación dunha forma minuciosa co obxectivo de que os interesados e interesadas non se perdan ningún dos eventos organizados e para que poidan gozar deles, acompañados dos seus seres queridos ou en solitario, pero por todo o alto.

A cidade xa está preparada para vivir un dos momentos máis emotivos do seu ano. Os distintos barrios xa locen coas decora-cións e luces que indican que se atopan de festas, a noria xa preside a vista de San-tiago desde calquera lugar, o son dos ca-rruseis contaxia o ensanche e os veciños e veciñas teñen preparados as súas vesti-mentas coa intención de desfrutar coa pro-gramación prevista nesta ocasión.

Sen dúbida, serán datas especiais, instan-tes de xuntanza das familias, de recordos de tempos pasados nos que a Carballeda da Santa Susana era o epicentro, pero ta-mén de aproveitar o festivo de mañá para realizar plans novedosos ou para perderse polo casco vello entre os actos e os visitan-tes que o invaden nas próximas horas.

Os organizadores, unha vez máis, ti-veron en conta que todos os tipos de es-pectadores, e todas as idades, contasen cunha certa dose de protagonismo den-

Arrinca a festa co concerto de ‘Los 40 Pop’tro deste espazo de celebración, polo que cada unha das funcións contará cunha gran afluencia de xente.

De momento, este programa agardado arrincará esta mesma mañá co anuncio clásico mediante o disparo das bombas, que atronarán no ceo ás 12.00 do medio-día e que dará paso ao tradicional desfile de cabezudos polo casco histórico. O per-corrido das comparsas comezará na Rúa Nova, Praterías, Fonseca, Franco, Toural, Caldeirería, Abastos, Cervantes, San Agus-tín, Casas Reais, Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e remate no mesmo punto de partida.

Xa pola noite, ás 21.30, terá lugar na pra-za da Quintana o primeiro dos principais recitais, o evento Los40 Pop, no que par-ticiparán o santiagués Roi Méndez, Ana Guerra, Nill Moliner, Ana Mena, Carlos Right e Dani Fernández. O espectáculo, con entrada de balde ata completar aforo, estará conducido polo coñecido presenta-dor radiofónico Tony Aguilar.

O calendario musical desta cita inau-gural inclúe do mesmo xeito a actuación no Toural no marco de Artellando. Deste modo, ás 23.00, Davide Salvado presenta-rá o seu novo espectáculo, Amarelo. Nel, o artista reinterpreta, dende a óptica con-temporánea, cancións galegas e doutras partes do mundo, acompañadas dos tex-tos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. No concerto, acompañarano Pedro e Pablo Pascual.

A xornada complétase cos ritmos de ver-bena da orquestra Claxxon, a partir das 23.00 no paseo central da Alameda, e coa representación de danza contemporánea de Lali Ayguadé, na praza de San Martiño Pinario ás 20.30.

brAis fdez./sAntiAgoImaxe da Quintana ateigada no espectáculo da emisora musical na edición pasada (arriba) e vista da Noria desde a praza da Quintana, típica destas días (abaixo). Fotos: Fernando Blanco

29 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

especial2El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 201929 de maio ao 2 de xuñoASCENSIÓN

da a península. A banda indie, despois do concerto de hai uns meses na Sala Capitol, pretende completar de novo o aforo nesta velada ao aire libre.

Carlangas, Xavi Pereiro, Jarri Díaz e Anxo non paran neste 2019, no que presen-tan o seu quinto e derradeiro álbum, Ul-traligero, polo que aseguran un fin de festa por todo o alto.

Cada unha das funcións arrincará arre-dor das 21.30 horas coa entrada de balde para todos, o que garante, unha vez máis, unha ampla expectación.

brais fdez./santiago

oprincipal atractivo dunha nova edición das Festas da Ascensión, no que ao apartado musical se re-

fire, serán os seus concertos na praza da Quintana. Durante catro xornadas conse-cutivas, os arredores da catedral estarán abarrotados de xente con gañas de gozar coas actuacións dos diferentes artistas do panorama galego, nacional e internacio-nal que pasarán polo escenario.

A programación, na que se buscou con-tar co maior número de estilos posibles, iniciarase esta noite co tradicional es-pectáculo de Los 40 Pop. Conducido polo coñecido presentador radiofónico Tony Aguilar, actuarán o compositor catalán Nill Moliner, a cantante Ana Mena e o an-tigo membro da boyband Auryn Dani Fer-nández, así como os triunfitos Carlos Right (2018), e Ana Guerra e Roi Méndez (2017). Este último será profeta na súa terra, nun-ha das paradas da súa xira do seu primeiro disco Mi lógico desorden.

Os fans da principal emisora de música do país, así como do exitoso formato televi-sivo, gozarán en directo coas cancións que adoitan escoitar nas ondas, nunha cita na que se agarda o cheo absoluto.

Tralo primeiro envite, o día grande dos festexos está prevista unha función moi especial na que aparecerá en escena todo un gañador do festival de Eurovisión 2017. Esta representación xirará ao redor da fi-gura de Lorca, e o seu namoramento, e

roi Méndez e novedades, profetas na Quintana

xuntará ao citado Salvador Sobral con Abe Rábade, Kiki Morente, Arcángel, Marcelo DoBode, Davide Salvado e Susana Seivane, entre outros.

Este proxecto está dirixido e ideado po-lo propio Abe Rábade, quen se inspirou na súa creación nos “Seis poemas galegos” do recoñecido poeta, dramaturgo e prosista español. O resultado é unha composición que conta cunha forte presenza da tradi-ción galega, do flamenco e tamén do jazz.

O venres, a gaiteira Susana Seivane re-gresará á acción, repetindo protagonismo na Quintana, nun repertorio no que estará acompañada por Baiuca Live Band, a no-va iniciativa de Alejandro Guillán, no que xunta os sons típicos da nosa comunidade con electrónicos.

Como remate da festividade, o grupo Novedades Carminha tamén volta á súa cidade natal para facer vibrar aos asisten-tes cos temas que o están petando por to-

O GRUPO santiagués nun concerto en Murcia deste 2019 presentando ‘Ultraligero’. Foto: Efe

21.30 H. Concerto Los40 Pop con Roi Méndez, Ana Guerra ou Ana Mena

21.30 H. Espectáculo sobre Lorca con Salvador Sobral, entre outros

Xoves 30

21.30 H. Actuación de Susana Seivane acompañada por Baiuca Live Band

Venres 31

21.30 H. Novedades CarminhaSábado 1

Mércores 29recomendados

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 3ASCENSIÓN29 de maio ao 2 de xuño

especial4El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 201929 de maio ao 2 de xuñoASCENSIÓN

Por último, o ciclo pecharase coa inter-pretación do grupo De Mar a Mar e a súa Música do Mediterráneo ao Pacífico. Víc-tor Muñíz, Blanca Paloma, Wafir Gibril e Vicente Molino realizan unha viaxe sono-ra transoceánica, a través das raíces po-pulares das composicións mediterráneas e latinoamericanas, sempre co flamenco como pasaporte. Cos acordes da guitarra, o laúde árabe, o acordeón, a percusión, o ney e o cante fan unha fusión de temas orixinais nos que destacan A nena do al-mendro vello, Van na auga ou Despartir, que fusiona os poemas de Álvaro Tato cun tema típico sudanés.

Polo tanto, estas catro opcións suma-ranse á ampla programación destes días, aportando unha nova alternativa antes da medianoite. Neste lugar emblemático de Compostela, os que aposten polo certame desfrutarán dos sons máis alternativos.

brais fdez./santiago

apraza do Toural será, unha vez máis, un dos puntos máis impor-tantes das Festas da Ascensión de

Santiago. Neste lugar do casco histórico, e baixo a denominación do espazo “Arte-llando na Noite”, desenvolveranse catro concertos de música tradicional, a cargo de artistas galegos e nacionais, que com-plementarán ao resto da actividade musi-cal programada noutros puntos da cidade. O horario destas actuacións será ás 23.00 horas, agás a do xoves, que comezará trin-ta minutos máis tarde.

O encargado de estrear este escena-rio será Davide Salvado, unha das voces máis carismáticas da xeografía galega. O cantante, de formación autodidacta, pre-sentará o seu novo espectáculo Amarelo, formado por cancións típicas da comuni-dade, acompañadas doutras de distintas partes do mundo. Todas elas están reinter-pretadas desde a óptica contemporánea propia do autor e asociadas cos textos do escritor, guionista e actor Manolo Cortés. Ante os espectadores, Davide está arroupa-do por Pedro Pascual, encargado do acor-deón distónico, bouzouki e guitarra e por Pablo Pascual, nos clarinetes.

Na xornada seguinte, festivo local, toca-ralle a quenda a Benxamín Otero e Germán Díaz co seu álbum Trece Cancións Bonitas. O dúo propón unha selección de temas co fío argumental de ser belas aos oídos, re-cordando a compositores coma Schubert,

Música tradicional no toural

Satie, Galliano ou Clastier, cancioneiros co-ma o de Inzenga ou o de Federico Olmeda, e melodías propias.

Nesta particular representación, instru-mentos coma o óboe e o corno inglés únen-se ás sonoridades medievais da zanfona e a instrumentos mecánicos coma o órga-no de barbaria, o aurephone ou a caixa de música programable, que perforan os seus propios cartóns con arranzos actuais para vellas armonías.

A terceira posta do evento servirá pa-ra ver á primeira muller en escena. Najla Shami, cantora e compositora filla das cul-turas palestina, galega e arxentina, regre-sa á súa cidade natal co seu novo traballo discográfico Ela Sabe A Sol. O público goza-rá dunha ducia de creacións cheas de luz e feminidade, nas que a autora equilibra oriente e occidente, procurando a conver-xencia dos múltiples elementos sanguí-neos e polifónicos do seu imaxinario.

DAVIDE SALVADO presentará o xoves no escenario o seu novo álbum ‘Amarelo’. Foto: D. S.

23.00 H. Davide Salvado

23.30 H. Germán Díaz e Benxamín OteroXoves 30

23.00 H. Najla ShamiVenres 31

23.00 H. De Mar a MarSábado 1

Mércores 29recomendados

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 529 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

lo e Cantorum Compostellana Coniuncto serán os encargados de pechar coas súas creacións melódicas.

Por outra banda, no transcurso da ce-lebración, as instalacións de Área Central acollerán unha exposición inédita sobre a historia e tradición dos carruaxes de caba-los. Esta clausurarase tamén durante a se-sión dominical.

brais fdez./santiago

desde o inicio da actividade co dis-paro das bombas ás 12.00 horas, as Festas da Ascensión encherán

de corido as rúas de Santiago. Haberá es-pazos concretos, con palcos instalados, nos que se desenvolverán diferentes par-tes do programa, pero os veciños e visitan-tes tamén se poderán atopar con outros actos ao aire libre que se levarán a cabo ao longo e ancho da cidade.

Este é o caso das comparsas de cabezu-dos, que sairán hoxe e mañá ás 12.30. Desde o Principal, a comitiva percorerrá, por este orde, a Rúa Nova, Praterías, Fonseca, Fran-co, O Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Abastos, Cervantes, San Agustín, Casas Reais, Trave-sa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e volta ao punto de arrinque. No segundo pase, recur-tarán o recorrido sen chegar ao mercado.

Neste día grande dos festexos, por un la-do, vivirase a XIX Volta Ciclista, unha pro-ba clásica de casi 130 kilómetros e, polo outro, catro grupos folk locais animarán a partir das 18.00 catro epicentros do casco histórico, con actuacións continuadas en cada un deles. As prazas de Santo Agostiño, Toural, Cervantes e Obradoiro recibirán aos integrantes de Brincadeira, Colexiata do Sar, Cantigas e Agarimos combinándo-se con concertos nos que se irán despra-zando dun lugar ao seguinte. Ao remate, arredor das oito do serán, todas elas farán unha representación conxunta ao aire li-bre en Acibechería.

a cultura enche as rúas do casco histórico

Durante o venres, a tarde amenizarase cun espectáculo de sambiosis e batucada que se desenvolverá desde Ponte Castro e Xeneral Pardiñas até Praza Roxa, pasando antes por República do Salvador.

Este ciclo pecharase cun macrobloco do batebatuke no mediodía do domingo, das 13.30 ás 15.00, partindo de Praterías, se-guindo polo Vilar e rematando no Toural. Nesta ruada final do Festival participarán un total de cento vinte percusionistas que

chegarán á capital galega desde diferentes puntos da Península Ibérica.

Con todo, a cita que despedirá unha nova edición desta gran festividade será a función das corais en Praterías, ou no Principal no caso de choiva. A partir das 19.00, oito agrupacións deste tipo da co-munidade poranlle o brinde final a cinco xornadas moi completas. Amigos de Com-postela, Coto da Nai, Hermano Gómez, La Salle, Santa Susana, Ponte Mantible, Xúbi-

PASACALLES cos cabezudos polas rúas de Santiago (esquerda) e actuación folk no Toural na edición pasada. Fotos: F. Blanco / Mariña M. Placer

especial6El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 201929 de maio ao 2 de xuñoASCENSIÓN

do plasmouse en once cortes, que agora se mostrarán nos festexos da capital.

BAILE E CIRCO. A maiores, celebraran-se tamén outras exhibicións artísticas po-las tardes, arrincando hoxe ás 20.30 coa función de danza contemporánea de Lali Ayguadé en San Martiño Pinario. Pola súa banda, mañá, na praza Roxa, haberá unha demostración do circo actual, ás 18.00, a cargo do Circo no Ato. Esta sección fina-lizará o venres cun encontro de swing pa-ra bailar, en Cervantes, a partir das 18.30. Comezará cun obradoiro aberto impartido por profesionais deste estilo e clausurara-se, horas máis tarde, co concerto de The Sar Swing Quartet.

brais fdez./santiago

ociclo Artellando no Vermú regresa ao programa da Ascensión 2019 invitando á xente a tomar o aperi-

tivo na praza de Cervantes. Por alí, desde mañá, pasarán diferentes grupos da nosa comunidade co propósito de amenizar aos espectadores congregados. En total actua-rán seis artistas, con opcións adaptadas a todas as idades.

O público infantil será o protagonista do primeiro concerto a cargo do dúo de recen-te creación Martiña Soñadora. O xoves, a partir das 12.30 horas, os seus compoñen-tes, Sabela King, á voz e ukelele, e Carlos Gil, no piano e voz, animarán aos nenos e nenas aos que farán bailar con ritmos bra-sileiros, portugueses, do rock and rollo e do blues, con letras en galego e francés.

Ao seu remate, a quenda tocaralle a Brassica Rapa cun espectáculo que mestu-ra música instrumental e vogal con multi-percusión. O repertorio deste grupo vai de grandes éxitos do pop á tradicional galega, pasando polo jazz, a reivindicativa ou as bandas sonoras de películas.

O venres subirá ao escenario, arredor da unha do mediodía, a compositora e autora multidisciplinar Zeltia, quen se caracteriza por uns temas que versan sobre a nature-za como curación. En Santiago, presentará Irevire, unha creación sinxela, máis acústi-ca, na que mistura a nosa fala co inglés e que se compón de voz, guitarra e bodhran, principalmente.

o vermú tomarase en Cervantes

A fin de semana arrincará coa actuación do sábado de Xoana, quen acaba de irrom-per neste mundo co seu disco Dardos. Nel, a modo de denuncia, promociona o uso da lingua coa axuda das melodías do pop, ro-ck, jazz, funky ou reggae.

Os cativos, entre os 6 e os 12 anos, con-tarán de novo co seu momento, o domingo ás 12.30, con Sira e o robot. Esta represen-tación musical e multilingüe, baseado no libro do mesmo título editado por Xerais

en 2015, presenta unha maneira lúdica e didáctica de achegarse ao idioma anglo-saxón, nunha aventura espacial chea de humor e misterio.

Nesta mesma xornada, ás 13.00, Chicha-rrón pechará o evento con Cancións Clíni-cas, terceiro disco da banda de Carballo. Este creouse o ano pasado desde a distan-cia, mediante mails e encontros furtivos entre Alberto Gende, Mara Pérez e Rubén Domínguez, os seus integrantes. O resulta-

CONCERTO na praza do casco histórico do grupo Valentín Caamaño Trío. Foto: A. Hernández

12.30 H. Concerto Martiña Soñadora13.00 H. Brassica Rapa18.00 H. Circo no Ato en Praza Roxa

13.30 H. Zeltia con ‘IreVire’20.30 H. The Sar Swing Quartet

Venres 31

13.00 H. Xoana con ‘Dardos’Sábado 1

12.30 H. Función Sira e o Robot13.00 H. Actuación Chicharrón

Domingo 2

Xoves 30recomendados

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 729 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

historia do sétimo arte. A continuación, o dúo Xarope Tulú, na súa peza A miña primeira viaxe, falará do comezo da vida, mentres que Saleta Fernández en Pan con chocolate interpretará a aventura xurdida do maxín de María Victoria Moreno. Por último, Fani Triana contaxiará ao público cunha trama cargada de situacións ines-peradas en Ilusionista.

A gran xornada chegará a súa fin coa re-presentación No país do vento, de Charo Pita. Nesta, bailando e gozando, vaise es-gallando aos pouquiños a narración dun lugar habitado por moitos personaxes e no que nada queda quieto.

Todas as actividades son de balde, pero no caso das sesións de microespectáculos é preciso retirar as entradas nas billeteiras.

brais fdez./santiago

oTeatro Principal será outro dos puntos quentes no ciclo Artellan-do da Ascensión cunha gran festa

formada por espectáculos de carácter fa-miliar. Desde media mañá e até o serán, os asistentes poderán gozar das diferentes funcións de artistas galegos, nas que os máis pequenos da casa serán os principais protagonistas.

A celebración para os nenos e nenas co-mezará ás 11.30 horas cunha cuádrupla se-sión de microespectáculos. Neste espazo, primeiro sairán Manu Fernández e Victo-ria Pérez (Pérez & Fernández) con A tor-toise, un can, two monsters e un picnic, un contacontos bilingüe inglés-galego. Des-pois irá Servando Barreiro, con Os c@ntos do Bardo Abelardo, unha interpretación na que coa música consigue transmitir os sentimentos dos seres que habitan nas fra-gas, ríos e mares.

Tamén formarán nesta cita Contacon-tos en verso, de Yolanda Castaño, o cal se caracteriza por ser lúdico e expresivo; e Inacio Vilariño, con Rodari Rodari, no que conta cancións e historias do tranvía que facía o percorrido de Pontevedra a Marín.

Antes do mediodía, ás 13.00, chegará a actuación dunha das referentes do cartel, Lydia Botana, quen levará a cabo o seu espectáculo De aquí para alá. De nature-za didáctico-musical, os cativos viaxarán arredor do mundo aprendendo, escoitan-do, bailando e cantando ritmos de cada

sábado de espectáculos no Principal

lugar e cos instrumentos típicos de cada país. Cos acordes da bossa-nova, rapa, son cubano ou ska, farán un percorrido por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos ou Galicia, entre outros.

Na sesión vespertina, a partir das 17.30, o evento regresa con novo cuarteto de pe-quenas obras. O encargado de estrealo será Anxo Moure, con Cóntame un cine, proposta lúdico-pedagóxica a través da

Lydia Botana (arriba esquerda), Anxo Moure (arriba dereita), o dúo Xarope Tulú (abaixo esquerda) e Saleta Fernández (abaixo dereita) en acción. Fotos: L.B. / Efe / X. T. / S.F.

11.30 H. Sesión con Pérez & Fernán-dez, Yolanda Castaño, Servando Ba-rreiro e Inacio Vilariño13.00 H. Espectáculo de Lydia Botana17.00 H. Microespectáculos a cargo de Anxo Moure, Xarope Tulú, Saleta Fernández e Fani Triana18.30 H. Función de Charo Pita

Sábado 1recomendados

especial8El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 201929 de maio ao 2 de xuñoASCENSIÓN

Ao seu remate, e tralo paso da Banda coa colaboración das notas percusión, a sesión culminarase cos bailes de Cuba, a cargo de Marcos Pombo, e o fin de festa con Los Mecánicos, conxunto especializado no ro-ck hispano dos 60.

A maiores, esta mesma data, ás 20.30 ho-ras, o claustro da igrexa acollerá tamén o concerto do Quinteto Ricercata de EY, en-marcado dentro do sexto Ciclo Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Huma-nidade, un programa no que colabora a Es-cola Superior de Música Reina Sofía e que busca levar de forma gratuíta unha selec-ción de sons da asociación a quince espazo históricos nacionais. A banda está compos-ta da frauta de Juan Cossío, flauta, o óboe de Yeimi Leguizamón, o clarinete de Ángel Martín, o fagot de María Bernal e a trompa de Antonio Lasheras.

Os convites para a actuación deben re-collerse nas billeteiras do Principal polas tardes, das 18.00 ás 21.00.

brais fdez./santiago

aAscesión é unha festa tamén de tradicións. Ademais das xa citadas, existen outros eventos que se repi-

ten ano tras ano e nos que exalta a cultura galega e santiaguesa. Actuacións de gru-pos históricos, citas co pasado ou competi-cións clásicas agloméranse nas cinco xornadas festivas, cunha alta participa-ción en todas elas.

En primeiro lugar, cando falamos da cul-tura de Santiago, facémolo tamén da súa Banda Municipal, unha das máis destaca-das de Galicia e do resto de España. Esta naceu en 1848 e cumpre xa o seu 171 ani-versario estando presente, unha vez máis, nesta festividade.

A agrupación será protagonista de ata tres concertos, en dous deles coa colabo-ración de tres percusionistas do grupo Odaiko. “Vaia banda será un espectáculo multidisciplinar, no que viaxaremos por distintos países do mundo e estilos, cun repertorio variado no que faremos parti-cipar ao público”, explica o seu director Casiano Mouriño.

Esta proposta divertida e dinámica de-butará mañá ás 20.00 na praza de Prate-rías, representando unha aposta que segue a liña da súa introdución noutros forma-tos. “Temos unha programación moi varia-da, con moitas colaboracións e véndonos noutros contextos, como no último Festival de Valladolid, no que estivemos acompaña-dos dunha función de malabares”, afirma.

non fallará a banda Municipal

Despois, o domingo ás 12.00, na rúa Ca-banillas, xa farán un concerto máis clásico, cun popurrí de temas. “Tocaremos un pa-sodobre, unha alborada, unha apertura, a Leonard Berstein e un selección da zarzue-la de Reveriano Soutullo”, describe o seu máximo responsable.

A derradeira representación coincidirá coa celebración da iniciativa 50 anos aló, un recordo á década dos sesenta que cum-pre a sétima edición e que terá lugar ao longo de todo o sábado no entorno de San Martiño Pinario.

A AGRUPACIÓN fará tres repertorios, dous deles acompañados do grupo Odaiko. Foto: C.d.S.

20.00 H. ’Vaia Banda’, espectáculo da Banda Municipal de Música e Odaiko

12.00 H. Concerto da Banda na rúa Ra-món Cabanillas cun popurrí de temas

Sábado 1

Xoves 30recomendados

O comezo da cita será ás doce cun pho-tocall no que se realizará unha homenaxe aos negocios existentes na rúa naquela época. Con motivo dela, abrirase a Casa da Troia, con entrada libre a todos os que vaian vestidos daquela era.

A ambientación musical comezará ás 13.00 cos ritmos frenéticos da Charanga BB+ e a continuación será a quenda da sesión vermú a cargo de Dani Barreiro & Friends. Pola tarde, haberá xogos populares para os nenos e nenas, e para os que non o son tan-to, coa función das parábolas de Pakolas.

12.00 H. Inicio da VII Festa ‘50 Anos Aló’ no entorno de San Martiño Pinario

Domingo 2

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 929 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

Caballo (de León). Nesta vivirase unha pre-sentación especial do número de ximnasia acrobática, con especies da Asociación Pu-ra Raza Cabalo Galego, a cargo da alemá Corinna Sonja Spaenkuch.

CELEBRACIÓN DOS MAIORES. Este mes-mo lugar, situado no Polígono de Costa Ve-lla, empregarase o sábado para celebrar a vixésimo segunda edición da festa para os maiores, un convite no que reciben o re-coñecemento dos poderes públicos que se desprazan ata alí.

O xantar comezará ás dúas e ao seguir, na sesión de baile, actuará o Dúo Charada animando aos presentes. As entradas pa-ra a comida estarán á venda nas billeteiras do Teatro Principal até o venres, entre as 11.00 e as 14.00, cun prezo de 7,50 euros por persoa.

brais fdez./santiago

as Festas da Ascensión sempre esti-veron moi ligadas á feira do gando, xa que esta foi o motivo da orixe

destes festexos con tanta popularidade na cidade. A Alameda, ata os anos setenta, acollía no día grande esta cita cabalar que segue sendo unha das que conta con maior afluencia de toda a programación.

Pese a que posteriormente pasou por Salgueiriños, foi no Mercado Nacional do Gando de Santiago, en Amio, onde se aca-bou por asentar, porque este é un espazo acorde á dimensión que acadou o certame. Alí, mañá, desde o albor, pasarán miles de persoas para desfrutar dos sementais da comarca, as cales participarán nos dife-rentes concursos que se celebrarán ao lon-go da matinal.

A actividade arrincará ás 9.30 horas coa apertura das inscricións, na mesa do xu-rado, comezando a competición ás 10.00 co de andadura galega de tradición, tanto serrada como chapeada. Primeiro, será a disciplina de dous tempos, puntuable pa-ra o I Campionato Galego e trinta minu-tos despois o segundo, o de catro tempos, que tamén é válido para o autonómico. En ambos casos, hai recompensas para os tres que conformen o podio, repartíndose un total de 540 euros en premios.

A continuación, disputarase un dos cer-tames máis clásicos e dos que máis ex-pectación xera, as probas morfolóxicas de Pura Raza Galega (P.R.G.) computable pa-

amio xunta aos cabalos galegos

ra a XVIII Copa Galicia. Haberá seccións de sementais e eguas superiores aos tres anos, inscritos no libro xenealóxico da ca-tegoría, así como un único grupo no de po-nis, aberto a todas as castas. Os galardóns en metálico neste caso aumentarán ata os 920 euros.

Finalmente, o terceiro torneo, ás 12.30, reunirá machos e femias percheróns no III Trofeo Cabalo Santiagueiro, no que so se xuntará unha clase, todos de máis de tres

A FEIRA CABALAR no Recinto Feiral acolle a un gran número de visitantes. Foto: A. Hernández

10.00 H. Concurso de andadura ga-lega serrada en dous e catro tempos11.00 H. Certame morfolóxico de Pu-ra Raza Galega da XVIII Copa Galicia12.00 H. Competición morfolóxica de cabalos e eguas percheróns13.00 H. Entrega de premios13.10 H. Gram exhibición “La Magia del Caballo (de León)”

14.00 H. Xantar dos Maiores en AmioSábado 1

Xoves 30recomendados

anos e con distincións para os seis primei-ros, con 350 euros a repartir.

Ao remate desta última, arredor da un-ha, as autoridades entregarán os trofeos ás gandarías gañadoras e o Gran Premio Dragóns de Santiago, entregado polo Con-cello, que recaerá no P.R.G. que obteña un-ha puntuación máis alta.

O evento multitudinario dos amantes deste animal acabará ao mediodía trala agardada exhibición de doma La Magia del

especial10El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019

oparque da Alameda de Santiago será, unha vez máis, un dos espa-zos máis destacados dos festexos

da capital galega. Desde que os inicios das Festas da Ascensión se ligasen a Carballe-da de Santa Susana, este sempre acolleu actos de todo tipo e, pese a que actividade se foi trasladando a outros puntos da ur-be, segue mantendo ese aura especial.

No ámbito deportivo, o venres e o sába-do, enfronte da Escola Infantil de Santa Susana, terá lugar a celebración do cua-draxésimo terceiro Torneo da Chave con motivo desta festividade, organizado po-la asociación de xogadores santiaguesa. A xornada inaugural desenvolverase a par-tir das 18.00 horas, mentres que a segun-da arrincará ás catro da tarde.

No musical, as orquestras regresarán á cidade con actuacións no paseo central, unha en cada día. Polo tanto, catro agru-pacións de toda a xeografía da nosa comu-nidade animarán a noite e a madrugada para os miles de fans que se xuntarán diante dos seus palcos para gozar dos rit-mos de verbena.

A primeira en saltar á escena será o Grupo Claxxon, hoxe sobre ás 23.00, o cal se caracteriza polo seu percorrido polos mellores temas do rock e pop, desde os anos 70 até a actualidade.

Mañá, festivo local, a quenda pertencerá a Los Satélites de A Coruña, banda clásica fundada en 1938 e que destaca polas súas

Atraccións, música e deporte na Alamedaversións de clásicos destinados ao público máis adulto.

A fin de semana comezará cos acordes da Dilema, un conxunto formado no 2016 en Lugo e que trata de animar á xente cos seus sons máis dinámicos. E por último, o espectáculo do sábado queda reserva-do para Atenas, encargada de pechar esta ambientación.

A maiores, este espazo será emprega-do tamén para a colocación dos míticos postos de venda das rosquilleiras ou dos churros, por exemplo, así como para as numerosas atraccións que xa están ins-taladas e que continuarán alí até dentro de dúas semanas. Especialmente, a noria volverá a ser a máis aclamada xa que a súa altura permite atisbar toda a contor-na. Do mesmo xeito, repetirán o saltamon-tes, os carruseis ou os coches de choque, completando unha forma adaptada sobre todo aos pequenos da casa.

Como remate, os amantes da comida ga-lega terán o seu sitio na gran carpa insta-lada alí, na que se repartirán moitos quilos de polbo e churrasco durante a duración das actividades, facendo as delicias dos que se acheguen por alí.

Deste modo, a Alameda será un fervor tanto nos momentos principais coma no serán, xa sexan familias, mozos ou mozas ou universitarios.

brAis fdez./sAntiAgo A NORIA encherá de xente o parque, no que tamén se vivirá o Torneo da Chave. Foto: A. Hernández

ASCENSIÓN 29 de maio ao 2 de xuño

El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019 especial 1129 de maio ao 2 de xuño ASCENSIÓN

con maior número de xente e nas conglo-meracións, axudando, unha vez máis, a que todo marche como todos agardan, sen ningunha incidencia.

Por último, o botellón, tanto no paseo central da Alameda como no Campus Sur, como ben sendo habitual, non estará per-mitido e os posibles participantes poden ser multados.

brais fdez./santiago

con motivo das Festas da Ascensión, o Concello ten preparado un plan especial de seguridade co obxecti-

vo de que todo saia segundo o previsto e non haxa ningún tipo de problema. Ade-mais, o servizo municipal de transporte tamén se ve afectado nestas datas, aumen-tando os horarios dalgúns percorridos e modificando outros pola celebración de distintos eventos.

No que respecta á actuación de Tussa, con relación do día grande de mañá, festivo local, a liña 1 do urbano (Cemiterio Boisaca - Hospital Clínico - Cemiterio Boisaca) fun-cionará entre as 8.00 e as 15.00 horas co-mo se fose unha xornada laborable, é dicir, pasando cada dezaseis minutos. Con todo, prolongará todos os seus traxectos neste tempo ata o recinto feiral de Amio coa in-tención de facilitar a presenza dos intere-sados e interesadas á feira do gando.

Pola súa banda, as restantes ofrecerán a asistencia típica dos festivos desde a ma-ñá ata o serán, así como o 1 a partir das tres da tarde.

Nesta mesma data, e polo transcurso da volta ciclista que terá lugar na contorna da Alameda, a avenida Xoán Carlos I atopara-se cortada ao tráfico, polo que o 1, 8, C2 e P2 realizarán certos desvíos na súa mar-cha. Estes faranse efectivos entre as 14.30 e as 15.45, aproximadamente, e entre as 19.00 e as 20.30, tendo en conta sempre que dependerá da duración da proba.

trocos nas liñas de autobuses no festivo

A maiores, produciranse cortes puntuais noutras rúas da cidade polo paso dos ciclis-tas, nas horas que hai entre a saída da ca-rreira e a súa conclusión.

De forma detallada, o 1 fará paradas al-ternativas na Rúa da Senra e en San Cle-mente (IES Rosalía de Castro), cando baixa cara o hospital, e so na primeira cando o fai á inversa. O oito, do mesmo xeito, para-rá na Senra, esquivando a zona que estará pechada ao tránsito.

A 1 (esq.) funcionará como un día laborable ata ás 15.00, nunha xornada na que se intensificará o dispositivo policial. Fotos: F.Blanco/Pepe Ferrín

O C2 deterase á altura do centro de edu-cación superior, mentres que o P2 repite as opcións da 1, coa dobre elección no ca-so da viaxe cara a Ortoño. Os demais itine-rarios non citados terán o horario normal destas citas especiais e o seu recorrido non sufrirá cambios.

En canto ao dispositivo policial, así como o de emerxencias, será similar ao doutros anos pasados, con ampla presenza de ofi-ciais da Policía Nacional nas actividades

especial12El Correo Gallego. MIÉRCOLES 29 de MAYO de 2019ASCENSIÓN 29 de maio ao 2 de xuño