escultura quatrocentto
TRANSCRIPT
Características xerais da escultura do Quattrocento Recuperación das obras clásicasMarcado naturalismo que ten como base ao home (recuperación do desnudo: interese pola anatomía) Búsqueda da beleza ideal baseada na proporción, na harmonía de todas as partes entre si e destas co conxunto da obra, actitude serea. Establecemento dun canon (9/10 cabezas para o tamaño do corpo). Ghiberti: recupera o relevo romano, estilo naturalista… Donatello: a súa obra vai desde un clasicismo pleno ata chegar, ao final da súa vida, a un forte expresionismo. Verrochio (posible discípulo de Donatello).
GhibertiGhiberti. As portas do Paraíso. Nelas, a temática relixiosa (cada unha das escenas inclúe unha historia do Antigo Testamento representada en varias pasaxes) vese xa impregnada por unha conceptualización humanista, onde o marco rectangular xa non condiciona tanto a representación como o cuadrilobulado.Destaca o volume dos corpos, a diferente profundidade do relevo (“schiacciato”) , o naturalismo na paisaxe e nos personaxes, o punto de fuga, e a exquisita atención ao detalle.
1:1: Creación de Adán e Eva. Tentación e expulsión.2:2: Adán arando. Caín e Abel traballando. Sacrificios de Caín e Abel. Morte de Abel.
GHIBERTI. “Portas do Paraíso”
3:3: O diluvio. Saída da arca. Sacrificio de Noé. Embriaguez de Noé.4:4: Abraham recibe aos tres anxos. Sara na tenda. Agar no deserto. Sacrificio de Isaac.
GHIBERTI. “Portas do Paraíso”
5:5: Esaú achégase a Isaac. Raquel e Jacob. Isaac bendice a Jacob.6:6: José e os irmáns Exipto. Achádego da copa de prata na bolsa de Benjamín.
GHIBERTI. “Portas do Paraíso”
Ghiberti. Portas do Paraíso. A creación
Fusión deVarias escenas
Movemento sosegado
Canonclásico
Perspectiva lineal
Uso de alto, medio e baixorrelevo
Efectos de “perspectivaaérea”
Donatello. David (bronce de 1,58 m.)
Un pastor mozo de Belén, repousa despois de ter vencido, coa súa astucia e rapidez, ao xigante Goliat, líder dos filisteos.
A perna dereita soporta firmemente o peso do corpo livián, mentres a esquerda descansa sobre a cabeza do adversario derrotado, Goliat. O ángulo que forma a perna libre é contrarrestado polo brazo esquerdo que o rapaz apoia sobre a cadeira.O atrevemento da súa desnudeza (so viste un sombreiro e unhas calzas de pel) realza a inclinación da cadeira e a posición case erecta do tórax, recreando a curva praxiteliana e imprimíndolle movemento e sensualidade á anatomía do pastor. A superficie pulida e case negra do bronce realza as calidades e o atractivo do corpo xuvenil.
Esta escultura representa a culminación da loita do artista por liberar a escultura das ataduras que a supeditan á arquitectura. O artista retomou nesta obra o espido de tamaño natural da Antigüidade clásica,que durante a Idade Media fora relegado ao esquencemento. Aínda así, o seu tratamento da anatomía difire da tipoloxía clásica no escaso desenvolvemento muscular.
Donatello. San Jorge
Home enplenitude
Pernasfirmes
Lixeiro xiro
EscudoReforza estabilidade
Cabeza erguida
Miradaconfiada
O xesto sinxelo é espontáneo parece tomado directamente do natural. Destaca o gran escudo que porta, cunha gran cruz esculpida, que permite ao personaxe apoiarse con naturalidade.
Verrochio, monumento a Bartolomeo Colleoni. Bronce, 3,95 m.
Algunhas fontes indican que puido ser discípulo do propio Donatello. O monumento ecuestre deste condottiero veneciano destaca pola súa arrogancia e pola destreza con que están resoltos os problemas técnicos e anatómicos, como a pata dianteira levantada do cabalo ou a actitude tensa do xinete, medio xirado. Este monumento, diferenciándose do Gattamelata, preséntanos a un personaxe somerxido na acción, grazas ao dinamismo do cabalo e ao contrapposto do militar.