espazos protexidos, baixo mÍnimos - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista...

60
Urbanismo: Barreiros ilegal Custodia do Territorio Árbores senlleiras Proxecto FIARE Lei de Montes Certificación forestal Crise na Educación ambiental Inverno 2012 • Número 66 • 3 e revista galega de ecoloxía e medio ambiente cerna ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS

Upload: dangkhue

Post on 30-Sep-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

Urb

anis

mo:

Bar

reiro

s ile

gal •

Cust

odia

do

Terr

itorio

•Á

rbor

es s

enlle

iras

Prox

ecto

FIA

RE •

Lei d

e M

onte

s •

Cert

ifica

ción

fore

stal

•Cr

ise

na E

duca

ción

am

bien

tal In

vern

o 20

12

• N

úmer

o 66

3 e

revista galega de ecoloxía e medio ambiente

cerna

ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS

Page 2: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

CarballoBiometanización

PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS

• Participada polo Grupo Calvo.

• Pioneira en Galicia.

• Valorización de residuos industriais.

• Tratamento de 11.000 toneladasao ano.

• Produción eléctrica equivalente aoconsumo de 400 fogares.

Estrada A Coruña-Fisterra s/n15106 Carballo, A Coruñ[email protected]

Page 3: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 3

cerna

Telf. e Fax. 9

81 570 099

Travesa de Basquiños, nº 9 baixo

15704 Santiago de Compostela

Correo electrónico:[email protected]

Web: w

ww.adega.info

COMITÉ DE REDACCIÓN:Belén Rodríguez, Xesús Pereiras, Ramsés Pérez, Pepe Salvadores,

Alberte Sánchez e Manuel Soto.

Nos artígos asinados, respéitase a normativa lingüística do texto orixinal. CERNA non se fai copartícipe, necesariamente,das ideas, opinións e afirmacións dos autores. Todo o material da revista pode ser reproducido sempre que se cite a fonte,esceptuando as fotografías, para as que sería necesario contar co permiso dos autores. CERNA edítase en papel reciclado100 %, para preservar os bosques e contribuír á reciclaxe do lixo. As capas son de papel libre de cloro.

EDITA: ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). Inverno - 2012

DIRECCIÓNManuel Soto

REDACCIÓNBelén Rodríguez

DESEÑO E MAQUETACIÓN distrito xermarFOTOGRAFÍAdistrito xermarRamsés Pérez

IMAXE CAPAdistrito xermar(Os tesos cumiosdo Courel)

ADMINISTRACIÓNSilvia Amor

D.L.: C-913/1986

ISSN: 1136-2677

ACTUALIDADE 4RECURSOS 9INCENDIOSLUMES NOS ESPAZOS PROTEXIDOS 10Fins Eirexas

PATRIMONIO E TERRITORIOURBANISMO: O CASO BARREIROS 12Belén RodríguezA REPÚBLICA ECOLÓXICA DO ALTO ULLA 15Xosé SalvadoresO PATRIMONIO CULTURAL NA MARIÑA 16Manuel Miranda

CUSTODIA DO TERRITORIOUNHA NOVA FERRAMENTA DECONSERVACIÓN 18Ramsés PérezA CUSTODIA DO TERRITORIO EN GALIZA 20Ramsés Pérez e Virxinia RodríguezI ENCONTRO GALEGO DE CUSTODIA 22ENTREVISTA A AMAYA SÁNCHEZ 24Por Belén Rodríguez

ENERXÍAFONTES RENOVÁBEIS E CRISE ECONÓMICA 27Fernando Blanco Silva

CONSERVACIÓNCAZA CON CHUMBO 28Serafín GonzálezA SERRA DO GALIÑEIRO, ESPAZO NATURAL 30Plataforma pola protección da Serra do GaliñeiroO MOUCHO: AVE DO ANO EN 2011 32C. Damián Romay, Óscar Martínez e Santiago VázquezÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS 34J. Gaspar Bernárdez e Antonio Rigueiro

CONTAMINACIÓNGRANDES INDUSTRIAS CONTAMINANTES 36Ramón Varela Díaz

ECONOMÍA SOSTÍBELBANCA ÉTICA: O PROXECTO FIARE 38Raúl Asegurado Pérez

MONTES SOSTÍBEISA CASTAÑA, UN PRODUTO CON FUTURO 47Xesús QuintáCERTIFICACIÓN FSC PARAPEQUENOS PROPIETARIOS 49Xesús Quintá

COGOMELOS 51Cristovo Ruiz Leivas

EDUCACIÓN AMBIENTAL CRISE, QUE CRISE? 52Miguel Pardellas e Pablo Ángel Meira

FLORA E FAUNA DE GALIZA 56Xosé Salvadores e Marga Miguens

EDITO

RIAL

ESPAZOS PROTEXIDOS, DE QUE?

Nas vindeiras páxinas veremos que, pese ao amparo que as leisoutorgan aos espazos protexidos, estes están a ser intervidos pola forzahumana de xeito descontrolado e sen vixilancia. Exemplos recentes asío demostran, como a xestión improvisada da lagoa da Frouxeira, enValdoviño, por parte da Administración, onde unha apertura da canlede desaugue “lenta e controlada” implicaba a intervención de variosbulldozers no areal. Tamén é notorio o desinterese administrativo porpreservar os espazos da Rede Natura dos incesantes lumes forestais queno mes de outubro arrasaron con 11.000 Ha na provincia de Ourense.O conselleiro de Medio Rural, daquela Samuel Juárez, restoulles impor-tancia, aínda que o Macizo Central perdera o 12% da súa superficie.

Paralelamente, o Consello da Xunta presenta, por imperativo da UE,a proposta de ampliación da Rede Natura, aumentando en só un 3% asuperficie protexida en Galiza, unha ampliación “misérrima” segundo omovemento ecoloxista. Outras iniciativas tiveron que ver coa reformadas Leis de Montes e de Caza, cuxos novos borradores abren a porta ádesregulación ambiental nestes ámbitos. A nova lei de Montes, á que sededican varios artigos desta publicación, concibe os montes desde unhaóptica unicamente produtivista e destinados a beneficio de madeiristas,cazadores e industrias.

Fronte a rebaixa dos controis e garantes legais na preservaciónambiental, as organizacións sociais asumen encabezar a misión dedefender activamente o territorio a través da custodia. Neste númeroanalízase fondamente esta nova forma de participación cidadá na con-servación dos valores ambientais e patrimoniais, tras a celebración do IEncontro Galego de Custodia do Territorio a finais de outubro. Outrosartigos exemplifican como se pode tirar rendemento económico de xeitorespectuoso co ambiente, por exemplo, coa produción de castañas ecastiñeiros ou coa adquisición dun certificado forestal FSC para peque-nos e medianos propietarios.

Mais irremediabelmente volve a crítica, coa denuncia da falta deapoio e a desatención que sufre actualmente a Educación ambiental enGaliza.

FORESTAL

A NOVA LEI DE MONTES 40Xabier Bruña, Xosé Alfredo Pereira,Anxo Pérez Carballo e Xurxo Álvarez

Page 4: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

4 cerna

ACTUALIDADE

A AMPLIACIÓN DA REDE NATURA

A Dirección Xeral de Conservaciónda Natureza fai público o borrador danova lei de caza. Alén da rebaixa daidade na obtención do permiso de cazade 16 a 14 anos, os ecoloxistas afondannoutras eivas da normativa centradas nafalta de participación pública, a amplia-ción dos períodos de caza, na poucaconsideración cos propietarios dos ter-reos e na inseguridade que algunhas dasmedidas propostas crearían para o con-xunto da poboación. Elaborada parasatisfacer aos cazadores, outorga dis-crecionalidade á Administración paradecidir batidas ou campionatos fóra dosperíodos hábiles ou a desafección dezonas de seguridade e veda.

TERRITORIO RESERVADOPARA CAZADORES

SEN LEI PARA ORUÍDO E SENFREOS PARA AINDUSTRIA

A Xunta vén de facer pública a súaproposta de ampliación dos espazos daRede Natura 2000 para Galiza, que ficana metade da proposta do gobernobipartito en 2007. Desta forma, os espa-zos protexidos atinxirán o 15% dasuperficie total galega, moi por debaixoda media estatal (28%). Paralelamentepreséntase o Plan Director da RedeNatura que prohibe expresamente asexplotacións mineiras a ceo aberto e os

parques eólicos nos espazos protexidos,pero non a acuicultura industrial.

ADEGA calificou esta ampliación demisérrima e denunciou a rebaixa docontrol administrativo nos espazos pro-texidos durante os últimos dous anos.Mentres espazos de elevado intereseambiental fican sen amparo, o 70%daqueles xa acollidos á Rede Natura nonse libran dos intereses especulativos.

© di

strit

o xe

rmar

© di

strit

o xe

rmar

Os bivalvos tóxicos das “zonas C” demarisqueo serán tratados en dúasbateas de descontaminación situadas naría de Ferrol e na Enseada de Aldán, enCangas, ambos os dous espazos de RedeNatura. Tras o rexeitamento de Pescano-va da primeira das propostas xa aproba-da pola Consellaría que situaba asbateas fronte a piscifactoría que ten aempresa en Morás (Xove), a Xunta pre-feriu mudar a localización das bateascara ás áreas protexidas. ADEGA lamen-ta que a Administración sacrifique dousespazos protexidos fronte aos interesesempresariais de Pescanova sen avaliartan sequera as consecuencias ambien-tais e socioeconómicas. O colectivo eco-loxista non cre que esta sexa a soluciónás zonas C e insta á Xunta a que esta-bleza medidas de saneamento e recupe-ración ambiental dos espazos afectadose que potencie a pesca e o marisqueotradicional.

A Lei de Acompañamento dos orza-mentos de 2011 da Xunta camuflaimportantes modificacións lexislativas,como xa fixera en 2010, co gallo de fle-xibilizar a lexislación ambiental. Unhadas modificacións máis destacadas foi aderrogación de toda norma galega con-tra o ruído. Ademais, elimínase a avalia-ción de efectos ambientais e o trámitede avaliación ambiental para os proxec-tos sectoriais de parques eólicos, pisci-factorías ou proxectos urbanísticossupramunicipais (como o impulsadopara legalizar a situación urbanística deBarreiros). A Lei de Política Industrial,recentemente aprobada cos votos do PP,tamén permite a evasión de certas tra-mitacións ambientais para os que seconsideren “proxectos estratéxicos”.

MARISCO TÓXICOEN REDE NATURA

Page 5: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 5

Máis eucalipto e lume para os mon-tes. ADEGA, FRUGA, CIG eORGACCMM coinciden en que a novalei de montes só entende o montecomo recurso económico para osmadeiristas, esquecéndose da súa fun-ción ecolóxica e social e do seu carác-ter multifuncional (Ler páx. 40-44).

Lobo híbrido. Varios Canis lupus signa-tus ou lobos híbridos foron achados naSerra do Barbanza, o que supón ungrave risco para a continuidade xenéti-ca do lobo puro. ADEGA insta á Admi-nistración a extraer exemplares híbri-dos a cargo da gardería e persoalespecializado e non a través de batidas,tal e como foi autorizado o ano pasa-do. Nas batidas matáronse lobos nonhíbridos que non foron declarados.

Prevención de Residuos. Na semanade prevención dos residuos, ADEGAconvocou un concurso baixo o lema“Que farías ti para non producir tantosresiduos?”. A proposta gañadora foi ade Xulián Carballeira Fariña, de Monfe-ro (A Coruña): “Mercar a granel,fomentar o comercio local, aumentar areciclaxe e compostar os residuosorgánicos”. O galardón consistiu nun"kit de compostaxe" (composteiro de320 litros, manual e libro sobre com-postaxe caseira).

Reganosa denunciada na Fiscalía. OComité Cidadán de Emerxencia para aRía de Ferrol, ADEGA-Ferrolterra e aPlataforma Veciñal de Mehá denunciana Reganosa ante a Fiscalía Anticorrup-ción por presunto tráfico ilegal de gas.Pídenlle que investigue as exportaciónsde gas natural licuado que se realizandesde a planta regasificadora deMugardos polo prexuízo que puideranestar causando ao erario público e operigo ao que expoñén á poboación.

Cumio de Durban. Non serviu paraestablecer acordos vinculantes sobre aredución mundial de gases contami-nantes fronte á mudanza climática, sópara adiar a busca de solucións, comoxa se acordara en anteriores cumios. OProtocolo de Quioto, que vencía en2012, continua en vigor. Quioto afectasó ao 25% das emisións de CO2 domundo, e pretende reducir as emisiónsnun 5% con respecto aos niveis de1990, un obxectivo pouco ambicioso einsuficiente.

EN BREVE

O Centro de Extensión Universitariae Divulgación ambiental (CEIDA) cum-priu dez anos o pasado día 10 de xanei-ro. Ao acto de conmemoración asistirono alcalde de Oleiros, Anxo García Seoa-ne, o conselleiro de Medio Ambiente,Infraestruturas e Territorio, AgustínHernández, e o reitor da Universidadeda Coruña, Xosé María Barja Pérez, ade-mais doutros responsábeis das Adminis-tracións Públicas, académicos e mem-bros da sociedade civil. Concello,Universidade e Xunta promoveron no

seu día a creación deste centro no Cas-telo de Santa Cruz (Oleiros), co gallo deser un referente en educación, informa-cion e divulgación ambiental de Galiza.O CEIDA, dirixido por Carlos Vales, apro-veitou o seu décimo aniversario parafacer balanzo da súa actividade na últi-ma década destinada a promover a edu-cación ambiental en todos os sectoressociais, o intercambio científico e cul-tural e o fomento das boas prácticasambientais.

O CEIDA ESTÁ DE ANIVERSARIO

O VAIVÉN DA LAGOA DA FROUXEIRAE DA XUNTA

A lagoa da Frouxeira desauga deforma natural un día despois de que aXunta procedese á súa apertura artificial“controlada” para evitar que as crecidasda mesma afectasen ás propiedadessituadas na chaira natural de inundación.ADEGA pide a dimisión do Director Xeralde Conservación, Ricardo García-Borre-gón, por autorizar unha vez máis a inter-vención agresiva no humidal deixándoonunha situación similar á de hai 2 anos,cando a lagoa ficou practicamente seca.Os ecoloxistas solicitarán ao organismointernacional Ramsar e á Comisión Euro-pea que depuren responsabilidades pola

“nefasta xestión dun ecosistema queconta con 5 figuras de protección”.

Ao mesmo tempo, ADEGA sitúa a pro-blemática veciñal e das enchentes norecorte do 34% da superficie protexida dohumidal en 2006, a instancias do Minis-terio de Medio Ambiente e da Xunta e afavor de intereses urbanísticos. Neserecorte excluíronse as áreas de inunda-ción da lagoa do dominio público maríti-mo-terrestre. ADEGA pide que se volvaprotexer ese espazo secuestrado do humi-dal e que a Xunta publique o Plan de Xes-tión da Lagoa da Frouxeira que promete-ra en 2009.

Antó

n M

uñiz

Page 6: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

6 cerna

ACTUALIDADE

CANTEIRA NO PARQUE NATURALDA LASTRA

Tras meses de incerteza, a Xuntadesvela a localización prevista dasegunda planta incineradora dos resi-duos sólidos urbanos de Galiza, no con-cello ourensán de O Irixo. As reacciónsde oposición contra esta planta promo-vida por Estela Eólica, unha das gran-des beneficiarias do concurso eólico,non se fixeron agardar. Plataformas deveciños, colectivos ecoloxistas e,mesmo, os alcaldes populares de Lalínou do Carballiño opuxéronse ao pro-xecto. Desde o eido ambientalistarexéitase o modelo de tratamentoescollido, a incineración e os vertedoi-ros, por ser contrario á reciclaxe e ácompostaxe. ADEGA, ademais, critica aadxudicación do servizo público a unhaempresa privada sen mediar concursopúblico e sen garantías de viabilidade.

CONTRA AINCINERACIÓN NOIRIXO E EN GALIZA

ADEGA denuncia á Comisión Europeae á Fiscalía que o dragado da Ría de Ferrolpromovido pola Autoridade PortuariaFerrol-San Cibrao foi feito sen a autoriza-ción expresa da D.X. de Conservación daNatureza, cuxo informe era preceptivopara poder efectuarse nun espazo daRede Natura (LIC Costa Ártabra). A críticaatinxe á Xunta por emitir un informe deimpacto favorábel “a sabendas” de estarincumprindo o procedemento deAvaliación de Impacto Ambiental.

DRAGADO DA RÍADE FERROL SENAUTORIZACIÓN

Malia a prohibición expresa doPlano Director da Rede Natura da ins-talación de canteiras en espazos prote-xidos, a Xunta tramita unha explota-ción mineira de seis cuadrículas nointerior do Parque Natural da Enciña daLastra promovida pola empresa Cante-ra Peña Argel S.L., que vén de solicitarpermiso de investigación. A zona afec-tada, ademais de ser Parque Natural e

Rede natura, é LIC (Lugar de IntereseComunitario), ZEPA (Zona de EspecialProtección de Aves) e ZEPVN (Zona deEspecial Protección dos Valores Natu-rais). ADEGA solicita á Xunta que rexei-te de inmediato a tramitación destaexplotación atendendo, non só á pro-tección legal do espazo, senón ás súaspropias directrices.

Gas Natural-Unión Fenosa iniciou atramitación para a construción dunhacentral reversíbel na Ribeira Sacra de763 MW, entre os encoros de SantoEstevo (río Sil) e Edrada (Mao). Estemegaproxecto contempla outro túnelnos Canóns do Sil de 5 quilómetros, unpozo de 450m, unha central en cavernae 120 m de profundidade no macizo.Esta central, xunto coa de Belesar III,Os Peares III, Santo Estevo II e SantaCristina, convertería á bacía Miño-Silna máis sobreexplotada de Europa.

Doutra banda, ADEGA, Ríos conVida e o concello de Paradela denun-cian a readmisión a trámite de tres

proxectos de minicentrais no río Loio,desestimados pola ConfederaciónHidrográfica Miño-Sil en 2005 polo seupotencial impacto sobre especies enperigo de extinción. De pouco serveque o río Loio fose declarado ENIL(Espazo Natural de Interese Local) polaXunta o pasado mes de outubro, á peti-ción do concello, e que estea integradona Reserva da Biosfera Terras do Miño.A nova tramitación destes proxectosvese favorecida pola eliminación desteespazo da recente proposta de amplia-ción da Rede Natura e por un PlanHidrolóxico que non pecha a entrada anovas minicentrais na bacía Miño-Sil.

MIÑO-SIL, A BACÍA MÁISSOBREEXPLOTADA DE EUROPA

© di

strit

o xe

rmar

O 7 de xaneiro tivo lugar a primeira manifesta-ción en Lalín contra a planta incineradora.

Ram

sés

Pére

z

Page 7: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 7

PREMIOS OSÍXENO E DIOXINA 2011

As gaiolas de cultivo de salmónatlántico na ría de Muros e Noia xeran osprimeiros prexuízos no sector. Centos desalmóns mortos aparecen amarrados ásredes e flotando no estuario, procedentesdas gaiolas da empresa norueguesaNorth West Food, instaladas hai uns

meses como proxecto experimental naría de Muros e Noia. O feito foi denun-ciado por varias entidades sociais, ecolo-xistas e profesionais ante a Fiscalía, quexa abriu dilixencias para iniciar a investi-gación.

O PRIMEIRO PREXUÍZO DAS GAIOLASDE SALMÓN

O Informe anual de Proxecto Ríos2011 confirma que existe un lixeiroretroceso no estado ecolóxico dos ríosinspeccionados, cara a moderado oudeficiente, e ratifica a tendencia cara adegradación, cada vez máis acusada, dobosque de ribeira. No obstante, a maio-ría dos ríos estudados presentan unestado de conservación bo ou moi bo e

mellora timidamente a calidade do hábi-tat con respecto ao ano 2010. Os ríosLagares, Sar, Tinto, Baa, o rego de Cormee dous treitos do río Limia son os puntosnegros desta edición. En 2011 aumentoua participación en Proxecto Ríos, aca-dando os 207 grupos de voluntarios, doscales o 67% participou na elaboracióndeste informe anual.

O pasado 17 de decembro ADEGAcelebrou a súa XXXVI Asemblea Xeral navila de Arzúa, na que fixo balanzo dasituación ambiental do país e dos princi-pais retos para o 2012. Ao final da xor-nada, ADEGA entregou os premios osíxe-no e dioxina 2011. Xosé Alfredo Pereira,presidente da Organización Galega deComunidades de Monte en Man Común,e a Plataforma pola defensa da Serra do

Galiñeiro, acadaron os premios osíxenoindividual e colectivo, respectivamente.Pola contra, foron o alcalde de Barreiros,Alfonso Puente, e a Consellaría de MedioRural, os que levaron os premios dioxina,aqueles que se identifican cunha actitu-de negativa cara ao medio ambiente. Opremio Osíxeno de Honra foi entregado aMini e Mero polo seu compromiso cosvalores culturais e naturais do país.

INFORME PROXECTO RÍOS 2011

Ram

sés

Pére

z

Alcalde e a arquitecta de Barreiros naFiscalía. ADEGA denuncia a arquitectamunicipal e ao alcalde de Barreiros porpresunta prevaricación e falsidadedocumental no outorgamento dunhalicenza urbanística na zona de SanBartolo. A promoción atópase en solourbano non consolidado, zona de domi-nio público e de policía dun rego, par-cialmente en terreo municipal e coinforme desfavorábel da secretaria doconcello. Áridos asfálticos do caso Arena. APlataforma de Defensa dos Camiños,AETNA, Plataforma de Afectados poloPolígono industrial de Vilar do Colo,Verdegaia, ADEGA e a SGHN denuncianante a Fiscalía e a Consellaría de MedioAmbiente o depósito de áridos asfálti-cos procedentes de Holanda por parteda empresa Manmer nas proximidadesdo río Baa e no Porto Exterior de Ferrol.Afirman que se trata dun material tóxi-co e altamente contaminante. En total,calcúlase que os dous vertidos desteresiduo na comarca de Ferrol sumanunhas 360.000 toneladas. Roteiros máxicos. ADEGA Lugo dedicao curso de roteiros 2011-2012 á “Galizamáxica. Un país de lendas”. Con esteciclo de andainas preténdese divulgar epoñer en valor o carácter místico oufantástico de lugares e elementos queforon adquirindo un significado aolongo dos tempos ata formar parte danosa identidade colectiva. Pódese con-sultar a programación en:www.adega.info. Travesía en piragua polo Burgo.ADEGA-A Coruña celebrou o pasadooutono a primeira edición de Travesíaen Piragua pola Ría do Burgo parareclamar a súa completa rexeneración erevalorización como ben común dacomarca. A actividade nace con voca-ción de continuidade, de non efectuar-se a rexeneración da ría, tal e comotiñan prometido as administraciónsgalega e estatal.Manifesto pola Mobilidade. Varioscolectivos sociais constituídos en plata-forma rexeitan a retirada do actual car-ril bus na cidade da Coruña por enten-der que empeorará o tráfico e o trans-porte público e que é unha chamada aouso do vehículo privado. Tamén pidenun Plano de Mobilidade para toda acomarca que dea prioridade aos vian-dantes, bicicletas e transporte público.

EN BREVE

Mini e Mero foron galardoados co premio Osíxeno de Honra 2011.

Page 8: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 9: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 9

LIBROS

FLORA Y VEGETACIÓNDE LAS ISLAS CÍES.Parque NacionalMarítimo-Terrestre de lasIslas Atlánticas deGalicia.Fernández Alonso, J;Blanco-Dios, J;Bernárdez Villegas, J. G;Rigueiro Rodríguez, A.Organismo AutónomoParques Nacionales.Serie Técnica.Español (750 páx.)ISBN: 978-84-8014-798-9D.L.: AB-328/2011

RECURSOSRamsés Pérez

As enerxías renovábeis, fundamentalmente aeólica, acadaron unha grande relevancia no pano-rama enerxético mundial pola demanda crecentede enerxía dispoñíbel. Debido ás iniciativas e nor-mativas institucionais implantadas nos últimosanos, a Unión Europea, e particularmente o Estadoespañol, conseguiron facerse cunha posición deliderado no sector eólico. A autora fai un repasopolas políticas de fomento da enerxía eólica leva-das a cabo nos principais países produtores euro-peos e polas repercusións que o sector tivo desde1995 na xeración de emprego, no impactoambiental e noutras variábeis chave en Galiza.

As illas Cíes contan con numerosos estudos deflora desde que en 1943 Losa España publicara"Datos para el estudio de la flora gallega. Plantasde las islas Cíes". O traballo actual revisa todas aspublicacións anteriores e incrementa o número deespecies descritas, que na actualidade supera as600, entre especies, subespecies, híbridos e varie-dades. Trátanse con especial relevancia as especiespresentes nos catálogos de flora ameazada e aflora exótica invasora.

ONG audiovisual. Vídeos para o debate e aacción social.

QUErer é POder. Quepo é unha entidade senánimo de lucro que traballa o audiovisual comoferramenta de información, denuncia e sensibili-zación para concienciar e fomentar a acción.Traballa para transmitir historias que nos axudana aprender, dialogar e actuar. A organización sos-tén que os habitantes do planeta temos dereito aunha vida digna e xusta, pero tamén a unha infor-

mación transparente e de calidade que afrontecuestións primordiais que deberan ser debatidasna sociedade. Para iso: "Aportamos a nosa expe-riencia como profesionais e o noso coñecementodo sector para producir un achegamento doaudiovisual social á sociedade civil, realizandoaudiovisuais para os movementos sociais e ONGs,producindo proxectos propios e apoiando a crea-ción, distribución e exhibición de proxectos decontido social".

GUÍAS LIGAZÓN

‘RECURSOS’ CERNA PIDE A TÚA COLABORACIÓNSe estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista,película, documental, etc, ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico; [email protected], indicando‘Recursos’ Cerna.

EL NEGOCIO EÓLICORosa Mª Regueiro FerreiraLa catarataEspañol (136 páx.)ISBN: 978-84-8319-637-3Prezo: 16 €

Logo de seis anos de traballo, por fin saíu árúa o “Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia”,editado pola Sociedade Galega de HistoriaNatural, que vén ser unha actualización do pri-meiro Atlas de Vertebrados de Galicia, publicadono ano 1995, referido aos nosos herpetos. Gazasao esforzo desinteresado de 120 colaboradoresobtivéronse máis de 5.000 datos de anfibios e3.000 de réptiles. O libro achéganos as fichas de14 especies de anfibios e de 26 réptiles da nosaxeografía. Cada ficha consta dunha foto, un mapada súa distribución en Galiza, un apartado dedica-do á distribución mundial, unha comparativa coatlas anterior, o hábitat e poboación, as ameazas econservación e a súa catalogación.

Máis info: www.sghn.org

ATLAS DOS ANFIBIOSE RÉPTILES DEGALICIAMoisés Asensi Cabirta(Coordinador) - SGHNGalego (115 páx.)ISBN: 978-84-88194-19-0D.L.: 1607-2011Prezo: 9,95 €

Esta guía trata sobre un grupo de insectosque reciben en Galiza as denominacións de tizónsdo demo, cabalos do demo, gaiteiros do demo,sacaollos, quitaollos, mollacús, lavacús, gaiteiros ecandileiros ou candís. Recentemente, para deno-minar estes insectos, incorporáronse a estas for-mas vernáculas outras de orixe culta, como libélu-la e libeliña. En termos técnicos estes insectos sonagrupados na orde Odonata e denominados comoodonatos. A guía facilita a identificación das libé-lulas mediante a súa observación directa, senintervención nin captura, ou coa única axuda dunsprismáticos e algo de paciencia. Ao mesmo tempo,busca servir de guía de campo para os naturalistasque queiran identificar as diferentes especies delibélulas de Galiza, atendendo as formas adultas.Descríbense 62 especies das máis habituais nopaís e mesmo algunhas que, polas condicións decambio climático existentes, en breve pasarán ater o seu hábitat natural aquí. Todas elas estánmagnificamente ilustradas por Calros Silvar e atoda cor.

GUÍA DAS LIBÉLULASDE GALICIAMiguel Ángel Fernández-Martínez (texto) eCalros Silvar (ilustracións).Baía Edicións ISBN: 978-84-92630-92-9Prezo: 33, 65€

WWW.QUEPO.ES

Page 10: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

10 cerna

Un incendio forestal, independen-temente da súa orixe, degrada valiosossolos que tardan milleiros de anos enformarse, perdéndose grande parte dasúa fertilidade. Increméntase tamén orisco de erosión, favorecendo a escor-rentía e diminuíndo a infiltración daauga, chave para o subministro de moi-tas poboacións. Nun contexto de dimi-nución da dispoñibilidade do recursoauga (o cambio climático está a provo-car a concentración das chuvias enperíodos de tempo máis curtos, retar-dando a recarga dos acuíferos dos quese abastece a poboación), os incendioscontribúen a agravar este problema.Cómpre ter en conta tamén as conse-cuencias sociais e económicas dasenchentes, coma as acontecidas logoda vaga de lumes de 2006, co asolaga-mento de moitas vilas polas avenidas eas importantes mortaldades nos bancosmarisqueiros provocadas pola chegadamasiva de sedimentos e cinsas áspraias. O lume é por tanto un problemaque non só afecta aos ecosistemasforestais.

E por suposto, a biodiversidade vesegravemente afectada durante e despoisdun lume, incluíndo hábitats e especiesmoi fráxiles e ameazadas. Debemospreocuparnos por esta perda de biodi-versidade porque desaparece parte donoso patrimonio vivo. Moitas das fun-cións atribuídas aos ecosistemas domonte non teñen cuantificación eco-nómica directa porque non se podenmercar ou vender. As alteracións cau-sadas neste complexo tecido, cuxasredes tróficas amosan dinámicas tem-porais que transcenden o períododunha lexislatura, precisan de avalia-cións e intervencións inspiradas porcriterios non exclusivamente economi-cistas.

Nos 15 primeiros días do pasadomes de outubro, os lumes de Ourensearrasaron 10.909 Ha só en 4 espazosprotexidos da Rede Natura: O MacizoCentral perdeu máis dun 12% de terri-torio (5.775 Ha), principalmente nasserras do Invernadoiro e Queixa; aBaixa Limia-Serra do Xurés perdeu un11% (3.607 Ha), tamén nas zonas de

teiras, cunha incidencia relativamentebaixa e dispersa sobre os nosos espazosprotexidos (menos dun 2% do totalqueimado), neste 2011 a superficiequeimada só en 4 espazos da RedeNatura achégase ás 12.000 Ha, o quesupón máis do 33% da superficie quei-mada en todo o ano (35.702 Ha). Tendoen conta a cativa representación terri-torial que a Rede Natura ten en Galiza(menos dun 12%), a incidencia doslumes deste ano constitúe unha das

maior valor; e en Pena Maseira e PenaTrevinca ardeu o 7,6% e 5,7% dasuperficie (467 e 1.100 Ha, respectiva-mente). Estas datos, compilados porADEGA, baséanse en fontes de infor-mación, informes e recursos indepen-dentes, xa que a Xunta ocultou primei-ro e logo minimizou a superficiequeimada, particularmente nos espazosprotexidos.

Se en 2006 os incendios afectaronmaiormente a áreas periurbanas e cos-

LUMES: O PEOR ANODOS ESPAZOS PROTEXIDOS

Fins Eirexas*

Ram

sés

Pére

z

Na primeira quincena de outubro, o lume arrasou con preto de 11.000 hectáreas tan só na provinciade Ourense, afectando a catro espazos da Rede Natura. O Macizo Central perdeu máis dun 12% doseu territorio protexido.

O pasado 22 de outubro centos de persoas e organizacións concentráronse na Praza do Concello deTrives para reivindicar á Xunta medidas de prevención e loita contra o lume nos espazos protexidos,nomeadamente, nas zonas afectadas do Macizo Central.

Ram

sés

Pére

z

Page 11: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

catástrofes ecolóxicas máis importan-tes acontecidas no país desde o Presti-ge.

Feijóo e Juárez celebraron que amaior parte do ardido foi “monte raso”.Alguén debería informarlles de queprecisamente moito do valor ecolóxicodo queimado, particularmente noMacizo Central e Xurés, corresponde aomato atlántico, breixeiras, uceiras eturbeiras, hábitats sinalados pola UEcomo de protección prioritaria e chavepara a conservación de especies emble-máticas como a aguia real ou o lobo. Aperda destes hábitats, alén de ser unhacatástrofe para a nosa biodiversidade,coarta tamén outros aproveitamentoscompatíbeis do monte (silvopastoreo,aproveitamento de cogomelos, apicul-tura, turismo de natureza, biomasa,caza, etc.), iso que deuse en chamarmultifuncionalidade e que eses mes-mos responsábeis invocan sen coñecero seu significado.

Á vista da manifesta incapacidadeda Xunta para atender á dimensión dacatástrofe deste outono, ADEGAdemándalle que estableza unha seriede prioridades para minimizar os efec-tos perniciosos post-lumes: cómpreestablecer con urxencia programas derestauración ambiental e loita contra aerosión nas zonas queimadas, particu-larmente nos espazos da Rede Natura.A perda de solo e os arrastres de cinsase sedimentos podería supoñer unhasegunda catástrofe ecolóxica paraestes espazos e facer moito máis difícila súa recuperación.

No caso dos espazos afectados(Macizo Central, O Invernadoiro, Quei-xa, A Limia, O Xurés, Trevinca, PenaMaseira…) cómpre a declaración dezona catastrófica para unha inxeccióndirecta de axudas e medios, compro-metendo os orzamentos precisos paraos planos de recuperación hidrolóxico-forestal e de recuperación da biodiver-sidade. Deberíase comezar por protexerda erosión as zonas queimadas, acondi-cionando faixas de protección contra a

cerna 11

Fins

Eire

xas

Imaxe de satélite das zonas queimadas na provincia de Ourense o 18 de outubro de 2011 recollidapor ADEGA.

* Fins Eirexas é o Secretario executivo de ADEGA.

escorrentía e evitando no posíbel o usode maquinaria pesada en espazos sen-síbeis. Medidas complementarias debe-rían ser tamén a suspensión da tempa-da de caza non só nas zonas queimadassenón tamén no seu perímetro xa que afauna tende a refuxiarse nestas áreas,así como dispoñer alimento de urxenciapara gando e fauna salvaxe. Ula aDirección Xeral de Conservación daNatureza?

O goberno do PP decidiu retomar amesma política de escaparate da eraFraga, isto é, dedicar 100 millóns deeuros á extinción e anular a maioríadas medidas de prevención postas enmarcha. Ademais de criticar aberta-mente a Lei 3/2007 de Prevención eDefensa contra os Lumes Forestais, quedebería aplicar (xa vai modificala a tra-vés dunha nova Lei de Montes), a Xuntaten reducido significativamente osoperativos de loita contra o lume, eli-minado o Voluntariado do Monte, sus-pendidas as BIIF (Brigadas de Investi-gación dos Incendios Forestais),desactivado as UXFOR (Unidades deXestión Forestal) e abrindo a porta áespeculación coas SOFOR (Sociedades

de Fomento Forestal), mentres seguepracticando unha política escurantistano plano informativo. Mesmo estable-ceu por decreto que, independente-mente da climatoloxía, os lumes debenacontecer de xuño a setembro. Resul-tou patético ver ao conselleiro Juárez afinais de setembro presentando unbalanzo triunfal da tempada 2011(12.702 Ha queimadas) que quince díasdespois, se triplicaba.

Porén, desde hai anos tense claroque o mellor xeito de atallar os lumes émediante a prevención. Á falla de aten-ción ao medio rural de montaña, áausencia dunha política forestal cohe-rente, de investimentos e de propostaspara uns espazos interiores cunhaspotencialidades enormes, hai queengadir a incompetencia e o desleixodos seus xestores, para os que “o mediorural está condenado a desaparecer” enpalabras do propio conselleiro Juárez.Eis unha auténtica declaración deintencións, a proba do nove da incapa-cidade e o desleixo institucional.

Page 12: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

URBANISMO E ARQUITECTURAEsta ocasión foi a primeira vez que o

ex Director Xeral de Urbanismo, RamónLueje, se pronunciou publicamente sobreo caso Barreiros, sobre o que sentenciouque “constitúe un caso paradigmático demunicipios que se enfrontaron ao boomurbanístico con planeamentos obsoletose que, pese a ser avisados, non se adap-taron a ningunha das leis vixentes”.

Fronte ás acusacións do PP e doalcalde popular, Lueje desminte que hou-bese intención de persecución políticana suspensión da planificación urbanís-tica obsoleta de Barreiros e no recursodas licenzas outorgadas pola vía xudi-cial. “Intentábase frear unha irracionali-dade urbanística que, previamente, sequixo arranxar a través de varios inten-tos de achegamento ao concello nos quese lle requiriu a revisión de licenzasoutorgadas; pero o alcalde fixo casoomiso. Non houbo máis remedio que

acudir aos tribunais”. E engade: “Propu-xémoslle ao concello que fixese un pla-neamento adaptado á Lei do Solo cunhasubvención do 100%. Despois de seisanos aínda non oín nada dese planea-mento”.

O ex titular de Urbanismo subliñouque o seu Departamento tamén actuouen aras de repoñer a legalidade en con-cellos socialistas, como o de Foz, no queinterpuxo un recurso contencioso contrao acordo plenario no que aprobaba aconcesión de licenzas para 1.700 viven-das. Respondeu así ás criticas de arbi-trariedade do actual goberno e tamén ás

do sector da construción. Lueje afirmouque “de non denunciar aquelas obras, adía de hoxe teríamos pantasmas deinfraestruturas en toda a costa de Bar-reiros, sen servizos, sen as plusvalíasurbanísticas que pertencen á colectivi-dade e sen un planeamento municipalque dese seguridade xurídica paraenfrontar o problema”. Así mesmo, cua-

lificou o Plano Sectorial de Barreiroscomo un “parche que se vai pagar confondos públicos e que non cumpre cosrequisitos legais”.

Pola súa parte, o voceiro de ADEGA,Daniel López Vispo, exemplificou a cor-ruptela local nunha das licenzas outor-gadas polo concello de Barreiros haiescasamente dous anos. Trátase dunha

12 cerna

Así se titularon as charlas que ADEGA e o Colexio de Arquitectos de Lugo organizaron o pasado mes de outubro na cida-de das murallas para incitar o debate sobre a problemática urbanística de Barreiros. As charlas dividíronse en dúas sesións. Aprimeira estivo centrada no “Urbanismo e Arquitectura”, na que participaron o ex Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje;o presidente do Colexio de Arquitectos en Lugo (COAG), Raúl Veiga, e o voceiro de ADEGA, Daniel López Vispo. A segundamesa, titulada “Urbanismo e Dereito”, acolleu as análises xurídicas de Fernando de Abel Vilela e Alba Nogueira, ambos os dousprofesores de Dereito na Universidade de Compostela, e de Xosé Luis Sanmiguel, secretario do COAG en Lugo.

De esquerda á dereita: Xosé Luis Sanmiguel (COAG), Froilán Pallín (ADEGA), Alba Nogueira (USC) eFernando de Abel Vilela (USC).

Belé

n Ro

dríg

uez

Belé

n Ro

dríg

uez

De esquerda á dereita: Daniel López Vispo (ADEGA), Ramón Lueje (ex Director Xeral de Urbanismo),Raúl Veiga (COAG) e Froilán Pallín (ADEGA).

“O territorio e a lingua son aidentidade dos pobos, seacabamos con eles non nosqueda nada”, Ramón Lueje.

TERRITORIO E URBANISMO:O CASO BARREIROS

Belén Rodríguez

Page 13: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 13

promoción construída na zona de SanBartolo pola que ADEGA denunciou antea Fiscalía ao rexedor de Barreiros e áarquitecta municipal, ao presentar variasirregularidades, non só na construcióndos edificios (sotos por debaixo derasante, vivendas en baixos cubertas,falta de vías e zonas de equipamento);senón tamén no outorgamento da licen-za por silencio administrativo (sen tertranscorrido o prazo legal), sen os servi-zos mínimos obrigados en solo urbanoconsolidado, e pese ao informe desfavo-rábel da secretaria do Concello. Ademaisa promoción levantouse en zona xaafectada pola suspensión das NormasSubsidiarias do Concello, sobre terreosparcialmente de titularidade pública esobre espazo de dominio público hidráu-lico sen autorización de Augas de Galiza.

Como esta licenza ilegal, dixo Vispo,hai moitas outras outorgadas no concel-lo de Barreiros, polo que existen motivossuficientes para impugnalas ante os tri-bunais: “a retirada dos recursos xudiciaispor parte da actual Xunta contra o con-cello de Barreiros é un erro que roza aprevaricación, así como a aprobacióndun Plano Sectorial que intenta legalizarestas construcións indiscretamente. Paraque se queren mellorar as infraestruturasdo concello se os informes da arquitectamunicipal dicían que tiñan todos os ser-vizos?”.

Raúl Veiga, presidente do Colexio deArquitectos de Lugo afirmou que foi esteórgano o que alertou á Consellaría do

bipartito da inxente cantidade de licen-zas para as que se estaba solicitandovisado no Concello de Barreiros duranteo ano 2006: “Daquela había 3.200 veci-ños censados no municipio, porén pre-tendíanse visar máis de 6.000 vivendasen dous anos”. Tamén a concesionariaeléctrica da zona informou a Urbanismoda súa incapacidade para garantir o sub-ministro de enerxía para tantas vivendas.

URBANISMO E DEREITONa segunda sesión das xornadas,

Fernando de Abel Vilela e Alba Nogueira,ambos os dous profesores de Dereito

Administrativo na Universidade compos-telá cualificaron como fraude de lei asactuacións exercidas pola Administra-ción autonómica para legalizar a situa-ción urbanística de Barreiros. SegundoAlba Nogueira, a Xunta está a utilizar osinstrumentos legais existentes para“trampear” os obxectivos de sostibilida-de ambiental que promulgan as norma-tivas dos últimos anos sobre a interven-ción no territorio. “Unha das ferramentasdeturpadas é o decreto de supramunici-palidade, usado neste caso para avalar

unhas actuacións da Xunta moi afasta-das do aparente obxectivo do decreto:facilitar a ordenación territorial eambiental de determinadas actividades.”

Paralelamente, o Plano Sectorialaprobado polo Consello da Xunta paralegalizar as obras de Barreiros deberíapasar pola Avaliación Ambiental Estraté-xica, un requirimento comunitario que,segundo Alba Nogueira, a Xunta preten-de vulnerar a través da modificación daLei de acompañamento dos orzamentos.“Isto é vulnerar o dereito comunitario,por tanto é ilegal”, dixo.

A eliminación do requirimentoambiental da normativa urbanística e aaplicación do decreto de supramunicipa-lidade no caso Barreiros é unha falta derespecto á toda normativa e ás aparen-cias democráticas, insistiu a profesora,pero tamén ao Parlamento Galego que équen elabora as leis. A isto súmase oconvenio a tres bandas (Xunta, Deputa-ción de Lugo e Concello) no que se afir-ma, “con total descaro que se unhanorma con rango de lei ou decreto estor-ba, modificarase para validar a situacióndo concello de Barreiros”.

Fernando de Abel Vilela chamou aatención sobre o acordo das tres admi-nistracións mencionadas plasmado nodevandito convenio polo que se destinan14 millóns € de fondos públicos para adotación dos servizos mínimos esixíbeispor lei, que deberan ter sido instaladospreviamente a cargo promotores dasobras. Tamén dubida de que estea axei-tadamente probada a incidencia supra-municipal do Plano Sectorial, por aten-der só a catro parroquias do concello exustificarse na creación de postos detraballo: “Seguindo este paradigma,todos os empresarios galegos poderíanamañar o seu problema pedíndolle áXunta un plan de supramunicipalidade”.

Segundo o letrado, a única soluciónlegal que se prevé en Dereito para arran-xar situacións de ilegalidade urbanísticacomo a de Barreiros é a que dispón oprocedemento de reposición de ilegali-dade urbanística, que pode determinar ademolición das edificacións. No obstan-te, cre que calquera solución a estasalturas é mala para o concello: “non

existe seguridade xurídica, nin tampoucogarantías de compra e venda das viven-das, nin tan sequera de que as adminis-tracións conveniadas poidan investireses fondos públicos”. O dato ofreceunoo Secretario do COAG en Lugo, Xosé LuisSanmiguel: “O concello de Barreiros con-veniou destinar 7 millóns €, máis dodobre do seu orzamento para o vindeiroano”. Desde a súa perspectiva, a seguri-dade xurídica xerada crea tamén unhainseguridade técnica inasumíbel e criti-cou a variabilidade continua das normasdo solo na última década.

“A eliminación dos requirimentosambientais no caso Barreiros éunha falta de respecto pola

democracia e polo ParlamentoGalego”, Alba Nogueira.

“De 67 municipios de Lugo, só12 teñen o planeamentourbanístico adaptado á lei

vixente”, Xosé Luis Sanmiguel.

“Todas as actuacións promovidaspola Xunta para legalizar a

situación de Barreiros constitúenunha fraude de lei”, Fernando de

Abel Vilela.

Page 14: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 15: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 15

FESTAS DA TERRA

O solsticio, no principio do inverno,no que aplaudimos o feito de empezar amedrar os días. A entrada da primaveratrouxo o Entroido e nós corrémolocanto puidemos. Tivemos un Día para aDiversidade natural e cultural con actosrelativos á natureza, literarios e musi-cais. Festexamos a chegada do verán coDía do Lume Vello e participamos naFesta da Cabra, a festa da nosa aldea:Ramil.

Coa chegada do outono veu aesmelga e recuperamos a tradición defacer sidra. Conmemoramos o Samaín.Contamos contos e pelexamos contra asplantas invasoras. Fixemos queixo erequeixo. Puxemos en valor e reclama-mos atención para os nosos maltrata-dos ríos cunha demostración de Kaiak eun acto no que participaron uns 30ribeiregos vidos desde as diferentescuncas do país. Plantamos teixos paraaxudar a recuperar a especie e plantasmedicinais para axudarnos a alegrar avida. Saímos a ver e recoñecer paxarose plantas ventureiras con expertos namateria. Estivemos na sega e na mallaen Albá. Recollemos os froitos da terrae comemos os carapuchos dos sapos.Pero aínda hai máis.

POSTA EN VALOR DO LOCAL

Recibimos excursións e fixemosroteiros guiados en inglés e para axente do país. Producimos mel e fixe-mos sidra. Presentamos libros e promo-cionamos o comercio local. Recibimos eescoitamos con atención as propostasda Banca Ética. Reivindicamos o Caste-lo de Pambre. Con éxito demos a coñe-cer o proxecto aproveitando as novastecnoloxías. Sentimos a emoción decomer e cantar xuntos. Visitamos aveciñanza e fixemos amigos e amigas....

BALANZOEstamos satisfeitos polo adiantado

nun ano. Neste mundo actual globali-zador, individualista, depredador e anti-natural, iniciamos a creación dun mini-mundo diferente, unha illa austeranesta sociedade consumista e desbaldi-dora. Por iso a Eira da Xoana é perigo-sa: nela podes incluso cambiar demaneira de pensar. Estando na Eira emergullados na súa dinámica perdeinterese o particular, que semella pobree estéril, porque alí prima o colectivo, asolidariedade, onde teñen importancia

as cousas pequenas, os xestos xenero-sos cara aos compañeiros e compañei-ras. Hai un fondo respecto ao natural etemos normalizada a nosa cultura. Peroesta micro república precisa de mediosmateriais e, sobor de todo, humanos,para levar adiante as ideas e proxectosque temos no maxín. Precisamos com-pañeiros e compañeiras xenerosos edispostos que consideren como seu esteproxecto ecoloxista, pacifista e propiodo país que amamos, porque o labornon acaba máis que empezar e o quequeda por facer é literalmente infinito.

EIRA DA XOANA

A REPÚBLICA ECOLÓXICA DO ALTO ULLAXosé Salvadores

Un ano de actividades continuadas converteron as instalacións que ADEGA ten en Ramil, a chamada Eira da Xoana, nuncentro de dinamización do Alto Ulla, pero entendo que foi algo máis. Máis dun milleiro de visitas nun ano cunhas infraes-truturas mínimas e situadas no mesmo corazón de Galiza requiriron dun esforzo prolongado, constante e moi entregado porparte dalgúns socios e socias que, co seu traballo voluntario, fixeron posíbel semellante travesía. Do que fixemos neste pri-meiro ano dá conta o balance de actos que promovemos ou nos que estivemos presentes.

X. S

alva

dore

s

Así nos divertimos correndo o antroido polascasas dos veciños da Eira da Xoana.

X. S

alva

dore

s

Cumprimos cun dos nosos grandes compromi-sos: facer sidra na Eira da Xoana para recupe-rar unha bebida propia da zona e de Galiza.

X. S

alva

dore

s

Celebramos o Día da Diversidade natural e cultural con música, baile, divertimento e xogos para osmáis novos. Tamén houbo lugar para a visita ao Castelo de Pambre, da man de Marcial Barral.

X. S

alva

dore

s

Page 16: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

16 cerna

O PATRIMONIO CULTURALNA MARIÑA E MARIÑAPATRIMONIO

Manuel Miranda*

Centrándonos na Mariña lucense, enxuño de 2007 trala decisión do Concellode Cervo de outorgar licenzas para edifi-car un cento de vivendas enriba do cas-tro da Atalaia (San Cibrao), e vendo queo alcalde, Xosé Insua, non acataba a ordeditada pola Xunta de paralizar as obrasque estaban destruíndo o xacemento, ungrupo de veciños e veciñas decidimosactuar cortando o paso dos camións eimpedindo que continuase a desfeita. Apartir deste momento, co apoio inestimá-bel dos veciños da Atalaia, de ADEGA, através da colaboración do infatigábelDaniel Vispo, decote disposto para nosaxudar no que fose necesario, e co apoiode Lugopatrimonio e do seu presidenteLois Diéguez, comprometido sempre nadefensa do país, encetamos unha apaixo-nante andaina que continuamos até o díade hoxe.

A Atalaia foi a gota que colmou ovaso das agresións que viña soportando opatrimonio na Mariña luguesa, por iso,

un grupo de mariñáns decidimos enxaneiro de 2008 organizarnos e crear aasociación sociocultural Mariñapatrimo-nio. Dende entón, as mulleres e homesque formamos parte desta asociacióncontinuamos coa loita pola defensa doxacemento da Atalaia e, despois de variosanos de denuncias e de moito traballo,logramos que se evitase a súa destrución,conseguimos que a Dirección xeral dePatrimonio da Xunta recoñecese a gran-de importancia deste asentamento e quenon permitise a construción dos edificiosproxectados. Este logro demostrounosque é posíbel gañar batallas que a prioripoderían parecernos perdidas.

A través desta asociación, en estreitacolaboración con ADEGA, denunciamos edemos a coñecer á opinión pública todasas agresións ao patrimonio mariñán dasque tivemos noticia. Á parte das múlti-ples denuncias pola destrución do xace-mento da Atalaia, denunciamos a desa-parición dunha boa parte do xacemento

do Coído (Cervo), como consecuencia daconstrución do Polígono industrial deCuíña; a destrución por parte do Concel-lo de Barreiros dun hórreo en Pouparín(San Miguel de Reinante) para construírunha pista de pádel; as talas e repoboa-cións de eucaliptos que danaron mámoasno Monte da Cadeira, en Lourenzá; o Picoda Lebre en Foz; o Monte da Canteira enXove; xacementos castrexos, como oCastelo de Celeiro (Viveiro); o xacementode Pereriraboa e o castro da Vela enMorás, en Xove. Este último concellotamén se denunciou pola agresión aocastro de Sumoas, que pretende achaiarmediante recheos de terra para construírunha área recreativa con mesas e grellas.

Desde Mariñapatrimonio comparti-mos a idea de que para defender o patri-monio é necesario coñecelo; por iso, estaasociación organizou e segue organizan-do frecuentes conferencias nas que contacoa colaboración de persoeiros destaca-dos nos diferentes ámbitos da vida cultu-ral galega: historiadores como DionisioPereira, Xoán Carmona, Xoán Ramón Fer-nández Pacios, Miguel Abraira, PrudencioViveiro Mogo, Anselmo López Carreira eAdolfo de Abel Vilela; arqueólogos comoEduardo Ramil Rego e Antonio de la

Na Mariña luguesa, coma no resto das comarcas galegas, contamos cun importante e rico patrimonio cultural. Lamenta-belmente, observamos como día a día este patrimonio se vai destruíndo impunemente en toda Galiza e dunha maneira espe-cialmente grave nas zonas costeiras. A praga dos paseos marítimos, o urbanismo salvaxe, as infraestruturas, os parques eóli-cos e a industria do eucalipto, coa conseguinte apertura de novas pistas nos montes e a utilización de maquinaria pesada paraa tala e repoboación, son os principais responsábeis das constantes agresións que sofre o noso patrimonio natural, paisaxís-tico e cultural. Como consecuencia de todo isto, Galiza conta con numerosas asociacións cuxo obxectivo primordial é a pro-tección deste vizoso patrimonio cultural, e unha delas é Mariñapatrimonio.

Vista aérea do xacemento do castro da Atalaia.

Petróglifo de Rueta (Cervo).

Hum

bert

o P.

Poo

l.

Mar

iñap

atrim

onio

Page 17: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

Peña; o filólogo Xosé Ramón FreixeiroMato; a recoñecida restauradora BrancaBesteiro e a arquitecta Carlota Eiros; oescritor Lois Diéguez; os tamén escritores

e expertos en patrimonio inmaterial,Antonio Reigosa, Xosé Miranda, IsaacFerreira e Manuel Lourenzo, así como oscantantes Mini e Mero.

Outras actividades de difusión dopatrimonio mariñán leváronnos a organi-zar visitas guiadas a lugares tan intere-santes como a carpintaría de ribeira enSan Cibrao, propiedade de Francisco Fra;a Torre de Tovar en Lourenzá; os castroscosteiros de Ribadeo e Barreiros; as ceta-rias de Rinlo; o mazo de Bogo; os fornosda Pontenova; as ferrarías e os ferreirosde Riotorto e a basílica de San Martiñode Mondoñedo en Foz. Realizáronse ade-mais exposicións itinerantes nos centrosde ensino da Mariña sobre o castro daAtalaia e a industria do ferro, esta últimaacompañada dunha interesante e amenademostración do traballo na forxa acargo do ferreiro Telmo Cao, que implicouas alumnas e os alumnos facendo cadan-seu cravo de ferro.

Con todo, unha boa parte do patri-monio da Mariña aínda está por coñecer.Por este motivo a nosa asociación, candoten noticia dalgún ben patrimonial inédi-to e /ou sen catalogar, comunícallo aoServizo de Patrimonio Cultural, tal ecomo marca a Lei, para que o inclúan no

inventario da Dirección Xeral de Patrimo-nio e poida gozar da protección pertinen-te. Por suposto, tamén informamos á opi-nión pública a través dos diferentesmedios de comunicación.

Desta forma demos a coñecer os pri-meiros petróglifos da Mariña, localizadosno castro da Atalaia, seguidos polos de OCoído, Rueta e A Pena (Cervo); os dasTetas da Vinculeira (Burela) e o das Pisa-das do Encanto, nas Anzas (Ribadeo). Asímesmo, sacamos á luz a existencia dunimportante xacemento do PaleolíticoInferior no río Covo, aos que se sumarona aparición doutros útiles líticos infero-paleolíticos como os de Trasbar, Sargade-los, A Senra, o Guioncho, localizadostodos no concello de Cervo e outros máisnos concellos de Foz, Ribadeo, Barreiros,Xove, Alfoz e Ferreira de Valadouro. Máisrecentemente informamos tamén daposíbel existencia dun asentamento nor-mando na praia de San Román, nun lugarcoñecido como Os Moutillós, que seatopa no concello de O Vicedo.

Cremos que, como resultado de todoeste traballo, estamos contribuíndo a queas persoas se conciencien da importanciaque ten a conservación do patrimoniomaterial e inmaterial. Esta crenza sustén-tase no interese que esperta nunha boaparte da poboación todo o relacionadocon estes temas, así como a indignaciónque manifestan cando se coñece unhanova agresión.

Estamos convencidos e convencidasde que as numerosas asociacións galegasque defenden o patrimonio, entre as quese inclúe a nosa, son na actualidade unhaferramenta imprescindíbel na súa preser-vación e difusión. Por este motivo, faisecada vez máis necesaria e urxente a crea-ción dunha Mesa que aglutine a persoase asociacións implicadas na defensa dopatrimonio cultural do noso país.

cerna 17

Visita de ADEGA ao castro da Atalaia (Cervo).

Mar

iñap

atrim

onio

* Manuel Miranda é Presidente de Mariñapatri-monio.

Mar

iñap

atrim

onio

Agresión ao castro de Sumoas (Xove).

Page 18: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

18 cerna

A CUSTODIA DO TERRITORIO COMOFERRAMENTA DE CONSERVACIÓN

Ramsés Pérez*

CONSERVACIÓN DO PATRIMONIONATURAL E CULTURAL

Galiza segue a ser a última comuni-dade do Estado español en superficieprotexida e boa parte dela carece dasferramentas legais axeitadas (progra-mas PORN, PRUX…) para levar adiante aconservación dos seus valores.

Os últimos informes do Observatoriode la Sostenibilidad en España indicanque pese a que o número de espazosnaturais protexidos (ENP) aumentoudesde 1990 até 2006, tamén son máis asespecies ameazadas, incrementándosenun 34,6% e pasando de 448 a 603taxóns. Por tanto, máis ENP non signi-fica necesariamente unha mellor con-servación da paisaxe, nin das especies,nin dos espazos. Non é este o lugar paraanalizar en profundidade as causasdesta situación, porén, un dos motivos éa actual política medioambiental dasadministracións, pouco participativa efeita á marxe da sociedade civil. Nume-rosos son os exemplos fallidos (A Limia,Os Ancares…) que, lonxe de favorecer apercepción dos ENP como unha oportu-nidade, provocaron rexeitamento detodo aquilo relacionado coa protecciónambiental.

Ante esta situación, ADEGA avogapor seguir loitando para que se cumpraa lexislación e para que os nosos espa-zos naturais vaian en aumento e teñan aprotección que deberían. A outra medi-da pola que apostamos é a de deseñar eexecutar iniciativas de conservación eparticipación que, aínda que pequenas,poidan servir de exemplo de comoentendemos que se deben facer as cou-sas. Este último reto xa nolo formulabaa Estratexia Galega de EducaciónAmbiental alá polo ano 2000, e a custo-dia do Territorio é unha das estratexiasque deben complementar ás políticas deconservación da Administración.

A CUSTODIA DO TERRITORIO É unha nova e crecente estratexia de

conservación do patrimonio natural,cultural e paisaxístico. A súa principalcaracterística é a implicación da socie-dade civil na xestión responsábel do ter-ritorio ao ser desenvolta por propietariosde terras e entidades de custodia (aso-ciacións, concellos, etc.) mediante dife-rentes tipos de acordos. Nos últimosanos, iniciáronse no noso país numero-sas experiencias de conservación a tra-vés desta ferramenta.

Basora e Sabaté (2006) defínena“como un conxunto de estratexias e ins-trumentos que pretenden implicar apropietarios e usuarios do territorio naconservación e o bo uso dos valores edos recursos naturais, culturais e paisa-xísticos. Para conseguilo promovenacordos e mecanismos de colaboracióncontinua entre propietarios, entidadesde custodia e outros axentes públicos eprivados”.

OS ACORDOS DE CUSTODIAUnha das palabras chave na custodia

do territorio debe ser “confianza”. Defeito, os acordos de custodia son proce-dementos voluntarios entre os propieta-rios e as entidades de custodia, verbaisou por escrito. As entidades de custodiapola súa parte, son organizacións públi-cas ou privadas, sen ánimo de lucro, quetraballan na conservación do patrimonionatural e cultural.

Os acordos de custodia poden sersen transmisión da xestión ou contransmisión da xestión. Nos que con-templan a transmisión da xestión, osdonos da finca continúan dándolle uso amesma, porén acordan conxuntamentecoa entidade de custodia unhas tarefasdeterminadas a ter en conta na xestiónda parcela. Nesta modalidade, a entida-de de custodia será a encargada de facervaler os acordos tomados facendo unseguimento dos mesmos.

Os acordos con transmisión da xes-tión son aqueles nos que a entidade decustodia realiza a xestión total ou par-cial da finca e nos que tamén debe velarpolo seguimento dos acordos tomados.As opción legais desta modalidade son oarrendamento de dereitos de tala, pastoe outros, a cesión de uso, a transmisiónde dereitos reais e as servidumes, o usu-fruto, a fiducia e a transmisión da pro-piedade por doazón, compravenda, per-muta ou legado. A Xarxa de Custodia delTerritori de Catalunya apunta outrasvías de colaboración como as doazónsmonetarias e materiais, os compradoresde custodia, os avais de custodia e osvoluntarios para a custodia.

A XESTIÓN DAS PARCELASCUSTODIADAS

A xestión das parcelas custodiadasnon implica necesariamente “deixar afinca a monte”, máis ben todo o contra-

Galiza é unha paisaxe humanizada que as galegas e os galegos modelaron e xestionaron durante séculos. Porén, nos últi-mos anos, a xestión do territorio e nomeadamente dos espazos naturais protexidos foi deixadas case exclusivamente nas mansda administración, cuns resultados moi discutíbeis. Neste artigo presentamos a custodia do territorio, un crecente movemen-to de conservación que de maneira participativa e desde a sociedade civil ofrece unha nova posibilidade de xestión e con gran-des posibilidades.

Ram

sés

Pére

z

Page 19: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 19

A CUSTODIA DO TERRITORIO EN POUCAS PALABRAS• QUE É?É UNHA NOVA E CRECENTE ESTRATEXIA DE XESTIÓN DO TERRITORIO QUE TENCOMO OBXECTIVO A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL EPAISAXÍSTICO DUN TERRITORIO CONCRETO.

• COMO?MEDIANTE ACORDOS VOLUNTARIOS, VERBAIS OU ESCRITOS, ENTRE PROPIETA-RIOS/AS DE FINCAS E ENTIDADES DE CUSTODIA QUE ESTABLECEN UN PACTOPARA XESTIONAR A PARCELA CUSTODIADA.

• QUEN?PROPIETARIOS/AS DE FINCAS E ENTIDADES DE CUSTODIA, QUE PODEN SER ENTI-DADES PÚBLICAS OU PRIVADAS (FUNDACIÓNS, GRUPOS ECOLOXISTAS, ADMINIS-TRACIÓNS PÚBLICAS, ETC.)

• ONDE?EN PARCELAS QUE TEÑAN OU POIDAN TER VALORES NATURAIS, CULTURAISE/OU PAISAXÍSTICOS.

• CANDO?OS ACORDOS DE CUSTODIA ESTABLECEN O PERÍODO DE ACTUACIÓN, PODENDOIR DE VARIOS MESES A VARIOS ANOS, SEGUNDO AS ACCIÓNS DE XESTIÓN ACOR-DADAS.

rio. Así, en moitos casos, os acordos decustodia implican a continuidade destastarefas, a súa recuperación con volunta-riado ambiental ou a modificación dal-gúns aspectos no seu uso. A custodiapermite o mantemento das actividadeseconómicas, da cultura e do desenvolve-mento rural.

Á vista das iniciativas desenvolvidasao longo destes anos por ADEGA e Pro-xecto Ríos, cremos que a custodia doterritorio ten unha interesante vincula-ción coa conservación do patrimonio eda paisaxe e coa participación social. Através dela, poden participar propieta-rios que teñen terras abandonadas e

calquera outro cidadán que queira con-tribuír á mellora do noso medio para oque se destinan espazos como, porexemplo, a Eira da Xoana ou actividadescomo os Campamentos do río Tea, etc.

A custodia ofrece en Galiza unhanova oportunidade de conservaciónsobre todo se pensamos que o 90% dopaís está en mans privadas ou é de par-ticulares.

A CUSTODIA XA TEN HISTORIAA custodia do territorio é unha nova

e crecente estratexia de conservación,pero deberíamos aclarar que a novidadese refire especialmente a Galiza e aoutras parte do Estado español, peronon ao conxunto do planeta.

As orixes da custodia tiveron lugar afinais do século XIX nos Estados Unidos,no ano 1890, coa creación de The Trus-tees of Reservations, baixo o termoanglófono land stewardship. Cinco anosdespois nace no Reino Unido a primeiraentidade de Europa, The National Trust.Posteriormente, estendeuse a Canadá, aoutros países de Europa e a AméricaLatina.

Na actualidade a estadounidenseThe Nature Conservancy é a maior enti-dade de custodia do mundo, nada en1951, ten un millón de membros e xes-tiona 48 millóns de hectáreas e uns8.000 quilómetros de ríos en máis de 30países.

No Estado español, á iniciativa pio-neira foi a creación do refuxio de rapa-ces de Montejo de la Vega, en Segoviapromovida en 1975 por Félix Rodríguezde la Fuente e WWF/ADENA. Tamén poraquelas datas, ADENEX en Estremaduraou o GOB en Mallorca crearon unha redede reservas naturais a partir da adquisi-ción de propiedades privadas. En Galiza,unha das entidades pioneiras foi a Aso-ciación Ridimoas, alá polo 1988.

Porén, é no ano 2000 cando se for-maliza o concepto de custodia do terri-torio coa sinatura da Declaración deMontesquieu. No ano 2003 créase aXarxa de Custodia del Territori (XCT) enCatalunya, á que seguen outras moitasentidades en diferentes territorios detodo o Estado.

Ram

sés

Pére

z

* Ramsés Pérez é educador ambiental enADEGA. + info: www.custodiaterritori.org

www.custodia-territorio.es .

Page 20: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

METODOLOXÍANun primeiro momento deseñouse

unha ficha estándar. Tentamos que boaparte dos ítems do formulario fosensemellantes aos recollidos no 2º Inventa-rio de Iniciativas de Custodia do Territoriodo Estado Español, elaborado pola Plata-forma de Custodia del Territorio en Abrilde 2010, incorporando outros que consi-deramos acaídos como, por exemplo, oslogros acadados e as dificultades atopa-das nas distintas iniciativas.

Na segunda fase elaborouse unhaprimeira base de datos das distintas enti-dades que desenvolven proxectos de cus-todia en Galiza coas que mantivemoscontacto para facilitar o cumprimento doformulario. Unha vez analizados os datosrecibidos, fíxose o Primeiro Informe deCustodia do Territorio en Galiza, comofoto fixa da situación actual (2011) epunto de referencia para avaliar a evolu-ción en anos vindeiros. Non podemosobviar a dificultade para conseguiralgúns datos ou mesmo a imposibilidadede contactar con algunhas entidades.

SITUACIÓN DA CUSTODIA EN GALIZAPresentamos a continuación algúns

dos datos máis relevantes. Os datos refe-ridos aos anos 2008 e 2010 proceden do2º inventariado de iniciativas de custodiado territorio español da Fundación Biodi-versidad.

- Superficie custodiada

É de 3.757 Ha, o que supón un incre-mento de preto do 86% de superficierespecto ao ano 2008. O considerábelaumento pode deberse á maior exausti-vidade na recollida e rexistro das inicia-tivas galegas, fundamentalmente, polanosa proximidade e maior coñecementoda realidade galega fronte o inventarioestatal. A superficie total custodiada enGaliza seguramente chegue ás 4.000 Ha,se lle engadimos outras iniciativas de

custodia non contempladas en sensoestrito, como poden ser as hortas urba-nas. Tampouco se incluíron neste cóm-puto de superficie os acordos vinculadosá CEMMA (toda a costa galega) nin aoProxecto Ríos (todos os ríos galegos). NoProxecto Ríos só se teñen en conta asiniciativas do río Tea e o Proxecto Cas-tieixas.

Entendemos que a idiosincrasia gale-ga, extensíbel ao noroeste peninsular ereflectida no minifundismo, imposibilitaunha comparación co resto da Penínsulaen número de hectáreas custodiadas. Así,unha parcela custodiada en Andalucía,Estremadura ou Alentejo, de extensións

20 cerna

A CUSTODIA DO TERRITORIO EN GALIZASITUACIÓN E PERSPECTIVAS

Ramsés Pérez e Virxinia Rodríguez

A AGCT custodia carballeiras termófilas noMorrazo que albergan interesantes poboaciónsde morcegos forestais, entre elas, a únicapoboación reprodutora coñecida en Galiza deMyotis bechsteinii.

ENTIDADE DE CUSTODIA NOME DA FINCA CONCELLO TAMAÑO

ADEGA

Corna Pobra do Caramiñal 8,5 has

Eira da Xoana Agolada 1 has

Fragas Galegas Agolada 0,5 has Chousa Nova

Reboleiras Montederramo 3has

Custodia FluvialUlla-Umia-Lérez

A Estrada, Caldas de Reis, Cuntis,Catoira, Cerdedo, ForcareiMoraña,Pontecesures, Portas, Valga

En proxecto

AGCTCarballeiras Ancares As Nogais Cervantes e Pedrafita 300 has

Carballeiras Terra Cha Cospeito e Rábade 2 has

ANABAM* Chans (Trega) A Guarda 1 ha

CEMMA Toda a costa -

Custodia Alto Ulla 9 parcelasAgolada, Antas de Ulla, Monterroso,Palas de Rei, Santiso

400 has

Drosera

Sorretas Marín 0,16 has

Casa da Veiga Chantada -

Igrexa de San Xoán do Freixo As Pontes -

Fragas do Mandeo Lagoa de Sobrado Sobrado 4,4 has

FontaiñaCabo do Mar, Xunqueira do Lagarese Praias de Fonteiña-Baluarte

Vigo 7 has

Mar de Lira Lira e Carnota 2.074 ha

Numenios Fincas Terra Cha Cospeito 29 has

Proxecto RíosProxecto Tea Mondariz 30 has

Castieixas Montederramo 1,3 has

Monte cabalar Monte Cabalar A Estrada 720 has

Rainha Lupa Agra de Quilmas Carnota 25 ha

Ridimoas Varias Beade 150 has

Vaipolorío Río Gafos Pontevedra -

Total 15 33 3.756,86 has

FICHA DE ACORDOS

Con motivo da realización do I Encontro galego de Custodia do Territorio e da recollida das fichas coas iniciativas decustodia das entidades participantes, elaboramos un primeiro inventariado galego de iniciativas de custodia que resume asituación desta figura de conservación do territorio en Galiza. Neste artigo presentamos algúns aspectos destacados destetraballo. O obxectivo do inventario é facilitar a difusión do concepto, as experiencias existentes, e servir de manual paraaquelas persoas e entidades que queiran iniciarse na custodia.

AGCT

Page 21: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

latifundistas, pode supoñer a totalidadeda superficie custodiada en Galiza.

- Número de entidades e acordos decustodia

Neste primeiro inventario galegorecollemos un total de 15 entidades decustodia, que supera en número as uni-camente 6 entidades galegas rexistradasno inventario da Fundación Biodiversi-dad. Aínda que temos constancia daexistencia doutras entidades, non fomosquen de conseguir que enviasen os seusdatos. Con elas a cifra total de entidadesde custodia en Galiza podería acadar avintena.

Por outra parte, o número de acordosde custodia en 2011 acada os 33, aos quehabería que engadirlle outras iniciativasvinculadas á custodia urbana (hortasurbanas) ou ao Banco de Terras (BANTE-GAL).

- Ámbito e tipoloxía das entidades

Das 16 entidades de custodia, 6 sonde ámbito galego, 9 de ámbito local e sóunha ten ámbito estatal, aínda que polomomento só ten proxectos no noso país.A maioría delas son ONG de carácterambiental e asociacións. Tamén son enti-dades de custodia unha comunidade demontes, unha cooperativa e a FundaciónComarcal Ulloa-Deza, hoxe baixo oparaugas do AGADER (Axencia Galega deDesenvolvemento Rural), tras desapare-cer as fundacións comarcais en 2007. OBanco de Terras, dependente de MedioRural, os Grupos de DesenvolvementoRural, así como os concellos ou as uni-versidades son tamén potenciais entida-des de custodia do territorio.

É de destacar a escaseza de entida-des de custodia públicas, nas que pode-riamos enmarcar a concellos, deputa-cións ou consellarías. Concluímos poisque en Galiza a custodia está moi rela-cionada co movemento ecoloxista e con-servacionista e que, polo tanto, aíndaqueda un amplo campo de expansión.

- Distribución dos acordos

No mapa que acompaña a este arti-go pódese ver a distribución da custodiado territorio atendendo á súa implemen-tación por provincias, comarcas ou con-cellos. En azul aparecen os concellos nosque temos constancia dalgunha iniciati-va de custodia comezada ou en marcha.Nalgúns, como Agolada, Cospeito, Mon-tederramo, Monterroso ou Palas de Reihai máis de dous acordos.

Son as comarcas da Ulloa, Os Anca-res, Caldas e Tabeirós-Terra de Montes asque máis iniciativas acollen. A provinciamenos prolífica en acordos de custodia éOurense.

DIFICULTADES

As principais dificultades que se ato-paron as entidades á hora de levar a caboas súas iniciativas son:

a) Económicas: a falta de financiamen-to é a maior dificultade. O descoñe-cemento ambiental das administra-ción galegas, nomeadamente das queteñen a competencia en conserva-ción da biodiversidade, ou das enti-dades de aforro galegas pode ser undos motivos do pouco investimentopúblico que até agora se ten feito nacustodia en Galiza. Isto levou a aban-donar iniciativas interesantes e afacer inviábeis experiencias pioneirasno país. A crise tamén pode frear aexpansión da custodia en Galiza nospróximos anos.

a) Acceso ás parcelas e aos propietarios:É a segunda dificultade en importan-cia. O minifundio e a excesiva frag-mentación das parcelas tamén difi-culta a custodia.

a) Descoñecemento e lentitude daadministración: As entidades temosunha importante tarefa pedagóxica áhora de dar a coñecer as diferentesadministracións e á cidadanía que é acustodia e que implica. Os continuoscambios do organigrama político etécnico das administracións taméndificultan a divulgación do significa-do da custodia nestes eidos.

PROPOSTAS

No I Encontro galego de custodiaapuntáronse algunhas ideas coa inten-ción de ir superando estas dificultadescomo a de achegarse ás administraciónse presentarlles a custodia como unhaoportunidade e demandar beneficios fis-cais para aquelas propietarias e propie-tarios que asinen acordos de custodia,como incentivo para aumentar o númerode parcelas custodiadas. Outras apostasforon dirixidas cara a crear un manifestode custodia en Galiza, demandar unhaliña de axudas anual ou bianual paraeste tipo de experiencias ou facilitardesde a Administración os datos sobrefincas e persoas propietarias involucra-das en proxectos de custodia.

En definitiva, a custodia do territorioen Galiza preséntase como unha novaoportunidade de conservación do nosopatrimonio e como un reto de traballopara un amplo abano de entidades.

cerna 21

Nº de hectáreas custodiadas en Galiza nos últi-mos anos.

Distribución das iniciativas de custodia do ter-ritorio en Galiza.

Nº de entidades galegas que fan custodia nosúltimos anos.

Nº de acordos de custodia en Galiza nos últimosanos.

Page 22: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

22 cerna

As xornadas conseguiron ser unescaparate da meirande parte dos pro-xectos de custodia territorial que seestán a realizar en Galiza e que afectana unhas 4.000 hectáreas. Alén diso, quí-xose coñecer a situación da custodia doterritorio a nivel estatal para o que seconvidou a Amaya Sánchez, técnica daplataforma de custodia estatal promovi-da pola Fundación Biodiversidade,dependente do Ministerio de MedioAmbiente. Amaya Sánchez abordou oestado da cuestión a nivel lexislativo esocial e explicou as funcións da Platafor-ma estatal.

En canto ao proxectos concretos,abordáronse, non só as iniciativas reali-zadas na xeografía galega, senón expe-riencias procedentes doutros lugares daPenínsula entre os que destacou o pro-xecto “Cultivando sinerxias” do grupoambientalista GOB da illa balear deMenorca. A súa voceira Nuria Llabresdefiniu de xeito explícito o significadoda custodia agraria aplicada a un terreocon vocación rural pero ameazado polaactividade inmobiliaria e urbanística.Para GOB a custodia é unha estratexia

de defensa territorial fronte as econo-mías invasoras mediante a busca da via-bilidade da actividade agraria e a recu-peración da biodiversidade. “Aagricultura tradicional responsábel estáa xerar moitos beneficios para o conxun-to da sociedade menorquina: crea paisa-xe, biodiversidade animal e vexetal,favorece a calidade da auga e o solo fér-til, recupera razas de produción de leitee carne autóctonas, potencia o uso doterritorio para o ocio e o turismo, axudaa conservar o patrimonio histórico inhe-rente ao terreo agrario, produce alimen-tos máis saudábeis para os cidadáns econtribúe a asentar poboación no rural ea frear proxectos urbanísticos especula-tivos que só xeran beneficios para unspoucos”, dixo. Destacou a importanciada superación de prexuízos e a impor-tancia de chegar a acordos cos “palleses”cos que conveniaron 38 medidas adesenvolver que comparten tanto bene-ficios ambientais como económicos.

PROXECTOS DESTACADOS EN GALIZAMoitas son as organizacións galegas

ambientalistas, nomeadamente, sociais

ou para o desenvolvemento económico,que nos últimos anos están a desenvol-ver iniciativas proteccionistas co territo-rio a través deste novo xeito de xestióndo espazo físico nas que a Administra-ción non sempre intervén ou non o fai deforma directa e como única responsábel.Tan só establecen acordos entre as per-soas propietarias dun terreo e unha enti-dade de custodia, que se concretan noschamados contratos de custodia do ter-ritorio.

Unha destas entidade é a organiza-ción ecoloxista ADEGA. Fronte a malaxestión pública dalgúns espazos protexi-dos de xeito oficial, ADEGA promove acustodia do territorio como canle alter-nativa de preservación de certos espazosda que a poboación local sexa partícipe.Alén dos seus proxectos de custodia flu-vial (Proxecto Ríos, ou a custodia do ríoTea e do complexo Ulla-Umia-Lérez),destacou outras iniciativas de custodiaterritorial como a Eira da Xoana, un cen-tro de recuperación dos saberes tradi-cionais; o Proxecto Castieixas, centradona recuperación da poboación de anfi-bios en Montederramo, o Proxecto Rebo-

CRÓNICA

I ENCONTRO GALEGO DE CUSTODIABelén Rodríguez

Tivo lugar os pasados 29 e 30 de outubro en Santiago de Compostela. Organizado pola Asociación para a Defensa Ecoló-xica de Galiza (ADEGA), coa colaboración da Asociación Galega de Custodia do Territorio, tratou de acoller a todas as enti-dades de custodia que están a desenvolver proxectos en Galiza baixo esta forma de participación social na conservación domedio natural para intercambiar experiencias e dar un primeiro chanzo na creación dunha Rede galega de Custodia do Terri-torio. Os obxectivos, entre outros, son poder obter unha presenza representativa dos proxectos galegos de custodia nos forosestatais e acdar unha idea máis aproximada da incidencia da custodia no país galego. No encontro, unha vintena de entida-des deron a coñecer preto de 30 proxectos.

O I Encontro Galego de Custodia acolleu á meirande parte de organizaciónsque están a facer custodia do territorio en Galiza.

ADEGA, A Asociación Galega de Custodia e a Asociación Fragas do Mandeoconforman a agrupación de entidades que representan a Galiza no ForoEstatal de Custodia.

Fins

Eire

xas

Fins

Eire

xas

Page 23: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 23

leiras ou o Proxecto Corna, destinados ápreservación de especies vexetais e ani-mais no interior e no litoral de Galiza.

Manuel Ferro representou nas xorna-das á Fundación Comarcal do Alto Ulla.Este organismo desenvolveu sendos pro-xectos de conservación territorial convarios propietarios desa área xeográfica,acadando a custodia dunhas 400 hectá-reas. Anunciou que, coa desaparición daFundación, todos estes proxectos preci-san dunha nova entidade de custodiaque lles dea continuidade, polo que Ferroanimou a asumir esa responsabilidade ásorganizacións presentes no Encontro.

Pola Asociación Galega de Custodiado territorio interviu Martiño Cabana.Esta orgainzación naceu hai un ano copropósito de divulgar o concepto e osobxectivos da custodia e ser un axentede interlocución coa Administración.Algúns dos seus proxectos teñen que vercoa protección de poboacións de avesque están en perigo de extinción, como oferápito real, cuxa única poboación nidi-ficante en Galiza está instalada nun ter-ritorio militar en Lugo. Por outra banda,ten en marcha un proxecto de custodiapara preservar os bosques dos Ancares ealgunhas paraxes da comarca chairega.Martiño Cabana destacou o potencialcomo terreo de custodia que teñen asterras rexistradas no Banco de Terras,onde predominan as de titularidadepública.

Ao respecto da custodia mariña, par-ticipou a asociación Fontaíña de Vigo,que leva case vinte anos protexendo olitoral, nomeadamente, unha zona dunarpróxima á cidade olívica que se ve amea-zada pola intervención urbanística epolo tráfico rodado. Para preservalaideou un proxecto de custodia que con-sistiu na reparación de valados e narexeneración da vexetación das dunas e

sinalización, coa axuda de voluntariadoe da poboación local.

Tamén no espazo litoral se destaca-ron os proxectos de custodia mariña querealiza a CEMMA (Coordinadora deMamíferos Mariños), cuxo labor se atopaligado á protección e salvagarda decetáceos e outros animais ameazadospola actividade humana en toda a costagalega.

Na mesa dedicada á custodia agrariaparticiparon os voceiros da FundaciónFragas do Mandeo, Numenius, Drosera,Monte Cabalar e ANABAM. A primeiradirixe os seus esforzos a conservar a áreade influencia do río Mandeo e todo o seubosque de ribeira. Numenius e Droserateñen como finalidade, respectivamente,preservar as aves esteparias fronte aintensificación agrícola e os morcegos, através da protección dos seus hábitatsou asentamentos. No concello da Estra-da, Monte Cabalar constitúese comocooperativa de propietarios gandeirosque queren recuperar do abandono o seumonte a través da repoboación e xestióncon gando ovino, caprino, vacuno eequino nunha superficie de 700 Ha.

Por último, ANABAM explicou a tra-xectoria do seu proxecto de custodiapara recupear unha especie de bolboretaameazada no Baixo Miño, a Caraxesjasius, e meirande bolboreta diurna deEuropa. Grazas a este proxecto esta bol-boreta estase a reproducir nesta comar-ca de xeito natural desde o ano 2010.

Na segunda sesión das xornadas, asentidades convidadas visitaron dous pro-xectos de custodia territorial que com-parten o mesmo espazo de operacións: acooperativa de Carnota “Mar de Lira”,promotora da Reserva Mariña dosMiñarzos; e a cooperativa agroecolóxicade Quilmas “Raíña Lupa”, xurdida como

alternativa fronte as piscifactorías deStolt Sea Farm.

A esta listaxe de entidades de custo-dia en Galiza hai que engadir a asocia-ción Ridimoas de Ourense, cunha longatraxectoria e experiencia en proxectos decustodia; a Asociación Val de Esmelle;Vaipolorío; Outeiro dos Lameiros, e moi-tas outras organizacións galegas queestán xurdindo para compartir un retocomún: coidar o territorio coa axuda doscidadáns.

LIÑAS DE TRABALLO EN EQUIPO

O I Encontro Galego de Custodia ser-viu para marcar as principais liñas detraballo que deben desenvolver conxun-tamente as entidades galegas de custo-dia para ir acadando maior recoñece-mento social e público. Ante asdificultades coas que se atopan día a díaestas entidades para poñer en marcha osseus proxectos de custodia (falta definanzamento, de vantaxes fiscais paraos propietarios ou necesidade de locali-zar aos donos de fincas abandonadas), asentidades cren prioritario achegarse ásadministracións públicas para familiari-zalas co concepto e acadar o seu apoio.Alén diso, cren preciso afondar na for-mación propia dos axentes de custodia através da realización de seminarios ouxornadas técnicas e convocar novosforos de intercambio de experiencias quevaian na dirección da creación dunhaRede Galega de Custodia. Como primeiropaso, ADEGA, AGCT e Fragas do Mandeoconstituíron unha Agrupación de Entida-des que representará a Galiza no ForoEstatal de Custodia. En definitiva, acor-dan elaborar unha folla de ruta conxun-ta na que todas as entidades participendo desenvolvemento en Galiza destafigura de protección.

Na segunda sesión do I Encontro Galego de Custodia visitouse á Reserva Mariña de Lira e a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raíña Lupa, de Quilmas.

Ram

sés

Pére

z

Ram

sés

Pére

z

Page 24: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

24 cerna

Amaya Sánchez.

- Que obxectivos persegue a Plataformade Custodia do Territorio?

- É un proxecto que traballa para promo-ver o desenvolvemento da custodia doterritorio no Estado español. Nace apetición do propio movemento de cus-todia do territorio e intenta dar respos-ta ás necesidades que este movementolle presenta á Fundación Biodiversida-de. Neste senso, creamos o portalwww.custodia-territorio.es, que agluti-na novidades sobre a custodia no ámbi-to estatal, recolle información sobreconceptos, ferramentas, actores, inicia-tivas concretas de custodia. Taménrecompilamos as iniciativas nun mapagoogle onde se localizan xeografica-mente os proxectos e acordos. Estainformación complétase cunha secciónde directorios e cunha lista de distribu-ción electrónica de custodia á que sepode chegar a través da sección “foro”,un lugar de encontro de persoas intere-sadas ou vinculadas a acordos de cus-todia onde compartir eventos, informa-cións de axudas, publicacións, etc. Écomo un café tertulia da xente que tra-balla coa custodia.

- A primeira dificultade é definir o con-cepto “custodia de territorio”. Que é?

- A custodia trata da participación cida-dá e promove que outros actores distin-tos das administracións fagan conser-vación da natureza e complementenesta acción pública. A maneira de plas-malo é a través de acordos de custodia,nos que, habitualmente, unha das par-tes son os propietarios de fincas priva-das ou públicas, e outra, as entidadesde custodia, que poden ser organiza-cións sen ánimo de lucro (asociacións,fundacións), concellos ou comunidadesautónomas. O proxecto común é levara cabo certas actuacións que respondanao obxectivo de conservación nunhafinca.

- Que pode mover a un propietario aparticipar nun proxecto de custodia?

- Hai bastantes intereses, pero en xeral,son os que se denominan “intanxíbeis”en economía. Para un propietario é moiimportante que lle recoñezan ese laborque nos beneficia a todos (aire limpo,auga potábel, paisaxe, etc.) e queoutros poidan participar del. Outrointerese máis práctico é que o propieta-rio obtén unha axuda real por parte daentidade (asesoramento xurídico, buro-crático e técnico -desde o punto devista da conservación-) e do voluntaria-do (en labores de restauración e recu-peración de muros, fontes, etc.). Nalgu-nhas ocasións, obtén un incentivoeconómico (unha subvención pública, oaluguer de fincas ou o pago por lucrocesante).

- Como se financian os proxectos decustodia?

- Até o de agora a custodia dependeu dofinanciamento público (Life-Natureza,

Fundación Biodiversidade, Ministerio deMedio Ambiente…), pero hai que abrirnovos horizontes. En España está porexplorar o financiamento privado quenoutros países é o máis importante.Tamén sería determinante que se mel-lorasen cuestións como a Lei de Mece-nado e de Incentivos Fiscais ou doazónspara que a persoa filantrópica ou quenqueira transferir cartos a este tipo deproxectos obteña un beneficio fiscal.

Por outra banda, as entidades de custo-dia españolas, polo xeral, teñen moipoucos socios, que son outra fonte definanciamento, á parte dunha fonte decredibilidade social, e que noutros paí-ses superan o millón por entidade.Tamén se está comezando a traballar otema de pagos por servizos ambientais,os bancos de hábitat, os investimentos(móvese o diñeiro como activos finan-ceiros e en bolsa). A conclusión é que a“pita dos ovos de ouro” do sistemapúblico acábase e temos que buscaroutras fontes de financiamento: mer-chandising, asociar a custodia ao servi-zo hostaleiro, etc.

- Por que noutros países europeos acustodia do territorio está máisdesenvolta?

- A custodia naceu no mundo anglosaxón(EEUU e Canadá) e logo deu o salto aInglaterra, Holanda, Francia, Italia, Gre-cia, etc. En España a conservación danatureza sempre recaeu nas competen-cias das administracións públicas e ocidadán delegou todo nos poderespúblicos. Pero a Administración públicae os seus recursos é limitada e, poroutro lado, os cidadáns queren e teñeno dereito e a responsabilidade de parti-cipar nesta conservación da natureza.

Por outro lado, depende do contextosocial das distintas rexións. Cataluña,por exemplo, é unha das sociedadesmáis participativas, con maior culturado asociacionismo e do voluntariado,de implicarse no contorno. E, en tercei-ro lugar, creo que é pronto para chegar

ENTREVISTA A AMAYA SÁNCHEZ

“NA PROTECCIÓN DA NATUREZA NON ABONDACO TRABALLO DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA”

Entrevista por Belén Rodríguez

Amaya Sánchez é asistenta técnica da Fundación Biodiversidade no proxecto“Plataforma de Custodia do Territorio”.

“Até o de agora a custodiadependeu do financiamento

público, pero hai que abrir novoshorizontes”

Page 25: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

a eses niveis de consolidación da custo-dia. A custodia naceu a finais do s. XIX,polo que nos queda un século de tra-ballo para acadar esas cotas de éxito,nas que será necesario involucrar aosector privado.

- Estase a implicar a Administración nacustodia?

- Depende de cada comunidade autóno-ma, de factores xeracionais, políticos,sociais… En xeral, nos territorios nosque se fixo un labor de difusión e deachegamento continuado e intensocara a Administración, ese baleiro decoñecementos e desconfianza reduciu-se moito e chegouse máis rápido. Oexemplo volve ser Cataluña, onde exis-te unha rede de custodia desde haimoitos anos que conseguiu mesmo quea Generalitat crease unha comisióninterdepartamental transversal sobrecustodia que se reúne varias veces aoano. Tamén é importante que haxa undiscurso común sobre custodia.

- Cales son as vantaxes da custodia paraa Administración?

- Se as entidades de custodia estándando resposta aos obxectivos da Lei dePatrimonio Natural e Biodiversidade,considero que desde as administraciónseste tipo de iniciativas deberan ser ben-vidas, porque están complementando asúa acción e ademais resolve en parte afalta de recursos e de axentes dos ser-vizos públicos de protección. As entida-des de custodia teñen un trato máisdirecto cos propietarios, coñecen caso

por caso e teñen unha capacidade deinterlocución e un coñecemento sobreo territorio do que, a miúdo, carecen asadministracións. Ademais a custodiafomenta procesos sociais e participati-vos que, desde o meu punto de vista,contribúen a unha sociedade máis“evolucionada”.

- Tamén a superficie pública pode serobxecto de proxectos de custodia?

- Si, pero son os obxectivos de conserva-ción os que levan as entidades de cus-todia a un lugar ou a outro, aínda que apropiedade pode ser un condicionante.

Se enfrontarte á xestión dun territoriosignifica negociar con 15 herdeiros quese están pelexando por unha herdanza,ao mellor non é un proxecto óptimo.Pero non depende tanto do propietariocomo da vocación do territorio. Efecti-vamente, hai concellos que son propie-tarios e comunidades autónomas queestán desenvolvendo acordos de custo-dia sobre terreos públicos.

- Que avaliación se fai desde a Platafor-ma da situación da custodia no Esta-do?

- En canto a socios, as entidades de cus-todia españolas son das que menosteñen. A que máis é FAPAS, cuns100.000. A súa base social é algo noque as entidades teñen que traballar.Nembargante, consideramos que a evo-lución da superficie custodiada noEstado foi boa, sobre todo entre 2008 e2010. Sabemos que hai polo menos290.000 Ha custodiadas, 130 entidadesde custodia e uns 1.350 acordos. Perohai máis que isto, porque aínda faltandatos por rexistrar. A evolución nos últi-mos 11 anos, desde que o termo foiacuñado, foi moi rápida e isto plasmou-se en diferentes fitos: a Lei 42/2007recolle a definición de custodia do ter-ritorio e entidade de custodia, e orecente Plano Estratéxico para o Patri-monio Natural e Biodiversidade quedesenvolve esta lei destina 4 millóns deeuros para a custodia do territorio. Aparte, hai varias redes de custodia endiferentes comunidades autónomas eestase constituíndo o Foro Estatal deCustodia do Territorio.

- Cataluña é posibelmente a referencia,pero en que posto se situaría Galiza?

- Levo anos seguindo a evolución da cus-todia en Galiza e a miña conclusión épositiva. Desde as primeiras reuniónsaté hoxe hai moitas máis organizaciónsque se identifican coa custodia, e quedecididamente queren traballar nestesentido. Existe un intento de aglutinarde maneira conxunta e coordinada osesforzos das diferentes organizaciónsque se plasma na representación gale-ga do Foro Estatal de Custodia do Terri-torio. Ademais estase a facer boa cus-todia e por parte de entidades moisólidas e históricas. Quizais agora o retode Galiza, máis alá da ampliación dasúa base social, é o de trasladar o con-cepto e as oportunidades da custodia ásadministracións, buscando que estasacompañen o proceso de crecementoda custodia en Galiza.

cerna 25

“O reto de Galiza é trasladar oconcepto e as oportunidades dacustodia ás administracións”

Page 26: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 27: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 27

cionais (gas natural, derivados petrolífe-ros, carbón ou tecnoloxía nuclear) nasque non se inclúe o deterioro ambiental.Esta carestía débese compensar cunhacantidade a maiores denominada prima,que ten un prezo variábel en función decada tecnoloxía e antigüidade da insta-lación (en fotovoltaica é de 30 c€/kWh,mentres que en eólica é de 4 c€/kWh). Ocuste anual das primas é duns 7.000 mil-lóns €, polo que durante o período devixencia do PANER, a cantidade totalacadaría os 70.000 millóns €, o quesuporía unha carga moi importante parao Estado.

Outro problema relativo ás primaspara as renovábeis (e outros custes eléc-tricos) é o denominado Déficit Tarifario,que é a diferenza entre os custes e osingresos das actividades que aínda nonestán completamente liberalizadas (pea-xes de transporte, distribución e Tarifade Último Recurso), polo que o Ministe-rio de Industria impón os prezos. Desde2002 os abonos dos usuarios non cobrenos custes e o déficit acumulado é duns30.000 millóns €, converténdose nunhadébeda moi importante para a economíaespañola (da orde do 3% do PIB). Unhareivindicación da Asociación de EnerxíasRenovábeis (APPA) é que as primaspasen a ser pagadas directamente polosPresupuestos Generales del Estado, para

que o Déficit Tarifario non poida impediro avance destas fontes no futuro.

CAMBIO DE GOBERNOO anterior goberno de Rodríguez

Zapatero mantivo a aposta polas fontesrenovábeis e incluso formulou o pecheprogresivo das centrais nucleares amedida que fosen esgotando a súa vidaútil. O actual goberno manifesta unhacalculada ambigüidade en temáticaenerxética, non parece que vaia a impul-sar en exceso as fontes renovábeis ealgúns interlocutores afíns incluso soli-citan que se recorten os importes dasprimas por ser moi gravosos para o Esta-do. Tampouco existe unha intenciónclara de pechar as centrais nuclearesmáis antigas, polo que podería utilizarseesta tecnoloxía para recortar os custesde produción e, en particular, para baixaro Déficit Tarifario.

CUMIO DE DURBANEn 1997 asinouse o Protocolo de

Quioto para recortar as emisións deGases de Efecto Invernadoiro (G.E.I) conobxectivos para 2008 e 2012 por partedos países desenvolvidos, sendo o máisimportante o CO2, producido polo apro-veitamento enerxético de hidrocarburos(carbón, derivados petrolíferos ou gasescombustíbeis). Desta forma, as fontesrenovábeis eran a alternativa máis válidapara aproximarse aos obxectivos do Pro-tocolo. Co fin de seguir recortando estasemisións e ante o remate do período envixencia de Quioto convocouse en 2011o Cumio de Durban (Sudáfrica) no que ospaíses máis contaminantes (EE.UU,China, India…) non acordaron recortar asemisións por supor un custe moi impor-tante. O Cumio non serviu para reforzaras políticas enerxéticas actuais e nonhoubo un acordo vinculante como haicatorce anos. Por iso é de agardar que asvindeiras políticas enerxéticas en Españanon se centren tanto en recortar as emi-sións contaminantes.

FONTES RENOVÁBEIS E CRISE ECONÓMICA,UN BINOMIO DIFÍCIL DE CONXUGAR

Fernando Blanco Silva*

A Asemblea Xeral das Nacións Uni-das declarou o 2012 como Ano Interna-cional da Enerxía Sustentábel, comoforma de compromiso contra o CambioClimático e o deterioro ambiental doplaneta. A nivel estatal, aprobouserecentemente o Plan de Acción Nacionalde las Energías Renovables (PANER)2011-2020, que prevé que a porcentaxede enerxía de orixe renovábel na enerxíaprimaria pase do 10,7%, en 2010, até o17,8% en 2020. Este desenvolvementocentraríase na produción de electricida-de (eólica, fotovoltaica, hidroeléctrica,biomasa.) e, en menor medida, no apro-veitamento térmico (solar térmica, xeo-térmica, biomasa). Mais a planificaciónenerxética en España non é vinculante,móvese nun mercado liberalizado no queas empresas poden entrar e saír ao seuantollo facendo mudar as expectativas.

A evolución das fontes renovábeisdurante os vindeiros anos tampouco éalgo seguro ao existir variábeis quepoderían frear o seu desenvolvemento:os custos de produción, a mudanza dogoberno estatal e o fracaso do Cumio deDurban sobre Cambio Climático.

O PREZO DA ENERXÍAO prezo de producir un kWh de orixe

renovábel é superior ao de fontes tradi-

* Fernando Blanco Silva é enxeñeiro industrial eresponsábel da Unidade de Enerxía e Sustenta-bilidade na Universidade de Santiago de Com-postela.

Fonte: Elaboración propia. O descenso de consumo de enerxía primaria entre 2005 e 2010 veu motivado pola crise económicae o aumento da eficiencia enerxética.

PREVISIÓN DA EVOLUCIÓN DO CONSUMO ENERXÉTICO (2005-2020)

Page 28: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

28 cerna

DP: É preciso advertir a esa Consella-ría que unha Resolución dunhaDirección Xeral nunca podematizar nin limitar unha prohibi-ción legal, agás que haxa unmandato legal expreso, o quenon é o caso.

SGHN:A Resolución exclúe un númeroimportante de humidais presen-tes nos LIC e ZEPA (Zonas deEspecial Protección de Aves) deGaliza... brañas, turbeiras, ucei-ras húmidas, veigas asolagábeise algunhas lagoas.

CMR: Respecto a que dita Resoluciónexcluíse algúns humidais, sonturbeiras nas que non hai espe-cies acuáticas.

DP: A Lei 42/2007 non permiteexcluír as turbeiras das prohibi-cións de uso de munición conchumbo, sendo irrelevante a esesefectos que nelas non haxa espe-cies acuáticas.

SGHN:A corrosión afecta a perdigóns,postas ou balas, solubilizandochumbo no medio acuático, coconseguinte impacto ambiental.

CMR: Alegar outra cosa, cal é a doenvelenamento da terra pordegradación do chumbo, resultaridículo.

DP: Non é certo que só os perdigónsde chumbo son perigosos paraas aves, porque a corrosión afec-ta a perdigóns, postas ou balas,contaminando o chumbo nomedio acuático, co conseguinteimpacto ambiental negativosobre o conxunto do ecosistemaonde se produza.

SGHN:Non é certo que a Lei de Caza deGaliza prohiba sen excepcións acaza nas augas públicas, nosseus leitos e marxes, pois, previaautorización (artigos 25.2 e 36.2)a práctica da caza é posíbel noshumidais galegos, segundo a Leide Caza de Galiza.

CMR: Clarexóuselle igualmente que acaza nas augas públicas, os seusleitos e marxes está prohibidapola Lei de Caza de Galiza, domesmo xeito que nos humidaisque se relacionan na citada reso-lución administrativa.

DISPAROS DIALÉCTICOS SOBRE A CAZACON CHUMBO EN HUMIDAIS

Serafín González*

Desde a súa publicación, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) tivo moi claro que a Resolución do 10 de outu-bro de 2008, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galiza, pola que se regula o emprego de municióncon chumbo, incumpría a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, o Instrumento de Ratificación do Acordosobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Afroeuroasiáticas" e a Directiva Aves.

Esta resolución da Xunta prohibe sóa tenza e uso de munición con perdi-góns de chumbo nos espazos naturais,pero non o uso de todas as municiónscon chumbo (perdigóns, postas e balas).Tampouco indica os límites xeográficosdos humidais nos que se prohibe o usode “perdigóns” de chumbo, polo queimpide o cumprimento do disposto noartigo 62.3.j. da Lei 42/2007. Por último,exclúe numerosos humidais presentesnos Lugares de Interese Comunitario deGaliza, como o de Xubia-Castro e Serrado Careón (A Coruña), Serra do Xistral eOs Ancares-O Courel (Lugo), MacizoCentral e Veiga de Ponteliñares (Ouren-se) e Brañas de Xestoso, e case a totali-dade do Baixo Miño (Pontevedra).

As xestións desenvolvidas diante daXunta de Galiza foron totalmente infru-tuosas, polo que a SGHN tivo que recor-rer ao Defensor del Pueblo. De seguidocompárase de xeito literal o que comu-nicaron á SGHN, a Consellaría de MedioRural (CMR) e o Defensor del Pueblo(DP) o pasado mes de febreiro.

CMR: Respondéuselle con argumentosque, de puro senso común, pare-ce case violento reiterar.

DP: Ditas razóns non se comprendenpor esta Defensoría...

SGHN: A Resolución do 10 de outubrode 2008, da Dirección Xeral deConservación da Natureza ...,constitúe un grave incumpri-mento da Lei 42/2007 ao permi-tir o uso indiscriminado demunición de chumbo nos humi-dais galegos da Rede Natura2000 de Galiza.

CMR: A Resolución da Dirección Xeralde Conservación da Naturalezade 10 de outubro de 2008,...matizaba a prohibición de uso dechumbo nos humidais e limitabaexpresamente dita prohibiciónaos perdigóns de chumbo.

© di

strit

o xe

rmar

Lagoa de Louro na Costa da Morte.

Page 29: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 29

* Serafín González é o presidente da SociedadeGalega de Historia Natural.

© di

strit

o xe

rmar

Humidal de Baldaio (Carballo).

DP: A práctica da caza é posíbel, pre-via autorización, nos humidaisgalegos segundo a Lei de Caza deGaliza.

SGHN:O artigo 34.2 indica que se“poderá acordar, por mediodunha resolución motivada, oemprego de calquera dos medios,modos ou formas prohibidos nopresente artigo ou o anterior.”Polo tanto, o emprego de postase balas con chumbo para a prác-tica da caza é posíbel nos humi-dais galegos segundo a Lei deCaza de Galiza.

CMR: A soa mención de balas ou depostas como proxectís nonincluídos na repetida disposiciónadministrativa, traduce unhaabsoluta ignorancia da caza, porparte do reclamante, posto queas primeiras só se usan para acaza maior, que non se practicanestes espazos e as segundasestán expresamente prohibidaspola lei.

DP: O emprego de postas e balaspara a práctica da caza de espe-cies de caza menor é posíbel,previa autorización, nos humi-dais galegos segundo a Lei deCaza de Galiza. É dicir a prohibi-ción admite excepcións.

DP: No informe recibido non se dáunha xustificación clara ao feito

de que a Resolución de 10 deoutubro de 2008 prohiba a cazacon perdigóns de chumbo só nal-gúns dos humidais galegos.

Logo deste cruce de criterios, opasado mes de outubro, SGHN recibiuunha segunda resposta do Defensor delPueblo que “considerou procedente for-mular á Consellería a suxestión de queaplique a prohibición de uso e tenza,non só de perdigóns con chumbo, senóntamén de postas e balas con chumbo, édicir, de calquera munición que conteñachumbo, segundo se establece no artigo62.3 j), da Lei 42/2007, do 13 de decem-bro, do Patrimonio Natural e a Biodiver-sidade, en todos os humidais galegos,incluídos na Listaxe do Convenio relati-vo a Humidais de Importancia Interna-cional, na Rede Natura 2000 e en espa-zos naturais protexidos. Ademais insta áConsellaría a que persiga e sancione aaqueles que cacen neses humidais por-tando ou usando munición de calqueratipo que conteña chumbo. Pídese, asímesmo, que anule ou derrogue a Reso-lución da Dirección Xeral de Conserva-ción da Natureza de 10 de outubro de2008, pola que se fai público o listadode zonas húmidas de Galiza en que estáprohibida a tenza e o uso de municiónque conteña perdigóns de chumbo

durante o exercicio da caza, ou ben amodifique de xeito que recolla clara-mente esta prohibición sen excluír nin-gún humidal, nin parte destes, ninmunición de ningún tipo que conteñachumbo.

Por último, o Defensor del Pueblosolicítalle á Dirección Xeral de Conser-vación da Natureza que derrogue, seaínda estivera en vigor, a excepción áprohibición da caza do porco bravo naZEPA ES0000086, ría de Ortigueira eLadrido, previa autorización do ServizoProvincial de Conservación da Naturezade A Coruña, mediante as modalidadesde caza maior que inclúen balas queconteñan chumbo. E se volvese a regu-lar esta excepción ou outra similar, queesa Consellería especifique que as balasnon poderán conter chumbo. Tamén lleinsta a derrogar a excepción á prohibi-ción para bater pezas de caza menor,recollida na Orde de Caza para a tempa-da 2010-2011, e que permite disparar aoraposo con bala.

Pódese dicir máis alto pero non máisclaro: a caza con munición de chumboen humidais protexidos é ilegal.

Page 30: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

30 cerna

O pasado mes de decembro de 2011 aPlataforma pola protección da Serra doGaliñeiro cumpriu un ano de andadura econtinúa cunha intensa actividade paraacadar o seu obxectivo principal: a pro-tección legal e efectiva para toda a Serra.Está formada por entidades moi diversas:asociacións ecoloxistas, entre elasADEGA, de veciños, comunidades demontes, culturais, clubs de montaña, etc.,que dan a este movemento riqueza, dina-mismo e unha ampla cobertura socialque medra a cotío. A motivación para acreación deste movemento social foi aausencia de protección que teñen osnumerosos valores ambientais, xeolóxi-cos, paisaxísticos, etnográficos, arqueo-lóxicos e socioeconómicos que alberga aserra e as continuas agresións que sofren,pese a que en 1978 a parte sur da serrafoi declarada Parque Natural do MonteAloia, o primeiro de Galiza.

PRINCIPAIS VALORES DA SERRA DOGALIÑEIRO- Paisaxísticos

A Serra do Galiñeiro é un referentepara o Val Miñor, Vigo, A Louriña, BaixoMiño e O Morrazo pola súa elevada alti-tude e polas formacións rochosas que aconfiguran. Un valor merecente de seudunha protección legal.

- Ambientais

Nos hábitats da Serra podemos toparespecies botánicas de grande interese,como os endemismos Stipa gigantea,Linaria saxatilis, Thymus caespititius, ouSilene unifolia nos cumios, ou a Ericaumbellata, Ulex micranthus, Ulex minor,Viola lactea, Genista triacanthos, nasmatogueiras termófilas. Existen polomenos 8 hábitats naturais de interesecomunitario catalogados na Directiva92/43/CEE.

Respecto á fauna topamos especiesde presenza moi escasa e localizada enGaliza como a azulenta papuda (Prunellacollaris), ou un núcleo de cría de merloazul (Monticola solitarius) nos cumios.Existe avifauna de interese durante osperíodos migratorios, prenupcial e pos-

nupcial, como é o caso do picanzo real(Lanius excubitor) ou do pedreiro cincen-to (Oenanthe oenanthe) e a presenza deespecies de anfibios endémicas como a rapatilonga (Rana iberica), ou a sarama-ganta (Chioglossa lusitanica), considera-da como o anfibio máis ameazado daPenínsula ibérica.

- Xeolóxicos

O Galiñeiro ten unha grande riquezaxeolóxica pola gama de minerais presen-tes, como as interesantes formacións degneis de riebeckita nos cumios. Posúevalores tectónicos únicos no mundo eaprécianse formacións xeolóxicas deinterese como a dos “Milagres da Trapa”,cavidades graníticas coma a “Lapa daMoura” ou as do Monte Arruídos, etamén a “Cova da Becha”, de orixe gla-ciar.

- Valores etnográficos e arqueolóxicos

Ao longo da Serra atopamos puntosde interese, como o petróglifo da “Augada Laxe” de características únicas nocontinente europeo, no que sobranceanas alabardas e a súa enorme espada; oscampos de mámoas de “Os brumús”, ou odo “Monte das moutas”. Tamén existenelementos importantes de arquitecturapopular como presas, levadas, muíños deauga, abrigueiros para pastoreo comunale para os obradoiros de cantería artesa-nal como foi a “Casa do Demo”, e restosarqueolóxicos supostos de orixe altome-dieval como a muralla na cara norte doGaliñeiro. E asociado ás numerosas cavi-dades da Serra existe un rico e variadopatrimonio inmaterial manifestado enabondosas lendas populares e nun amploabano de seres mitolóxicos.

- Valores socioeconómicos:

A Serra ofrece moitas posibilidadeseconómicas, de lecer, deportivas e cultu-

MOVEMENTO SOCIALPOLA PROTECCIÓN DASERRA DO GALIÑEIRO

ASOCIACIÓNS QUE CONFORMAN A PLATAFORMA:A Ría Non de Vende, A.C. Berra Val Miñor, ADEGA, AGA (Asoc.Galega Apicultura), Ami-gos da Terra, Asoc. "Festa da Prehistoria", Asoc. Permacultura "Eiras de Miño",Asoc.Trece Catorce, Asoc.Veciños de Vincios, Asociación A Groba, Asoc. Mundo Mine-ro, Bembrive: Pena Cabalaria, C.C. As Pedriñas, C.M.V.M.C. de Chaín, C.M.V.M.C. deCouso, C.M.V.M.C. de Valadares, C.M.V.M.C. de Vincios, C.M.V.M.C. de ZAMÁNS, C.S. ARevolta, Club Escalada Montaña Azimut, Club Montañeiros Celtas, Club Pena TrevincaM.G., Club de Montaña Xistra, Club Espeleolóxico Mauxo, C.S. A Faísca, FederaciónA.A.V.V. Eduardo Chao–Vigo, Federación Galega de Montañismo, Instituto de EstudosMiñoranos, Outrovigoéposible, Plataforma Defensa da Ría Cíes, Salvemos Monteferro,SOS Serra da Groba, Verdegaia.

O 20 de febreiro de 2011 tivo lugar a I Andaina pola Protección da Serra do Galiñeiro.

PDSG

Plataforma pola Protecciónda Serra do Galiñeiro*

Page 31: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 31

rais para a densa área metropolitana deVigo. Nela desenvólvense actividadesdeportivas e de ocio: sendeirismo, escala-da, competicións de carreiras de orienta-ción. Tamén a colleita de cogomelos, aoque temos que sumar os aspectos didác-ticos relacionados coas Ciencias Naturaise Sociais que ofrece este espazo natural,utilizado por varios departamentos daUniversidade de Vigo.

Existen iniciativas para un aproveita-mento multifuncional do monte xestio-nadas por varias Comunidades deMontes, que dan soporte ás actividadesculturais das parroquias e que son dina-mizadoras da cultura do pobo.

As augas subterráneas e superficiaisabastecen as traídas de augas da veci-ñanza de toda esta contorna e o encorode Zamáns.

A serra acubilla gando ceibe comovacas, ovellas, cabras e cabalos. As greasde cabalo galego de monte alentan acelebración dos curros de Vincios e deMorgadáns.

PRINCIPAIS AMEAZAS DA SERRA DOGALIÑEIRO

A Serra é un territorio privilexiadorodeado dun entorno altamente antropi-zado. De sempre o ser humano aprovei-tou as súas riquezas, pero arestora estan-se vendo ameazadas por actividades quexeran impactos moitas veces irreversí-beis. Subliñamos a proliferación de can-teiras, moitas delas ilegais e outrasabandonadas sen a debida restauración.A maior parte da superficie da Serra estárepoboada con especies foráneas comoeucaliptos e piñeiros, que reducen a bio-diversidade e aumentan o risco de lumes.Tamén é masiva a apertura de pistas, oseu ancheado e recheo con terra, entulloe ás veces asfalto. Actividades sen orde-nación nin control, como a práctica

deportiva con vehículos a motor (todo-terreos, motos de cross e quads) dentro efóra das pistas, vertedoiros de lixo eentullo, movementos incontrolados deterra que estragan a Serra por todos osrecunchos e rematan por chegar aos ríoscolmatando as canles na parte baixa.

A desidia da Administración e o des-coñecemento xeral sobre a riqueza dopatrimonio arqueolóxico propician a des-trución neglixente ou intencionada domesmo.

Ademais existen proxectos de activi-dades e infraestruturas de forte impacto,grandes estradas ou a instalación dunhamachacadora de entullo. Pero a maiorameaza é a instalación dun polígonoeólico.

O parque eólico do Galiñeiro foi apro-bado no último concurso da Xunta que lleconcedeu a Terra do Vento o aproveita-mento de 39 MW, mediante a colocaciónde 13 muíños de entre 135 e 150 m dealtura, coas correspondentes liñas deevacuación da enerxía, central de trans-formación e creación de novas pistas ouampliación das existentes. Todo isto naszonas máis altas da Serra sendo visíbeisdesde a mesmísima Fontefría.

A plataforma está totalmente encontra deste proxecto, xa que suporía adestrución de parte do Galiñeiro e unenorme impacto sobre moitos dos seusvalores. Queremos outro destino para anosa Serra, que potencien o desenvolve-mento sustentábel, con iniciativas comoas que xa fan algunhas comunidades demontes. Non queremos que se vexanhipotecadas as posibilidades de futuro daSerra do Galiñeiro, os seus habitantes ebeneficiarios. Demandamos a súa protec-ción como Parque Natural, ampliando oxa existente do Monte Aloia, e comoespazo da Rede Natura 2000. Cremos fir-memente nos beneficios que a protección

traerá para a natureza e os veciños, moi-tísimo maiores dos que supón unha can-teira ou un polígono eólico.

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLAPLATAFORMA

A diversidade de colectivos que inte-gran a plataforma e a masa social quenos apoia permítenos realizar activida-des de divulgación sobre a protección daserra e os seus valores, así como concer-tos solidarios, roteiros, campañas infor-mativas, testings de biodiversidade, xun-tanza de escaladores, etc.

Unha das iniciativas con mellor acol-lida foron as dúas andainas reivindicati-vas. Nunha chuviosa mañá de domingodo mes de febreiro de 2011 celebrouse aprimeira e asistiron máis de 1.500 per-soas. A segunda tivo lugar en setembro,na que se xuntaron máis de 2.000 per-soas que rematou coa lectura do mani-festo por parte do Presidente da RealAcademia Galega, X.L. Méndez Ferrín.

A día de hoxe 8.000 sinaturas enapoio á protección da Serra foron presen-tadas no rexistro da Xunta de Galiza,xunto coa solicitude formal de protec-ción deste espazo natural mediante afigura de Parque Natural. Tamén solicita-mos ao Parlamento Europeo que oGaliñeiro sexa declarado LIC.

Os recoñecementos e apoio da socie-dade polo traballo que realizamos aníma-nos a continuar nesta loita e fainosseguir crendo que a Serra do Galiñeiroserá, co esforzo común, finalmente pro-texida.

* Plataforma pola Protección da Serra do Gali-ñeiro. + info: Centro Cultural de Vincios. Bar-rio de Piñeiro s/n, Vincios, Gondomar 36316(Pontevedra).Web: www.serradogalinheiro.org.E-mail: [email protected]

Curro de Vincios na Serra do Galiñeiro.Petróglifo Auga da Laxe.

PDSG

PDSG

Page 32: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

32 cerna

O MOUCHO:AVE DO ANO EN GALIZA 2011

Cosme Damián Romay, Óscar Martínez e Santiago Vázquez*

En Galiza detéctase en zonas mediase baixas dos vales dos ríos Miño, Sil,Bibei, Támega e Limia e en áreas agríco-las da Mariña luguesa e das provinciasda Coruña e Pontevedra. Presenta unhamaior abundancia nos agros das comar-cas de Arzúa, Betanzos, Terra de Melide,Lugo e Lemos, sendo moi escaso ou fal-tando de áreas moi arboradas e monta-ñosas (Os Ancares, O Courel e Xistral)(Blas & Muñoz, 2003) e tamén decomarcas litorais como Ortegal (J. M.Alonso, com. pers.). Para os anos 1980 a1985, a cobertura da especie en Galizaera de 159 cuadrículas UTM de 10x10 km(44,2% do territorio galego; Penas et al.,1995). No período 1998-2002 está cons-tatada a súa presenza en 204 cuadrícu-las (56,5% do total galego), cunhapoboación mínima de 1.059 parellas(Blas & Muñoz, 2003). A maior cobertu-ra do moucho en Galiza no segundo tra-ballo probabelmente se deba a un maioresforzo de mostraxe e non tanto a unaumento real da especie na nosa terra.

Na provincia da Coruña, a coberturano período 1998-2002 foi de 64 cuadrí-culas UTM de 10x10 km, cun mínimo de298 parellas (Blas & Muñoz, 2003). Oshábitats preferidos polo moucho na pro-vincia son, nesta orde, pequenos núcleosrurais e vilas onde se combinen peque-nas explotacións agrícolas e gandeiras;áreas costeiras e dunares con montebaixo e zonas periurbanas. Os lugares decría atopados corresponden case exclu-sivamente a construcións humanas(igrexas, hórreos, valos). Os inquéritos apersoas coñecedoras da especie confir-man que o moucho era común nas déca-das dos 80 e 90 no Arco Ártabro, ondeagora é moi puntual. No conxunto daprovincia da Coruña as causas da súadiminución débense principalmente áredución do seu hábitat (debido aos

cambios dos usos tradicionais do solo) eaos atropelos. Finalmente, e, en menormedida, a falta de lugares de cría, oimpacto do uso de raticidas e a posíbelcompetencia e predación pola cada vezmáis abondosa avelaiona (Strix aluco)puideron e poden contribuír ao declivedo moucho na Coruña.

As zonas agrícolas e gandeiras daprovincia de Pontevedra (cobertura de40 cuadrículas, mínimo de 148 parellas),especialmente aquelas sen uso de fitosa-nitarios, é onde mellor se pode atopar o

moucho. Perante a falta de ocos natu-rais, aniña principalmente en constru-cións humanas (casas vellas, galpóns,valos de pedra) e tamén en entulleiras.Un inquérito recente sobre o moucho naprovincia de Pontevedra fixo posíbel omapeo de 111 territorios da especie, o98% deles con datos para o período2007-2011 (Martínez, 2011). A poboa-ción semella concentrarse nos concellosinteriores (rurais) da provincia, aínda quese atopa ben distribuída por toda ela. Engrandes áreas de cultivo (comarca doDeza) semella ser máis escasa, tal vezdebido á escaseza de ocos para podercriar, e igualmente sucede nas zonas demaior presenza humana xunto ás cida-des. A dispersión da especie semella sermoi local. En lugares óptimos para a súacría podemos atopar diferentes parellasnuns poucos centos de metros sen queisto supoña fortes conflitos polo territo-rio. Aínda que poida parecer o contrario,esta especie non é doada de localizar,pasando desapercibida en zonas comple-xas entre vivendas e pousadoiros baixosnas zonas de cultivo.

O moucho Athene noctua (Linnaeus, 1758) é pequeno estríxido (Aves: Strigidae) repartido polo centro e sur de Europa,norte de África, Oriente Próximo e sur de Asia. Residente, resulta en xeral común na súa extensa área de distribución (DelHoyo et al., 1999). Repartido por toda a Península Ibérica, falta só de zonas moi montañosas e grandes áreas boscosas. Demodo crecente, falta tamén de amplas áreas de Galiza e do Cantábrico, e é escaso nas Baleares (Blas & Muñoz, 2003). A súapoboación mínima para o período 1998-2002 foi de case 40.000 parellas en España, cunha estima previa de 50.000 a 65.000parellas entre 1975 e 1995 (Purroy, 1997; Blas & Muñoz, 2003).

Moucho en Fornelos de Montes.

Moucho en O Grove.

SGO

SGO

Page 33: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 33

A provincia de Lugo, con 47 cuadrí-culas UTM de 10x10 con presenza noperíodo 1998-2002, acolle 461 das 1059parellas de moucho en Galiza (o 43,5%),constituíndo a maior poboación de Gali-za. Isto débese a que en Blas & Muñoz(2003) aparecen dúas cuadrículas (naFonsagrada e en Quiroga) cunha estimamínima de 100 parellas reprodutoras,descoñecéndose se esta elevada cifra éreflexo da situación real do moucho nes-tas zonas. A selección de hábitat e requi-rimentos para a nidificación nesta pro-vincia son similares ás sinaladas paraPontevedra e A Coruña, aínda que seteñen citado parellas reprodutoras ouexemplares illados en zonas boscosas emontañosas como Becerreá e Folgoso doCourel, áreas a priori pouco axeitadaspara a especie (Guitián et al., 2004; B.Rodríguez, com. pers.).

Por último, na provincia de Ourense(cobertura de 53 cuadrículas, cun míni-mo de 152 parellas reprodutoras),áchanse áreas amplamente cubertas (ALimia, vales do Miño, Bibei e Támega)xunto a outras con amplos baleiros

(Macizo Central, Trevinca, Xurés, Arnoia).A selección de hábitat é similar ao restode Galiza, se ben en áreas de influenciamediterránea do sur da provincia (porexemplo no val do Támega) habita con-tornos de matogueira mediterránea,viñas e barbeitos sempre que teñanpequenas construcións e muros para sepousar e aniñar. Na comarca da Limia,onde a especie era abondosa até os anos80, ocupa principalmente arboredoscaducifolios adevesados (54,9% dos 122rexistros nos que identificou o hábitat) eas terras agrícolas e pasteiros con arbo-redo disperso ou construcións abando-nadas (37,7% das observacións). Curio-samente, só o 1,6% das citas da chairalimiá corresponde a pobos e os seus arre-dores (Villarino et al., 2002).

CONSERVACIÓNDesde finais dos anos 70 até, polo

menos, mediados dos 90, a especie sufriuunha forte regresión en Galiza (Penas etal., 1991, 1995; datos propios). Verifi-couse tamén un declive moi significativodas súas poboacións en España, da orde

3,6% anual entre 1998 e 2007 e do 3,2%anual entre 1998 e 2009 (Escandell,2009; SEO/BirdLife, 2010).

Apúntase aos atropelos (especial-mente despois da cría), insecticidas eincluso roubo de polos e destrución deniños como causas importantes da súaregresión (Penas et al., 1995), aínda quea intensificación agrícola e os cambiosnos usos do solo constitúen a súa princi-pal ameaza para a conservación (Blas &Muñoz, 2003). Este declive xustificou asúa elección como Ave do ano en Galiza2011 pola Sociedade Galega de Ornitolo-xía, e tamén como Ave do ano en España2011 pola Sociedade Española de Ornito-loxía, escollas que, a destacar, foronindependentes e case simultáneas notempo.

O mantemento do mosaico rural tra-dicional en Galiza é vital para a conser-vación desta especie, beneficiosa para osagricultores polo seu consumo de gran-des insectos e pequenos mamíferos(Penas et al., 1991). Unha media sinxelae positiva para a conservación do mou-cho nas zonas onde se detecte a súa pre-senza (ou se teña constancia dela nopasado) é a instalación de caixas niño demadeira medianas, cun diámetro deentrada de 70 mm, que poden ser ocupa-dos por esta ave (Brinzal, 2008). Dében-se colocar a un mínimo de 200 m de víaasfaltadas con alta densidade de vehícu-los, para evitar atropelos, procedendo ásúa revisión e limpeza a finais de cadaano.

O mantemento do mosaico rural tradicional en Galiza é vital para a conservación da especie

* Cosme Damián Romay é biólogo, vogal doGrupo Naturalista Hábitat e membro da SGO,da SEO e de ADEGA; Óscar Martínez é mem-bro da SGO e Santiago Vázquez é secretario doGrupo Naturalista Hábitat.

SGO

REFERENCIASBlas, J. & Muñoz, A. R. 2003. Mochuelo Europeo Athene noctua. En: Martí, R. & Del Moral, J. C.Atlas de las aves reproductoras de España, pp. 318-319. SEO/BirdLife-Ministerio de MedioAmbiente, Madrid. Brinzal. 2008. Cajas nido para rapaces nocturnas. URL:http://www.brinzal.org/cajasnido.htm (con acceso: 29/11/2011). Del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal,J. 1999. Handbook of the birds of the world. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Lynx Edicions,Barcelona. Escandell, V. 2009. Programa SACRE en primavera. En: Del Moral, J. C.; Bermejo, A.;Molina, B.; Escandell, V. & Palomino, D. (ed.). Programas de seguimiento de SEO/BirdLife en 2007,pp. 4-9. SEO/BirdLife, Madrid. Guitián, J.; Munilla, I.; González, M. & Arias, M. 2004. Guía de lasaves de O Caurel. Lynx Edicions, Barcelona. Martínez, Ó. 2011. O moucho (Athene noctua) na pro-vincia de Pontevedra. URL: http://avesnadorsalgalega.blogspot.com/2011/09/o-moucho-athene-noctua-na-provincia-de.html (con acceso: 29/11/2011). Penas, X. M.; Guitián, J.; López, Z. & Álva-rez, E. (coord.). 1995. Atlas de vertebrados terrestres de Galiza. Tomo I: Aves. Consello da CulturaGalega – Sociedade Galega de Historia Natural, Santiago de Compostela. Penas, X. M.; Pedreira, C.& Silvar, C. 1991. Guía das aves de Galicia. Bahía Edicións, A Coruña. Purroy, F. J. (coord.). 1997.Atlas de las aves de España (1975-1995). SEO/BirdLife-Lynx Edicions, Barcelona. SEO/BirdLife. 2010.Estado de conservación de las aves en España en 2010. SEO/BirdLife, Madrid. Villarino, A.;González, S. & Bárcena, F. 2002. Vertebrados da Limia, dende a lagoa de Antela ós nosos días.I-Aves: Gaviiformes a Piciformes. Limaia Produccións, Sandiás.

Page 34: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

34 cerna

HISTORIA DO CATÁLOGOO nacemento do Catálogo Galego de

Árbores e Formacións Senlleiras non seproduce en 2007 (ano da publicación doDecreto 67/2007), moitos foron antes osque se preocuparon de inventariar asárbores máis notábeis do noso territorio.En 1984, a Dirección Xeral do Forestal edo Medio Ambiente Natural da Xuntaencargou a unha consultora madrileña arealización do “Inventario de árbolessobresalientes de Galicia”, non foronpoucos os atrancos cos que se atoparonos redactores de dito informe, pois se axeografía galega é complicada, máiscomplicado lles resultou a idiosincrasiados galegos. Aínda así fixeron un trabal-lo moi detallado no que recolleron 260exemplares, moitos deles desaparecidosna actualidade.

No ano 2000, a Xunta de Galizadecide dar un paso máis e declaraMonumentos Naturais o Souto daRetorta ou Eucaliptal de Chavín (Decre-to 77/2000, de 25 de febreiro), no quepresumibelmente se atopaban as árbo-res máis altas de Europa, se ben naactualidade está comprobado que estahonra lle corresponde a un “carri” (Euca-lyptus diversicolor F. Muell.) situado enCoimbra (Portugal); a Fraga de Catasós(Decreto 76/2000, de 25 de febreiro),formación mixta de carballos e castiñei-ros de orixe antrópica, plantados a finaisdo S. XIX polos antigos propietarios doPazo de Quintela e declarados exempla-res únicos pola FAO en 1954 por posuíros fustes de castiñeiros máis altos deEuropa; e o Souto de Rozabales (Decreto78/2000, de 25 de febreiro), no quehabitan algúns dos castiñeiros de maiorvolumetría e idade de Galiza, superandoa maior parte dos exemplares os 500anos de vida, entre os que se atopa oCastiñeiro de Pumbariños, de máis de 14metros de perímetro na base do tronco.

En 2001 apróbase a Lei 9/2001 deConservación da Natureza que no Artigo52 xa fala do Catálogo Galego de Árbo-res Senlleiras, no que se incluirán “aque-les exemplares ou rodais cuxa conserva-ción sexa necesario asegurar polos seusvalores ou intereses naturais, culturais,

científicos, educativos, estéticos ou pai-saxísticos”.

Algúns anos máis tarde, en 2003,Carlos Rodríguez Dacal e Jesús IzcoSevillano publican o libro “ÁrbolesMonumentales en el Patrimonio Culturalde Galicia” no que recollen 345 exem-plares arbóreos monumentais, a maiorparte deles situados en Pazos, Mosteiros,Castelos e outros lugares de interesecultural de Galiza, aínda que tamén

inclúen algúns exemplares situados enespazos naturais.

Xa en 2007, a Xunta declara Monu-mento Natural a Carballa da Rocha, enRairiz da Veiga, pequeno grupo de car-ballos no que destaca un exemplar queconta coa honra de aparecer no escudodeste concello ourensán.

Un anexo do Decreto 67/2007 daXunta, publicado o día 22 de marzo noDiario Oficial de Galicia, fai público o“Catálogo Galego de Árbores e Forma-cións Senlleiras” no que se recollen 106árbores e 21 formacións senlleiras. Trá-tase dun catálogo inicial, provisorio eaberto.

En 2008, a Dirección Xeral de Con-servación da Natureza edita o libro“Árbores e Formacións Senlleiras deGalicia”, escrito por Antonio RigueiroRodríguez, J. Gaspar Bernárdez Villegas eCarlos Rodríguez Dacal, con fotografíasde Miguel Ángel Montero Vaz, no que sedescriben as árbores e formaciónsincluídas no catálogo.

SITUACIÓN ACTUALO catálogo reúne algunhas das árbo-

res máis destacábeis do noso territorio, eé aquí onde xorde o verdadeiro proble-ma, cales son os criterios que se debenseguir á hora de incluír unha árbore ouformación? En principio son varios osparámetros que se analizan para cadaexemplar, sirva como mostra un peque-no resumo de tales criterios:

- Morfoloxía e biometría: carácteresestes que engloban a forma e a bele-za, a dendrometría (dimensións), aidade e a produción de madeira, corti-za ou froitos, etc. Por estes parámetrosforon incluídos a maior parte dos car-ballos, castiñeiros e sobreiras do catá-logo.

- Singularidade taxonómica, biolóxica,corolóxica, ecolóxica ou paisaxística:exemplares tan representativos comoos Ombúes do Pazo de Ribadulla(Vedra) e o do Centro Cultural deSanta Cruz (Oleiros) ou mesmo o Tei-xedo de Casaio, bosque relicto de épo-cas pasadas e único en Galiza, foron

ÁRBORES E FORMACIÓNS SENLLEIRAS DO PAÍS

J. Gaspar Bernárdez e Antonio Rigueiro*

Devesa do Pazo de Cartelos (Carballedo, Lugo).

M.A

. Mon

tero

Vaz

Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga, Ourense).

M.A

. Mon

tero

Vaz

Page 35: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 35

catalogados atendendo a estes crite-rios.

- Valor histórico, cultural, relixioso,popular, simbólico ou didáctico:baseándose nestes aspectos formanparte do catálogo exemplares tan dis-pares como o Castiñeiro da Capela(Begonte), que chegou aos nosos díasgrazas á sensibilidade e tenacidade doartista local Vitor Corral, que sepechou dentro dun oco no tronco daárbore para evitar que o arrincarancando se fixeron os movementos deterras para a ampliación da estradanacional VI, aproveitando a súa esta-día nese cárcere voluntario paraesculpir na propia madeira da árboreunha imaxe da Virxe do Rosario; etamén a Figueira de Rosalía de Castro(Padrón), citada no poema Adiós ríos,adiós fontes, do poemario Cantaresgallegos, o Carballo do Pelete (ALama), regado con viño tinto todos osanos na festividade da Virxe dosRemedios, o 8 de setembro, e o Car-ballo de San Antonio no concellocoruñés de Carballo.

O FUTURO DAS NOSAS ÁRBORESSENLLEIRAS

O día 13 de outubro de 2011 publi-couse no Diario Oficial de Galicia a Ordeda Consellería de Medio Rural do 3 deoutubro de 2011 pola que se actualiza oCatálogo galego de árbores senlleiras,incorporándose ao catálogo 41 árboresnovas e 10 novas formacións. Para estaampliación foi aberto un proceso de par-ticipación pública, deste xeito foronrevisadas case un milleiro de solicitudesachegadas desde distintas institucións,asociacións, particulares, etc. Despois devisitar os exemplares, facer medicións ecomprobar o estado fitosanitario, foronanalizadas as solicitudes polo Comitédas Árbores Senlleiras, órgano ao quecorresponde, segundo o Decreto67/2007, facer as propostas de inclusiónde novas árbores e formacións no catá-logo.

É unha magoa ter que asistir á desa-parición dalgúns exemplares únicos nonosa xeografía, nalgúns casos monu-mentos que non chegaron a ver o nace-mento do catálogo, como o Castiñeiroda Costa, en Casaio, con máis de 12metros de perímetro basal e próximo aos500 anos de vida, morto hai poucos anosdebido a un lume. Máis recentementetemos que lamentar a morte dunha dasfaias de Castrelos (Vigo), do PiñeiroManso dos Candeiras (Ponteareas) e doChopo branco do Balneario de Cuntis,que se incluíra no catálogo na amplia-ción deste ano. Pero non debemosesquecer que se trata, en moitos casos,de árbores moi vellas, febles e doentes,nos tramos finais da súa lonxevidade ásveces, polo que requiren coidados espe-ciais para garantir a súa persistencia omaior tempo posíbel. Ademais, trátase

dun catálogo aberto, do que caeránalgúns exemplares e entrarán outros, edos estudos que temos feito dedúceseque Galiza conta con centos de exem-plares que serán merecentes de entrarno catálogo nas calendas futuras.

* Gaspar Bernárdez e Antonio Rigueiro sonautores, xunto con Carlos Rodríguez Dacal, efotografías de Miguel Ángel Montero Vaz, dolibro “Árbores e Formacións Senlleiras de Gali-cia”.

Teixo de Balmonte (Castro de Rei, Lugo).

M.A

. Mon

tero

Vaz

Bibliografía:

- RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A; BERNÁRDEZ VILLEGAS,J.G. & RODRÍGUEZ DACAL, C. (2008). Árbo-res e Formacións Senlleiras de Galicia.Dirección Xeral de Conservación daNatureza. Consellería do Medio Rural.Xunta de Galiza.

- RODRÍGUEZ DACAL, C. Y J. IZCO (2003). Árbo-les Monumentales en el Patrimonio Cul-tural de Galicia. 2 Tomos. Consellería deCultura, Comunicación Social e Turismo.Xunta de Galiza.

- XUNTA DE GALIZA (1985). Inventario deÁrboles Sobresalientes de Galicia (Inéd.).Dirección Xeral do Forestal e do MedioAmbiente Natural. Consellería de Agri-cultura, Pesca y Alimentación. Xunta deGaliza.

BIOCONSTRUCIÓNOBRABIO S.L.

As Laxes27891 Sargadelos

[email protected] 620 767982 557 916

Page 36: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

36 cerna

Contaminantes Galiza(% Estado) Posto por CC.AA.

Todos os contaminantes -auga, aire, solo- 7,7 5º

Gases de efecto invernadoiro:CO2, CH4, N2O,HFC,PFC,SF6

9,6 4º

COP Compostos orgánicos persistentes: DDT, Lindano,Dioxinas, Fúranos, Aldrin, Dieldrin, Heptacloro, Hidro-carburos aromáticos policíclicos

65,6 1º

Metais pesados 4,3 5º

Substancias que esgotan a capa de ozono: CFC, HCFC,Halóns, Tetraclorometano, tricloroetano

1,9 7º

A finais de Novembro (2011) o “Rexis-tro Estatal de Emisións e Fontes Contami-nantes” (PRTR-España) fixo públicos osdatos correspondentes ao ano 2010. Asituación no noso país segue sendo malae non mellorou co paso do tempo. NoPRTR-España rexistráronse en Galiza 26actividades contaminantes das que 22contaminan a atmosfera, 10 contaminana atmosfera e a auga e 4 contaminan soa auga.

GALIZA EN RELACIÓN AO ESTADOESPAÑOL

Por provincias, a da Coruña está afec-tada por 20 actividades contaminantes,as de Lugo e Pontevedra por 8 cda unha,e a de Ourense por 5. En volume de emi-sión global no ano 2010, ocupamos oquinto lugar por comunidades. Situámo-nos por detrás do País Vasco, Andalucía,Cataluña e Asturias. Emitimos á atmosfe-ra 10.260.611 toneladas de contaminan-tes e á auga 41.703 toneladas.

Ocupamos o primeiro posto no Esta-do e unhas porcentaxes altísimas na emi-sión de Perfluorocarbonos, CompostosOrgánicos Persistentes e Flúor e Compos-tos fluorados. Tamén temos un lugar moidestacado e unhas porcentaxes de emi-sión moi elevadas doutros contaminantescomo dióxido de xofre, dióxido de carbo-no, cloro, mercurio, níquel,metano...(cadros I e II). A importancia dasemisións é tanta que baste dicir que engases de efecto invernadoiro Galiza,representa o 9,6% do total do Estado, e o13,1% en dióxido de xofre, un dos gasesprecursores e principais responsables dechoiva ácida.

PRINCIPAIS INDUSTRIASCONTAMINADORAS

No que respecta a contaminaciónatmosférica, a refinaría de Repsol, ascentrais térmicas e outras instalación decombustión, a produción en bruto deprodutos non ferrosos, a fabricación denon metais e a fabricación de cementoxeran máis do 95% da contaminación.Por contaminantes obtemos as seguintescifras (Cadro III):

• Seis industrias (3 Centrais Térmicas, aRefinaría e o Complexo Alumina-Alu-minio) representan o 81,5% do totaldas emisións de dióxido de carbono, eo 70% das emisións de óxidos de nitró-xeno.

• Cinco industrias emiten o 79% do totalde dióxido de xofre

• Catro industrias emiten o 54,2% dototal de partículas PM10.

• Tres industrias emiten o 60% do mer-curio e o 37% de níquel

• Dúas industrias emiten o 52,6% dototal de Flúor e compostos fluorados eo 91% de cloro e compostos clorados.

A contaminación da auga dáse,segundo o PRTR-España, principalmentepola Estación depuradora de augas resi-duais -EDAR- de Vigo, a Refinaría d’ACoruña e Ence de Pontevedra.

GRANDES INDUSTRIAS CONTAMINANTESDA ATMOSFERA EN GALIZA

Ramón Varela Díaz*

Contaminante Galiza(% Estado)

Posto porCC.AA. Principais industrias que o emiten

Perfluorocarbonos 81,0 1º Aluminio-S. Ciprián

Compostos orgánicos persistentes 65,6 1ºAlcoa-Coruña, Cemento Cosmos, Fer-roatlántica

Fluor e compostos inorg. fluorados 29,2 1º Aluminio, Alcoa, C.T. As Pontes

Dióxido de xofre 13,1 3º Repsol, C.T. As Pontes, Alumina

Dióxido de carbono 9,6 4ºC.T. As Pontes, Repsol, Alumina,C.T. Meirama

Cloro e compostos inorg. clorados 9,5 4ºC.T. As Pontes, Alumino Español,Finsa

Mercurio e compostos con Hg 10,6 5º Finsa, C.T. As Pontes, Ence (auga)

Níquel e compostos con Ni 7,4 6º Repsol, Finsa-Orember, Ence (auga)

Cadmio e compostos con Cd 8,3 6º Finsa, Ence (auga)

Metano 6,8 6ºVertedoiro SOGAMA Areosa, Nostián(A Coruña)

Cadro I. Porcentaxe de emisións en Galiza respecto ao total Estado e posto porCC.AA.: Os 10 contaminantes con maior porcentaxe

Cadro II. Emisións na Galiza por grupos de contaminantes

Fonte: Elaboración propia a partir do PRTR-España (novembro 2011). Outros contaminantes moi peri-gosos cos que tamén estamos presentes, aínda que con porcentaxes inferiores, son os seguintes: Arsé-nico, Benceno, Fenois, Monóxido de carbono, Amoníaco, Zinc, Cobre, Chumbo, compostos orgánicosvolátiles distintos do metano (COVNM), e partículas PM10.

Fonte: Elaboración propia a partir do PRTR-España (novembro 2011).

Page 37: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 37

AMORES QUE MATANPorque mortal é, en efecto, para os

medios fluvial e costeiro a moda de con-vertelos nun paseo urbano. Coa premisa(ou o pretexto) de garantir a accesibilida-de a calquera persoa, córtase a vexetaciónautóctona, mutílanse bosques de ribeira,altéranse as marxes dos ríos e artificialí-zanse por completo. O CES non está con-tra a accesibilidade, senón contra a súainterpretación perversa. Mentres aíndahai abondosos exemplos de edificiospúblicos aos que non se pode accedernunha cadeira de rodas, a tan cacarexadaaccesibilidade serve de coartada para

alterar algúns contornos que, nalgúnscasos, non é que deban ser privados davisita de persoas con mobilidade reducida,senón da mera presenza humana. Tal é ocaso das áreas de cría da lontra no Umia,criterio desgraciadamente non comparti-do por algún enxeñeiro da Deputación.

O MENÚ DA ALTERACIÓN DO RÍONo caso da ruta do río da Armenteira,

as actuacións realizadas pola Deputaciónde Pontevedra na parte alta do mesmo(nas proximidades do mosteiro co mesmonome) xa foron denunciadas hai máis dedous anos polo CES ante Augas de Galiciae a propia institución provincial, por:

- Destrución da vexetación do bosque deribeira do regato. Corte total da vexeta-ción herbácea e arbustiva e tala deárbores de ribeira.

- Cuberta de boa parte da vexetación deribeira baixo unha grosa capa de xabreda pista do paseo, elevando 50 cm o nivel

????

????

????????????????????

????????????????????

* CES é o Colectivo Ecoloxista do Salnés.+ info: [email protected]

CO2 SO2 NOx PFC PM10 HF HCl Hg Ni

C.T. As Pontes 4.460.000 3.700 6.270 - 298 32,8 89,2 36,9 483

C.T. Meirama 769.000 1.430 1.010 - 51,8 - - 22 -

Repsol 1.190.000 6.780 2.220 - 193 - - 1.280

Alumina 935.000 3.380 1.710 - 288 - - 96

Aluminio 406.000 2.700 155 2,44 - 94 12,3 - 138

C.T. Sabón 531.000 - 207 - - - - - -

Subtotal6 industrias 8.291.000 17.990 11.572 2,44 831 126,8 101,5 154,9 1.9101

Total Galiza rexistroPRTR- España

10.175.000 22.795 16.631 10,97 1.531 240,8 111,2 260 5.200

* Ramón Varela Díaz foi presidente de ADEGAe autor de varias publicacións sobre contami-nación industrial.+info en PRTR-España:http://www.prtr-es.es/informes/pollutant.aspx;e en Cerna nº 61, páx 19-21.Ligazón PRTR-España:http://www.prtr-es.es/informes/pollutant.aspx)

Cadro III. Principais industrias contaminadoras en 2010 (emisións en toneladas, agás Hg e Ni, en kg)

CONCLUSIÓNGaliza soporta unha contaminación

que non se corresponde co noso tamañoxeográfico, nin co número de habitantesou poboación que sustentamos, co gradode industrialización ou co nivel de vida.Unhas poucas industrias centradas enpoucos sectores (electricidade, aluminio,refino de petróleo, ferroaleacións, madei-ra...) son responsables da maior parte dasemisións contaminantes.

Aínda que esta situación deberíafacilitar a adopción de medidas no cami-ño de reducir a alta contaminación, xa

que sería fácil actuar sobre una decenade focos contaminantes, a situación repí-tese ano tras ano. Cabe preguntármonosse está o Goberno interesado en diminuíra contaminación, aforrar en custos sani-tarios e mellorar a nosa saúde?

Fonte: Elaboración propia a partir do PRTR-España (novembro 2011).

Refinería de Repsol (A Coruña).

Ram

sés

Pére

z

Page 38: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

38 cerna

QUE É A BANCA ÉTICA?Na Banca Ética (BE) enmárcanse os

proxectos de intermediación financeiraque ofertan os servizos bancarios habi-tuais a persoas e organizacións quequeren atender ás consecuenciassociais da actividade de crédito que sedesenvolve co seu diñeiro, e que recla-man que dita actividade se orienteexclusivamente a aqueles proxectos quecontribúan á rexeneración das nosassociedades. É dicir, ir moito máis alá de“non investir en industria militar, en ini-ciativas denigrantes coa biosfera, etc.

Os proxectos de banca ética sonpropostas de reocupación da esferapública por parte de persoas e organi-zacións que reclaman o seu dereito (erecoñecen o seu deber) de artellar siste-mas de intermediación de acordo cunhalóxica alternativa á propia do capitalis-mo neoliberal, e vencéllanse con outraspropostas da Economía Solidaria bus-cando a transformación desde a pers-pectiva da xustiza.

Por tanto, artellan unha respostabancaria que antepoña o valor da per-soa e da sociedade antes que a prima-cía do capital, invertendo esta lóxica naconstrución de valores sociais e poñen-do a primacía na cuestión social, ensenso amplo. A continuación describi-mos os piares da Banca Ética.

a. Ao servizo da xustiza

Parte dunha diagnose concreta, queas nosas sociedades son inxustas e aesa inxustiza é á que o proxecto querefacer fronte, poñendo a intermediaciónfinanceira ao servizo da súa rexenera-ción.

Para iso a banca ética fai unharestrición “positiva” dos ámbitos definanciamento, apoiando mediante ocrédito a loita contra a exclusión;mediante a cooperación, o desenvolve-mento e, mediante o comercio xusto, aagroecoloxía, a transformación de valo-res, etc.

b. Identidade

A Banca Ética ten que estar en mansdaquelas persoas e entidades compro-

metidas coa rexeneración das nosassociedades inxustas, porque elas sabendas necesidades da sociedade. Debealiarse, como unha ferramenta máis,con estas entidades, dotándose dunhaestrutura de propiedade (en mans dacidadanía e dos movementos sociais) etendo unha estratexia de crecementorespectuosa e sostida no músculo aso-ciativo que estas vaian conferíndolle.

d. Non lucratividade

Ningunha persoa ou grupo que par-ticipa nas tomas de decisións se podebeneficiar persoalmente dos excedenteseconómicos que se puideran xerar noproceso de intermediación financeira.Isto novamente incide na estrutura depropiedade, mais tamén nos procesosde toma de decisións (asemblearios), nocontrol dos salarios máis altos e naintegridade da identidade durante ocrecemento.

e. Insuficiencia

Unha mirada ética á intermediaciónfinanceira atópase cun horizonte irre-nunciábel: o dereito ao crédito. A BancaÉtica chega a unha conclusión parado-

xal: un sistema de BE non pode facer sóintermediación financeira garantida,pois, como acontece en moitas outraspropostas de alternativa, é necesariotecer circuítos solidarios de produción-distribución-consumo que impliquenredes cidadás nunha acción colectiva “acontracorrente”.

FIARE HOXEOs principios inspiradores de Fiare

baséanse por tanto nestes piares e a súaincidencia pretende dar resposta a tresproblemas: a capacidade, a lexitimidadee a viabilidade.

A capacidade, e a sospeita da inca-pacidade, está en coñecer e responderás realidades doentes da sociedade(problemáticas sociais, ambientais, eco-nómicas, etc.), integrando a respostafinanceira e mantendo a non lucrativi-dade.

O problema da lexitimidade dáse encomo podemos ser recoñecidos comounha opción críbel e fiábel por parte dacidadanía. Para iso botamos man danosa identidade, das persoas e colecti-vos que levan anos “dando a batalla” na

O PROXECTO FIARE: EXPECTATIVASDA BANCA ÉTICA EN GALIZA

Raúl Asegurado Pérez*

Gráfico sobre a evolución de Fiare no Estado español en número de socias e na recollida de capitalsocial.

Page 39: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 39

* Raúl Asegurado Pérez, presidente daasociación FiareGz.+info: http://fiaregz.com

sociedade, que é o que máis nos lexiti-ma, e tamén, claro está, a resposta quedamos mediante o crédito, os proxectosque financiamos, porque son respostasclaras ao sistema de dominación no quevivimos e propoñen outros valores.

A viabilidade responde a como facerun proxecto sostíbel sen perder a nosaidentidade e autonomía. Aquí emerxe acuestión da propiedade do banco a tra-vés do capital social, que é a forma deasociarse, e cuxo investimento se con-templa do seguinte xeito: persoas físi-cas, 300€; entidades xurídicas, 600€;institucións públicas e empresas,1.800€. Ademais de con isto, a nosaidentidade e autonomía quedan salva-gardadas coa actividade financeira quefacemos, co compromiso austero danosa organización e mediante a reci-procidade e cooperación coas asocia-cións que nos dan lexitimidade paraexistir.

A ESTRUTURA SOCIALA construción social de Fiare ten 3

niveis: o territorial, o estatal e o local. O

nivel territorial é unha estrutura deredes de organizacións, na Galiza máisde 22, de grande heteroxeneidade, quegarante a autonomía do proxecto,asume as responsabilidades de viabili-dade na fase de construción do proxec-to, xera lexitimidade e vela pola identi-dade; desenvolve o nivel local eparticipa do estatal, asume a avaliaciónético-social das solicitudes de financia-mento e, se se dá o caso, desenvolveferramentas parabancarias (na Galiza, através da asociación por un interesesolidario “O Peto” *). Todo o proceso desumar socias e socios que aporten ocapital social para poder exercer aintermediación financeira, a difusión doproxecto ou a elaboración de materiaisé traballo da estrutura territorial.

O nivel estatal desenvolve a ferra-menta financeira, mantén a conexióncoa Banca Poupolare Ética de Italia, coaque estamos traballando en termosfinanceiros (pois aínda non temos ocapital social necesario para operar),ten un eido de corresponsabilidade edeliberación para as organizacións ter-

ritoriais e conta cun Comité de Éticaque vela polos principios de todo o pro-xecto, prestando tamén apio aos comi-tés de avaliación éticos e sociais dasterritoriais.

E o último nivel é o que máis nosachega ás nosas realidades. En Galizatemos tres grupos locais constituídos (ACoruña, Compostela e Vigo), un de pró-xima creación en Pontevedra e douspendentes, en Ourense e Lugo. No nivellocal é onde máis activamente se podenimplicar as persoas socias do proxecto econstitúe, por tanto, unha ferramentaesencial para a participación.

AS EXPECTATIVASNa actualidade somos máis de 22

organizacións sociais e máis de 120persoas socias en FiareGz. As nosasexpectativas deben dirixirse, por unhabanda, a seguir aumentando a nosarede territorial, acadar máis socias esocios que nos permitan chegar a espa-zos que aínda non chegamos e, así,medrar en identidade e lexitimidade. Oobxectivo é conseguir un músculo aso-ciativo que sexa incidente na nosasociedade fronte ao actual mundo dasfinanzas que, como todas e todos sabe-mos, é terríbel.

Por outra banda, a territorial galegade Fiare, a asociación FiareGz, nonprestou aínda ningún crédito. Tres pro-xectos foron estudados, mais ningúnrematou o proceso para a concesión.Neste senso, a creación e fortalecemen-to dos grupos locais é imprescindíbel. AXunta Directiva de FiareGz, así como asasembleas, están abertas á participa-ción de todas as socias e temos variascomisións en marcha como difusión,materiais, relacións coas socias, comu-nicación, etc. Aínda así, cremos necesa-rio potenciar os grupos locais.

As expectativas están en fortalecerestes campos, chegar ao maior númerode colectivos do país, facer un traballodidáctico de difusión do proxecto, for-talecer o noso discurso ideolóxico,poñelo diante das realidades que estánna sociedade, tecer cada vez con maiordensidade a nosa rede permitindo ocoñecemento das e dos que somos xaparte do proxecto e obter unha maiorimplicación no territorio.

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros que recolle capital social para FiareGz a nivel esta-tal, é unha socia transversal. Na Galiza mantemos un fluído contacto cos demais territorios.

* Sistema Parabancario da Banca Ética: é aquel que se presta de forma alegal. Non están regula-mentados polo Banco de España, pois para obter a licenza precisarían desembolsar un mínimode 3 millóns de euros. Atende aos proxectos de aforro de proximidade ou de investimento enmicrocréditos. “O Peto” é a primeira asociación de banca ética que naceu en Galiza e cuxo laborconsiste en xestionar unha bolsa común solidaria coa que fai préstamos a proxectos de autoem-prego, adianto de pequenas subvencións a entidades prestadoras de servizos a colectivos desfa-vorecidos ou do mundo da agroecoloxía ou do turismo solidario. A bolsa solidaria componse nasúa totalidade de participacións económicas procedentes das súas socias e socios (cada partici-pación é de 60 €). + info: www.opeto.org

Page 40: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

40 cerna

A NOVA LEI DE MONTES DE GALIZAXabier Bruña*

No seu traballo a prol do territorio ena defensa da terra, ADEGA presentouno mes de xullo, conxuntamente coaOrganización Galega de Comunidadesde Montes (ORGACCMM), 105 achegasao borrador da lei de montes de Galiza(entre modificacións, eliminacións enovos artigos), no ánimo de mellorar odocumento final e que a perspectivaambiental se tivese en conta nunhanorma de vital importancia para o nosorural e en definitiva para toda a socie-dade. Posteriormente realizouse un tra-ballo en conxunto coa ORGACCMM, CIGe FRUGA, para dar a coñecer á socieda-de galega o borrador do documento,reclamando a necesidade dunha maiorreflexión colectiva e participación.

A través do traballo de sensibiliza-ción e de mellora do documento inicialacadouse a admisión e inclusión de 30achegas (23 completas e 7 de formaparcial). Finalmente quedaron impor-tantes cuestións sen modificar, poloque, ante esta situación ADEGA pronún-ciase en contra do borrador da Lei deMontes de Galiza que foi aprobado noConsello forestal do pasado 9 denovembro. Agora iníciase un percorridoque levará o texto aprobado ao Conse-llo Económico e Social (CES), logo a súaaprobación polo Consello da Xunta deGaliza e previsibelmente pasará a tra-mitación parlamentar neste primeirotrimestre de 2012.

Todas as organizacións que se mani-festaron en contra deste borrador da Leide Montes galega (ADEGA, Amigos daTerra, CIG, FEG, FRUGA, SLG,ORGACCMM) concordan na súa posturaen contra tanto na forma (o proceso deelaboración da norma fíxose sen parti-cipación real, sen debate, sen consenso),como no fondo (perpetúa un modelo demonte ancorado no pasado, sen esta-blecer vías para solucionar os verdadei-ros problemas).

PRINCIPAIS EIVASUn dos problemas de maior impor-

tancia aos que o sector do monte seenfronta é a do abandono (da terra, domanexo,...). Para resolver esta cuestión,é fundamental que os elementos nor-mativos doten á Administración demaior poder de intervención no territo-rio. A opción escollida polo goberno doPP é precisamente a oposta: rebaixar acapacidade de intervención da Adminis-tración e deixar nos mercados e naopción individual a especulación daxestión da terra. Esta situación tan sófavorece as grandes empresas e asgrandes propietarias da terra, ao termellor posición nunha situación depouca transparencia e baixa interven-ción administrativa a prol do interesecomún.

Esta nova lei de montes non é unhalei de carácter integral, a pesar da

importancia do monte na vertebraciónsocial e territorial do noso país, ao fal-tar a súa conexión con aspectos agra-rios, sociais e ambientais. Non introdu-ce aspectos novidosos na xestión doterritorio como son: a participaciónpública, a custodia do territorio, a mul-tifuncionalidade, a compra responsábelde produtos e servizos do monte. Nonaparecen cuestións fundamentais e quedeben incorporarse na xestión do montecomo son: a cultura, a etnografía, a res-tauración de terreos queimados, a pai-saxe, os vieiros ecolóxicos, os hábitatsprioritarios, as especies prioritarias, aprevención de pragas e doenzas, etc.

É un borrador de lei que reduce aintervención pública, deixando en mansprivadas e do mercado o cumprimentodos obxectivos principais (desenvolve-mento rural, a fixación da poboación nomedio rural, a conservación e a xestiónforestal sostíbel) e non define unsobxectivos claros para a xestión pública.Hoxe en día os montes en xestión públi-ca supoñen algo máis do 12% de todo opaís, concentrándose maioritariamentenos lugares máis desfavorecidos. Polotanto, a nova xestión pública pode serunha ferramenta para loitar contra oabandono do rural e acadar os obxecti-vos dunha xestión integral do territorioque serva de base para facer unha con-servación real e dinámica dos espazosintegrados na Rede Natura 2000.

Coa nova Lei de Montes do PP, o futuro pasa por: máis terra para a especulación, máis monocultivo, menos terreo agrí-cola e menos protección contra o lume.

Ram

sés

Pére

z

Ram

sés

Pére

z

Page 41: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 41

* Xabier Bruña é vogal de Medio Rural deADEGA.

Outras cuestións esquecidas son oproblema das cortas a feito nas carba-lleiras e nas masas de frondosas autóc-tonas ou a regulamentación de aprovei-tamentos importantes damultifuncionalidade do noso montecomo o eólico, o solar ou o da pedra edos minerais. Non se busca solución aoabandono da xestión e á estrutura mini-fundista da propiedade; principalmentenas zonas do interior.

Por outra banda, a nova lei abre asportas á rebaixa legal dos MontesVeciñais en Man Común ao minimizar atutela xurídica da Administración (quechegaba a equiparalos noutras normasa montes de utilidade pública), e polotanto darlle máis peso á súa posición demontes privados (permite a compra deterreos por parte das comunidades demontes, o deslinde xa non se asemellaaos montes de utilidade pública).

Tampouco se aposta pola participa-ción pública na planificación dos Plansde Ordenación dos Recursos Forestais(PORF), elementos básicos da planifica-ción forestal, cando é unha obriga legalrecollida na lei estatal 27/2006.

O borrador de lei presentado non tenunha visión de construción a longoprazo do noso monte ao non apostarpola extensión forestal (entre a que seatopa a educación ambiental) e a impli-cación de toda a sociedade na conser-vación e mellora do noso monte.

Modifica pola porta de atrás a Lei dePrevención e Defensa contra os Incen-dios Forestais aprobada en 2007, senunha base técnica xustificada ebaleirándoa de contido na ordenacióndo territorio (elemento clave para aloita contra o abandono): diminuíndo asdistancias de salvagarda da vexetaciónsobre vivendas, instalacións e labradío;reducindo os anos nos que se limita oaproveitamento nun terreo queimado;eliminando o mosaico de parcelas e aprohibición de establecer masas mono-específicas de máis de 50 hectáreascontinuas; abrindo de novo a posibilida-de de forestar terras agrarias; desviandocara aos concellos parte das responsa-bilidades de control. Cun total de 43modificacións, máis que pequenas cues-tións coa mesma norma, preténdesecrear unha nova lei (a de montes) evariar substancialmente outra xa apro-bada (cando menos cun procedementopouco transparente e aínda menos ele-gante).

Finalmente, esta nova lei aposta enexclusivo polas SOFOR (Sociedades deFomento Forestal) para a agrupación daxestión forestal, non deixando alterna-tivas legais a outras opcións. Este feitoimposibilita a viabilidade para os mon-tes privados do interior do noso país epolo tanto a súa solución no futuro.

ADEGA, A PROL DO NOSO MONTEDesde ADEGA cremos que o futuro

dos nosos montes pasa por unha xestiónsustentábel, integral, activa e participa-tiva. Decididamente, o monte ten unpapel clave no noso país, e neste senti-

do queremos loitar por un monte activo,vertebrador territorial e social, que con-teña os elementos necesarios para darestrutura ao territorio e ao capitalhumano do noso rural. Ante o actualmodelo de monte monofocal (un sóproduto procedente dunha única espe-cie, isto é, madeira para trituración) conmoitos síntomas de esgotamento e senviabilidade, outro modelo de monte éposíbel e necesario!

Page 42: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

que aposta por entregarlle a xestióndos montes veciñais ás chamadasSociedades de Fomento Forestal(SOFOR), que representan a explotacióncapitalista en terras comunitarias. Estaapropiación indebida dos montes veci-ñais, sobre todo no interior do país,queda meridianamente clara no articu-lado do texto onde se denominan os"contratos de xestión pública ".Mediante estes contratos de xestiónpública, a Consellaría do Medio Ruralpoderá asinar contratos con comunida-des de montes que, segundo o seu cri-terio, non xestionen ben os seus mon-tes. A xestión poderá faceladirectamente a Consellaría de MedioRural ou entregarllos a terceiros. Eis aentrega de terra ás SOFOR.

Pero a voracidade destas empresasvai a máis. Non lles chega que a Admi-nistración lle entregue a terra, taméndeberemos pagarlles os servizos, é dicir,as comunidades de montes terán quepagarlle ás sociedades de fomentoforestal pola xestión. Pero non só iso.Tamén haberá que asegurarlles o nego-

cio. Neste senso a Consellaría levanta aprohibición de forestar máis de 50 Hacontinuadas en réxime de monocultivo.Isto lévanos a que as sociedades defomento forestal poderán dispoñer demilleiros de hectáreas de monte para aplantación de cultivos enerxéticos.Estas aseguran o seu negocio e os veci-ños e veciñas comuneiros e comuneirastemos o lume á porta da casa.

Ante este ataque ao medio rural e,por tanto, ao país, as organizaciónssectoriais e a sociedade en xeral temosque unirnos. O mesmo borrador da Leide Montes é un exemplo de que a uni-dade logra obxectivos. A unidade deacción de ADEGA, CIG, FRUGA eORGACCMM, fixo posíbel que nestetexto normativo, cando menos, non seprocedese a privatizar os montes veci-ñais, que era un dos obxectivos daDirección Xeral de Montes. Este é ocamiño.

O MEDIO RURAL E O MONTE VECIÑALSEN FUTURO

Xosé Alfredo Pereira*

O contido do borrador da Lei deMontes de Galiza aprobado, aínda quesen votación, no Consello Forestal dopasado mes de novembro, e que contouco posicionamento en contra do SLG,Amigos da Terra e da ORGACCMM, vaisignificar que o medio rural non teráfuturo, se non se modifica substancial-mente no trámite parlamentar. Isto,non fai máis que corroborar as palabrasdo Sr. Conselleiro de Medio Rural,Samuel Juárez, cando manifestoupublicamente que o medio rural galegonon ten futuro. E xa que logo, o monteveciñal, como parte do medio rural,tampouco.

Co actual borrador da Lei de Mon-tes de Galiza, un monte veciñal, multi-funcional e sustentábel non é posíbel,porque aposta por un monte só fores-talista, case en réxime de monocultivo(especies de crecemento rápido e culti-vos enerxéticos). Co mencionado textoda normativa de montes, un monteveciñal, xestionado comunitariamentepolos veciños e veciñas comuneiros ecomuneiras, tampouco é posíbel, por-

* Xosé Alfredo Pereira Martínez é o Presidenteda ORGACCMM (Organización Galega deComunidades de Montes en Man Común).

Ram

sés

Pére

z

42 cerna

Page 43: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 43

Poderíanse encher moreas de páxi-nas analizando o borrador da Lei deMontes de Galiza, desde a falla de com-plicidade e de amplo consenso social aoafastado que está da realidade galega,pasando polo esvaecemento e deterioroque a configuración paisaxística do nosopaís vai sufrir, se non o evitamos, naspróximas décadas. Mais imos centrarnosnos puntos que desde a CIG (Confedera-ción Intersindical Galega) consideramosmáis prexudiciais para o presente e futu-ro do patrimonio natural e forestal.

A ADMINISTRACIÓN FUXEDE ASUMIR COMPETENCIAS

Resulta incríbel que a Xunta nonsexa celosa á hora de reivindicar as res-ponsabilidades e competencias que opropio Estatuto de Autonomía lle outor-ga. Moi ao contrario, dispersa estasentre propietarios, empresas, comunei-ros e administracións locais, a sabendasda falla de medios que estas persoas einstitucións teñen.

FAVORECE A INDUSTRIA MADEIREIRAO texto presentado non fai unha

aposta pola protección das nosas espe-cies autóctonas e fomenta a extensiónsen límites das especies invasoras, derápido crecemento e alta rendibilidade, oque, entre outras moitas consecuencias,modificará substancialmente a nosa pai-saxe.

AGRAVA OS INCENDIOS FORESTAISO borrador amputa notabelmente as

disposicións recollidas na actual Lei3/2007, de Incendios de Galiza, e fainoxustamente nos aspectos máis progre-sistas e ambiciosos da mesma. Cabe des-

Por outra parte, non se ten en contaa loita contra os incendios e a minimiza-ción dos seus efectos na planificación exestión forestal.

PRIVATIZA A XESTIÓN FORESTALChama poderosamente a atención

que nin se mencione, nin se defina oconcepto de Distrito Forestal, responsá-bel da tutela e asesoramento dos propie-tarios forestais e montes veciñais enman común; do control da xestión eaproveitamentos forestais; do control dasanidade forestal; da xestión directa dosmontes veciñais conveniados e montespúblicos; da iniciativa na restauraciónhidrolóxico-forestal; da prevención deincendios e posto de mando, e un longoetcétera. Esta indefinición favorece ocamiño da externalización-privatizaciónda xestión forestal en Galiza.

NON PON EN VALOR O MONTE A Consellaría de Medio Rural renun-

cia expresamente a liderar a valorizacióndo noso potencial e da nosa riquezanatural. Nada de diversificación dasexplotacións non madeireiras ou defomentar un modelo industrial distintodeste último. Nada de potenciar oemprego de calidade aproveitando asnosas potencialidades. Toda a riquezaposta en mans daqueles que só buscan aespeculación e a alta rendibilidade, senpreocuparse nin importarlle o noso paíse o noso futuro.

UNHA LEI QUE DEBEMOSTRANSFORMAR ENTRE TODAS ETODOS

Non podemos permitir que a futuraLei de Montes de Galiza saia á luz tal ecomo neste momento se recolle no bor-rador. En poucos anos o territorio galegosería irrecoñecíbel. Debemos loitar porunha lei que aposte polo futuro: polaposta en valor da nosa riqueza natural;en definitiva, polo equilibrio entre apro-veitamento agrícola, gandeiro, forestal eindustrial e o respecto ao medioambiente.

tacar entre elas a renuncia ás repoboa-cións con especies autóctonas, ou aredución das distancias de seguridade aterreos de labor e vivendas. O lume áporta das nosas casas.

Ram

sés

Pére

z

A LEI QUE DEBEMOS CAMBIARAnxo Pérez Carballo*

* Anxo Pérez Carballo é Secretario Confederal deMedio Ambiente da CIG.

A nova Lei de Montes afectará gravemente aconfiguración paisaxística do país.

Page 44: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

44 cerna

R am

s és

P ér e

z

R am

s és

P ér e

z

Cando o Partido Popular chega aogoberno da Xunta obsesiónase con todoo que se fixo no goberno bipartito e,máis en concreto, coas áreas xestiona-das polo BNG (Industria -co concursoeólico- e Medio Rural -coa Lei de Mon-tes ou o Banco de Terras). Coido que nonsó é un capricho da dereita, mais é facerpolíticas que beneficien a determinadossectores empresariais (“diñeiro para…”)en prexuízo dos intereses do país e dasclases populares. Ao que me quero refe-rir agora é a nova Lei de Montes e noque nos afecta ao rural. Dúas son as finsque pretende conseguir a nova lei:forestación das terras agrarias e a revo-gación da Lei contra incendios forestais.

FORESTACIÓN DE TERRAS AGRARIASA forestación das terras agrarias,

tórnase nun grave prexuízo para as pou-cas explotacións agrogandeiras quefican no país dado que permite plantarárbores en terras dedicadas a cultivos, ocal vai impedir a expansión da base ter-ritorial das explotacións. Hoxe é funda-mental nas explotacións de gandoaumentar a superficie agraria, por unharazón tan simple e precisa como é a deabaratar os custos de produción. Faifalla pasto e silo para non depender

sumamos, en nome da austeridade, osrecortes das brigadas de extinción, esta-mos indefensos contra a lacra do lume.O exemplo mais práctico tivémolo esteverán no macizo central de Ourense(Terras de Manzaneda, Trives, Maceda)onde o abandono do medio rural, a fallade xente nova e a redución dos efectivosde extinción de incendios, provocaronque o lume chegara ás portas das casas.Ten que arder algunha casa ou finar oseu propietario para saber que o montedebe gardar unha distancia importantedos núcleos de poboación?

OPOSICIÓN Á NOVA LEIÉ preciso obrigar ao goberno do PP a

paralizar esta lei e consensuar unha quenon sexa agresiva co medio. Fan fallapolíticas máis eficaces. Para rematar,gustaríame citar un comentario que mefixo un veciño de Manzaneda en refe-rencia aos lumes que alí se produciron:“co que custa un helicóptero cada díapodíanse facer pistas que servisen paraimpedir o avance do lume, e tamén parapoder levar o gando”.

tanto da importación dos cereais e dosprezos especulativos destes, sobre todonun país no que a Superficie Agraria Útil(SAU) so representa o 20% do territorio.Se queremos ter agricultura e ganderíae producir alimentos é preciso ter terra.Como exemplo, citamos a SAU decomunidades limítrofes como Asturias,co 32%, ou Castela-León, co 55%. Peroen países chamados desenvoltos, obser-vamos a mesma dinámica. Así, Franciaposúe o 74,8%; Reino Unido, o 39,5%;Holanda, o 44%; Dinamarca, o 63% dassúas superficies están dedicadas á pro-dución agrogandeira, o que lles permiteproducir en base á terra e, ao mesmo,tempo crear diversidade na paisaxe.

MODIFICACIÓN DA LEICONTRA O LUME

Outro problema que se nos aveciñacoa nova Lei é o que afecta a política deloita contra o lume, xa que se pretendereducir as distancias de plantaciónsarbóreas dos núcleos de poboación, ocal implica fomentar a virulencia doslumes que se van meter ás casas.

Hoxe no rural temos o que eu chamoun problema de brazos (moita xentemaior), o que impide loitar contra olume, estamos pouca xente. Se a isto

A LEI VISTA POLA FRUGAXurxo Álvarez*

* Xurxo Alvarez Pérez é o presidente da FRUGA(Federación Rural Galega).

Page 45: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 46: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

46 cerna

UN FUTURO DE SOUTOSO souto, como o ecosistema de

maior diversidade estudado (Guitián J.,“O Courel”) permite a produción de cas-tañas, cogomelos (no caso dos castiñei-ros micorrizados con Boletus edulis) eprotexe as vivendas perante os lumes,polo que a planificación de faixas verdesao redor de vilas e cidades acada finspaisaxísticos, económicos e ecolóxicos.Esta acción supón, ademais, o cumpri-mento da Lei de incendios, que esixerespectar unha faixa perimetral de 100m sen especies como piñeiros ou euca-liptos ao redor de núcleos de poboación.

A ELECCIÓN DOS CASTIÑEIROSEn primeiro lugar, é preciso escoller

o tipo de planta máis axeitado á clima-toloxía e aos aproveitamentos que poi-dan ter as árbores. Nas zonas baixas deGaliza (por debaixo dos 600 m. s.n.m), sóos castiñeiros híbridos ofertan unhagarantía de resistencia á tinta, pois, pornorma xeral, o castiñeiro do país (C.sativa) adoita morrer en poucos anosdebido a esta enfermidade. Ademais, oshíbridos son máis resistentes ao chan-cro, comezan a produción de castañaaos 2-3 anos de estar plantados e pre-sentan un medrío superior ao C. Sativa.

En segundo lugar, cabe valorar afinalidade da produción de castiñeiros:madeira ou froito. Segundo a súa finali-

dade empréganse marcos de plantaciónmáis xuntos para madeira (5x5 ou 6x6m) e máis distantes para froito e crea-ción de faixas verdes (7x7, 8x8 ou 10x10m).

CASTAÑOS, CASTAÑAS E COGOMELOSÁ hora de seleccionar a planta en

función da castaña cómpre elixir entrevariedades temperás e de grande calibre(híbridos da Colección Terra e INRA-Marigoule, Bouche de Betizac, etc.), oudecantarnos polo grande sabor dasvariedades tardías e tradicionais como aFamosa, a Negral, a Longal ou a Xudia.En calquera caso, nas zonas baixas deGaliza só os castiñeiros híbridos garan-ten a resistencia á tinta, certa resisten-cia ao chancro e producións de castañaen 2-3 anos.

Tendo en conta que as plantaciónsde máis de 10 anos poden producir3.000 kg/ha anuais de castaña e 250kg/ha de Boletus, os beneficios dos cas-tiñeiros micorrizados permitirán, sendúbida, recuperar os nosos soutos.

A DEFENSA DO SOUTO E A PLANIFICACIÓNDE NOVAS PLANTACIÓNS

Esteban Sinde Stompel**

Os soutos constitúen o maior símbo-lo da simbiose entre o home e a nature-za, sendo soutos e castiñeiros elementosmoi representativas da paisaxe e doxeito de vida da poboación galegadurante séculos. Sen embargo, as pragase enfermidades que comezaron a atacarestas árbores, mermaron a súa saúde e,por ende, a súa presenza na nosa paisa-xe.

As castañas, que foran a base da ali-mentación de varias xeracións, perderonprotagonismo debido ao avance deenfermidades como a tinta ou o chan-cro, que reduciron significativamente onúmero de castiñeiros en Galiza. Á desa-parición dos soutos foi sinalada poloMarqués de Ensenada en 1752, por morda tinta, nas rías e nas zonas baixas deGaliza. A isto sumouse a chegada dochancro, que fixo auténticos estragosnuns soutos xa demoucados.

A pesar deste punto de partida, gra-zas á produción de castiñeiros en vivei-ros, na actualidade existe a posibilidadenon só de recuperar unha das especiesmáis características da paisaxe galega,senón de facelo sen temor á tinta, poiscoa produción de castiñeiros híbridos -C. sativa e C. crenata- lógranse varieda-des superiores de árbores que podenplantarse en calquera lugar de Galiza,mesmo na costa.

* Esteban Sinde Stompel é biólogo, diplomadoen Enxeñería medioambiental e planificaciónterritorial, e director do Departamento deMedio Ambiente de Hifas da Terra S.L.Portamuíños 7 Bora36154 PontevedraTfnos: 986861087 Fax:986260627e-mail: [email protected]

Souto de castiñeiros centenarios demoucados na Serra do Courel.

Hi f a

s d a

Te r

r a

Hi f a

s d a

Te r

r a

Plantación de castiñeiros híbridos micorrizadosde 30 anos de idade en Hifas da Terra, Porta-muiños – Bora, Pontevedra.

Page 47: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 47

legado desta política forestal deixounosas mesmas árbores que plantaron osnosos devanceiros, máis abandonadasdebido ao éxodo do medio rural galego,pero que aínda así son a base para abas-tecer as necesidades, tanto de consumode castaña en fresco como da numerosaindustria transformadora galega.

Alibos e o resto do sector da casta-ña, vimos loitando desde hai máis de dezanos, dentro da Asociación Proagrosilga,por un cambio na mentalidade repoboa-dora dos propietarios das terras e na daxestión de axudas procedentes da Admi-nistración. O noso maior logro foi aca-dar o recoñecemento europeo para acastaña do país a través da IndicaciónXeográfica Protexida Castaña de Galicia,hai agora case dous anos. Agardamosque esta sexa a ferramenta que permitadar o pulo definitivo ao sector produtivoe á súa organización, como o foi no casodas Denominacións de Orixe, por exem-plo, de viños ou carne.

Nós podemos dicir, e non o dubida-mos, que temos solucións para frear odespoboamento rural, para xerar novasrendas aos agricultores, para o aprovei-tamento dos terreos abandonados, endefinitiva, para a revitalización daszonas máis deprimidas da montañalucense e ourensá onde a produción decastaña de calidade é viábel.

Tendo en conta que a castaña é unproduto natural, altamente valorado nomercado internacional e cuxa exporta-ción e consumo cobra cada día maiorimportancia, é para nós inexplicábel,desde calquera punto de vista, quealgúns anos se sufra unha producióndeficitaria que non permite nin de lonxecubrir a demanda deste produto a nivelmundial. Tanto é así, que os prezos enorixe roldan 1€/kg., e cando se trata devariedades de calidade, de bo rende-mento industrial e boa aceptación parao mercado de fresco, o prezo pode aca-dar facilmente 1,5€/kg. Que produciónagraria ten unha remuneración tan ele-vada? Se miramos cara aos países euro-peos que tamén teñen produción decastaña, veremos como, por exemplo, enFrancia aos soutos denomínanlles “hor-tos” e apostan polo seu cultivo nascomarcas de media montaña comoArdeche ou Perigord, como alternativa ágandería e a outros modelos esgotados,introducindo sistemas de rega e comarco de plantación e preparación doterreo necesarios para a recollida meca-nizada.

Outro exemplo que debería darnosenvexa é Portugal, onde se planificanplantacións de 2.000 Ha cada ano,desde hai 20 anos, co cal, xa van pordiante de nós no ranking de países pro-dutores de castaña.

A CASTAÑA, UN PRODUTO CON FUTURO

Xesús Quintá*

Até hai poucas décadas, a castañafoi un alimento esencial para os galegose os seus animais, principalmente até oinicio do cultivo da pataca e logo enépocas de fame como as da guerra civilespañola e a posguerra. Foi un habitualna cociña dos nosos avós, no caldo,cocidas con leite, coa carne, no cocido…Era frecuente que se plantasen castiñei-ros no perímetro dunha finca a labradíoou nas beiras dos camiños, con diferen-tes variedades, unhas máis temperás eoutras máis tardías, para prolongar aomáximo a dispoñibilidade de froito parao consumo. Mais o que daquela eraunha boa estratexia para o autoconsu-mo, tradúcese hoxe nun problema defalta de homoxeneidade nas castañas,xa que os lotes compóñense, na meiran-de parte de casos, de variedades mestu-radas.

A orientación prioritaria da políticaforestal nas últimas décadas non axu-dou á mellora destas deficiencias. Apos-touse, como ben sabemos, por árboresde crecemento rápido para a produciónunicamente de madeira, con gastos deplantación e mantemento altos, aos quehabería que sumar os gastos da preven-ción e extinción dun lume que se propa-ga con dilixencia neste tipo de planta-cións. Pola contra, o castiñeiro é unhafrondosa con menor risco se manexa-mos un marco de plantación axeitado. O

Castañas peladas e conxeladas. Vista aérea da fábrica en Monterroso.

Alib

os G

alic

ia S

.L.

Pais

ajes

Esp

añol

es

Page 48: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

No sector somos os principais inte-resados e debemos servir de exemplo, épor isto que en Alibos iniciamos un con-venio, a través da Deputación de Lugo,con diferentes propietarios da provinciapara rehabilitar soutos e executar aplantación de 250 Ha que pretenden sero escaparate do que deben ser as novasplantacións feitas en Galiza, apostandopor unha ou dúas variedades de calida-de, planificadas para a recollida mecani-zada e utilizando os tratamentos cultu-rais axeitados.

Aínda que non todo é crítica. Taméntemos que dicir que nos últimos temposa política das diferentes administraciónscon respecto ao castiñeiro está tornán-dose máis favorecedora e desde o sectorasí o agradecemos. Observamos unhamaior sensibilidade cara a agriculturasostíbel que representa este cultivo eapreciamos un interese crecente debidoa súa demostrada potencialidade eco-nomico-social. Esperamos que isto setraduza en recursos e facilidades para osprodutores do sagrado froito do casti-ñeiro e, de seguro, o futuro lle devolve-rá á castaña o sitio que merece como oprincipal froito de Galiza.

48 cerna

* Xesús Quintá García é Xerente propietario deAlibos Galicia S.L. e presidente do ConselloRegulador I.X.P. Castaña de Galicia.

A CASTAÑA NA HISTORIA DE ALIBOS

Alibos Galicia S.L. é unha sociedade de recente creación que en outubro do ano2006, a través do seu propietario Xesús Quintá, adquiriu os activos que aempresa CATESA-Div. Arotz, do grupo Ebro-Puleva, posuía en Monterroso(Lugo), mantendo a mesma dirección, estrutura e persoal e tornándose destexeito, unha empresa totalmente galega. A actividade desta fábrica de Monter-roso remóntase ao ano 1967, cando era Conservas Arotz S.A., e a súa activida-de principal consistía no aproveitamento de cogomelos silvestres para a elabo-ración de conservas. Posteriormente, nos anos oitenta, orientou a súaprodución cara a castaña, desenvolvendo un proceso de pelado e conxeladopara o seu posterior emprego na industria internacional de segunda transfor-mación para a elaboración de marrón glacé, conservas de castaña en xarope ouao natural, cremas e purés, etc.

Desde o comezo da produción de castaña pelada conxelada, a fábrica de Mon-terroso foi incrementando a súa capacidade de produción até chegar a 5-6 mil-lóns de quilos de máxima capacidade actual de pelado, producindo castañasenteiras de diferentes calibres, cachos de castaña, purés, etc.

Alibos é un dos meirandes produtores mundiais de castaña pelada e conxelada,exportando arredor do 90 % da produción a países como Francia, Reino Unido,Suíza, Xapón, EEUU, etc. Aínda que esta é a principal liña de produción hoxe endía, tamén se mantén a elaboración de cogomelos e setas silvestres, framboe-sa e espárrago verde, estas dúas últimas recollidas na comarca da Ulloa, onderadica a fábrica, pioneira na implantación e apoio destes cultivos novedosos nacomarca. Manter o alto nivel de esixencia dun mercado tan global, require con-tinuos investimentos en tecnoloxía e melloras nas instalacións, e nese sentidotemos investido nos últimos tres anos preto de 3 millóns de euros, mantendo aocupación dunhas 122 persoas, fundamentalmente da comarca da Ulloa.

O abastecemento da materia prima necesaria para o traballo da fábrica realí-zase nas zonas máis produtoras de Galiza, fundamentalmente nas provincias deLugo e Ourense, e nas zonas limítrofes do Bierzo, Zamora e norte de Portugal.Hoxe en día, a distribución do aprovisionamento pódese establecer nun 50 %de orixe galego e o restante 50 % necesario para abastecer a fábrica recóllesenas restantes zonas produtoras da Península.

Distribución porcentual das exportacións en 2010 á UE,fóra da UE e no Estado español. (Fonte: propia)

Cando polos anos oitenta Alibos, daquela Arotz, se embarcou no pelado etransformación da castañas facíao coa variedade longal, de orixe portugués,posto que a maquinaria existente non era quen de facer un pelado industrialque obtivese un bo rendemento das variedades galegas. Hoxe en día, podemosdicir que o 50% da nosa materia prima é galega pero, lamentabelmente, isto égrazas aos avances da tecnoloxía, e non a unha mellor planificación das plan-tacións de castiñeiro con variedades de aptitude para industrializar, polo queaínda nestes tempos as castañas galegas ofrécennos un peor rendementoindustrial.

Alib

os G

alic

i a S

. L.

Nova plantación de castiñeiros dentro do Pro-xecto Soutos.

Page 49: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

CERNA Enxeñería conseguiu certi-ficar a xestión forestal de aproximada-mente 1.300 hectáreas baixo dousmodelos semellantes de certificacióngrupal impulsados pola iniciativa pri-vada. Trátase do primeiro caso enEspaña desta tipoloxía, no que ade-mais, se acadou a certificación forestalFSC dos dous primeiros Montes Veci-ñais en Man Común en Galiza, figurasespecialmente representativas da pro-piedade na nosa rexión cunha impor-tante vertente social. O interese taménaumenta ao tratarse de montes noscales a actividade económica prefe-rente é a produción de madeira.

A entidade CERNA Ingeniería yAsesoría Medioambiental, S.L.P.(CERNA Enxeñería) é unha empresaconsultora con sede principal en Lugo,fundada no ano 2002, e que desenvol-ve a súa actividade no ámbito da Enxe-ñería medioambiental e xestión dosrecursos naturais en xeral, con amplaexperiencia na xestión de montes.

GRUPOS DE XESTIÓN DE MONTESEN GALIZA

Actualmente, a superficie forestalcertificada FSC en España é reducida,situándose arredor das 140.000 Ha, egrande parte en montes de xestiónpública e con clara función protectora.No obstante, existe unha alta deman-da de produtos certificados FSC, queestá a provocar a importación de

materia prima de terceiros países, conimportantes consecuencias medioam-bientais, económicas e sociais.

CERNA Enxeñería promoveu a crea-ción de dous Grupos de Xestión deMontes en Galiza e a súa certificacióna través do sistema FSC. Esta propostalevouse a cabo a través dunha iniciati-va impulsada por FSC España, a enti-dade de certificación NEPCon e a Fun-dación Biodiversidade, a través doProxecto “Achegando a certificaciónforestal FSC aos pequenos propieta-rios”.

Coa execución desta iniciativa,acadouse a constitución e a certifica-ción FSC de dous Grupos de Xestión deMontes cun obxectivo, eminentemen-te, produtor pertencentes a pequenos emedianos propietarios forestais priva-dos, sendo esta a primeira certificaciónFSC grupal desta tipoloxía en España.

CERNA Enxeñería, exerce nos Gru-pos de Xestión de Montes como enti-dade de grupo, levando a cabo os labo-res de administración e representaciónlegal, de asesoramento e xestión fores-tal dos montes que se inclúen nos gru-pos, así como os traballos de xestión ecoordinación dos compoñentes deditos grupos.

GRUPO “DORSAL LUCENSE GALEGA”

Os seus membros son: o MonteVeciñal en Man Común (MVMC) de

Carballo (Friol) e o Monte “Serrón doLobo” (Xermade). O primeiro delesposúe unha superficie certificada de483 Ha, onde existen masas arbóreaspuras e/ou mixtas das especies Pinussylvestris, Pinus pinaster, Pinus radiata,Pseudotsuga menziesii, Quercus rubra,Quercus robur e Betula sp. Cabe desta-car nos usos e aproveitamentos exis-tentes neste monte, que ademais doaproveitamento principal de madeira,estableceuse outro aproveitamentosecundario de certa relevancia, o apro-veitamento silvopastoral con cabalo depura raza galega. Este aproveitamentoengade un acentuado compoñentesocial na xestión deste monte, apoiadonunha extraordinaria implicación dosseus comuneiros para o control dosanimais e a convocatoria de diferenteseventos que xiran arredor do cabalo(ver Cerna nº 64 , páx. 38).

O Monte “Serrón do lobo” é unmonte de propiedade privada proindi-viso, pertencente a dous copropietarios(D. José Manuel Tojeiro Peleteiro e D.Roberto Tojeiro Peleteiro), localizadona parroquia de San Martiño de Piñei-ro, termo municipal de Xermade, naprovincia de Lugo. Posúe unha superfi-cie certificada de 90 Ha. Nela haimasas arbóreas puras e/ou mixtas dasespecies Pinus radiata, Pinus pinaster,Eucalyptus globulus, Eucalyptus nitens,Quercus robur e Betula sp.

cerna 49

CERTIFICACIÓN FSCPARA PEQUENOS PROPIETARIOS

Oscar Luís Expósito*

Evento da rapa das bestas no MVMC de Carballo.Evaluación en campo durante o proceso de auditorías.

J.M. Y

gles

ias

Pabl

o Ló

pez

Page 50: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

do monte e un parque eólico confor-mado por vinte muíños. A proximidadeao núcleo de Viveiro, concédelle unimportante papel social, sendo decla-rada como festa patronal a subida eromaría ao monte de San Roque.

O segundo membro deste grupo é oMonte “Regovello e Fontao”, de pro-piedade privada proindiviso pertencen-te a dous copropietarios (D. JoséManuel Romero Moreno e Dª. AnaMaría Duplá del Moral), situado naparroquia de Santa Cecilia, no concel-lo de Foz, tamén na provincia de Lugo.Posúe unha superficie certificada de180 ha. Alí destacan masas arbóreaspuras e/ou mixtas das especies Euca-lyptus globulus, Pinus radiata, Pinuspinaster, Castanea sativa, Fagus sylva-tica, Quercus rubra, Picea sitchensis,Pseudotsuga menziesii, Quercus robure Betula sp. O lugar no que se localizaeste monte, no entorno denominadoCondado de Fontao, é de especial rele-vancia histórica e cultural. O Condadode Fontao é un título nobiliario espa-ñol outorgado pola Raíña Isabel II o 8de xaneiro de 1840.

E, por último, o Monte “Portela eAbelleira” é de propiedade privada per-tencente a Edelmiro López S.L., situadona parroquia de Castromaior de Aba-dín, provincia de Lugo. Posúe unhasuperficie certificada de 162 ha na queconviven masas arbóreas puras e/oumixtas.

RETOS

Na actualidade, CERNA Enxeñería,está promovendo e executando unhasegunda fase do proxecto iniciado, através da ampliación dos Grupos deXestión de Montes. Esta nova iniciati-va ademais de supoñer unha amplia-ción importante (tanto en número demembros como en superficie xestiona-da) dos Grupos de Xestión de Montesxerados, supón tamén a súa clara con-solidación, e un apoio importante aoproceso de certificación FSC, posto queen total os dous Grupos de Xestión deMontes pasarán a dispoñer, neste ano2012, de máis de 2.300 hectáreas cer-tificadas FSC.

50 cerna

* Oscar Luís Expósito é enxeñeiro de montes eadministrador de CERNA Enxeñería.

QUE É A CERTIFICACIÓN FORESTAL FSC?FSC son as siglas do Forest Stewardship Council (Consello de Administración Forestal), unha ONG

internacional, creada en 1993 co obxectivo de promover e asegurar unha xestión forestal “ambiental-mente responsábel, socialmente beneficiosa e economicamente viábel” dos bosques. O sistema de cer-tificación FSC está baseado nuns estándares mundialmente recoñecidos e respectados denominados“Principios e Criterios de Xestión Forestal”, que garanten ao consumidor que o produto adquirido pro-cede dun monte ben xestionado, dunha maneira responsábel e sostíbel. Por iso, o consumidor queadquire un produto certificado asegúrase de que está favorecendo a conservación e desenvolvementodos montes e das zonas rurais que os acollen.

É un proceso de avaliación ao que se somete de forma voluntaria unha Unidade de Xestión Fores-tal (monte ou grupo de montes), realizado por unha terceira parte independente (Entidade de Certifi-cación), que verifica que a xestión do bosque cumpre cuns estándares acordados a nivel internacional.

GRUPO “A MARIÑA LUCENSE-TERRACHÁ-EUME”

Está conformado por tres montes,un deles en mancomunidade. O MVMC“Monte Maior, San Roque e Penedo doGalo”, pertencente aos veciños da par-roquia de Santa María e Santiago deViveiro, está situado no termo munici-

pal de Viveiro, en Lugo. Posúe unhasuperficie certificada de 411 ha, na quehai masas arbóreas puras e/ou mixtasdas especies Pinus pinaster, Pinusradiata, Pseudotsuga menziesii, Euca-lyoptus globulus, Castanea x hybrida,Quercus robur, Castanea sativa e Betu-la sp. Combínase o aproveitamento damadeira co do gando en varias zonas

Explotación silvopastoral con cabalo de Pura Raza Galega no MVMC de Carballo.

J.M. Y

gles

ias

Aproveitamento de madeira no MVMC “DE CARBALLO”.

J.M. Y

gles

ias

Page 51: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

cerna 51

* Cristovo Ruiz Leivas é micólogo autodidacta eetnógrafo. +info: http://cogomelosefloradeval-deorras.blogspot.com/

NETORRAS (RUSSULAS)Cristovo Ruiz Leivas*

O xénero Netorras (Russulas) com-prende corpos frutíferos terrestres,carnosos, sen anel, nin volva, e rara-mente con veo. As rúsulas son fungoshomoxéneos, é dicir, con trama conti-gua entre o sombreiro e o pé, e carac-terízanse por ter a carne, en particulara do pé, tipicamente non fibrosa,senón ao contrario, máis ben xesosa,que rompe facilmente e do mesmoxeito que un xiz.

O sabor é unha das característicasorganolépticas máis importantes nasnetorras xa que non se poden identifi-car a ollo con precisión, sen procederpreviamente á súa característicadegustación, consistente en mastigarun cacho pequeno e logo cuspilo.Deste xeito podemos dividir as netor-ras en dous grandes grupos: as desabor doce (acelmes, doces, insípidas eagradábeis ao gusto) e as de sabor acre(picantes e desagradábeis).

A Russula cyanoxantha, xunto coaR. virescens e a R. aurea, son para minas mellores netorras comestíbeis.Pódense consumir en pequenas canti-dades, tamén crúas en salada. A pesarda extrema variabilidade da cor dacutícula, é en todo caso recoñecíbelpor romper coma o xiz e o seu saboragradábel ou acelme. Se pican, nonson comestíbeis.

RUSSULA AUREAChamada tamén netorra raíña. É

unha rúsula de mediano tamaño, pode

acadar 10 cm de diámetro, facilmentedistinguíbel polas súas belas coresparecidas ás da Amanita caesarea, unvermello-laranxa vivo co centro máisamarelado no sombreiro, e amarelo-citrino ou amarelo-ouro en láminas epé, aínda que nestes últimos a colora-ción non é homoxénea, mestúrase coacor branca. A esporada é de cor ocreamarelado. Ten a carne branca contons amarelos no sombreiro e de sabordoce. É boa comestíbel.

En canto á súa ecoloxía é algo ter-mófila e vive en bosques de carballos ede castiñeiros. Pode empezar a frutifi-car a finais de primavera, pero taménno outono, aínda que persoalmentenesta época nunca a atopei en Val-

deorras. É unha especie pouco comúnque aparece de forma solitaria ou enpequenos grupos.

RUSSULA VIRESCENS

É unha das rúsulas máis apreciadase buscadas, facilmente recoñecíbelpola cutícula do sombreiro de corverde agrisado (ás veces verde azuladoou tamén esbrancuxada) que se vaicuarteando finamente coa idade entoda a súa superficie, deixando ver ofondo máis claro. Presenta unha carnecompacta de elevado peso específicoentre as rúsulas pero que é facilmenteatacada polas larvas. Xeralmente, fru-tifica no verán, desde finais de xuñoata outubro. Onde máis se atopa é enzonas de carballos e castiñeiros. Apa-rece normalmente en pequenos gruposou de forma illada sendo unha especiecomún. É comestíbel.

RUSSULA MAIREI O seu sombreiro é de 4-8cm de

diámetro, primeiro convexo e despoislixeiramente aplanado. A súa cutículaé lisa, de cor vermella intensa, perden-do estes tons en tempo húmido e dei-xando ver zonas branco crema, oucrema. As láminas son numerosas,apertadas, de cor branca, con manchasmarrón-cremosas nas zonas rozadas. Opé é cilíndrico, macizo, recto ou curva-do, coa superficie algo rugosa, esbran-cuxado. A carne é granulosa, compac-ta, dura, branca e ten un cheiroagradábel pero sabor picante.

Non é unha variedade que se atopecon frecuencia. Nace en outono baixocastiñeiros (Castanea sativa) e faias(Fagus sylvatica), e vén sendo moi raraen Galiza. Consérvase especialmentenos faiais existentes nas zonas calca-rias e louseiras do Courel e Valdeorras.Non é comestíbel polo seu saborpicante.

“Netorra acelme, que non chacoma o verme”

“Netorra do carballo, por elao crego perde o rosario”

“Os cregos e as lesmas,das netorras fan festas”

“Tremer, netorras: aí vos véna negrura de lesmas e curas”

A cu a

r el a

de

S of í a

Zo m

p i R

u iz

Russula aurea e Russula virescens.

J os e

b a M

a ta b

u en a

Va l

Russula mairei

Page 52: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

52 cerna

EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALIZA: CRISE, QUE CRISE?

Miguel Pardellas e Pablo Ángel Meira*

Que 200 traballadores da industria pirotécnica galega quedasen no paro temporalmente como consecuencia da normativa esta-cional de prevención de incendios forestais pareceu, e seguramente o foi, unha traxedia social inaceptábel. Mereceu, sen dúbida, aatención dos medios de comunicación e a solidariedade de quen asocia a celebración festiva cos estoupidos de rigor. Hai dramas simi-lares pero de maior escala que, sen embargo, están a pasar desapercibidos, resultando totalmente invisíbeis para os medios de comu-nicación e a sociedade. Facendo unha estimación sobre os datos de emprego referidos a 2007 derivados do Proxecto Fénix1, xusto nosprolegómenos da crise actual, a perda de postos de traballo no sector da Educación Ambiental (EA) en Galiza durante os últimos catroanos pode estimarse nun 50%, unhas 500 persoas.

A perda destes postos de traballo,por moi precarios e socialmente invisí-beis que resultasen, debería xerar, comomínimo, a mesma sensibilidade mediáti-ca e institucional que no caso da indus-tria pirotécnica. Non hai neste país moi-tos sectores ou empresas que sumen unmilleiro de traballadores e traballadorasdun perfil tan cualificado, a maioría conestudos superiores, e menos aínda nosector servizos. Tampouco hai moitoscolectivos cun labor que poida conside-rarse de maior relevancia cívica e estra-téxica para o futuro.

Desde a década dos setenta do sécu-lo XX, a EA foi definíndose coma unhacorrente internacional de pensamento eacción que quere contribuír á educaciónda cidadanía para enfrontar a fondacrise ambiental que ameaza a calidadede vida, a saúde humana e a posibilida-de dun progreso económico e socialduradeiro. A EA debería, por tanto, for-mar parte dos instrumentos imprescindí-beis para construír unha sociedade máisxusta, equitativa e sostíbel, coma un ser-vizo público necesario para a alfabetiza-ción socio-ambiental da cidadanía.

En contra do que cabería esperar,non se ten observado ningunha reacciónpolítica ou social significativa en res-posta aos recortes executados, sendomoi limitada a producida dentro do pro-pio sector. Unicamente a SociedadeGalega de Educación Ambiental elabo-rou un manifesto pola “Non desapari-ción da EA en Galicia”2, cunha repercu-sión pública escasa.

UNHA MORTE SILENCIADAAlén do reiterativo argumento da

crise económica -a escusa perfecta paraa “deconstrución” do Estado do Benestar

e a degradación dos servizos públicos-,no desmantelamento silencioso docampo da EA conflúen un conxunto defactores estreitamente relacionados.

En primeiro lugar destaca o escasopeso institucional do sector. En contradas declaracións de intencións e dosdocumentos estratéxicos que trataron deimpulsala nos últimos anos, a EA é unámbito cada vez menos relevante tantoda política ambiental como da educati-va, constituíndo unha especie de terreode ninguén. Esta debilidade estruturalpode deberse á carencia de atractivoseconómicos: non é un sector rendíbeldesde un punto de vista mercantil comosi o son outros ámbitos emerxentes donegocio ligado ao ambiente. Tampoucoposúe atractivos políticos para o xogopartidista: deixar morrer á EA non supónun custe significativo nas matemáticaselectorais. Esta debilidade queda de

manifesto na súa dilución administrativana estrutura da Xunta de Galiza –a pesardas recomendacións da EstratexiaGalega de Educación Ambiental no ano2000-, na súa práctica inexistenciacomo obxecto de atención a nivel pro-vincial e no seu residual papel municipal.

Se os recursos económicos, humanose infraestruturais destinados polasadministracións públicas xa eran esca-sos denantes da crise, faltos de planifi-cación a medio e longo prazo, e cunhadistribución que obedecía a criterios nosque o educativo-ambiental tiña relati-vamente pouca relevancia, na actuali-dade, co mantra da austeridade estase aoptar, directamente, pola súa extinción.Casos concretos son o abandono oupeche progresivo dos equipamentos deEA de titularidade pública, a eliminacióndas subvencións e liñas de axuda espe-cíficas para a promoción de actividades

Ram

sés

Pére

z

No Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galiza, proxectado na cidade de Ourense,vanse dilapidar 6 millóns de euros.

Page 53: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

de EA, a redución a mínimos ou a can-celación dos poucos programas educati-vo-ambientais en marcha, o despedi-mento masivo de persoal con tarefasligadas á EA nas distintas administra-cións, etc. Baste dicir que a inversión dogoberno autonómico en actividades einiciativas de EA caeu de 1.645.000 € noano 2007 a 125.133,60 € no ano 20113,un recorte brutal do 93%.

É preciso ter en conta que as políti-cas de redución do gasto nas adminis-tracións están tendo un impacto letal nosector da EA. A maior parte dos recursoseconómicos que o mobilizan proveñende fontes públicas, tanto, obviamente,os que sufragan as accións que desen-volven as propias administracións, comoaqueloutras que se capitalizan median-te contratos, convenios e subvenciónscon outros actores do campo (autóno-mos, pequenas empresas, colectivossociais, ONG�s, etc.).

En segundo lugar, a crise está a gol-pear a un sector que xa padecía unhasituación endémica de precariedadelaboral, empresarial e profesional.Conforme datos do Proxecto Fénix, osalario medio dun educador ou educa-dora ambiental era, en 2009, de 1.050 €brutos mensuais, ao que habería queengadir unha marcada temporalidadeno emprego e a asunción de tarefas eresponsabilidades moi por riba dos tiposcontractuais máis usuais. En contraste,os traballadores e traballadoras destecampo presentan un perfil no que domi-nan os titulados superiores e a sobre-formación, entendida como una preocu-pación constante por actualizar os seuscoñecementos e prácticas profesionais através de cursos, seminarios e outrosrecursos de formación permanente.

En terceiro lugar, é preciso destacarque o tecido empresarial da EA en Galizaé moi feble. En liñas xerais está consti-tuído por pequenas empresas, moidependentes das administracións, esca-samente capitalizadas, pouco articula-das entre si, sen un campo de traballoclaramente definido nin regulado, e sencapacidade para competir coas grandescorporacións prestadoras de servizos.

En cuarto lugar, apréciase unha ten-dencia crecente a ofrecer programas ouservizos que pouco o nada teñen que vercoa EA, pero que se presentan baixo estamarca como unha estratexia adaptativapara sobrevivir nun contexto económicoadverso. Nesta liña, moitas iniciativas deEA existentes ou de nova creación,

reformulan a súa oferta cara ao ocio deconsumo, o turismo ou a práctica depor-tiva, sen correspondencia ou cunha vagarelación cos obxectivos e principiospedagóxicos e sociais da EA. É un para-doxo que os equipamentos ou as“empresas de EA” que realizan esta tran-sición ou que xa nacen cun enfoquenitidamente mercantilista, son os quetenden a sobrevivir no escenario actual,a pesar de que a invocación á EA nonsexa máis que un reclamo comercial.

PRIMANDO O CEMENTO FRONTE AOCOÑECEMENTO

Paradoxalmente, este mesmo “mar-keting verde” é o que está a guiar áspropias Administracións Públicas nunhareviravolta que roza o esquizoide. Fronteao peche dos equipamentos de titulari-dade pública existentes –coma ofrendade austeridade–, seguen edificándosenovos equipamentos de “Educación eInterpretación Ambiental” nos que osaspectos educativos brillan pola súaausencia, primándose o cemento fronteao coñecemento. É certo que a prácticade construír “edu-eco-mausoleos” non énova. O Centro de Interpretación dasGándaras de Budiño é un dos exemplosmáis claros no noso país: 470.000 €investidos na construción dunha infra-estrutura inaugurada oficialmente en2002 pero que nunca chegou a abrirse.O que non se explica é a súa continui-dade nos tempos actuais: investir mediomillón de euros nun Centro deInterpretación das Illas Atlánticascando, ao tempo, despídense ás educa-

doras e aos educadores ambientais queestaban a desenvolver o seu traballo nomesmo espazo protexido é unha aberra-ción. E que dicir do xa investido noCentro de Interpretación dos Parques deGaliza proxectado na cidade de Ourense,máis tixolo sen unha xustificaciónsocio-educativa ou ambiental defendí-bel, mentres se pechan equipamentosou se despide ao persoal coas mesmasfuncións nos espazos protexidos que sequeren “interpretar”.

En quinto lugar, a EA vén perdendopresenza no ensino, tanto pola desidiada Administración responsábel e dodesenvolvemento daquelas áreas docurrículo que se teñen mal definidascomo transversais –en realidade, debe-rían ser consideradas como nucleares-,como polos mesmos recortes que seestán xustificando coa crise económicaen aspectos clave para a calidade doensino público: formación do profesora-do, apoio á innovación educativa,desenvolvemento de actividades e pro-gramas complementarios, etc. Ao quehabería que engadir, a nivel autonómico,a falta crónica de coordinación entre aAdministración educativa e a ambiental.

A INVISIBILIDADE SOCIAL DA EAEn sexto lugar, non se poden sepa-

rar as anteriores afirmacións sobre aprecaria conxuntura da EA en Galiza dasúa situación no conxunto do Estado.De contar, a finais dos anos 90, cunpapel explicitamente destacado comorelevante no acompañamento e trans-

cerna 53

EVOLUCIÓN DAS SUBVENCIÓNS OUTORGADAS POLA XUNTA A CONCELLOS EASOCIACIÓNS PARA EDUCACIÓN AMBIENTAL NO PERÍODO 2006-2011

Fonte: Elaboración propia.

Page 54: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

54 cerna

* Miguel Pardellas e Pablo Ángel Meira sonmembros do Grupo de Investigación en Peda-goxía Social e Educación Ambiental-SEPA daUniversidade de Santiago de Compostela.

NOTAS:

1 O Proxecto Fénix foi un estudo finan-ciado e publicado pola Xunta de Galizae realizado por un equipo da Socieda-des Galega de Educación ambiental.Neste estudo, que consta de 7 volumes,realizouse unha análise diagnósticamultisectorial do estado da EducaciónAmbiental en Galiza. No ano 2009mereceu o Premio María Barbeito deInvestigación Pedagóxica.

2 O manifesto pode consultarse na webda SGEA: www.sgea.org

3 Informe comparativo das subvencións eaxudas da Consellería de MedioAmbiente, Territorio e Infraestruturasno período 2006-2011. Sociedade Gale-ga de Educación Ambiental, marzo de2011.

posición das políticas ambientais quechegaban da UE, como se ve plasmadono Libro Blanco de la EducaciónAmbiental en España e nas distintasEstratexias Autonómicas, a EA foi des-lizándose a un segundo ou terceiroplano, converténdose nunha referenciacada vez máis retórica e con escasaproxección na realidade. De feito, seben o Libro Blanco e as EstratexiasAutonómicas elaboradas durante aúltima década destacaron a necesidadede consolidar e dotar á EA dunha estru-tura orzamentaria e administrativapropia, o seu actual estatus institucio-nal segue a ser o mesmo ou empeorou.Chama a atención, por exemplo, que apráctica totalidade das estratexiasautonómicas de EA carezan de conti-nuidade ou languidezan nos caixónsdas administracións, ou que non seteña celebrado dende o ano 1999 nin-gún congreso ou encontro estatal parapoñer en común e debater as proble-máticas propias do campo.

En sétimo lugar, en parte comocausa e tamén como consecuencia detodo o anterior, cabe chamar a aten-ción sobre a invisibilidade social da EA.Cada vez máis acusada incluso entreaqueles sectores que tradicionalmentecontribuíron ao seu impulso ou quedeberían ser máis sensíbeis á súa men-saxe. Sirva coma exemplo a escasa pre-senza conceptual da EA no xurdimentoe desenvolvemento dos novos discursosda sostenibilidade, como poden ser osligados ao decrecemento ou ás comu-nidades en transición que, se ben écerto que incorporan na súa prácticaaccións que poden caracterizarse comoEA, non a reivindican como parte rele-vante das súas estratexias.

Cómpre advertir, finalmente, queesta situación decadente está sendovivida con certa resignación dende opropio campo. Os signos vitais deindignación son escasos e apuntanmáis de cara ao interior que ao exte-rior. Mesmo aparecen comportamentoscainitas, probabelmente como resulta-do da dificultade para enfrontar asameazas externas e por puro instintode supervivencia. Neste escenario osrecursos que viña capitalizando a EAestán sendo derivados para usos eaxentes que traballan en contra da sos-tenibilidade, ben porque se entendeque é un luxo que as nosas sociedadesnon se poden permitir, ou ben porque amesma crise é a gran coartada paraimpulsar o proxecto neoliberal, que

sospeita, probabelmente con razón, quea EA pode ir en contra dos seus intere-ses políticos, de clase e económicos.Non falta, tampouco, quen pensa queesta é unha oportunidade para queaxentes máis “emprendedores” –postoque se sobreentende que antes sóhabía “parasitos” que vivían a costa doerario público- tomen a iniciativa efagan rendíbel, na óptica da empresaprivada e do mercado, a demandasocial de servizos asociados á calidadedo ambiente.

Ao fin e ao cabo o mesmo colapsodo sistema está servindo aos que o pro-vocaron para gañar maiores cotas depoder, para incrementar as oportunida-des de beneficio e para desmontar osfebles mecanismos de control que ape-nas foron quen de prever as manobrasespeculativas que o desataron. Nocrack económico de 1929, o antece-dente máis acaído da situación actual,moitos xerarcas das finanzas acabaronestrelados no pavimento de Wall-Street, impulsados pola inclemente leida gravidade (e, probabelmente, polavergoña de verse ou de que os visenpobres). No presente, o sistema estácaendo para arriba e os responsábeisda desfeita levitan no éter social colga-dos de xubilacións millonarias. Ben

pensado, a EA, nas súas formulaciónsmáis críticas, podería e debería ser,cando menos, un obstáculo, unhapedriña no camiño, para quen entendaque este é o mundo desexábel ou ine-vitábel.

Ram

sés

Pére

z

O Centro de Interpretación das Gándaras de Budiño foi inaugurado oficialmente en 2002, pero quenunca chegou a abrirse.

Page 55: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 56: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

AUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA F ORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E F E GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA D ALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE G AUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA ORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E E GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA

radicular cheo de fantasía, voume cen-trar na rica avifauna, xa que se podeafirmar que paga a pena observala.Nun pequeno treito, veremos, ademaisdos común merlos e corvos, abondososparrulos alavancos, os baños vesperti-nos das lavandeiras brancas e dasreais, a elegante garza, o acróbatarubideiro, o pequeno carrizo ou oempoleirado chasco, pero é que ade-mais podemos quedar admirados corápido voo do metálico lava-cu oupicapeixe. E, xa facendo unha verda-deira exhibición, está o merlo rieiro,que patrulla o río e que se deixa ver efotografar a pracer sempre que esteasun pouco disimulado. Con este últimoimos quedar.

O merlo rieiro (Cinclus cinclus) é unpaxaro do tamaño do merlo común, unpouco máis repoludo e coa cola máispequena. A súa cor é dun pardo moiescuro, excepto a cabeza, que é de corchocolate e loce un espléndido babei-ro branco. Outras características que odiferencian son o peteiro aguzado e decor grisallo e, por suposto, a ecoloxía,xa que a maneira de buscarse a vida ében diferente.

O merlo rieiro, como indica o seunome, está ligado intimamente aoscursos fluviais. Cando voa, faino a ren-tes da auga e os niños colócaos nestehábitat que será onde poidamos atopa-lo, madialeva!: no líquido elemento

ten a despensa onde atopará todo tipode larvas acuáticas e insectos. Anda omerlo metido na auga, ben pola super-ficie ou mergullado até o fondo conenérxicos aletexos, virando follas epedras na procura dos apetitosos ani-maliños. Este insectívoro, que está pro-texido, é un fedello que, cando nonestá faenando, poderá pousarse breve-mente na ribeira pero nunca quedaráquedo; aínda parado, ten seguidoespasmódicos movementos arriba eabaixo, polo que parece que padecerados nervios.

Eu coñecín o merlo rieiro, van alómoitos anos, cando empezaba a intere-sarme pola volataría. Daquela aíndanon había tanta sensibilidade cara aonon molestar aos seres vivos, e, nunhasaída nocturna cos pequenos da casa,chegamos ao río Chamoso. Alí, baixounha ponte, descubrimos coa lanternaque un paxaro descansaba no niño.Atordoado pola luz, deixouse pillar oincauto; levámolo preso para gardalonunha caixa de cartón e agardamos atéo día seguinte para observalo condetalle. Cando Iago o colleu pola mañápara fotografalo, apenas deu tempopara dispararlle unha diapositiva. Opaxaro mandoulle semellante peteirazocoa aguzada arma que Iago, nun actoreflexo, abriu a man para librarsedaquel contundente ataque. O merlorieiro voou canto daba cara ao seu ríoacolledor e nós quedamos frustrados deque non nos permitise examinalo condetalle nin facerlle lindas fotografías.

Posibelmente, ao merlo rieiro pasa-ríalle o trauma, pero sendo hoxe, sennecesidade de tanto boureo, tirariá-moslle unha foto no seu niño e viría-mos tan contentos ensinando o trofeo,o que sería unha forma máis civilizadade gozar da natureza sen molestias,traumas ou mortes.

O MERLO (CONTOS DO TIO-VIVO)

QUE VIVE NO RÍO Xosé Salvadores*

O río Cabe é un grande curso flu-vial cheo de recursos. O tamaño, loxi-camente, é relativo, pero o indiscutíbelé que é grande por beleza, polo singu-lar camiño cara o Sil, que inclúe o ago-charse subterráneo durante un bo trei-to, ou a diversidade que atopamos nassúas ribeiras. Non é, pois, estraño quesexa un LIC (Lugar de Interese Comuni-tario). Na diversidade heime centrar, xaque dela gocei enormemente esteoutono, e só bastou achegarme á súaribeira, pararme e mirar.

Obviando aquí a galería vexetal,que por momentos cobre totalmente ocurso e que é magnífica, con maxesto-sos ameneiros (aínda vivos) que mos-tran sen pudor na estiaxe un sistema

56 cerna

* Xosé Salvadores é o vogal de Biodiversidade deADEGA.

Xosé

Sal

vado

res

Xosé

Sal

vado

res

Page 57: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E

DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZAFAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA FLORA DE G

FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA EFLORA DE GALIZA FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA EFLORA DE GALIZAFAUNA E

DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA E FLORA DE GALIZA FAUNA EE FLORA DE GALIZA FAUNA E

Esta herbácea descende doutraplanta que no período Paleozoico, haiuns 400 millóns de anos, formabainmensos bosques. Daquela acadabaalturas enormes de ata 15 m, debeude ser realmente algo espectacular.Na actualidade resiste esta planta pri-mitiva que só acada 30 cm. A forma émoi característica xa que semella unrabo de cabalo, de aí vén o seu nomecientífico, Equisetum arvense.Equisetum, do latín equus, significa“cabalo” e setum que quere dicir“crin”.

O equiseto ou rabo de cabalo,como se coñece comunmente, non tenflores. Propágase mediante esporas oupola extensión das súas raíces. Estasesporas atópanse nun saco cor marrónque sae dos talos fértiles da planta. Osestériles son verdes e ocos, parecencompostos por seccións ensambladas.Nos nós de cada sección hai un con-xunto de escamas de cor máis pronun-ciada. As follas son finas como agullase pilosas e tamén saen dos nós for-mando unha circunferencia. Notocante á súa raíz, trátase dun talosubterráneo do que van saíndo peque-nas raíces e brotes que logo formannovas plantas.

Aínda que pouco atractiva é unhadas especies máis diuréticas que exis-ten. Para poder aproveitar as súaspropiedades medicinais só podemos

rados, decocións ou infusións son unexcelente remedio contra o ataquedos fungos nos nosos cultivos.

Onde podemos atopala? Pois,naqueles lugares frescos e sombrea-dos de clima temperado na nosa terra.En Galiza agóchase, sobre todo, enlugares areosos e húmidos, ao ladodos ríos, pero aparece tamén en beirasde camiños e lugares máis secos.

Como toda planta que nos rodea,garda no seu percorrido multitude delendas. Dise que é unha “herbaencantadora de serpes” porque costalos ocos fanse os chifres que atraene fascinan as estes réptiles. Tamén seutilizaba en ritos para a fertilidade;incluso, se gardaba no cuarto unsaquiño con follas de rabo de cabalotrituradas, pensando que iso ía axudara concepción daquelas mulleres conproblemas.

Con todas estas propiedades eante o calvario que tivo que pasar atéchegar aos nosos días, non podemosesixirlle máis. Só agardar que dureoutros 400 millóns de anos para poderutilizala como até o de agora.

recoller os talos estériles que saen naprimavera. É usada para o tratamentode diferentes doenzas, como o excesode ácido úrico, artrite, gota, cálculosrenais, próstata e obesidade, debido oseu alto poder depurativo. Para admi-nistrar o equiseto recoméndase toma-lo en infusión, en doses dunha culleri-ña de planta seca por cunca de auga.

Entre as súas cualidades taméndestaca o seu grande poder para cor-tar hemorraxias, debido a que conténmoito ácido péptico e gálico. Pero estanon é a única propiedade que ten oequiseto, ademais é un bo aliado paraos osos polo seu alto contido en sili-cio, que axuda a súa rexeneración efortalecemento. É por iso polo que seusa como remedio para a osteoporose,tendinite e fracturas. Tamén favoreceo crecemento do pelo, prevé a calviciee a aparición de caspa. As uñas sonoutras beneficiarias desta marabillade planta, porque se volven máis for-tes e de mellor calidade tras o seuefecto.

O uso do rabo de cabalo non só éinterno, pódese utilizar como emplas-to para alteracións da pel como ede-mas e úlceras. Polo seu poder antiin-flamatorio alivia a conxuntivite e ade-mais emprégase na limpeza de zonasíntimas. Na actualidade, tamén é unremedio natural de uso estendido naagricultura ecolóxica. Os seus prepa-

Man

uel L

oren

z o

Ma n

u el L

o re n

z o

RABO DE CABALO (EQUISETUM ARVENSE)Marga Miguens

cerna 57

Page 58: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

Nome e Apelidos: .............................................................................................................................................................................................................................................................................................

NIF: ........................................................................... Data de Nacemento: ........................................................................... Teléfono: ...................................................................................

Enderezo: ............................................................................................................................................................................ Localidade: ............................................................ CP: ...........................

Provincia: ...................................................................... Profesión: ............................................................ Correo electrónico: .........................................................................................

Modalidade de inscrición (Inclúe a subscrición gratuíta á revista CERNA): Suscripción únicamente a revista CERNA / Cuadernos ADEGA:

q Normal Æ 48 euros/ano q Revista Cerna (trimestral) Æ 10 euros/ano

q Xuvenil ou parado/a Æ 24 euros/ano q ADEGA Cadernos Æ 4 euros/ano (desconto do 50% soci@s)

q Superior Æ 78 euros/ano

Domiciliación: Titular da Conta: ....................................................................................................................................................

Banco ou Caixa: ....................................................................................................

Sucursal: .......................................................................................................................

Conta Número: __ __ __ __ / __ __ __ __ / __ __ /__ __ __ __ __ __ __ __ __ __

Prego que ata nova orde fagan efectivos á Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, con cargo a miña conta,os recibos que ao meu nome lles presente a devandita asociación.

Data: ................. /.................................................... /....................... Sinatura: ..................................................................................................................................................................................

Enviar esta solicitude a:ADEGA - Travesa dos Basquiños, 9 Baixo • 15704 Santiago de Compostela

"

Page 59: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •
Page 60: ESPAZOS PROTEXIDOS, BAIXO MÍNIMOS - adega.galadega.gal/info/090121joomla/files/revista CERNA/CERNA_66.pdf · Carballo Biometanización PLANTA DE BIOGÁS DE RESIDUOS INDUSTRIAIS •

Se queres participar nalgunha destas actividades contacta coa coordinación do proxecto:

Proxecto RíosTravesa de Basquiños, 9 baixo

150703 Santiago de [email protected]

Telf.: 981 570 099

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de Educación e Voluntariado Ambiental promovida por ADEGA desde o ano 2005 que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Ten como obxec-tivo crear unha rede de cidadáns comprometidos cos cursos fluviais que desenvolvan actividades de coñecemento, vixilancia e protección dun treito de río que eles mesmos escollen. Na actualidade, Proxecto Ríos está financiado por Augas de Galicia e a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Actividades formativas paracapacitar ao voluntariado

• Charlas divulgativas • Saídas formativas • Cursos de formación • Encontros de voluntariado

Iniciativas que aumentan o caudal do proxecto

• Roteirríos • Limpeza simultánea de ríos • Proxecto Ríos de Lingua e Cultura • Campos de voluntariado

Hai moitos xeitos de actuar: