evanxeo marcos 1
TRANSCRIPT
Texto: Antonio Rodríguez Carmona
Presentación: Antonio García Polo
EVANXEO DE SAN MARCOS
1. Presentación
xeral
Ciclo Litúrxico /B
EVANXEO DE MARCOS
QUEN É XESÚS?
CRISTOLOXÍA CORRECTIVA
HISTORIA DE INVESTIGACIÓN
Escrito cara o ano 70.
Recibido sen dificultades pola Igrexa.
Pero co tempo minusvalorouse, porque creuse que era un resumo de Mateu.
Nos séculos XVII e XVIII, estudando a orixe dos evanxeos, moitos chegaron á conclusión que era o evanxeo máis antigo de todos e o que ofrecía unha imaxe máis achegada de Xesús.
E Mc empezou a ser o evanxeo máis estudado.
POR QUE SE ESCRIBIU?
Marcos é unha catequese que quere responder aos problemas dos seus lectores con palabras e feitos de Xesús.
Que problemas?
Cara ao ano 70, unhas comunidades cristiás dunha zona moi influenciada pola cultura romana, posiblemente Roma,
teñen problemas sobre a fe en Xesús como Señor.
PROBLEMAS DA IGREXA ROMANA
Por unha parte recoñecen o señorío de Xesús: Xesucristo é Señor!
Pero se é Señor, en que se nota? Por que as dificultades que sofre a súa comunidade?
Por que as persecucións?
Non contradi esta fe á experiencia, que di que o que ten o poder e salva é o emperador e a violencia?
Quen é Alegre Noticia, Xesús ou o Emperador?
CRISTOLOXÍA CORRECTIVA
Marcos escribe para axudar os seus lectores cristiáns a coñecer o auténtico Xesús:
Non é un “tapaburacos”, que soluciona os problemas deste mundo.
Non é un político revolucionario.
Non é un militar triunfador.
Non é un mestre de sabedoría.
QUEN É XESÚS?
É o MESÍASMESÍAS (Unxido para salvar).
É o FILLO DE DEUSFILLO DE DEUS, que salva na debilidade.
E como tal, é o cumprimento da promesa evanxeoevanxeo que Deus fixera por medio de Isaías.
QUE É EVANXEO?
Evanxeo é unha mensaxe que ten carácter de alegre noticia.alegre noticia.
En tempos de Marcos era corrente chamar evanxeo todo o relacionado co emperador romano, pois o seu goberno era a alegre noticia que traía paz, prosperidade e felicidade ao pobo.
Para moitos, evanxeo era o emperador e o seu imperio, que exercían a súa acción coa forza.
Outra idea de evanxeo
O pobo xudeo coñecía outro concepto de evanxeo.
Isaías II (Is 40-55) anunciara que Deus ía reinar (40,9; 41,27; 52,7), liberando o seu pobo do desterro, e que o faría dunha maneira especial: non coa forza senón na debilidade, como Deus oculto, que se serve da súa palabra e de persoas que actúan no seu nome (45,15).
A este anuncio o chama evanxelizar, anunciar unha alegre evanxelizar, anunciar unha alegre noticia.noticia.
Marcos presenta na súa catequese a Xesús como o cumprimento desta promesa feita por Isaías.
A alegre noticia alegre noticia non é o emperador co seu poder, senón Xesús de Nazaré que comeza o reinado de Deus, non de forma violenta, senón na debilidade da súa palabra e da súa morte.
O reino que anuncia non é a restauración do reino de David.
Para iso escribe unha catequese cun prólogo e dúas partes:
No prólogo (1,1-13) ofrece as premisas necesarias para coñecer quen é Xesús.
A primeira parte (1,14-8,30) presenta a Xesús como o Mesías que comeza o reino de Deus.
A segunda (8,31-16,8) explica como Xesús é Mesías: é mesías na debilidade, como convén ao que é Fillo de Deus.
O título (1,1)
Todo isto queda resumido no título que pon á súa obra: Evanxeo.
É Xesús en cuanto que é o Mesías que anuncia e trae o reino de Deus.
E faino como compete ao Fillo de Deus, na debilidade.
= Evanxeo de Xesús Mesías, Fillo de Deus.
Dúas confesións
Cada unha das partes remata cunha confesión:
A primeira coa confesión de Pedro, que recoñece a Xesús como Mesías (8,29)
A segunda coa confesión do centurión, que ao ver como morría Xesús, confesou: verdaderamente este home era Fillo de Deus (15,39)
Evanxeo É
Ambiente = César - Imperio - FuerzaIsaías II = Iahvé - Reino - Deus ocultoMarcos = Xesús - Mesías - Fillo de Deus
8,29 15,39
2ª parte1ª parte
Os interlocutores de Xesús
Xesús diríxese aos seus discípulos, ao pobo e aos dirixentes (relixiosos e políticos).
Entre eles destaca as reaccións dos discípulos, pois representan a situación dos cristiáns aos que se dirixe.
E describe a súa postura ante Xesús, invitando así ao lector moderno a preguntarse: Quen é Xesús?
Quen é Xesús?
Hai tres momentos:
No primeiro, os discípulos recoñecen a Xesús como Mesías (8,29). De acordo, así pensan os seus discípulos, pero, como é Mesías? Como xerce a súa salvación, de forma triunfal e violenta, como esperaba o pobo do Fillo de David, ou de forma oculta e na debilidade?
No segundo momento, cando Xesús revela como é Mesías, morrendo na cruz, non están presentes pois fuxiran.
Pero ofréceselles aos discípulos unha terceira posibilidad de recoñecelo como Fillo de Deus indo a Galilea (16,1-8).
ESTRUTURA
Prólogo teolóxico (1,1-13)
1ª parte: Quen é Xesús?
MESÍAS (1,14-8,30)
2ª parte: Como é Mesías? Morrendo na cruz,
como compete ao Fillo de Deus (8,31-16,8)
Apéndice (16,9-20)
Breve recorrido polo contido
Nos distintos libros bíblicos non só ten interese a lectura illada de cada relato,
senón tamén a lectura do relato no seu contexto, que axuda a descubrir o argumento da obra no seu conxunto.
Vexamos o que nos quere dicir Marcos na súa catequese, escrita para axudarnos a descubrir Quen é Xesús e como actúa Xesús Mesías.
PRÓLOGO TEOLÓXICO: 1,1-13
Comeza con tres relatos que chama Comezo, arje en grego.
Comezo (arje) pode significar inicio cronolóxico de algo e tamén fundamento, base, premisa.
Aquí ten ambos sentidos
= A premisa para coñecer quen é Xesús é coñecer a Xoán Bautista, o bautismo de Xesús, e que Xesús vence a tentación.
Xoán Bautista proclama a todos os homes que para coñecer a Xesús é necesaria unha actitude de esperanza e conversión
Bautismo: para coñecer a Xesús hai que escoitar o Pai que unxe a Xesús como Mesías-Fillo-Servo
Xesús vence a tentación e abre o paraíso
1ª PARTE: Quen é Xesús? 1,14-8,30: o Mesías
1ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e os fariseos non o recoñecen polo seu dogmatismo, puritanismo e legalismo (1,14-3,6)
2ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e o pobo na súa maior parte non o recoñece (6,7-6,6a)
3ª sección: Xesús anuncia o Reino de Deus e revélase como Mesías e os Doce recoñéceno como Mesías (6,6b-8,30)
1ª PARTE:QUEN É XESÚS? MESÍAS
CAL É A SÚA MENSAXE? REINO DE DEUS
3ª sección: Xesús e discípulos: = SI, MESÍAS
2ª sección: Xesús e pobo: = NON
1ª sección: Xesús e fariseos = NON
Quen?
2ª PARTE: Como é Mesías?
Morrendo, como compete ao Fillo de Deus1ª sección: catequese sobre a
necesidade de aceptar a paixón e morte para coñecer o verdadeiro Xesús.
2ª sección: Prólogo da paixón. Xesús proclama o Reino en Xerusalén e é rexeitado.
3ª sección: Proclamación da morte e resurrección, que revela a Xesús como FILLO DE DEUS. Mensaxe aos Doce para que vaian a Galilea para recoñecelo como Fillo de Deus.
1ª sección: Catequese sobre coñecer a Xesús
2ª sección: Por que o matan?
Como?
2ª PARTE COMO É MESÍAS?
COMO COMPETE AO FILLO DE DEUS
3ª sección: Xesús revélase Fillo de Deus morrendo
IR A “GALILEA”
Que quere dicir “Ir a Galilea”?
Na Derradeira Cea Xesús predixo a Pedro e aos Doce que o negarían e fuxirían, pero que despois de resucitar “Irei diante de vós a Galilea” (14,28)
O anuncio cumpriuse. Abandonaron a Xesús e perderon a gran lección da súa morte na que se revelou como Fillo de Deus (15,39).
O anxo que anuncia a resurrección dilles ás mulleres: “Dicide aos discípulos e a Pedro que irá diante de vós a Galilea. Alí o verán” (16,7)
O relato remata aquí de forma brusca: foron a Galilea?
Polo que sabemos da vida posterior dos discípulos, testestemuñas da resurrección, tiveron que ir.
Que é “ir a Galilea”? Galilea foi o lugar histórico onde se revelou Xesús de forma eficaz, pero na debilidade.
“Galilea” en sentido figurado é o modo en que Xesús se segue revelando eficazmente actualmente na debilidade da súa Igrexa e da súa palabra.
Galilea é o lugar onde se ve a Xesús
Final do relato
Non se sabe exactamente por que o relato remata bruscamente en 16, 8.
Hai quen di que porque se perdeu o texto primitivo.
Hai quen di que Marcos non puido rematar a súa obra.
Posiblemente Marcos reamtou así deliberadamente, deixando o texto aberto para que o responda o lector, a quen se invita a “ir a Galilea” e experimentar a presenza de Xesús resucitado, que segue actuando agora como actuou noutro tempo en Galilea.
O Apéndice (16,9-20)
A parte final do evanxeo de Mc non foi escrita por el e considérase un apéndice.
Foi engadida axiña e a Igrexa considéraa texto canónico, é dicir, texto inspirado que contén a palabra de Deus.
Posiblemente resume as diversas aparicións que narran os outros evanxeos.
TEMAS TEOLÓXICOS
Xesús é o cumprimento da promesa evanxeo.
Xesús é o MESÍAS que proclama e trae o REINO DE DEUS.
Xesús é FILLO DE Deus que actúa na debilidade como SERVO, vivindo unha auténtica EXISTENCIA HUMANA.
A primeira tarefa do DISCÍPULO é coñecer a Xesús.
Bibliografía
Para profundizar nesta presentación, véxaseAntonio Rodríguez Carmona
Evangelio de MARCOS(Comentarios a la Nueva Biblia de Jerusalén IB) Desclée de Brouwer)
Volveremos co capítulo 2ºVolveremos co capítulo 2º
© AGPolo
© AGPolo