fábula chinesa

18

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 11-Jul-2015

148 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fábula chinesa
Page 2: Fábula chinesa

Cóntase que alá para o ano 250 A.C., na China antigua, un príncipe da rexión norte do país estaba para ser coroado emperador, pero de

acordo coa lei, debía casar.

Page 3: Fábula chinesa

Sabendo isto, el decidiu facer unha competencia entre as mozas da corte para ver quen sería digna da súa proposta. Ao día seguinte, o príncipe anunciou que recibiría nunha celebración especial a todas as pretendentes e lanzaría un

desafío.

Page 4: Fábula chinesa

Unha anciá que servía no palacio había moitos anos, escoitou comentarios sobre os preparativos. Sentiu unha leve tristeza porque sabía que a súa filla máis nova

tiña un sentimento profundo de amor polo príncipe.

Ao chegar á casa e contar os feitos á moza, asombrouse ao saber que ela quería ir á celebración. Sen poder crelo preguntoulle:

Page 5: Fábula chinesa

- “Miña filla, que vas facer alá? Todas as mozas máis belas e

ricas da corte estarán alí. Sácate esa idea insensata da cabeza. Sei que debes estar

sufrindo, pero non fagas que o sufrimento te volva loucura" .

Page 6: Fábula chinesa

E a filla respondeulle: - "Non, querida nai, non estou

sufrindo e tampouco estou tola. Eu sei que xamais serei escollida, pero é a miña oportunidade de estar polo menos por algúns momentos cerca

do príncipe. Isto farame feliz"

Pola tardiña a moza chegou ao palacio. Alí estaban todas as mozas máis belas, coas máis fermosas roupas, coas máis brillantes xoias e coas máis determinadas

intencións.

Page 7: Fábula chinesa

Entón, finalmente, o príncipe anunciou o desafío: "Darei a cada unha de vostedes unha semente. Aquela que me traia a flor máis fermosa dentro de seis meses será

escollida por min como esposa e futura emperatriz de China“. A proposta do príncipe seguía as tradicións daquel pobo, que valoraba moito a especialidade de

cultivar algo, fosen: costumes, amizades, relacións, etc.

Page 8: Fábula chinesa

O tempo pasou e a nosa moza, como non tiña moita habilidade nas artes da xardinería, coidaba con moita paciencia e tenrura da súa semente, pois sabía que se a beleza da flor xurdía como su amor, non tería que preocuparse co resultado.

Pasaron tres meses e nada agromou.

Page 9: Fábula chinesa

A moza intentou todos os métodos que coñecía pero nada nacía. Día tras día vía máis lonxe o seu soño, pero o seu amor era máis profundo. Por fin,

pasaron os seis meses e nada brotara.

Page 10: Fábula chinesa

Consciente do seu esforzo e dedicación a moza comunicoulle a súa nai que sen importar as circunstancias ela regresaría ao palacio na data e hora acordadas só

para estar cerca do príncipe por uns momentos.

Page 11: Fábula chinesa

Na hora sinalada estaba alí, co seu

vaso baleiro. Todas as otras

pretendentes tiñan unha flor, cada unha máis fermosa que a

outra, das máis variadas formas e

cores.

Ela estaba admirada. Nunca vira unha escena tan bela.

Finalmente, chegou o momento esperado e o

príncipe observou a cada unha das

pretendentes con moito coidado e

atención.

Page 12: Fábula chinesa

Despois de pasar por todas, unha a unha, anunció o seu resultado. Aquela bela moza co seu vaso baleiro sería a súa futura esposa. Todos os presentes tiveron

as máis inesperadas reaccións. Ninguén entendía por que el escollera xustamente aquela que non cultivara nada.

Daquela, con calma, o príncipe explicou: - "Esta foi a única que cultivou a flor que a fixo digna de converterse en

emperatriz: a flor de a honestidade. Todas as sementes que entreguei eran estériles"

Page 13: Fábula chinesa

Marabilloso relato, non? Nestes tempos onde o importante parecen ser os resultados, os logros, o visible, cultivar o valor de a honestidade parece un valor

perdido... Somos capaces de inventar os máis variados argumentos para excusarnos, por non dicir “enganeime, tes razón, non sei acerca disto".

Page 14: Fábula chinesa

Opinamos sobre todo, xulgamos a todos... a “picardía" converteuse nun valor,

encubrindo a mentira, o engano, a falta de honestidade para connosco mesmos...

Page 15: Fábula chinesa

A verdade, a sinceridade, a humildade... non son virtudes

que aparezan a cotío nos contos para nenos, nin nas publicidades para adultos.

Temos confundido o significado da palabra ÉXITO.

Page 16: Fábula chinesa

Se rematei o meu día sendo leal a min mesmo, sen traizoar as miñas crenzas e os meus sentimentos, sen deixar de ser quen son para quedar bien ou obter

resultados... ese foi un día de éxito.

Page 17: Fábula chinesa

Podes facer deste, un día exitoso... de ti depende.

.

Page 18: Fábula chinesa