feminino, plural

25
LETRAS E MULLERES NO MUNDO ANTIGO: FEMININO, PLURAL 8 de marzo: Día da Muller

Upload: mfarpon

Post on 28-Jun-2015

583 views

Category:

Education


12 download

TRANSCRIPT

Page 1: Feminino, Plural

LETRAS E MULLERES NO

MUNDO ANTIGO: FEMININO,

PLURAL

8 de marzo: Día da Muller

Page 2: Feminino, Plural

Algún dos moitos pensadores machistas e misóxinos que no mundo existiron definíu ás mulleres como homes inacabados e receptáculos para criar meniños. 

Con razón un dos motivos polos que o filósofo Tales de Mileto daba grazas ás divindades era por ter nacido varón e non muller.  

Page 3: Feminino, Plural

 

Moitas rapazas da época antiga comezaban sendo dominadas polos pais ou

irmáns, logo polos cónxuxes e remataban baixo o control dos fillos;  sempre un varón gobernaba nas súas vidas.

 

Page 4: Feminino, Plural

As mulleres levaban unha vida enclaustrada (as súas saídas eran mínimas: algunha celebración relixiosa ou visitas ás amigas e sempre vixiadas) e carecían de dereitos políticos. Coidar do marido e da  prole e atender as tarefas domésticas (entre as que cómpre salientar a costura: más vale una buena muger con una rueca hilando que no cien reynas malas con sus sceptros reynando, di Guevara no s. XVI) consumían o seu tempo,   

     desta maneira merecerían un epitafio como o gravado sobre a tumba de Claudia:

Page 5: Feminino, Plural

Esta é a triste sepultura dunha fermosa muller. Os

seus pais chamárona Claudia. Amaba de todo corazón ao seu cónxuxe.

Tivo dous fillos. Foi de conversación agradable e de conducta axeitada. Coidou

da súa casa e fiaba na roca.

Page 6: Feminino, Plural

Canto menos se falase delas mellor, vexamos o que dí Pericles respecto das viúvas dos caidos nos primeiros tempos da Guerra do Peloponeso:E se tamén debo referirme á virtude das mulleres que agora quedarán viúvas, con brevidade direino todo: a vosa gloria máis grande  consistirá en non ser inferiores á vosa natural condición e en que entre os homes se fale de vos o menos posible.  

Page 7: Feminino, Plural

Tres adxectivos latinos recollen o arquetipo da muller antiga encarnado na grega Penélope e na romana Lucrecia: univira (muller dun único home), domiseda (muller da súa casa) e lanifica (muller que fía, costureira)

Penélope Lucrecia

Page 8: Feminino, Plural

Mais cómpre coñecer tamén a existencia de mulleres que xa no mundo antigo foron quen de rachar coas imposicións para facer valer

os seus talentos. Un bo inicio pode ser acudir a pluma do bispo renacentista e mindoniense Frei Antonio de Guevara (nada adicto ás mulleres) que na súa obra Relox de

príncipes recolle anécdotas e nomes de famosas mulleres antigas, apoiado en todo tipo de fontes (Boccaccio, Varrón, Virxilio,

Estrabón, Dióxenes Laercio...)

Page 9: Feminino, Plural

 Lelia Sabina:unha das fillas do cónsul Sila, a romana máis sabia da súa época, excelente lectora en grego e latín e magnífica escritora de cartas e discursos que, unha vez memorizados, pronunciaba o seu pai. Dise que defendeu no senado ao seu pai da matanza de tres mil romanos “porque muchas vezes acontece que la cordura de los fijos buenos remedia los desatinos de los padres locos”

Page 10: Feminino, Plural

Entre os discípulos do filósofo Platón destaca a parella formada polas doutas gregas Lasterma e Axiotea, tiña o mestre en tan alta estima as súas capacidades que non comezaba as súas leccións mentres algunha delas non chegara porque “en más tenía el divino Platón la memoria y entendimiento de aquellas mugeres solas que no la filosofía de todos sus filósofos juntos”

Page 11: Feminino, Plural

Areta, filla do filósofo Aristipo, era considerada unha das maiores coñecedoras da obra socrática. Escribíu sobre multitude de temas: louvanzas de Sócrates, sobre a crianza dos nenos, das batallas atenienses, acerca das infidelidades das mulleres, de agricultura, sobre formigas e abellas, sobre as vaidades da mocidade e as calamidades da vellez... Ensinou durante trinta e cinco anos e tivo como discípulos a máis de cen filósofos. Morta aos setenta e sete anos, os atenienses dedicáronlle este epitafio:“Aquí yaze Areta, la gran greciana, lumbre que fue de toda la Grecia, la qual tuvo la fermosura de Elena, la honestidad de Thirma, la péñola de Aristipo, el ánima de Sócrates y la lengua de Omero”

Page 12: Feminino, Plural

Incluso o gran Pitágoras tivo unha irmá, de nome Teoclea, que lle ensinaba filosofía e unha filla, chamada Polícrata, sabia e elocuente a tal punto que “valía más la palabra que ella dezía hablando a la rueca, que no la philosophía que su padre leýa en la Academia”. A esta filla Pitágoras no seu testamento recoméndalle: “que seas tal y tan buena, que, si los hados me quitaren la vida, a lo menos tú sustentes mi memoria; porque ya sabes tú lo que dixo Omero hablando de Achiles y de Pirro: que la buena vida del hijo vivo sustenta la fama del padre muerto”

Page 13: Feminino, Plural

  De Nicóstrata ou Carmenta, muller do rei Evandro, que versificaba con tanta facilidade como outros escribían en prosa e que vaticinou a destrución de Troia e o imperio de Roma sobre o mundo coñecido, dicíase que os seus escritos sobre a guerra de Troia de conservarse enturbarían os poemas homéricos.

Page 14: Feminino, Plural

Alexandre Magno non casou coa filla de Darío porque, aínda que fermosa e rica, non era sabia, prefiríu a  Barsina, pobre e non moi agraciada mais “en las letras griegas y latinas era muy doctíssima”. Aos que non entendían a súa elección díxolles: “en los casamientos harto abasta que el marido sea rico y la muger que tomare sea sabia; porque el oficio del marido es ganar lo perdido y el oficio de la muger es conservar lo ganado”

Page 15: Feminino, Plural

Os lidios reservan un lugar principal na súa lista de monarcas a raíña Mirtis, de corpo moi pequeno mais con grandes coñecementos filosóficos (e por iso recibiu o alcume de “Gigantea”) posto que “los antiguos tanta gloria davan a las mugeres doctas en las letras como davan a los hombres que eran diestros en las armas”.

Page 16: Feminino, Plural

   A romana Cornificia, de ilustre familia e quizais pertencente ao círculo dos neotéricos, compuxo epigramas que Xerónimo cualifica de insignes. Irmá do poeta Quinto Cornificio din que versificaba mellor e con máis rapidez que o seu irmán.

Page 17: Feminino, Plural

Cornelia,  da familia dos Escipións e nai dos Gracos, é autora da primeira carta privada que podemos ler na literatura latina, primeiro exemplo de prosa literaria escrita por unha muller antes do florecemento da literatura latino-cristiá. No foro foille dedicada unha estatua de bronce, a primeira dunha muller en Roma. Nunha ocasión preguntada por un romano de que estaba máis orgullosa, dixo: “Más me precio yo de la sciencia que he deprendido que no de los fijos que he parido; porque al fin los hijos sustentan en honra la vida, mas los discípulos perpetúan la fama después de la muerte”.     

Page 18: Feminino, Plural

A súa cultura e obra foi louvada por moitos escritores, sirva de

exemplo Cicerón: “Si el nombre de muger a

Cornelia no la abatiera, entre todos los filósofos

merescía ser única; porque jamás vi de

carnes flacas proceder sentencias tan graves”

  

Cornelia rexeita a coroa de Ptolomeo VIII, cadro de Laurent de La Hyre

(Museo de Belas Artes de Budapest)

Page 19: Feminino, Plural

Boccaccio cita na súa obra acerca das mulleres ilustres a  Proba: gran coñecedora dos versos de Homero e Virxilio comentou con eles os textos bíblicos sendo digno de admiración “haver esta muger tovido entero conoscimiento de los libros de la Sagrada Scriptura, lo qual havemos conoscido en pocos hombres en nuestro tiempo”

Page 20: Feminino, Plural

Moitas máis romanas e gregas conseguiron infiltrarse nun mundo literario acaparado polos varóns, da maioría conservamos poucos ou ningúns escritos pero quedan nomes que merecen ser citados:

Page 21: Feminino, Plural

Na Oratoria:  • Hortensia (filla do orador Quinto Hortensio, pronunciou no

foro un elaborado discurso en defensa da exención do tributo que os triunviros pretendían cobrar ás máis ricas mulleres romanas), 

• Mesia (autodefendeuse nun xuízo utilizando todo tipo de recursos oratorios grazas aos que logrou a absolución pero tamén o alcume de Marimacho porque “baixo o seu aspecto feminino escondía un alma varonil” ao dicir de Valerio Máximo)  ou

• Carfania (as súas desaforadas actuacións nos tribunais motivaron a promulgación dun edicto prohibindo ás mulleres actuar en defensa doutros para evitar que atentasen contra o pudor propio do seu sexo e que exercesen profesións varonís).

Page 22: Feminino, Plural

No xénero epistolar: Amais da xa citada Cornelia, • Servilia (unha das amantes de César para quen redactou

unha das poucas cartas latinas de amor escritas en prosa),• Clodia, Terencia (carteábase co seu cónxuxe Cicerón

cando este estaba lonxe do fogar para telo informado da política, da administración familiar, de asuntos económicos...), 

• Tulia (filla de Terencia e Cicerón, as súas epístolas eran de tipo familiar),

• Fulvia, Acia (nai de Augusto ao que escribe para comunicarlle o asasinato de César e pedirlle que regrese a Roma  para facerse cargo dos asuntos familiares e da nova situación),

• Livia Drusila, a emperatriz Flacida...

Page 23: Feminino, Plural

Na poesía

• as latinas Perila (posible fillastra de Ovidio), Sulpicia I (compuxo elexías  inspiradas no seu amor a Cerinto), Sulpicia II (contemporánea de Marcial, escribe poesía amorosa e quizais unha sátira en setenta hexámetros na que lamenta a situación decadente de Roma na época de Domiciano e quéixase da expulsión dos filósofos da cidade) ou Aconia Fabia Paulina (do século IV d. C., conservamos os versos dedicados ao seu cónxuxe,  verdadeiro canto de amor conxugal) e 

• as gregas  Corina (competidora de Píndaro), Praxila (entre outras compuxo cancións para acompañar ao viño que se recitaban despois do banquete), Nóside (autora de epigramas de tema feminino), Filina, Ánite, Telesila...sen esquecer a coñecida Safo.

Page 24: Feminino, Plural

•Na filosofía a pitagórica Esara (III a.C)

• No mundo das ciencias a alquimista do século II d. C.  María

• E imos rematar, a finais do século IV, cunha muller peregrina, escritora e da Gallaecia (a primeira escritora  galega en latín!) Exeria: movida pola súa sede de coñecemento emprendeu unha viaxe aos santos lugares da que nos deixou un diario, o documento máis antigo dunha peregrinación. Ela, da mesma maneira que todas as mulleres citadas anteriormente, desafiou as sexistas normas da súa época. Todas elas son exemplos de que aínda en tempos difíciles e en condiciones adversas, as mulleres foron quen de realizar con éxito grandes empresas en áreas dominadas polos varóns.

Page 25: Feminino, Plural

Por todo o exposto, letras e mulleresteñen xénero feminino e número plural.

Retrato ideal de Exeria