foros, blogs e chats pdf
TRANSCRIPT
José Ángel López Campos 1ºB Bach.
Foros, blogs e chats
En moitos foros de internet foméntase a creación de normas e
chéganse a crear pequenas comunidades con regras propias e incluso
organizar eventos sociais que poden levar incluso a grandes viaxes
internacionais masivos por parte dos membros de dita comunidade que
se desplazan ata o punto de encontro.
Ao igual que nun debate normal os foros contan tamen con
moderadores que velan polo cumprimento das normas da comunidade e
o correcto contido das mensaxes.
Coa chegada de novas tecnoloxías coma a mensaxería instantánea
algún usuarios de foros preocúpanse de que se continúe redactando os
textos correctamente non só no que se refire a contido senon tamen
coidar a ortografía e a gramática xa que nestas novas tecnoloxías úsase
unha linguaxe moi abreviada e acéptanse moito os coñecementos
populares.
Para este traballo eu mesmo participei nun foro e esta partipación
podese comprobar en: Foro MATEMATICA, FISICA, ASTRONOMIA en Ya.com: Re: FUERZA CENTRIPETA
Un blog é un espacio web no que periodicamente se colocan e
actualizan textos por orde cronolóxico de maneira que o primeiro que
aparece é o máis recente. O término provén etimoloxicamente do inglés
weblog (“log”= diario). Diferenciase dos foros en que aquí cada blog ten
un autor propio e os diferentes visitantes poden cometar os textos do
autor sempre que este o permita.
Unha particuliaridade dos weblogs que os diferencian doutros
lugares de noticias é que acostuman a incluír múltiples enlaces a outras
páxinas web (non necesariamente blogs) que permiten ampliar
información sobre o tema a tratar; ademais os sitios de noticias
adoitan estar asociados a xornais ou revistas e estan administrados por
profesionais. Nos blogs ademais de texto podemos engadir arquivos
multimedia coma fotografías ou videos chamados fotoblogs ou
videoblogs. Outro aspecto importate dos weblogs é que ademais de
informar permiten gran interactividade en comparación con outras
José Ángel López Campos 1ºB Bach.
páxinas webs tradicionais e ao igual que os foros permiten establecer
relacións entre o autor e os diferentes usuarios que visitan o blog.
Hai varios tipos de ferramentas que permiten crear e manter un
blog en funcionamento diferenciándose principalmente en dous tipos:
aquelas que nos ofrecen aloxamento gratuíto e aquelas solucións que
necesitan certo software que ao ser instalado nun sitio web permite
crear, manter e administrar un blog estes programas son tamén,
normalmente gratuítos.
As ferramentas que proporcionan aloxameto gratuíto asignan ao
usuario unha dirección web pero teñen o inconvinte de que os servicios
están limitados ao que poida ofrecer o provedor do servicio mentres
que as ferramentas nas que tes que instalar o software teñen máis
variedade de servicios pero tense que instalar nun sitio web tradicional.
Chat é un anglicismo que normalmente refírese a unha
comunicación escrita de maneira instantánea a través de Internet etre
varias persoas e dende calquera lugar do mundo.
Aínda que son moitas as acepcións da palabra chat en términos
xerais agrupa todos os protocolos que comounican dúas persoas. Máis
tarde debido ao uso da palabra chat deuse o verbo chatear para indicar
a acción de realizar unha cibercharla.
Os usuarios do chat chamados ás veces chaters usan normalmente
un nick e usan unha linguaxe xeralmente na que abundan moito as
palabras curtas, simplificando palabras e cometendo xeralmente faltas
de ortografía.
Alguns chats permiten videoconferencia, estes denomínanse
videochats e normalmente os programas de mensaxería instantanea
máis coñecidos inclúen estas funcións.
Os chats ao igual que os foros e os blogs permiten a comunicación
entre persoas que se atopan en diferentes lugares do planeta pero
tamen se diferencian deles en aspectos tales como que a escritura
usada é algo máis vulgar e que a comunicación neste caso producese en
tempo real un dos aspectos que fan aos chats atractivos para os
usuarios.
José Ángel López Campos 1ºB Bach.
En resumo a principal semellanza e que son medios de comunicación
na rede e que permiten a persoas que poden estar a milleiros de
quilómetros a comunicación entre elas así como os intercambios de
diferentes opinións; pero se diferencian sobre todo na funcionalidade e
nas diferentes posibilidades que nos ofrecen, sendo os foros e blogs
máis parecidos entre eles ya que son espacios de opinión aínda que o
blog ten un autor exclusivo e os outros usuarios opinan mentres que nun
foro opinan todos os usuarios. Así queda o chat un pouco máis
diferenciado dos outros dous xa que non é un instrumento usado
exclusivamente para dar opinión senon que normalmente se usa
simplemente para manter unha conversación na rede. Pero de todas
maneiras a súa maior semellanza é que permiten comunicar puntos moi
distantes do planeta consegindo incluso crear relacións entre persoas
cuxas localizacións distan centos de quilómetros.