francisco taxes no ies terra de soneira

10
Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09

Upload: zia-beck

Post on 02-Jan-2016

40 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Francisco Taxes no IES Terra de Soneira. Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09. ¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Page 1: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09

Page 2: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) foi un dramaturgo e guionista vencellado familiarmente á parroquia de Cereixo (Vimianzo), onde está soterrado.Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). A estrea desta peza -da que se cumpría o 30º aniversario no 2008- supuxo o inicio da actividade teatral en Galicia con carácter profesional. Coincidindo con este aniversario, o ENDL do IES Terra de Soneira decidiu dedicar o curso académico 2008-2009 a lembrar a súa figura.

Page 3: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Actividade de inicio:

Presentación do autor á

comunidade educativaAcompañando o

Calendario 2009, toda a comunidade

educativa do IES Terra de Soneira recibiu de

agasallo un marcapáxinas

conmemorativo do 30 aniversario da estrea

d’O Velorio.

Page 4: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Elaboración de paneis informativos sobre a vida e a obra do autor, así como sobre o teatro galego da súa época

Estes paneis foron elaborados polo alumnado de 4º da ESO e expostos nos corredores do centro durante o mes de maio, para seren visitados .

Page 5: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

A seguir, imaxes da mostra…

Page 6: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Máis imaxes da mostra

Page 7: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Conferencia de Xurxo TaxesTamén no mes de maio, Xurxo Taxes –fillo do autor e autor da edición da súa obra teatral, visitou o noso centro, acompañado da súa irma e da súa tía, para ter en encontro co alumnado de 1º de Bacharelato a propósito da obra de seu pai.

Page 8: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Ofrenda floral no cemiterio de Cereixo

Page 9: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Algúns momento do acto…Depositando o ramo.. Escoitando o representante

do Concello de Vimianzo…

Page 10: Francisco Taxes no IES Terra de  Soneira

Pequena bibliografíaAdemais d’O Velorio (1978), que permaneceu inédita ata que foi incluída na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, Francisco Taxes tamén é autor de Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e, xa postumamente, Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).