guÍa didÁctica - aula de carmelaauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/... · aprender o...
TRANSCRIPT
12-1
Tema 12 O conto das babuchas
GUÍA DIDÁCTICA
• Orientacións Didácticas
• Solucionario
• Competencias Clave - Intelixencias Múltiples
• Atención á Diversidade
– Actividades de Reforzo
– Actividades de Ampliación
• Recursos Didácticos
– Navegamos por Tiching
• Libro Dixital
• Educamos en Valores
[] Valid. 25/02/2017
12-2
Orientacións didácticas
■ Neste tema o alumnado traba-llará os seguintes contidos:
– Lectura dunha narración.
– Comprensión lectora do texto coa resposta dunhas preguntas.
– Aprendizaxe do concepto de adverbio e dos tipos de adver-bios.
– Aprendizaxe das palabras que le-van x, ll e i.
– Aprendizaxe da formación de ad-verbios co sufixo –mente.
– Aprendizaxe de como se argu-menta unha opinión.
– Aprendizaxe da estrutura dunha solicitude.
– Práctica da eficacia lectora.
– Realización dun ditado.
– Práctica do uso dun calendario.
Solucións das actividades
Antes de ler
- O título pode facernos con-cluír que a historia se de-senvolve nun país de O-riente, polo feito de falar de babuchas, que é un tipo de calzado que non se dá na cultura europea.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA Describir as ilustracións dun texto para deducir de que pode tratar.
Expresarse con corrección para describir as ilus-tracións do texto e expresar o que está a suceder e de que pode ir a historia en base a elas e ao título. Antes de ler.
APRENDER A APRENDER Desenvolver estratexias e empre-gar ferramentas para reforzar a adquisición de léxico.
Favorecer a adquisición de léxico e o coñece-mento da lingua a través da lectura que se propón nesta dobre páxina e dos vocabulario que apa-recen nas dúas páxinas. Lectura.
SENTIDO DA INICIATIVA E
ESPÍRITO EMPRENDEDOR Participar en actividades colecti-vas para iniciativa propia e mos-trando interese e iniciativa.
Participar nunha conversa sobre as ilustracións dun relato describíndoas de forma correcta. Antes de ler.
SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, res-pectando as achegas dos outros.
Participar no comentario colectivo sobre as ilustra-cións dun relato respectando as opinións alleas. Antes de ler.
[] Valid. 25/02/2017
12-3
- A ensinanza do conto pode ser algo que ten que ver con conservar as babuchas ou coa súa historia, como ser avaricioso e non gastar diñeiro nun calzado novo.
1. Resposta persoal.
2. As persoas rían a cachón porque ao final Abu-Cas-sem tivo que fuxir do lugar onde vivía e tiña os nego-cios por culpa das babu-chas.
Educamos en valores
Sociais e cívicas
■ A lectura preséntanos a historia dun home que non quere gastar nada nun calzado novo e preci-samente as súas babuchas acaban facendo que teña que gastar moito diñeiro e que teña moitas desgra-zas.
Podemos reflexionar sobre este tema co alumnado coas seguintes pregun-tas:
- Que cres que é mellor: gastar o diñeiro necesario nun ob-xecto que nos será útil ou non gastar nunca nada, aín-da que poidamos facelo?
- Temos que gastar todo o di-ñeiro que poidamos gañar ou aforrar? É conveniente gar-dar algo por se temos un pro-blema?
ANOTACIÓNS
.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/740200 - Recurso que nos presenta o conto Aladino e a lámpada marabillosa, un dos máis coñecidos do libro As mil e unha noites..
Pedirémoslle ao alumnado que lea brevemente a presentación do conto e que logo escriba coas súas palabras a versión que queira do conto, de breve extensión. Logo poremos en común as historias e decidiremos cal delas nos gusta máis votándoas.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
12-4
Orientacións didácticas
■ A través das actividades que se propoñen nesta dobre páxina pode-remos:
● Comprobar se os nenos com-prenderon a lectura anterior e se asimilaron as ideas propos-tas no texto.
● Aprender o concepto de adver-bio e os tipos de adverbios que existen.
Solucións das actividades
Ler e comprender
1. As respostas son as seguintes:
– O conto ten lugar na cidade do Cairo.
– Actualmente O Cairo é a capital de Exipto.
– Os mercaderes ao pechar un bo negocio adoitaban dar unha festa.
– O encargado do calzado ago-cha as babuchas porque chei-raban moito na entrada do ham-man.
– As babuchas rompen as redes dos pescadores.
– Unha babucha acaba na cabeza dunha velliña.
– Finalmente, Abu-Cassem arran-xa o seu problema coas babu-chas pedíndolle ao cadi que
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Intrapersoal 6 Explicar cal cre que é a ensinanza da historia que vén de ler con corrección e coherencia.
Espacial 2 Ordenar as desgrazas que lle ocorren ao protagonista da historia entre as dadas como propostas.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
DIXITAL Procurar información na Internet de forma eficaz e seleccionar a que lle permitirá resolver activi-dades.
Profundar no coñecemento adquirido buscando in-formación no recurso da Internet que se propón sobre os adverbios. Explorador@dixital
APRENDER A APRENDER Aplicar os coñecementos e com-petencias adquiridos na resolución de actividades.
Explicar coas propias palabras o significado dunha oración que se dá e que aparece na lectura que fixo previamente. Act. 3.
Indicar con adverbios de tempo a frecuencia coa que realiza a listaxe de accións propostas. Act. 8.
[] Valid. 25/02/2017
12-5
redactase un decreto no que se dixera que as babuchas xa non lle pertencían.
2. A orde das desgrazas é esta:
Os pescadores sacan unha rede rota do río coas babuchas dentro.
As babuchas chegan a un muíño.
Unha velliña recibe o golpe dunhababucha.
3. Resposta persoal. A modo de exemplo:
Esta oración quere dicir que cando Abu-Cassem foi ao cárcere, para non estar nunhas condicións terri-bles, tivo que darlles diñeiro aos gardas para conseguir mellor trato e cousas que necesitaba.
4. Os personaxes aparecen na se-guinte orde:
Abu-Cassem, cadi, encargado do calzado, serventes, donos do muí-ño, can, velliña.
5. As babuchas de Abu-Cassem sono primeiro debuxo comezando pola esquerda. A descrición é unha actividade persoal.
6. Resposta persoal. A modo de exemplo:
A ensinanza da historia é que cóm-pre non ser avaro na vida e gastar o necesario nas cousas que pre-cisamos de verdade e tamén com-partir cos demais cando temos su-ficiente ou incluso de sobra, aínda que non hai que gastar todo e in-tentar aforrar un pouco.
Gramática
7. A clasificación é a seguinte:
Adverbios de lugar: lonxe, diante, detrás.
Adverbios de tempo: sempre, ago-ra, hoxe, aínda.
Adverbios de modo: ben, mellor.
8. Resposta persoal.
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/735956 - Recurso que nos leva a unha páxina de Wikibook onde temos tres exercicios sobre os adverbios..
Pedirémoslle ao alumnado que os resolva por parellas e logo poremos en común os resultados de todas as parellas da clase e corrixirémolos no encerado.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
[] Valid. 25/02/2017
12-6
Orientacións didácticas
■ A través das actividades que se propoñen nesta dobre páxina pode-remos:
● Continuar traballando os adver-bios aprendidos na dobre pá-xina anterior.
● Aprender que palabras levan x, ll e i.
Solucións das actividades
Gramática
9. Resposta persoal.
10. Os adverbios do texto son:
Diante: adverbio de lugar, comple-mente a “colocarte”.
Aquí: adverbio de lugar, comple-menta a “poñer”.
Antes: adverbio de tempo, comple-menta a “estabas”.
Lonxe: adverbio de lugar, comple-menta a “estaba”.
Ben: adverbio de modo, comple-menta a “pos”.
Agora: adverbio de lugar, comple-menta a un elíptico “estou”.
Mellor: adverbio de modo, comple-menta a “estás”.
11. A clasificación queda do seguin-te xeito:
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Intrapersoal 12 Facer a descrición dun cadro que se facilita de Van Gogh usando diversos adverbios de forma correcta en base ao aprendido previamente neste tema.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
CONCIENCIA E EXPRESIÓNS
CULTURAIS Valorar todo tipo de manifesta-cións artísticas e culturais.
Valorar o sentido artístico e a estética do cadro de Van Gogh, A colleita, que se dá para describir usando adverbios neste exercicio. Act. 12.
APRENDER A APRENDER Aplicar o coñecemento adquirido na resolución de actividades.
Completar unha serie de oracións empregando x, ll ou i de forma correcta e aplicando as regras aprendidas previamente. Act. 13.
Completar unha serie de palabras empregando as letras que considere axeitadas e en base ao propio coñecemento xa adquirido no tema e á propia ex-periencia persoal. Act. 16.
[] Valid. 25/02/2017
12-7
Adverbios de tempo: sempre, axiña, despois, ás veces, nunca.
Adverbios de lugar: preto, enriba, aí, dentro.
Adverbios de modo: rapidamente, asemade, paseniño.
12. Actividade persoal.
Ortografía
13. As oracións completas quedan do seguinte xeito:
A proxección da película é esta noite.
Ten que ensaiar a obra porque fai de coello e é o protagonista.
Regaloulle unha sortella á súa cón-xuxe.
No mes de xullo/ xuño temos va-cacións.
A miña avoa emprega agullas para coser.
O xenro do avó é o meu tío.
Aquelas caixas vellas están garda-das no faiado.
14. As novas palabras son:
Tema-xema/ masa-malla/ madeira-madeixa/ malo-maio/ fala-faia/ quei-mo-queixo/ boca-boia/ oso-ollo/ a-seo-alleo.
15. As diferenzas son:
Coia: col.
Colla: do verbo coller; recolección dun produto agrícola.
Caio: do verbo caer.
Callo: substancia para callar o leite.
Vaia: do verbo ir; exclamación.
Valla: do verbo valer.
Maio: quinto mes do ano.
Mallo: instrumento para mallar.
16. As palabras completas quedan do seguinte xeito:
Xirafa, traxecto, tellado, xoguete, apoio, palla, raxo/ raio, lentella, ioió.
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/737875 - Recurso que nos leva a un exercicio con moitas palabras que hai que completar con x, con ll ou con i.
Pedirémoslle ao alumnado que se coloque por parellas ou grupos de 3 nenos e nenas e que vaian resolvendo a actividade. Cando acaben poden consultar a súa puntuación.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
[] Valid. 25/02/2017
12-8
Orientacións didácticas
■ A través das actividades que se propoñen nesta dobre páxina pode-remos:
● Aprender a facer adverbios em-pregando o sufixo –mente.
● Aprender a argumentar as no-sas opinións.
Solucións das actividades
Vocabulario
17. Os adverbios son os seguintes:
Axilmente
Diariamente
Ultimamente
Facilmente
Eficazmente
Comodamente
Tristemente
Habilmente
Placidamente
18. Resposta variable. A modo de exemplo:
O avó merca diariamente o xornal no quiosco.
Tranquilo, senta aquí placidamente.
Sabe resolver os problemas habil-mente.
Estás moi ocupado! Ultimamente
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
23 Observar unha serie de fotografías onde vemos situacións que no son desexables e expresar a propia opinión sobre que faría para evitalas en calquera lugar do mundo.
Interpersoal
24 Dar a súa opinión nunha actividade en grupos sobre unha afirmación que se dá e que se apoia en dúas imaxes dadas.
Lingüística 20 Explicar o significado dunhas frases feitas.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
SOCIAIS E CÍVICAS Desenvolver a comprensión e a expresión oral.
Escoitar un audio e responder preguntas sobre el de forma correcta e cunha boa dicción e expresividade. Act. 21.
Argumentar de forma correcta e coherente razóns que poden levar a ter a opinión que se facilita a continuación no exercicio. Act. 22.
[] Valid. 25/02/2017
12-9
non temos tempo para vernos!
Tristemente as boas noticias nunca chegan.
Amplía o teu vocabulario
19. Resposta persoal. A modo de exemplo escribimos a palabra, un sinónimo e logo un antó-nimo:
Pousada: pensión, casa privada.
Hospedar: acoller, expulsar.
Roldar: aveceirar, ficar.
Gorida: agocho, claro.
Manso: dócil, bravo.
20. Resposta persoal. A modo de e-xemplo:
- Ver claro como a a auga quere dicir que se comprende a solución de algo ou o que hai que facer com-prendendo a fondo o problema e a solución.
- Comerlle a alguén a lingua os ratos quere dicir que non fala, que está calado.
- Falar ás claras quere dicir que se fala francamente, dicíndose mutua-mente o que se pensa.
Escoitar e falar
21. Respostas persoais.
22. Actividade en parellas.
23. Resposta persoal.
24. Actividade en grupo. NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/738138 - Recurso que nos leva ao dicionario da Real Academia Galega. Usarémolo para facer un traballo colectivo de toda a clase.
Pedirémoslle ao alumnado que vaian saíndo ao ordenador por quendas. O neno ou nena buscará un adxectivo. Primeiro diralle o adxectivo ao resto da clase, que terá que dicir se é de verdade un adxectivo ou non. Se non o é, o neno ou nena terá que buscar outro. Cando o atope dirao en voz alta e logo pedirémoslle ao resto do alumnado que diga un adverbio derivado del.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
[] Valid. 25/02/2017
12-10
Orientacións didácticas
■ A través das actividades que se propoñen nesta dobre páxina pode-remos:
● Aprender a facer unha solicitu-de, a súa estrutura e caracte-rísticas.
● Practicar a competencia espa-cial cun quebracabezas e a efi-cacia lectora.
Solucións das actividades
Escribir
25. Actividade persoal.
26. Resposta persoal.
O trasno das palabras
1. A peza que non é do quebra-cabezas é o sétimo cadro co-mezando pola esquerda da se-gunda fileira comezando desde arriba.
2. Resposta persoal.
3. A orde na que deben ler as pa-labras é:
1-piano.
2-trompeta
3-clarinete
4-frauta
5-fagot
6-saxofón
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Espacial 1 O trasno Observar unha imaxe e unha serie de pezas que están á súa dereita en forma de pezas de puzle e deducir cal delas non forma parte da imaxe da esquerda.
Naturalista 2 O trasno Explicar coas súas palabras que tipo de deportes cre que practicarían nuns Xogos Olímpicos unha serie de animais dados nunhas imaxes a continuación.
Lingüística 3 O trasno Ler unha serie de palabras que teñen un número diante na orde dos números o máis rapidamente posible.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
APRENDER A APRENDER Aplicar os coñecementos adquiri-dos na resolución de actividades.
Facer unha solicitude á biblioteca para que lle envíen o carné ao enderezo da casa da súa avoa. Act. 25.
[] Valid. 25/02/2017
12-11
7-oboe
8-arpa
9-maracas
10-violín
Lectura recomendada
Neste apartado recomen-dá-moslle ao alumnado a lectura do libro Xoa de Antonio Yáñez, que é a historia dunha xoaniña que quere descubrir mundo.
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/740201 – Recurso que nos leva á web do Concello de Lugo, onde podemos descargar unha solicitude para pedir participar nun proceso selectivo de postos de traballo.
Pedirémoslle ao alumnado que vexa como se pode descargar a solicitude e imprimiremos un exemplar para cada alumno e alumna. Logo indivi-dualmente terán que cubrilos inventando as partes que non sexan datos persoais. Corrixirémolos todos e analizaremos no encerado se hai erros frecuentes.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
[] Valid. 25/02/2017
12-12
Orientacións didácticas
■ A través das actividades que se propoñen nesta dobre páxina pode-remos:
● Comprobar con varias activida-des a adquisión do coñece-mento dos contidos do tema.
● Avaliar con outras actividades as competencias espaciais, en-tre outras.
Solucións das actividades
Aprendín
1. A clasificación dos adverbios queda do seguinte xeito:
Adverbios de lugar: enriba, fóra, alí, diante, ao carón.
Adverbios de tempo: antonte, logo, cedo.
Adverbios de modo: docemente, a-sí, adrede, ben.
2. Resposta persoal.
3. Resposta persoal.
4. O texto completo queda do se-guinte xeito:
As mellores colleitas de cho-colate obtéñense en América do Sur e tamén en África, sendo os países de Ghana e Nixeria os maiores produtores deste alimento.
INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE
Ditado Preparar para realizar logo un ditado fixándose nas dificultades que poderá atopar.
Intrapersoal
1 Avalío Observar un cartel dunha actividade dun contacontos e responder preguntas correctamente sobre o seu contido.
Espacial 2 Avalío Sinalar nun calendario o día que marca o cartel do exercicio número 1 do apartado Avalío as miñas competencias e dicir que día da semana é.
3 Avalío Indicar como faría o traxecto nun mapa dado desde o punto que se indica de orixe ata a biblioteca.
Interpersoal 4 Aprendín
Completar un texto coas palabras axeitadas.
COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES
SENTIDO DE INICIATIVA E
ESPÍRITO EMPRENDEDOR Confiar nas propias capacidades para resolver as actividades.
Confiar no coñecemento da vida cotiá para marcar no calendario un día concreto e dicir que día da semana é. Act. 2 Avalío.
[] Valid. 25/02/2017
12-13
As mazarocas recóllense e ábrense alí mesmo dun golpe seco de machete, pero con coidado para non danar as fabas. Esta actividade chámase debullar.
Ditado
O alumnado lerá antes de facer o ditado o texto para adiantar as posibles dificultades que ato-pará.
Avalío as miñas competencias
1. As respostas son:
O cartel anuncia un contacontos
Na biblioteca de Chapela.
A biblioteca está en Chapela, Redondela.
A sesión comeza ás 12:00 h.
Os contos son de árbores e bosques.
Resposta persoal.
2. A data do contacontos é o mér-cores 30 de xullo. Marcarán o número 30 na última ringleira. O día da semana é mércores.
3. O camiño para chegar á bi-blioteca é:
Irá á esquerda por Paseo dos carballos, pasando diante do poli-deportivo. Logo irá á dereita e pola rúa Hospital e logo á esquerda, pola rúa Santo Antonio, pasando diante do hospital. Despois collerá á esquerda e irá pola rúa París e pola rúa Rosalía de Castro, onde xa atopará a biblioteca.
NAVEGAMOS POR TICHING
■ http://www.tiching.com/404441 – Recurso que nos leva a Google maps, un sistema que nos permite ver calquera lugar do mundo, incluso moi preto. Escolleremos a propia localidade onde esteamos e logo buscaremos a zona céntrica da cidade ou vila e aproximarémola todo o posible ata que vexamos unhas 10 ou 12 rúas ao mesmo tempo e o seu nome claramente.
Pedirémoslle ao alumnado que elixa un punto de saída de forma individual e outro de chegada e que escriba o itinerario con detalle. Logo lerémolos todos.
LIBRO DIXITAL
■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.
■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.
ANOTACIÓNS
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
.....................................................
[] Valid. 25/02/2017
12-14
NAVEGAMOS POR TICHING
TICHING WEBS
http://www.tiching.com/404441 https://www.google.es/maps/?source=tldsi&hl=gl
http://www.tiching.com/735956 https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_morfosintaxe_en_lingua_galega/substantivo#Exercicio_2_2
http://www.tiching.com/737875 http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/xogos/ortogal/ie/ll_i_x.html
http://www.tiching.com/738138 http://academia.gal/dicionario
http://www.tiching.com/740200 https://gl.wikipedia.org/wiki/Aladino
http://www.tiching.com/740201 http://www.lugo.es/cs/Satellite?c=tramiteAsset&cid=1227494699916&color=Rojo&idioma=gl&pagename=Lugo%2FtramiteAsset%2FLugoTramiteDetalle&tipoLetra=Texto1
[] Valid. 25/02/2017