guía de guimaraes

1
Guimaraes Coñecida como “Berço da Nacionalidade”, Guimaraes funde as súas raíces na Idade Media, cando Alfonso Enríquez foi proclamado en 1139 primeiro rei do país luso. Patrimonio da UNESCO, é unha cómoda cidade de provincias (preto de 52.000 habitantes) baseada no turismo, nas industrias téxtiles e nos estudantes, posto que ten sede a Universidade do Minho, a universidade pública máis grande do norte de Portugal. A orixe de Guimaraes remóntase a un pequeno pobo chamado Vimaranes, palabra xermánica que significa “donos de esta terra”. De feito os habitantes de Guimaraes seguen chamándose Vimaranenses. Castelo de Guimarães, tamén coñecido por Castelo de S. Mamede, domina a cidade, está situado no Monte Latito o Falperra e é o símbolo da cidade. Está cimentado sobre a mesma roca, como querendo ser a continuación da mesma. Foi mandado construír pola condesa Mumadona Dias no s.X para a defensa da poboación. Atópase dominado por unha torre homenaxe do s.X (con 28 metros de altura) situada no interior das súas murallas, flanqueadas por sete torres. Ten unha imaxe de tradicional castelo de libro. O patio está asentado sobre un rochedo que aflora en lugar do pavimento, e que proporciona una sensación de fortaleza por antonomasia. O castelo presenciou numerosas batallas realizadas para a defensa do país. Un dos máis importantes episodios bélicos que aconteceron nos seus arredores foi a Batalha de S. Mamede. Acontecida o 24 de xuño de 1128, a Batalla de San Mamede librouse entre as tropas de Alfonso I de Portugal e as tropas da súa nai, Teresa de León e do conde galego Fernando Pérez de Traba, que se intentaba apoderar do goberno del Condado Portucalense. Coa derrota, Teresa desistía das ambicións de ser señora de toda Galicia. Ó pé do castelo érguese a igrexa de San Miguel (do Castelo, claro), románica do s.XII que fala do tamaño reducido da poboación naqueles momentos da Idade Media. Ten a pila bautismal na que recibiu as augas D. Alfonso Enríquez, primeiro Rei de Portugal. O Palacio dos Duques de Braganza Case en liña recta, cara ó sur, este Palacio, do s.XV, ofrécenos unha imaxe distinta, palaciega, europea. Foi construído polo primeiro duque de Braganza. O palacio ensina os tellados apuntados e as altas chemineas cilíndricas – un total de 39- que recordan os castelos franceses. Foi restaurado en 1933. No seu interior, o mellor son os teitos e os tapices. Tamén ten un interesante amoblamento. Centro histórico Baixando dende o castelo, a capela de San Miguel e o Palacio chégase ó centro histórico a través da calle de Santa María, s.XII, que une a zona fortificada coa parte baixa do pobo. Dentro do que é o casco histórico temos varias igrexas, o Convento de Santa Clara , os Pazos municipais. Como prazas a máis bonita é la do Largo Oliveira co monumento que conmemora a Batalla do Salado, na que un combinado de forzas castelán- portugués venceu ós moriscos no 1340. Pegado a este monumento atópase a catedral. Pero o máis encantador é a praza, sempre moi animada. E o seu entorno, coas súas casas blasonadas, pórticos e edificios nobres que a rodean. Convento de Santa Clara (actual casa Municipal) Pero o bonito é camiñar por esas estreitas calles e desfrutar da tranquilidade e do sosego que emana esta cidade. Non esquezas comprar calquera tipo de doce, os portugueses son especialistas na repostería. Fora do casco medieval temos os xardíns da Alameda e a praza do Toural. Ó fondo desta Alameda atópase a igrexa de San Gualter (s.XVIII e XIX). Na parte exterior existe un xardín con estatuas que lle confire un aire ós templos de peregrinación, nos que cobra moita importancia a perspectiva de acercamento ó edificio.

Upload: cenlf

Post on 19-Jun-2015

418 views

Category:

Entertainment & Humor


0 download

TRANSCRIPT

  • 1. Guimaraes Dentro do que o casco histrico temos varias igrexas, o Convento de Santa Clara , os Pazos municipais.Como prazas a mis bonita la do Largo Oliveira co monumento que conmemora a Batalla do Salado, na que un combinado de forzas casteln- portugus venceu s moriscos no 1340. Pegado a este monumento atpase a