gymkana no ceip seara
TRANSCRIPT
AS VIAXESComezamos a nosa viaxe cunha gymkana que
nos levará por algunha das etapas que fixo Phileas Fogg en A volta ao mundo en 80 días.
A gymkana viaxeira do CEIP Seara.Novembro 2012
SEARÍNS POLO MUNDO
O mapa da ruta a seguir
Con 8 probas, de xeito que cada grupo de primaria empezará por unha e continuará pola seguinte ata rematar . Cada grupo terá un mapamundi co percorrido que teñen que facer e o medio de transporte que utilizarán. Terán tamén un pasaporte que se lles selará con cada proba superada.
Londres – París: Percorrido en barco. Os
nenos colócanse sentados en fila remando
(desprazándose) todos a un tempo.
París – O Cairo: Percorrido a pé. Proba de
equilibrio colocando as mans coma as figuras
exipcias e levando un vaso con area na man coma
se fose unha bandexa.
O Cairo - Bombai: Percorrido en bus.
Resolver un xeroglífico.
Bombai - Tokio: Percorrido en avión. Con
follas dobles de periódico, construir un avión de
papel para facelo voar.
Tokio – Tahití: Percorrido en globo. Inflar
globos e atalos na rede do campo ata
conseguir o mesmo número que o grupo de
alumnos.
Tahití – Sidnei: Formaranse os nomes dos
países utilizando diferentes posturas
corporais.
Sidnei – Brasil: Percorrido en submarino.
Poñéndose de acordo todo o grupo na
elección dunha canción deben cantala.
Brasil – Nova Iorque: Percorrido en tren.
Desprazándose deitado no chan en fila e
agarrándose polos pes teñen que moverse
coma se fosen unha eiruga.
O noso pasaporte
O pasaporte por dentro.
Os selos do visado. Hai que superar as probas para conseguilos.
E… isto foi o que pasou
PARÍS – O CAIRO
O CAIRO - BOMBAI
BOMBAI - TOKIO
TOKIO - TAHITÍ
TAHITÍ - SIDNEI SIDNEI - BRASIL
BRASIL - NOVA IORKE
E MOITOS DELES CONSEGUIRON
SELAR TODO O PASAPORTE
FELICIDADES VIAXEIROS!!!