ha comedia monstruosa, monstruosamente …fué presentadora en sábeo todo vigo de localia tv, en...
TRANSCRIPT
Unha comedia
MONSTRUOSA,
monstruosamente
divertida!
TIPO: Teatro Breve. XÉNERO: Comedia.
SUBTIPO: Comedia Feminista. TONO: Humor tenro e brutiño.
ACTRICES: Arancha Treus, Deborah Vukusic, Rocío Romero. DIRECIÓN: Marián Bañobre. TEXTO: Bañobre, Romero, Treus e Vukusic. PRODUCE: Enconarte Producciones. DURACIÓN: 50 min. IDIOMA: Galego e Castelán / Castelán TARGET: +16 anos.
“Dúas bonecas de “Famosa”e unha de “Mattel” vense desbordadas
cando a súa compañeira de xogos e dona, unha nena chamada
“América” decide abandonalas fronte unha vida chea de barreiras
cíclicas para a muller…”
Trata sobre tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha
Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América”
(Tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa
de xogar con elas.
Estes personaxes vanse humanizando para contarnos as súas
experiencias vitais individualmente:
Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está
operadísima e casada con Ken.
Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida
persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.
E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele
operadora no teléfono da esperanza, está casada cun dos
seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de
non facer nunca porcalladas na cama.
Cada unha delas representa a vida menstrual en mulleres
diferentes:
A que a sofre, a que non se decata de que a ten e a que case
non a padeceu por pasarse media vida parindo e lactando.
Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza
argumentando que o que están a facer non é apropiado e que
de feminista ten máis ben pouco.
Despois de varias discusións entre elas, deciden retomar a obra
cun rito de agradecemento á menstruación, que vira arredor
dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampóns
para renderlle homenaxe por existir.
Ao fin e ao cabo todxs estamos neste mundo grazas a ela!
“Despois do éxito acadado con "Non é país para conas" as
actrices de Enconarte Producciones, dirixidas por Marián
Bañobre, volvemos con outra comedia breve, de creación
colectiva, sen pelos na lingua, para falar deste tema, tan de
moda agora e que sempre estivo presente na sombra: A
"MONSTRUACIÓN".
Ademáis de contar co mesmo elenco e de abordar a temática
feminina "MONSTRUACIÓN" ten, en común con "Non é país
para conas”, o selo de “Enconarte Producciones”, que se
define por unha posta en escena moi divertida e polo uso da
linguaxe de maneira directa, sen pelos na língua.
Para nós o título non podía ser outro. A nosa sociedade
encargouse de “monstroizar” demonizando o noso ciclo
menstrual e partindo da base de que Enconarte Producións é
unha compañía formada por mulleres, sabemos en primeira
persoa do que falamos.
Somos capaces de rirnos de nós mesmas para darlle o valor
que se merece o noso ciclo menstrual.
Nesta viaxe fichamos a Marián Bañobre para o noso equipo,
xa que queríamos facer unha creación colectiva e tivemos
claro que ela sería a guía adecuada para, a través de xogos
de bufón e de clown construír unha peza fresca, bizarra e
orixinal.
O cartel creóuno a deseñadora gráfica Cristina Cotelo, autora
de “Monstruantes, os “Mounstros Sanguentos”.
Ninguén como ela para construír a nosa imaxe.
Desexamos divertir, divertirnos, facer denuncia social,
empoderar á muller, exercer o feminismo e romper tabús, nin
máis nin menos!
E aínda que poida parecer pretencioso cremos que este
espectáculo pode ser catárquico para o público feminino, e
até pedagóxico para o masculino.
ARANTXA TREUS
Fórmase como actriz na Artística (Vigo) con Alfredo
Rodríguez e na Escola de Teatro Arte 4 (Madrid), onde
estuda voz e interpretación audiovisual con mestres
como Jorge Coira, Mariana Carballal ou Luís Gimeno.
Ten experiencia en teatro clásico en que represento
pezas de Chéjov e de García Lorca, da man de Jesús
Calvo e Alfredo Rodríguez.
Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en
Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas
de diferentes eventos.
Actriz de cinema na película Catalina de Mario Igrexas
e de TV., con impecables aparicións na serie Gondar,
tamén encarnou o personaxe de Maca na serie
Serramoura da Televisión de Galicia e recentemente en
Fariña de Antena 3 á muller de Falconeti.
Traballou nunha ducia de curtametraxes, rodadas en
Galicia, Madrid e Tenerife.
Arantxa tamén é co-fundadora da compañía infantil
Falabaratas e en Monstruación representa a BARRI.
DEBORAH VUKUSIC
É Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade
de Alcalá de Henares e en Interpretación Textual pola
R.E.S.A.D., completa a súa formación en Francia e en
EE.UU. e en cursos do Teatro da Abadía.
Actualmente tamén participa na peza Raclette de
Ibuprofeno Teatro e estivo a encarnar a Violette en
Presas no Centro Dramático Nacional.
Traballou nas series de TV, O Final Do Camiño,
Serramoura, Luci, Piratas, Matalobos, A Tira, O
Comisario ou L.E.X. e como presentadora e guionista
en Máis Retranca, A Favorita e Top 10.
En cinema aparece en: A Praia dos afogados, Todos os
Santos, Inevitable, Vilamor, Persoal Movie, Vacas,
porcos e zapatos de tacón e en A pesar de todo,
Quérote.
Creou, escribiu, produciu e interpretou, xunto a Israel
Nava, a serie web jokebusiness.net
Polas curtametraxes Paixón e 3-1=0 recibe os
galardóns a Mellor Actriz no Festival de Cans, Selectiu
Única e Artabriño.
Nesta comedia é BÁRBARA
ROCÍO ROMERO
Fórmase en diversas escolas de teatro, a Artística de
Vigo, Santart (Santiago de Compostela) e licénciase en
Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática
de Galicia en Interpretación Textual.
Ademais fórmase en disciplinas artísticas como o
clown, commedia dell´arte, interpretación para a
cámara, cabaret, biomecánica...
A súa vocación de actriz compaxínaa coa docencia
teatral a xestión cultural e a programación teatral.
Actualmente desenvolve o seu traballo como actriz nas
compañías Falabaratas de teatro infantil e Enconarte
Producións para público adulto.
Coa empresa a Turiña está no proxecto Cunca e
Nécora e traballa para varias empresas como
programadora cultural.
É profesora de teatro e co-fundadora do Estudo Bonobo
(Pontevedra) de recente creación e de aspiracións
revolucionarias.
En Monstruación interpreta a NANSY.
MARIÁN BAÑOBRE
Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña
conseguiu a súa diplomatura pola escola actoral
CASAHAMLET da Coruña baixo a tutorización de Manuel
Lourenzo e Santiago Fernández. Ademáis completa a súa
formación cun posgrao en Arte Dramática: Teoría e
práctica da Interpretación da Universidade de Santiago de
Compostela.
Fórmase con mestres como Benito Zambrano, John Wright,
Dominik Burucki, Helen Rowson, Pierre Byland, Tom Greder,
Claudia Contín, Ferruccio, Etelvino Vázquez, Antonio Fava,
Vicente Fontes, Eric de Bont, Leo Bassi, Theodor Smeu e Mar
Navarro. Especializándose en commedia dell´arte, bufón e
clown.
En televisión traballou en Escoba, Ou Nordés. Última hora,
Ou show dous Tonechos, Air Galicia e en teatro en Raclette,
Ou Furancho, Fitness, Pequenos actos
pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar ou
mundo pero fan que quedemos máis tranquilos e A filla de
Woody Allen, co seu cía. Ibuprofeno Teatro e en máis de
pezas da man de Sophie Gazel e Carlo Colombaioni.
Consegue o premio MARIA CASARES no ano 2006 como
actriz secundaria por TARTUFO e en 2013 como actriz
protagonista por Pequenos actos pseudorrevolucionarios
que non serven para cambiar ou mundo pero fan que
quedemos os meus tranquilos.
LINKS DE INTERESE:
TEASER
TV Televisión de Galicia. Programa ZIGZAG
PRENSA Faro de Vigo 31/01/2018
La Voz de Galicia 05/07/2018
La Voz de Galicia 28/09/2018
Faro de Vigo 09/10/2018
FESTIVALES Fóra do Mapa.Festival de Artes Escénicas de Ferrol
Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas
CRÍTICA A menstruación sen dramas. Afonso Becerra
O Galiñeiro o blog de teatro de Praza Publica. 18/12/2018
REDES
REQUERIMENTOS TÉCNICOS*:
Dimensión mínima escenario: 3’20 x 3’60m.
Dous enchufes a terra (para amplificación e looper).
*No caso de que a actuación estuvise programada para facerse ao aire libre, a microfonía, a
iluminación correrían a cargo de la empresa contratante.
CACHÉ: 968 € IVA Incluido**.
** (Non inclúe dietas, nin desprazamentos. Correrían a cargo da empresa contratante)
www.enconarte.com // +i: 662.405.777 // [email protected]