había unha vez unha raíña moi moi boa conto 2º a
TRANSCRIPT
![Page 1: Había unha vez unha raíña moi moi boa conto 2º a](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022062302/58ef90421a28ab05168b456b/html5/thumbnails/1.jpg)
Había unha vez unha raíña moi, moi boa, amable e bela que se chamaba Sara. A raíña Sara vivía nunha casiña entre as pólas dunha gran árbore máxica. Moi preto había un lago encantado onde se escoitaban paxariños divinos, especialmente o canto dos xílgaros.
![Page 2: Había unha vez unha raíña moi moi boa conto 2º a](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022062302/58ef90421a28ab05168b456b/html5/thumbnails/2.jpg)
Un día a raíña Sara decidiu ir alí e descubriu o segredo do lago. Nel habitaba unha fada….A FADA DAS AUGAS!!!
- Como te chamas?-Preguntoulle a raíña.- Eu chámome Lili e son a gran Fada das
Augas- respondeulle a fada.- E que eres capaz de facer?-Quixo saber
a raíña, que estaba moi intrigada.- Convertir todo aquilo que chega as
miñas augas en cisnes fermosos e marabillosos. Ademais a quen me axuda a manter as augas limpas concédolle os desexos que me pida.
![Page 3: Había unha vez unha raíña moi moi boa conto 2º a](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022062302/58ef90421a28ab05168b456b/html5/thumbnails/3.jpg)
Nun intre, a raíña que tiña moita curiosidade por saber si todo o que dicía a fada era certo púxose a limpar o lago e despois pediulle un desexo: quería un xardín ao lado da súa casiña!!! A fada das Augas en agradecemento ao seu labor de limpeza condeulle o que lle pedira……Un fermoso xardín!!!!
![Page 4: Había unha vez unha raíña moi moi boa conto 2º a](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022062302/58ef90421a28ab05168b456b/html5/thumbnails/4.jpg)
A raíña quedou moi impresionada e prometeu gardarlle o segredo para sempre.
Lembra que sempre que axudes a manter as augas limpas tes dereito a pedirlle A FADA DAS AUGAS un desexo…. Seguro que se che cumpre!!!!
E papatán, papatou esta historia rematou.
ALUMN@S 2ºA