historia repaso: a historia, o estudo do pasado. eso tema... · a partir do nacemento de cristo; é...
TRANSCRIPT
2º ESO - Tema 1 - páx. 1
HISTORIA
Repaso: a Historia, o estudo do pasado.
� A Historia é a ciencia que investiga a organización e a evolución das sociedades humanas ao longo do tempo, é dicir, como vivían as persoas doutrasépocas e como foron cambiando. Estudar Historia permítenos saber como chegamos a ser quen somos: como actuamos e como pensamos, o quenos asemella e o que nos diferencia de persoas doutras rexións, países, culturas...
C Para estudar o pasado, os historiadores deben observar, ler e interpretar os restos que deixaron os nosos antepasados. Estes restos chámansefontes, e son de moi diversos tipos. Entre eles podemos destacar:T Fontes orais: entrevistas ás testemuñas do pasado...T Fontes escritas: documentos (obras literarias, cartas, tratados, discursos, periódicos, inscricións...).T Fontes iconográficas: imaxes (fotografías, pinturas, esculturas...).T Fontes materiais: obxectos (roupa, ferramentas, armas, xoguetes, edificios...).
� Os historiadores deben situar os feitos que estudan no espazo e no tempo, é dicir, localizalos nun lugar (espazo) e datalos nun momento o máisconcreto posible (tempo). As datas permítennos:T Agrupar os feitos e obxectos que son da mesma época, é dicir, que son simultáneos.T Ordenalos no tempo, dos máis antigos aos máis modernos, é dicir, establecer a súa sucesión correcta. A sucesión de acontecementos ordenados
segundo as datas en que aconteceron chámase cronoloxía.
C O sistema de medida do tempo vixente na maior parte do mundo na actualidade é a era cristiá. Segundo este sistema, comezamos a contar os anosa partir do nacemento de Cristo; é dicir, o ano 1 coincide co nacemento de Cristo. Todo o que sucedeu despois dese feito dicimos que pasou despoisde Cristo (d.C.), e o que sucedeu antes dicimos que pasou antes de Cristo (a.C.). As datas antes de Cristo tamén se poden indicar con númerosnegativos (-25, -780...). Se unha data non vai seguida de a.C. ou d.C., quere dicir que sucedeu despois de Cristo.
C Para datar un feito histórico temos que saber cantos anos o separan do punto de partida. Como acabamos de ver, na nosa cultura ese punto departida é o nacemento de Cristo, ou sexa, o ano 1; así, por exemplo, o ano 1300 é máis próximo que o 570, o 1200 é máis lonxano que o 1789...T Cando teñas que ordenar datas debes ter en conta que se son antes de Cristo (a.C.) ordénanse "ao revés": o ano 343 a.C. pasou antes que o
342 a.C., que é anterior ao 300 a.C... É dicir, as datas máis "grandes" son máis antigas, e as máis "pequenas" son máis recentes, ao contrariodo que sucede coas datas situadas despois de Cristo (é máis recente o 1990 que o 1700, por exemplo).
N 1.- Ordena as seguintes datas de máis próxima a máis antiga:
350 1492 323 a.C. 780 a.C. 1936 622 3000 a.C. 509 a.C. 476 218 a.C. 1789 753 a.C.
N 2.- Cantos anos pasaron desde as seguintes datas ata hoxe?
a.- 251 a. C.
b.- 1492
c.- 749 a. C.
d.- 1789
e.- 75 a. C.
f.- 476
� As unidades de tempo histórico máis importantes son: o ano / a década (10 anos) / o século (100 anos) / o milenio (1.000 anos). Destas unidadesa que máis vas utilizar é o século. Os séculos e os milenios escríbense sempre con números romanos.
C O século I comeza no ano 1 d.C. [o ano cero (0) non existe], e dura ata o ano 100 d.C. A partir de aí os demais séculos son consecutivos.
N 3.- Completa o seguinte cadro:
Século comeza no ano... remata no ano... Século comeza no ano... remata no ano...
II XII
III XIII
IV XIV
V XV
VI XVI
VII XVII
VIII XVIII
IX XIX
X XX
XI XXI
2º ESO - Tema 1 - páx. 2
C Lembra que se os séculos son antes de Cristo (a.C.) debes operar "ao revés"; é dicir, o século I a.C. comeza no ano 100 a.C. e remata no ano 1 a.C.,o século II a.C. comeza no 200 a.C. e remata no 101 a.C., e así sucesivamente.
N 4.- Completa o seguinte cadro:
Século comeza no ano... remata no ano... Século comeza no ano... remata no ano...
IX a.C. V a.C.
VIII a.C. IV a.C.
VII a.C. III a.C.
VI a.C. II a.C.
� Para saber a que século corresponde unha data determinada, observa a cifra correspondente ás centenas e súmalle 1.C Exemplo: a que século corresponde o ano 453?
T A cifra das centenas é 4. Sumámoslle 1. O resultado é 5; ou sexa, o ano 453 corresponde ao século V (lembra que os séculos e os milenios seescriben sempre con números romanos).
C Exemplo: a que século corresponde o ano 1150?T Neste caso, como o número ten 4 cifras, observamos a cifra correspondente ás centenas e aos millares. Esa cifra é 11. Sumámoslle 1. O resultado
é 12; ou sexa, o ano 1150 corresponde ao século XII.
� Este truco é válido para todos os anos, tanto que sexan a.C. como d.C., excepto para os anos rematados en 00. Neste caso, a cifra ou cifras que estánantes dos dous ceros indican o século. Por exemplo, o ano 1700 pertence ao século XVII (é o último ano dese século).
N 5.- Completa o seguinte cadro:
Data século Data século
1750 a.C. 1111
753 a.C 1254
590 a.C. 1453
323 a.C. 1600
50 a.C. 1789
2 1880
313 1936
476 1989
622 2000
800 2005
N 6.- Repasamos o estudado. Pensa e responde.
a.- En que ano estamos? En que século? En que milenio? En que década dentro dese século?
b.- En que século naciches? En que século vives?
c.- Cantas décadas hai nun século?
d.- Cantos séculos hai nun milenio?
� Os historiadores dividiron a Historia en períodos, para poder estudar mellor a evolución do ser humano desde a súa aparición ata a actualidade.A estes períodos convencionais chámaselles as Idades da Historia, e son cinco:
C A Prehistoria: comprende o período de tempo transcorrido entre a aparición do ser humano capaz de fabricar instrumentos (en torno a 3 millónsde anos a.C.) e a invención da escritura (en torno ao 3000 a.C.).
C A Idade Antiga: iníciase coa invención da escritura (ao redor do 3000 a.C.) e remata coa caída do Imperio Romano de Occidente, a finais do séculoV d.C.; a data que se usa como referencia é o ano 476, en que o último emperador romano foi derrotado e deposto por un pobo xermánico.
C A Idade Media: comeza coa caída do Imperio Romano de Occidente (finais do século V) e finaliza cos grandes descubrimentos de finais do séculoXV; a data que se adoita usar como referencia é 1492, ano en que a expedición de Cristóbal Colón descubriu América.
C A Idade Moderna: comeza cos grandes descubrimentos de finais do século XV (1492) e remata co estoupido da Revolución Francesa, a finais doséculo XVIII (1789).
C A Idade Contemporánea: abarca desde a Revolución Francesa (1789) ata os nosos días.
� O curso pasado estudaches a Prehistoria e a Idade Antiga; neste curso aprenderás os trazos básicos da Idade Media e a Idade Moderna.
2º ESO - Tema 1 - páx. 3
N 7.- Repasa o que aprendiches. Realiza as siguientes actividades.
a.- Completa os siguientes cadros:
Século comeza no ano... remata no ano... Datas século Ordénaas de > a < antigüidade
IX a.C. 1329 1
XVII 559 a.C. 2
XIII a.C. 2000 3
VIII 1570 a.C. 4
V a.C. 173 5
XIV 1101 a.C. 6
I a.C. 900 7
X 1760 a.C. 8
VII a.C. 267 a.C. 9
XIX 1448 10
II a.C. 490 a.C. 11
XVI 1000 12
IV a.C. 2020 13
XXI 301 a.C. 14
XII a.C. 753 a.C. 15
XXIV 1675 16
b.- Asocia cada un dos feitos históricos que estudaches o curso pasado coa súa cronoloxía. Escribe as datas na columna da dereita.
8000 a.C. Primeira civilización urbana: Sumer
3500 a.C. Desenvolvemento das guerras médicas
IV milenio a.C. Primeira forma de goberno de Roma: a Monarquía
séculos VIII-VI a.C. A pax romana: época de esplendor do Imperio Romano
século V a.C. Caída do Imperio Romano de Occidente
490 a.C. - 480 a.C. A invención da escritura: o inicio da Historia
334 a.C. - 323 a.C. Establecemento dun sistema democrático en Atenas
753 a.C. Fundación lexendaria da cidade de Roma
753 a.C. - 509 a.C. Octavio Augusto é nomeado emperador de Roma
séculos III - I a.C. O emperador Teodosio divide o Imperio Romano en dúas partes
27 a.C. Colonizacións gregas no Mediterráneo
séculos I e II d.C. Alexandre Magno crea un gran imperio en Oriente
313 O exército romano conquista as terras do Mediterráneo
395 O emperador Constantino autoriza o culto do cristianismo
476 Inicio da produción de alimentos: agricultura e gandería
2º ESO - Tema 1 - páx. 4
c.- Asocia cada un dos conceptos desta lista coa súa definición. Coloca na columna da dereita o concepto que corresponda:
Patricios Polis Hominización Temperatura Arquipélago
Escriba Anticiclón Afluentes Cordilleira Megálitos
Presión atmosférica Lagos Continentes Bárbaros Reinos helenísticos
Península Volcán Provincias Estratego Crecente Fértil
Terremoto Senado Colonia Paleolítico Precipitación
Sacudida violenta que se orixina no interior da Terra
Fenda da codia terrestre pola que ascende rocha fundida desde o interior da Terra
Grandes extensións de terras emerxidas que afastan os océanos
Conxunto de montañas encadeadas que presentan unha aliñación determinada
Conxunto de illas máis ou menos próximas e relacionadas entre si
Anaco de terra rodeado de auga por todas partes menos por unha chamada istmo
Masas de auga acumuladas en zonas afundidas dun continente
Cursos de auga que non desembocan no mar, senón noutro río máis importante
Grao de calor do aire, debido á radiación solar
Auga procedente da atmosfera que cae á superficie terrestre, en forma líquida ou sólida
Peso ou forza que exerce o aire sobre a superficie terrestre
Área de altas presións, que se representa nos mapas do tempo cun A
Conxunto de complexos cambios que converteron os primates en seres humanos
Primeiro período da Prehistoria, cuxo nome significa pedra vella
Zona do Oriente Próximo onde se iniciou a produción de alimentos
Monumentos construídos con grandes lousas de pedra
Funcionario encargado de redactar, transmitir e custodiar os documentos escritos
Pequenas cidades-Estado independentes que formaban o mundo grego
Cidade de nova planta fundada polos emigrantes gregos en territorio estranxeiro
Maxistrado de Atenas encargado de dirixir o exército e a política exterior
Estados en que se dividiu o inmenso imperio de Alexandre Magno tras a súa morte
Grupo social privilexiado de Roma, eran grandes propietarios e gobernaban a cidade
Principal institución de goberno de Roma durante a etapa da República
Nome de cada unha das partes en que se dividiu o territorio do Imperio Romano
Nome que o Imperio Romano lles deu aos pobos xermánicos que atacaron o Imperio
2º ESO - Tema 1 - páx. 5
Introdución. A Idade Media.
� A civilización romana desenvolveuse en torno ao mar Mediterráneo, ao que os romanos chamaban Mare Nostrum, que en latín significa "o nosomar". Chamábanlle así porque os romanos conquistaron terras nos tres continentes que baña o mar Mediterráneo (Europa, África e Asia) e formaronun gran imperio; dito doutra forma, todos os territorios que rodeaban o mar Mediterráneo estaban dominados por Roma.
C A formación do imperio romano foi un proceso longo. Entre o 500 e o 250 a.C. Roma foi conquistando todos os territorios da península Itálica;despois comezou a súa expansión polo Mediterráneo. Nos séculos I e II d.C. o imperio adquiriu a súa máxima extensión, desde as illas Británicasno Norte ata o deserto do Sáhara no Sur, e desde Mesopotamia no Leste ata o océano Atlántico no Oeste. Foi a época de maior prosperidade.
C A partir do século III, o imperio romano entrou en crise; sucedéronse sublevacións militares, revoltas sociais, e crises económicas; ademais foiatacado polos pobos xermánicos instalados ao outro lado das fronteiras dos ríos Rin e Danubio (aos cales os romanos chamaban pobos bárbaros).Para facilitar a defensa, no ano 395 o emperador Teodosio decidiu dividir o imperio en dúas partes: o imperio romano de Occidente, con capitalen Roma, e o imperio romano de Oriente, con capital en Constantinopla. Desde entón, ambos territorios seguiron unha evolución diferente:T O imperio romano de Oriente, coñecido máis tarde como imperio bizantino, sobreviviu ás invasións xermánicas e perviviu ata o ano 1453.T O imperio romano de Occidente desapareceu no ano 476 cando o xefe dun destes pobos xermánicos depuxo ao último emperador romano.
Este feito tómase como referencia para marcar o final da Idade Antiga e o inicio da Idade Media.
N 8.- Le a introdución á Idade Media e observa o mapa das páxinas 2-3. Despois copia e realiza no teu caderno estas actividades:a.- Describe o espazo xeográfico representado.b.- Indica a época á que corresponde o mapa.c.- Cita os tres grandes Estados que se reflicten. Que territorios abarca cada un deles?d.- En que situación aparece a Península Ibérica?
Tema 1.- O Islam e al-Ándalus.
Introdución ao tema. [le a información das páxinas 4-5]
1.- A aparición do Islam.
� O Islam naceu no século VII en Arabia, unha extensa península situada no Próximo Oriente (rexión do SO de Asia), entre o mar Vermello e o golfoPérsico. O seu territorio é, na súa maior parte, un deserto, e no século VII presentaba unha gran división interna en diversos ámbitos:
C No ámbito político, o territorio estaba dividido en numerosas tribos independentes, dirixidas cada unha por un xefe, sen ningún poder político queas unise, e a miúdo enfrontadas entre si.
C No ámbito económico, o interior da península estaba habitado por tribos de pastores nómades (beduínos); en cambio, o litoral albergaba poboaciónssedentarias, dedicadas á agricultura na zona de Iemen (sur de Arabia) e ao comercio na rexión de Hejaz, na costa norte do mar Vermello. Nesta zonaestablecéronse as dúas únicas cidades da rexión: Yatrib (que logo sería chamada Medina), e A Meca, onde confluían as rutas de caravanas docomercio terrestre e do comercio marítimo entre a India e o Mediterráneo.
C No ámbito relixioso, os beduínos eran fetichistas, é dicir, adoraban obxectos; os agricultores e comerciantes eran politeístas, e crían en varios deuses.� Os únicos elementos comúns dos pobos que habitaban en Arabia eran a lingua árabe e o culto á Pedra Negra: é un fragmento de pedra basáltica
que se veneraba na cidade sagrada da Meca, no santuario da Kaaba, xunto a numerosas divindades das tribos árabes.C No século VII Mahoma conseguiu unir os árabes baixo unha nova relixión: o islam. Este foi o punto de partida para a formación dun gran imperio.
N 9.- Le a información da páxina 6. Despois copia e responde no teu caderno estas cuestións:a.- Busca información e redacta unha breve biografía sobre Mahoma. Despois elabora un eixe cronolóxico coas datas e feitos
principais da súa vida.b.- Define os seguintes conceptos: Alá - Islam - Héxira - musulmán - Corán - califa.c.- Que división sufriu o Islam á morte de Mahoma?
2º ESO - Tema 1 - páx. 6
N 10.- Le a información da páxina 7. Despois copia e responde no teu caderno estas cuestións:a.- Que obrigas e prohibicións impón o Islam aos crentes?b.- Define: imán / ulema / cadí.c.- Completa o seguinte cadro sobre a estrutura dunha mesquita [fai esta actividade na ficha]:
Partes Consiste en / serve para...
Minarete (alminar)
Patio (shan)
Fonte (sabil)
Sala de oracións
Quibla
Mihrab
Mimbar
2.- A expansión do Islam.
� Tras a morte de Mahoma, os musulmáns formaron un gran imperio. Os factores que o permitiron foron:T O impulso da súa fe: nun principio os musulmáns tiñan a obriga de defender a súa relixión e de estendela por medio da yihad ou guerra santa.
Esta obriga hoxe en día só é apoiada polos grupos máis extremistas.T A organización dun poderoso exército no que a cabalería desempeñou un papel esencial.T O desexo de conseguir botíns de guerra.T A debilidade interna dos seus adversarios.
� Na expansión musulmá pódense diferenciar tres etapas básicas [apóiate no mapa da páxina 8]:
C Califato ortodoxo (632-661). Durante esta etapa, os sucesores de Mahoma foron elixidos entre os seus familiares e amigos; residiron en Medina,adoptaron o título de califas, e concentraron o poder político e relixioso. Os catro califas ortodoxos estenderon o imperio cara ao Norte (Palestina,Siria, Iraq, Armenia), cara ao Oeste (Exipto, Libia) e cara ao Leste (Persia).
C Califato omeia (661-750). Nesta etapa accedeu ao poder a familia dos Omeias, que implantou a sucesión hereditaria e trasladou a capital do califatoa Damasco (Siria). Os Omeias estenderon o imperio polo norte de África cara ao Oeste (o Magreb), conquistaron a Península Ibérica e penetraronen Francia; alí foron derrotados polos francos na batalla de Poitiers (732), polo que retrocederon ata o sur dos Pirineos. Cara ao Leste o imperiochegou ata o val do río Indo e o Turquestán. Polo Norte atacaron Constantinopla, capital do imperio bizantino, pero foron derrotados no ano 718.En resumo, a mediados do século VIII, o imperio islámico chegaba desde a Península Ibérica ata o río Indo.
C Califato abasí: no ano 750 unha rebelión aniquilou a dinastía omeia; a partir de entón o poder do imperio musulmán recaeu na dinastía Abasí, quetrasladou a capital a Bagdad. Nesta etapa cesou a expansión militar e o imperio disgregouse en diversos califatos (Córdoba, Exipto...).
� A máxima autoridade deste vasto imperio era o califa; a administración organizábase en ministerios (diwan) como os do exército, facenda, correos...dirixidos por un visir, persoa de confianza do califa. O imperio dividíase en provincias, cada unha das cales estaba gobernada por un emir ou valí.
N 11.- Le os apartados 2.3 e 2.4 da páxina 9. Despois copia e responde no teu caderno estas preguntas:a.- A que outros lugares fóra do imperio islámico se propagou o Islam?b.- Como trataban os musulmáns os habitantes das terras conquistadas?
3.- O Islam na Península Ibérica: al-Ándalus.
N 12.- Le detidamente as páxinas 10 e 11 do libro. Despois copia e responde no teu caderno estas cuestións:a.- Cando se iniciou a conquista musulmá da Península? Quen a protagonizou? Por que foi tan rápida?b.- Le o doc. Pactos entre visigodos e musulmáns da páxina 10. Despois responde a pregunta formulada.c.- Como organizaron os musulmáns o territorio conquistado?d.- Quen foi Abd al-Rahmán I? Que decisións adoptou?e.- Que feitos se produciron durante o Emirato Independente?
4.- Do Califato de Córdoba aos reinos de taifas.
N 13.- Le detidamente as páxinas 12 e 13 do libro. Despois copia e responde no teu caderno estas preguntas:a.- Cal era a situación de al-Ándalus cando accedeu ao poder Abd al-Rahmán III?b.- Que cambios introduciu este emir?c.- Por que se di que o Califato de Córdoba foi a época de máximo esplendor de al-Ándalus?d.- Que foron os reinos de taifas? Que pobos musulmáns viñeron na súa axuda?e.- Cal foi o único que resistiu o avance dos reinos cristiáns? Por que razóns?
2º ESO - Tema 1 - páx. 7
N 14.- Coa axuda do eixe cronolóxico da páxina 5 e dos apartados 3 e 4 que acabas de estudar, completa este cadro:
Evolución histórica de al-Ándalus
Etapas Desde... ata...
Emirato dependente de Damasco
Emirato independente
Califato de Córdoba
Reinos de taifas
Reino nazarí de Granada
5.- Economía e sociedade andalusís.
N 15.- Le detidamente as páxinas 14 e 15 do libro. Despois copia e responde no teu caderno estas preguntas:a.- Por que se di que a economía andalusí era unha economía urbana?b.- En que actividade económica traballaba máis poboación? Que cambios introduciron os musulmáns nela?c.- Que outras actividades económicas se desenvolveron en al-Ándalus?d.- Completa o seguinte cadro esquemático sobre a sociedade andalusí:
Grupos Trazos básicos
Musulmáns
Nonmusulmáns
N 16.- Observa o debuxo dunha cidade hispano-musulmá da páxina 15. Describe o seu aspecto, identifica as construcións principais eindica a súa función
6.- Cultura e arte islámicas.
N 17.- Le detidamente as páxinas 16 e 17 do libro. Despois copia e responde no teu caderno as seguintes cuestións:a.- Cales foron as principais achegas culturais da civilización islámica?b.- Cal é o trazo máis importante da arte islámica?c.- Cal foi a manifestación artística predominante? Por que?d.- Cales son os elementos máis característicos da arquitectura andalusí.