ibrolit series info web

12
Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology iBroLiT Berlin: Frank & Timme Colección editada por / Series edited by Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez Montes, Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo/Universität Heidelberg) Editora de honra / Honorary editor Camiño Noia Campos (Universidade de Vigo) Consello Editorial / Advisory Board Silvia Bermúdez (University of California, Santa Barbara) Ana Paula Ferreira (University of Minnesota) Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense) Ria Lemaire Mertens (Université de Poitiers) Inocência Mata (Universidade de Lisboa) Lênia Márcia Mongelli (Universidade de São Paulo) Cláudia Pazos Alonso (University of Oxford) John Rutherford (University of Oxford) Kathrin Sartingen (Universität Wien) Fernando Venâncio (Universiteit van Amsterdam) Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas) Michaela Wolf (Universität Graz) http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit- estudos-iberorromanicos-de-literatura-e-tradutoloxia.html http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

Upload: burghard-baltrusch

Post on 31-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

The iBroLiT (Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology) academic collection intends to provide a platform for the research community in the fields of Galician literature, Portuguese literature and translatology, for the publication of high-quality scholarly works. http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

TRANSCRIPT

Page 1: Ibrolit series info web

Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology

iBroLiT

Berlin: Frank & Timme

Colección editada por / Series edited by

Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez Montes,

Gabriel Pérez Durán (Universidade de Vigo/Universität Heidelberg)

Editora de honra / Honorary editor

Camiño Noia Campos (Universidade de Vigo)

Consello Editorial / Advisory Board

Silvia Bermúdez (University of California, Santa Barbara)

Ana Paula Ferreira (University of Minnesota)

Susana Kampff Lages (Universidade Federal Fluminense)

Ria Lemaire Mertens (Université de Poitiers)

Inocência Mata (Universidade de Lisboa)

Lênia Márcia Mongelli (Universidade de São Paulo)

Cláudia Pazos Alonso (University of Oxford)

John Rutherford (University of Oxford)

Kathrin Sartingen (Universität Wien)

Fernando Venâncio (Universiteit van Amsterdam)

Yara Frateschi Vieira (Universidade de Campinas)

Michaela Wolf (Universität Graz)

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html

Page 2: Ibrolit series info web

INFORMATION IN ENGLISH

The Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology (iBroLiT) is a peer reviewed book series founded by the GAELT research group at the University of Vigo (http://gaelt-vigo.blogspot.com). The series aims to stimulate research in Ibero-Romance cultures and literatures. It is located at the methodological crossroads between literary and translation studies among other (sub)disciplines. The aim of this transdisciplinary conception is to approach and encompass the many different forms and manifestations of Ibero-Romance cultural phenomena, with a special focus on Galician and Lusophone studies, as well as related gender and translatological aspects.

The iBroLiT series seeks to revisit and expand the current boundaries of literary and translation studies by providing a forum for exploring new theoretical and methodological frameworks — or testing existing frameworks — in a variety of epistemological, social, cultural, historical, scientific, technological or pedagogical contexts. Each volume aims to represent an original scholarly endeavour – whether in the form of a monograph, a collective volume, a critical edition, a reference work or a postgraduate textbook.

The subseries of Contemporary Literature Studies (LiCo), the Medieval Studies (MedS) and the Translatology Studies (TranS) are specific publication channels within the iBroLiT collection, which serve as a forum for the research community in Ibero-Romance literature and translatology. They aspire to unveil new trends in research, publicize new research methods, make critical editions and anthologies available, promote young scholars’ work, and reissue studies in Galician and Lusophone literature which are either difficult to access or are no longer in print.

The iBroLit series welcomes submissions in English, French, Galician, German, Portuguese or Spanish. Book proposals, preferably structured in accordance with our ‘Editorial Guidelines’, can be sent to the acquisition editor, Dr. Teresa Bermúdez Montes ([email protected]). They will then be submitted to a peer review process.

Main subjects and subseries of iBroLiT:

1. Studies in Contemporary Literature (LiCo) This subseries encompasses all Ibero-Romance literature from the modern era, with a special focus on Galician and Lusophone literature. Priority will be given to studies that draw on systematic, transcultural, or comparative literature theories; including minority and emerging literature and in particular their link to popular culture, as well as gender studies, while maintaining the perspective of current methodologies.

Page 3: Ibrolit series info web

2. Medieval Studies (MedS) This subseries is dedicated to medieval Galician and Portuguese literature. It will provide a space for studies on text editing, including aspects of both textual (or lower) criticism and hermeneutic criticism, along with their subsequent interpretations. It will also accept studies on rhetoric, poetry, medieval literary history, translation, and relations with other literatures and arts.

3. Translatology Studies (TranS)

The TranS series will feature translatology studies in the field of Ibero-Romance literature and culture. Priority will be given to thematic lines relating to translation theory, literary translation, translation and gender, cultural translation or translation criticism.

INFORMACIÓN EN GALEGO Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía (iBroLiT) é unha colección creada polo Grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo (http://gaelt-vigo.blogspot.com), dentro dos estándares da revisión por pares. O seu obxectivo principal é estimular a investigación no eido dos estudos literarios iberorrománicos, dos estudos de tradución e da intersección entre ambos, xunto con outras (sub)disciplinas. A súa concepción transdisciplinar tenta aproximar e comprender as diferentes formas e manifestacións de fenómenos culturais iberorrománicos, con especial atención ao galego, a Lusofonía e os estudos de tradución.

A colección iBroLiT nace coa vontade de contribuír a revisar e ampliar as fronteiras actuais dos estudos literarios e tradutolóxicos. Para isto, concíbese como un foro capaz de explorar novos marcos teóricos e metodolóxicos nos diversos contextos epistemolóxicos, sociais, culturais, históricos, científicos, tecnolóxicos ou pedagóxicos, ou ben pór a proba os marcos xa existentes.

Froito da vocación por impulsar novas perspectivas e da concepción transdisciplinar, xorde o compromiso coa promoción de novas tendencias en investigación, coa difusión de novos métodos de abordaxe epistemolóxica, coa posta á disposición da comunidade científica de edicións críticas e —nomeadamente no caso dos estudos literarios galegos e lusófonos— de documentos inéditos ou de difícil acceso, procurando asemade dar cabida ao traballo dos novos investigadores.

Page 4: Ibrolit series info web

Estudos de Literatura Contemporánea (LiCo), Estudos Medievais (MedS) e Estudos de Tradutoloxía (TranS) son as tres subseries mediante as cales se artella iBroLiT. A través destas tres canles específicas, a colección pretende constituír un punto de encontro da comunidade investigadora no campo da literatura iberorrománica e da tradutoloxía. Así, cada volume materializa un esforzo orixinal, xa sexa en forma de monografía, de volume colectivo, de edición crítica, de antoloxía, de obra de referencia ou de libro de texto destinado ao posgrao.

A colección está aberta a propostas de libros en inglés, francés, galego, alemán, portugués e español. Preferiblemente, estas deberán estruturarse segundo as nosas “Normas de edición” e serán sometidas a un proceso de revisión por pares. As propostas enviaranse á responsable da coordinación editorial, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]).

Liñas temáticas e subseries da colección iBroLiT:

4. Estudos de Literatura Contemporánea (LiCo) Esta subserie abrangue toda a literatura iberorrománica desde a modernidade, dedicando unha atención especial á literatura galega e á lusófona en xeral. Priorizaranse estudos elaborados desde as teorías sistémicas, transculturais ou de literatura comparada, así como aqueles que atendan as literaturas minorizadas e emerxentes, os seus repertorios (especialmente vinculados á popular) e os estudos de xénero, sempre sob o prisma de metodoloxías actuais.

5. Estudos Medievais (MedS) Nesta subserie, dedicada á literatura medieval galega e portuguesa, teñen cabida traballos de edición de textos, tanto na vertente ecdótica e de crítica textual como na faceta hermenéutica e de interpretación dos seus significados. Tamén acolle estudos de retórica, poética e historia da literatura medieval e sobre as traducións e as relacións con outras literaturas e outras artes.

6. Estudos de Tradutoloxía (TranS)

En TranS, acolleranse estudos tradutolóxicos que parten do ámbito literario ou cultural iberorrománico. Concederase prioridade a liñas temáticas relacionadas coa teoría da tradución, a tradución literária, con tradución e xénero, a tradución cultural ou a crítica da tradución.

Page 5: Ibrolit series info web

Published volumes / Volumes publicados

LiCo - Contemporary Literature Studies / Estudos de Literatura Contemporánea

Vol. 1: Burghard Baltrusch (ed.), Lupe Gómez: libre e estranxeira. Estudos e traducións. 2013. ISBN: 978-3-86596-464-9.

Vol. 2: Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. 2013. ISBN 978-3-86596-493-9.

Vol. 3: Anxo Angueira: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento. 2013. ISBN 978-3-86596-494-6.

Vol. 4: Burghard Baltrusch (ed.): “O que transformou é a necessidade e não a utopia” - Estudos sobre Utopia e Ficção em José Saramago. 2014. ISBN 978-3-86596-496-0.

Forthcoming volumes / Volumes no prelo (2014-2015)

Subserie MedS

Vol. I: X. Bieito Arias Freixedo: Per força de foder. O sexo nas cantigas de escarnio galego-portuguesas.

Subserie LiCo

Vol. V: Manuela Palacios González: Us & Them: Women Writers' Discourses on Foreignness in Irish and Galician Literature.

Vol. VI: Ana Acuña (ed.): Letras nómades. Experiencias da mobilidade feminina na literatura galega.

Vol. VII: Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna: Presenças e novas representações do corpo e da mulher: uma (re)visão na obra de Maria Teresa Horta. ISBN 978-3-86596-495-3.

Vol. VIII: Teresa Bermúdez Montes & Mônica Heloane Carvalho de Sant’Anna (eds.): Letras escarlate. A representación da menstruación e do corpo feminino na literatura contemporánea.

Page 6: Ibrolit series info web

iBroLiT COLLECTION PUBLISHING PROTOCOL Preliminary considerations The iBroLiT (Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology) academic collection intends to provide a platform for the research community in the fields of Galician literature, Portuguese literature and translatology, for the publication of high-quality scholarly works. These works undergo a rigorous selection process and are individually peer reviewed with the specialization that each case requires. Prerequisites 1. The editorial board will revise all manuscripts that are submitted for publication in the iBroLiT collection. The board will initially assess each manuscript’s relevance to the thematic lines of one of the three subseries (LiCo, MedS, TranS), as well as its academic quality. They will consider the relevance and novelty of the research, the originality of the methodological perspective, the quality of the contribution, and the bibliography’s contemporary relevance. 2. Manuscripts submitted for publication should be a previously unpublished work based on research of national or international relevance in the author’s field of expertise, or a collective volume with one or more coordinators. 3. Manuscripts must be sent to the members of the collection’s editorial board (Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez Montes and Gabriel Pérez Durán; [email protected]). They must be completely finished, with an introduction and conclusion in the case of a monograph or an introduction in the case of a collective volume, accompanied by a detailed index by theme and by name. 4. They must include the required summaries, as specified in the collection’s ‘Guidelines for book proposals’ i.e. a brief summary of 600 words and an extensive summary of 4000 words. These should be in the original language, and they will subsequently be translated into English. 5. The manuscript should conform in so far as possible to the iBroLiT collection’s established technical guidelines (for details see http://gaelt-vigo.blogspot.com).

Page 7: Ibrolit series info web

Editorial process The editorial process for a volume within any one of the series in the iBroLiT collection consists of the following stages:

1. Project presentation and project acceptance protocol Authors interested in submitting an academic book for publication in the iBroLiT collection should present their project to the editorial board in electronic format (.doc, .odt). This project should include an index or a structural outline of the volume, a summary of the book or the book’s chapters in the case of a collective volume, and an excerpt of the content that would allow for an initial assessment of the proposal’s interest, relevance and innovation. Following this initial revision, the suitability or otherwise of the proposal is evaluated within the framework of the collection’s aims and the GAELT group’s interests, and those responsible for the project are informed of the decision. 2. Submission of the finished manuscript to the editors Once a project has been accepted for publication, authors or volume coordinators will submit a complete and finished version of their project in electronic format (.doc or .odt) in accordance with the established editorial guidelines. The original text is thoroughly revised by the editorial board and will then be sent for external evaluation by specialists in the given subject field (double blind/peer review). This conforms to the acceptance protocol framework and serves to ensure that the project meets the currently established quality criteria. These specialists will report back on the material’s suitability through a form provided by GAELT. The length of the revision period varies depending on each case, but it can last up to six months. If major corrections are required (sentences, paragraphs, bibliography problems etc.), the text will be returned to allow the author or coordinator to address these matters. The editorial board will work with the author or coordinator to resolve any issues.

Page 8: Ibrolit series info web

Minor errors will be corrected by the editorial board before moving on to the next stage where the text is sent for layout design. 3. Text is sent for layout design Following the revision process, the text will be sent to the layout designer who will prepare a draft version. The editorial board will forward this version to the book’s author or coordinator in order to make any necessary corrections. Any corrections that are made at this stage must be within the layout limits, thus it is not possible to add extensive passages. Any modifications after the layout process must therefore be minimal. 4. Submission to publisher Following the layout revision, the editorial board will send the definitive text to the publisher, Frank & Timme (Berlin, Germany). The publisher, Frank & Timme, is responsible for adding the cover design and the title credits to the volumes in the iBroLiT collection. It will also format the volumes according to its own corporate design, and that of the collection.

Other considerations The intellectual property rights of each book will be registered according to current legislation. The iBroLiT collection editorial board is neither responsible for their author’s opinions, nor their scientific judgement. Any situation that is not stipulated in these terms and conditions will be resolved by the editorial board. Publication proposals should be sent to the acquisition editor, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]).

Page 9: Ibrolit series info web

PROTOCOLO DE PUBLICACIÓN DA COLECCIÓN iBroLiT Consideración preliminar A colección académica iBroLiT (Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía) pretende ofrecer á comunidade investigadora no ámbito da literatura galega, da literatura en lingua portuguesa e da tradutoloxía unha plataforma para a publicación de traballos académicos de calidade, que serán sometidos a un rigoroso proceso de selección con avaliación por pares, coa especialización que requira cada caso. Condicións previas 1. Os manuscritos que se presenten para seren publicados na colección IbroliT pasarán, en todos os casos, a supervisión do comité editorial (Editorial Board) da colección. Este valorará inicialmente a súa adaptación ás liñas da colección, nalgún dos seus tres ámbitos (LiCo, LitMed, TranS), así como a súa calidade científica. Teranse en conta a pertinencia e a novidade da investigación, a orixinalidade da súa perspectiva metodolóxica, a calidade da achega presentada e a actualidade das fontes bibliográficas. 2. O obxecto de publicación será un manuscrito inédito, produto dun traballo de investigación de impacto nacional ou internacional, nas áreas de competencia da autora/a, ou ben un volume colectivo coordinado por unha ou varias persoas. 3. O manuscrito deberá ser entregado aos membros do comité editorial (Burghard Baltrusch, Teresa Bermúdez Montes e Gabriel Pérez Durán; [email protected]) da colección completamente rematado, con introdución e conclusión (no caso das monografías) e introdución (no caso de volumes colectivos), índice analítico (temático e onomástico). 4. Deberán incluírse os resumos consignados nas “Normas de edición” da colección (resumo breve e resumo extenso, de 600 e de 4.000 palabras) na lingua orixinal que serán traducidos ao inglés. 5. En calquera caso, o manuscrito deberá aproximarse o máis posible ás normas técnicas establecidas da colección iBroLiT (cf. http://gaelt-vigo.blogspot.com).

Page 10: Ibrolit series info web

Proceso de edición O proceso de edición dun volume en calquera das series da colección iBroLiT consta das etapas seguintes:

1. Presentación do proxecto e protocolo de aceptación de proxectos As autoras/es interesadas/os en someter a publicación dun libro académico na colección iBroLiT presentarán un proxecto ao comité editorial. Neste proxecto en formato electrónico (.doc, .odt) figurarán un índice ou esquema da estrutura do volume, un resumo do libro (ou dos capítulos de libro, de tratarse dun volume colectivo) e un fragmento do contido, que permitan avaliar inicialmente o interese, achega á área de investigación e innovación da proposta. Revisada esa proposta inicial, avaliarase a conveniencia ou non da súa publicación, no marco dos obxectivos da colección e dos intereses do grupo GAELT, e informarase desta decisión á(s) persoa(s) responsable(s) do proxecto. 2. Entrega do orixinal rematado ao grupo de editores Unha vez comunicada a aceptación do proxecto de publicación, as/os autoras/es ou coordinadoras/es responsables do volume entregarán unha versión completa e rematada deste en formato dixital (.doc ou .odt), acorde coas normas de edición establecidas. O comité editorial da colección revisará a fondo todo o texto. Finalizado ese proceso de lectura, enviarase o orixinal a avaliadores externos relevantes na súa especialidade para a súa avaliación (dobre cego / peer review), no marco dun protocolo de aceptación de orixinais que garanta o cumprimento dos criterios de calidade establecidos na actualidade. Estas/es especialistas informarán sobre a idoneidade científica do contido e reflectirán o seu ditame no formulario proporcionado pola colección. Segundo os casos, o prazo de revisión de orixinais pode durar ata seis meses. De seren precisas correccións importantes (frases, parágrafos, problemas coa bibliografía, etc.), o texto será enviado de volta ao autor/a ou coordinador/a para que dea resposta ás demandas. Os membros do comité editorial traballarán e debaterán as opcións co(a) autor/a ou coordinador/a.

Page 11: Ibrolit series info web

De haber erratas leves, estas serán corrixidas polo comité editorial antes de pasar á seguinte fase do proceso (envío do texto a maquetación).

3. Envío do orixinal a maquetación Superada a fase anterior, faráselle chegar o texto á maquetadora, quen preparará unha versión previa. Esta versión será enviada aos membros do comité editorial quen, á súa vez, a farán chegar á(s) persoa(s) responsable(s) do libro (autoría, coordinación) para que se efectúen as consideracións e correccións oportunas. En calquera caso, estas correccións deberán ser realizadas dentro do límite da maqueta, de xeito que non poden ser engadidos fragmentos extensos. Xa que logo, as modificacións que se fagan a posteriori da entrada do volume no proceso de maquetación serán necesariamente mínimas. 4. Envío á editorial Unha vez rematada a fase anterior, o texto definitivo xa maquetado será enviado polo comité editorial á editorial Frank & Timme (Berlín, Alemaña). É a editora Frank & Timme a responsable de introducir a portada e os títulos de crédito dos volumes da colección iBroLiT, así como de introducir os formatos acordes coa imaxe corporativa da editora e da colección.

Outras consideracións A propiedade intelectual do libro será rexistrada segundo o establecido na lexislación vixente. O comité editorial da colección iBroLiT non se responsabiliza das opinións das/os autoras/es nin dos seus xuízos científicos. Calquera situación non estipulada nestas bases será dirimida polo comité editorial. As propostas de publicación enviaranse á responsable da coordinación editorial, Teresa Bermúdez Montes ([email protected]).

Page 12: Ibrolit series info web

iBroLiT

Estudos Iberorrománicos de Literatura e Tradutoloxía

Ibero-Romance Studies in Literature and Translatology

Berlin: Frank & Timme

Published volumes / Volumes publicados

Vol. 1: Burghard Baltrusch (ed.), Lupe Gómez: libre e estranxeira. Estudos e traducións.2013. ISBN: 978-3-86596-464-9.

Vol. 2: Manuel Forcadela: Dama Saudade e o Cabaleiro Sombra. As relacións entre o imaxinario literario e o imaxinario nacional na literatura galega contemporánea. 2013. ISBN 978-3-86596-493-9.

Vol. 3: Anxo Angueira: Das copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova periodización do Rexurdimento. 2013. ISBN 978-3-86596-494-6.

Vol. 4: Burghard Baltrusch (ed.): “O que transformou é a necessidade e não a utopia” - Estudos sobre Utopia e Ficção em José Saramago. 2014. ISBN 978-3-86596-496-0.

http://www.frank-timme.de/verlag/verlagsprogramm/literaturwissenschaft/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de-literatura-e-tradutoloxia.html

http://gaelt-uvigo.blogspot.com.es/p/ibrolit-estudos-iberorromanicos-de.html