impresión de fax de página completa - cocina gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos...

11

Upload: others

Post on 28-Feb-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita
Page 2: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Esencia de auga, alma de pedra www.concellodecotobade.org

Con motivo da III edición da Festa do Petote, os establecementos hosteleiros e o Concello de Cotobade, ofertan actividades para o fin de semana no que se pode desfrutar dos recursos turísticos do Concello.

O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km. A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar. Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón.

Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais. Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo. O monte Coirego con 792 m de altura, separa as concas do río Lérez e do Verdugo. Por outra banda están as " Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe aos ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante.

Poden realizarse diferentes rutas de senderismo para coñecer mellor os enclaves paixasísticos e monumentais do Concello. Podense ter mais información das rutas na páxina web do Concello de Cotobade, aquí soamente as sinalamos:

- A Via Escondia - Sendeiro de San Xusto - Sendeiro do Foxo do Lobo - Ruta/s de Santa Maria de Sacos - Ruta das Coutadas - Roteiro do Sabugueiro - Roteiro das Buratas - Ruta dos Tres Vales - Sendeiro do Castro de Famelga.

Tamen poden disfrutar do entorno en bicicleta na área recreativa de Pozo Negro (ao lado do Campo de Fútbol de As Extremas) ou realizando algunha das rutas BTT do Concello:

- Carballedo - Tenorio - Viascón - Caroi

Page 3: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Esencia de auga, alma de pedra www.concellodecotobade.org

Os visitantes poderán acercarse a Casa da Gaita que este fin de semana terá aberto de 16:00 a 20:00 o sábado e de 10:00 a 13:00 o domingo. Situada en Viascón, Concello de Cotobade, a Casa da Gaita será un dos lugares de referencia para a música tradicional galega. Conscientes de todo o que representa o lugar de Viascón na historia recente do noso instrumento nacional o Concello de Cotobade e Terras de Pontevedra, xunto con outras entidades, apoiaron a creación da Casa da Gaita. Un edificio xestionado pola AGG (Asociación de Gaiteiros Galegos) que está adicado á gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita acolle unha colección de instrumentos na que ademais de gaitas antigas, aparecen outros instrumentos musicais que acompañaron a gaita de fol: tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas.

Tamén acharedes información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia. Esta colección tamén conta cunha exposición de mais de trinta fotografías antigas relacionadas coa gaita e os gaiteiros, así como os recursos multimedia que permitirán achegarse á historia e construcción de todos os instrumentos musicais galegos. Os visitantes coñecerán, tamén diversos aspectos da vida de Ricardo Portela, Presidente Fundador e Presidente de Honra da

Asociación de Gaiteiros Galegos, e tamén referente indiscutíbel dos músicos tradicionais galegos. A maiores desta exposición permanente, organizaranse actividades vencelladas coa música e a cultura tradicional durante todo o ano.

Na noite do sábado poderán ver as estrelas mais de cerca a partir das 21:00 no observatorio astronómico de Cotobade, que está aberto para a ocasión.

Esperamos que as ofertas e actividades sexan do agrado dos nosos visitantes.

Page 4: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

OBSERVATORIO ASTRONÓMICO DE COTOBADE

Lugar da PozaMonte Coirego

Carballedo­Cotobade

Actividades de divulgación da Astronomía 

Podes contactar con nos en:

[email protected]

www.asociacionsirio.org

Por teléfono, no: 679802452

Ou ben por correo ordinario a:

Asociación Astronómica Sirio Germán Adrio, 4 7º E

36003 PONTEVEDRA ou

Asociación Astronómica Sirio Observatorio de Cotobade

36856 COTOBADE

Foto: Sergio Portela

Foto: Pedro Buján

Page 5: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

O OBSERVATORIO

O OAC foi promovido pola

Asociación Cultural e

Medioambiental Cañón de Pau,

coa colaboración da Asociación

Astronómica Sirio, e da

Comunidade de Montes de

Carballedo, que cedeu o uso do

terreo.

Contou con financiamento da

Consellería de Industria de

Xunta de Galicia

Os seus obxectivos son

fomentar a Astronomía

afeccionada e a divulgación da

Astronomía e a ciencia en xeral.

POSIBILIDADES DE USO

• Participación nas actividades publicas organizadas polo Observatorio

• A nivel de organismos e asociaciones, contactar con nos para organizar actividades, tanto no Observatorio como en calquer outro lugar.

• Os astrónomos afeccionados poden contactar con nos para visitar e utilizar o Observatorio

• A nivel individual, ou de grupo de amigos, contactar con nos e compartir algunha sesión de observación.

• Se algún acaba afeccionándose á Astronomía, tamén pode facerse socio da nosa Asociación Astronómica, e participar das nosas actividades

ACTIVIDADES QUE FACEMOS

• Sesións guiadas de observación astronómica.

• Charlas e conferencias sobre o ceo que se pode ver nesa época.

• Charlas e conferencias sobre outros aspectos da Astronomía.

• Obradoiros prácticos de manexo de telescopios, de reloxios de sol, de instrumentos astronómicos, de software astronómico etc.

• Outras actividades de divulgación da Astronomía

Fotos: Ángel Valverde

Page 6: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 676 484 567 [email protected]

HABITACIÓN CON ALMORZO 40

Augasantas Cotobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

Ofrece 6 Habitación dobres e 1 habitación especial con cama de matrimonio e dous nenos con baño, tv en sala e pista de padel.

HABITACIÓN ESPECIAL CON ALMORZO 60

Page 7: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 661 190427

HABITACIÓN E ALMORZO 40

Loureiro

Co-tobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

Ofrece 4 habi-tacións dobres con baño. Posi-bilidade de cea. Minimo 6 per-soas

Page 8: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 986762194 [email protected]

HABITACIÓN E ALMORZO POR PERSOA 18

Santa María de Sacos Cotobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

Ofrece 10 ha-bitacións do-bres e unha triple con baño e tv. Cea ca-seira por 18 .

Page 9: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 986 764528

HABITACIÓN DOBRE E ALMORZO 30

Viascón

Co-tobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

Ofrece 14 habi-tacións dobres con baño, tv e wifi. Posibilida-de de contratar apartamentos.

Page 10: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 986 760 018

HABITACIÓN DOBRE, ALMORZO E DETALLE DE BENVIDA

45

Loureiro

Co-tobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

,2 habitaciones dobres con bañera de hidromasaxe. 6 habitaciones dobres con baño normal. 5 supletorias. 3 cunas, tv e wifi gratuito. Servizos de masaxe , an-tiestres..

HABITACIÓN CON BAÑEIRA DE HIDROMA-SAXE, ALMORZO E DETALLE DE BENVIDA

55

Page 11: Impresión de fax de página completa - Cocina Gallega...gaita de fol, a súa historia, e a un dos grandes gaiteiros mais representativos de Galiza: Ricardo Portela. A casa da Gaita

Espacio par a el mensaje. Para causar un mayor impacto, escriba dos o tres frases.

Reservas: 986 760 018

HABITACIÓN, CEA E ALMORZO 40

Carballedo

Cotobade

Sábado 04 de febreiro de 2012

Ofrece 2 habi-tacións dobres e 2 habitacións de matrimonio con baño, tv e internet