lectura e compresión do conto "·o acomodador", de m. suárez
TRANSCRIPT
LECTURA E COMPRENSIÓN DO TEXTO: “O acomodador” de Marcial Suárez
JESÚS AMBOAGE GARCÍA
1. ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN INICIAL.-
Primeiramente falamos na aula sobre a súa relación actual co cine, a frecuencia coa que
acoden a el e lembranzas positivas e negativas das súas experiencias nas salas de cine.
Tamén falamos sobre ese antigo cine de Pontecesures, onde está situado, como era, se
ouviran falar aos seus familiares sobre el, como se imaxinan que era...
O obxectivo final da lectura é que nos proporcione ideas para entrevistar ao
acomodador xubilado de Pontecesures, polo que deben intentar comprender ben todo o
contido do texto.
2. CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL SOBRE DIFICULTADES
INTRÍNSECAS AO TEXTO (ANEXO II):
Formúlolles algunhas cuestións sobre vocabulario, norma léxica, coñecementos sobre a
estrutura dun texto narrativo e sobre a época , o lugar e os feitos que se narran, sen
axudarlles nas respostas nin ofrecerlles estratexias para que eles as resolvesen
autonomamente.
3. LECTURA INDIVIDUAL EN SILENCIO DO TEXTO E RESPOSTA
INDIVIDUAL E SEN AXUDA DO PROFESOR AO CUESTIONARIO DE
COMPRENSIÓN LECTORA (ANEXO IV)
4. LECTURA EN ALTO POR PARTE DO PROFESOR E EXPLICACIÓN
DALGUNHAS ESTRATEXIAS QUE LLES PODEN AXUDAR A COMPRENDER
UN TEXTO NARRATIVO. REVISIÓN DAS SÚAS PROPIAS RESPOSTAS
(ANEXO V).
Propóñolles que revisen con outra cor as respostas que eles mesmos puxeron.
Reflexionamos sobre algúns elementos centrais da historia, non só do argumento senón
tamén do tempo, perspectiva narrativa, temas...
5. CORRECCIÓN ENTRE TODOS DO CUESTIONARIO.
Avaliación por parte miña dos resultados.
6. PROPOSTA DE TRANSCODIFICACIÓN: DA LECTURA Á ESCRITURA:
Consiste na segunda parte da miña avaliación. Trátase de saber en que medida o
alumnado pode aplicar o que comprendeu da lectura na creación dun texto propio doutra
natureza. Propóñolles que redacten un epitafio para o proganista, o acomodador-
enterrador Macabeu, coma se quen o redactase fose o narrador da historia, recollendo os
seus sentimentos.
Posteriormente propóñolles que seguindo o que lles aportou a lectura, pensen o
cuestionario que elaborarían eles/as para entrevistar ao acomodador xubilado de
Pontecesures.
ANEXO I: CUESTIONARIO DE AVALIACIÓN INICIAL
NOME E APELIDOS:
1. Nos anos previos á educación primaria, era habitual que teus pais che lesen contos,
poemas ou outros textos infantís?
a) Case todos os días
b) Con certa frecuencia
c) Case nunca
d) Nunca
2. Dirías que existe hábito de lectura no teu ámbito familiar máis próximo?
a) Moito en todos os membros.
b) Moito en algún membro.
c) Algo en todos os membros.
d) Algo en algún membro.
e) Nada
3. Dende que aprendiches a ler na escola, les pola túa conta libros, xornais ou revistas
non obrigados polo profesorado?
a) Cando estaba en primaria si, pero agora non.
b) En primaria non, pero agora si, con frecuencia.
c) En primaria non, pero agora de vez en cando.
d) Nunca.
4. No caso de que leas pola túa conta, que tipo de lecturas son da túa preferencia? Podes
marcar varias opcións:
a) Novela ou conto
b) Poesía.
c) Textos de carácter científico (bioloxía, historia, física, tecnoloxía...)
d) Xornais
e) Prensa deportiva
f) Outro tipo de revistas (sinalar cales)
g) Textos de internet (blog, wikipedia....)
5. Das lecturas obrigadas dende a escola, houbo algunhas que che resultaron
pracenteiras?
a) En xeral os textos que teño que estudar para a materia de..................
b) Algún que outro texto que teño que estudar na materia de......
c) En xeral as novelas ou contos da materia de galego/castelán
d) Algunha das novelas ou contos da materia de galego/castelán (indica algunha)
6. Anotacións do profesor:
ANEXO II: AVALIACIÓN INICIAL DE DIFICULTADES INTRÍNSECAS AO
TEXTO
NOME E APELIDOS:
DIFICULTADES CO CÓDIGO LINGÜÍSTICO:
1. Explica o significado de:
BUFARDA
REMORSO
RENQUEANTE
ARREO
GAIOTE
GUIZOS
GABÁN
MORNA
CICHADA
2. Que cres que indican as frases feitas:
FABAS CONTADAS
FACERLLE UNHA XUDIADA A ALGUÉN
HABER UNHA BABILONIA NUN LUGAR
3. Como poñerías estas palabras ou expresións en galego normativo?
UNHA IRMÁ DIL
DIRON AS SETE
TEÑO QUE ENCOMENZAR
SEN QUITARLLE A VISTA A NAIDES
DIFICULTADES COAS REFERENCIAS CULTURAIS LATENTES NO TEXTO
1. Sabes algo de Allariz?
2. A que se dedica o acomodador nun cine? E o operador?
3. Viches en foto ou en película algún cine antigo dunha vila galega ou española?
4. Como se anunciaban antigamente as películas nestas vilas?
5. Que tipo de narradores pode haber nun relato?
6. Saberías inventar un exemplo de "elipse" ou salto temporal nun relato?
7. Un texto narrativo pode incluír tamén descricións? Inventa algún exemplo.
8. Un texto narrativo pode incluír reflexións ou digresións do autor? Inventa algún
exemplo.
TEXTO: O acomodador, Marcial Suárez, ed. Diario 16, Vigo, 1992
ANEXO III:
ANEXO IV: CUESTIONARIO INICIAL DE COMPRENSIÓN
NOME E APELIDOS:
1. COMPRENDER O LIDO:
a) Indica se son verdadeiras ou falsas as seguintes afirmacións, razoando a resposta no
caso de seren falsas:
-O narrador do relato non interveu na historia que nos conta.
-Ao inicio o narrador expón como era o cine de Allariz cando era novo, non como era
cando escribiu o relato.
-A hora de entrada ao cine anunciábase cun timbrazo que duraba uns 10 minutos.
-Había dous tipos de entradas: as do galiñeiro, máis baratas, e as das butacas, máis
caras.
-Como o galiñeiro sempre se enchía, ao final mandaban xente para completar o patio de
butacas.
b) Por que un día tardou en comezar a función? Quen mandou que se retrasase?
c) Cal foi o castigo adoptado polo acomodador para o Arturo?
d) En que consistiu a trasnada que tramaron os rapaces para vingarse do acomodador?
e) Repetiuse máis veces este castigo con outros rapaces?
f) A que outros traballos se adicaba o acomodador?
2. ORGANIZAR A INFORMACIÓN:
a) Elabora un cadro-resumo no que distingas as partes nas que se pode dividir o
relato e os feitos que se contan en cada un deles:
PARTE Nº Dende…Ata… FEITO QUE SE CONTA (CADA UN NON PODE SUPERAR AS
DÚAS LIÑAS)
3. INTERPRETAR O CONTIDO:
1. Que relación ten a expresión “fabas contadas” coa distribución dos
espectadores no cine?
2. Por que cres que os mozos do galiñeiro se dirixen ao acomodador en castelán
sendo que falaban habitualmente en galego?
3. Como explicas a referencia á carreira espacial de Rusia e os Estados Unidos
para explicar a duración do timbrazo que anunciaba o inicio da proxección?
4. Por que razón cres que o operador esperou a que chegase o Ricardiño para
que comezase a proxección?
5. Cales cres que son as razóns de fondo de que os mozotes do galiñeiro
comezasen a berrar porque non comezaba a película?
6. Cres que as medidas adoptadas polo acomodador para que calasen ese día os
mozos deron resultado?
7. Con que cres que o pasaban mellor os rapaces, co que sucede no local do
cine ou coa película? Selecciona unha frase dita por eles que xustifique a túa
resposta.
8. Cita brevemente os dous temas ou mensaxes máis importantes que che
pareza que transmite o autor con este relato:
-
-
9. Polo que se desprende do final do relato, suliña cales eran os sentimentos
dos rapaces, e do narrador en especial, cara ao acomodador.
RESENTIMENTO ODIO PENA DESPREZO
MEDO CARIÑO
4. XULGAR O LIDO:
1. Consideras xusto que os rapaces se vingasen de Macabeu? Por que?
2. Cres que é importante que haxa orde e disciplina no cine? E na escola?
3. Cres que o castigo do profesorado ao alumnado é necesario e proveitoso?
Pode evitarse? De que maneira?
4. Que medidas cres que se deben adoptar para mellorar a convivencia nun
centro de ensino?
ANEXO V: ESTRATEXIAS QUE NOS PODEN AXUDAR A MELLORAR A
COMPRENSIÓN DO TEXTO
1. PARA A COMPRENSIÓN DO LIDO E PARA ORGANIZAR A
INFORMACIÓN.
-Fai unha lectura en silencio pausada.
-Se comprobaches que tes dificultades con algún vocabulario do texto, no caso
de que non teñas acceso a un dicionario, intenta sempre extraer o seu sentido
polo contexto. Tamén podes intentar lembrar palabras da mesma familia léxica
que che poidan axudar a supoñer o significado. En moitos casos, non
comprender palabras illadas non ten por que supor non entender o sentido global
da idea.
-Nun texto narrativo ten moita importancia decatarse cal é o narrador da historia
e que coñecemos todo o sucedido a través da súa visión.
-Fíxate tamén en que lugar e época transcorre a historia, intenta meterte nela
como un personaxe máis. Imaxina que tes que escenificar na clase o sucedido
con algúns compañeir@s máis. Como o farías?
-Nun texto narrativo a información do sucedido organízase de acordo a unha
secuencia temporal. Polo tanto tes que descubrir cal é a estrutura desa secuencia.
Para iso é moi importante que te fixes en cada inicio de parágrafo nos
indicadores temporais (adverbios de tempo, locucións adverbiais) e mais nos
tempos verbais. Suliña estas palabras e intenta pasalas a un esquema como o do
exemplo:
PARTE Nº INDICADOR
TEMPORAL
DENDE....ATA SUCESO OU CONTIDO DO FRAGMENTO
2 Un día... Un día.....coma
bestas!
O acomodador expulsa do cine a un dos mozos do
galiñeiro como castigo polo barullo que arman para
protestar pola tardanza na proxección da película
-No resumo dos sucesos intenta ser breve, aportando só os datos estritamente
necesarios para entender a historia.
-Repara en que nun texto narrativo soe haber partes máis descritivas (de espazos
ou personaxes), outras propiamente narrativas (onde sucede algo) e outras nas
que se fan reflexións ou digresións sobre o sucedido. Distíngueas ben no
esquema anterior.
2. PARA INTERPRETAR O TEXTO.
-Neste texto narrativo o suceso que se conta é autobiográfico: a perspectiva do
narrador e do autor coincide. Intenta revisar do esquema que fixeches antes que
apartados responden a unha reflexión do autor e cales a sucesos obxectivos.
-Nun relato sempre subxacen ideas de fondo sobre as que o autor/a nos fai
reflexionar. É o que se chama o tema e os motivos temáticos do relato. Para
descubrilos temos que ir máis alá do suceso e pensar por que ocorreu iso, que
consecuencias trouxo que ocorrese iso, que solucións aporta a un conflito, etc.
Os temas enúncianse con oracións breves aplicables a máis feitos que os que se
contan no relato que lemos e axúdannos a interpretar a fondo o texto. Algúns
exemplos son: "Os privilexios e as desigualdades sociais xeran conflitos", "A
nostalxia dos recordos fai que episodios conflitivos se tingan de tenrura"... Pensa
ti algún máis, facéndote máis preguntas sobre o que ocorre no relato.
3. PARA XULGAR O LIDO
-Nun cadro esquematiza o que para ti estivo mal e ben no comportamento dos
distintos personaxes:
ESTIVO BEN QUE... ESTIVO MAL QUE...
MOZOTES DO
GALIÑEIRO
MACABEU
OPERADOR
-Intenta extrapolar estes comportamentos a outras situacións distintas da vida,
como por exemplo ao que sucede na escola, no fogar familiar...comparando as
reaccións deses personaxes cos que ti ves na vida real e extrae conclusións.
4. FINALMENTE, PARA COMPROBAR QUE ENTENDICHES BEN O
CONTO, IMOS ESCRIBIR ALGO:
-Comezaremos por pensar que ti es o escritor deste conto e queres ter unha
lembranza para o Macabeu unha vez que morreu. Redacta o epitafio que recolla
os sentimentos que o autor tranmite na parte final da historia. Lembra que ten
que ser moi breve, unha liña aproximadamente.:
-E para rematar, o obxectivo de toda esta actividade. Sabedes que aínda vive a
persoa que se dedicou a acomodador do cine da vila durante moitos anos. Agora
xa é unha persoa retirada. Que preguntas lle fariades se vos concedese unha
entrevista? Aproveitade todos os coñecementos e reflexións que extraestes da
lectura.