lecturas para o ano novo

2
UN NOVO ANO CHEO DE AMOR, EMOCIÓNS, INTRIGA, POESÍA, AVENTURA… UN ANO CHEO DE LIBROS JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS FEMMES PLANTE Ledicia Costas Xerais Premio Lazarillo 2015 É unha obra ambientada no Vigo do século XIX. Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á cidade da ría que o inspirou para escribir un dos episodios de 20.000 leguas de viaxe submariña. A protagonista da obra é Violeta, unha adolescente intelixente e inconformista que vive cos seus avós nunha botica que agochan un sorprendente segredo ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA Ledicia Costas Álvarez Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015 Román Casas quería ser un auténtico chef. O Día de Defuntos recibiu un agasallo moi singular, un cadaleito con instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX. Para os máis peques TERRA CHÁ Manuel María Xerais Boa oportunidade para ler a Manuel María, próximo autor homenaxeado nas Letras Galegas 2016. Este é un dos seus poemarios máis emblemáticos. AVENTURAS DE ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS Lewis Carroll.Trad. Xavier Queipo. El patito editorial Alicia cumpre 150 anos. É unha das obras máis influentes da literatura universal. Unha historia máxica para nenos e maiores... DE REMATE Héctor Cajaraville Premio Xerais de Novela Construída a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, e con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais... FONTÁN. Marcos Calveiro Galaxia Prometedor relato sobre a figura dun home, Domingo Fontán, que loitou polo progreso nunha época na que a ciencia intentaba abrirse camiño pouco a pouco... AQUELES ANOS DO MONCHO Xosé Neira Vilas Xerais Escritor falecido o pasado 27 de novembro e personaxe moi destacado das nosas letras, Neira Vilas mostra nesta novela os esforzos dun rapaz noviño por entender o mundo que o rodea

Upload: biblio-diaz-castro

Post on 24-Jul-2016

218 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Recomendaciósn de lecturas da Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, para pequenos e maiores

TRANSCRIPT

Page 1: Lecturas para o ano novo

UN NOVO ANO CHEO DE

AMOR, EMOCIÓNS,

INTRIGA, POESÍA,

AVENTURA…

UN ANO CHEO DE LIBROS

JULES VERNE E A

VIDA SECRETA DAS

FEMMES PLANTE

Ledicia Costas

Xerais

Premio Lazarillo 2015

É unha obra ambientada

no Vigo do século XIX.

Nela recréase unha das visitas de Jules Verne á

cidade da ría que o inspirou para escribir un dos

episodios de 20.000 leguas de viaxe submariña.

A protagonista da obra é Violeta, unha

adolescente intelixente e inconformista que vive

cos seus avós nunha botica que agochan un

sorprendente segredo

ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

Ledicia Costas Álvarez

Premio Nacional de

Literatura Infantil, 2015

Román Casas quería ser un

auténtico chef. O Día de

Defuntos recibiu un

agasallo moi singular, un

cadaleito con instrucións

para activar a Escarlatina,

unha cociñeira falecida no

século XIX. Para os máis peques

TERRA CHÁ

Manuel María

Xerais

Boa oportunidade para ler a

Manuel María, próximo autor

homenaxeado nas Letras

Galegas 2016. Este é un dos

seus poemarios máis emblemáticos.

AVENTURAS DE ALICIA NO PAÍS DAS

MARABILLAS

Lewis Carroll.Trad. Xavier Queipo.

El patito editorial

Alicia cumpre 150 anos. É

unha das obras máis

influentes da literatura

universal. Unha historia

máxica para nenos e

maiores...

DE REMATE

Héctor Cajaraville

Premio Xerais de Novela

Construída a través das

columnas de opinión do

seu protagonista, o

xornalista Bieito

Sanmarful, e con textos

pertencentes ao seu

diario íntimo e outros materiais de diversa

procedencia: correos electrónicos, anotacións en

blogs, poemas, documentos oficiais...

FONTÁN.

Marcos Calveiro

Galaxia

Prometedor relato sobre a

figura dun home, Domingo

Fontán, que loitou polo

progreso nunha época na que a

ciencia intentaba abrirse

camiño pouco a pouco...

AQUELES ANOS DO MONCHO

Xosé Neira Vilas

Xerais

Escritor falecido o pasado 27

de novembro e personaxe moi

destacado das nosas letras,

Neira Vilas mostra nesta

novela os esforzos dun rapaz

noviño por entender o mundo

que o rodea…

Page 2: Lecturas para o ano novo

EUROPA EXPRES

Andrea Maceiras

Editorial Galaxia

Premio Jules Verne de

literatua Xuvenil 2015

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz,

Óscar, Piero e Mía deciden

viaxar xuntos por Europa en

Interrail ao rematar o

Bacharelato… un libro sobre

“a liberdade das viaxes, a identidade ou a

procura do amor son algunhas das constantes

deste relato que afonda na esencia da mocidade,

tan efémera no tempo como perdurábel na

memoria”

EL TRAMPERO

Vardis Fisher

Editorial Valdemar, colección Frontera

“El Trampero” narra a

historia dun trampero que

percorre as Montañas

Rochosas tentando

manterse fiel ás tres

grandes virtudes que,

segundo el mesmo, deben

guiar a vida dun home: o

valor, o amor e a

compaixón polos débiles e

indefensos. Foi levada ao cinema co título de “As

aventras de Jeremiah Jonshon” unha sensacional

película dirixida por Sidney Pollac e inerpretada

po Robert Redford

TIERRA NEGRA

Timothy Snyder

Galaxia Gutemberg

Despois dá excepcional

“Tieras de sangre”,

Timothy Snyder presenta

unha nova explicación da

gran atrocidade do século

xx, e revela os riscos aos

que nos enfrontamos no século XXI. Unha

análise profunda das ideas e medidas que

permitiron o exterminio nazi dos xudeus.

EL CORAZÓN DE TODO LO EXISTENTE

Bob Drury, Tom Clavin

Capitan Swing

Nube Vermella foi o único

indio en derrotar ao

Exército de EE. UU. nunha

guerra. Os acontecementos

que desembocaron na

Guerra de Nube Vermella,

retratos íntimos do Gran

Xefe Indio e de moitos dos que se cruzaron con

el: do xeneral Sherman, ao lendario Cabalo Tolo.

CELEBRACIÓN

Gonzalo Hermo

Apiario

Premio Nacional Joven Poesía.

2015.

Aposta por abrir novos camiños

para a expresión poética apuntando

unha linguaxe arriscada e innovadora

UNA ESTUPENDA HISTORIA DE DRAGONES

Y PRINCESAS

Jordi Sierra i Fabra,

Alfaguara Juvenil

Se che gustan os contos de

fadas aderezados cun toque de

humor, esta é a túa historia.

Brunilda é unha fermosa

princesa raptada por un dragón

e Ezael é un paladín con moi poucas calidades

para conseguir salvar á princesa.

SOPA ROTA

Jenny Valentine

Alfaguara

Rowan Clark é unha

adolescente que tenta levar

unha vida normal a pesar do seu

duro pasado familiar. Ela soa

faise cargo da súa irmá e da

súa nai desde que o seu pai

foise de casa. Un bo día a súa vida cambia grazas

a un encontro inesperado.

UN OTOÑO ROMANO

Javier Reverte

Plaza y Janés

Breve repaso das impresións

literarias doutros escritores

namorados de Roma como

Stendhal ou Goethe e

descripción dos máis pintorescos recunchos da

cidade acompañándoos da dose xusta de

historia, arte e literatura. Hai que ir a Roma