lei de cazalei de caza - consellería do medio...

78
Lei de Caza Lei de Caza Lei 4/1997

Upload: phungthuy

Post on 26-Feb-2019

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

Lei de CazaLei de CazaLei 4/1997

Page 2: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

Edita: CONSELLERÍA DE AGRICULTURA,

GANDERÍA E MONTES

Imprime: GRÁFICAS GARABAL, S. L.

Depósito Legal: C - 1056 - 97

Page 3: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

5

ÍNDICE

- Preámbulo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

- Título Preliminar: “Principios Xerais” . . . . . . . . . 11

- Título I: “Dos terreos para efectos da caza” . . . . 13

- Título II: “Das especies cinexéticas e da

propiedade das pezas de caza” . . . . . . 31

- Título III: “Da protección, da conservación e

do aproveitamento da caza” . . . . . . . . 33

• Capítulo I: “Da protección” . . . . . . . . 33

• Capítulo II: “Da conservación” . . . . . . 35

• Capítulo III: “Do aproveitamento” . . . 44

- Título IV: “Dos requisitos para cazar” . . . . . . . . . 46

- Título V: “Da vixilancia e do coidado da caza” . . 49

- Título VI: “ Das entidades colaboradoras e

dos órganos consultivos” . . . . . . . . . 51

- Título VII: “ Das granxas cinexéticas” . . . . . . . . 53

- Título VIII: “ Do réxime fiscal” . . . . . . . . . . . . . 54

- Título IX: “Das infraccións e sancións” . . . . . . . 55

• Capítulo I: “Das infraccións” . . . . . . . 55

• Capítulo II: “Das sancións” . . . . . . . . 66

• Capítulo III: “Do procedemento e

da competencia” . . . . . . . . . . . . . . . . . 71

- Título X: “Do rexistro de infractores de caza” . . . 74

Page 4: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

7

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Preámbulo

A caza constitúe o aproveitamento dun recurso naturalrenovable constituído polas poboacións das especies cine-xéticas que proporciona utilidades de índole social, econó-mica e ambiental á nosa sociedade, e a competencia exclu-siva na materia vénlle atribuída á Comunidade Autónoma deGalicia polo artigo 27.15 do Estatuto de autonomía.

O exercicio da caza, ligado á evolución do home sobrea terra, perdeu basicamente a finalidade de proporcionar ali-mentos para converterse nunha actividade de ocio nas socie-dades modernas, e presenta unha perspectiva diversa evariada segundo se contemple desde a estratexia da conser-vación dos recursos naturais ou desde a óptica do cazador,da do titular dos dereitos cinexéticos ou da doutros colecti-vos que realizan un uso dos devanditos recursos.

A demanda de caza, con moita frecuencia, supera aoferta cinexética. Este desequilibrio tradúcese nun excesode presión sobre os recursos cinexéticos en detrimento dasúa conservación e provocando a diminución das poboa-cións cinexéticas. Se a isto lle engadímo-los profundos cam-bios operados nos hábitats naturais polas formas intensivasdo uso da terra, o abandono do campo, a maior eficacia dasarmas e medios de caza, a accesibilidade crecente ó con-xunto do territorio, etc., atopámonos cunha descapitaliza-ción cinexética que a actual Lei de caza de 1970 non é capazde resolver.

Page 5: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

8

O obxecto da lei é dobre: por unha banda, tratar de con-ciliar e garantir que o aproveitamento cinexético realizadopolos cazadores non afecte a conservación das especies defauna silvestre patrimonio do conxunto da sociedade, men-tres que, por outra banda, se trata de lograr unha mellora dosrecursos cinexéticos para atende-la demanda ordenada doscazadores.

Para iso, aténdese a tres cuestións principais:

- A dimensión dos terreos cinexéticos para garantir unmarco territorial suficiente tanto para o fomento dacaza coma para o seu exercicio equilibrado.

- A ordenación dos aproveitamentos cinexéticos a tra-vés dos preceptivos plans, de xeito que se garanta apersistencia do recurso cinexético.

- A vixilancia dos terreos cinexéticos e o réxime san-cionador que cumpra a función de disuasión ósinfractores e evite agresións ás especies cinexéticas eós seus hábitats.

A lei establece un elenco de figuras para os terreoscinexéticos, co fin de atende-las distintas posibilidades deformas de aproveitamento cinexético segundo o carácterpúblico, societario particular, deportivo ou de mera explota-ción económica que os titulares dos terreos pretendan utili-zar, asignándolle ó propietario ou titular dun dereito realsobre o solo a facultade de exercer directamente ou ceder aun terceiro o dereito cinexético que lle corresponde.

O marco legal vixente en materia ambiental garante aconservación das especies cinexéticas como integrantes dafauna silvestre, reforzando os preceptos desta lei.

Page 6: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

9

A lei estructúrase nun título preliminar, dez títulosmáis (72 artigos), catro disposicións adicionais, sete dispo-sicións transitorias, unha disposición derrogatoria e unhadisposición derradeira.

O título preliminar recolle os principios xerais que ainspiran, así como as definicións básicas e a atribución decompetencias en materia de caza.

No título I clasifícase o territorio de Galicia para efec-tos cinexéticos e defínense as características de cada terreoasí como a titularidade. As distintas figuras de terreos res-ponden ás diferentes formas de organización social, econó-mica, deportiva, etc., dos titulares de dereitos de caza enfunción dos seus fins e obxectivos principais, garantindo amaior participación pública nun ámbito territorial para ase-gurar tanto o fomento dos recursos cinexéticos coma o exer-cicio da caza.

No título II defínense as especies susceptibles de apro-veitamento cinexético e regúlase a apropiación das pezasabatidas.

No título III defínense as normas de protección, con-servación e aproveitamento das especies de caza, así comoa protección dos seus hábitats, os períodos hábiles de caza,as modalidades de caza e a ordenación dos aproveitamentoscinexéticos a través dos plans de ordenación que se estable-cen con carácter obrigatorio como un instrumento básico daxestión dos recursos cinexéticos.

No título IV establécense os requisitos para cazar:licencias e seguros, así como a necesidade de supera-las

Page 7: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

10

probas de aptitude que regulamentariamente se determinenpara obte-la licencia de caza por primeira vez.

No título V regúlase a vixilancia da caza, así como osaxentes da autoridade competentes; por iso establécesecomo obrigatorio un servicio de vixilancia nos terreos cine-xéticos ordenados, como colaborador nas funcións de poli-cía e custodia dos recursos naturais e como garantía do cum-primento dos fins desta lei.

No título VI establécense os órganos consultivos confuncións de asesoramento á Administración, así como osrequisitos das organizacións colaboradoras dela.

No título VII regúlanse as granxas cinexéticas comoproductoras de pezas de caza, así como as repoboaciónscinexéticas como parte da xestión ordenada dos recursoscinexéticos.

No título VIII regúlase o réxime fiscal dos terreos cine-xéticos suxeitos a un réxime especial. Como novidade recó-llese a posibilidade de que regulamentariamente se estable-zan bonificacións nos distintos terreos cinexéticos ordena-dos en función do seu carácter aberto, desde o punto de vistada participación pública dos cazadores e da superficie quese dedique en cada terreo cinexético especial a vedados decaza.

No título IX defínense e tipifícanse as infraccións eestablécese un réxime sancionador, actualizando o importeeconómico das sancións e obrigando o infractor a repoñe-lacousa alterada ó seu estado orixinal, así como a indemnizarpolos danos e perdas causados.

Page 8: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

11

No título X disponse a creación do Rexistro deInfractores de Caza da Comunidade Autónoma de Galicia,co fin de coordina-lo seu contido co Rexistro Nacional deInfractores de Caza e Pesca.

Por todo o exposto o Parlamento de Galicia aprobou eeu, de conformidade co artigo 13.2° do Estatuto de Galiciae co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladorada Xunta e do seu presidente promulgo en nome de El-Reia Lei de caza de Galicia.

TÍTULO PRELIMINAR

Principios xerais

Artigo 1.-Obxecto da lei.

Esta lei ten por obxecto regula-lo exercicio da caza naComunidade Autónoma de Galicia, así como o fomento, aprotección, a conservación e o ordenado aproveitamento dasespecies cinexéticas.

Artigo 2.-Acción de cazar.

Considérase acción de caza a exercida polo home,mediante o uso de armas, artes e outros medios autorizados,para buscar, atraer, perseguir ou acosa-los animais que sedeclaren como pezas de caza, co fin de darlles morte, apro-piarse deles ou facilita-la súa captura por un terceiro.

Page 9: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

12

Artigo 3.- Do cazador.

1.- O dereito a cazar correspóndelle a toda persoa maior dedezaseis anos que, acreditando a aptitude e os coñece-mentos precisos, estea en posesión da pertinente licenciade caza e cumpra os demais requisitos esixidos polas leise as disposicións aplicables.

2.- Para cazar con armas de fogo será necesario ter acadadaa maioría de idade penal ou ir acompañado por algúncazador maior de idade.

Artigo 4.- Obxecto da caza.

1.- A caza só poderá realizarse sobre as especies da faunasilvestre ou abravada declaradas como pezas de caza, eo seu aproveitamento cinexético deberá acomodarse, entodo caso, ás normas que anualmente aprobe aConsellería de Agricultura, Gandería e Montes.

2.- O exercicio da caza regularase de xeito que quede garan-tida a conservación das especies cinexéticas.

Artigo 5.- Armas e medios de caza.

1.- A tenencia e o uso de armas de caza regularanse polodisposto na lexislación especial sobre armas e nesta lei.

2.- Sen prexuízo do cumprimento do disposto noutras leisespeciais, para a tenencia e o uso dos medios emprega-dos na práctica da caza, incluídos os animais domésti-cos, haberá que aterse ó establecido nesta lei.

3.- Para utilizar medios de caza que precisen autorizaciónespecial será necesario estar en posesión do correspon-dente permiso.

Page 10: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

13

4.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá establecer normas de homologación e contraste dosmedios de caza que precisen autorización especial coobxecto de que tales medios non produzan efectos dis-tintos dos pretendidos.

Artigo 6.- Titularidade.

Os dereitos e as obrigas establecidos nesta lei, en cantose relacionan cos terreos cinexéticos, corresponderanlles óspropietarios ou, se é o caso, ós titulares doutros dereitosreais ou persoais que leven consigo o uso e desfrute do apro-veitamento da caza.

Artigo 7.- Competencia en materia de caza.

A planificación, ordenación, fomento, vixilancia e con-trol da caza correspóndenlle á Consellería de Agricultura,Gandería e Montes, a cal realizará cantas actuacións consi-dere precisas para acada-los fins desta lei.

TÍTULO IDos terreos para efectos da caza

Artigo 8.- Concepto.

1.- Son terreos de carácter cinexético os susceptibles de talaproveitamento.

2.- Exclúense desta consideración todos aqueles que consti-túen núcleos urbanos ou rurais, vilas, xardíns, parques

Page 11: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

14

destinados ó uso público, recintos deportivos, instala-cións fabrís ou industriais, estradas, vías férreas, terreoscercados ou calquera outro lugar que sexa declarado noncinexético en razón das súas especiais características eno que o exercicio da caza deba estar permanentementeprohibido.

3.- Considéranse zonas de seguridade aquelas nas quedeban adoptarse medidas precautorias especiais, co finde garanti-la protección das persoas e dos seus bens.Con carácter xeral prohíbese nelas o exercicio da caza.

Artigo 9.-Clasificación dos terreos para efectoscinexéticos.

1.- Os terreos de carácter cinexético poden estar suxeitos aun réxime cinexético común ou especial .

2.- Os terreos suxeitos a réxime cinexético especial podenpertencer a algunha das seguintes categorías: reservas decaza; refuxios de fauna; terreos cinexeticamente ordena-dos (Tecor), terreos cinexético-deportivos ou explota-cións cinexéticas.

3.- Os non comprendidos nalgunha das categorías relacio-nadas no parágrafo anterior quedarán suxeitos ó réximecinexético común, e neles o exercicio da caza será libre,sen máis limitacións cás contidas nesta lei e nas disposi-cións que a desenvolvan.

Os terreos de réxime cinexético común deberán tercomo mínimo unha superficie continua de cincocentashectáreas para poder practicarse neles a caza. De non

Page 12: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

15

acadaren a dita superficie, o exercicio da caza estaráprohibido e terán a consideración de refuxios de fauna.

A xestión dos terreos de réxime cinexético común reali-zaraa a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes eos seus aproveitamentos virán determinados polo que seestableza anualmente na orde de vedas.

Os terreos cinexéticos incluídos en espacios naturaisprotexidos perderán a súa condición e pasarán a ser refu-xios de fauna, agás que a propia declaración ou o plan deordenación dos recursos naturais correspondente indi-que outra cousa.

Artigo 10.- Sinalización.

1.- Os titulares dun terreo cinexético especial están obriga-dos a sinaliza-los seus límites, con carteis indicadores dasúa condición cinexética, conforme o que se determineregulamentariamente.

Nestes terreos prohíbese entrar levando armas, cans eoutros medios dispostos para cazar sen estar en posesiónde autorización ou permiso do titular correspondente.

2.- As zonas de seguridade que se determinen regulamenta-riamente, así como os refuxios de fauna enclavados den-tro doutros terreos de réxime cinexético especial, debe-rán ser igualmente sinalizadas polos seus titulares.

Artigo 11.-Reservas de caza.

1.- Por decreto poderán ser declaradas reservas de cazaaquelas áreas do territorio que, pola súa situación, con-

Page 13: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

16

dicións ambientais, vexetación, configuración física outopográfica ou calquera outra característica, se conside-ren favorables para a aclimatación, reproducción, con-servación, fomento e defensa de especies susceptibles deaproveitamento cinexético. A declaración de reserva decaza levará implícita a súa inclusión no Rexistro Xeralde Espacios Naturais de Galicia.

2.- O decreto de creación precisará a composición e as fun-cións da dirección técnica e da xunta consultiva e o réxi-me organizativo da reserva.

3.- A xestión das reservas de caza correspóndelle áConsellería de Agricultura, Gandería e Montes, e o plande ordenación cinexética incluirá a normativa específicade protección, conservación e recuperación das poboa-cións de determinadas especies, subordinando a estafinalidade o posible aproveitamento das especies cinexé-ticas dentro das reservas, e fixará o procedemento deelaboración dos plans anuais de aproveitamento.

Artigo 12.-Refuxios de fauna.

1.- Cando por razóns biolóxicas, científicas ou educativassexa preciso asegura-la conservación de determinadasespecies, a Xunta de Galicia, de oficio ou por propostade entidades científicas ou culturais, públicas ou priva-das, poderá acordar que determinadas áreas do territoriosexan declaradas como refuxios de fauna. Nestas áreas,a caza estará permanentemente prohibida, sen prexuízode que por circunstancias especiais, suficientementexustificadas, a Consellería de Agricultura, Gandería e

Page 14: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

17

Montes acorde a súa autorización para especies determi-nadas.

2.- A administración, control e vixilancia destes refuxioscorrespóndenlle exclusivamente á citada Consellería, seben esta podérá subscribir convenios de colaboracióncon asociacións, sociedades ou entidades colaboradorasque se comprometan a cumpri-lo plan de conservaciónestablecido, baixo a súa supervisión.

Artigo 13.-Dos terreos cinexeticamente ordenados.

1.- Denomínanse terreos cinexeticamente ordenados(Tecor) aquelas áreas do territorio galego susceptibles deaproveitamento cinexético que fosen declaradas e reco-ñecidas como tales por resolución da Consellería deAgricultura, Gandería e Montes e nas que a poboacióncinexética debe estar protexida e fomentada, aproveitán-dose de forma ordenada.

2.- A superficie mínima e continua dos Tecor será de dúasmil hectáreas, e a duración do seu réxime especial será ado prazo de cesión de dereitos cinexéticos, que en nin-gún caso será menor de cinco anos, nin superará os quin-ce anos, ó cabo dos que se extinguirá o Tecor, agás quese proceda á súa renovación, de acordo co que se dispo-ña regulamentariamente.

O réxime cinexético especial dos Tecor manterase, maliaa perda de dereitos cinexéticos sobre determinados terre-os que o integren, sempre que a superficie restante nonsexa inferior á mínima sinalada no parágrafo anterior.Sen prexuízo do disposto anteriormente, calquera cam-

Page 15: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

18

bio na titularidade cinexética da totalidade ou parte dosterreos comprendidos no Tecor deberá serlle comunica-do á Administración no prazo e nas condicións previstosregulamentariamente.

Co fin de fomenta-las poboacións cinexéticas, os Tecormanterán como vedado de caza unha superficie mínimado 10% dos seus terreos. Estes vedados de caza deberánmante-los mesmos lindeiros, alomenos, durante dousanos consecutivos.

3.- Os Tecor poderán ser de titularidade pública, societariaou particular, segundo que promovan a súa constituciónas administracións públicas, as sociedades ou aso-ciacións de cazadores legalmente constituídas, as perso-as físicas ou outras xurídicas de carácter particular.

4.- A declaración dos terreos cinexéticos como Tecor levainherente a favor dos seus titulares a reserva do dereitode caza de tódalas especies cinexéticas que se encontrennel e, consecuentemente, a titularidade dos dereitos edas obrigacións que de conformidade con esta lei deri-ven do dito aproveitamento cinexético.

5.- Para o exercicio da caza nos Tecor será necesario contarco permiso correspondente, expedido polo titular doaproveitamento.

6.- En todo caso, os aproveitamentos cinexéticos e as medi-das de protección, conservación e fomento da riquezacinexética regularanse a través dos correspondentesplans de ordenación e de aproveitamento cinexético, quedeberán ser aprobados pola Consellería de Agricultura,Gandería e Montes.

Page 16: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

19

Artigo 14.- Procedemento xeral de declaración dosterreos cinexeticamente ordenados.

1.- Á solicitude de declaración de Tecor deberán xuntarseos documentos acreditativos da titularidade cinexéticados terreos e a especificación da súa superficie e dosseus lindeiros, así como unha memoria coas directricesbásicas do plan de ordenación cinexética.

2.- O procedemento de declaración dos Tecor incluirá, entodo caso, un trámite de información pública, por unprazo de dous meses, no que os propietarios dos terreosafectados ou titulares doutros dereitos que comporten oseu aproveitamento cinexético poderán efectua-las ale-gacións que estimen pertinentes.

Se se manifestase a negativa á integración no Tecor departe dos terreos afectados, e a superficie continua des-tes fose inferior a cincocentas hectáreas, neles non pode-rá practicarse a caza e terán a consideración de refuxiosde fauna.

3.- En tódolos procedementos de declaración de Tecordeberá solicitarse informe do Comité Provincial de Cazacorrespondente ou, cando o seu ámbito territorial com-prenda varias provincias, do Comité Galego de Caza.

4.- Unha vez iniciado o procedemento de declaración dosTecor e acreditado o cumprimento do previsto nosnúmeros 1, 2 e 3 deste artigo, a Consellería deAgricultura, Gandería e Montes outorgará unha aproba-ción provisional para que no prazo máximo de catromeses se adopten as medidas que se sinalen nela. Se non

Page 17: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

20

se adoptasen esas medidas no citado prazo, quedará senefecto a aprobación provisional.

5.- Durante o citado prazo non poderá realizarse ningúnaproveitamento cinexético.

6.- Unha vez que se presenten os plans quinquenais de orde-nación cinexética, así como o anual de aproveitamentos,que sexa sinalizado o perímetro do Tecor e que se adop-ten cantas medidas se sinalasen na aprobación provisio-nal, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montespoderá declarar constituído o Tecor no prazo máximo dedous meses. Durante este prazo manterase a prohibiciónde realizar aproveitamentos cinexéticos.

7.- En calquera momento, aqueles titulares de dereitos cine-xéticos dos que se presumise a súa cesión poderán soli-cita-la segregación dos seus terreos do Tecor.

8.- Vencido o prazo de cesión de dereitos cinexéticos, ostitulares do Tecor poderán inicia-lo procedemento derenovación, segundo se estableza regulamentariamente.

Este procedemento deberá constar alomenos dun trámi-te de información pública e do informe favorable daConsellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 15.- Terreos cinexeticamente ordenados decarácter autonómico.

1.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá ser titular de Tecor co fin de garanti-lo ordenado apro-veitamento das especies cinexéticas e de favorece-loacceso dos cazadores galegos á actividade cinexética.

Page 18: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

21

2.- Os Tecor autonómicos constituiranse sobre terreos detitularidade cinexética da Comunidade Autónoma ousobre terreos de aproveitamento cinexético común.

3.- A xestión dos Tecor autonómicos poderá realizala direc-tamente a Consellería de Agricultura, Gandería eMontes ou por medio de sociedades ou asociacións decazadores ás que se lles adxudique a dita xestión poloprocedemento que se estableza regulamentariamente.

Artigo 16.- Terreos cinexeticamente ordenados decarácter municipal.

1.- As corporacións locais poderán solicitar ó seu favor adeclaración de Tecor sempre que acrediten documen-talmente cando menos a titularidade cinexética do 75%dos terreos para os que se solicite a dita declaración enon estean sometidos a outro réxime especial.

2.- De conformidade co número 2 do artigo 14 desta lei,presumirase a cesión da titularidade do resto da superfi-cie solicitada, que se incluirá no Tecor en tanto os pro-pietarios ou titulares cinexéticos dos terreos non mani-festen expresamente e por escrito a súa negativa á inte-gración no correspondente trámite de información públi-ca.

3.- Os concellos solicitantes da declaración ó seu favor dundeterminado territorio como Tecor deberán xuntar á súasolicitude:

a) A cesión de dereitos cinexéticos, asinada polos seustitulares e con especificación da superficie do terreo,e o prazo de cesión.

Page 19: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

22

b) O plano de localización a escala suficiente e a espe-cificación dos lindeiros.

c) A memoria coas directrices básicas do plan de orde-nación cinexética.

4.- Cando a extensión do termo municipal non abranga omínimo de hectáreas necesario para a constitución dunTecor, dous ou máis municipios poderán agruparse esolicitalo mancomunadamente.

5.- O aproveitamento cinexético dos Tecor municipaispoderá xestionalo directamente o Concello ou benmediante unha sociedade ou asociación de cazadoreslegalmente constituída, á cal se lle ceda ou adxudique adita xestión.

6.- Esta cesión da xestión a unha sociedade ou asociaciónde cazadores realizarase de acordo coa lexislación deréxime local e por prazo non superior ó indicado naresolución de declaración do Tecor.

7.- Os pregos de condicións de adxudicación destas cesiónsdeberán conter, ademais dos requisitos esixidos pola súalexislación específica, prescricións especiais relativas a:

a) O recoñecemento do dereito que lles corresponde atódolos propietarios de terreos susceptibles de apro-veitamento cinexético, para que de acordo cos esta-tutos da entidade que o xestione e cos plans de orde-nación cinexética en vigor poidan exercita-la cazadentro do Tecor.

b) A obriga de reservar cando menos un 15% dos per-misos diarios para cazadores empadroados con veci-

Page 20: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

23

ñanza administrativa nos termos municipais incluí-dos no Tecor.

c) A obriga de reservar cando menos un 10% dos per-misos diarios a favor de cazadores foráneos.

d) A obriga de reservar unha porcentaxe dos permisosdiarios a favor dos propietarios de terreos que cede-sen o seu aproveitamento cinexético a título gratuíto.

8.- As ditas prescricións serán aplicables igualmente encaso de xestión directa polo Concello.

9.- A entidade que xestione o Tecor será a responsable doseu funcionamento.

Artigo 17.- Terreos cinexeticamente ordenados decarácter societario.

l.- As sociedades ou asociacións de cazadores legalmenteconstituídas poderán solicitar ó seu favor a declaraciónde Tecor sempre que acrediten documentalmente candomenos a titularidade cinexética do 75% dos terreos paraos que se pretenda a declaración.

2.- De conformidade co número 2 do artigo 14 desta lei pre-sumirase a cesión da titularidade do resto da superficiesolicitada, que se incluirá no Tecor en tanto os propieta-rios e titulares cinexéticos dos terreos incluídos na soli-citude non manifesten expresamente e por escrito a súanegativa á integración no correspondente trámite deinformación pública.

3.- As asociacións ou sociedades de cazadores que solicitena declaración ó seu favor dun determinado territoriocomo Tecor societario deberán xuntar á súa solicitude:

Page 21: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

24

a) A cesión de dereitos cinexéticos, asinada polos seustitulares e con especificación da superficie do terreo,e o prazo de cesión.

b) Os planos de localización a escala suficiente e aespecificación dos lindeiros.

c) A memoria coas directrices básicas do plan de orde-nación cinexética.

d) A documentación acreditativa da constitución e dolegal funcionamento da sociedade ou asociación.

e) A copia autenticada dos estatutos en vigor legalmen-te aprobados.

4.- Reservarase unha porcentaxe de permisos diarios a favordos propietarios de terreos incluídos no Tecor que cede-sen o seu aproveitamento cinexético a título gratuíto, nomomento da constitución do Tecor, e de acordo co queestablezan os estatutos en vigor legalmente aprobados aeste respecto.

Artigo 18.- Terreos cinexeticamente ordenados decarácter particular.

l.- As persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dedereitos cinexéticos dunha superficie continua mínimade dúas mil hectáreas poderán solicita-la declaracióndela como Tecor de carácter particular.

2.- Deberá acreditarse documentalmente a titularidade ecesión de dereitos cinexéticos, especificando que seceden para un Tecor de carácter particular, e o prazo decesión para a totalidade da superficie.

Page 22: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

25

3.-Na constitución dos Tecor de carácter particular non seráaplicable a presunción de cesión de titularidade cinexé-tica establecida no número 2 do artigo 14.

Artigo 19.- Extinción dos terreos cinexeticamente orde-nados.

O réxime cinexético especial dos Tecor extinguirase,logo da tramitación do correspondente expediente:

a) Polo incumprimento das condicións, obrigas, limita-cións ou prohibicións establecidas na autorizaciónadministrativa correspondente.

b) Pola comisión de infraccións graves ou moi gravesde conformidade co número 2 do artigo 61, sempreque estas afecten as condicións impostas nas autori-zacións administrativas relativas á protección e óordenado aproveitamento das poboacións cinexéti-cas e dos ecosistemas dos que forman parte.

c) Pola perda da titularidade cinexética dos terreos queintegren os Tecor, cando non se reúna a superficiemínima sinalada no número 2 do artigo 13.

d) Polo transcurso do prazo de cesión dos terreos dosdereitos cinexéticos cando non se procedese á súarenovación.

Artigo 20.-Terreos cinexético-deportivos.

1.-Terán a condición de terreos cinexético-deportivos aque-las áreas do territorio nas que a caza poida practicarse deconformidade coa lexislación específica que regule asprácticas deportivas.

Page 23: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

26

2.- As sociedades, asociacións ou federacións de cazadoresconstituídas ó amparo da lexislación do deporte poderánsolicita-la declaración de terreo cinexético-deportivo,para practicar nel a caza cun exclusivo carácter deporti-vo, exento de calquera ánimo de lucro. En ningún caso aactividade ou os seus resultados poderán ser obxecto devenda ou comercialización.

3.- Os solicitantes deberán acredita-la titularidade cinexéti-ca de acordo co establecido no artigo 18 desta lei e dis-poñer de terreos continuos cunha superficie mínima emáxima de cincuenta e duascentas cincuenta hectáreasrespectivamente. A xestión destes terreos realizaraadirectamente a entidade titular, que informará periodica-mente á Consellería de Agricultura, Gandería e Montesdo calendario de probas, das modalidades e de calqueraoutro requisito que se determine regulamentariamente.

Artigo 21.-Terreos dedicados a explotacións cinexéticas.

1.- As persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares cine-xéticos de terreos en couto redondo, coas superficiesmínimas esixidas en cada caso, poderán solicitar autori-zación para dedicalos a explotación cinexética, co fin dedestinalos á producción de pezas de caza ou á explota-ción comercial da actividade cinexética.

2.- As explotacións constituídas sobre terreos cinexéticosdedicados á producción e venda de pezas vivas estaránsuxeitas, en canto ós requisitos de autorización, funcio-namento e control, ó réxime establecido para as granxascinexéticas. O seu réxime fiscal será o mesmo có dasexplotacións agropecuarias.

Page 24: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

27

3.- Nas explotacións cinexéticas de carácter comercial, quedeberán constituírse como empresas mercantís, poderáexercitarse a caza sobre animais procedentes de granxascinexéticas, de conformidade cos plans establecidos epreviamente aprobados pola Consellería de Agricultura,Gandería e Montes. A superficie mínima e máxima parapoder autorizar este tipo de explotacións é de cincuentae mil hectáreas respectivamente, se se dedican a cazamenor, e de cen e dúas mil hectáreas respectivamentecando o obxecto da explotación sexa a caza maior.

Por vía regulamentaria determinaranse as condicións nasque esta actividade poida desenvolverse, e en especial asreferentes a controis xenéticos e sanitarios, requisitospara realiza-las soltas, época e frecuencia destas, marca-xe das pezas, modalidades de caza, requisitos para o seutransporte e cantas outras se consideren pertinentes.

Artigo 22.-Obrigas dos titulares.

- Son deberes dos titulares do aproveitamento de terre-os suxeitos a réxime especial:

a) Cumpri-las condicións establecidas nas resoluciónsde declaración.

b) Axustarse ó plan de ordenación cinexética e ós plansanuais de aproveitamentos, de obrigado cumprimen-to unha vez aprobados pola Consellería deAgricultura, Gandería e Montes.

c) Dota-los ditos terreos da vixilancia e sinalizaciónprevista de acordo cos devanditos plans.

Page 25: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

28

d) Colaborar coa Administración pública na proteccióne no fomento da fauna cinexética, subministrando osdatos estatísticos solicitados, realizando os controissobre as especies susceptibles de captura e adoptan-do as medidas sanitarias establecidas.

e) Responder da organización e correcta execución dasactividades cinexéticas que leven a cabo.

f) Solicitar coa suficiente antelación a realización demonterías, axexos e axotamentos, e velar para que secumpran as condicións impostas na autorización.

g) Calquera outro establecido ou que estableza aConsellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Artigo 23.-Indemnizacións por danos.

1.- Os titulares dos aproveitamentos cinexéticos en terreossuxeitos a réxime especial responderán dos danos e daslesións ocasionados por especies cinexéticas proceden-tes deses terreos.

2.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logoda instrucción do correspondente expediente de valora-ción, indemnizará os danos efectivamente producidospolas especies cinexéticas procedentes de terreos cine-xéticos de aproveitamento común, dos Tecor autonómi-cos da súa administración, das reservas de caza, dosrefuxios de fauna e de calquera outro terreo no que aadministración e xestión lle correspondan a estaConsellería.

Page 26: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

29

Artigo 24.-Incumprimentos.

Ante o incumprimento das condicións, obrigas, limita-cións ou prohibicións establecidas nas autorizacións para oaproveitamento ou a explotación de terreos suxeitos a réxi-me cinexético especial, a Consellería de Agricultura,Gandería e Montes, logo de audiencia dos titulares dosdereitos cinexéticos, poderá suspender cautelarmente oexercicio da caza neles ou iniciar expediente de anulaciónda declaración sen prexuízo da imposición das sancións quelles correspondan.

Artigo 25.-Zonas de seguridade.

1.- Para os efectos do establecido no artigo 8.3 desta lei,consideraranse zonas de seguridade:

a) As marxes e zonas de servidume que se atopen cer-cadas das vías e camiños de uso público e as víasférreas.

b) As augas públicas, incluídos os seus leitos e marxes.

c) Os perímetros dos núcleos urbanos e rurais e doutraszonas habitadas.

d) Os perímetros das vilas, edificios habitables illados,xardíns e parques públicos, áreas recreativas, zonasde acampada, recintos deportivos e calquera outrolugar que polas súas características sexa declaradocomo tal en razón do previsto no artigo 8.3.

2.- Queda prohibido circular con armas de caza cargadas eusalas no interior dos núcleos urbanos e rurais e noutras

Page 27: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

30

zonas habitadas ata o límite que acaden as últimas edifi-cacións ou intalacións habitables, ampliado nunha fran-xa de cen metros en tódalas direccións.

3.- No caso de vilas, edificios habitables illados, recintosdeportivos, xardíns e parques destinados ó uso público,áreas recreativas e zonas de acampada, o límite da prohi-bición ó que se refire o apartado anterior será o dos pro-pios terreos onde se atopen instalados, ampliado nunhafranxa de cen metros en tódalas direccións.

4.- Prohíbese circular con armas de caza cargadas e usalasno caso de autoestradas, autovías, estradas nacionais,comarcais ou locais, nunha franxa de cincuenta metrosde ancho a ámbolos dous lados da zona de seguridade.En ningún caso se poderá disparar en dirección a outroscamiños de uso público ou vías férreas.

5.- Malia o previsto nos puntos anteriores, a Consellería deAgricultura, Gandería e Montes, logo de petición dostitulares cinexéticos interesados, poderá autoriza-la cazanas vías e nos camiños de uso público, así como nos lei-tos e nas marxes dos ríos, regatos e canles que atravesenterreos cinexéticos ou constitúan o límite entre eles. Nasresolucións que se dicten para o efecto, se son afirmati-vas, fixaranse as condicións aplicables en cada caso paraexercita-la caza baixo a responsabilidade dos titulares daautorización.

6.- Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada,poderá solicitar, fundadamente, na Consellería deAgricultura, Gandería e Montes a declaración comozona de seguridade dun determinado lugar cando conco-

Page 28: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

31

rran as circunstancias previstas no artigo 8.3. As ditaszonas, no caso de seren así declaradas, deberán ser sina-lizadas polo promotor conforme se determine regula-mentariamente,

Artigo 26.-Terreos cercados.

l.- Son terreos cercados, para os efectos desta lei, aquelesque se atopen rodeados materialmente por muros, cercasou valos, construídos co fin de lles impedir ou prohibi-lo acceso ás persoas ou a animais alleos ou para evita-lasaída dos propios.

2.- Nos terreos cercados non acollidos a réxime cinexéticoespecial, a caza estará permanentemente prohibida.

3.- Nestes terreos a Consellería de Agricultura, Gandería eMontes poderá acorda-las medidas que considere preci-sas dirixidas a reduci-la caza existente, cando razóns téc-nicas ou sanitarias o aconsellen, así como autoriza-lapenetración neles dos seus axentes, para vixia-lo cum-primento da lei.

TÍTULO IIDas especies cinexéticas e da propiedade das

pezas de caza

Artigo 27.-Das especies cinexéticas.

l.- Son especies cinexéticas as declaradas regulamenta-riamente obxecto de caza.

Page 29: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

32

2.- Para efectos de planificación e ordenación dos aprovei-tamentos cinexéticos, as especies de caza clasificaranseen dous grandes grupos: especies de caza maior e espe-cies de caza menor.

3.- Coa mesma finalidade, dentro das especies de cazamenor distinguiranse as migratorias das que non o son,e de maneira diferenciada as aves acuáticas.

4.- Así mesmo consideraranse separadamente as especiescinexéticas predadoras que poidan exercer sensiblesefectos sobre as restantes especies obxecto da caza.

Artigo 28.-Da propiedade das pezas de caza.

l.- Serán propiedade do cazador as pezas que capturase,vivas ou mortas, mediante o exercicio da caza, sempreque esta sexa realizada conforme as prescricións esta-blecidas nesta lei ou na normativa que a desenvolva.

2.- O cazador que fira unha peza en terreo onde lle sexa per-mitido cazar ten dereito a cobrala aínda que entre ou caiaen terreo distinto. Cando este estivese cercado, necesita-rá permiso do titular ou do seu representante para pene-trar nel, e se lle fose negado terá dereito a que se lleentregue a peza ferida ou morta se fose atopada e puide-se ser aprehendida.

3.- En terreos abertos sometidos a réxime cinexético espe-cial, e para pezas de caza menor, non será necesario opermiso ó que se refire o parágrafo anterior, cando ocazador entre a cobrala peza só, sen armas nin can.

4.- Cando un ou varios cazadores levantasen e perseguisenunha peza de caza, calquera outro cazador deberá abs-

Page 30: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

33

terse, en tanto dure a persecución, de abater ou intentarabate-la devandita peza.

5.- Entenderase que unha peza de caza é perseguida candoo cazador que a levantou, con ou sen axuda de can oudoutros medios, vaia no seu seguimento e teña unharazoable posibilidade de cobrala.

6.- Cando haxa dúbida respecto da propiedade das pezas decaza, aplicaranse os usos e costumes do lugar. No seudefecto, a propiedade corresponderalle ó cazador que lledese morte, cando se trate de caza menor, e ó autor doprimeiro sangue, cando se trate de caza maior.

TÍTULO IIIDa protección, da conservación e do

aproveitamento da caza

CAPÍTULO IDa protección

Artigo 29.-Das medidas de protección.

1.- Cando razóns técnicas ou sanitarias o aconsellen, aConsellería poderá acordar en calquera momento medi-das xerais ou particulares que corrixan situacións anó-malas ou excepcionais.

2.- Cando as persoas, os cultivos, a gandería, a caza, os bensou as instalacións sexan prexudicados pola fauna silves-

Page 31: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

34

tre cinexética, a Consellería de Agricultura, Gandería eMontes, a instancia de parte, poderá autoriza-los seusdonos para que adopten, dentro delas, medidas extraor-dinarias de control ou acometer ela mesma as acciónspreventivas necesarias para evitar que os ditos danos serepitan.

Artigo 30.- Do estado sanitario das especies cinexéticas.

1.- A Administración autonómica velará polo estado sanita-rio das especies cinexéticas e adoptará as medidas nece-sarias para previr, detectar, comprobar, diagnosticar eeliminar calquera xermolo ou foco infeccioso na faunasilvestre.

2.- Os cazadores, os titulares de terreos cinexéticos en réxi-me especial e, en xeral, calquera persoa que teña coñe-cemento ou sospeita dalgunha anomalía no comporta-mento dos animais que puidese facer presumi-la exis-tencia de enfermidade contaxiosa ou de intoxicacióndeberán comunicárllelo de inmediato ás autoridades ouós seus axentes.

3.- As inspeccións sanitarias realizaranse na forma e nascondicións que regulamentariamente se determinen.

Artigo 31.-Das repoboacións cinexéticas.

1.- As soltas de espécimes de especies cinexéticas esixirána autorización previa da Consellería de Agricultura,Gandería e Montes en todo tipo de terreos sometidos aréxime cinexético especial. Nos terreos de aproveita-

Page 32: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

35

mento cinexético común, nos refuxios de fauna e nosterreos non cinexéticos, as ditas repoboacións soamentepoderán ser realizadas directamente pola Consellería deAgricultura, Gandería e Montes.

2.- Para os efectos do establecido no punto anterior, osespécimes deberán proceder dunha granxa cinexética oudunha explotación cinexética autorizada, con garantíassanitarias.

3.- Cando proveñan de capturas en terreos abertos deberánacredita-la súa procedencia e a legalidade da súa captu-ra e, en calquera caso, o seu correcto estado sanitario.

CAPÍTULO IIDa conservación

Artigo 32.- Procedementos masivos e non selectivos decaza.

l.- Quedan prohibidas a tenencia e utilización de tódolosprocedementos de caza masivos ou non selectivos, asícomo aqueles que puidesen causar localmente a desapa-rición dunha especie cinexética ou indirectamente dunhaespecie incluída nalgún dos catálogos de especies amea-zadas, ou alterar significativamente a estabilidade dassúas poboacións e dos ecosistemas dos que formanparte.

2.- Por razóns de control de poboación e en circunstanciasou condicións excepcionais, a Consellería de

Page 33: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

36

Agricultura, Gandería e Montes poderá autoriza-la utili-zación dalgúns destes medios.

Artigo 33.-Medios e métodos prohibidos.

Regulamentariamente estableceranse os medios emétodos prohibidos para a caza.

Artigo 34.-Doutras prohibicións.

1.- Queda prohibido:

1) Cazar en época de veda.

2) Cazar fóra do período comprendido entre unha horaantes da saída do sol e unha hora despois do seu ocaso,agás nas modalidades de caza nocturna expresamenteautorizadas.

3) Cazar en tempo e lugares nos que, como consecuenciade incendios, epizootias, envelenamentos, inundacións,secas ou outras causas, os animais se ven privados dosseus hábitats e das súas facultades normais de defensa eobrigados a concentrarse en determinados lugares.

4) Cazar en días de neve, cando esta cubra de forma conti-nua o chan ou cando por causa dela queden reducidas asposibilidades de defensa das pezas de caza. Esta prohi-bición non lles será aplicable á caza maior de alta mon-taña nin a determinadas especies de aves migratoriasnin a outras especies cinexéticas ás que a existencia deneve non lles reduza as súas posibilidades de defensanas condicións que regulamentariamente se fixen.

Page 34: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

37

5) Cazar cando por circunstancias metereolóxicas e cal-quera outra circunstancia estea reducida a visibilidade,de forma que poidan producirse perigos para as persoasou para os seus bens.

6) Cazar servíndose de animais ou de calquera vehículocomo medio de ocultación.

7) Cazar en liña de retranca, tanto que se trate de cazamaior coma menor.

8) Cazar en refuxios de fauna, en terreos vedados tempo-ral ou permanentemente en razón de plans cinexéticoslegalmente aprobados ou en estacións biolóxicas ouzoolóxicas, agás que se estea en posesión dun permisoespecial.

9) Entrar en terreos sometidos a regulamentación cinexéti-ca especial debidamente sinalizados, sen o oportunopermiso, levando armas, cans ou artes dispostas paracazar.

10) Cazar combinando a acción de dous ou máis grupos decazadores ou facendo uso de medios que persigan ocansazo ou esgotamento das pezas, agás nos casos debatidas e monterías debidamente autorizadas.

11) Cazar ó axotamento sen autorización expresa.12) Portar armas de caza desenfundadas ou dispostas para o

seu uso cando se circule polo campo en época de veda.13) Cazar con armas de fogo quen careza dos requisitos esi-

xidos para iso ou non dispoña dos oportunos permisos.14) Dispararen con ningunha clase de armas os axotadores,

batedores, secretarios ou podengueiros que asistan encalidade de tales a axotamentos, batidas ou monterías.

Page 35: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

38

15) Cazar sen estar provisto da documentación preceptivaou sen levala consigo.

16) Cazar, ter ou transportar especies non cinexéticas oupezas de caza das que a súa idade ou sexo, sempre quesexan notorios, non concorden ou non cumpran osrequisitos legalmente permitidos.

17) Cazar con chamariz de perdiz, incumprindo as disposi-cións que regulen esta modalidade.

18) Destruír tobeiras e niños, así como a recollida de críasou ovos e a súa circulación e venda.

19) Calquera práctica que tenda a alterar e alarmar, atraerou espanta-la caza existente en terreos alleos.

20) Usar ou posuír sen autorización animais, aparellos,artes ou productos aplicables á captura ou atracción depezas de caza ós que se refire o artigo anterior.

21) Posuír en cautividade individuos de especies cinexéti-cas de caza maior sen a oportuna autorización.

22) Dispararlles ás pombas nos bebedoiros habituais ou amenos de mil metros dun pombal autorizado, sempreque a súa localización estea debidamente sinalada. Asímesmo, dispararlles ás pombas mensaxeiras e ás depor-tivas ou bochonas que teñan marcas regulamentarias.

23) Empregar ou posuír postas ou balas explosivas, asícomo calquera tipo de proxectil no que se producisenmanipulacións.

24) Cazar con arma longa raiada ou empregar cartuchos debala ou postas para especies de caza menor ou utilizarmunicións de perdigóns ou postas para a caza maior.

Page 36: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

39

25) Cazar en terreos que carezan de plan de ordenacióncinexética ou de plan de aproveitamento cinexéticoanual e que teñan a obriga legal de telos.

26) Cazar con pistola e armas de aire ou outros gases com-primidos.

27) Cazar con armas que disparen en refachos ou con armasautomáticas ou semiautomáticas provistas de cargadorque poida conter máis de dous cartuchos, así como coasdotadas de silenciador, visor para o disparo nocturno oumunición non autorizada.

28) Calquera outro sistema establecido ou que se establezaen disposicións legais ou regulamentarias.

2.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, de ofi-cio ou por petición de organismos ou institucións públi-cas ou privadas ou dun particular, poderá acordar, pormedio dunha resolución motivada, o emprego de cal-quera dos medios, modos ou formas prohibidos nesteartigo ou no anterior.

3.- Neste caso, a autorización que se conceda será por prazodeterminado, persoal e intransferible, fixará as condi-cións para a súa utilización e responsabilizará expresa-mente o titular da autorización, solicitándolle, se se con-sidera pertinente, a oportuna fianza.

Artigo 35.-Aves de cetrería e furóns.

A posesión de aves de cetrería e furóns esixirá unhaespecial autorización. A súa tenencia axustarase ás normasque lle sexan aplicables e ó que se dispoña por vía regula-mentaria.

Page 37: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

40

Artigo 36.- Limitacións por razóns de cultivos e enmasas de auga.

1.- Nas hortas, viñedos, campos de froiteiras, cultivos deregadío e montes de repoboación recente, a Conselleríade Agricultura, Gandería e Montes poderá condicionarou prohibi-lo exercicio da caza durante determinadasépocas.

2.- A Consellería establecerá igualmente de forma regula-mentaria o aproveitamento cinexético das masas de augaque teñen unhas características que aconsellan aplicar unréxime especial, logo de informe dos organismos concompetencia sobre elas.

Artigo 37.-Conservación de hábitats.

1.- Co fin de conservar, preservar e mellora-lo hábitat natu-ral das diferentes especies cinexéticas, a Xunta deGalicia poderá acorda-las oportunas medidas de axudapara o logro do dito obxectivo e cantas outras de carác-ter limitativo, correctoras ou restauradoras persiganidéntica finalidade.

2.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá declarar determinadas áreas ou hábitats como zonasde especial interese cinexético. Estas áreas estaránsometidas a un réxime especial de xestión cinexética quefomente e garanta a conservación dos hábitats e do patri-monio xenético.

As actuacións públicas ou privadas que poidan altera-lascondicións do medio, afectando as especies cinexéticas

Page 38: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

41

nas ditas áreas, deberán contar cun informe previo daConsellería de Agricultura, Gandería e Montes.

3.- Logo de notificación e audiencia ós titulares dos derei-tos cinexéticos, a Consellería de Agricultura, Gandería eMontes, nos terreos de réxime cinexético especial, pode-rá vedar toda ou parte da súa superficie, vedar unhadeterminada especie ou reduci-lo período hábil de caza,cando así o aconsellen circunstancias especiais para aprotección da fauna ou da flora.

Artigo 38.-Caza con fins científicos.

1.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá autorizar, condicionadamente, para fins científicos oude investigación, a caza de especies cinexéticas en cal-quera época do ano así como a utilización de medios emétodos prohibidos con carácter xeral.

2.- Estas autorizacións serán persoais e intransferibles e porprazo determinado a favor de persoal cualificado, erequirirán informe previo favorable da institución direc-tamente relacionada coa actividade investigadora dopeticionario.

Artigo 39.-Anelamento e marcaxe.

1.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá dictar normas para a práctica do anelamento ou damarcaxe de especies cinexéticas sen prexuízo do queestablezan outras disposicións ó respecto.

Page 39: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

42

2.- Quen atope ou capture algunha peza portadora de aneisou marcas utilizadas para a identificación de animaisdeberá comunicarllo á Consellería facendo chegar a estaaqueles sinais e os datos sobre o lugar e tempo da apre-hensión.

Artigo 40.-Dos cans e da caza.

1.- Os donos de cans utilizados para a práctica da caza que-darán obrigados a cumpri-las prescricións xerais quesobre tenencia, matriculación e vacinación dicten asautoridades competentes, de conformidade coa Lei1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domés-ticos e salvaxes en catividade.

2.- O tránsito de cans soltos por terreos cinexéticos ou o seuemprego no exercicio da caza acomodarase ós preceptosque se dicten regulamentariamente.

3.- En todo caso o dono destes animais evitará que vaguensen control, tanto en terreos cinexéticos coma nas zonasde seguridade, evitando danos ou molestias ás pezas decaza, ás crías ou ós seus ovos, e responderá dos danosque aqueles ocasionen.

4.- Os cans utilizados para a práctica da caza deberán ir pro-vistos da identificación que se determine regulamenta-riamente. Para o emprego de mandas de cans será nece-sario estar en posesión de licencia especial.

5.- Co fin de que os cans de caza poidan ser amestrados eadestrados, nos plans de ordenación cinexética fixaranseos lugares, as épocas e as condicións nos que poderálevarse a cabo o adestramento.

Page 40: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

43

6.- Na Consellería de Agricultura, Gandería e Montes abri-rase un libro-rexistro de razas caninas de caza existentesna Comunidade Autónoma.

Artigo 41.-Modalidades de caza.

1.- As modalidades de caza que poden practicarse, así comoos requisitos para levalas a cabo, as normas de segurida-de de persoas e bens e as medidas de protección da faunasilvestre non cinexética que deban adoptarse nascacerías estableceranse por vía regulamentaria. Damesma forma regulamentarase o procedemento de cazaen postos fixos, combinado coa acción de batedores,axotadores e cans.

2.- As normas que con carácter xeral se dicten para regularesta materia complementaranse cos plans cinexéticosaprobados para os terreos nos que se realicen.

3.- A realización de monterías, batidas, ganchos, espreitas,esperas nocturnas e axotamentos requirirá autorizaciónprevia da Consellería de Agricultura, Gandería eMontes, á que deberán axustarse. A mesma obrigaincúmbelles ós titulares cinexéticos de terreos suxeitos aréxime especial para realizar calquera das modalidadesde caza descritas no parágrafo anterior, no caso de bati-das por danos.

Os titulares cinexéticos dos terreos, os organizadores decacerlas e os participantes nelas serán directamente res-ponsables do cumprimento das ditas disposicións.

Page 41: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

44

CAPÍTULO IIIDo aproveitamento

Artigo 42.-Dos períodos hábiles de caza.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, oídoo Comité Galego de Caza, publicará anualmente, coa sufi-ciente antelación, unha orde na que se determinarán as limi-tacións e épocas hábiles de caza das distintas especies, asícomo os réximes especiais necesarios e a normativa aplica-ble nos terreos de réxime cinexético común.

Artigo 43.-Ordenación do aproveitamento cinexético.

1.- Os titulares de aproveitamentos cinexéticos suxeitos aréxime especial deberán presentar obrigatoriamente unplan quinquenal de ordenación cinexética redactado portécnico competente, que unha vez aprobado polaConsellería de Agricultura, Gandería e Montes consti-tuirá norma de obrigado cumprimento, a partir da que sedesenvolverá ordenadamente a actividade cinexética,dentro do marco dos períodos hábiles xerais.

2.- Os plans de aproveitamento, de vixencia anual, seránaprobados pola Consellería de Agricultura, Gandería eMontes e conterán as especies cazables, as cotas de cap-turas, os períodos, o número de xornadas de caza, onúmero de cazadores diarios, as zonas de aplicación emodalidades de caza e calquera outra cuestión relacio-nada co exercicio da caza.

Page 42: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

45

Artigo 44.-Plans de ordenación e aproveitamentos cine-xéticos.

1.- Os plans de ordenación cinexética incluirán os datos doestado cinexético, dentro do que deben figurar, alome-nos, a definición e descrición das unidades de xestión einventariación e a estimación de parámetros poboacio-nais como abundancia e productividade das especiesobxecto do aproveitamento, así como unha avaliación dacapacidade de carga do hábitat.

2.- Incluirase así mesmo:

a) O establecemento dos obxectivos da ordenación, deacordo coa información recollida na fase de inventa-rio.

b) A estimación da extracción sostible en función daevolución prevista das poboacións.

c) A zonificación da área, un sistema de seguimento dapropia planificación e unha previsión de mecanismoscorrectores.

d) Tamén figurarán articuladas no tempo as accións deconservación das especies cinexéticas, así como, se éo caso, doutras especies silvestres.

e) As accións e modalidades complementarias articula-das no espacio e no tempo, como o adestramento decans, a solta-captura e outras similares.

f) Calquera outro aspecto que regulamentariamente sedetermine.

Page 43: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

46

3.- Os plans de aproveitamentos cinexéticos de vixenciaanual realizaranse con base no plan de ordenación cine-xética e nas táboas de capturas de anos anteriores.

4.- Se se comprobase que un plan de ordenación ou apro-veitamento aprobado contén datos falsos ou se está apli-cando indebidamente, logo da incoación do oportunoexpediente sancionador, poderá ser anulado ou suspen-dida cautelarmente a actividade cinexética, sen prexuízode que a Consellería de Agricultura, Gandería e Montesemprenda as demais accións que correspondan contra otitular do Tecor e contra quen subscriba o plan, se é ocaso.

5.- Ó final de cada temporada de caza, e antes da data queregulamentariamente se estableza, os titulares dos apro-veitamentos cinexéticos comunicaranlle á Consellería deAgricultura, Gandería e Montes os datos que sobre elalles requira.

TÍTULO IVDos requisitos para cazar

Artigo 45. -Requisitos xerais.

l.- Para poder practica-la caza é preciso:

a) Ser titular dunha licencia de caza en vigor.

b) Ter concertado un contrato de seguro de responsabi-lidade civil do cazador.

Page 44: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

47

c) Estar en posesión dun documento oficial de identifi-cación.

d) No caso de utilizar armas, posuí-lo correspondentepermiso así como a guía de pertenza, de conformida-de coa normativa que regula esta materia.

e) Non estar inhabilitado por sentencia firme para aobtención de licencia de caza ou non estar sanciona-do por resolución administrativa que implique aimposibilidade de obte-la licencia por un períododetenminado.

f) Calquera outro permiso ou autorización que porrazón do lugar, dos métodos ou das especies esixisea lei ou a normativa aplicable.

2.- Estes documentos deberá levalos consigo o cazadordurante o exercicio desta actividade.

3.- Os menores de idade deben ir acompañados dalgúncazador maior de idade, para poder cazar con armas.

Artigo 46.-Licencias.

1.- A licencia de caza é un documento persoal e intransferi-ble, expedido pola Consellería de Agricultura, Ganderíae Montes a quen, non estando inhabilitado para obtela,acredite a aptitude e os coñecementos precisos e reúnaos requisitos legais necesarios.

2.- O menor de idade non emancipado que cumprise deza-seis anos necesitará autorización escrita da persoa quelegalmente o represente para obte-la licencia de caza.

Page 45: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

48

3.- A validez das licencias poderá ser dun ou varios anos apartir da data da súa expedición, e estas clasifícanse en:

- Licencias de clase A, que autorizan para o exercicioda caza con armas de fogo.

- Licencias de clase B, que autorizan para o exercicioda caza con outros medios ou procedementos permi-tidos, distintos dos anteriores.

- Licencias de clase C, que autorizan a tenencia ou uti-lización de medios ou procedementos especiais.

4.- Regulamentariamente determinaranse os requisitos e ascondicións para a obtención da licencia de caza, asícomo as probas de aptitude que deberán supera-los quepretendan obter por primeira vez a dita licencia.

Artigo 47.-Das persoas inhabilitadas para obte-la licen-cia.

Non poderán obte-la licencia nin terán dereito a reno-vación:

a) Os que non reúnan as condicións e os requisitos quese establecen para a súa obtención.

b) Os inhabilitados para obtela en virtude de sentenciafirme.

c) Os infractores desta lei ou das normas que a desen-volvan ós que por resolución administrativa firmerecaída no expediente sancionador instruído para oefecto se lles impuxese a sanción de inhabilitaciónou retirada de licencia.

Page 46: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

49

d) Os infractores desta lei ou das normas que a desen-volvan que non acrediten documentalmente o cum-primento da sanción imposta por resolución firme,recaída no expediente instruído.

Artigo 48.-Anulación e suspensión de licencias.

1.- A licencia de caza poderá ser anulada ou suspendida portempo determinado, como consecuencia de expedientesancionador, nos supostos establecidos nesta lei.

Nestes casos, o titular da licencia deberá entrega-lodocumento acreditativo e absterse de solicitar unhanova, en tanto dure a inhabilitación.

2.- Cautelarmente, a Consellería de Agricultura, Gandería eMontes poderá suspende-la licencia ó incoarse un expe-diente sancionador por falta grave ou moi grave.

TÍTULO VDa vixilancia e do coidado da caza

Artigo 49.-Da vixilancia da actividade cinexética.

1.- A vixilancia da actividade cinexetica e o cumprimentodos preceptos desta lei desempeñaranos os axentesforestais da Consellería de Agricultura, Gandería eMontes e os demais corpos e institucións daAdministración que, con carácter xeral, teñan encomen-dadas funcións de custodia dos recursos naturais.

2.- No exercicio das súas funcións, os axentes forestaisterán a consideración de axentes da autoridade e como

Page 47: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

50

tales poderán ocupar e reter, cando proceda, as pezascobradas e os medios de caza empregados.

3.- As autoridades e os seus axentes con competencia enmateria cinexética, cando actúen no exercicio das súasfuncións de vixilancia, inspección e control, poderán,logo de identificación, acceder a todo tipo de terreo, ins-talacións e vehículos relacionados coa actividade cine-xética.

Artigo 50.-Gardas de campo de caza.

1.- A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes pode-rá outorgárlle-lo título de garda de campo de caza ás per-soas que cumpran os requisitos que se establezan regu-lamentariamente, co obxecto de colaboraren no cumpri-mento do disposto nesta lei cos axentes forestais e cosdemais corpos e institucións da Administración que, concarácter xeral, teñan encomendadas funcións de custodiados recursos naturais. Para estes efectos terán a conside-ración de axentes da autoridade.

2.- Os terreos cinexéticos ordenados dispoñerán dun servi-cio de vixilancia.

Os membros dos servicios de vixilancia estarán obriga-dos a denunciar, nun prazo máximo de corenta e oitohoras, todos aqueles feitos que se produzan na demarca-ción que teñan asignada e que presumiblemente consti-túan infraccións a esta lei, así como a colaborar cosaxentes da autoridade en materia cinexética, para o caldeberán posuí-lo título de gardas de campo de caza.

Page 48: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

51

3.- Os gardas de campo de caza deberán portar uniforme eos distintivos do seu cargo, así como a documentaciónque os identifiquen como tales.

TÍTULO VIDas entidades colaboradoras e dos órganos

consultivos

Artigo 51.-Das entidades colaboradoras.

Consideraranse entidades colaboradoras as que reali-cen accións en favor da riqueza cinexética, da conservacióndas especies e o seu hábitat e do seu ordenado aproveita-mento, ademais ou indistintamente das que lles correspon-dan se é o caso, como titulares de terreos de réxime cinexé-tico especial.

Serán declaradas pola Consellería de Agricultura,Gandería e Montes.

Regulamentariamente determinaranse os requisitosnecesarios para a obtención da condición de entidade cola-boradora, así como os seus beneficios e obrigas.

Artigo 52.-Dos órganos consultivos e asesores.

1.- A función de asesoramento á Administración e de repre-sentación das organizacións de cazadores e doutros gru-pos vinculados á caza na xestión cinexética realizarase através do Comité Galego de Caza e dos comités provin-ciais de caza.

Page 49: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

52

2.- Ámbolos dous comités emitirán informe preceptivo noseu respectivo ámbito territorial sobre as propostas deordes xerais de vedas, os expedientes de declaración dosTecor e calquera outra cuestión de interese cinexético.

3.- A composición dos comités de caza incluirá represen-tantes das federacións, sociedades colaboradoras e aso-ciacións de cazadores, no ámbito territorial da súa com-petencia, así como das institucións dedicadas á investi-gación e das organizacións que teñan como fin a conser-vación da natureza e dos intereses socioeconómicosrelacionados coa actividade cinexética.

4.- Regulamentariamente determinaranse a composición eas funcións do Comité Galego de Caza e dos comitésprovinciais de caza.

Artigo 53.- A Comisión de Homologación de Trofeos deCaza.

1.- A Comisión de Homologación de Trofeos de Caza é unorgano adscrito á Consellería de Agricultura, Gandería eMontes que ten como función principal a homologacióndos trofeos de caza, conforme as fórmulas e os baremosestablecidos polos organismos nacionais e interna-cionais.

2.- A súa composición e réxime de funcionamento determi-narase regulamentariamente.

Page 50: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

53

TÍTULO VIIDas granxas cinexéticas

Artigo 54.-Requisitos para o seu establecemento.

1.- Considérase granxa cinexética, para os efectos desta lei,toda explotación agroindustrial dedicada á producciónde pezas de caza para a súa comercialización, vivas oumortas. Así mesmo terán tal consideración as pequenasinstalacións, independentemente da súa titularidade, queproduzan especies cinexéticas.

2.- Para establecer unha granxa cinexética é precisa a auto-rización administrativa previa da Consellería deAgricultura, Gandería e Montes. Os interesados deberánpresentar, xunto coa solicitude, un proxecto subscritopor técnico competente, no que se prevexa, ademais dosdatos técnicos de construcción, instalacións e presupos-to, os aspectos hixiénico-sanitarios, as especies que sevan criar, o programa de producción, o programa de con-trol zootécnico-sanitario e o destino previsto das pezasproducidas. Calquera traslado ou ampliación das instala-cións requirirá, igualmente, autorización da Conselleríade Agricultura, Gandería e Montes.

3.- As granxas cinexéticas deberán contar cun servicio deasistencia zootécnico-sanitario, que informará de inme-diato á Consellería de calquera indicio de enfermidadeque poida ser sospeitoso de epizootia ou zoonose.

4.- As granxas cinexéticas están obrigadas a levar un libro-rexistro de pezas no que figurarán os datos que se deter-

Page 51: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

54

minen regulamentariamente. Este libro estará á disposi-ción dos organismos da Administración con competen-cia en materia de caza.

5.- Estas instalacións están obrigadas a face-los controisque a Consellería de Agricultura, Gandería e Montesestableza e a facilitarlle o acceso a elas ó persoal dosorganismos competentes.

TÍTULO VIIIDo réxime fiscal

Artigo 55.-Matrículas.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes expe-dirá a matrícula anual acreditativa da condición cinexéticados terreos suxeitos a réxime cinexético especial.

A taxa anual fixarase atendendo a cualificación outor-gada ó terreo na autorización, en proporción ó número dehectáreas e ó grupo no que se inclúa, de conformidade coanormativa autonómica regulamentadora de taxas, prezos eexaccións reguladoras.

No que se refire as bonificacións, regulamentariamen-te determinarase a porcentaxe e as condicións delas, e tera-se en conta, en todo caso, a superficie dedicada a refuxio defauna, o número de permisos autorizados para cazadoresalleos ou propietarios de terreos non socios, o número desocios e o tipo de Tecor.

Page 52: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

55

As explotacións cinexéticas de carácter comercial, así

como as granxas cinexéticas, estarán suxeitas ó réxime fis-

cal das explotacións mercantís.

Así mesmo non se contabilizará para efectos da taxa da

matrícula anual a superficie en hectáreas que se dediquen a

vedado de caza cando menos durante dous anos.

TÍTULO IX

Das infraccións e sancións

CAPÍTULO I

Das infraccións

Artigo 56.- Concepto e clases de infraccións administra-tivas.

l.- As accións ou omisións que infrinxan o establecido

nesta lei darán lugar a responsabilidade de natureza

administrativa, sen prexuízo da esixible na vía penal ou

civil.

2.- Para os efectos desta lei, as infraccións clasifícanse en

leves, graves e moi graves.

Page 53: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

56

Artigo 57.-Das infraccións leves.

Son infraccións leves:

1) Cazar sendo menor de dezaseis anos.

2) Cazar con armas de fogo sen ter acadada a maioría deidade cando se faga a máis de cincuenta metros do caza-dor maior de idade encargado da vixilancia do menorou cando non se cumpran as súas indicacións.

3) Non vixiar eficazmente as actividades cinexéticas domenor que utilice armas de fogo o cazador maior deidade encargado desa vixilancia.

4) Non levar consigo durante o exercicio da caza a docu-mentación preceptiva, aínda sendo titular dela.

5) Abater ou intentar abater unha peza que fose levantadae sexa perseguida por outro ou outros cazadores e polosseus cans.

6) Practica-la caza dacabalo cando non se dispoña de auto-rización para iso.

7) Cazar pombas nos seus bebedoiros habituais ou amenos de mil metros dun pombal agroindustrial debi-damente sinalizado.

8) Establecer pombais agroindustriais sen autorización.

9) Cazar pombas mensaxeiras, deportivas ou bochonasque teñan as marcas establecidas para o efecto.

10) Non impedir en época hábil que os cans propios vaguensen control por terreos cinexéticos.

Page 54: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

57

11) Transitar con cans sen a debida dilixencia para evitar-lles molestias ás pezas de caza, ás crías ou ós seus ovos.

12) Non exerce-la debida vixilancia sobre os cans pastoresde gando para evitar que lles causen prexuízos oumolestias ás pezas de caza.

13) Incumpri-las normas que regulen o adestramento decans nas zonas que se establezan para o efecto.

14) Non cumpri-las normas sobre caza en camiños e augaspúblicas que atravesen ou linden con terreos sometidosa réxime cinexético especial, ou cazar nestes lugaressen o debido permiso.

15) Incumpri-las normas que se establezan sobre a activida-de cinexética en relación con determinados terreos porrazón de cultivos ou repoboacións forestais.

16) Calquera práctica que tenda a alterar e alarmar, atraerou espanta-la caza en terreos alleos ou zonas protexi-das.

17) Infrinxi-lo disposto respecto da entrega e do cobramen-to de pezas de caza feridas ou mortas que entren enterreos cinexéticos doutra titularidade, cando o peticio-nario de acceso acredite que a peza foi ferida en terreoonde lle estaba permitido cazar.

18) Entrar con armas ou cans en terreos abertos sometidosa réxime cinexético especial, para cobrar unha peza decaza menor ferida fóra del, sempre que se encontre enlugar visible desde o lindeiro.

19) Infrinxi-las limitacións ou prohibicións que regulen oexercicio da caza en terreos sometidos a réxime cinexé-

Page 55: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

58

tico especial, cando o infractor estea en posesión docorrespondente permiso para exercita-la caza neles.

20) Incumpri-lo que se estableza regulamentariamentesobre a caza de aves migratorias.

21) Contravi-las disposicións sobre a caza de aves acuáticasdesde postos fixos e sobre cans de persecución ou cetre-ría.

22) Practicaren a caza con armas ou con calquera outromedio ou arte os auxiliares dos cazadores que asistan ental calidade.

23) Estar en posesión de armas ou municións non permiti-das para a modalidade de caza que se estea practicando.

24) Solicita-la licencia de caza estando inhabilitado paraobtela por resolución firme, en tanto dure a inhabilita-ción ou estea pendente de pago algunha sanción firme.

25) Posuír sen autorización ou identificación lazos, tram-pas, garamelos, costelas, buíces, nasas ou esparrelas,arbolillo, varetas, rametas, barracas ou paranys, artefac-tos que requiran para o seu uso o funcionamento demallas, redes abatibles, redes néboa ou verticais ouredes canón, todo tipo de medios que impliquen o usode visgo, furóns e posfas, entendendo por tales aquelesproxectís múltiples que teñan un peso igual ou superiora 2,5 gramos.

26) Posuír, con fins de caza, aparellos electrocutantes ouparalizantes, cebos, gases ou substancias velenosas,paralizantes, tranquilizantes, atraentes ou repelentes,

Page 56: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

59

productos para crear rastros de olor, explosivos, anzoise arames.

27) Anelar ou marcar pezas de caza sen a debida autoriza-ción, ou non remitirlle á Administración os aneis ou asmarcas oficiais que posúan as pezas abatidas.

28) Incumpri-las condicións que se fixen nas autorizaciónspara realizar batidas.

29) Incumpri-la obriga de dar conta do resultado das cace-rías.

30) Incumpriren os cazadores as limitacións contidas noplan de ordenación cinexética oficialmente aprobado,agás que estivese tipificado como infracción específicade maior gravidade nesta lei.

31) Non cumpri-las disposicións específicas dictadas oucursadas ós titulares de terreos suxeitos a réxime cine-xético especial sobre o seu funcionamento.

32) Transportar caza morta sen cumpri-las disposicións quea regulamenten ou non cumprir cos requisitos que, parao efecto, se establezan.

33) Transportar en vehículos motorizados armas desenfun-dadas e listas para o seu uso, aínda que non estivesencargadas, en época hábil.

34) Estar en posesión, en épocas de veda, de pezas de cazamenor mortas das que non poida xustificarse suficiente-mente a súa procedencia.

35) En xeral, incumpri-los requisitos, as obrigas, as limita-cións ou as prohibicións establecidas nesta lei, candonon sexa constitutivo de infracción grave ou moi grave.

Page 57: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

60

Artigo 58.-Das infraccións graves.

Son infraccións graves:1) Cazar ou portar medios dispostos para a caza sen auto-

rización ou sen cumpri-los requisitos establecidos entempo de veda, épocas, horas, lugares ou circunstanciasprohibidas.

2) Cazar non sendo titular de licencia ou estando inhabili-tado para iso.

3) Falsea-los datos na solicitude da licencia de caza.4) Cazar con redes ou artefactos que requiran para o seu

uso o funcionamento de mallas, redes abatibles, redesnéboa ou verticais ou redes canón.

5) Cazar utilizando algún dos procedementos ou instru-mentos relacionados nos números 25 e 26 do artigoanterior, así como calquera outro medio masivo ou nonselectivo.

6) Utilizar animais vivos, mortos ou naturalizados, comochamariz, sen autorización expresa ou en contra dasdisposicións establecidas nela.

7) Aproveitar de xeito abusivo e desordenado as especiesnaturais existentes en terreos suxeitos a réxime cinexé-tico especial ou incumpri-los plans de ordenación eaproveitamento aprobados. A sanción poderá levar apa-rellada a suspensión ou revogación do dito réximeespecial.

8) Impedirlles á autoridade ou ós seus axentes o acceso aterreos suxeitos a réxime cinexético especial ou nonmostra-la súa documentación, así como impedir ouresistirse á súa inspección.

Page 58: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

61

9) Incumpriren os titulares de terreos suxeitos a réximeespecial calquera das condicións impostas na autoriza-ción. A sanción pode levar aparellada a súa anulación.

10) Non sinalizar debidamente os terreos cinexéticos some-tidos a réxime cinexético especial. A sanción pode levaraparellada a suspensión da autorización.

11) Comercializar, introducir, soltar ou transportar exem-plares de caza vivos ou mortos ou ovos de especiescinexéticas incumprindo os requisitos previstos na nor-mativa vixente.

12) Explotar industrialmente a caza sen autorización ouincumpri-las condicións fixadas nesta.

13) Cazar, comercializar, posuír ou transportar pezas decaza, vivas ou mortas, calquera que sexa a súa idade ousexo, no caso de que sexan notorios, cando non concor-den cos legalmente permitidos.

14) Negarse á inspección polos axentes da autoridade debornais, cestos, sacos, armas ou outros aparellos oumedios, cando sexan requiridos para iso.

15) Obstruí-los labores de investigación do paradoiro depezas de caza ilegalmente cobradas.

16) Negarse a mostrárlle-la documentación pertinente parao exercicio da caza ós axentes forestais ou a outrosaxentes da autoridade que o requiran.

17) Infrinxi-las normas específicas da orde xeral de vedas edemais disposicións concordantes respecto do exercicioda caza en terreos cinexéticos.

18) Infrinxi-las limitacións e prohibicións que regulamen-ten o exercicio da caza en terreos sometidos a un réxi-

Page 59: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

62

me cinexético especial cando o infractor non estea enposesión do correspondente permiso para exercita-lacaza neles.

19) Non declararen os titulares ou xestores de terreos some-tidos a un réxime cinexético especial as epizootias ouenvelenamentos que afecten a fauna existente neles ouincumpri-las medidas que se dicten para a súa preven-ción ou erradicación.

20) Posuír pezas de caza maior, viva ou morta, con proce-dencia que non poida acreditarse debidamente.

21) Altera-los precintos e as marcas regulamentarios.

22) Pechar ou cercar terreos con fins cinexéticos sen autori-zación ou sen cumpri-los requisitos establecidos nela,así como danar ou altera-los que estean autorizados.

23) Cazar con armas de fogo sen cumpri-las medidas deseguridade que regulamentariamente se especifiquen.

24) Cazar en liña de retranca facendo uso de armas de fogo,tanto se se trata de caza maior coma de caza menor.

25) Cazar con armas que disparen en refachos ou con armasautomáticas ou semiautomáticas provistas de cargadorque poida conter máis de dous cartuchos, así como coasdotadas de silenciador, visor para o disparo nocturno oumunición non autorizada.

26) Abrir portelos en cercas ou valados ou construír arte-factos, trampas, barreiras ou calquera outro dispositivoque sirva ou poida servir para beneficiarse da caza, asícomo destruír ou dana-las instalacións destinadas á pro-tección e ó fomento da caza.

Page 60: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

63

27) Cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especialou terreos cercados, aínda cando non se cobrase nin-gunha peza, sen estar en posesión do correspondentepermiso.

28) Portar armas de caza desenfundadas, sen a oportunaautorizacion, cando se transite polo campo en época deveda.

29) Cazar con armas ou medios que precisen de autoriza-ción especial sen estar en posesión do correspondentepermiso.

30) Realizar monterías, batidas e axotamentos sen a oportu-na autorización.

31) Cazar sen ter contratado o seguro obrigatorio do caza-dor ou telo caducado.

32) Destruír, alterar ou cambia-los sinais indicadores dacondición cinexética dun terreo.

33) Facer uso indebido de armas raiadas ou escopetas decaza en zonas de seguridade ou proximidades.

34) Atribuírse indebidamente a titularidade de terreossometidos a réxime cinexético especial.

35) Destruír tobeiras, zonas de cría ou espacios de reuniónhabitual das especies da fauna silvestre, tanto cinexéti-ca coma non cinexética.

36) Arrendar ou ceder a título oneroso ou gratuíto as auto-rizacións para o aproveitamento cinexético de terreossometidos a réxime cinexético especial. A sanción leva-rá aparellada a anulación da autorización.

Page 61: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

64

37) Cazar fóra do período comprendido entre unha horaantes da saída do sol e unha hora despois do seu ocaso,agás autorización expresa.

38) Cazar cando por circunstancias metereolóxicas ou cal-quera outra circunstancia estea reducida a visibilidade,de forma que poidan producirse perigos para as persoasou para os seus bens.

39) Cazar servíndose de animais ou vehículos como mediode ocultación.

40) Entrar con armas ou outras artes autorizadas en terreocercado, ou con prohibición permanente de cazar, nonacollido a outro réxime cinexético especial, cando exis-tan nos seus accesos sinais ou carteis que prohiban acaza no seu interior.

Artigo 59.-Das infraccións moi graves.

Son infraccións moi graves.

1) Cazar en refuxios de fauna ou reservas de caza ounaquelas zonas dos espacios naturais protexidos onde oexercicio da caza estivese expresamente prohibido senestar en posesión dunha especial autorización, aíndaque non se cobrase ningunha peza.

2) Soltar especies exóticas ou animais infectados.

3) Usar explosivos, velenos ou outras substancias tóxicasco fin de cazar ou eliminar especies animais.

4) Falsear intencionadamente os datos para a obtención deautorizacións e concesións ou para a inscrición nosrexistros correspondentes.

Page 62: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

65

5) Cazar servíndose ou aproveitándose do lume ou dosseus efectos.

6) Envelenar terreos cando poida ocasionarlles danos áspersoas, ós animais domésticos ou á fauna silvestre.

7) Agredir ou adoptar actitudes ameazantes cos axentes daautoridade cando se encontren no exercicio das súasfuncións.

8) Transportar en vehículos motorizados, embarcacións ouaeronaves armas desenfundadas e listas para o seu uso,aínda que non estivesen cargadas, en época de veda, enhoras non hábiles ou en zonas vedadas.

9) Instalar peches electrificados con fins cinexéticos.

10) Destruí-los aniñadoiros ou as áreas de cría das especiescinexéticas.

11) Cazar baixo a influencia de estupefacientes, alcohol,substancias psicotrópicas ou calquera outra droga quealtere sensiblemente as facultades normais do cazadorou a súa capacidade de reacción.

12) Cazar empregando faros, lanternas, espellos e outrasfontes luminosas artificiais, desde aeronaves de calque-ra tipo, vehículos motorizados ou embarcacións enmovemento.

Artigo 60.-Da prescrición das infraccións.

1.- As infracións previstas nesta lei prescribirán: ós seismeses as leves, ó ano ás graves e ós dous anos as moigraves.

Page 63: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

66

2.- O prazo de prescrición comezará a contarse desde o díano que a infracción se cometese.

Nas infraccións derivadas dunha actividade continuada,a data inicial do cómputo será a de finalización da acti-vidade ou a do último acto no que a infracción se con-sume.

3.- Interromperase a prescrición á iniciación, con coñece-mento do interesado, do procedemento sancionador.

CAPÍTULO IIDas sancións

Artigo 61.-Sancións aplicables.

1.- As infraccións tipificadas nesta lei poderán ser sancio-nadas polas autoridades competentes coas sanciónsseguintes:

a) Multa de 10.000 a 100.000 pesetas para as infrac-cións leves.

Multa de 100.001 a 1.000.000 de pesetas para asinfraccións graves e retirada da licencia de caza einhabilitación para obtela dun ano e un día a cincoanos.

Multa de 1.000.001 a 5.000.000 de pesetas para asinfraccións moi graves e retirada da licencia de cazae inhabilitación para obtela de cinco anos e un día adez anos.

Page 64: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

67

b) Suspensión da actividade cinexética ou inhabilita-ción para ser titular de terreos sometidos a réximecinexético especial dun a cinco anos de acordo coagravidade da infracción.

2.- Nos supostos de infraccións graves ou moi graves, a san-ción levará aparellada, se é o caso, a suspensión ou anu-lación da actividade cinexética.

A dita suspensión ou anulación poderá consistir nadeclaración de vedado temporal, na anulación do réximeespecial dos terreos ou da declaración da granxa cinexé-tica, na inhabilitación temporal para comercializar pezasde caza ou na clausura de instalacións, tratándose degranxas cinexéticas, de ata cinco anos.

3.- O importe das multas ás que fai referencia o número 1deste artigo poderá ser actualizado por decreto da Xuntade Galicia tendo en conta as variacións do índice de pre-zos ó consumo.

4.- Nas sancións graves ou moi graves que afecten un Tecorno seu conxunto, deberá solicitarse informe do ComitéGalego de Caza.

Artigo 62.-Criterios para a graduación das sancións.

Para a graduación das sancións teranse en conta osseguintes criterios:

a) A intencionalidade.

b) A transcendencia social e o prexuízo causado ósrecursos cinexéticos, ás especies incluídas en calque-

Page 65: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

68

ra dos catálogos de especies ameazadas ou óshábitats.

e) A situación de risco creada para as persoas ou paraos bens.

d) O ánimo de lucro e o beneficio obtido.

e) A natureza e o volume dos medios ilícitos emprega-dos.

A reincidencia ou reiteración nun período dun ano.De apreciarse esta circunstancia o importe da multapoderá incrementarse nun 50%.

g) No caso de concorrencia de dúas ou máis infrac-cións, impoñerase a sanción correspondente á demaior gravidade.

Artigo 63.-Da retirada de armas e outros medios decaza.

1.- O axente denunciante procederá á retirada das armas eda súa correspondente guía só naqueles casos nos quefosen utilizadas para comete-la presunta infracción, pordisparo directo, morte de animais non cazables ou dis-posición de uso en lugar ou tempo non autorizados. Entodo caso darase recibo no que conste a clase, a marca,o número e o posto da Garda Civil onde quedará depo-sitada.

2.- O uso ou a tenencia durante o exercicio da caza de armasou medios non autorizados dará lugar á súa retirada poloaxente denunciante. As armas serán depositadas no

Page 66: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

69

posto da Garda Civil máis próximo a onde se producei-sen os feitos denunciados.

3.- A negativa á entrega da arma ou dos medios, cando opresunto infractor sexa requirido para iso, poderá darlugar a denuncia ante o xulgado competente para osefectos previstos na lexislación penal e terase como cir-cunstancia agravante no procedemento administrativosancionador.

4.- As armas ou os medios retirados, se son de lícitatenencia e utilización conforme esta lei, serán devoltospor algúns dos seguintes procedementos:

a) De forma gratuíta, cando a resolución recaída noexpediente fose absolutoria ou se proceda ó sobrese-mento deste.

b) Gratuitamente, por disposición expresa do instructordo expediente, no suposto de infracción leve, unhavez tipificada por este a infracción, logo de solicitu-de de devolución polo interesado e sempre que estenon teña pendente de pago sancións por infracciónsdesta lei.

c) Logo de rescate na contía establecida, cando se faganefectivas as sancións e indemnizacións impostas nossupostos de infracción grave ou moi grave. Non obs-tante, o instructor do expediente poderá acordar,unha vez dictada a proposta de sanción, a devoluciónda arma se o presunto infractor presenta aval banca-rio que garanta o importe total da sanción e daindemnización propostas.

Page 67: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

70

d) No suposto de ocupación de cans utilizados comomedio de captura ou acoso de animais, aqueles que-darán en depósito do denunciado, que deberá aboarunha cantidade en concepto de rescate.

e) Ás armas comisadas daráselle-lo destino establecidona lexislación do Estado na materia. Os demaismedios materiais non rescatados serán alleados oudestruídos.

Artigo 64.-Indemnizacións e multas coercitivas.

1.- As sancións serán compatibles coa esixencia ó infractorda reposición da situación alterada por el ó seu estadoorixinario, así como coa indemnización polos danos eperdas causados.

2.- Para acada-lo cumprimento das resolucións adoptadas, ede conformidade co disposto no artigo 99 da Lei de réxi-me xurídico das administracións públicas e do procede-mento administrativo común, poderán impoñerse multasreiteradas por lapsos de tempo non inferiores a quincedías e cun importe que non excederá en cada caso de500.000 pesetas.

Artigo 65.-Comisos.

1.- Toda infracción administrativa grave ou moi grave, enmateria de caza, levará consigo o comiso da caza, vivaou morta, que lle fose ocupada ó infractor, así como decantas artes, medios ou animais, vivos ou mortos, que deforma ilícita servisen para comete-lo feito. Ós bens ocu-

Page 68: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

71

pados daráselle-lo destino que se sinale regulamenta-riamente.

2.- Tratándose de cans ou outros animais vivos dos que asúa tenencia estivese autorizada, estes quedarán endepósito do denunciado, e o comiso será substituídopolo aboamento da cantidade que se determine regu-lamentariamente.

3.- A caza viva comisada será posta en liberdade sempreque fose posible. A caza morta útil para o consumo seráentregada nun centro benéfico. No caso da existencia detrofeos, estes serán postos á disposición da autoridadecinexética competente. En calquera caso, o axentedenunciante éxpediralle recibo do comisado ó denuncia-do, no que constará o seu destino e a súa posta á dispo-sición da autoridade correspondente.

CAPÍTULO III Do procedemento e da competencia

Artigo 66.- Do expediente sancionador e da súa caduci-dade.

1.- Para impoñe-las sancións previstas nesta lei, será preci-sa a incoación e instrucción do correspondente expe-diente sancionador de acordo co previsto na normativavixente.

2.- Iniciado o expediente, o órgano que ordenase a súaincoación poderá acorda-la adopción de médidas

Page 69: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

72

cautelares para evita-la continuidade da infracción ou oagravamento dos danos. As ditas medidas deberán serproporcionais á natureza e gravidade da infracción.

3.- O acordo de incoación do expediente sancionador, quese lles debe remitir á persoa ou persoas presuntamenteresponsables, terá que conter como mínimo:

a) Os feitos constatados, destacando os relevantes paraefectos da tipificación da infracción e da graduaciónda sanción.

b) A infracción presuntamente cometida, con expresióndo precepto vulnerado.

c) A proposta de sanción, a súa graduación e cuantifi-cación.

d) A indemnización que proceda polos danos e perdas,se é o caso.

e) As sancións accesorias que procedan.

f) O destino das armas, dos medios ou das pezas ocu-padas ou comisadas.

Artigo 67.-Da presunción de existencia de delicto oufalta.

1.- Cando das características da infracción que motivou oexpediente puidese presumirse a existencia dun delictoou falta sancionable penalmente, daráselle traslado dadenuncia e das actuacións practicadas á autoridade xudi-cial, suspendéndose a actuación administrativa en tantoa autoridade xudicial non se pronuncie.

Page 70: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

73

2.- De non estimarse a existencia de delicto ou falta, conti-nuarase o expediente administrativo ata a súa resolucióndefinitiva, con base, se é o caso, nos feitos que a xuris-dicción penal considerase probados.

3.- A tramitación das dilixencias penais interromperá aprescrición das infraccións.

Artigo 68.-Da competencia para a imposición de san-cións.

A competencia para a imposición das sancións ás quese refire esta lei corresponderalles:

a) Ós delegados provinciais da Consellería deAgricultura, Gandería e Montes, nas infraccións cua-lificadas como leves.

b) Ó director xeral de Montes e Medio AmbienteNatural, nas infraccións cualificadas como graves.

c) Ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, nasinfraccións cualificadas como moi graves.

Artigo 69.-Executividade das resolucións.

l.- Contra as resolucións sancionadoras poderán interpo-ñerse os recursos previstos na lexislación vixente.

2.- A resolución sancionadora será executiva cando sexafirme na vía administrativa.

Page 71: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

74

Artigo 70.-Das denuncias dos axentes da autoridade.

Nos procedementos sancionadores que se instrúan conocasión de infraccións tipificadas nesta lei, as denunciasformuladas polos axentes da autoridade que presenciasen osfeitos, acompañadas dos elementos probatorios dispoñibles,e logo de ratificación no caso de ser negados polo infractor,constituirán base suficiente, agás proba en contrario, paraadopta-la resolución que proceda.

Artigo 71.-Da prescrición das sancións.

1.- As sancións previstas nesta lei prescribirán: ó ano asimpostas por infraccións leves, ós dous anos as impostaspor infraccións graves e ós tres anos as que se impoñanpor infraccións moi graves.

2.- O prazo de prescrición comezará a contarse desde o díaseguinte a aquel no que adquira firmeza a resoluciónpola que se impoña a sanción.

3.- Interromperá a prescrición a iniciación, con coñecemen-to do interesado, do procedemento de execución.

TÍTULO XDo Rexistro de Infractores de Caza

Artigo 72.-Creación do Rexistro de Infractores de Caza.

1.- Créase na Comunidade Autónoma de Galicia o Rexistrode Infractores de Caza, no que se inscribirán de oficiotodos aqueles infractores que fosen sancionados por

Page 72: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

75

resolución firme en expediente incoado como conse-cuencia do exercicio da actividade cinexética.

2.- As inscricións e variacións que se produzan nos asentosdo Rexistro seranlle remitidas ó Rexistro Nacional deInfractores de Caza e Pesca.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, oídoo Comité Galego de Caza, establecerá periodicamente osbaremos de valoración das pezas de caza para efectosindemnizatorios.

Disposición adicional segunda

As autorizacións ás que se refiren os artigos 33, 34, 35e 41 desta lei entenderanse denegadas se transcorrido oprazo dun mes desde a presentación da solicitude corres-pondente non recaeu resolución expresa.

Para as restantes peticións haberá que aterse ó dispos-to na Lei de réxime xurídico das administracións públicas edo procedemento administrativo común.

Disposición adicional terceira

Para os efectos do disposto nesta lei, terán a considera-ción de reserva de caza os terreos da ComunidadeAutónoma de Galicia integrados na reserva nacional de cazados Ancares, sen prexuízo da súa lexislación específica. Areserva nacional de caza dos Ancares, en canto ós terreoscomprendidos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia,quedará suxeita ás disposicións desta lei.

Page 73: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

76

Disposición adicional cuarta

Os Tecor situados en espacios naturais protexidos rexe-ranse pola normativa específica que regule os ditos espa-cios.

Disposición transitoria primeira

Os cazadores que acrediten que estiveron en posesiónda licencia de caza, expedida en calquera ComunidadeAutónoma española, nalgún dos últimos cinco anos, conta-dos desde a data de entrada en vigor desta lei, poderán obte-la licencia de caza na Comunidade Autónoma de Galicia sennecesidade de realizaren as probas de aptitude previstas noartigo 46.4.

Disposición transitoria segunda

1.- Os coutos de caza de titularidade de sociedades ou aso-ciacións de cazadores que estean legalmente constituí-das á entrada en vigor desta lei e cunha superficie supe-rior a dúas mil hectáreas dispoñerán dun prazo de catroanos para solicita-la súa transformación en Tecor. Para odito fin, dentro do referido prazo, deberán presenta-lasolicitude de transformación, acompañada dunha memo-ria explicativa da situación actual do couto de caza, decopia autenticada dos estatutos en vigor da entidade titu-lar, da relación dos socios, da composición da Xunta.

Directiva, dun plano a escala 1:25.000 dos terreos quecomprende e dun plan de ordenación cinexética, quedeberá ser aprobado pola Consellería de Agricultura,Gandería e Montes.

Page 74: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

77

2.- As mesmas condicións para a súa transformación seran-lles aplicables a aqueles coutos que, a pesar do seucarácter societario, figuren a nome dunha persoa físicaou xurídica. Neste caso deberá xustificarse abondo namemoria a razón de tal anomalía e precisar expresamen-te cál é a entidade á que realmente lle corresponde a titu-laridade. De non facerse así, o couto considerarase comocouto privado e o seu titular deberá acreditar formal-mente, na forma prevista no artigo 18 desta lei, a titula-ridade cinexética de todas e cada un dos predios que ointegran, para a súa transformación en Tecor particular.

3.- Os coutos existentes na actualidade que pertenzan asociedades ou asociacións de cazadores, pero cunhasuperficie que non alcance as dúas mil hectáreas, pode-rán fusionarse con outro ou outros lindantes, para cons-tituír un Tecor, incorporarse a outro xa existente, sempreque exista lindancia, ou obte-la superficie necesaria porampliación do primitivo couto sobre terreos de réximecinexético común.

Nos dous primeiros casos abondará co acordo legalmen-te adoptado polas entidades que pretendan fusionarse ouintegrarse, que deberán achegarlle á solicitude de trans-formación os documentos de constitución da sociedaderesultante da fusión ou integración e os demais sinaladosno parágrafo 1 precedente.

Se o aumento de superficie se consegue por ampliaciónsobre terreos que actualmente son de aproveitamentocomún, a titularidade destes deberá acreditarse na formaprevista no artigo 17 desta lei.

Page 75: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

78

4.- Nos casos nos que os procedementos descritos no punto3 non sexan posibles, poderán constituírse Tecor socie-tarios con titularidade compartida por un máximo de tressociedades ou asociacións de cazadores.

Cada sociedade poderá aproveitar de modo exclusivo asuperficie correspondente ó seu couto de caza orixinal,de acordo co plan de ordenación cinexética único, queregulará os aproveitamentos cinexéticos do Tecor.

A superficie mínima dos Tecor societarios de titularida-de compartida será de dúas mil hectáreas continuas.

No caso de non haber lindeiro que posibilite a titularida-de compartida, poderán constituírse Tecor a partir decoutos de caza que non acaden a superficie mínima pre-vista nesta lei mediante a adhesión ó plan de ordenacióncinexética doutro Tecor.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes comu-nicarálles ós ditos coutos de caza a qué plan de ordena-ción de Tecor lindante deberán adherirse.

Para estes efectos, os titulares dun Tecor estarán obriga-dos a facilitarlles ós titulares dos devanditos coutos decaza as normas e directrices básicas do seu plan de orde-nación cinexética co fin de redacta-los correspondentesplans de aproveitamento.

5.- A non presentación da solicitude de transformación noreferido prazo de catro anos a partir da data de entradaen vigor desta lei producirá automaticamente a caduci-dade do couto de caza e os terreos pasarán á condiciónde terreos de réxime cinexético común.

Page 76: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

79

Se a documentación para a súa transformación sepresentase nos seis últimos meses de prazo, mentres oplan de ordenación cinexética non fose aprobado, osterreos terán a consideración de Tecor provisional, nonpermitíndose o exercicio da caza neles.

Disposición transitoria terceira

1.- Os propietarios ou titulares cinexéticos que individual-mente ou mediante asociación voluntaria solicitasencoutos privados de caza que se atopen legalmente cons-tituídos á entrada en vigor desta lei, sempre que teñanunha superficie igual ou superior a dúas mil hectáreas,poderán solicita-la súa transformación en Tecor particu-lar, e dentro do prazo de catro anos acreditarán queseguen conservando a titularidade de conformidade coestablecido no artigo 18 desta lei.

2.- Cando os coutos existentes non acaden a superficiemínima esixida, poderán seguir con igual réxime duran-te o referido prazo de catro anos. Transcorrido ese prazo,pasarán á condición de terreos de réxime cinexéticocomún, agás que con anterioridade se integren conoutros terreos lindantes para constituír un Tecor com-partido, se incorporen a outro Tecor xa constituído ousoliciten e obteñan a transformación dos devanditosterreos nunha explotación cinexética de acordo coas dis-posicións que regulamenten esta figura.

Page 77: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

80

Disposición transitoria cuarta

1.- Os terreos sometidos a réxime de caza controlada, sem-pre que estean adxudicados a unha sociedade de cazado-res colaboradora, manterán este réxime ata o vencemen-to do prazo de adxudicación. Se non estivesen adxudica-dos a ningunha sociedade, extinguiranse automatica-mente á entrada en vigor desta lei.

2.- Vencido o prazo de adxudicación ou extinguido o réxi-me pola causa referida no punto anterior, os terreos afec-tados pasarán á condición de terreos de réxime cinexéti-co común, agás que con anterioridade se inicie a decla-ración doutra figura das recollidas nesta lei.

Disposición transitoria quinta

Os coutos locais de caza que estean legalmente consti-tuídos na actualidade dispoñerán dun prazo de catro anospara solicita-la súa transformación en calquera das figurascinexéticas previstas nesta lei e de acordo coas establecidaspara cada caso.

Disposición transitoria sexta

As explotacións cinexéticas e granxas cinexéticasactualmente existentes dispoñerán do prazo dun ano, desdea data de entrada en vigor desta lei, para adaptarse ó esixi-do nela, pero na súa actividade comercial deberán observa-lo previsto nesta lei desde o momento da súa entrada envigor.

Page 78: Lei de CazaLei de Caza - Consellería do Medio Ruralmediorural.xunta.gal/fileadmin/arquivos/publicacions/caza/lei_caza.pdf · ponden ás diferentes formas de organización social,econó-

81

Disposición transitoria sétima

Os expedientes sancionadores en trámite no momentoda entrada en vigor desta lei rexeranse pola lexislación apli-cable no momento no que se cometeu a infracción, agás quelle sexa máis favorable ó infractor a aplicación desta.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ouinferior rango se opoñan ou contradigan o disposto nesta lei.

Disposición derradeira

Esta lei entrará en vigor ós tres meses, contados a par-tir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial deGalicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de xuño de milnovecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente