letras galegas 2013-roberto vidal bolaÑo
DESCRIPTION
ÂTRANSCRIPT
LETRAS
GALEGAS
2013
ROBERTO
VIDAL
BOLAÑO
CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR
PFAC FORMACIÓN BÁSICA ABALAR
OURENSE – CURSO 2012-13
INDICE
■ POR QUE ÁS LETRAS GALEGAS?.................................... 3
■ HOMENAXEADOS DOS ÚLTIMOS ANOS…………… 6
■ ROBERTO VIDAL BOLAÑO……………………….….. 7
● PRESENTACIÓN……………………………………. 7
● BIOGRAFÍA………………………………………. 7
● OBRAS……………………………………………… 8
● PREMIOS HONORÍFICOS………………………….. 9
● MÁIS INFORMACIÓN …………………………….. 9
■ XOGOS INTERACTIVOS……………………….……….. 11
■ ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS OU CREATIVAS.. 13
NOTA: PODEMOS ATOPAR MOITOS ENDEREZOS CON
RECURSOS VARIADOS PARA TRABALLAR AS LETRAS GALEGAS
NA NOSA PÁXINA WEB DO CENTRO E NO BLOG DO PFAC
FORMACIÓN BÁSICA ABALAR
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipirmansvillar/node/754
http://pfacabalarceipirmansvillar.blogspot.com.es/2013/04/letras-galegas-
2013-roberto-vidal-bolano.html
■ POR QUE AS LETRAS GALEGAS?
Explicamos a orixe da celebración do “Día das Letras Galegas”
Para eso acudimos ás seguintes páxinas que nos aclararán o motivo
polo que se celebra esta data.
http://seminariogalan.org/inicio/dia
Tamén podemos ensinarlles aos alumnos/as os primeiros carteis
adicados á celebración.
http://www.realacademiagalega.org/letras-historia
http://www.realacademiagalega.org/letras-historia
Historia do Día das Letras Galegas
“O Día das Letras é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e
da nosa lingua arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas
producións e eventos culturais de homenaxe á figura escollida. O 20 de marzo de 1963,
coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro,
os académicos de número Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e
Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración do Día das Letras Galegas no seguinte
escrito presentado á Academia:
Con motivo de se celebrar no presente ano o Centenario da pubricación de "Cantares
gallegos" de Rosalía de Castro, os membros numerarios que subscriben someten á
consideración da Xunta xeneral da "Real Academia Gallega", a seguinte proposta:
1º.- Todos sabemos que o libro rosalián editado en 1863, ten sido a primeira obra
maestra con que contóu a Literatura Galega Contemporánea. A súa aparición veu a lle
dar prestixio universal á nosa fala como instrumento de creación literaria. Representa,
pois, un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia.
2º.- A celebración do centenario diste acontecimento, convida a reconsiderar o
siñificado do mensaxe transmitido nos "Cantares". Un mensaxe que, tanto como esprito
e pobo, tanto como universalismo e galeguidade, foi, estéticamente, un mensaxe de
palabra e poesía.
3º.- Velahí por qué, ademáis dos aitos conmemorativos que se orgaícen pra reaitualizar
na conciencia das xentes o acento de tal mensaxe, a Academia -como órgano oficial da
nosa cultura- debería consagrar, con caracter de perdurabilidade, o simbolismo da
data nunha celebración anual.
4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas,
o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha
xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano
viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.
5º.- Ninguén desconoce que o libro ten unha forza simbólica estraordinaria. Sendo a
amosa máis reveladora do nivel cultural dos pobos, non é de estranar o afán de
esparexelo e de lle abrir camiños pra ensanchar o ámpido dos seus leitores. No caso de
Galicia, ningunha data máis axeitada pra enaltecer e difundir o libro eiquí producido,
que a que conmemora a pubricación da obra coa que se encetóu o prestixio
contemporáneo das Letras galegas.
6º.- De atopar eco no acordo dos numerarios da Corporación o contido dista proposta,
compriría dalo a conocer en Nota oficial, recabando a colaboración dos centros
culturás de Galicia e a de todos os Centros Galegos do mundo, pra percurar o ésito
consagratorio da celebración.
O 28 de abril do mesmo ano, en Xunta ordinaria, a Academia resolveu, por
unanimidade, aprobar esta proposta e declarar Día das Letras Galegas o 17 de maio de
cada ano, tal como se recolle na acta da sesión:
[...] O secretario deu a coñecer unha interesantísima proposición que subscriben os
numerarios señores Fernández del Riego, Gómez Román e Ferro Couselo, en relación
coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que se cumpre o 17 de
maio vindeiro. Na súa vista, a asemblea acordou declarar "Día das Letras Galegas" o
17 de maio de cada ano, a partir do presente que esta Corporación celebrará coa
máxima solemnidade, recabando, como se solicita, a colaboración das institucións
culturais do país e a de todos os Centros Galegos do mundo para o maior realce de tan
sinalada efemérede. [...]
Tratándose, xa que logo, do centenario da súa obra, foi Rosalía de Castro a primeira
homenaxeada á que continuarían, desde esa data e sen interrupción, outras moitas
figuras senlleiras da nosa cultura, elixidas en Xunta Ordinaria pola Academia, como se
recolle nos seus Estatutos:
(Capítulo 1, Artigo 2):
Son finalidades da Real Academia Galega
Decidi-la personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das letras
Galegas.
(Capítulo 2, Artigo 7)
Na primeira reunión despois do Día das Letras Galegas, o Plenario da RAG escollerá o
persoeiro a quen se lle dedicará esa conmemoración no ano vindeiro. A figura elixida
deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e
humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En
calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As
propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse
na convocatoria do Plenario correspondente.
Desde 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é
festividade oficial en Galicia. Constitúe, ademais, a meirande conmemoración da nosa
cultura e, arredor dela, desenvólvense numerosos actos organizados non só desde a
Academia, senón tamén desde a Xunta de Galicia, os concellos, os centros de ensino e
outras entidades ou agrupacións civís que participan, en conxunto, no labor de coñecer,
honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenajeada”.
■ HOMENAXEADOS DOS ÚLTIMOS ANOS
Facemos un recordatorio dos últimos homenaxeados das Letras Galegas.
http://www.diadasletrasgalegas.com/
Homenaxeado Ano
Roberto Vidal Bolaño 2013
Valentín Paz Andrade 2012
Lois Pereiro 2011
Uxío Novoneyra 2010
Ramón Piñeiro López 2009
Xosé María Álvarez Blázquez 2008
María Mariño 2007
Manuel Lugrís 2006
Xesús Lorenzo Varela Vázquez 2005
Xaquín Lorenzo Fernández "Xocas" 2004
Antón Avilés Taramancos 2003
Frei Martín Sarmiento 2002
Eladio Rodríguez González 2001
Manuel Murguía 2000
Roberto Blanco Torres 1999
Nos distintos enlaces antreriores podemos aceder á información precisa.
■ ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Iniciamos o desenrolo da actividade para festexar o día das LETRAS
GALEGAS 2013 que este ano homenaxea ao escritor Roberto Vidal
Bolaño co obxectivo de dar a coñecer a súa figura e obra dez anos despois
da súa desaparición.
PRESENTACIÓN:
Presentamos ao homenaxeado deste ano: Roberto Vidal Bolaño
visionando o video elaborado polo CPI dos Dices, Rois,
http://www.youtube.com/watch?v=8l64_-xn0aA
BIOGRAFÍA
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RobVidal
“Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma
cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década
dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas.
Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a
creación do "Grupo Antroido", en 1975, até a súa compañía actual "Teatro do Aquí",
pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o
paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais,
superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historico do noso
teatro A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a
experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e
histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía,
coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto
espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos,
nos que as resonancias de Otero Pedrayo e Valle Inclán se transforman en esmaltes que
enriquecen a súa literatura e agasallan ao lector.
A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios
("Abrente", "O Facho" e "Ciudad de Valladolid"), como aconteceu con outros
integrantes do "Grupo Abrente", o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se
produciu até os anos noventa, cando a obtención de premios institucionais, galegos e
portugueses ("Rafael Dieste", "Alvaro Cunqueiro", "Xacobeo 92", "Eixo Atlántico",
"María Casares"...), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu
coñecemento por parte da prensa e, en consequencia, do público.
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis
novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun
teatro nacional galego”.
OBRAS:
Ao longo da súa vida escribíu numerosas obras das que destacamos :
A burla do Galo; A ópera de o patacón(1.994) ; Agasallos de
sombras(1.992);
Animaliños; As actas escuras 1.994); Bailadela da morte ditosa (1.980);
Cochos(1.986) ;
Criaturas; Daquel Abrente; Días sen gloria( 1.992); Doentes; Integral;
Laudamuco,
Señor de Ningures(1.978); Ledaiñas pola morte de meco (1.976); Mar
revolto; O circo de
medianoite; Maremia; As actas escuras ( 1.994) ........
PREMIOS HONORÍFICOS
Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).
Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa
O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo,
o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande
Xigantón".
O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das Papas e do Unto.
Medalla de oro (Premio ciudad de Valladolid) (1983-1984) por una
adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
Premio Rafael Dieste.
Premio Álvaro Cunqueiro .
Premio Xacobeo (1992) .
Premio Eixo Atlántico .
Premios Max de Teatro (2001) (mejor texto teatral en gallego)
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE ROBERTO
VIDAL BOLAÑO
Podemos coñercer a súa apariencia vendo as diferentes imaxes que se
nos ofrecen dende a seguinte páxina:
http://www.google.es/search?q=LETRAS+GALEGAS+2013&hl=gl&tbm=isc
h&tbo=u&source=univ&sa=X&ei=sTVlUePDD6G57AafqoHADQ&ved=0C
GIQsAQ&biw=1024&bih=539
Complementamos a información vendo uns carteis que nos ofrecen
unha visión divertida da súa vida e traxectoria.
http://seminariogalan.org/2013/exposicion.pdf
Outros carteis están na seguinte páxina:
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/primaria_carteis_2013.pdf
■ XOGOS INTERACTIVOS
Para valorar os coñecementos que temos sobre o autor homenaxeado
podemos acceder a distintos xogos interactivos ou lims.
http://enredemosapedra.blogspot.com.es/2013/04/roberto-vidal-bolano.html
BRINCALETRAS que nos ofrece o espazo Abalar:
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360
326966/contido/letrasgalegas/index.html
https://dl.dropboxusercontent.com/u/60880342/letras%20galegas%202013/
letrasprimaria3/letrasprimaria3.html
No seguinte enderezo atopamos una BATERÍA DE MATERIAIS
DIDÁCTICOS, incluidos varios xogos interactivos para distintos niveis,
que nos ofrece a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística.
http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php
■ ACTIVIDADES COMPLEMETARIAS OU
CREATIVAS
En función do densenrolo da unidade, dos intereses da clase e dos
obxectivos propostos polo profesor/a, realizaranse diferentes actividades
complementarias e creativas como poden ser:
- Debuxos.
- Elaboración de marcapáxinas.
- Traballos sobre o homenaxeado.
- Lecturas de parte da súa obra.
- Dramatizacións.
- Visionado dalgunha das súas obras ( ou anacos).
E nestes enderezos podemos atopar varias ideas que nos axuden a levar
a cabo esta tarefa:
http://www.coordinadoraendl.org/letras2013/materiais.php
http://www.xunta.es/linguagalega/roberto_vidal_bolano
http://seminariogalan.org/inicio/portada
https://sites.google.com/site/recursosletrasgalegasrecursos/2013-roberto-
vidal-bolano