lic bidueiral de montederramo

42
ESPAZOS NATURAIS Bidueiral de Montederramo

Upload: monadela

Post on 13-Jan-2017

34 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: LIC Bidueiral de Montederramo

ESPAZOS NATURAISBidueiral de Montederramo

Page 2: LIC Bidueiral de Montederramo

O espazo protexido ocupa unha parte das abas orientadas ao norte e leste da serra de San Mamede, con altitudes que van dos 1.618 m no cume de San Mamede, ata os 960 m na parte baixa. Inclúe os vales de varios regos cabeceiras do Mao e Queixa (Navea).Polo leste e sur linda con LIC “Macizo Central”.

Page 3: LIC Bidueiral de Montederramo

SITUACIÓN: Na serra de San Mamede, ao oeste do Macizo Central ourensán. Localidades de referencia: Verducedo, Gabín e Montederramo (Montederramo) e Rebordechao (Vilar de Barrio). Comarcas de Terra de Caldelas e de A Limia (Ourense).SUPERFICIE: 1.984 ha CONCELLOS:Montederramo, Vilar de BarrioVALORES NATURAIS:Paisaxe, flora e fauna.

Page 4: LIC Bidueiral de Montederramo

Fragas na aba leste de San Mamede

PROTECCIÓNLugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004.Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014.

Page 5: LIC Bidueiral de Montederramo

Cumes de San Mamede

Page 6: LIC Bidueiral de Montederramo

Aba leste de San Mamede co espazo do Bidueiral

XEOLOXÍA/RELEVOO espazo está situado por completo na serra de San Mamede, seguindo a liña de cumes desde as Chairas de Fardán (1.504 m), ao sur; ata a Coriscada (1.321 m) e as súas caídas na vertente leste e norte.

Page 7: LIC Bidueiral de Montederramo

SERRA DE SAN MAMEDEEsténdese con dirección NO-SE, entre o Alto do Rodicio e os montes de de Correchouso. Está formada por xistos e areiscas que orixinan un releve de formas redondeadas e suaves e nos cumes por granitos de dúas micas que lle dan á paisaxe un aspecto ruiniforme e de grandes penedos. Os cumes máis altos atópanse na zona central: San Mamede con 1.618 m e o Penedo das Canadas con 1602.Esta serra preside as depresións ourensáns de Maceda e A Limia.

San Mamede desde Cabeza de Manzaneda

Page 8: LIC Bidueiral de Montederramo

Penedos graníticos

Page 9: LIC Bidueiral de Montederramo

CLIMAAtlántico de montaña

Cumes de San Mamede con Manzaneda ao fondo

Page 10: LIC Bidueiral de Montederramo

REDE FLUVIALForma parte da cunca do Sil con varias cabeceiras dos ríos Mao Corgas da Aguzadeiras) e Queixa ou Navea (Corgas de Torneiros e do Figueiro).Os ríos discorren por vales encaixados con moito desnivel e conservan nas súas beiras bosque de ribeira cunha rica flora e fauna.

Un dos regos no interior do Bidueiral.

Page 11: LIC Bidueiral de Montederramo

Val dun dos regos que baixan de San Mamede ao Mao

Page 12: LIC Bidueiral de Montederramo

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais alpinos e boreais-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados de sega de montaña-Turbeiras altas activas-'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Acevedos

Page 13: LIC Bidueiral de Montederramo

Matogueiras dos cumes

FLORAAs zonas altas, por mor das queimas sucesivas están cubertas por un mato de xestas, piornos, queirugas, uces... nas abas dos montes hai bosques de bidueiros, capudres, acivros, avelairas, carballos e algún teixo. Unha parte da área está repoboada con piñeiros silvestres. Na sombra destes bosques medra unha variada flora adaptada á falta de luz e á humidade: fentos, liques, musgos, saxífragas, afroixón (Narcissus asturiensis)... e abondan os cogumelos.

Page 14: LIC Bidueiral de Montederramo

O máis destacado deste espazo é o bidueiral situado na aba norte do pico de San Mamede, na zona de O Meixón no que hai gran cantidade de exemplares centenarios. Distínguese pola altitude á que está situado entre os 1.619 e os 1.000 m, e por ser unha das fragas de características eurosiberianas máis ao sur de Galiza e mellor conservadas.

Page 15: LIC Bidueiral de Montederramo

O Bidueiral no verán

Page 16: LIC Bidueiral de Montederramo

Breixos e bidueiros na primavera

Page 17: LIC Bidueiral de Montederramo

Bidueiral do Meixón

Page 18: LIC Bidueiral de Montederramo

Bidueiral do Meixón

Page 19: LIC Bidueiral de Montederramo

O bidueiro ou bido (Betula celtiberica) é unha árbore común en toda Europa Central e Septentrional. É de crecemento rápido e gosta das zonas húmidas de media e gran altitude. Pode acadar os 20 m de altura e ata 100 anos de idade.A copa é cónica e estreita nos exemplares novos e máis redondeada e coas ponlas colgadas nos vellos.Os bidueiros forman bosques mestos (bidueirais ou biduídos). Medran formando rodais arredor das árbores vellas ou mortas. A madeira é branda e lixeira. Úsase para facer cestos, zocas, culleres...

Page 20: LIC Bidueiral de Montederramo

As follas son simples, de forma romboidal ou ovo-triangular coa beira doblemente dentada e o peciolo longo. Miden de 4 a 8 cm de lonxitude e son de cor verde escura.

O toro está cuberto por unha tona lisa de cor branca prateada con liñas horizontais grises. As ponlas novas teñen cor púrpura.

Page 21: LIC Bidueiral de Montederramo

As flores aparecen no verán antes da caída das follas e abren en febreiro-marzo. As flores femininas son acios de 5 ou 6 amentos de cor verde pálida. As flores masculinas son amentos de cor amarela pálida de 2 a 3 cm de lonxitude.

Page 22: LIC Bidueiral de Montederramo

Os froitos son aquenios de pequeno tamaño, de forma oval-aplanada e con dúas ás. Agrúpanse nunha falsa piña que se desfai no outono ao madurar.

Page 23: LIC Bidueiral de Montederramo

Capudre (Sorbus aucuparia)

Page 24: LIC Bidueiral de Montederramo

Sotobosque de fentos e arandeiras

Page 25: LIC Bidueiral de Montederramo

Saxifraga spathularis, unha planta típica do sotobosque húmido de montaña.

Page 26: LIC Bidueiral de Montederramo

Afroixón (Narcissus asturiensis)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus asturiensis

Page 27: LIC Bidueiral de Montederramo

Liques barbudos (Usnea sp). A presenza deste tipo de liques está asociada á humidade e á pureza do aire. Son os liques que acadan maior tamaño.

Page 28: LIC Bidueiral de Montederramo

Rebentabois (Amanita muscaria). Este chamativo cogumelo aparece frecuentemente ao pé dos bidueiros.

Page 29: LIC Bidueiral de Montederramo

Isca dos bidueiros (Piptoporus betulinus)Un fungo asociado aos bidueiros.

Page 30: LIC Bidueiral de Montederramo

FAUNAA fauna tamén moi abundante e variada, con especies típicas dos prados e matogueiras de montañas, dos bosques e das ribeiras.

MAMÍFEROSLobo (Canis lupus), raposo (Vulpes vulpes) , corzo (Capreolus capreolus), xabarín (Sus scrofa), lebre (Lepus granatensis)... Destaca o insectívoro (Galemys pyrenaicus) nos ríos, e os morcegos Rhinolophus hipposideros e Rhinolophus ferrumequinum. Dentro do espazo hai un refuxio cercado con cervos e gamos.

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEGalemys pyrenaicusLutra lutraRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Corzo (Capreolus capreolus)Leirón careto (Eliomys quercinus)

Page 31: LIC Bidueiral de Montederramo

Furafollas (Sorex...). Os micromamíferos son abundantes nos bosques nos que atopan alimento e refuxio. Coello (Oryctolagus cuniculus)

Page 32: LIC Bidueiral de Montederramo

AVESCrían: azor (Accipiter gentilis), gabián (Accipiter nisus), falcón pequeno (Falco subbuteo), rula común (Streptopelia turtur ), moucho de orellas (Otus scops), bufo pequeno (Asio otus), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), cotovía das árbores (Lullula arborea), tordo común (Turdus philomelos), papuxa do mato (Sylvia undata), gabeador azul (Sitta europaea), picanzo vermello (Lanius collurio), corvo grande (Corvus corax)... Tamén se achegan: aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus).

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEAccipiter gentilisAccipiter nisusFalco subbuteoCircaetus gallicusCircus cyaneusCircus pygargusOtus scopsAsio otusCaprimulgus europaeusLullula arboreaSylvia undataLanius collurio

Moucho de orellas (Otus scops)

Page 33: LIC Bidueiral de Montederramo

Paporubio (Erithacus rubecula)

Papuxa montesa (Sylvia undata)

Page 34: LIC Bidueiral de Montederramo

RÉPTILESLagarta da serra (Iberolacerta monticola), lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarta galega (Podarcis bocagei), esgonzo común (Chalcides striatus) ...

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEELacerta monticolaLacerta schreiberi

Esgonzo común (Chalcides striatus)

Page 35: LIC Bidueiral de Montederramo

ANFIBIOSPíntega común (Salamandra salamandra), pintafontes común (Lissotriton boscai), pintafontes verde (Triturus marmoratus), sapiño comadrón (Halytes obstetricans), sapo cunqueiro (Bufo bufo), estroza ou rela (Hyla molleri), ra patilonga (Rana iberica)…

Píntega común (Salamandra salamandra)

Page 36: LIC Bidueiral de Montederramo

INVERTEBRADOSNumerosas especies de bolboretas, escaravellos e arañas. Destacan a lesma (Geomalacus maculosus) e os escaravellos ( Lucanus cervus e Cerambyx cerdo).

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEECerambyx cerdoLucanus cervusGeomalacus maculosus

Cicindela campestris, un escaravello cazador.

Lesma (Geomalacus maculosus)

Page 37: LIC Bidueiral de Montederramo

Escaravello bosteiro (Geotrupes vernalis)

Page 38: LIC Bidueiral de Montederramo

ACTIVIDADESExplotacións forestais, agrogandaría, lecer...

Page 39: LIC Bidueiral de Montederramo

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALO Bidueiral de Montederramo foi un día encrucillada de camiños que conectaban as terras altas de Vilar de Barrio e Maceda coas de Queixa. Contan que o lugar das Gorbias foi sinadalo polo Home Lobo de Allariz, Manuel Romasanta, como un dos lugares onde atacaba ás súas víctimas.

Page 40: LIC Bidueiral de Montederramo

PROBLEMASIncendiosRepoboacións con especies alleas

Page 41: LIC Bidueiral de Montederramo

Bidueiral do Meixón

PUNTOS DE INTERESE-Fraga do Meixón-Cume de San Mamede: vistas panorámicas e capela

Page 42: LIC Bidueiral de Montederramo

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaDebuxos: Mon Daporta

Decembro 2016