lingua catalá 1 - usc · 2019-08-30 · o módulo de catalán distribúese en dous bloques: un...

23
1 Lingua Catalá 1 Maria Mercè López Casas GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2019/2020 FACULTADE DE FILOLOXÍA DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Upload: others

Post on 31-Mar-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

1

Lingua Catalá 1

Maria Mercè López Casas

GUÍA DOCENTE E MATERIAL

DIDÁCTICO

2019/2020

FACULTADE DE FILOLOXÍA

DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA

Page 2: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

2

ÍNDICE

I. Datos descritivos da materia

II. Sentido da materia no perfil dos graos

III. Obxectivos e competencias a desenvolver

IV. Contidos

V. Bibliografía e recursos didácticos

VI. Indicacións metodolóxicas e distribución da carga en créditos ECTS

VII. Sistema de avaliación

VIII. Outras informacións de utilidade

FACULTADE DE FILOLOXÍA. DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA.

ÁREA DE FILOLOXÍA CATALÁ

AUTORA: Maria Mercè López Casas e Dolors Perarnau Vidal

Edición electrónica. 2019

ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial

desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou

outros) sen consentimento expreso por escrito das autoras.

Page 3: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

3

I. DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA

Denominación: Lingua Catalá 1 – código G5041801

Descrición: Curso básico de lingua catalá vencellado ao contexto actual de ensino e aprendizaxe de linguas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL): niveis A1 e A2 Tipo: Optativa para todos os títulos de Grao da Facultade de Filoloxía. Integrada no Módulo Optativo “Catalán. Lingua, cultura e literatura” Grao: Linguas e Literaturas Modernas Curso: 3º, 1º cuadrimestre Número de créditos: 6 ECTS Prerrequisitos: Ao ser un nivel inicial da lingua, non se presupoñen coñecementos previos do idioma, se ben é certo que o dominio de linguas románicas (galego, castelán ou outras) facilita a aprendizaxe da lingua catalá, nomeadamente no tocante á comprensión oral e lectora. Profesora: Maria Mercè López Casas Departamento: Filoloxía Galega Área: Filoloxía Catalá Lingua docente: Catalán (coas matizacións precisas nas linguas galega ou castelá) Horario: de 9 a 10 h, luns (aula B06) de 9 a 11 h, martes (aula B06) Titorías:

Profª Maria Mercè López Casas Despacho 240 Telf: 881 811 795 [email protected]

Os horarios de titorías fixaranse en función da dispoñibilidade dos estudantes e as necesidades docentes.

Page 4: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

4

II. CONTEXTUALIZACIÓN NO PLAN DE ESTUDOS

A materia de Lingua Catalá 1 é a primeira do módulo optativo Catalán. Lingua, cultura

e literatura. Nela o/a estudante adquire os coñecementos básicos da lingua e se

introduce asemade no marco sociocultural.

O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12

créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12 créditos). Este consta de catro

materias, cada unha de 6 créditos, que deben comprenderse de maneira integrada,

por canto lingua e cultura forman un todo. Así mesmo, na docencia das catro materias

trabállanse e teñen presenza tanto os aspectos culturais coma os lingüísticos.

O módulo de Catalán, que pode ser cursado polos estudantes de todos os Graos da

Facultade de Filoloxía (Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura Españolas, Lingua e

Literatura Galegas, Lingua e Literatura Inglesas e Linguas e Literaturas Modernas),

intégrase na Modalidade Mixta (módulo optativo de catalán + módulo

complementario).

Cursar o módulo de Catalán supón engadir unha nova lingua e unha nova cultura ás

xa estudadas nos Graos como Maior e Minor, seguindo os propósitos do Plan Boloña

de enriquecer a formación lingüística dos estudantes de Europa.

SENTIDO DA MATERIA: POR QUE ESTUDAR CATALÁN?

Sumar unha lingua con facilidade

Tender unha ponte cara a aprendizaxe doutras linguas románicas

Afondar noutra cultura hispánica, próxima a nós

Adentrarse na literatura catalá no marco da literatura europea

Estudar nas universidades de dominio lingüístico catalán (SICUE: Barcelona,

Girona, Lleida, Mallorca, València...)

Ter acceso a Másters, Postgraos e Doutoramentos nas universidades catalás

Dispoñer de axudas para ampliar o coñecemento da lingua nos territorios de

fala catalá

Desfrutar do verán aprendendo e compartindo catalán na Mediterránea con

estudantes de todo o mundo

Obter as certificacións oficiais de Catalán na propia USC

Participar en programas de intercambio lingüístico e sociocultural deseñados

pola Área de Catalán

Acceder a cursos de formación de ámbito profesional no dominio lingüístico

catalán

Ampliar o abano de posibilidades na oferta laboral

Page 5: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

5

A importancia dos estudos de catalán mídese na súa presenza nos plans de estudo

das máis prestixiosas universidades do mundo. Na actualidade o catalán estúdase en

151 universidades repartidas en 50 países de catro continentes; e cada ano amplíase

o número de alumnos e de centros de ensino superior que o ofrecen.

III. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS A DESENVOLVER

1. OBXECTIVOS

- Dominio básico do uso da lingua catalá que permita facer fronte a situacións

de comunicación de poca complexidade, propias da vida cotiá (Marco

Europeo Común de Referencia: A1-A2).

- Coñecemento da realidade lingüística e sociocultural da comunidade

lingüística catalá.

- Fomento dunha actitude intelectual aberta e de respecto cara á realidade

plurilingüe e multicultural.

- Desenvolvemento de estratexias de traballo persoal e de aprendizaxe

autónomo.

2. COMPETENCIAS

- Emplear o catalán como medio de comunicación en situacións da vida cotiá,

en situacións de aprendizaxe e como medio de expresión persoal.

- Familiarizarse cos signos gráficos do catalán e sabelos relacionar cos sons

que representan.

- Ler en voz alta coa pronuncia e entonación adecuada.

- Comprender as ideas principais e extraer información específica de textos

tanto orais como escritos, de tipoloxía diversa.

- Dominar as estruturas lingüísticas e o vocabulario precisos para as

necesidades comunicativas básicas.

- Participar adecuadamente en conversas da vida cotiá.

- Interactuar oralmente en contextos comunicativos nos que o estudante

precise dar informacións puntuais.

- Describir, de maneira sinxela, persoas, obxectos, lugares e situacións, tanto

de forma oral como escrita.

Page 6: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

6

- Relatar feitos e acontecementos presentes, pasados e futuros de poca

complexidade, tanto de forma oral como escrita.

- Escribir textos sinxelos coa corrección adecuada.

- Usar o catalán como lingua vehicular da interacción comunicativa propia da

actividade lectiva (entre alumnos/as e co profesorado).

- Saber utilizar dicionarios, libros e materias de consulta de maneira eficaz.

- Coñecer e empregar os recursos que ofrecen as novas tecnoloxías para a

aprendizaxe da lingua e cultura catalás

IV. CONTIDOS

A materia de Lingua Catalá 1 está estruturada en 3 bloques. Cada un destes bloques

consta de tres partes que se traballan de maneira simultánea nas aulas: temas

relacionados coas situacións de comunicación básicas, cos compoñentes gramaticais

e o marco sociocultural precisos para o desenvolvemento integrado e significativo das

diversas destrezas lingüísticas fundamentais.

BLOQUE 1. INFORMACIÓN PERSOAL

TEMAS

O teu perfil - Saudar e identificarse - Dar información sobre un mesmo ou sobre outra persoa: nome, apelidos,

sexo, estado civil, nacionalidade, lugar de nacemento, teléfono, enderezo...

Estudos, traballo e relacións profesionais - Dicir e preguntar o que se estuda e a que se dedica alguén - Dicir e preguntar datos referentes aos estudos e ao traballo

Opinións, gustos e preferencias - Expresar os gustos e preferencias sobre as cousas (espectáculos,

actividades, comidas, deportes, etc.)

COMPOÑENTES GRAMATICAIS Alfabeto, correspondencias de grafía e son A vogal neutra, “o” e “u” atónos. Timbre de “e” e “o” Entoación afirmativa, negativa e interrogativa Artigos. Contraccións e apóstrofo. Guión Demostrativos

Page 7: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

7

Interrogativos com, qui, quant, on, quin, què

Numerais cardinais e ordinais Cuantificadores: molt, bastant, força, una mica, gaire, gens

Pronomes persoais tónicos Uso dos pronomes en construcións enfáticas Pronomes átonos em, et, li, ens, us, els Pronomes adverbiais: en, hi Conectores: també, tampoc (no), doncs A conxunción que encabezando unha interrogativa Presente de indicativo de ser, dir(-se), viure, estar(-se), tenir, fer, anar, agradar,

estimar-se més, preferir, e de verbos regulares da primeira conxugación

Pasado perifrástico de indicativo Léxico relacionado coa idade, o sexo, o estado civil e enderezo Nomes de países, nacionalidades e linguas, de estudos e profesións Xentilicios e sufixos de oficio Verbos que indiquen actividades de lecer

MARCO SOCIOCULTURAL

Dominio lingüístico catalán Calendario festivo: Diada, Tots Sants, Nadal

BLOQUE 2. ENTORNO E SOCIEDADE

TEMAS

Presentacións, relacións familiares e sociais

- Presentarse e presentar terceiras persoas en contextos formais e informais

- Preguntar e dar información sobre a familia: datos persoais, graos de parentesco, estado civil, procedencia ou orixe

- Falar doutras relacións persoais: amigos, compañeiros, veciños, coñecidos...

Descrición física e de carácter

- Identificar a alguén polo seu aspecto físico e xeito de vestir

- Describir a alguén fisicamente, facendo estimacións sobre a súa idade, altura e peso

- Caracterizar o perfil psicolóxico de alguén: carácter, maneira de ser e de comportarse

COMPOÑENTES GRAMATICAIS Elisións e ligazóns fónicas Pronuncia dos sons consonánticos máis específicos do catalán Grafía da vogal neutra e do o/u en posición átona Posesivos Interrogativo com Cuantificador cap Preposicións amb, en, a

Page 8: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

8

Flexión de xénero e número de substantivos e adxectivos Adxectivos e adverbios: bo (bon), dolent, mal; bé (ben), malament, mal Pronomes átonos: et, li, ens, us, el, la, els, les.

Pronomes de complemento directo e de complemento indirecto Conectores: a més, perquè, però Presente de indicativo de conèixer, dur, portar e de verbos regulares da

segunda conxugación. Nomes de parentesco Nomes e adxectivos calificativos para describir características físicas, maneiras

de ser, partes do corpo, pezas de vestir Verbos que indiquen cambios físicos e de carácter: engreixar-se, aprimar-se

MARCO SOCIOCULTURAL

Vida cotiá dos cataláns: a familia, maneiras de ser, vestir, etc. Cataláns universais. Calendario festivo: Sant Josep, Pasqua, Corpus

BLOQUE 3. VIDA COTIÁ E AXENDA

TEMAS

Xornada e tempo de lecer

- Pedir e ofrecer información sobre a vida cotiá de alguén: hábitos e costumes

- Intercambiar información sobre as actividades que se fan no tempo de lecer

- Calendario estacional e festivo

Horario e servizos públicos

- Dar e pedir a hora en catalán

- Informarse e intercambiar información sobre os horarios do transporte público, establecementos, espectáculos e outros servizos

- Indicar frecuencia

Convidar a alguén

- Usar as convencións propias dunha conversa telefónica

- Aceptar e rexeitar propostas e invitacións

COMPOÑENTES GRAMATICAIS

Regras básicas ortográficas do consonantismo Apóstrofo e guión nos pronomes átonos Interrogativos: quan, cada quan Locucións temporais: abans, després, havent dinat/sopat, aviat, d’hora, tard,

abans-d’ahir, ahir, avui, demà, l’endemà, demà passat, de seguida, d’aquí a, l’any que ve, mentre...

Adverbios e expresións adverbiais de frecuencia: ara, sempre, mai (no), gairebé mai (no), sovint, de tant en tant, a vegades, un cop, cada, normalment…

Page 9: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

9

Preposicións de…a, des de… fins a Relativos: que, on Conectores: en canvi

Formas non persoais do verbo: infinitivo, xerundio e participio Perífrases verbais de uso máis habitual: obriga (haver de + inf; caldre),

duración (estar + ger.) Presente de indicativo de haver, ser-hi, anar-se’n, poder, voler e dos verbos

regulares da terceira conxugación (puros e incoativos) Presente de indicativo dos principais verbos irregulares da segunda e terceira

conxugación (beure, escriure, prendre; sortir, obrir, venir)

Futuro e condicional dos verbos regulares Usos dos verbos anar e venir

Verbos que indiquen accións cotiás e do tempo de lecer e vacacións Nomes dos días da semana, dos meses e das estacións do ano Léxico referido ás horas e partes do día Léxico do mundo da cultura e o espectáculo Nomes de edificios e servizos públicos da cidade

MARCO SOCIOCULTURAL

Vida cotiá dos cataláns: costumes, horarios, hábitos culinarios, actividades de lecer, etc.

Calendario festivo: Sant Joan, festa major (castellers, sardanes, correfocs)

V. BIBLIOGRAFÍA E RECURSOS DIDÁCTICOS

MANUAL DO CURSO

MAS, Marta [et al.], VEUS 1. Curs de català. Llibre d'exercicis i gramàtica, Barcelona,

Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2005.

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

ABELLÓ, Xavier & RODRÍGUEZ, Judith, Llengua catalana. Bàsic 1, 2, 3. Barcelona,

Barcanova, 2006. BADIA, Dolors, Llengua catalana. Nivell Llindar 1. L'Àlber, 1997.

BERENGUERAS, J. Ramon & BONAFONT, Rosa. Tradicions per al segle XXI. Quadern de lectura progressiva. Nivell elemental 1 [llibre i CD]. Barcelona, Castellnou,

2005. COMELLES, Salvador [et al.], El Català escrit (Ortografia, Morfologia, Funcions),

Barcelona, Barcanova, 2012. ESTEBAN, Jordi, Català Inicial A1, Barcelona, Teide, 2012.

Page 10: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

10

ESTEBAN, Jordi, Català Básic A2, Barcelona, Teide, 2012.

GUERRERO, Inés [et al.], Nou Nivell Bàsic 1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2010.

MAS, Marta [et al.], Digui, digui... Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia

de Montserrat, Enciclopèdia Catalana, 1996 (3ª ed). MAS, Marta [et al.], Veus 1 i 2. Curs de català. Barcelona, Publicacions de l’Abadia de

Montserrat, 2005-2007. RUAIX I VINYET, Josep, Català fàcil. Barcelona, Claret, 2007.

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

ALEGRE, Montserrat [et al.], Gramaticard. Totes les regles de la gramàtica catalana.

Barcelona, Castellnou, 1995. BADIA, Joan, BALCELLS, Jordi & GRIFOLL, Jordi, Curs de llengua catalana.

Barcelona, Teide, 1994 (3ª ed.). BADIA, Rosa M., Ortocard. Regles d’ortografia catalana. Barcelona, Castellnou, 1995.

BADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramàtica de la llengua catalana: descriptiva, normativa, diatòpica, diastràtica, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1994.

BADIA I MARGARIT, Antoni M., Gramática catalana, 2 vols. Madrid, Gredos, 1985. BERENGUERAS, J. Ramon & BONAFONT, Rosa, Coneixes Barcelona? Barcelona,

Mediterrània, 2004. CLUA, Maria Jesús [et al.] Nivell Bàsic,1, 2, 3. Barcelona, Castellnou, 2004. Diàleg multimèdia 1. Curs de català bàsic [CD-ROM]. Barcelona, Consorci per a la

Normalització Lingüística, 1999.

FERRANDO FRANCÈS, Antoni & NICOLÀS AMORÒS, Miquel, Panorama d'història de la llengua. València, Tàndem, 1993. Galí. Guia per a l’aprenentatge interactiu de la llengua [CD-ROM]. Generalitat de Catalunya. Departament d’Ensenyament. Tamén en liña: http://clic.xtec.cat/gali/ INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Ortografia catalana. Barcelona, IEC, 2017

www.iec.cat/llengua/documents/ortografia_catalana_versio_digital.pdf INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS, (Nova) Gramàtica de la llengua catalana.

Barcelona, IEC, 2016. MAS, Marta, Gramàtica catalana de la A a la Z. Barcelona, Publicaciones de l'Abadia

de Montserrat, 2012. Ortocard: regles d'ortografia catalana. Barcelona, Castellou, 2006.

Page 11: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

11

PELLICER, J. [et. al]. Gramática de uso de la lengua catalana. Barcelona, Editorial Mil999, 1998. ROIG, Nuri (coord.), Passos 1, 2. Barcelona, Octaedro, 2007.

SOLER I AMIGÓ, Joan (coord), Tradicionari : enciclopèdia de la cultura popular de Catalunya. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2005-2007 (9 vols.).

VENY, Joan, Els parlars catalans. Palma, Moll, 1987 (7ª ed.).

VENY, Joan, Introducció a la dialectologia catalana. Barcelona, Enciclopèdia Catalana,

1986 (2ª ed.) Verbicard: tots els verbs catalans conjugats. Barcelona, Castellnou, 2006.

XURIGUERA, J. Baptista, Els verbs catalans conjugats. Barcelona, Claret, 1998 (35ª

ed.). DICIONARIOS E ENCICLOPEDIAS INSTITUT D'ESTUDIS CATALANS. Diccionari de la llengua catalana. 2ª ed.Barcelona, Enciclopèdia Catalana i Edicions 62, 2007. [1ª ed., 1995]. En liña coa adaptación da nova ortografía: http://dlc.iec.cat/

DIDAC Diccionari de català. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 2008. Tamén en liña: http://www.dicdidac.cat/

Diccionaris.cat: http://www.diccionaris.cat/index.php

Diccionari Català-Castellà. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1995.

Diccionari Castellà-Català. Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1997.

Diccionari de la Llengua Catalana Multilingüe, Barcelona, Enciclopèdia catalana, 1997. Tamén en liña: www.multilingue.cat/

Gran Diccionari de la Llengua Catalana, Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1998. Tamén en liña: http://www.diccionari.cat/

Diccionari de la llengua catalana. Institut d’Estudis Catalans, Barcelona, Ed. 62, 2011. Tamén en liña (2007, 2ª ed.): http://dlc.iec.cat/

Gran Enciclopèdia Catalana, 24 vols., Barcelona, Enciclopèdia Catalana, 1986-89. Tamén en liña: http://www.enciclopedia.cat/

OPTIMOT, Barcelona, Generalitat de Catalunya, 2008. Tamén en liña: http://optimot.gencat.cat

Page 12: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

12

RECURSOS DA INTERNET

Activitats del Didac. Actividades para traballar o léxico do Dicionario DIDAC. http://www.grec.net/home/cel/didac/bal/index.jsp

Culturcat. Portal de información sobre a cultura catalá. http://www20.gencat.cat/portal/site/culturacatalana

Lingcat. Portal de información sobre a lingua catalá http://www.intercat.cat/lingcat/

Edu3.cat. Portal educativo de radio e televisión por internet. http://www.edu3.cat/

Festes.org. Espazo de información e recursos sobre as festas populares en terras de fala catalá. http://www.festes.org/index.php

Gramàtica bàsica. Resumen teórico dos aspectos básicos da gramática. http://www.ub.es/slc/autoaprenentatge/gramatik/

Guia de correcció fonètica. Guía do lingüísta Gabriel Bibiloni para a mellora da pronunciación catalá. http://www.bibiloni.cat/correcciofonetica/index.html

Intercat. Conxunto de recursos electrónicos para aprender lingua e cultura catalás, especialmente pensado para estudantes de mobilidade que visiten as universidades catalás. http://intercat.gencat.cat/ca/index.jsp

Muds de mots. Conxunto de unidades didácticas con exercicios sobre léxico de

campos semánticos concretos. http://www.edu365.cat/eso/muds/catala/mudsmots/index.html

Parla.cat. Curso interactivo de catalán estruturado en catro niveis con modalidade libre e tamén titorizada. http://www.parla.cat

Parlacatala.org. Plataforma pensada para establecer intercambios lingüísticos con voluntarios universitarios cataláns. http://www.parlacatala.org

Practicat. Programa de informática educativa en Windows que ten como obxectivo a

realización de exercicios de ortografía catalá. http://www.xtec.cat/cgi/programari_educatiu?REG=practcat

Sons del català. Conxunto de recursos e materiais para o coñecemento e práctica da

fonética catalá. http://www.ub.edu/sonscatala/ Viure a Catalunya. Vocabulari en imatges. Vocabulario básico para persoas que

acaban de chegar a Cataluña e non coñecen a lingua catalá. http://www6.gencat.net/llengcat/publicacions/viure/

VI. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS E DISTRIBUCIÓN DA

CARGA EN CRÉDITOS ECTS

METODOLOXÍA

A metodoloxía empregada neste curso está baseada no enfoque comunicativo por

tarefas e a interacción na aula. Só se traballan de xeito específico aqueles contidos

Page 13: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

13

lingüísticos precisos para desenvolver a actividade comunicativa básica, se ben

xorden e se comentan, a través de textos e demais materiais, outros contidos

lingüísticos de nivel superior.

O manual da materia é o libro VEUS 1. Curs de català. Llibre d'exercicis i gramàtica,

de Marta MAS [et al.], Barcelona, Publicacions de l’Abadia de Montserrat, 2005. A partir das unidades deste manual, botarase man da súa continuación, Veus 2, para

ampliar algúns dos aspectos traballados. Incorporaranse tamén exercicios complementarios extraídos da bibliografía de referencia básica ou ben confeccionados polos docentes a partir de material inventado ou real (fragmentos de obras literarias, artigos xornalísticos, material audiovisual, recursos varios da rede etc.).

TIPOS DE SESIÓN

Teórico-prácticas: exposición breve da docente sobre os contidos e habilidades

lingüísticas a desenvolver e aplicación práctica dos mesmos mediante distintas clases de exercicios.

Interactivas: traballo específico de expresión oral mediante actividades e

distintas dinámicas que fomentan a fala do alumno e a conversa entre os propios estudantes e dos estudantes co profesor.

Titoría de grupo: Clarificación das dúbidas e daquelas cuestións que precisen

de tratamento especial. E visionado de material complementario dos contidos do marco sociocultural.

En todas estas sesións realizaranse actividades de todo variadas para poder

practicar as habilidades da lingua nos distintos contextos e, asemade,

achegarse aos diferentes intereses e motivacións persoais.

As actividades de aprendizaxe son as seguintes:

Representacións de roles (Role playing) Presentacións orais do alumnado Diálogos Cancións Situacións problema e dedución de regras Explicacións do profesor Audicións Lectura e comprensión lectora Ditados Cuestionarios Xogos Visionado de series e documentais. Exercicios

Page 14: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

14

- Comprensión textual (con vocabulario e estruturas gramaticais traballadas) tanto oral como escrita e de materiais discursivos diversos: xornalísticos, divulgativos, literarios, bandas deseñadas, etc.

- Produción oral e escrita

- Fonética e lecturas en voz alta

- Reforzo de aspectos gramaticais traballados

- Autocorrección e cocorrección de erros

- Creación para potenciar un aspecto gramatical nun contexto comunicativo pragmático (Diálogos, situacións cotiás, expresión de opinións, etc.)

No tocante á xestión na aula:

Traballo en parellas ou en pequenos grupos (4-5) Actividades co grupo-clase Traballo persoal (tarefa común realizada individualmente) Traballo individualizado (tarefas diferentes realizadas individualmente)

Á marxe do uso normal do material bibliográfico de referencia, téntase ofrecer ao alumnado materiais alternativos á súa aprendizaxe pautada, é dicir, materiais reais e de actualidade que o motiven e axuden a se familiarizar coa lingua dun xeito máis directo e natural. Con esta fin, faise uso da internet e dos principais medios de comunicación cataláns (televisión, radio, prensa, etc.). Ao mesmo tempo, foméntase tamén a práctica do catalán fóra da aula por parte do alumnado, facendo uso destes mesmos medios, do material da biblioteca ou do docente, e de programas virtuais e/ou presenciais de intercambio lingüístico con alumnado de universidades catalás. Como actividade non presencial terá lugar a lectura dun libro en lingua catalá:.

Tradicions per al segle XXI. Quadern de lectura progressiva. Nivell elemental 1 [llibre i

CD] de J. Ramon Berengueras e Rosa Bonafont (Barcelona, Castellnou, 2005).

DISTRIBUCIÓN DA CARGA EN CRÉDITOS ECTS

ACTIVIDADES HORAS

PRESENCIAIS FACTOR

TRABALLO

AUTÓNOMO TOTALES

Sesións teórico-

prácticas 30 2 60 90

Sesións interactivas 19 1 19 38

Titorías de grupo 3 1 3 6

Lectura e traballo do

libro --- --- 8 8

Exame 2 3 6 8

TOTAL 54 96 150

Page 15: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

15

As horas non presenciais corresponden ao traballo autónomo do/da alumno/a e, polo

tanto, responden a unha planificación puramente teórica, dende o momento en que o

estudante é o responsable final do seu traballo.

RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA

- Estudo e traballo continuado dos contidos da materia.

- Puntualidade na entrega dos exercicios e actividades propostas

- Acudir ás titorías sempre que se presente un problema ou dúbida na marcha da

materia.

- Ampliar os contidos do programa coa bibliografía recomendada.

- Practicar a lingua catalá fóra das aulas (cancións, prensa, cine, televisión...) e

entre os compañeiros de clase.

- Participar nas actividades culturais propostas e/ou organizadas pola Área de

Catalán.

- Participar en programas de intercambio lingüístico co catalán.

CRONOGRAMA ESTIMADO DAS CLASES PRESENCIAIS:

SEMANA CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS

1ª e 2ª semanas

Días 9-10, 16-17 setembro

Presentación

Bloque 1. Información persoal

Tema: O teu perfil

Marco sociocultural: Dominio lingüístico catalán

3ª e 4ª semanas

Días 23-24 e 30 setembro

1 outubro

Bloque 1. Información persoal

Tema: Estudos, traballos e relacións profesionais

Marco sociocultural: Dominio lingüístico catalán

Page 16: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

16

5ª e 6ª semanas

Días 7-8, 14-15 outubro

Bloque 1. Información persoal

Tema: Opinións, gustos e preferencias

Marco sociocultural: Calendario festivo

7ª e 8ª semanas

Días 21-22, 28-29 outubro

Bloque 2. Entorno e sociedade

Tema: Presentacións, relacións familiares e sociais

Marco sociocultural: Tots sants. Cataláns universais.

9ª e 10ª semanas

Días 4-5, 11-12 novembro

Bloque 2. Entorno e sociedade

Tema: Descrición de persoas

Marco sociocultural: Cataláns universais.

11ª e 12ª semanas

Días 18-19 , 25-26 novembro

Bloque 2. Entorno e sociedade

Tema: Descrición de persoas

Marco sociocultural: Cataláns universais

13ª e 14ª semanas

Días 2-3, 9-10 decembro

Bloque 3. Vida cotiá e axenda

Tema: Xornada e tempo de lecer. Horarios e servizos

públicos. Convidar a alguén

Marco sociocultural: Hábitos da vida cotiá catalá.

Nadal e Reis

VII. SISTEMA DE AVALIACIÓN

A avaliación dos progresos de aprendizaxe dos estudantes é continua e baséase na

participación activa nas actividades presenciais, na entrega de exercicios de todo tipo

ao longo do curso, nas tarefas finais de cada bloque dos contidos, na lectura e

comprensión do libro proposto e na proba final (oral e escrita), que examina as

competencias e os coñecementos e adquiridos.

Page 17: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

17

O exame final, que ten un valor dun 60 % na cualificación global, consta de dúas

partes: oral e escrita. Ambas as dúas teñen un carácter predominantemente práctico e

seguen a dinámica dos exercicios realizados ao longo do curso.

ASPECTO CRITERIOS INSTRUMENTO PESO

Asistencia, participación e

traballo na aula.

Asistencia e participación

nas actividades culturais.

Exercicios gramaticais e

de redacción

Interese e realización

das actividades orais e

escritas. Corrección e

calidade. Puntualidade

Observacións e notas.

Entrega, revisión e

corrección dos exercicios

10%

Contidos dos tres bloques Asunción dos contidos

teórico-prácticos e

calidade

Tarefas finais (orais e

escritas) de cada bloque 20%

Lectura do libro Calidade de comprensión

e de síntese Cuestionarios e resumes 10%

Comprensión e expresión

oral e escrita

Dominio dos contidos

teórico-prácticos Exame final escrito e oral 60%

Para superar a materia é preciso ter aprobado o exame final. Os exames finais (parte

oral e escrita) tanto de xaneiro como de xuño realizaranse na data establecida

oficialmente polo centro:

8 de xaneiro de 2020, 9:30 h, D15-Seminario

11 de xuño de 2020, 9:30 h, D15-Seminario

Nos casos nos que o/a estudante estea en circunstancias excepcionais que lle impidan

asistir regularmente a clase, ademais do exame final, deberá facer traballos acordados

cos profesores para suplir a aprendizaxe presencial.

Os estudantes exentos da asistencia ás aulas serán avaliados polo exame de xuño,

que terá un valor dun 100% da cualificación final.

No caso de alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na

instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o 100% correspondente á asistencia

e participación será complementado cun sistema individualizado de avaliación acorde

aos motivos de dispensa.

Page 18: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

18

VIII. OUTRAS INFORMACIÓNS DE UTILIDADE

PROBAS OFICIAIS DE LINGUA CATALÁ

A Área de Filoloxía Catalá organiza e administra, anualmente e para toda Galicia, as

probas oficiais para a obtención dos Certificats de Català do Institut Ramon Llull,

encargado da avaliación e certificación dos coñecementos de lingua catalá fóra do

dominio lingüístico. Estas certificacións permiten acreditar o grao de coñecemento da

lingua catalá tanto a efectos académicos como laborais (administración pública,

empresas, institucións) e teñen para todos os efectos a mesma validez e eficacia que

as que expide a Dirección Xeral de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, a

Dirección Xeral de Política Lingüística do Govern de les Illes Balears e a Xunta

Calificadora de Coñecementos de Valenciano da Generalitat Valenciana.

Para máis información: https://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/certificats_intro.cfm

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS CONSONTE O MARCO COMÚN DE REFERENCIA:

NIVELLS COMUNS DE REFERÈNCIA LLENGÜES (CONSELL D'EUROPA)

CERTIFICATS DE LLENGUA CATALANA INSTITUT RAMON LLULL

D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GENERALITAT DE CATALUNYA

JUNTA QUALIFICADORA DE CONEIXEMENTS DE VALENCIÀ

D. G. DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA GOVERN BALEAR

Usuari bàsic A1

- - - -

Usuari básic A2 Nivell bàsic (A2) Nivell bàsic (A2) Coneixements orals

Nivell A2

Usuari independent B1

Nivell elemental (B1)

Nivell elemental (B1)

Grau elemental

Nivell B1

Usuari independent B2

Nivell intermedi (B2)

Nivell intermedi (B2)

-

Nivell B2

Usuari experimentat C1

Nivell de suficiència (C1)

Nivell de suficiència (C1)

Grau mitjà

Nivell C1

Usuari experimentat C2

Nivell superior (C2)

Nivell superior (C2)

Grau superior

Nivell C2

Cómpre sinalar que durante o segundo cuadrimestre, o Centro de Linguas Modernas

da USC ofrece dous cursos de preparación para o acceso aos certificados de nivel

Elemental, Intermedi e Suficiencia, dirixido a todos aqueles que estean interesados en

se presentaren a algún dos niveis de certificación.

Para máis información: http://www.usc.es/es/servizos/clm/cursos/catalan/

Page 19: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

19

ESTADÍAS DE FORMACIÓN

O Institut Ramon Llull, conxuntamente con outras institucións, organiza estadías de

formación lingüística e cultural pensadas para mellorar a competencia lingüística e os

coñecementos culturais dos estudantes de catalán do exterior por medio de cursos,

conferencias, visitas e actividades complementarias.

ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A VALÈNCIA (AVL – IRL)

A Acadèmia Valenciana de la Llengua e o Institut Ramon Llull organizan

durante o mes de xullo unha estadía lingüística dirixida a estudantes de

catalán/valenciano das universidades do exterior. Este programa é unha boa

opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán para

mellorar os seus coñecementos de lingua e coñecer a cidade de Valencia. A

estadía combina cursos de lingua e cultura cun programa de actividades

culturais e de lecer.

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar o ter cursados estudos de lingua (catalán/valenciano) en

calquera universidade de fóra do ámbito lingüístico cun coñecemento do nivel

A2 ou superior (MCERL).

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_valencia.cfm

CAMPUS UNIVERSITARI DE LA LLENGUA CATALANA

O Campus Universitari de la Llengua Catalana, froito da colaboración entre o

Goberno de Andorra e o Instituto Ramon Llull, ofrece aos estudantes, grazas

aos cursos de lingua e á participación nun amplo abano de actividades culturais

e de lecer, a posibilidade de se integraren no tecido social e no contexto natural

de Cataluña e Andorra. Esta inmersión lingüística e cultural entre a Costa

Brava e o Pirineo andorrano permite aos participantes poder vivir plenamente

en catalán durante uns días.

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 50 horas de estudos de lingua

catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico, e ter un

coñecemento e dominio básicos de catalán oral.

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_campus.cfm

Page 20: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

20

ESTADA LINGÜÍSTICA D’ESTIU A LES ILLES BALEARS

O Institut Ramon Llull, en colaboración coa Universitat de les Illes Balears,

organiza durante o mes de setembro unha estadía lingüística dirixida a

estudantes de catalán das universidades e outros centros docentes do exterior.

Unha boa opción para todas aquelas persoas que queiran aproveitar o verán

para mellorar os seus coñecementos de lingua catalá e coñecer a cidade de

Palma e a illa de Mallorca. A estadía combina cursos de lingua e cultura catalás

cun programa de actividades culturais e de lecer vencelladas ao turismo

cultural da illa.

Cursos de lingua: Nivel Elemental (B1 MECR) e Nivel Intermedio (B2 MECR)

Calendario: inscrición abril-maio.

Requisitos: Cursar ou ter cursado un mínimo de 100 horas de estudos de

lingua catalá en calquera universidade de fóra do dominio lingüístico.

Para máis información:

http://www.llull.cat/catala/aprendre_catala/estades_linguistiques_balears.cfm

PROGRAMAS E ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS

PROGRAMAS DE INTERCAMBIOS LINGÜÍSTICOS:

PARELLÆS

A Área de Filoloxía Catalá da USC convoca -cando é factible- o programa

PARELLÆS, programa académico de intercambio lingüístico catalán-

galego/galego-catalán entre alumnos e alumnas da Universidade que falen galego

ou catalán e desexen aprender, practicar ou mellorar a outra lingua.

Coa vontade de ir máis aló do simple intercambio lingüístico, este programa non só

pretende ofrecer aos estudantes a oportunidade de practicaren e melloraren o

idioma, senón tamén de coñeceren, de primeira man, a súa cultura. Ademais, o

feito de que ambas as dúas sexan linguas minorizadas do estado é de especial

relevancia, xa que o programa se presenta como lugar privilexiado para traballar e

desmitificar moitas das problemáticas sociolingüísticas e culturais.

Page 21: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

21

PARELLES LINGÜÍSTIQUES VIRTUALS

Pensado para todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o

catalán de maneira presencial, o Institut Ramon Llull xuntamente coas

universidades da Xarxa Vives pon en marcha o programa “Parellas Lingüísticas

Virtuais”.

Este programa está concibido para poñer en contacto estudantes de fóra, que

teñan uns coñecementos básicos de catalán e que queiran practicar catalán, con

estudantes cataláns que queiran conversar cos respectivos estudantes

estranxeiros asignados.

Para máis información e rexistros: http://www.parlacatala.org/

CAFÉ DE IDIOMAS

Trátase dun intercambio lingüístico presencial en lingua catalá, pensado para

todos aqueles que por varias circunstancias non poden practicar o catalán de

forma habitual. Participan no café de idiomas tanto persoas catalás coma

estudantes de lingua catalá ou calquera persoa con coñecementos de catalán que

queira practicar a lingua oral. Non se trata de clases de conversación, polo que

non hai persoas que guían a sesión nin obrigas. É un encontro libre entre xente

cun interese común: practicar a lingua catalá

Lugar: Biblioteca Ánxel Casal

Para máis información:

http://rbgalicia.xunta.es/santiago/index.php?subApartado=28?

ACTIVIDADES EXTRAACADÉMICAS:

Polo que fai ás actividades extraacadémicas, a Área de Filoloxía Catalá encárgase

tamén de organizar durante todo o curso seminarios e conferencias, ciclos de cine,

viaxes e outras actividades culturais para os estudantes de lingua e literatura catalás e

para todos aqueles interesados na lingua e cultura catalás.

Page 22: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

22

SELECCIÓN DE PÁXINAS WEB DE INTERESE

ORGANISMOS:

Institut Ramon Llull http://www.llull.cat

Web de Llengua Catalana de la Generalitat de Catalunya

http://www.gencat.cat/llengua

Consorci per la Normalització Lingüística

http://www.cpnl.cat/recursos

Institut d’Estudis Catalans (IEC) http://www.iec.cat

Direcció General de Política Lingüística del Govern de les Illes Balears

http://dgpoling.caib.es

Direcció General de Política Lingüística i Gestió del Multilingüisme de la Generalitat Valenciana

http://www.ceice.gva.es/va/web/dgplgm/politica-linguistica

Servei de Política Lingüística del Govern d’Andorra

http://www.catala.ad/

GUÍAS DE RECURSOS LINGÜÍSTICOS:

La Llengua Catalana i Internet http://www.bibiloni.cat/index/index.html#II1

Portal de recursos lingüístics de la Xarxa Vives d’universitats

http://www.llengua.info/

Optimot. Consultes lingüístiques

http://aplicacions.llengua.gencat.cat/llc/AppJava/index.html

INFORMÁTICA E PROGRAMARIO:

Softcatalà http://www.softcatala.org/

Page 23: Lingua Catalá 1 - USC · 2019-08-30 · O módulo de Catalán distribúese en dous bloques: un adicado á lingua catalá (12 créditos) e outro á cultura e literatura catalás (12

23

PRENSA, RADIO E TELEVISIÓN:

El Punt/Avui http://www.elpuntavui.cat

Ara http://www.ara.cat/

La Vanguardia (ed. cat) http://www.lavanguardia.com/encatala

El Periódico de Catalunya http://www.elperiodico.cat/ca/

Diari d’Andorra http://www.diariandorra.ad/

Diari de Balears http://www.diaridebalears.com/

Segre http://www.segre.com/

Regió 7 http://www.regio7.cat/

El Temps http://www.eltemps.com

Vilaweb http://www.vilaweb.com/

Portal de revistes en català http://lesrevistes.cat/

Catalunya Ràdio http://www.catradio.cat

COM Ràdio http://www.comradio.com

Països Catalans.fm http://www.paisoscatalans.fm/

Televisió de Catalunya http://www.tv3.cat/

Ràdio Televisió de les Illes Balears http://ib3tv.com/

À punt https://apuntmedia.es/va/

Països Catalans.tv http://www.paisos-catalans.tv/

Llull TV www.llull.tv.cat/

BUSCADORES:

Som-hi http://www.som-hi.com/

Nosaltres http://www.nosaltres.cat

Cercador http://www.cercat.com