magosto-festa do outono

16

Upload: cep-pedro-caselles

Post on 24-May-2015

2.679 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO
Page 2: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

1 Bolos

2 Canicas

3 Petanca

4 Zancos

5 Saltar corda

6 Chave

7 Trompo

8 Sogatira

9 Mariola

10 Marro

11 Brilé

12 Ra

Page 3: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Na tradición hai moitas variedades de xogos dos bolos, o máis coñecido aquí é o bolo celta; pero imos practicar outra modalidade, na que lanzamos unha bola polo chan, para que rodando derrube o maior número posi-ble de bolos, que están colocados en trián-gulo co vértice enfrontado ao tirador, facen-do un total de 15 bolos.

Page 4: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

O xogo das canicas ou das bolas é outro xogo tradicional que traballa a precisión e motricidade fina. O chan ideal para xogar é a terra areosa (xabre) propia dos terreiros tradicionais onde xogaban noutros tempos os nenos e nenas. Existen moitos xogos con canicas, e aquí imos xogar á mentira (se xogáramos á verdade, as canicas gañadas quedarían para o xogador). Trazamos no chan unha liña recta que marcará o comezo da partida, e a unha distancia de 2 m aprox, debuxamos un círculo de 20 cm de diá-metro. Cada xogador utiliza dúas bolas: unha para xogar e outra para apos-tar, que depositará dentro do círculo. Trátase de que seguindo a quen-da, cada un teña opurtunidade de tirar a súa bola dende o lugar na que se atopa, para golpear unha ou varias canicas dentro do círculo e con-seguir que saian. As que saque fóra serán gañadas polo xogador. Para comezar a partida lanzan dende posición de pé cada xogador a súa bola como na petanca, coa intención de deixala o máis perto posi-ble da liña. Esa será a orde de xogo: o máis próximo á liña será o pri-meiro en xogar. Cando lanzaron todos a primeira tirada e se determina a orde, collen as canicas e lanzan de igual modo (en posición de pé) para aproxima-las o máis posible ao círculo, pero Ollo!, se queda dentro, pederá o xogo e non terá oportunidade de tirar. Cando todos teñen as súas canicas situadas nas proximidades do círculo, comeza o xogo, tentando cada un de sacar bolas del sen que a súa canica quede “afogada” dentro. O xogo remata cando non quedan máis bolas no círculo.

Page 5: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Xogo de habilidade e precisión. Consiste en poñer a túa bola o máis perto posible doutra máis pequena ou boliche, lanzándoa dende un pun-to inicial do xogo, común para os contrincantes. Poden xogar de dous a catro xogadores, debendo diferenciarse pola cor das bolas que empregue. Cada xogador dispón de dúas bolas, que lanzará segundo a orde seguinte: Sortéase a orde de participación O primeiro xogador lanza o boliche, tendo desta maneira a potestade de situalo perto, lonxe, intermedio... Seguidamente lanza a súa primeira bola. Logo lanzan correlativamente os outros xogadores, cada un a súa primeira bola. Seguidamente compróbase cal é a distancia ao boliche de cada unha das tira-das, e o xogador con pior lanzamento, o máis alonxado, será o primeiro en tirar. Despois da súa tirada vólvese a comprobar quen quedou máis alonxado do boli-che, e será a súa quenda de lanzar a bola. Así ata rematar as tiradas todos os xogadores. Deste xeito pode ser que un xogador non teña que tirar a súa segunda, se coa primeira queda o máis próximo ao boliche. Coas tiradas pódese desplazar o boli-che ou as bolas contrarias ou pro-pias, polo que a situación do xogo pode sufrir variacións mesmo impre-vistas.

Page 6: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Os zancos son instrumen-tos que traballan o equili-brio. Practicando un pouco pronto se consegue cami-ñar sobre os zancos. Trátase de facer un percorrido pola pista, seguindo un camiño tra-zado previamente no que deben “cruzar o río”. Os que non son capaces de cruzalo, móllanse! Tamén hai zancos para os pequenos, con cordas.

Page 7: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

O salto da corda é un xogo popular univer-sal. Hai moitas maneiras e normas, pero o principal é conseguir coordinar o salto, a entrada, a saída, e tamén aos que “dan” a corda. Faremos cunha corda longa saltos colecti-vos, con entradas e saídas conxuntas, su-cesivas, etc.

Page 8: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

O xogo da chave é un xogo de puntería, tradicional galego, no que o lanzador dos “pellos” ten que golpear na chave. Os adultos lanzan dende 18 metros, pero no colexio farémolo máis perto.

Os lanzadores terán tres pellos, con tres intentos para pun-tuar. Se toca no ferro, su-ma 1 punto. Se fai bailar unha as-pa, gaña 3 puntos. Non se contan os golpes no ferro des-pois de caer ao chan o pello.

Page 9: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

O trompo xógase facendo un círculo no chan de aproximadamente 1,5 metros de diámetro. Os participantes tiran o trompo para que “baile” dentro, e cando para, terá que saír do círculo, uti-lizando a súa propia “arrancada” (o que roda cando perdeu o equilibrio). Se non sae do círcu-lo, o propietario terá que deixalo dentro unha tira-da de cada xogador para que teñan oportunidade de “cazalo”. Cada vez que un xogador “caza”(*) outro trompo, gaña un punto. (*) Cazar un trompo é darlle co teu cando o lan-zas dentro do círculo.

Page 10: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Un xogo tradicional moi sinxelo, que fo-menta dunha forma moi simple os roles cooperación—oposición, facendo real o dito: “a unión fai a forza”. O equipo que tire máis coordinadamente, será o ga-ñador. Márcanse dúas liñas perpendiculares á corda no chan, como se fora un río. Cando un equipo pisa o río, perde a ti-rada.

Page 11: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Un xogo de equilibrio e coor-dinación. Trátase de ir avanzando estacións dende a terra ao ceo lanzando a tella e avanzando á pata coxa sen caer. Os xogadores participan por quenda, e cada un fai un percorrido, comezan-do polo máis curto, da esta-ción 1ª, e progresivamente vai incrementando á seguinte ata completar todo o percorrido.

Page 12: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

E un xogo de persecu-ción, no que participan

dous equipos enfrontados nun campo delimitado polas liñas de fondo, que marcan a “ c asa ” respectiva de cada un. O xogador que está no campo, é quen participa como caza-dor ou como presa, alternando o seu papel polo momento de xogo do contrario: O que saiu antes da súa casa, é presa, e escapa ou burla ao cazador ata que entra de novo na súa casa, nese momento pode saír o compañeiro do seu equipo, que comeza a perse-guir ao xogador contrario que estaba en pista, quen pasa de

cazador a presa. Cando hai un xogador cazado, vai

ao cárcere, que é a casa do equipo contrario. Os prisioneiros poden for-mar cadea para facilitar o seu rescate. No caso de que un equipo

prendera a tódolos contra-rios, gañaría o xogo.

Page 13: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Xogo de habilidade e estratexia. Consiste en golpear ou brilar aos contrarios cunha pelota. Dous equipos compiten nun campo rectangular dividido en dúas metades iguais. Cada equipo comeza coa tota-lidade dos seus xogadores agás un dentro do seu cam-po. O único xogador que non está no campo, comeza o xogo na “ portería” , é dicir, por fóra do campo detrás do equipo rival. Tanto os xogadores porteiros como os xogadores de campo poden coller a pelota e tentar brilar a un contrario de campo. O xogador brilado vaise á súa portería e ten unha oportunidade para tentar recuperar a vida brilando a un contrario. Gaña o equipo que brilou a tódolos contrarios.

Page 14: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

Puntos:

Ra 50

Muíño 25

Ponte 10

Buraco 5

Outro xogo de lanzamento e puntería, orixi-nario de Francia, e que consiste en lanzar 10 fichas, procurando metelas pola boca da ra ou por outro dos buracos da mesa, aca-dando unha puntuación que se suma con tódolos acertos das dez tiradas, segundo o esquema de abaixo. Para facelo algo doado, imos lanzar a unha distancia de 2 metros.

Page 15: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO

O xogo da ferradura é outro xogo tradicional de puntería, aproveitando un instrumento moi común noutros tempos en

que o cabalo e o burro eran animais moi empregados para o transporte. Trátase de lanzar a ferradura cara un ferro cravado no chan, para que quede embo-cada nel. Isto require unha técnica axeitada, destre-za no lanzamento, e unha boa dose de sorte. Cada xogador lanzará as catro ferraduras do cabalo, sumando un punto por cada unha que deixe dentro (a ferradura queda envolvendo o pin-cho),

Page 16: MAGOSTO-FESTA DO OUTONO