making a trophy / jewel

34
A árbore secreta maysil Artesanía de Galicia www.maysil.com

Upload: crrrr

Post on 24-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

como se hace un trofeo con pulsera y broche en el interior

TRANSCRIPT

Page 1: making a trophy / jewel

A árbore secreta

maysil

Artesanía de Galicia

www.maysil.com

Page 2: making a trophy / jewel

A artesanía é a obra dos sinxelos artistas, que imprimen un pouco do seu espírito en cada golpe de cincel ou en cada limadura ou en cada forma do

obxeto que está creando.

Arte e artesanía, son dous puntos dun mesmo vértice.

www.maysil.com

Page 3: making a trophy / jewel

Sumario

1.coñécenos:maysilartesanía únicacoñece máis2.datos técnicos do proxecto:descripcióninfluenciasa pratao ouroa madeirao sapelio cuarzoo cuarzo citrinoo cuarzo afumado3.outros datos:a ouriberíaoutros datos a ter en conta

www.maysil.com

Page 4: making a trophy / jewel

1. Coñecenos

www.maysil.com

Page 5: making a trophy / jewel

Maysil

Maysil é un obradoiro de xoiaría situado en A Estrada que se iniciou no ano 1999, pero que conta coa experiencia de moitos máis anos dedicándose a esta actividade por

parte dos seus socios fundadores e artesáns. O lugar de traballo é un moderno espazo contodas as comodidades ergonómicas, maquinaria de todo tipo, oficina onde se realiza o

deseño dalgún dos produtos que requiren da ferramenta informática para seren levados a cabo como os “prototipados” que tamén forman parte da súa carteira de oferta.

Tamén dispón dun espazo dedicado á tenda, que neste momento está activo coma “Show-room”. Neste obradoiro poderemos atopar unha ampla gama de liñas de

produtos de xoiaría, por unha banda pezas irrepetibles, por outra coleccións e taménalgunha serie, creacións de deseño propio ou ben por encarga tal e como elixa o cliente.

Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e conpedra natural –tamén tallan acibeche-, bixutería principalmente orientada á muller

(aneis, brincos, pulseiras, brazaletes, colares,...) aínda que tamén pezas para home como xemelgos, pasadores de garabata.

Trabállase tan só con metais nobres, en prata e ouro tanto amarelo como branco e conpedra natural.

www.maysil.com

Page 6: making a trophy / jewel

Outra liña de negocio está formada polo de regalo de empresa, regalo de voda, de “pedida” e ao agasallo institucional sempre por encarga; dedícase

tamén á fundición que é a produción de pezas xeralmente en grandes cantidades que eles funden de antemán para seren vendidas a outros

obradoiros e ser rematadas e repasadas por aqueles e vendidas a menor custo se o obradoiro cliente elixe esta forma ou ben traballadas na súa totalidade ademais de fundidas se así o preferisen; temos tamén como elemento da súa

oferta “o prototipado”, basicamente consiste en que un cliente realiza a encarga dunha peza, habitualmente tamén para grandes series (un exemplo é a confección de grandes tiradas de pins), cun deseño tanto elixido polo propiocliente ou a incluír no paquete do pedido, co cal a través de técnicas gráficas e informáticas se desenvolve e leva a cabo a confección; e por último unha liñamoi especial que é a “peza de autor”, únicas e exclusivas. As técnicas que se

empregan neste obradoiro son unha mestura entre os amplos coñecementos da xoiaría clásica dos que dispoñen os artesáns e a xoiaría moderna adaptando

unha á outra creando pezas vangardistas con técnicas tradicionais, tratando sempre de ofrecer unha obra que perdure a través do paso do tempo e das

modas.

www.maysil.com

Page 7: making a trophy / jewel

Artesanía única

Neste obradoiro podemos atopar unha infinita gama de produtos, así os propios artesáns non teñen pechada a gama pois tratan continuamente de

innovar e de crear pezas diferentes cheas de harmonía.A cualidade máis destacada da obra destes artesáns é a calidade.

Cando se deciden a elaborar un produto ben sexa como colección ou por encarga, non pensan nin nas modas nin no prezo, traballan con total

liberdade para lograr unha peza que sexa autenticamente “perfecta”, así, considéranse perfeccionistas, a calidade é o que buscan en todo momento, pero

non só a calidade en canto a acabados, senón que tamén a calidade do deseño, gústalles pensar que esa xoia perdurará ao longo do tempo e que non pasará de moda, de aí que os seus deseños son unha mestura de modernismo e

xoiaría clásica, unha xoia que sexa para sempre, que guste onte e mañá.

www.maysil.com

Page 8: making a trophy / jewel

Tamén é doado apreciar que o uso de pedra natural é unha característica dos produtos que podemos atopar neste obradoiro. Só pedra natural, de todas as cores, pois así lles gusta crear, incluso teñen participado en concursos ondea pedra é a protagonista e que tamén a creación de “Xoias de autor” é unha

constante con moito valor para eles, pezas onde cada un deles pon a súacreatividade libre e en estado puro, sabendo que esa peza é única, e que está

traballada con todo o esmero depositado nela para destacar.

www.maysil.com

Page 9: making a trophy / jewel

Coñece máis

María Silva e José Mayer son os artesáns ao cargo do obradoiro, cunha formación técnica e unha experiencia moi extensa na actividadexoieira. Ámbolos dous con estudos cursados na santiaguesa Escola de

Artes Mestre Mateo, contan tamén cunha serie de cursos como Fabricación, engaste e deseño, de Gemología Comercial no Centro de

Estudios e Investigaciones Gemológicas, Curso de gravado e engaste, de Orfebrería, de Deseño de xoiaría por ordenador, entre outros.

Con respecto á súa experiencia é fácil comprobar que se atopa avalada por moitos anos de traballo no sector, así José leva unha impresionante cifra de

15 anos e María 8 anos –ela posúe a Carta de Artesán desde o 1999-como xoieiros, tempo que resulta impresionante se temos en conta que son dous

artesáns novos, polo que se podería dicir que levan traballando no sector practicamente “toda a súa vida”. A nosa artesá tamén foi socia do

movemento cultural “EVA” –evolutive art of jewels-

www.maysil.com

Page 10: making a trophy / jewel

Á súa vez tamén foron gañadores de varios concursos, no caso de Maríaobtendo o 1º Premio do concurso “Diseño de joyería” e partícipe no

concurso de Deseño “De Beers”, e no de José obtendo o Premio ao deseño máis novedoso no IV Concurso Nacional de diseño de joyas

“Joyas de Autor” e acadando o segundo e terceiro lugar en concursos como o I Concurso nacional de azabache e no III Certámen de

artesanía “Antón Fraguas” coa obra Tempo de Labranzas, respectivamente, como premios máis destacados entre outros.

Esta parella de artesáns leva moitos anos complementándose nos seu traballo, os estilos e modos de traballar son lixeiramente distintos o que lles confire

unha riqueza de creatividade ao incorporar nunha obra o mellor de cada undeles. Este reparto de “gustos” apórtalles un equilibro envexable e unha

harmonía ao obradoiro,Hai unha numerosa lista de feiras e exposicións onde nos podemos atopar a

estes dous profesionais da xoiaría, así, temos que exposicións de

www.maysil.com

Page 11: making a trophy / jewel

xoiaría como a Galería Sargadelos, Escola de Artes Mestre Mateo, Metal Art Gallery, Museo do acibeche, Casa da Xuventude de Vigo

“Art’istal”, Centros Comarcais de A Estrada e do Deza, Casa da Cultura de Vigo, Iberjoya e moitas máis e tamén asistencia e participación

en feiras como Intergift, Milán e incluso participación na Pasarela Cibeles baixo o lema “Segunda Piel” entre os moitos méritos e actividades

coas que contan os artesáns. Tamén nos podemos atopar con que os dousartesáns deste obradoiro teñen moitas inquedanzas e aptitudes para levar a

cabo outro tipo deactividades culturais, realizaron numerosas publicacións en prensa, en

xornais como El punto de las Artes, Contraste, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia, revistas tales como Gold&Time,

outras publicacións como o Catálogo do Certame de artesanía Antón Fraguas, Catálogo de movimiento cultural EVA, e no libro “El

azabache piedra mágica, joya, emblema jacobeo”.

www.maysil.com

Page 12: making a trophy / jewel

2.Datos técnicos

www.maysil.com

Page 13: making a trophy / jewel

Pulseira, broche e estoxo-trofeo

Este proxecto consta dunha pulseira e un broche realizados en prata de 925 mm e ouro 18 kt , con cuarzos citrinos e cuarzos afumados, talla oval

facetada de distintas medidas. Tódalas pedras están montadas sobre unha base de madeira de sapeli

tratada con cera natural, para conserva a cor natural da mesma.Cerrando todo o conxunto cun estuxo-trofeo reliazado ca mesma madeira de

sapeli e con polas fundidas en prata de 925mm , coroando a caixa.

www.maysil.com

Page 14: making a trophy / jewel

Influencias

O longo da nosa vida laboral vamos collendo influencias de todo, dende os sitios onde traballamos, os profesores que tivemos, os

compañeiros ,o lugar onde vivimos, etc ,todo isto influe a ora de crear ou deseñar.

Pero indo a unha época concreta na arte, poderiamos relacionar conArt Decó, incluso Art Nouveau..

A influencia do Art Deco está no gusto polas liña xeométricas, eixos de simetría .Roto todo isto polas

formas curvas e redondeadas que se utilizaban mais na etapa anterior que foi o art nouveau. Pero un art nuoveau austriaco o

escoces que foi mais sobrio e sen decoracion vexetai.Todo baixo unha armonía para non caer no error de facer unha peza

demasiado recargada polo que nos atapamos con formas elegantes e equilibradas. O gusto pola cor foi tamén caracteristico nesta época, a

utilizacion dos esmaltes, as pedras naturais. Tamén hai unha influencia celta pola utilización de ouro e a forma de tratálo , é

decir a textura do ouro.

www.maysil.com

Page 15: making a trophy / jewel

A Prata

O seu símbolo químico é AG , que deriva do nome romano de Argentum.En

estado nativo aparece en aglomerados, escamas ou filamentos entrelazados.O seu peso específico é de 10,470 pura ,e de 10,312 de lei. A composición da

prata de lei é de 925 partes de prata pura por 75 partes de cobre .O punto de fusión e de 952 ºC cando e pura ,e de 890 ºC cando é de lei.

A prata pura é de unha cor branca .E non se oxida ,emprégase raramente, por

ser excesivamente branda .Mezclada con cobre dá enton unha aleación moiútil, o cal resulta un metal ideal para ser traballado e adquire un mellor

www.maysil.com

Page 16: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 17: making a trophy / jewel

O ouro

O ouro é un elemento químico de número atómico 79, situado no grupo 11 da tabra periódica . É un metal precioso brando de cor amarela . Seu símbolo é

Au ( do latín aurum).É un metal de transición blando, brillante, amarelo, pesado, maleable e

dúctil. O ouro non reaciona coa maioría dos productos químicos, pero é sensible ao

cloro e a auga rexia.O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas endepósitos aluviais. É un dos metais tradicionalmente empregados para

acuñar moedas . Empregase tamén na xoiería, na industria e na electrónicapola resistencia á corrosión.

www.maysil.com

Page 18: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 19: making a trophy / jewel

A madeira

A madeira é un material ortotrópico atopado como principal contido no tronco dunha árbore . As árbores caracterízanse por ter troncos que crecen

cada ano e que están formadas por fibras de celulosa unidas con lignina.

É un material moi resistente e utilizada ampliamente polos humáns xa dendetempos moi remotos.

Unha vez cortada e secada , a madeira empregase para moitas e diferentes aplicacions.os artistas e carpinteiros tallan e unen trozos de madeira con

ferramentas especiais para fines artísticos ou prácticos.

Na actualidade e dende principios da revolución industrial moitos dos usos da madeira foron sustituidos por metais ou plásticos , non obstante é un

material apreciado pola sua beleza e porque pode reunir caracteristicas que dificilmente conxuganse en materiais artificiais.

www.maysil.com

Page 20: making a trophy / jewel

O sapeli

O sapeli, tamén chamado abebay, toma o nome dun porto fluvial enNixeria, pero atópase ampliamente extendido pola África tropical, dende

Serra Leoa ataUganda e Zaire. A madeira é moi coñecida e importante, que é exportada principalmente dende os países occidentais

africano situados entre a Costa de Marfil e Camerún. Provén de un tronco de árbore moi grande que ten un tronco de máis de 1

m de diámetro .O sapeli é semellante a nogal. Cando se corta ao cuartopresenta algunhas bandas típicas e, ocasionalmente é moteada. É máisescuro, máis denso e máis fino que a caoba africana. .Normalmente

utilizado para o mesmo como a caoba, o sapeli combina unha boa aparenciacunha gran forza e durabilidade. Cortada ao cuarto en forma de placas

decorativas, é usada en portas, pianos,etc... Outros usos: láminas decorativas, carpintería exterior, escadas, tarimas, molduras, mobiliario e ebanistería,

pisos, embarcacions. etc

www.maysil.com

Page 21: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 22: making a trophy / jewel

O cuarzo

O cuarzo é un mineral composto de dióxido de silicio (tamén chamado sílice). Non é susceptible a exfoliación , porque cristaliza no sistema trigonal

( romboédrico). Incoloro en estado puro , pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas .A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros

comúns.Dureza 7 na escala de mohs, 2650 kg/m3 de densidade.

www.maysil.com

Page 23: making a trophy / jewel

O cuarzo citrino

O citrino é unha xema da familia dos cuarzos de cor amarela que ten unha dureza de 7 na escala de Mohs.

O nome provén do latín “Citrus” limón. A súa cor pode variar dende amarelo pálido ata anaranxado.

O citrino natural é moi raro, polo que se soe obter unha pedra similar quentando a amatista, a sua irmá de cor violeta, que é moito mais corrente . Grazas a este

tratamento , a utilización do citrino pasou a ser mais común.As variedades de de bonito color ou transparentes empréganse como pedras para aneis,

colgantes ou pulseiras; as non tan boas para colares ou artes industriais.

.

www.maysil.com

Page 24: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 25: making a trophy / jewel

O cuarzo afumado

O cuarzo afumado ou “fumé” é unha xema da familia dos cuarzos de cor pardo ata negra que ten unha dureza de 7 na escala de Mohs.

A s pedras moi oscuras chamanse “morion”.Decoloranse a temperaturas entre 300 e 400ºC.

Frecuentemente ten inclusións de agullas de rutilo.Non o hai sintético.

.

www.maysil.com

Page 26: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 27: making a trophy / jewel

3.Outros datos

www.maysil.com

Page 28: making a trophy / jewel

A ouribería

Chámase ouribería ao traballo artístico realizado sobre adornos ou utensiliosde metais preciosos .

Os metais que constituen os obxetos de ouribería propiamente ditos soneminentemente a prata e o ouro , ou a mezcla de ambos que na antigüidade

chamábase electrón ou electrum.

Con ditos metais fabricábanse xa dende idades remotas utensilios moivariados coma pezas de adorno, moedas, seguindo o estilo, a ornamentación e

os gustos propios da época e da nación que os elabora , como pode observarsepercorrendo as principais civilizacions.

www.maysil.com

Page 29: making a trophy / jewel

Outros datos a ter en conta

A tradición atribue o descubrimento do tratamento dos minerais a unha mullerexipcia, que habría descuberto a metalurxia do cobre ao caerselle a malaquita ( mena de

cobre) que usaba para pintalos seus parpados no ano 6000 a.c.Ou o mito de “Jason” e de “Hercules”, que invadiron Arcadia onde sufriron a

reación das aves estinfalias do santuario da deusa Artemisa estinfalia, que se defenderon con plumas “como frechas de aceiro”, mito que enmascara o feito de que eran

artesanas metalúrgicas, as cuales usaban armas metálicas.Fala elocuentemente en favor da hipótesis de que a metalurxia atopábase en épocas remotas en mans femininas, o mesmo nome que se lle daba a os metais en diferentes

rexions: son epónimos de diosas ou heroinas.Así, na Grecia o cobre chamábase chalcis,chalkós , epónimo de la reina

Calcis/Chalkis. En Chipre denominase ao cobre : venus, epónimo da deusa Venus, á prata : argira epónimo da deusa Argira. Denominabanse polos turanios caldeos ao

cobre: ea, epónimo de deusa Ea. O nome del cerio deriva do nome da deusa Ceres, o cloro da deusa Cloris, o fosforo da deusa Fosforita, o galio da deusa Galia, o helio de

Helia, o iridio da deusa Iris,o rodio de Rhodia, selenio de Selena, talio de Thallos, uranio de Urania, vanadio de vanadis,....

www.maysil.com

Page 30: making a trophy / jewel

Deseño de pulseira, broche e caixa trofeoMaría Silva Pérez

Realización de pulseira, broche e caixa trofeoMaria Silva Pérez e José Mª Mayer Segade

TextosMaria Silva Pérez

Ano de realización 2009

www.maysil.com

Page 31: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 32: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 33: making a trophy / jewel

www.maysil.com

Page 34: making a trophy / jewel

www.maysil.com

FIN