manuel antonio
TRANSCRIPT
MANUEL ANTONIO
A VANGARDA GALEGA
Nace en Rianxo o 12 de xullo do 1900
Aos 2 anos a familia trasládase a Padrón.
Con catro anos perde ao seu pai,
enfermo de tuberculose.
Vive coa súa avoa e logo co seu tío, sochantre da catedral de Iria Flavia.
Rebélase contra este ambiente relixioso e conservador e aos 11 anos marcha estudar o Bacharelato en Santiago de Compostela.
Santiago será o lugar onde comece a súa militancia no galeguismo e republicanismo.
Non lle interesa o Bacharelato, pero si as cuestións políticas e literarias.
Durante a I Guerra Mundial, pide que o
alisten na Lexión estranxeira francesa para loitar contra os
alemáns.
Como non o conseguiu decide ir el mesmo a Francia, pero detivérono na fronteira e
pasou uns días na cadea.
Intenta, tamén sen éxito, participar na Revolución Rusa de outubro de 1917.
Inicia os estudos de Filosofía e Letras en
Santiago, pero en 1919 abandona a carreira.
Participa en revistas e xornais: Alfar, Ronsel,
A Nosa Terra, Galicia…
Foi Vicente Risco quen o introduciu nos movementos de vangarda europeos.
En 1922 publica con Álvaro Cebreiro o manifesto Máis alá!
Sen pretensións de suficiencia doutoral, nin de ningún outro xeito semellante, a rebeldía duns mozos galegos fai esta chamada á Mocidade intelectual da nosa Terra.
O xestoNon nos erguemos do xeito que o fan a maioría dos que noutras terras publican manifestos máis ou menos literarios.Case todos eles tencionan arrecadar adeptos para algún novo ismo que aparece querendo ser a derradeira verba da moderna Estética cando, en verdade, non son máis que unha nova proba de que un esnobismo operetesco invade a Literatura.Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos.
Os vellosOs vellos non son os que escribiron hai moitos anos -eles son os devanceiros. Os vellos son os que escriben hoxe como se vivisen no antonte dos séculos. E a lei de sucesividade que nos fai respetar aos devanceiros, é a mesma que nos ergue e move para enterrar os vellos en vida, baixo a lousa innabil da súa vulgaridade, pola acefalia que supón o desexo de definir co pasado a hora de hoxe. Esta gafuara, de ser leigada a si mesma, debera irse, por exemplo, a Madrid, metrápole peninsular da barbarie civilizada, onde a súa teimosía anti-cronolóxica encadraría moi ben, completando aquel ambiente de inferioridade. Pero é a nosa desgracia que non só non fan iso senón que aínda teñen o pretendemento, que en parte conseguen, de pasar por persoeiros da nosa cultura; e isto con outras cousas máis, é o que non pode seguir sendo. (...)
En 1923 remata os estudos de Náutica en Vigo: será piloto da mariña mercante.
Entre 1926 e 1927 fai as prácticas no paquebote Constantino Candeira.
Durante a travesía escribe os poemas do seu libro De catro a catro.
Entre 1928 e 1929 fai tres viaxes a América a bordo do buque Gelria. Por último faena
en augas africanas no pesqueiro Arosa.
Desembarca en Cádiz en 1929 por mor do agravamento da tuberculose que padece.
O 28 de xaneiro de 1930 falece en Asados (Rianxo).
O grupo Rompente reivindica a súa figura no manifesto: Fóra as vosas sucias mans de
Manuel Antonio! (1979)
En 1979 dedícaselle o Día das Letras Galegas e en 2011 inaugúrase a súa Casa-Museo.
OBRA
En vida só publica unha obra: De catro a catro. Follas d'un diario d'abordo (1928).Na publicación do libro participaron: Dieste, xestionando as cuestións editoriais, e Maside, que o ilustraría.
- incorpora o léxico mariñeiro, mesmo dialectal;- introduce anglicismo e xermanismos; - presenza de linguaxe técnica, inusual na arte poética.
Características da obra
O excepcional traballo coa linguaxe:
EstruturaTrátase de dezanove poemas que describen unha viaxe iniciática.
O afastamento: O primeiro texto é "Intencións“, onde Manuel Antonio soña co que acontecerá nas futuras singraduras.
A aventura: Ao longo do poemario Manuel Antonio paira nun mar sen ribeiras nin horizontes e no cal todos os sinais acaban morrendo e perdéndose nesa propia soidade do "alto mar” convertido nunha "illa de auga rodeada de ceo por todas partes”.
O regreso: No último poema, "Adeus“, o autor despídese do Constantino Candeira.
Elementos de vangarda-Imaxes vangardistas xustapostas.-Léxico extrapoético (mariñeiro, culto, técnico...)-Prosaico: non hai rima, nin ritmo nin división estrófica-Ausencia de signos de puntuación.-Disposición gráfica: colocación dos versos. Pódese consultar o comentario detallado de cada poema en https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/de4a4/0.htm
En 1972, Domingo García Sabell dá a coñecer o resto da súa produción poética: Con anacos do meu interior (1920-1922)Foulas (1922-1925)Sempre e mais dispois (1927)Viladomar (1928)
Traxectoria poética
Podemos distinguir tres etapas:1ª Ruptura coa literatura anterior e interiorización da vangarda: Máis Alá!2ª O cumio da súa voz poética: De catro a catro3ª Volta ás formas tradicionais: Viladomar