manuel leiras pulpeiro

5
10 anos do IES “Leiras Pulpeiro” 10 anos do IES “Leiras Pulpeiro” ¿Quen foi Manuel Leiras Pulpeiro? Xa hai dez anos que botou a andar o noso instituto que leva o nome dun insigne poeta mindoniense. Queremos achegarvos a súa personalidade e obra por medio dunha recensión dun compañeiro de 3º ESO, das palabras dun escritor contemporáneo e duns versos nos que podemos ver o lirismo e a reivin- dicación propias da obra de Leiras Pulpeiro, tan identificado co pobo galego. Desexamos que despois de ler os textos queirades profundar no coñece- mento da obra deste autor. Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) naceu e morreu en Mondoñedo, un importante centro eclesiástico e unha das antigas capitais galegas. Sendo fillo de médico cirurxián, inicialmente estudou Latín e Humanidades no Seminario Diocesano, e obtivo máis tarde o título de bacharelato en Artes no Instituto de Tapia de Casariego, nunha parte de Asturias de fala galega. Sempre man- tivo o seu gusto pola pintura e a música. No ano 1870 comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Continuou estes estudos en Valladolid e Madrid, e licenciouse en 1877 na Universidade Central de Madrid. Un ano despois de obter o título, instalouse de novo en Mondoñedo, seguindo os pasos de seu pai, e exerceu como médico ata a súa morte. Por ser galeguista e anticlerical, aínda que cristián, a vida na pechada sociedade mindoniense resultoulle en moitas ocasións incómoda e abafante, enfrontado, segundo el, ó opresor poder dos cre- gos. O seu casamento civil en 1888, por exemplo, tivo unha enorme repercusión nos xornais locais, e foi causa de escándalo público. Desde a súa xuventude foi un convencido republicano federalista. Mantivo correspondencia con Pi i Margall e en 1887 asistiu á asemblea do Partido Republicano Federal en Lugo no que se aprobou un "Proyecto de Constitución para el futuro Estado gallego". Desde esa xuntanza formou parte do Consejo Ejecutivo de la Región Gallega, cargo que ocupa ata 1893, ano no que asinou un chamamento político ós correlixionarios. O seu galeguismo levouno a cultiva-la nosa lingua, publicando os seus poe- mas desde 1884 no semanario ourensán O Tío Marcos da Portela e, pouco despois, na revista coruñe- sa “Galicia”. Trátase, xeralmente, de composicións que o autor escribira seguindo o modelo popular verbo de moi variados temas. Nos anos seguintes, Leiras mantivo o seu relativo illamento en Mondoñedo. Só publicou algunha composición en “Galicia humorística” en 1888, adheriuse á homenaxe tributada por escritores coruñeses a Martínez Salazar, e pouco máis. En Mondoñedo funda a "Xunta municipal de Acción Republicana" en 1903 e o "Grupo Esperantista" local en 1905. Alcanzou o nome de poeta galego, e iso levouno a que a Real Academia Galega o designase en setembro de 1905 membro numerario, honor que o poeta rexeitou modestamente, por coidar que non 40 10 ANOS NO NOSO LEIRAS

Upload: dolores-varela-salgueiro

Post on 13-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Artigo publicado no nº 10 da revista Leiras do Leiras sobre o poeta que lle dá nome ao noso instituto

TRANSCRIPT

10 anos do IES “Leiras Pulpeiro”10 anos do IES “Leiras Pulpeiro”

¿Quen foi Manuel Leiras Pulpeiro?

Xa hai dez anos que botou a andar o noso inst i tuto que leva o nome dun

insigne poeta mindoniense . Queremos achegarvos a súa personal idade e obra

por medio dunha recensión dun compañeiro de 3º ESO, das palabras dun

escritor contemporáneo e duns versos nos que podemos ver o l ir i smo e a reivin-

dicación propias da obra de Leiras Pulpeiro , tan identi f icado co pobo galego .

Desexamos que despois de ler os textos queirades profundar no coñece-

mento da obra deste autor .

Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912) naceu e morreu en Mondoñedo, un

importante centro eclesiástico e unha das antigas capitais galegas. Sendo fillo

de médico cirurxián, inicialmente estudou Latín e Humanidades no Seminario

Diocesano, e obtivo máis tarde o título de bacharelato en Artes no Instituto

de Tapia de Casariego, nunha parte de Asturias de fala galega. Sempre man-

tivo o seu gusto pola pintura e a música.

No ano 1870 comezou a carreira de Medicina na Universidade de

Santiago de Compostela. Continuou estes estudos en Valladolid e Madrid, e

licenciouse en 1877 na Universidade Central de Madrid. Un ano despois de

obter o título, instalouse de novo en Mondoñedo, seguindo os pasos de seu pai, e

exerceu como médico ata a súa morte.

Por ser galeguista e anticlerical, aínda que cristián, a vida na pechada sociedade mindoniense

resultoulle en moitas ocasións incómoda e abafante, enfrontado, segundo el, ó opresor poder dos cre-

gos. O seu casamento civil en 1888, por exemplo, tivo unha enorme repercusión nos xornais locais, e

foi causa de escándalo público.

Desde a súa xuventude foi un convencido republicano federalista. Mantivo correspondencia

con Pi i Margall e en 1887 asistiu á asemblea do Partido Republicano Federal en Lugo no que se aprobou

un "Proyecto de Constitución para el futuro Estado gallego". Desde esa xuntanza formou parte do

Consejo Ejecutivo de la Región Gallega, cargo que ocupa ata 1893, ano no que asinou un chamamento

político ós correlixionarios. O seu galeguismo levouno a cultiva-la nosa lingua, publicando os seus poe-

mas desde 1884 no semanario ourensán O Tío Marcos da Portela e, pouco despois, na revista coruñe-

sa “Galicia”. Trátase, xeralmente, de composicións que o autor escribira seguindo o modelo popular

verbo de moi variados temas. Nos anos seguintes, Leiras mantivo o seu relativo illamento en

Mondoñedo. Só publicou algunha composición en “Galicia humorística” en 1888, adheriuse á homenaxe

tributada por escritores coruñeses a Martínez Salazar, e pouco máis. En Mondoñedo funda a "Xunta

municipal de Acción Republicana" en 1903 e o "Grupo Esperantista" local en 1905.

Alcanzou o nome de poeta galego, e iso levouno a que a Real Academia Galega o designase en

setembro de 1905 membro numerario, honor que o poeta rexeitou modestamente, por coidar que non

40

1 0 A N O S N O N O S O L E I R A S

tiña as condicións necesarias. Anos despois legou a esta institución o valioso material etnográfico e

léxico (refráns, proverbios, cantares, adiviñas, vocabulario...) recollido durante toda a súa vida, e que

viron a luz no Boletín da institución en 1913.

A pesar de que os seus versos apareceron frecuentemente en xornais e revistas, mentres viviu

Leiras Pulpeiro só viu publicado un volume poético, "Cantares Gallegos" (1911), no que se inclúen, xunto

coas poesías máis coñecidas, de contido social, outras de tema tradicional ou intimista, ademais de

novas composicións en edicións xa póstumas. En 1930 publicáronse as súas Obras Completas, Tomo I

(Poesías) na editoral Nós de A Coruña, recompiladas, segundo apuntan todos os datos, por Antón Vilar

Ponte, con oitenta e oito novos poemas. O resto da súa produción foi reunido en 1970 polo académico

Xosé Luís Franco Grande co título Obra completa.

Máis alá de poemas costumistas, de grande riqueza léxica, anticlericais e algún intimista,

Leiras Pulpeiro cultivou a poesía patriótica (elevando a figura do Mariscal Pardo de Cela á categoría

de mito galeguista, abandeirado das liberdades) e, a diferenza do seu compatriota Noriega Varela, non

dubidou en utilizar a súa pluma en defensa dos oprimidos campesiños que el tanto tratou debido á súa

profesión de médico e entre os que era coñecido como o médico dos pobres pois atendíaos aínda que

non recibise nada a cambio.

Nove anos despois da súa morte, os republicanos e nacionalistas da época rendéronlle unha

homenaxe con motivo da inauguración da súa sepultura (no cemiterio civil de Mondoñedo, onde el pediu

que o enterrasen), custeado polos mindonienses residentes na Arxentina. Desde entón, na súa lápida

pon: "Amou a verdade e practicou o ben".

Miguel Rodríguez Carretero, 3º ESO

Leiras Pulpeiro non só debe ser recordado como escritor senón, sobre todo pola súa enorme

calidade humana. Un dos nosos poetas contemporáneos gaba a súa figura neste emocionante texto:

(Nos xornais "La voz de la Verdad" e "Norte de Galicia" non se dá

información sobre a morte do médico poeta nin se admiten esque-

las.)

Un día desaparecíame unha bota, outro día un pano, outro era

unha das miñas gravatas, roubadas polos labregos que teimaban

en ver en min un santo que facía milagres. Así, as miñas botas, os

meus panos, as miñas gravatas, atados ao pescozo da vaca ou

sobre a fronte do neno, debían curar as enfermidades e salvar as

vidas desesperadas.

41

1 0 A N O S N O N O S O L E I R A S

" O día 9 de novembro de 1912 morreu fóra da NosaSanta Madre Igrexa Don Manuel Leiras Pulpeiro, de 58anos, casado civilmente con Dona María Audia Villar,médico e natural desta cidade, onde vivía e finou. O seucadáver foi sepulto no cemiterio civil."

(Acta de defunción)

Logo cando a morte me chegou a min, non podían entender que eu mesmo non tivese fe. Por

todo o val correu a noticia: "O doutor Leiras morreu sen comungar!", e nas casas de Mondoñedo come-

zou un rezo temeroso pola miña alma que, dicían os cregos, ía camiño da condenación eterna.

Con todo, foron milleiros os que acompañaron o meu féretro á terra que me correspondía, no

"camposanto dos estraños", de fermoso nome, onde repousaban os descoñecidos, os suicidas, os

hebreos e os ateos; os mortos sen confesión nin comuñón.

E, cando o cortexo marchou, alí, naquela terra pura, sentinme un pouco só mentres caía a noite

no mundo.

Entón, sucedeu isto: De todas as aldeas de volta foron chegando en silencio os labregos, que

traían terra sagrada do camposanto de Quende, de Santa María Maior, de Viloalle...

e sen dicir unha palabra, envorcaron esa terra bendita sobre min, querendo desesperadamente darme

o Ceo, contra a opinión do mesmísimo Deus, se fora preciso.

Non entendían que eu non precisaba desa inxenua bendición. Non entendían que, naquel lugar,

entre os nenos pequeniños do Limbo, mortos a pouco de nacer, antes do bautismo -os mesmos cativos

que como médico non puiden salvar malia os meus esforzos-, estaba o meu lugar. Escoitando as súas

vociñas, chamándose uns aos outros na escuridade, decateime de que estaba entre os inocentes, na

máis sagrada das terras.

42

1 0 A N O S N O N O S O L E I R A S

Mondoñedo

"Lapidario" Miguel Anxo Murado. Poesía Xerais.

43

1 0 A N O S N O N O S O L E I R A S

Non digan que para o que choraten sempre o ceo consolo;que ben teño eu chorado¡e para min sempre foi xordo!

¡Alá van os nosos mociñospasar as penas da sega,da sega, onde se asan vivos,sen probar a auguiña fresca!

¡Non temos pan, meus filliños,non hai en onde ganalo!¡Témonos que ir polo mundo,témonos que ir buscalo!

¡Moito me queren os meus amos,os amos moito me queren;por iso me traen descalza...,descalza, chova que neve!

Cando na porta te atopescon frades que anden de questaceiba o chito, se é que traba, e a vaca, se turra, ceiba.

Á Mariña

Terra, que o sol, sempre amante,mornea, tódolos días;agros, que dáde-lo millode canas de catro espigas;xunqueiras onde as gaivotasse apousan e se agarimancando co seu voo calmosonon van ó mar trala vida;que non vos veu ben de preto,nin pasou unha inverníanos vosos burgos, estradosde perfumada pinica,ouvindo os rolos, non sabe

o que é a Mariña.

Don Manuel Leiras Pulpeiro

47

1 0 A N O S N O N O S O L E I R A S