meigas fóra!

7
Meigas fóra! San Xoán é unha noite máxica, unha xornada na que a comunidade galega se enche de folklore e tradición, das crenzas máis místicas que forman a nosa historia, da queimada, das sardiñas, do fume das cachelas... e como non podía ser doutra maneira, das meigas. Na Biblioteca Rego da Balsa rendemos homenaxe a estas figuras tan importantes para a nosa terra. Queredes ver cales están nos nosos libros? Botade unha ollada! UNHA GUÍA PARA SAN XOÁN

Upload: biblio-carballo

Post on 03-Aug-2016

230 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Guía de lectura con libros sobre meigas, para celebrar a festividade do San Xoán

TRANSCRIPT

Page 1: Meigas fóra!

Meigasfóra!

San Xoán é unha noite máxica, unha xornada na que a comunidadegalega se enche de folklore e tradición, das crenzas máis místicas

que forman a nosa historia, da queimada, das sardiñas, do fume dascachelas... e como non podía ser doutra maneira, das meigas. NaBiblioteca Rego da Balsa rendemos homenaxe a estas figuras tan

importantes para a nosa terra. Queredes ver cales están nos nososlibros? Botade unha ollada!

UNHA GUÍA PARA SAN XOÁN

Page 2: Meigas fóra!

Á bruxa Chiripa os esconxuros sáenlle ao revés e a súaescoba non a obedece. Téntao coas apócemas, pero estaspóñeno todo patas para arriba e os resultados tampouco sonos esperados. Con todo, Chiripa nunca se dá por vencida ecando algo non lle gusta, fai o posible por cambialo.

Carmen Martín Anguita. La bruja Chiripa y su pócima mágica. PearsonEducación4-7 anos/ Contos

A bruxa Alina da montaña máis pequena acaba de romperoutra vez a súa escoba. Xa está farta de chocarse contra asárbores, así que decide tallalos todos. Todos os animalitosasustados van falar coas outras bruxas para que non lledeixen facelo. Elas deciden que o mellor é ensinarlle a Alinaa voar e a aterrar ben.

Gloria Cecilia Díaz. La bruja de la montaña. SM4-7 anos/ Contos

Menda quere ser bruxa, pero as malvadas Apática, Afónicae Apócema vanlle facer a vida imposible. Menos mal quepara loitar contra elas conta coa axuda de Lola e o incribleMascorrobot.

Ana María Fernández. Las bruxas esbrúxulas. Casals4-7 anos/ Contos

Esta é a historia dunha rapariga alegre, intelixente efermosa pero moi envexada. Por iso, decidiu disfrazarse debruxa. Así, durante un tempo, librouse das maldadesdalgunhas persoas do seu pobo.

José Agustín Goytisolo. La bruja hermosa. Edebé4-7 anos/ Contos

Que divertida que é a bruxa Amorodo. É fantástica!Encántalle vivir no campo e pasalo moi ben correndo poloscamiños. É unha maneira como outra de facer deporte!Tamén é unha bruxa larpeira, tanto que non pode resistirseaos bombóns de chocolate. Queres coñecela? Pois anímatee le a súa historia.

Silvia Majoral. A bruxa Amorodo. Sotelo Branco4-7 anos/ Contos

Page 3: Meigas fóra!

Había unha vez, hai moito, moito tempo, un pobo rodeadode montañas. E xusto na cima dunha desas montañas, vivíaunha bruxa moi mala.

Herminia Mas. La bruja que no sabía reír Edebé4-7 anos/ Contos

Tres irmáns, desatendendo as advertencias da nai,intérnanse nun bosque escuro e misterioso. O pequeno,temeroso e consciente do perigo, trata de avisar os dousmáis vellos, pero cando ten que tomar unha decisión acabapor acompañalos. Como non saben o camiño de volta,deciden entrar na casa da bruxa, onde cheira a comida…

Tina Meroto. A bruxa regañadentes. OQO4-7 anos/ Contos

Candela fixo doce anos. Ela non sabe por que, de cando envez, ten unhas premonicións de cousas que aínda nonocorreron. Simplemente as visualiza na mente, e con toda ainocencia non pode evitar dicilo. Por desgraza, os veciñosda vila comezan a sentir medo na súa presenza e axiña aacusan de ser bruxa.

Marta Gené Camps. Sopa de cola de lagarta. RodeiraN GEN sop. 7-12 anos

De tódalas bruxas que coñecedes, esta é a máis bruxa detodas. É unha bruxa auténtica, coma as de sempre, e vivenunha casoupa no medio da fraga. ¿Sabiades que unhabruxa non é auténtica se non ten unha curuxa? Pois é certo,por iso a bruxa Catuxa anda desesperadamente á procuradunha delas.

Antón Cortizas. A bruxa sen curuxa. SMN COR bru. 7-9 anos/ Fantástica

Claudia vive en Madrid. Co seu irmán de 12 anos non levaben, e moitas veces os seus pais teñen que intervir candodiscuten. En Leganés viven os seus avós, pero a súa avoaPepa, a de Sevilla, é distinta a todos: ten o pelo azul e ébruxa. Dela quere aprender Claudia as súas artes debruxería, por iso considérase a si mesma aprendiz de bruxa.

Mª Carmen de la Bandera. Claudia, aprendiz de bruja. anayaN BAN cla. 7-9 anos/ Fantástica

Page 4: Meigas fóra!

Kika é unha nena valente, intelixente e tremendamentevivaz. Un bo día atopa un libro de maxia. As disparatadasconsecuencias dos feitizos que contén levarán á intrépidabruxiña a vivir, da man do seu irmán Dani, as máisemocionantes e divertidas aventuras rodeada depersonaxes insólitos.

Knister. Kika superbruja (colección de libros e DVD)7-9 anos/ Fantástica/ Audiovisuais

Liliana é unha bruxa urbana. É loura, usa jeans, escoitarock, vive nun departamento moderno e ten un gatochamado Gómez. Como é moderna e urbana, Liliana utilizapara as súas apócemas unhas pastillas de caldo que compranun supermercado para magos e bruxas.

Carmen Posadas. Liliana bruja urbana. Fondo de cultura económicaN POS lil. 7-9 anos/ Fantástica

Os nenos xa non xogaban no bosque porque alí vivía unhabruxa que convertía en ra a quen se achegaba. PeroFilomena non tiña medo a nada e foise a buscar á bruxa... Undivertido conto bellamente ilustrado que nos demostra queas bruxas non son invencibles, nin aínda que montenxigantescos monstros voadores.

Anne Wilsdorf. Filomena. Destino7-12 anos/Depósito

María non pode ir ó colexio porque ten moita tose. Como osseus pais traballan, teñen que contratar unha muller que acoide. Seus pais contratan a Gerda como asistenta para quecoide de María. María non entende por qué tiveron quecontratar a... ¡Unha bruxa!

Ulf Stark. Unha bruxa na casa. SMN STA bru. 7-9 anos/ Fantástica

Un sorriso satisfeito rozaba os beizos de Asdrúbal Tirinanzimentres que, tirado vulgarmente na cadeira de brazos donotario, escoitaba a lectura do testamento do seu tío avóMengano, que pasara a mellor vida a semana anterior porunha fatal indixestión de peixe frito...

Bianca Pitzorno. Pequena bruxa. KalandrakaN PIT peq. 7-9 anos/ Fantástica

Page 5: Meigas fóra!

Pantasmas, piratas, curandeiros E, sobre todo, moitasbruxas. A moza Elizabeth Grey, a máis letal de entre todosos cazadores de bruxas do reino de Anglia, acaba seracusada de bruxería. Para escapar da fogueira, os seusúnicos aliados serán un grupo de magos e bruxas quedescoñecen o seu pasado.

Virginia Boecker. Caza de brujas. HidraXuvenil/ Fantástica

Historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan áterrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas,baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súaconvención anual nun hotel… Ninguén cre nas bruxas,pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuénpodeorosísimos nenicidas.

Roald Dahl. As bruxas. XeraisN DAH bru. 10-12 anos/ Fantástica

Que pode facer unha bruxa pequena se as súas irmásmaiores non a toman en serio? Nunca lle permiten facernada. Tampouco asistir ao baile das bruxas! Pero agoraacaba de tomar unha decisión: vai aprender bruxería polasúa conta. E vai plantarlles cara. Pero ai!, poderá unhabruxiña boa saírse coa súa fronte ás bruxas malas?

Otfried Preussler. La pequeña bruja. NoguerN PRE peq. 10-12 anos/ Fantástica

Cinco mozas adolescentes foron elixidas para ser as novasGardiás de Kandrakar coa misión de protexer a muralla.Para este propósito as mozas foron dotadas de poderesmáxicos baseados nos catro elementos da natureza e opoder que as une, ao que se interpreta de varias formas:amor, enerxía ou confianza.

Gnone, Elisabetta. Colección WITCH. Planeta JuniorBD GNO wit. 10-12 anos/ Banda deseñada

Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz,facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal.E come olivas como unha tola... Con todo un día vaiacontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundoenteiro, para sempre. Carmen Gil e Mamá Cabra únensepara contar e cantar esta divertida historia.

Mamá Cabra. A bruxa Discordia: cancións para a paz. GalaxiaInfantil/ Audiovisuais

Page 6: Meigas fóra!

María colleu un avión a Santiago de Compostela, onde aesperan vos seus curmáns Pablo e Martiño, para pasar unhasemana de vacacións coa avoa Berta. Unha sorpresa agardaaos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla:deberán compartir a estancia con varias amigas dá avoa,que veñen participar nun congreso de meigas.

María Solar. As meigas de Lupa. XeraisN SOL mei. Xuvenil/ Intriga e misterio

A guerra das bruxas, 2. A profecía cumpriuse e os clans dasbruxas Omar esperan que Anaíd, a elixida do cabelo delume que posúe o cetro do poder, acabe coas sanguinariasbruxas Odish. Pero Anaíd ten quince anos, está namorada eé máis vulnerable ca nunca aos perigos que a axexan e que aobrigan a fuxir na compaña da súa nai.

Maite Carranza. O deserto de xeo. RodeiraN CAR bru. Xuvenil/ Fantástica

A cuadrilla de mozos que traballan ás ordes do detectiveSherlock Holmes debe resolver o asasinato dun arqueólogono Museo Británico mentres leva a cabo unha investigaciónsecreta sobre a deusa Diana. Detrás de todo está o malvadoprofesor Moriarty, que secuestra ao doutor Watson.

Tracy Mack. Sherlock Holmes y los irregulares de Baker Street: el misteriodel espíritu invocado. EverestN MAC she. Xuvenil/ Intriga e misterio

A guerra das bruxas, 3. A guerra das bruxas está próxima ea elixida non pode pospoñer máis o momento de empuñar ocetro e destruír as temibles Odish. Pero Anaíd, que desexa oamor de Roc e do pai que nunca tivo, que confía en levar apaz definitiva para as Omar, terá que se enfrontar á traizón,ao rexeitamento dos seus e á soidade.

Maite Carranza.A maldición de Odi. RodeiraN CAR mal. Xuvenil/ Fantástica

A guerra das bruxas, 1. Desde tempos inmemoriais, osclans das bruxas Omar viviron agochándose dassanguinarias bruxas Odish e agardando a chegada da elixidapola profecía.

Maite Carranza. O clan da loba. RodeiraN CAR cla. Xuvenil/ Fantástica

Page 7: Meigas fóra!

Rowan Mayfair, unha bela neurocirurxiá consciente dosseus poderes especiais, atopa a un afogado na costa deCalifornia e consegue devolvelo á vida. Ambos se namoranferozmente e establecen unha apaixonada alianza paradesentrañar o misterio do pasado dela e dominar un donmaligno que lle foi conferido a el tras o seu accidente.

Anne Rice. La hora de las brujas I. Planeta de AgostiniN RIC hor. Xuvenil/ Intriga e misterio

Rowan Mayfair, a fermosa e brillante raíña do aquelarre,pretende escapar de Lasher, o atractivo demo cuxo enfeitizoela atopa irresistible. Con todo, ambos os seres áchanseunidos por un vínculo que vai máis aló do desexo:concibiron unha criatura que «nacerá coa semente dasabedoría, capaz de andar e falar desde o primeiro día.

Anne Rice.La hora de las brujas II. Planeta de AgostiniN RIC hor. Xuvenil/Intriga e misterio

Porcallenta é unha meiga algo porcalleira pero que fará asdelicias da rapazada coas súas aventuras no aquelarre doque forma parte.

Kaye Umansky. Fedorenta, unha meiga porcallenta. Biblos clube delectoresN UMA fed. Xuvenil/ Fantástica

Feliz San Xoán!