memoria 2009-rede museística - esquemática museo fortaleza de san paio de narla

104
MUSEO - FORTALEZA SANPAIO DE NARLA MEMORIA 2009 Rede Museística Provincial Area de Cultura Excma. Deputación Provincial de Lugo

Upload: encarna-lago

Post on 22-Jun-2015

668 views

Category:

Education


9 download

DESCRIPTION

Memoria esquemática do Museo Fortaleza San Paio de Narla

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

MUSEO - FORTALEZA SANPAIO DE NARLAMEMORIA 2009

Rede Museística Provincial Area de Cultura Excma. Deputación Provincial de Lugo

Page 2: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

1. Limiar

2. Melloras do edificio

3. Resumo anual de visitantes

Número grupos escolares

Número grupos adultos

Visitas individuais

4. Programación

Actividades para Escolares

Programas:

Interxerenacional

Terceira Idade

Turístico – Un tapa de San Paio

Semana dos museos

Obradoiros de verán

Obradoiro de Nadal

Exposicións

Museo Web

Restauración

Catálogo

~ 1 ~

Page 3: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

1. LIMIAR

Reunir nun só espazo historia, patrimonio, etnografía e arte non é facil. Se hai un

lugar en Galicia que o conseguimos é o Museo Fortaleza San paio de Narla, en

Friol.

O exterior da torre destaca pola sua beleza e no interior albergamos obxetos que

se mostran ao público non como unha acumulación de pezas, senón có rigor dun

Museo Moderno, didáctico e cultura dos nosos antergos.

Aperos de labranza, utensilios para o liño, cerámica popular, colección de armas

blancas e de fogo, de diferentes épocas; unha cociña señorial con forno, excusado,

etc.; un comedor medieval e señorial cos seus parladoiros, chimenea renancentista

e unhas vistas da Serra da Cova da Serpe, son algúns dos seus encantos.

~ 2 ~

Page 4: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

2. MELLORAS DO EDIFICIO

Cambio de xanelas en todo o edificio, co cal melloramos en canto a temperatura.

Reposición dalgunhas táboas no chan que estaban podres, debido as goteiras.

Pintado da porta de acceso e da capela.

Pintado do interior da capela.

Pintado das cancelas que acceden ao asentamento do castro da fortaleza.

Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varios veces ao ano.

Reposición de bombillas e sistema de iluminación, por parte do servizo de

mantemento da Diputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas

polo persoal da fortaleza.

Reparación das goteiras, tanto na capela como na fortaleza.

Servizo de internet, e cámaras de vixianza

Compra de material informático: ordenadores, impresora-fax, proyector, pantalla

de proxección

Cadeiras para actos, mesa para vixiante e cadeira de despacho.

Restauración das camas gardadas no almacén.

Amaño de deshumidificadores.

Servizo de máquina de café.

Compra de escaleira grande.

3. RESUMO ANUAL DE VISITANTES

Xaneiro Nº total de visitantes 487

4 grupos escolares 102

Visitas individuais 385

~ 3 ~

Page 5: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Febreiro Nº total de visitantes 314

2 grupos escolares 69

Visitas individuais 245

Marzo Nº total de visitantes 1000

10 grupos escolares 233

7 grupos adultos 217

Visitas individuais 550

Abril Nº total de visitantes 1152

11 grupos escolares 267

2 grupos adultos 90

Visitas individuais 795

Maio Nº total de visitantes 1527

31 grupos escolares 648

13 grupos adultos 271

Visitas individuais 608

Xuño Nº total de visitantes 1278

30 grupos escolares 659

7 grupos adultos 152

~ 4 ~

Page 6: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Visitas individuais 467

Xullo Nº total de visitantes 770

10 grupos adultos 223

Visitas individuais 547

Agosto Visitas individuais 1085

Setembro Nº total de visitantes 481

2 grupos adultos 61

Visitas individuais 420

Outubro Nº total visitantes 500

6 grupos adultos 155

Visitas individuais 345

Novembro Nº total visitantes 492

2 grupos adultos 150

4 grupos escolares 93

Visitas individuais 249

Decembro Nº total visitantes 391

~ 5 ~

Page 7: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

5 grupos escolares 130

5 grupos adultos 113

Visitas individuais 148

Total visitantes anuais 9477

~ 6 ~

Page 8: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 7 ~

Page 9: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 8 ~

Page 10: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 9 ~

Page 11: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4. PROGRAMACIÓN

4.1. Actividades escolares

Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visita: guiada

e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das

mesmas, concertando con departamento de didáctica.

Visita de iniciación:

Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para grupos que

visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.

Duración aproximadamente 90 minutos.

~ 10 ~

Page 12: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Para un mellor aproveitamento das posibilidades que ofrece o Museo Fortaleza

San Paio de Narla, dada a variedade e riqueza dos seus contidos e na procura dun

novo concepto de visita mais participativa que supoña unha alternativa as

tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e

alumnos, ofrecemos no 2009 un programa de itinerarios os distintos niveis de

ensino:

O castelo encantado

O Porvir do pasado

O Labirinto do Castelo

Un Museo en Lendas

O xogo de verbas

Na lareira

A bela durminte

Visita de iniciación:

Nivel: Todos os ciclos

Data: curso escolar

Obxectivo: Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu

pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e

continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeneracións.

O castelo encantado:

Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria

Data: curso escolar

Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros

mediante os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.

~ 11 ~

Page 13: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O porvir do pasado:

Nivel: ESO y BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Estudar o paso do tempo no que se desenvolve o señorío de San Paio de

Narla, a través da Lenda da Cova da Serpe, así como as distintas salas do museo.

~ 12 ~

Page 14: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O Labirinto do Castelo:

Nivel: ESE e BAO

Data: Curso escolar

Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo

conscentes da importancia do pasado para comprender o presente.

Un Museo en Lendas:

Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC

Data: Curso escolar

Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través da

comunicación cos nosos maiores.

~ 13 ~

Page 15: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O xogo de verbas:

Nivel: 4, 5º y 6º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando

conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o

interese polas visitas aos museos motivamos con xogos.

Na Lareira:

Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta

dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as

comidas que nelas se facía coas actuais

~ 14 ~

Page 16: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

A bela durminte:

Nivel: Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria

Data: Curso escolar

Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela durminte e aproveitar como

recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio, nada atraínte para o

neno, o castelo vaise convertendo no escenario onde a imaxinación cobra vida ata

materializarse como real.

~ 15 ~

Page 17: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.2. Programa interxerenacional

A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios

artesán que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos

procesos industriais e tecnolóxicos.

Tirando do fío:

Data: 3 de Xullo do 2009

Idades: para todas as idades, preferentemente avós e netos

Obxectivo: Pretender que non se perdan as costumes dos nosos antepasados, e os

obradoiros artesáns tan importantes na nosa cultura ata a aparición da industria.

Contidos: A ovella

A rapa da ovella

Lavado cardado e fiado de lá e do liño

Medoloxía: Unha parte teórica e outra parte práctica

~ 16 ~

Page 18: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.3. Programa da 3ª Idade

Friol é un municipio que ten personalidade propia. A través dos seus montes,

dos seus ríos, da súa paisaxe, das súas lendas, dos seus castros e mámoas, etc.

Por iso nós adicamos un espazo ao tema das lendas no noso concello e en especial

en torno as dúas lendas do Castelo.

Ninguén como as persoas maiores, isto é a 3ª idade, pode valorar o patrimonio

inmaterial que tiña a transmisión oral na súa época, xa que era o seu medio de

~ 17 ~

Page 19: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de

traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos

visitantes da 3º idade

O Señor de San Paio “ D. Vasco das Seixas” dono da fortaleza San paio de

Narla deixounos a súa vida escrita xunto coa da súa dona a través da Lenda “ Dona

das torres” e “A Cova da Serpe”

Nesta actividade tamén pretendemos estudar a mitoloxía popular e a

supersticións no noso concello, Friol.

Algunhas coma estas xa son coñecidas e outras ímolas a coñecer, como esta:

“Pena Castrela ou Pena Bicuda”

Pena Castrela

rompíchesme a ola

matáchesme a nena

o demo de fenda

de rabo e orella

Cóntase que hai moitos anos unha bruxa habitaba estes

lugares (zona de Narla). Un día esa bruxa camiñaba pola ponte

Pedrido acompañada da súa filla e levando consigo unha vasilla

voluminosa con leite, ocupándose na faena de fiar ao mesmo

tempo que trasladaba na súa cabeza unha enorme rocha. Ao

chegar ao lugar onde actualmente se atopa a Pena Castrela, a

bruxa esvarou, a rocha caeu da súa cabeza, esmagando á súa

filla e rompendo a ola. Foi entón cando pronuncio as palabras

xa mencionadas e guindando sobre a pena unha pedra,

dividiuna en dúas.

~ 18 ~

Page 20: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Teremos a sorte que o percorrido que fagamos polo noso concello poderemos

visitar a pena onde vivía a “bruxa moura”

“A Dona das torres”

Certamente curiosa é a lenda formada sobre o señor das torres, Vasco das

Seixas, na que se lle tacha de home de corazón duro e altivo,

mais que respetando, temido polos seus vasalos e

xenerosidade da súa dona, Dª Catalina de Santiso quen foi

traida de terras asturianas e que conseguiu, dende os primeiros

momentos da súa presenza na fortaleza, despertar os afectos e

cariños daquelas sinxelas persoas, tan mal tratados polo seu

home. Estes afectos e cariños acarrearía desgrazas e

infortunios a tan amable muller, que por consolar a moitos

pobres fogares, tivo que perder a súa tranquilidade e a súa

saúde, para morrer dunha maneira prematura e dun xeito

estraño. O seu corpo foi transportado ao mosteiro de Sobrado

dos Monxes, onde recibiu sepultura.

“A Cova da Serpe”

~ 19 ~

Page 21: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Existe tamén outra lenda mais popular que se conta o triste final dos amoríos

dun mozo de San Paio e a filla do señor da fortaleza. Don Lopo das Seixas

tiña unha fermosa filla chamada Berta, que gustaba de se

entreter paseando polas terras achegadas á torre. Un día a

besta na que ía a fidalguiña colleu ruedo e comezou a correr

desenfreada sen que ela puidera detela. Mais un mozo labrego

acudiu na súa axuda e conseguiu deter o animal. A heroicidade

do mozo, e sobre todo o encanto varonil do xove, fixo que a

doncela se namorase perdidamente del. Pola súa parte, o rapaz

viu tamén en Berta unha grande beleza que o deixou abraiado

e preso dos seus encanto.

Os dous xoves facían por verse en secreto, pero

desgraciadamente axiña foron descubertos polo dono de San

Paio, que lles mostrou franca oposición, e que os obrigou a

fuxir.

Un día puxéronse de acordo e sen dicir nada a ninguén,

Berta desapareceu do castelo. O enterarse de que a súa filla se

fugara cun labrego, o señor de San Paio mandou aos seus

criado que os perseguiran e matasen ao ladrón que se atrevera

a roubar a súa filla.

Ao sentirse acometidos, os namorados non viron outra

salvación mais que esconderse nunha cova que de asomo viron

que unha enorme serpe se deslizaba cara a encantadora

rapaza. A cobra trataba de tirarse a Berta pero o mancebo, para

salvala, sacou da cintura un puñal, e agarrándose ao enorme

~ 20 ~

Page 22: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

réptil, cravoullo na cabeza. A serpe e o xove agonizaban ao

mesmo tempo.

Isto sirve de base para elaborar o escudo do concello

A riqueza da imaxinación

A lenda “pena das dúas cabezas”, nas Pardellas preto de Carboeiro

nun lugar chamado Zarra, había unha moura que era moi rica e

non tiña onde esconder o ouro. Pensou que para que ninguén

llo roubase era mellor enterralo nunha pena. Como era nugallá

e non lle gustaba traballar, secuestrou a dous homes para que

lle cavasen a pena, era moi esixente e mandoulles que fora ben

redonda. Cando a tiña acabada, ela enterrou o ouro e

mandoulles que a tapasen ben.

Os homes como lle podía dicir a xente que alí estaba o ouro,

matounos e enterrounos aló lonxe, pero a xente viu enterrar o

ouro e a moura en que non ía poder matar tanta xente, pois con

nugallá que era non lle ía quedar tempo para descansar.

Entón gravou dúas cabezas, como dicindo que alí estaban

enterrados os homes e de achegarse alguén, tamén o

~ 21 ~

Page 23: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

enterraría alí. Ninguén se achegou, pero como no inverno se

enchía de auga o burato onde estaban as dúas cabezas e ela

quería todo ben visible fíxolle un reguiño alí cravado por onde

sae a auga e na pena tamén circuliños enroscados de adorno.

~ 22 ~

Page 24: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.4 Programa turístico

Un tapa de San Paio

Eu son unha peza de Museo

Con esta actividade lúdica-cultural adicada os fins de semana de verán,

pretendemos dar a coñecer os distintas pezas etnográficas e arquitectónicas que

forman parte das distintas coleccións do Museo, facendo fincapé nas pezas mais

artesanais e antergas das xeracións anteriores e dalas a coñecer os nosos visitantes

de fora de Galicia durante os meses de maior afluencia turística.

Obxectivos: Comprender que as sociedades actuais veñen condicionadas polo seu

pasado. Apreciar a riqueza e variedade do patrimonio cultural.

Contidos: Realización da visita ao museo interesándose polo deseño e a función dos

obxectos

Actitudes: Espertar o interés polas visitas aos museos.

~ 23 ~

Page 25: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Fomentar o sentido da observación

Disposición favorable a conservación das pezas do pasado, como bens

do noso patrimonio.

Ser consciente da importancia do pasado para comprender o presente.

Días: 5 de xullo

12 de xullo

19 de xullo

26 de xullo

23 de agosto

30 de agosto

5 de xullo, O xugo

O medio de transporte daquela época (Idade Media) era o carro que vai tirado

por vacas e segundo as comarcas, por bois ou por vacas, que se unen ó cabezallo

~ 24 ~

Page 26: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

por medio do xugo, este presente na Galicia de tres formas distintas; para maior

claridade de exposición, chamaremos tipo A, B e C.

Os tipos A e B son de canga, isto é, apoian no pescozo do gando sen suxeición

algunha; o C e de mulida, atándose por medio dunhas correas, cornas, os cornos de

facenda.

O xugo de tipo A leva dúas varas diverxentes en senso vertical, que posan aos

lados de cada vaca, chámanse estas varas, chancillas ou cancallas e teñen por

baixo unha correa; pialla que une os extremos de cada par de chanciles entrando

nunhas apeaceiras.

O xugo do tipo C varia bastante en cada extremo ten unha serie de saíntes

castelares, pola parte superior, por entre os que pasan as correas que o amarran

aos cornos. O nome de xugo de mulida que se lles dá é debido a que levan, entre o

xugo e a cabeza do gando, un pelico para amolecer o contacto.

~ 25 ~

Page 27: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

12 de Xullo, Os mallos

Polo mes de Agosto escomenzan as mallas o que ten eira propia pode facer a

malla nela, mais o corrente é que se faga na eira de todos, entrando en rolda cos

demais veciños, e agardando a súa vez. Para esta tarefa úsanse os mallos.

Están formados por dous paus, un longo que é a mangueira e outro curto que é

o pértego, articulados entre si por medio de dúas pezas de coiro, as casulas.

Para mallar, collese o mallo pola mangueira coas dúas mans e bótase sobor do

centeo co pértigo.

~ 26 ~

Page 28: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

19 de Xullo, O arado

Na Galicia celta xa se empregaba o arado, coa romanización desenrolase o

cultivo do chan, e con el o emprego do arado, nos distintos tipos que se coñecen,

perdurou ao longo dos tempos.

O arado faise de madeira de carballo e consta dunha peza angular que se colle

coa man por un dos lados a rabela ou rabiza, o rostro vai paralelo ao chan e leva na

punta o dente ou rella de ferro, de forma cónica. Detrás da rella atópanse dúas

pezas diverxentes, no mesmo plano que o rostro, chamadas abeacas sostidas por

unha travesa, ou amexelo.

~ 27 ~

Page 29: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Da base da rabela ou de traseira do rostro sae o timón, é un pau longo que leva

na punta dianteira, dous buratos nos que entra a chavella que serve para xunguilo a

parella de tiro.

Falaremos dos distintos tipos de arados.

26 de Xullo, Chimenea da torre de Homenaxe.

Descrición:

Tipo de aparello: Silleria

Soporte: Columnas pareadas

Decoración: Dos columnas con debuxos xeométricos

Entablamento: Dous leóns contrapostos separados por unha flor de lis

~ 28 ~

Page 30: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Das costas: A man facendo a figa ante unha roseta da que xorde un dragón

Sopórtase con sección de dobre columna decorada, nas bases e nas cabezas, e

uns debuxos xeométricos que voltean cara o interior. O entablamento contén

contrapostos, dous leóns decorativos coa boca aberta e lingua moi saínte. No medio

hai unha flor de lis de catro follas. Aos lados aparece unha man co puño cerrado

facendo a figa ante unha roseta da que xorde, entre as follas, a cabeza quimérica

dun dragón con pronunciados dentes.

Mediante os elementos observados chegamos ao estudo do estilo ao que

pertence, sendo o Renacentista, polo tanto século XVI

23 de Agosto, Apalleros de cociña

Sobor da lareira, pendurando do burro ou de gramalleira, está o caldeiro para

cocer a comida da facenda. Este caldeiro adoita ter forma cilíndrica e vai provisto de

anga de ferro para colgar.

De ferro fundido son os potes de tres pés semellantes ás potas, sen pés e de

forma cilíndrica e con asas, son as potas ou cazolas de ferro fundido.

De ferro son tamén as tixolas, son interesantes as filloeiras de forma rectangular

con dous pés diante e dous detrás, hainas con mango.

O espeto úsase para asar pezas de carne grande.

~ 29 ~

Page 31: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

30 de Agosto, A Moblaxe da cociña

A moblaxe da fortaleza, grazas aos artesáns que souberon sacar partido das

madeiras que a terra poñía ao seu servizo e souberon aproveitala en tódalas súas

posibilidades.

Imos comezar pola cociña, xa que era a peza fundamental, na fortaleza.

~ 30 ~

Page 32: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

O Escano, banco con respaldo e apoios para brazos nos extremos unha táboa

ancha que serve para sentarse e a veces para durmir.

A Capoeira, onde se meten os pitos para cebar.

A Espeteira, onde se gardan os cazos, potas…

O Cunqueiro, pequeno armario para gardar cuncas, botellas,…

O Alzadeiro, unha táboa colgada da parede e provista de ganchos de ferro onde

se colgan os cazos, tarteiras, …

As Alacenas, onde se garda a comida.

4.4. Semana dos museos

~ 31 ~

Page 33: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 32 ~

Page 34: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 33 ~

Page 35: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 34 ~

Page 36: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.5. Obradoiro de verán

~ 35 ~

Page 37: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Campamento de arqueoloxía

Cunha fortaleza do século XVI como fondo 20 nenos do concello de Friol

descobren a maxia da arqueoloxía en San Paio de Narla, un xenuíno paseo pola

historia mais antiga da provincia, conducido polo arqueólogo Enrique Alcorta e a

coordinadora desta actvidade Lucía Dequidt, intenta concienciar aos nenos o valor

dos museos a importancia de conservar o noso legado histórico.

Os nenos realizan escavacións en reproducións a tamaño real dunha cova do

paleolítico, un castro celta, un castro romano e unha igrexa.

Os devanceiros tempos dos nosos labregos

“Sementado do liño”

Os tempos pasados son o vivo reflexo do concepto do tempo e da vida a través

do traballo. As estacións veñen marcadas polo ciclo dos cultivos.

O calendario agrícola indicábanos a faena campestre correspondente a cada

mes, era o mais popular, durante a idade media.

~ 36 ~

Page 38: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Obxectivo: Achegar o museo e a escola á produción das fibras naturais (liño, lá)

tan importante na nosa cultura ata a aparición da industria.

Fomentar nos rapaces e rapazas a importancia do traballo artesanal, a

calidade e a produción.

Potenciar a creatividade e desenvolver a psicomotricidade dos alumnos.

Contidos: O liño

O sementado

A monda

O empozado

Mazar

Tascar

Restrelar

Fiar

Tecer

Metodoloxía: No desenvolvemento das sesións alternaremos a parte teórica coa

práctica.

O cultivo do liño no mes de Maio

¿Cómo nos enfrontamos a esta actividade?

O día 26 de maio do 2009 desprázanse dende o colexio da Ponte de Lugo 20

alumnos de 6º de Primaria acompañados de Encarna Opazo e Conchita as súas

mestras, este nenos antes fixeran un traballo sobor do liño recollendo polas súas

aldeas as distintas pezas coas que se traballaba o liño e un estudo do proceso do

liño, e a partir deste datos montaron unha exposición no seu colexio, co cal tiñan un

elevado coñecemento deste tema, ese é o motivo polo cal nos poñemos en contacto

~ 37 ~

Page 39: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

coas mestras e agora tócanos a parte práctica no Museo de San Paio, isto é o

sembrado do liño a carón da Torre

Preparamos a leira, quitándolle os coios, regámola, abonámola e sembramos o

liño.

~ 38 ~

Preparado da leira Sementado da leira

Mondado do liño Recollida do liño

Ripado Enlagar

Page 40: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 39 ~

Desenlagar Secado

Mostra da liñaza ripada por distintas xeracións

Page 41: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

A Revolta dos Irmandiños

Imos ver como vivía os irmandiños e as irmandiñas

O momento no que se rebelan os irmandiños e as irmandiñas

correspondese co século XV. Sábese que neste século a meirande da

xente vivían do campo traballando a terra, pero tamén había nesta época

moitos galegos que exercía un oficio. Eran os burgueses e burguesas,

coñecidos por este nome por viviren nos burgos (vilas, e cidades como

Ribadavia e Betanzos).

Había toda clase de oficios: zapateiros, sastres, barbeiros, taberneiros,

modistas…

A sociedade organizábase de acordo a un sistema feudal, baseado na

entrega de terras a cambio de servizos, por exemplo, o rei outorgaba terra

aos cabaleiros a cambio de que lle axudasen a loitar nas guerras para

defendelo seu reino. Isto é o que se coñece como réxime de feudalismo.

Os campesiños traballaban a terra en condicións infrahumanas e na

miseria, tiñan que entregalas colleitas ao rei e ao clero co que lles

quedaba moi pouco para vivir, razón pola cal se sublevaron no que se

deu en chamar a Revolta dos Irmandiños.

Tiñan que traballala terra pero tiñan poucos medios, non era nada por si

sós xa que pertencían ao señor e tiñan que darlle explicacións de toda a

súa vida.

As casas dos irmandiños non eran tan cómodas como as que vos tendes

hoxe en día. Eles ao estares acostumados a vivir moito tempo fóra da

casas, apenas notaban que entraban o aire por unha regandixa ou que a

luz era escasa. Adaptábanse ao pouco que tiñan.

A familia medieval pasaba moito tempo xunta nun espazo moi reducido,

malia que as vivendas dos ricos eran moito mais elaboradas e complexas.

~ 40 ~

Page 42: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

CURIOSIDADES DA VIDA MEDIEVAL

A comida tamén variaba en función do poder adquisitivo das persoas, así os

nobres comían froitos secos (améndoas, noces, abelás…) e tiñan acceso a

exquisiteces asiáticas, mentres que os pobres alimentábanse de ortigas,

zarzamoras, froitas silvestres….

O mundo medieval caracterizase por opulentas fortificacións que en época

gótica se diferencian do románico en abrirse aos influxos franceses dos cales

copian a súa estrutura defensiva, tal é como se ve en Rocha Forte, un castelo

que os Irmandiños derruíron por completo en Santiago de Compostela, cómo

faremos nós en San Paio de Narla pero ¿permitirannos iso os donos do

castelo?

No mundo medieval é moi importante a loita, é a forma máis eficaz de facerse

co poder pola forza. Os nobres loitan para amplialos seus dominios territoriais

e os bispos envían cabaleiros a combater en Terra Santa para defendela

cristiandade.

E LOGO COMO FOI QUE SE ENFADARON OS IRMANDIÑOS?

O que pasou foi que os bos dos irmandiños cansáronse de ver cómo a

miseria se cebaba con eles e como a peste negra se cebaba con elles,

namentres nos castelos os nobres divertíanse e tiñan unha serie de privilexios só

por ser dunha liñaxe máis prestixiosa. Estaban fartos de ter que traballar para os

señores que enchían o bandullo a súa costa mentres eles non podían alimentar

aos seus fillos, ademais tiñan que pagar trabucos (impostos) ao clero.

Era unha época de incertidume e de moito perigo, había moitísimos ladróns

que asaltaban os viandantes polos camiños o que daba inseguridade, ademais

estaban as bandas dos malfeitores que atacaban impunemente pois eran

defendidas polos señores e bispos. Estas bandas tiñan acubillo nos mesmos

castelos, e a parte máis substanciosa do que sacaban ía a parar ás arcas dos

seus propietarios.

~ 41 ~

Page 43: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Desamparados pola xustiza e cansos de que as bandas acubilladas nos

castelos lles roubasen os bois, as bestas, os cartos e todo canto se lles antollase,

os sufridos habitantes das cidades, unidos aos labregos, acordaron organizar

asociacións e veciños coa fin de establecela a orde en toda Galicia. A estas

xuntas chamáronlles irmandades e nelas debatíase cómo acabar cos nobres e

bispos.

Por un lado están os irmandiños e por outro os cuadrilleiros, xefes militares

das irmandades, mandando cada un deles cen irmandiños armados.

A POR TODAS, MORTE Á MONARQUÍA E A IGREXA!!!!

No ano 1467, miles de homes e mulleres marcharon contra os castelos berrando

¡Viva a Santa Irmandade, morran os cabaleiros e os cregos! Foi tan enorme o

exército irmandiño, que os bispos e señores, sorprendidos e atemorizados, apenas

ousaron enfrontarse a eles. O exército popular asaltou as fortalezas, botando abaixo

os muros defensivos.

O señores como Pedro Madruga e o arcebispo Fonseca, incapaces de someter

a revolución irmandiña, tiveron que fuxir a Portugal. Vencida e fuxida pois a nobreza,

as Irmandades tomaron o goberno de Galicia, adicándose a pór orde nos camiños e

a xulgar a señores e bandoleiros. Conseguiron acabar con tódolos malfeitores e

arrastráronnos ao patíbulo, aforcándoos e apoderáronse de fortalezas consideradas

inexpugnables.

Pero os nobres moi pillos eles, estaban agochados en Portugal, no se resignaba

a perder os seus antigos privilexios. Así que Pedro Álvares de Soutomaior, máis

coñecido como Pedro Madruga, falou cos seus parentes e amigos, entre os que se

atopaba o rei de Portugal, e pediulles axuda para recuperar as terras e fortalezas

que deixar en Galicia.

A ONDE SE DIRIXEN ESTES NOBRES?

QUEREDES SABER CÓMO CONTINUA A HISTORIA?

SE É SI, BERRADE MOI FORTE SIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII!!!!

~ 42 ~

Page 44: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

POR FAVOR, ISO É TODO O QUE SODES CAPACES DE BERRAR?

CÓMO SE NOTA QUE SODES DE FRIOL! MENUDO IRMANDIÑOS E

IRMANDIÑAS MÁIS MALOS IMOS TER!

A VER, ENSINÁDEME SE TEDES BOS PULMÓNS!!! BERRADE CON FORZA!!!

Qué pasou despois, entón?

Pois que todos lle dixeron a Pedro Madruga que si, que o socorrían. De maneira

que na primavera de 1464 Pedro madruga pasou o Miño, disposto a recobrar o que

lle quitaran as Irmandades.

Os irmandiños alertados pola presenza en Galicia do exército de Pedro

Madruga, intentaron frealo seu avance opoñendo resistencia, pero o Pedro Madruga

coñecía moi ben a táctica militar. Uniuse ás tropas do arcebispo de Fonseca que

tamén viñera a Galicia a recuperalas súas propiedades, e estableceron o cerco da

cidade, daquela amurallada.

LOITA DE IRMANDIÑOS, DEFENDEDE O QUE TANTO CARO VOS CUSTOU

ACADAR!!

ÁNIMO NOBRES E CABALEIROS, RECUPERADE AS VOSAS PERTENZAS!!

Ui, ui, eu non sei a quen animar e vos? Sabédelo?

Daquela, qué lles pasou aos Irmandiños?

Non lles quedou máis remedio que presentala rendición, despois de loitar nunha

encarnizada e cruenta batalla, na que mesmo o propio arcebispo Fonseca houbo de

morrer dun saetazo nunha perna.

Xa postos outras vez nos seus castelos e pazos, os vellos señores tomaron de

novo o goberno de Galicia. Moitos dos irmandiños foron executados. Os membros

da irmandades mailos labradores tiveron que erguer á súa conta os derribados

muros da fortaleza e pagar centos de marabedís pola recostrucción.

Volta á dureza da vida…

~ 43 ~

Page 45: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

A derrota dos irmandiños supuxo que Galicia non se puidese desenrolar como o

resto de Europa, situación que aproveitaron os funcionarios e señores do reino de

Castela, que entraron en Galicia sen demasiados problemas. De maneira que o

Reino de Galicia xa non estaba gobernado polas Irmandades, nin polos señores

galegos, nin polo arcebispo de Compostela, se por xente castelá de Isabel “la

Católica”

AGORA XA VEDES O QUE LLES PASOU OS IRMANDIÑOS, IMÓSVOS

REPARTILO PAPEL QUE VOS TOCA A CADA UN. Se vos toca ser un irmandiño ,

pensades deixar que o señor vos coma a vosa terra e vos mate de fame? e se sodes

un señor, nobre, conde … Vades permitir que os labregos se vos rebelen?

QUEN SERÁ QUEN?

Haberá dous bandos, un será o do bando dos malfeitores que abrangue nobres,

condes, bispos, reis… e outro será o do bando dos benfeitores no que se acollen

labregos, zapateiros, xastres, carpinteiros, pequena burguesía, pero claro, quen será

cadaquén? Pois aló imos, ímolo saber ….

BANDA DOS MALFEITORES

Sara – Alfonsina de Fonseca (abadesa)

Cristina – Berta

Ana – trobadoresa

Miguel – cabaleiro

Borja – cabaleiro

Dani – Vasco das Seixas

Alba – a doncela Dulcinea

Andrea – Ana de Souza e Andrade (monxa benedictina)

Patricia – Catalina de Andrade

~ 44 ~

Page 46: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

E os irmandiños, quenes serán?

BANDA DOS BENFEITORES

Beatriz – a modista Xoana

Noelia – a artesana Xela

David – o carpinteiro Santiago

Santi – o gandeiro Nuno que é o cabecilla dos Irmandiños

Andrián – o ferreiro Pedro

Luis Miguel – o tecelán Manuel

Ismael – o colleitador de viño Xurxo

Ruben – o criador de carneiros Afonso

Laura – a tendeira Ximena

EXPLICACIÓN DO XOGO

E agora, abride ben as orellas que vos imos explicar en qué consiste o xogo, estade

ben atentos, da vosa atención depende que gañedes ou perdades o sábado 18 de

xullo, día no que os irmandiños asalten a fortaleza de San Paio de Narla. ATENTOS

RAPACES E RAPAZAS !!!

~ 45 ~

Page 47: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA

OBRADOIRO DE VERÁN 2009

DATAS:17 e 18 de xullo

A revolta dos Irmandiños: tomamos San Paio!!!

A actividade que presentamos dende o departamento de didáctica do museo

de San Paio de Narla xurdiu tras afondar no florecente pasado da historia galega e

embriagarnos da súa riqueza e hexemonía no período medieval, pero parámonos en

algo que nos encandilou, un episodio tan convulso e vibrante como o da Revolta das

Irmandiños. Entón puxémonos a cavilar ¿logo non sería boa idea revivir aquí nesta

inigualable fortaleza inmersa nun marco incomparable, o fragor da batalla dos

irmandiños e malfeitores? É iso é o que presentamos: uns axitados días nos que

San Paio voltou captala maxia do Medievo.

OBXECTIVOS:

- Achegar a historia medieval de Galicia aos nenos e nenas

- Facer que confeccionen o seu propio material de xogo, deste xeito

impartiránselles unhas nocións básicas de heráldica.

- Achegar o estudo da socioloxía medieval galega, xa que se lles fará un

contexto social e histórico.

- Explicar a estrutura dunha irmandade (cuadrilleiros)

- Comprender como se estrutura unha fortaleza medieval: paseo de ronda,

torreón, foxo…¿cómo facer unha fortaleza inexpugnable? ¿qué lle falta hoxe

a San Paio?

- Propoñer modelos alternativos de lecer, nos que se fomente a convivencia e

o traballo en equipo.

~ 46 ~

Page 48: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

- Estimular a creatividade e a imaxinación dos nenos e nenas.

A actividade constará dunha fase teórica e doutra práctica, procedemos a

desenrolala parte teórica, nela o que se pretende é impartir unha lixeira idea do que

foi a época medieval en Galicia e a repercusión que tiña a tódolos efectos a Revolta

dos Irmandiños, incidindo con especial insistencia no papel que desempeñou o

señorío de San Paio de Narla e a relevancia da fortaleza como continente do

mesmo.

FASE PRÁCTICA:

En dous bloques: primeiramente farase un obradoiro no que se confeccionaran o

seu material: armamento e indumentaria, para o cal proporcionaráselles modelos ou

arquetipos que tomarán como fósil guía, é dicir, será o que deseñarán para

posteriormente lucir.

Nun segundo apartado, situase a elección do personaxe ou rol que vai adoptar

cada neno e nena, sendo prioritario establecer un reconto de cantos nenos

participan na actividade, e dividilos en grupos que representarán o espectro social

da época medieval: altos burgueses, baixos burgueses, bachareis, bandidos,

campesiños, fidalgos, mariñeiros, mendigos, mercenarios, menciñeiros, monxes,

trobadores…isto polo que respecta ao bando dos irmandiños. No que atinxe ao

bando dos malfeitores, comentar que este engloba as tropas defensoras da fortaleza

de San Paio de Narla, o señor Vasco das Seixas e o seu séquito de nobres, exército,

menciñeiros…Sería interesante intentar dar unha política de unión fraternal entre a

coroa castelá, tendo en conta a liñaxe castelá de Catalina de Andrade, esposa de

Vasco das Seixas, e a coroa galega representada na persoa anteriormente

devandita; asemade isto permitirá ampliar o número de roles a desempeñar.

Formaranse os grupos principais: irmandiños e malfeitores, de cada bando

deberá saír un representante, dos irmandiños sairá o campesiño máis avantaxado e

sagaz e dos malfeitores será o destacado que represente a Vasco das Seixas que

~ 47 ~

Page 49: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

coa súa garda deberá defendela fortaleza para evitar que sexa tomada polos

irmandiños.

O xogo ten que comezar do seguinte xeito:

Un campesiño, podemos dicir un tal Nuno, erixe a súa voz zaherida polo

cansazo e os múltiples abusos da nobreza que o cansan e fatigan, por iso insta os

seus conxéneres a que collan as armas e se rebelen contra o poder opresivo dos

nobres. O rapaz que represente a Nuno terá que despregar as súas mellores dotes

de persuasión para conseguir que o resto de compañeiros o secunde, cando consiga

telos ánimos enfervorizados, deberán acercarse as portas do castelo e ameazar a

Vasco das Seixas de que se non é máis magnámino e benévolo cos seus vasallos,

rebelaranse e tomarán a fortaleza.

O bando dos malfeitores, encabezada e capitaneado por Vasco das Seixas,

nunha actitude arrogante e desafiante, lonxe de amedrentarse, envalentónanse, e

castigan a súa ousadía cun incremento de tarefas no campo e co gando. Os

campesiños teñen que tragarse o seu orgullo e cumprilos mandatos, pero finxiran

estar conformes, xa que pola noite, armados de fouces, deciden asaltalo castelo. O

seu ataque, por pór un exemplo, podería ser respostado co lanzamento de aceite

fervendo dende as amenas da torre que abrasa os que trepan pola torre de

homenaxe, evidentemente ambos bandos terán armas para se defender, pero en

ningún momento estas serán punzantes, puntiaguadas en exceso ou metálicas.

O groso da revolta consiste, claro esta, no enfrontamento, así uns irán caendo

na batalla (insistirlles en que terán que aprender a xogar e aceptalas derrotas) e

serán atendidos polos menciñeiros do seu bando. O xogo rematará cando os do seu

bando, véxase irmandiños, atopen a bandeira (previamente os respectivos bandos

agocharán cadansúa bandeira) do seu contrincante, os malfeitores, así terana que

roubar e levala para o seu campo onde a cravarán en sinal de vitoria sobor doutro

bando que quedará derrotado; obviamente o equipo despoxado da súa insignia terá

que evitar que a bandeira do seu castelo ou da súa vila caia en mans inimigas

porque supera a súa derrota e, consecuentemente, o remate do xogo.

~ 48 ~

Page 50: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Unha vez que a actividade vaia para diante e collendo forma, elaborase un guión

máis polo miúdo onde se dispoñerá, máis exactamente, o que ten que dicir cada

xogador, en función de cantos nenos haxa. De igual maneira, pensamos que se

podería facer alusións á peste negra, unha persoa vestida de negro simbolizará a

peste e abrazará a soldados e campesiños, no momento en que abrace a un

combatente, quedará “morto” e non poderá seguir xogando. Cada bando terá dous

“comodíns peste negra” que serán letais, para que se fagan unha idea , moi sui

generis, do mortífera que foi a peste negra na sociedade medieval galega daquel

entón.

Se sobrase tempo, incluso se poderían facer torneos ou xustas a cabalo, ao

máis puro estilo medieval. Xunto a isto, queremos salientar que a actividade pódese

facer dous anos seguidos sen resultar repetitiva, xa que o ano que gañen os

irmandiños, ao ano seguinte os malfeitores pediranlle a “revancha”.

IMAXES QUE AMOSAN A FORTALEZA QUE COBRARA VIDA COAS IMAXES

QUE SE VEN NAS VIÑETAS A CONTINUACIÓN:

~ 49 ~

Page 51: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

LOITA DOS IRMANDIÑOS TOMAMOS SAN PAIO!!!!

Desolación, pavor, miseria, ruína, desesperación, frustración, dor, terror … os

ingredientes fundamentais que cocían lentamente un clado de cultivo que non

tardaría moito en crealas condicións idóneas para que os campesiños se sublevasen

constituíndo o que se coñeceu como a revolta dos Irmandiños, nun século XIV que

foi a da crise por antonomasia, pero… que é iso? Non oídes? Oio queixas e

lamentos e e e… estou albiscando unha pequena aldeíña asentada nun castro, creo

que se chama Castronela, está en Friol, e que máis, que máis… mi madriña!! Vexo

un descomunal e despampanante castelo, disque se chama a fortaleza de San Paio,

da cal é dono Vasco das Seixas, pero algo me da que non é moi bo recibo entre o

campesiñado. Ui, ui, qué maneira de berrar, escoitemos…

CAMPESIÑO NUNO – SANTI, cabecilla dos Irmandiños, será quen lidere aos

irmandiños > Pero, que vos pasa? Non vos dades conta de cómo nos están

chuchando o sangue? Roubános a comida da boca e o pouco que temos lévao a

igrexa cos seus diezmos e os nobres enchen o bandullo nas súas comilonas co que

nos cultivamos, pero polo amor de Deus, reacionade, Afonso xa perdeu un meniño

por non ter con que alimentalo e súa muller está encinta e non vai poder dar a luz

porque non ten con qué pagar a unha comadrona. Férveme o sangue coa vosa

pasividade, reacionade insensato!!!!

CAMPESIÑO PEDRO – ADRIÁN Sabémolo, Nuno, sabémolo, eu xa perdín a

metade da miña familia entre a fame e a peste, pero que queredes que fagamos?

eles son os que teñen o poder, que suxires que fagamos?

CAMPESIÑO NUNO Pero non vos dades conte? Nos somos máis e estamos

fortes e lixeiros, os nobres teñen o bandullo tan cheo que nin se dan dobrado e os

seus soldados están sempre bébedos. Eu digo que nos armemos de fouces e

coitelos e vaiamos a amedrentalos ao castelo, a esixirlles que non nos maltraten de

xeito no que o fan.

CAMPESIÑO MANUEL – MIGUEL Tes toda a razón, Nuno, eu estou contigo,

traballo coma un burro no meu tear e toda a lá lévanma as damas de pacotilla do

castelo, non me deixan ningunha, non teño con qué tapar os meus fillos no inverno,

~ 50 ~

Page 52: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

este último que foi moi duro fixo que un dos meus fillos morrese de frío. Odio a

nobreza dende o máis fondo do meu corazón, desexaría ver ao señor Vasco das

Seixas ensartado nun pau, aborrézoo. Ti conta conmingo Nuno, imos facer que

treban coma varas verdes jajaj E eu heime de encargar de sacarlles tódolos vestidos

de lá a esas señoritangos para darllos as miñas, fillas e penso coller a dona Catalina

de Andrade e …

CAMPESIÑA MARÍA – NOELIA Non digas iso Manuel, dona Catalina de

Andrade sempre se preocupou de nós, de que traballásemos nas mellores

condicións; inda me lembro de cómo evitou que a miña filla morrese afogada. Con

quen hai que acabar é con Vasco das Seixas, que é culpable de todo, é un home

sen compaixón, non hai mais que ver como trata a unha muller tan bondadosa como

dona Catalina.

CAMPESIÑA XOANA – BEATRIZ Si, María ten razón, a dona Catalina non hai

que facerlle ningún mal, ten un corazón de ouro. Eu lembro un día na feira que a

miña nena máis pequena choraba porque quería unha fermosa boneca de trapo e eu

non lla podía comprar porque non tiña ningún marabedí, entón dona Catalina viu o

que sucedía e mercoulle ela a boneca.

CAMPESIÑA XIMENA – LAURA Si, María e Xoana non menten, din a verdade,

Dona Catalina é un anxo caído do ceo que non merece a ese demo de Vasco das

Seixas que ten por home. Eu se tomamos o castelo, non quero que lle suceda nada

malo a ela. Non se me esquece o día que de nena choraba porque un neno me

dixera que tiña o pelo dunha sucia rata, e ela oíno, saíu do cortexo de nobres que

ían a misa desoíndo a voz autoritaria do su home, consciente de que a ía agardar

unha boa reprimenda, e acercouse onda min, aloumiñoume na cariña e díxome que

no chorase, que non lle fixera casa a ese raparigo e sacouse do pelo una afeite de

nácar cunha pela que puxo no meu pelo deume un bico na fazula. Eu non quero que

dona Catalina sufra ningún mal, a culpa é de Vasco das Seixas, se ela gobernase no

íamos ter os problemas que temos.

CAMPESIÑO XURXO – MIGUEL Pero como sodes as mulleres non estamos

dicindo que vaiamos matar a ninguén, só os imos asustar un pouquechiño

~ 51 ~

Page 53: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

enarbolando no alto os nosos fouciños e xa veredes como así non deixan de oprimir

e asfixiar. Así das patacas que ti colleitas na leira, quedaríache o suficiente para

manterte ti e a túa familia, porque non as collerían todas os nobres para facer

patacas asadas co cordeiro que “chorizan” a Alfonso.

CAMPESIÑO AFONSO – RUBÉN Si, aí falaches Xurxo, eu teño que cebarlle ao

señor 50 cabritos ao mes para que poida invitar a toda a recua de mangantes

amigos seus da soldadesca que ten e a comitiva de bispos, cardeais, monxes… que

traen. Coma hoxe, ten aí metido a un do clero, moi importante a un tal Alonso de

Fonseca….

CAMPESIÑO SANTIAGO – DAVID Carafio!! Ti estás seguro do que dis? Ese é

un bispo moi importante, ven de Santiago de Compostela, é un algo representante

da igrexa galega. Oíde, oíde todos, sabedes que imos facer? para asustalos

debemos tomar o castelo hoxe ao solpor, os bispos moito crer en Deus e todas esas

pamemadas, pero en canto ven un coitelo mexan por eles de medo.

TODOS jajajajaj Si, así faremos! Basta xa de pasar fame! Non máis penurias!!

2º PARTE – 1º ASALTO AO CASTELO

Mentres que os campesiños ideaban como atacar, no castelo estábase a

celebrar un gran festín na honra de Alonso de Fonseca que viñera as terras de Friol

a loitar por erradicar a herexía do priscialinismo moi arraigada na zona. O último

reduto quedaba en Friol acabaron con el os soldados de Vasco das Seixas. Todos

eles triunfantes, celebran o seu triunfo, imos botar unha ollada no castelo a ver que

sucede…

TROBADOR – ANA Recita versos das Cantigas de Sta María ou o poema Don

Gaiferos para amenizala velada.

VASCO DAS SEIXAS – DANIEL Pois xa ven, as súas excelentísimas e

reputadísimas autoridades eclesiásticas, como fun quen de acabar o último reduto

de priscilianismo que quedaba no meu reino, porque eu son moi eficaz, sería o rei

~ 52 ~

Page 54: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

que todo bispo quixera ter preto. Vostede xa me entende, verdade don Alonso de

Fonseca? quérolle dicir que se vostede me axuda a derrocalo rei do castelo de

Pambre, eu sería un magnífico aliado que o nutriría dos mellores e máis

experimentados soldados para que fosen a combater a Terra Santa para que …

DONA CATALINA DE ANDRADE – PATRICIA Esposo, como ousas dicir

barbaridades semellantes diante do excelso bispo Alonso de Fonseca? Non vés que

iso é pecado? pódente acusar de simonía, como podes ser tan incauto?

VASCO DAS SEIXAS – DANIEL Ti cala, mentecata, es unha muller e as

mulleres non opinan, agachan a cabeza e fan o que lles di o seu home, eu son o teu

home e ordénoche que te retires ao parladoiro a acompañar a túa filla e sen

rechistar!!

BERTA- CRISTINA (Catalina xa se retirou ao parladoiro a xunto da súa filla)

Madre, non chore, xa sabe como é padre de hosco e de desagradábel. Eu sei que

atoparei un home diferente, que me queira e me valore como muller.

Namentres, na mesa, mentres que o xogrador sigue cantando e recitando

versos, Alonso de Fonseca e Vasco das Seixas intercambian opinións:

ALONSO DE FONSECA – SARA Hei de dicirlle, señor Vasco das Seixas, que o

seu castelo goza dunha posición estratéxica e está moi ben construído, eu estou

facéndome construír un novo que ten… Don Peres de Fonseca, descúlpeme pode

axudarme, eu non me defendo nada ben coa terminoloxía arquitectónica dos

castelos.

CARDEAL PERES DE FONSECA – ANDREA Non se preocupe, señor bispo, eu

explícolle a don Vasco das Seixas sen ningún tipo de problema. Verá, no mundo,

nas fortalezas continuamente se está innovando, non está configurada do mesmo

xeito unha fortaleza do reino de Castela que unha do reino de Galicia porque …

De repente irrompen na torre de homenaxe, dous soldados da garda real:

~ 53 ~

Page 55: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

SOLDADO- CABALEIRO BORJA Meu señor, os campesiños están ameazando

con qué se non se lles baixan os impostos e se lles da de comer, asaltarán o

castelo…

SOLDADO – CABALEIRO MIGUEL Si, veñen moitos e parecen perigosos,

veñen armados de fouciños, galletas, coitelos…

VASCO DAS SEIXAS – DANIEL Silencio!! O que necesitan é un pouco de man

dura, arroxade aceite fervendo dende as almenas, ao morreren abrasados algúns os

que sobrevivan haberán de escarmentar e ficarán quedos e non me interrompades

máis que estou a manter unha conversa moi agradábel. Proseguide, don Peres de

Fonseca…

Así, se fai, lánzase aceite fervendo e moitos campesiños morren abrasados,

este feito, lonxe de amedrentalos campesiños, fai que se enardezan os seus

ánimos. Mándalles aos soldados que lle digan o seu señor, que mañá a saída do sol

agarde coas súas tropas diante do castelo porque van combater contra el a morte.

Aquí é un pouco absurdo, desenrolar un guión porque eles estarán desexando learse a

mamporros, co cal establecerase a loita cunhas regras e encargaráselles o deseño da súa bandeira

que deberán protexer para non ser derrotados, delimitaranse os campos e tomarase SAN PAIO!!!!!

~ 54 ~

Page 56: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 55 ~

Page 57: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

VIDEOREDE: Creatividade na Rede

Descrición:

Videorede naceu en principio como unha actividade didáctica para a

programación deste verán dos museos da Rede Museística Provincial de Lugo. O

obxectivo era aproveitar o crecente interese dos nenos polas novas tecnoloxías, as

redes sociais en particular, para crear mediante vídeos unha rede entre eles onde os

nenos de cada un dos museos puidesen mostrar aos outros nenos o patrimonio de

cada un dos museos así como os costumes e cultura dos seus ámbitos próximos.

Todo iso fomentando o pensamento creativo. Pero a medida que iamos traballando

coa idea decatámonos a longo prazo de que o que se formulara como unha

actividade didáctica puntual nos podía ofrecer unhas posibilidades maiores

convertida nun proxecto continuo. Desta forma naceu Videorede tal e como agora

está planificada.

Antes de comezar a explicar a experiencia temos que explicar algunhas

características da Rede Museística. Está integrada por catro museos. O Provincial

que está na Lugo, El Museo Provincial del Mar en San Ciprian, o Museo Fortaleza

de San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos..

Nivel educativo:

A partir de 10 anos

Objectivos:

- Fomentar a creatividade

- Fomentar o uso das TICS

- Que os nenos teñan unha canle propia e explosivo no que expresarse e poder

mostrar o patrimonio, material e inmaterial, dos seus ámbitos inmediatos e

dos propios museos. Queremos que sexan eles mesmos os que se

encarguen de pensar, crear e difundir os contidos dos blogs e das canles

sempre baixo a supervisión da xerencia da Rede..

~ 56 ~

Page 58: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

- Crear un diálogo activo e asincrónico entre os nenos das diferentes zonas de

Lugo.

Metodoloxía:

1º Unha breve introdución a internet e ás redes sociais:

Aquí explicóuselles aos nenos as vantaxes e os perigos das redes sociais e de

internet en xeral xa que para algún deles era o seu primeiro contacto con estas

ferramentas.

2º Gravación de vídeos:

Aquí elaboraron, con diversos dispositivos, vídeos de creación propia nos que

mostraban o patrimonio dos seus museos e do seu ámbito máis próximo. Tamén

gravaron preguntas dirixidas aos nenos doutros museos onde expresaban

inquietudes do ámbito deses museos ou do seu patrimonio. Preguntas que os

nenos dos outros museos deberían responder creando un dialogo asincrónico

entre eles.

3º Fase de edición: onde os nenos editaron os vídeos ao seu antollo.

4º Creación de canles de distribución no que os nenos puidesen mostrar as súas

creacións. Para iso creáronse diferentes canles en Youtube, un por cada museo.

Videorede chegaba nun principio ata aquí, pero a medida que a actividade

avanzaba e vendo os bos resultados que estabamos a ter cos nenos, decidimos ir

máis alá.

Pensamos que utilizando algunha ferramenta máis, unidas ás canles de

youtube, poderiamos crear novas vías de difusión do museo e o seu entorno a parte

das canles institucionais que xa tiñamos. Unhas canles que explorarían os camiños

da tradición oral e que serian xestionadas e mantidas polos propios nenos. Para iso

o primeiro que fixemos foi crear blogs, un por cada museo e vinculalos ás canles de

youtube que xa habiamos creado previamente. Tamén se crearon diferentes contas

en twinter para dotalos de inmediatez á hora da difusión do que os nenos crearan.

~ 57 ~

Page 59: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

E nesta fase encontrámonos agora, estamos a empezar cos nenos do Museo do

Mar que proximamente empezaran a gestionar eles sós os contidos do Blog e da

canle de youtube.

4.6. Obradoiro de Nadal

~ 58 ~

Page 60: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Peiteados e aderezos

O renacer da cultura: o renacemento italiano chega a San Paio de Narla

Obxectivo: Concienciar aos rapaces e rapazas de cómo unha actividade que

pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico

asemade de agochar os entresixos de épocas históricas a través das cales,

sometidas aun exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de

distinción e ostentación.

~ 59 ~

Page 61: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 60 ~

Page 62: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 61 ~

Page 63: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 62 ~

Page 64: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 63 ~

Page 65: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 64 ~

Page 66: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 65 ~

Page 67: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Facendo historia

~ 66 ~

Page 68: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 67 ~

Page 69: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Obxectivo: Fusionar heráldica e historia, condensándoos nun único concepto

para amosar que tras un escudo agochase mita crónica histórica. Un escudo non é

unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que imos a ver.

Estudamos a heráldica de San Paio de Narla: escudo das familias Seixas,

Andrade, Ordoñez, Sarmiento. Literatura popular.

~ 68 ~

Page 70: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Metodoloxía: Medios audiovisuais na parte práctica, e materiais cartón,

acuarelas, ceras, pinturas,… co fin de realizar os escudos.

O universo da heráldica: personaxes, etc

No mundo da heráldica, dáse un mundo concreto e particular, case se podería

falar dunha xerga específica e de certo tipo de persoas vencelladas a ela. Este é o

caso de:

Cabaleiros

Escudeiros

Armas

Torneos

Batallas

Heraldos

Xustas

Estandartes

~ 69 ~

Page 71: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Armaduras

Cabalos

Vaia, qué mala memoria!! xa non me lembro de ningunha cousa máis

relacionada co mundo da guerra na época medieval… Veña, estruxade os miolos e

dicideme algo relacionado!!!!!!

A heráldica en Galicia

Na primeira proposta trátase de que coñezades o florecente pasado medieval de

Galicia, deste xeito hai que falar dos Andrade, dos Ulloa, dos Moscoso e, como non,

sería case un sacrilexio obvialo, do señor Vasco das Seixas, dono e señor da

Fortaleza de San Paio de Narla, e xa de paso falar da brilante existencia de villas

medievais tan importante coma Betanzos (destacando as súas xuderías), Ribadavia

e Morforte de Lemos.

Tamén debedes saber que así coma vos chamades cun nome en concreto que

vos identifica, os escudos tamén o facían, isto é nos escudos dos Moscoso aparecen

os lobos e nos de Andrade figura un xabarín. Deste xeito e xente do medievo sabía

cando se estaba a falar dun ou doutro.

E logo, que imos facer agora?

O seguinte paso é levala a heráldica á práctica así pois o que agora faremos

será coller un cartón e elixila forma que querades dunha fotocopia que vos daremos,

elixiredes o que queredes e comezaredes a facelo empregando cartulinas /plastilina,

purpurina…) e escollendo a forma que máis vos guste. Teredes que facer un escudo

propio que vos identifique para despois “loitar” nunha gymkhana de xogos de

palabras na que só sairá un vencedor e o último que quede será investido coma

cabaleiro da excelentísima orde de San Paio de Narla e se é unha rapaza será

investida coma a excelsa princesa da orde de San Paio de Narla. O vencedor será

coroado coa súa coroa de príncipe e sentado no seu trono de honra.

~ 70 ~

Page 72: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

A linguaxe que ides manexar é heráldica, co cal coméntovos un pouco, xa

vistedes na pantalla como é un escudo, isto é as partes que o conforman. Debedes

saber que o escudo ten un esmalte que depende dar cor que teña, así falaremos só

de dous metais: oro e plata e de cinco cores: gules (vermella), azur (azul), sable

(negra) e púrpura (morada) e dous forros: armiños e veros.

En canto ás figuras do escudo, destacan as pezas honorables que son: xefe,

palo, faxa, cruz banda, barra sueter, cabria, bordura, etc. Ademais aparecen figuras

naturais variadas: astros cuadrúpedos, aves, insectos, figuras humanas ou parte de

corpo delas, figuras artificiais: castelo, cadeas e figuras quiméricas dragóns e grifos.

~ 71 ~

Page 73: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

As nosa orixes

Obxectivo: Proporcionar o coñecemento daquelas formas tradicionais de cultura

herdadas dese a época galaico-romana (fabricación do pan,…) e a súa pegada nos

costumes actuais a través dos achágedos conservados nos museos (muíños, teares,

…)

Con esta actividade fixemos un intercambio e convivencia entre os nenos do

medio rural e do medio urbano co fin de intercambiar os distintos modos de vida de

cada un. A procedecia dos nenos era do Lugo capital e do concello de Friol, en total

participaron na actividade 30 nenos en total.

Nesta actividade participou persoal do departamento de didáctica de Lugo (Lucía

Dequídt) do departamento de arqueoloxía (Enrique Alcorta) e do departamento de

didáctica de San Paio de Narla (Francisca Abuín) e parte fotográfica foi elaborada

por un contratado temporal (Jesús González)

~ 72 ~

Page 74: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Cantos dos reis:

Datas: 4 e 5 de xaneiro do 2009

Idades: para todas as idades, preferentemente avós e netos

Mestra: Encarna Lago coa colaboración da Asociación Cultural da Cova da Serpe

~ 73 ~

Page 75: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 74 ~

Page 76: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 75 ~

Page 77: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 76 ~

Page 78: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Dende a Rede Museística tiñamos claro que neste ano 2009, no que se está a

festexar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, e coa vista posta xa no ano

2010, no que se festexará o ano Internacional de Achegamento entre Culturas,

debíamos centrar as actividades de Nadal sumándonos a estes dous festexos.

O novo concepto de museo coma unha institución activa e participativa desbancou o

concepto clásico de almacén de obxectos fai moitos anos. Peero na actualidade

estase a instaurar unha nova corrente tan errada como a anteriormente citada, a do

museo coma ludoteca. Temos claro que non podemos caer nese erro e por irosno

deseño de actividades o factor lúdico non pode supeditar a outros factores mais

correctos como o didáctico ou o participativo. Un museo participativo é un museo

activo.

As novas tecnoloxías son un medio perfecto para traballar con didáctica en museos.

Por un lado ofrecen a posibilidade de facer cousas cunha repercusión global e por

outro e unha linguaxe que os nenos comprenden e utilizan habitualmente. Por iso,

aproveitando ese interese crecente dos rapaces polas novas tecnoloxías dirixiremos

o seu uso cara o fomento de ideas que granten a posta en valor do seu patrimonio, e

non só do patrimonio local de cada museo se non de todos os museos da rede e dos

contornos nos que se atopan. Tendo en conta a localización estratéxica de cada

museo da rede (Mariña, Centro, Ribeira Sacra) estamos a falar do conxunto da

provincia, actuando dende o local cun pensamento global. Dito axioma é chave

tamén no deseño. Fomos do particular ao global: creouse un conxunto de

actividades cuns obxectivos comúns a todas elas pero que por si soas teñen

obxectivos únicos.

Medodoloxía:

Planificáronse tres días: catro xornadas de obradoiros interxerenacionais.

Consideráronse as categorías de aprendizaxe presentes nas tendencias sobre a

educación no século XXI, propostaas pola UNESCO: aprendedno a ser, a facer, a

coñecer e a vivir xuntos.

Estas directrices engloban perfectamente o espíritu que queriamos pór en valor cos

campamentos. Porén, baixo elas contruímolos obradoiros.

~ 77 ~

Page 79: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Obxectivos globais:

- Concepto de museo e concepto de obra de arte

- Aprender a aproveitar as diferenzas como algo enriquecedor en prol da

tolerancia.

- Promoción do coñecemento recíproco da diversidade cultural en

interxeracional.

- Promoción do entorno patrimonial, tanto material como inmaterial.

- Coñecer e usar as novas tecnoloxías para explorar e aprender as costumes

que se están a perder.

~ 78 ~

Page 80: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 79 ~

Page 81: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 80 ~

Page 82: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.7. Programa exposicións

Temos en proxeto realizar unha exposición de pintura relacionadas con temas

etnográficos colaborando co pintor Abel.

Participamos na exposición “Xoias tradicionais no Museo Provincial de Lugo”

comisaria Rosario Fernández, cedendo pezas da nosa colección.

~ 81 ~

Page 83: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.8. Programa Museo Web

Funcionamos cunha axenda a través da páxina da Rede Museística. Dende o

mes de Xaneiro do 2009 contamos con acceso a internet.

Realizamos unha actividade cos nenos, chamada Videorede, na que colgamos

videos na web de youtube realizados e gravados polos nenos, para achegar o noso

patrimonio cultural.

~ 82 ~

Page 84: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

4.9. Programa de Restauración

Dentro deste programa de Restauración ao longo deste ano, fíxose a

restauración das seguintes camas:

Cama cultura urbana, con respaldo ovalado e a figura de San Xosé de estilo

Luís XVI, do século XVIII

~ 83 ~

Cama sen restaurar

Page 85: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Cama semiculta e urbana, con reminiscencias rococós, de século XVIII con

respaldo rematado

~ 84 ~

Cama restaurada

Page 86: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 85 ~

Cama sen restaurar

Cama restaurada

Page 87: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

Cama popular galega

4.10. Catálogo

~ 86 ~

Cama restaurada

Page 88: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 87 ~

Page 89: Memoria 2009-Rede Museística - Esquemática Museo Fortaleza De San Paio De Narla

Museo Fortaleza San Paio de Narla

~ 88 ~