memorias dun neno labrego

4
Xosé Neira Vilas naceu na parroquia pontevedresa de Gres, no municipio de Vila de Cruces en 1928. En 1949 emigrou a Arxentina; alí relacionouse con intelectuais exiliados. En 1957 contraía matrimonio con Anisia Miranda (escritora cubana). O matrimonio decidiu ir a Cuba no ano 1961. En Cuba escribiu as obras máis importantes e coñecidas como Memorias dun neno labrego , Cartas a Lelo , Aqueles anos de Moncho , Historia de emigrantes… En Cuba dende 1969 dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias. En 1988 regresou para Galicia para a súa vila natal.

Upload: normalizacioniesn1ordes

Post on 09-Aug-2015

19 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Memorias dun neno labrego

Xosé Neira Vilas naceu na parroquia pontevedresa de Gres, no municipio de Vila de Cruces en 1928. En 1949 emigrou a Arxentina; alí relacionouse con intelectuais exiliados. En 1957 contraía matrimonio con Anisia Miranda (escritora cubana). O matrimonio decidiu ir a Cuba no ano 1961. En Cuba escribiu as obras máis importantes e coñecidas como Memorias dun neno labrego , Cartas a Lelo , Aqueles anos de Moncho, Historia de emigrantes… En Cuba dende 1969 dirixiu a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias. En 1988 regresou para Galicia para a súa vila natal.

O protagonista destas memorias é Balbino, un rapaz de aldea, pobre. Vive na casa con seus pais, coa tía Carme e cos seus padriños. El ten dous irmáns, un chamado Miguel que emigrou

Page 2: Memorias dun neno labrego

a América para traballar e outra chamada Celia que traballa na casa do Landeiro. Os pais de Balbino traballan para o pai de Manolito, o señor.

Este rapaz vivía nunha familia humilde nos anos corenta (ditadura de Franco en España) nunha aldea. El non se levaba ben co fillo do señor, Manolito, e tivo varios altercados con el . Un deles foi que lle encheu a cara de feluxe ao Manolito e o pai deulle tanta malleira que á maña seguinte marchou da casa, pero ao chegar á noite regresou . Mas o máis grave foi cando un día sen querer deulle cunha pedra na testa. Este golpe tróuxolle tan mala sorte que tivo que deixar a casa e ir traballar á casa do Landeiro.

Un día de festa na vila ía Balbino con súa nai rezando (non lle gustaba, prefería estar cos amigos) detrás da procesión do Carmen polo campo ata que fora cara á aldea, entón o protagonista marchou da procesión e foi dar á casa do Xudeu. Alí estivo falando co Xudeu ata que seu pai chegou e levouno para a casa e deulle unha malleira.

Ao sancristán da aldea tocoulle a función de San Roque e pediulle aos pais de Balbino se lles deixaban o rapaz para facer de sancristán na súa ausencia. Ao final a Balbino gustoulle o traballo porque comía e vestía ben.

Unha mañá Balbino espertou cos berros e choros da madriña e a nai. Logo deuse conta de que morrera o padriño, ao que lle tiña moito cariño e aprecio. Balbino xa sabía que o padriño ía morrer axiña porque tiña una enfermidade. Durante dous días a xente da aldea pasaba pola casa para darlle o último adeus. Pasou o Carmen e Balbino non puido ir á festa polo loito.

El era un neno moi adiantado no colexio e levábase moi ben coa súa mestra, Eladia. Sempre á beira da noite ía á súa casa e contábanse cousas do colexio e acabou namorándose dela en segredo. Pero un día foi á súa casa e ela no estaba porque marchara para casar. Dende iso nunca máis volveu á escola.

Este libro ten varios personaxes, todos caracterizados de xeito real. O protagonista é Balbino, quen, ao mesmo tempo é o narrador destas memorias, na que conta a historia da súa propia vida e dos seus achegados. Os outros personaxes que tiveron relación con el e que se mencionan na obra son súa nai, seu pai, a tía Carmen, os padriños, Lelo e os seus irmáns.

Page 3: Memorias dun neno labrego

Destacan moito o padriño polo cariño que lle tiña e polos sabios consellos que daba e mais a tía Carmen que o axudaba e o comprendía; iso canto á súa familia. Tamén destaca o seu gran amigo Lelo, que o coñecera no río cando o salvou e co que tivo confianza incluso cando emigrou. E tamén foi importante a relación que tivo coa súa mestra Eladia, como xa comentei.

Esta historia está narrada en primeira persoa polo protagonista. El conta a súa vida sen pararse moito a describir lugares nin moito as persoas.

Neste libro falan todas as persoas en galego, agás o señor e o seu fillo, que falan en castelán. O léxico é bastante complicado porque é dos anos corenta, galego enxebre.

Naquela época, na que a maioría da xente era pobre e vivía na miseria, producíranse moitas emigracións dos galegos a América por falta de recursos e medo a Franco, pois vivían nunha ditadura.

O libro gustoume porque di como se vivía polos tempos dos meus avós. E gustoume o detalle da súa irmá que o valeu cando tivo que marchar da aldea e axudouno para buscar traballo. Tamén me chamou moito a atención que houbese tres anos de loito, costume que hoxe en día é inusual, cando morre una persoa.

SAMUEL RÍOS IGLESIAS, 2º ESO B