nadarín. día da paz 2014
TRANSCRIPT
NADARÍN
30 DE XANEIRO 2014
DÍA DA PAZ
INFANTIL- CEIP O INCIO
Nun recuncho perdido do mar vivía feliz un banco de peixes. Todos eran vermellos. Só un era negro como a cuncha de mexillón. Nadaba
mellor có resto dos seus irmáns e irmás. Chamábanlle Nadarín.
Un mal día, apareceu veloz entre as ondas un atún rabioso e moifamento. Dun bocado tragou todos os peixiños vermellos.
Soamente Nadarín deu escapado.
Fuxíu cara as profundidades. Estaba só, triste e asustado.
Pero o mar estaba cheo de fermosas criaturas e, nadando de marabillaen marabilla, Nadarín volveu ser feliz.
Ollou unha auga mar da cor do arco da vella…
Unha lagosta que pasaba remexendo a auga…
Estraños peixes movidos por un fío invisible…
Un bosque de algas que nacían de pedras de caramelo…
Unha anguía tan longa que se esquecía da cola…
E anémones que semellaban palmeiras de cor vermellaabanando no vento.
Entón agochado entre as sombras das rochas e das algas, descubríu
un banco de peixesigualiños a el.
“Vide nadar, xogar e VER cousas!”, dixocheo de felicidade.
“ Non podemos”, dixo un pequeno peixe vermello,“o gran peixe comeríanos”.“Pero non podedes quedaraí para sempre” dixo Nadarín.“Temos que pensar algo”.
Nadarínpensou, pensou e
pensou. De súpeto dixo:
”Xa sei!. Imos nadar todos xuntos coma se fosemos o peixe máis
grande do mar”.Ensinoulles a nadar ben xuntiños, cada
un no seu sitio.
E cando aprenderon a nadar coma se fosen un peixe
xigante, díxolles: “Eu serei o ollo”.
E nadaron na augafresca da
mañá, baixo o sol do mediodía, e así
escorrentaron o gran peixe.
FIN