narrativa renacentista
DESCRIPTION
Introdución á narrativa renacentistaTRANSCRIPT
Narrativa renacentista
O Decamerón de Giovanni Bocaccio (1313 – 1374)Italia
A Arcadia de Jacopo Sannazaro (1455 – 1530)
Francia Gargantúa e Pantagruel de François Rabelais (1494 – 1553)
A finais do Renacemento aparecen n España a novela picaresca e a figura destacada de Miguel de Cervantes (1547 – 1616)
Argumento: A causa da peste bubónica de 1348, sete rapazas e tres rapaces duxen de Florencia e refúxianse durante dez días nunha finca de campo. Para pasar o tempo, cada un se compromete a contar unha historia diaria. O resultado son os cen contos que compoñen o Decamerón.
Decamerón
Non ten finalidade didáctica; nárrase polo pracer de narrar.
Son moi abundantes os relatos de temática amorosa
Na obra, a pesar do marco da peste, hai unha visión agradable da vida, propia do Renacemento.
Os personaxes non son seres extraordinarios que viven aventuras sobrenaturais; son persoas do seu tempo, perfectamente recoñecibles.
Bocaccio é un pioneiro na creación do relato curto europeo. Influiu en autores como Chaucer e nas Novelas ejemplares de Cervantes.
A Arcadia Argumento: Azio Sincero, para esquecer as súas penas de amor, retírase á Arcadia, rexión de Grecia idealizada polos poetas. Alí vive entre ninfas e pastores ata coñecer a morte da súa amada.
Recupera o xénero pastoril / bucólico, propio da poesía grecolatina: Idilios de Teócrito e Églogas de Virxilio.
Idealización do mundo dos pastores, que habitan en paisaxes idílicos cantando as súas penas de amor.
A novela pastoril tivo moito éxito en toda Europa: en España destacan La Diana de Jorge Montemayor e La Galatea de Cervantes.
Gargantúa e Pantagruel En cinco libros nárranse a vida e as extravagantes aventuras do xigante Gargantúa e o seu fillo Pantagruel.
Destaca polo seu ton satírico, burlesco e desenfadado.
Describe excesivos banquetes, e abundan as referencias sexuais e escatolóxicas
Aproveita o ton burlesco para introducir tamén elementos críticos, aínda que o seu obxectivo principal é o de facer rir.