novembro 2012 informa sentenza... · 2017-10-14 · confederación intersindical galega 3 novembro...

4
Novembro 2012 Confederación Intersindical Galega ENSINO iNFORMA www.cig-ensino.com O Tribunal Superior de Xusti- za de Galiza vén de estimar par- cialmente o recurso presentado pola CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo. A sen- tenza anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e as nais en Educación Infantil en virtude da cal en moitos centros non hai nin unha soa hora de docencia en ga- lego nesa etapa, e o 12.3. no que se establecía que o alumnado po- dería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego. No mesmo sentido son as sen- tenzas aos recursos presentados pola Mesa e Queremos Galego que tamén se coñeceron o xoves 22 de novembro. Este fallo xudicial vénse sumar ás denuncias que a sociedade ga- lega veu realizando deste Decreto, pensado e imposto para reducir a presenza do noso idioma nas au- las. É un elemento máis que pon en evidencia que este Decreto nunca se debeu publicar e que a Xunta debe derrogar inmediata- mente. A súa aprobación deu lugar a un rexeitamento social a unha norma sobre a lingua sen precedentes e colleitou un informe negativo do Consello Consultivo da Xunta de Galiza e o voto negativo do Con- sello Escolar de Galiza. “Esta sentenza supón unha de- rrota da política galegofóbica do PP contra a nosa lingua –engade Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino- A sentenza confir- ma a pretensión da Consellaría de Educación de eliminar o ensino en galego nunha etapa fundamental, o Ensino Infantil, mediante a ab- dicación da súa responsabilidade de planificar e ordenar o sistema educativo. Deixa en evidencia que o Decreto 79/2010 non só supuxo unha involución e un retraso no campo lexislativo senón que a súa verdadeira intención era a de erra- dicar o galego do ensino”. O TSXG tumba os alicerces nos que se baseaba o propio decreto O TSXG estima o recurso da CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo A CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto e que se restableza o Plan de Normalización Lingüística

Upload: others

Post on 25-Mar-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Novembro 2012

Confederación Intersindical GalegaENSINO iNFORMA

www.cig-ensino.com

O Tribunal Superior de Xusti-za de Galiza vén de estimar par-cialmente o recurso presentado pola CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de Plurilingüismo. A sen-tenza anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa entre os pais e as nais en Educación Infantil en virtude da cal en moitos centros non hai nin unha soa hora de docencia en ga-lego nesa etapa, e o 12.3. no que se establecía que o alumnado po-dería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego.

No mesmo sentido son as sen-tenzas aos recursos presentados pola Mesa e Queremos Galego que tamén se coñeceron o xoves 22 de novembro.

Este fallo xudicial vénse sumar ás denuncias que a sociedade ga-lega veu realizando deste Decreto, pensado e imposto para reducir a presenza do noso idioma nas au-las. É un elemento máis que pon

en evidencia que este Decreto nunca se debeu publicar e que a Xunta debe derrogar inmediata-mente.

A súa aprobación deu lugar a un rexeitamento social a unha norma sobre a lingua sen precedentes e colleitou un informe negativo do Consello Consultivo da Xunta de Galiza e o voto negativo do Con-sello Escolar de Galiza.

“Esta sentenza supón unha de-rrota da política galegofóbica do PP contra a nosa lingua –engade Anxo Louzao, Secretario Nacional

da CIG-Ensino- A sentenza confir-ma a pretensión da Consellaría de Educación de eliminar o ensino en galego nunha etapa fundamental, o Ensino Infantil, mediante a ab-dicación da súa responsabilidade de planificar e ordenar o sistema educativo. Deixa en evidencia que o Decreto 79/2010 non só supuxo unha involución e un retraso no campo lexislativo senón que a súa verdadeira intención era a de erra-dicar o galego do ensino”.

O TSXG tumba os alicerces nos que se baseaba o propio decreto

O TSXG estima o recurso da CIG-Ensino contra o Decreto 79/2010 de PlurilingüismoA CIG-Ensino pide a derrogación do Decreto e que se restableza o Plan de Normalización Lingüística

confederación intersindical galega2

novembro 2011

pensado para a desaparición do idioma, a consulta aos pais e a liberdade de uso de lingua para o alumnado na aula, elementos in-troducidos no seu día polo PP co obxectivo de reducir a presenza do noso idioma.

Por outro lado, é tamén de im-portancia a interpretación que a sentenza realiza dos apartados 1, 3 e 4 deste artigo 5º, pois es-tablece unha interpretación de acordo coa cal non poderá haber aulas exclusivametne en español e deberán fixarse medidas para a adquisición do galego en contor-no castelanizados, interpretación que foi varrida do Decreto 79, per-mitindo que o alumnado non tive-se contacto co noso idioma até a Primaria.

Para a CIG-Ensino, unha vez coñecida esta sentenza, o Gober-no da Xunta debería abandonar a política lingüística baseada na

mentira e no engano da imposi-ción e tamén na persecución do noso idioma como lingua vehicu-lar, unha política que foi rexeitada socialmente polo profesorado e polo ámbito educativo en xeral.

En consecuencia esixi-mos a inmediata derro-gación do Decreto de Plurilingüismo e a con-formación dun novo marco legal para a lingua que supoña unha aposta deci-dida pola normali-zación lingüística para que o noso idioma sexa tratado como lingua propia de Galiza, unha lingua útil. E que se paralice a sangría per-manente de galego falantes. Para

isto debería retomarse o Plan Xe-ral de Normalización aprobado por uninimidade do Parlamento Galego no ano 2004 .

confederación intersindical galega3

novembro 2012

Artigo derrogados:

5.2. A lingua materna predominante do alumnado será deteminada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais e nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do cur-so escolar acerca da lingua mater-na do seu fillo e filla.

Argumentos máis relevantes da Sentenza:“A sala aprecia que, en efecto, o apartado 1, en relación co 2, do artigo 5 do

decreto impugnado, en canto se reputa determinante a consulta aos familia-res para determinar a lingua materna predominante, vulnera a configuración do dereito fundamental á educación, que se recolle no artigo 27.5 da Consti-tución, posto que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa non pode abdicar, sometendo a votación un aspecto tan fundamental como a lingua a empregar na etapa de educación infantil, á que a LNL lle dedica es-pecialmente o artigo 13.1 establecendo que “os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna”, encomendando seguidamente ao Goberno galego a adopción das medidas necesaria para facer efectivo este dereito, sen posibilidade de intermediación ningunha dos familiares.

Non cabe dúbida de que a dita abdicación da potestade de ordenación xe-ral do ensino ten lugar cando se establece que o profesorado usará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, reputando decisivo para determinala o resultado dunha pregunta que se lles efectuará aos pais , nais, titores/as ou representantes legais dos alumnos antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna da súa filla ou fillo (...)

En definitiva, o decreto impugnado non dispón de apoio, legal nin posúe rango suficiente para a atribución do protagonismo vinculante aos familiares á hora de determinar a lingua que se debe empregar na aula na etapa de edu-cación infantil, nin para a inclusión ex novo dun instrumento para exteriorizar o parecer daquelas (...)

No caso do presente litixio consúltanse os familiares próximos do alumnado sobre a lingua materna predominante, e o resultado da enquisa determina, con carácter vinculante, a que ten que usar o profesorado na aula da etapa de educación infantil, ca cal se deixa en mans dos devanditos familiares tal determinación, en contra daquel deber da Administración de ordenar o ensino en todos os seus aspectos”.

12.3. En todas as áreas, materias ou módulos, agás nas sinaladas no parágrafo anterior1 e nas mate-rias de lingua(s) estranxeira(s), o alumnado poderá utilizar nas ma-nifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia. Non obstante o anterior, procurarase que o alumnado utilice a lingua en que se imparte a área, materia ou módulo. 1 Lingua e literatura galega e lingua e litera-

tura castelá

“Desde o momento en que, segundo a LNL e a doutrina do Tribunal Consti-tucional, a lingua galega será con carácter xeral o vehículo de comunicación no ensino non universitario o mencionado artigo 12.3 é ilegal, ao deixar li-berdade ao alumnado para utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia, o que entraña que, aínda que a área , materia ou módulo se imparta nunha lingua, o alumno pode expresarse nunha diferente.

É certo que seguidamente, no seu segundo inciso, o artigo 12.3 engade que se procurará a coincidencia entre a lingua que o alumno empregue e a da área, materia ou módulo, mais o feito de que se procure que iso suceda -nada garante de cara a que finalmente se logre, porque aquela expresión non é imperativa, senón meramente indicativa ou de tendencia, o que se traduce na incoherencia interna do precepto, que, por un lado, deixa liberdade de opción ao alumnado, e por outro indica a conveniencia daquela coincidencia entre a lingua utilizada polo alumno e a propia da área, materia ou módulo, pero

Continúa na páxina seguinte

confederación intersindical galega4

Santiago (Local Nacional)

Rua Miguel Ferro Caaveiro nº 10. Santiago de Compostela. cp.15706.Tlf. 981576800 Fax. 981575839 [email protected]

A CoruñaRúa Alfonso Molina s/n Tlf. 981169810 Fax. 98129173515007. A Coruñ[email protected]

Baixo MiñoPraza da Guía 3, baixo36780. A GuardaTlf. 986610465 Fax. [email protected]

MorrazoRúa Atranco 19A, ench. 136947. CangasTlf. 986302987 Fax. [email protected]

FerrolRúa Eduardo Pondal 41-43,15403. FerrolTlf. 981358750 Fax. [email protected]

LugoRda da Muralla 58, bxo.27003. LugoTlf. 982245023 Fax. 982253891e-mail: [email protected]

OurenseP. de San Lázaro 12, 4º32003. OurenseTlf. 988238350 Fax. [email protected]

PontevedraR. Pasanteria 1, 2ºesq.36002. PontevedraTlf. 986861513 Fax. [email protected]

A Mariña27700. Ribadeo Avda de Galicia 20, 1ºTlf. 982129593 Fax. [email protected]

Val de MonterreiR. Pedro González 5, 1º32600. VerínTlf. 988412345 Fax. [email protected]

VigoR. Gregório Espino 47, bxo.36205. VigoTlf. 986827935 Fax. [email protected]

SalnésR. Alexandre Bóveda 2, 2º36600. VilagarciaTlf. 986505323 Fax. [email protected]

Os nosos locais

non a reforza con ningún mandato, ca que acaba senda unha proclamación baleira (...)

Outro argumento que conduce á mesma conclusión de ilegalidade do artigo 12.3 do decreto impugnado na súa actual redacción é que resulta contrario ao fomenta do uso progresivo do galego no ensino que, como mandato impe-rativo, se contén no artigo 13.2 da LNL, porque a liberdade ao alumnado no emprego da lingua oficial da súa preferencia nas súas manifestacións oral e escrita, permitíndolle a utilización do castelán malia que sexa o galego a lin-gua en que se imparte a área, materia ou módulo, contradí aquel mandato, xa que non facilita a adquisición da destreza esixida ao alumno na lingua propia desta Comunidade Autónoma desde o momento en que se lle permite que non fale ou escriba na lingua galega cando é esta a propia da área, materia ou módulo. Ademais, non chega a explicarse o trato diferente en relación coas linguas estranxeiras, respecto ás que se exclúe aquela liberdade de opción por parte do alumnado.

(…) que debemos estimar e estimamos en parte o recurso contencioso administrativo interposto pala CONFEDERACiÓN INTERSINDICAL GALEGA DO ENSINO contra o Decreto 79/2010, do 20 de malo, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, e, en consecuencia, anulamos os artigos 5.2 e 12.3 da dita norma por seren contrarios a dereito, e rexeitamos o recurso respecto a todos os demais preceptos impugnados, sen facermos imposición das custas”.